boletÍn informativo municipal - … vedra marzo 2016.pdfboletÍn informativo municipal marzo 2016...

8
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis- posición este servizo. Se atopas ou perdes calquera obxecto ponte en contacto con nós, ben nas oficinas xerais ou no teléfono 981 814 612 en horario de luns a venres de 9 a 14 h. Pretendemos seguir mellorando e ampliando os no- sos servizos!! En marzo segue aberto o prazo para inscribirte no proxecto... Vedra Horta de Compostela!! Chama ao teléfono 981 814 692 e inscríbete ou pide información!! 6 e 7 de marzo... Viaxe para toda a famila a Manzaneda, na primeira fin de semana do mes. 6 de marzo... Obradoiro de elaboración de xabóns, última activi- dade da programación das XXI Xornadas Arredor da Camelia. 11 de marzo... Velada literaria Presentación do libro Haikus de Guillamonde na Bi- blioteca Municipal de Vedra. 18 de marzo... Un novo obradoiro do Posta a Punto “Iniciación ao crowdfunding ou financiamento colectivo” 18 de marzo e 1 de abril... Obradoiro de iniciación ao arte do bonsai. AXENDA PARA MARZO Comeza Teatrofilia 2016, da man da Asociación Cul- tural Papaventos. O 12 de marzo a Asociación Berenguela organiza o curso “Ferramentas e Estratexias para traballar en igualdade no tempo libre”. Xornadas técnicas sobre a cultura do viño na Casa Cultural de San Miguel de Sarandón, con motivo da XXXVI Exaltación do Viño da Ulla. E NAS ASOCIACIÓNS... VELADA LITERARIA 11 DE MARZO O departamento de cul- tura organiza esta velada literaria na que terá lugar a presentación do libro de Francisco Puy, Haikus de Guillamonde. A cita terá lugar o venres 11 de marzo na Bibliote- ca Municipal de Vedra ás 19:00 horas. Intervirán: Dª Milagros Otero Parga, editora. D. José Manuel García Iglesias, crítico literario. Dª Teresa Puy Fraga, ilustradora do libro. D. Francisco Puy Fraga, autor. D. Carlos Martínez Carrillo, Alcalde de Vedra.

Upload: vuongkhuong

Post on 26-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALMarzo 2016 • Nº 198

DE INTERESEOBXECTOS PERDIDOS

O concello de Vedra pon á túa dis-posición este servizo. Se atopas ou perdes calquera obxecto ponte en contacto con nós, ben nas oficinas xerais ou no teléfono 981 814 612 en horario de luns a venres de 9 a 14 h.

Pretendemos seguir mellorando e ampliando os no-sos servizos!!

En marzo segue aberto o prazo para inscribirte no proxecto... Vedra Horta de Compostela!!Chama ao teléfono 981 814 692 e inscríbete ou pide información!!

6 e 7 de marzo...Viaxe para toda a famila a Manzaneda, na primeira fin de semana do mes.

6 de marzo...Obradoiro de elaboración de xabóns, última activi-dade da programación das XXI Xornadas Arredor da Camelia.

11 de marzo... Velada literariaPresentación do libro Haikus de Guillamonde na Bi-blioteca Municipal de Vedra.

18 de marzo...Un novo obradoiro do Posta a Punto “Iniciación ao crowdfunding ou financiamento colectivo”

18 de marzo e 1 de abril...Obradoiro de iniciación ao arte do bonsai.

AXENDA PARA MARZO

Comeza Teatrofilia 2016, da man da Asociación Cul-tural Papaventos.

O 12 de marzo a Asociación Berenguela organiza o curso “Ferramentas e Estratexias para traballar en igualdade no tempo libre”.

Xornadas técnicas sobre a cultura do viño na Casa Cultural de San Miguel de Sarandón, con motivo da XXXVI Exaltación do Viño da Ulla.

E NAS ASOCIACIÓNS...

VELADA LITERARIA11 DE MARZO

O departamento de cul-tura organiza esta velada literaria na que terá lugar a presentación do libro de Francisco Puy, Haikus de Guillamonde.

A cita terá lugar o venres 11 de marzo na Bibliote-ca Municipal de Vedra ás 19:00 horas.

Intervirán:• Dª Milagros Otero Parga, editora.• D. José Manuel García Iglesias, crítico literario.• Dª Teresa Puy Fraga, ilustradora do libro.• D. Francisco Puy Fraga, autor.• D. Carlos Martínez Carrillo, Alcalde de Vedra.

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

FOI E

N...

Foi en... Febreiro

Entroido Municipal de Vedra. Entroido de San Xián.

2

ENTROIDOS EN VEDRA

Entroido de Trobe. Entroido de Vilanova.

Presentación do VII Seminario - Obradoiro Internacional de avaliación de materiais didácticos.

Presentación do proxecto Vedra Horta de Compostela, que comezará a desenvolverse no mes de abril e no que aínda podes anotarte ou informarte durante o mes de marzo no teléfono 981 814 692.

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

FOI E

N...

Foi en... Febreiro

3

XXI XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA

O pasado 14 de febreiro desenvolveronse o II Maratón de Montaña da Camelia polo Val do Ulla e a VI Ruta Cicloturística en Btt da Camelia polo Val do Ulla, dentro da programación das XXI Xornadas Arredor da Camelia.As inclemencias meteorolóxicas non conseguiron enturbar a beleza destes roteiros nos que participaron arredor de 450 persoas. Un espectáculo que non sería posible de non ser pola implicación de máis dunha trintena de persoas voluntarias que conseguiron que as probas se realizaran sen incidencias.Podes botarlle un ollo á galería fotográfica destas probas no Facebook municipal.

ASÍ FOI NAS ASOCIACIÓNS...

LAV 016. Unha nova edición, un novo éxito do laboratorio audiovisual da Asociación Senunpeso!!Cada ano máis e mellor...Parabéns!!

ParabénsNESTA OCASIÓN AOS NOSOS DEPORTISTAS MÁIS NOVOS QUE SEGUEN A ROMPER BARREIRAS!!

...A Navia Rendo Guitián... No fútbol feminino de base!! Por ser convocada pola selección galega no pa-sado mes de febreiro para participar na segunda fase do campionato de seleccións autonómicas.

...A Hugo Rey Pérez pola súa convocatoria para participar na Minicopa do Rei de baloncesto no equipo conformado polo Obradoiro.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

XUVE

NTUD

E

4

XuventudeNO POSTA A PUNTO DE MARZO…

Obradoiro de Iniciación ao Crowdfunding ou Financiamento Colectivo• Venres 18 de marzo ás 20:00 h.• Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla.Neste obradoiro ex-plicaranse cuestións como o concepto de Fi-nanciamento Colectivo ou Crowdfunding, as diferentes plataformas para presentar proxectos, a xestión económica dos proxectos nestas plataformas, consellos para dinamizar os proxectos nas plataformas..., todo a partir de exemplos de accións realizadas en Galicia en eidos da cultura, o turismo, pequenos negocios e proxectos sociais.• Para máis información e inscricións: no Departa-mento de Cultura, no tlf: 981814691 ou a través de [email protected]

Curso de monitorado de actividades de tempo libre. (Homologado pola Xunta de Galicia: 350 h.)Este curso ten por obxecto a formación de persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza.• 200 h. de formación presencial teórico-práctica.• 150 h. prácticas.• Prezo: 150 € (para empadroados/as no Concello de Vedra).• As persoas interesadas en realizar este curso po-den informarse e realizar a súa preinscrición no Departamento de Cultura ou a través de:[email protected]

VOLUNTARIADO XUVENIL

Se tes entre 16 e 30 anos e queres ter a expe-riencia de participar nun proxecto de voluntariado xuvenil, ponte en contacto co servizo de voluntaria-do municipal (teléfono: 981814695 ou correo elec-trónico: [email protected])

As áreas onde se desenvolverán as diferentes ac-cións de voluntariado son: atención a peregrinos, dinamización sociocultural, accións ambientais...

Estes proxectos de acción voluntaria terán unha du-ración entre 15 e 60 días. Ao finalizar os mesmos, as persoas que participaron neles poderán obter da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo. As persoas voluntarias contarán cunha formación previa ao inicio da súa actividade, seguro de accidentes e de Responsabili-dade Civil, e terán cubertos os gastos de despraza-mento e manutención.

DeporteETAPA DE SENDEIRISMO NO MES DE MARZO

O vindeiro 19 de marzo o grupo de sendeirismo realizará unha nova etapa de sendeirismo.

• RUTA: DE OURENSE A CEA

Inscricións no teléfono 981 814 691 ata o 17 de marzo.

ENCONTRO PARA A XUVENTUDE DA ESCOLA DE VERÁN. QUERES SER O GRAN PAISANO 2016? 21 e 22 de marzo

Se tes entre 12 e 16 anos podes participar nunha experiencia única con mozas e mozos da túa idade.

• A cita será os días 21 e 22 de marzo en Ribeira.• Prezo: 15 €• Inclúe: transporte, comida e durmida

Aberto a todas as persoas interesadas. Inscribete no mail [email protected] antes do 15 de marzo.

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

SERV

IZOS S

OCIA

IS

5

Servizos Sociais

IMSERSO.PROGRAMA DETERMALISMO 2016

Podes coñecer os requisi-tos, servizos que se ofertan e os balnearios galegos concer-tados nas dependencias do Departamento de Servizos So-ciais.

As quendas poderán ter unha duración de 10 ou 12 días.

Para asistir ás quendas de SE-TEMBRO a DECEMBRO, ambos incluídos, deben solicitalo antes do 11 de maio de 2016.

Toda a información e solicitu-des poderán dirixirse ao Depar-tamento de Servizos Sociais do concello os luns, xoves e venres de 8:30 a 14 horas.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se es-tablecen as bases polas que rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

BENEFICIARIOS:Poderán ser beneficiarias as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos a 1 de xaneiro do 2016 (nados entre o 2-1-2013 e o 1-1-2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF, correspondente a este período; nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

DOCUMENTACIÓN• Fotocopia do libro de familia ou certificación lite-ral de nacemento do rexistro civil de cada fillo me-nor de tres anos.

• Certificado de empadroamento de toda a unida-de familiar.• Número de conta en que se desexe recibir o in-greso, e na cal debe figurar como titular a persoa solicitante.

PRAZOO prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de marzo de 2016.

Para máis información e solicitudes poderán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do concello os luns, xoves e venres de 8:30 a 14 horas.

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Excursión á comarca do Cabo Ortegal Mércores 2 de marzo.Prezo: 22 € (Inclúe transporte, co-mida e visitas; prazas limitadas)Programa: visitas a Ortigueira, Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido... (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 20 de febreiro no Centro Social. As pra-zas e número de asento adxudi-caranse por orde de inscrición)

Escola de Saúde: “Envellece-mento activo”Xoves 10 de marzo ás 20 h.

BingoXoves 17 de marzo ás 20 h.

Para máis información e inscri-cións: 981502024 ou no Centro So-cial da Terceira Idade.

Obradoiro de manexo de móbiles desenvolvido no Centro Social da Terceira Idade no mes de febreiro.

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

SERV

IZOS S

OCIA

ISED

UCAC

IÓN

6

Servizos Sociais

Educación

LUDOTECA DE VEDRA NO MES DE MARZO

Tendo como base das nosas actividades o Progra-ma Conxuga, no que o desenvolvemento da igualda-de e a conciliación é o punto de referencia; no mes de marzo centrarémonos na análise de estereotipos, a través de distintas dinámicas. A estas actividades sumaremos a realización das “olimpiadas da igual-dade” ademais da realización de distintos talleres e obradoiros. Con esta intención, formulamos os se-guintes obradoiros e actividades:

• Coñecendo China.• Xogando en valores: Contacontos .• Experimentos divertidos : “o profesor chifrado”.• Obradoiro emocional: ”A Gratitude”.• “Experimentos divertidos”.• Obradoiro de circo: contorsionismo.• “Mr. Manitas”: O Entroido, cabezudos, costura creativa, globoflexia• Miúdos/as artistas.• Móvete e baila: Zumba.

• Compañeiros/as de xogo: Xogo en gran grupo.• Obradoiro de sombras.

Lembrarvos que durante as vacacións de Semana Santa o horario da ludoteca será de 8.30 a 14.30h.

CURSOS DE INFORMÁTICA

Informática para nenos/as (10 horas). Nivel inicia-ción. Comezo 22 marzo. Horario: Martes e xoves de 17:30-18:30. Prazas: 20.

Informática para maiores (10 horas). Nivel inicia-ción. Comezo 22 marzo. Horario: Martes e xoves de 19:30-20:30. Prazas: 20.

Busca información en internet. (3 horas). Nivel ini-ciación. Comezo 23 marzo. Horario: Mércores de 19:30-21:00. Prazas: 20.

Informática para nenos/as (10 horas). Nivel medio. Comezo 26 abril. Horario: Martes e xoves de 17:30-18:30. Prazas: 20.

Informática para maiores (10 horas). Nivel medio. Comezo 26 abril. Horario: Martes e xoves de 19:30- 20:30. Prazas 20.

Correo electrónico: webmail. (4 horas). Nivel inicia-ción. Comezo 6 abril. Horario: Mércores de 19:30-21:30. Prazas: 20.

Uso seguro de Internet (menores e familias. (4 horas). Nivel iniciación. Comezo 20 abril. Horario: Mércores de 19:30-21:00. Prazas:20.

Elabora o teu CV. (3 horas). Nivel medio. Comezo 3 maio. Horario: Martes e xoves de 19:30-21:00. Pra-zas: 20.

Busca de emprego a través de Internet. (6 horas) Nivel medio. Comezo 10 maio. Martes e xoves de 19:30-21:00. Prazas: 20.

+ info: 981 814 691 ou [email protected]

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

EDUC

ACIÓ

N

7

Educación

Medio Ambiente

“FALEMOS DE DROGAS”

Continuamos coas Xornadas para a prevención de drogodependencias: “Falemos de drogas” dirixi-das a toda a comunidade, coa última xornada na que participará como relatora BELÉN HOSPIDO, avogada especialista en dereito penal, que falará das “drogas dende a perspectiva xudicial”.

Celebrarase o mércores 2 de marzo de 20:00 a 21:30 no Centro Municipal de Formación(Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Por razóns organizativas prégase inscrición no teléfo-no 699 041 486 en horario de 9:00 a 14:00 h. ou no en-derezo electrónico: [email protected]

VEDRA, EDUCA

Este proxecto propón a nais e pais con fillos meno-res de 3 anos do concello de Vedra unha nova sesión para o mes de marzo.

• 14 de marzo ás 17:30 h.• Na Escola Unitaria de San Miguel de Sarandón.

As persoas interesadas contactar no telf. 699 041 486 en horario de 9:00h a 14:00h. ou a través do correo electrónico [email protected]

ESCOLA DE FAMILIAS

Neste mes Escola de Familias abordará unha temática importante para todas as familias :

VINCULACIÓN, FLEXIBILIDADE E COMUNICACIÓN NA RELACIÓN COS/AS FILLOS/AS.

Desenvolverase a través do programa Lisis centrado na adolescencia. Trátase dun programa de activida-des para traballar coas familias os aspectos do des-envolvemento dos fillos/as, potenciando os factores protectores familiares que demostran ser primordiais para previr condutas de risco na adolescencia, como o consumo de drogas e a conduta delituosa.

É un programa sistemático de actividades que permi-ten potenciar, no contexto familiar, recursos psicoso-ciais que facilitan o axuste do adolescente e da familia. Poderán asistir todos/as aqueles/as interesados/as.

Por razóns de organización aconsellamos que confir-medes a vosa asistencia no telf. 699 041 486 Mamen Sabio (Educadora) ou no seguinte enderezo:[email protected].

Escola de familias organiza esta sesión o 10 de MARZO, de 20:00 a 21:30 no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ARTE DO BONSAIUn novo reto para as persoas amantes da natureza

• Datas: 18 de marzo e 1 de abril.• Horario: de 17:30 a 19:30.• Lugar: Centro de formación munici-pal (Casa da Estación de Santa Cruz)• Prezo: 15 €

Inscricións no teléfono 981 814 691 ata o 15 de marzo.

Impartido polo experto Fernando Luei-ro, membro de “El tim bonsai”.

Podes botarlle un ollo ao seu traballo no blog eltimbonsai.blogspot.com

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - … Vedra marzo 2016.pdfBOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2016 • Nº 198 DE INTERESE OBXECTOS PERDIDOS O concello de Vedra pon á túa dis-posición

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

ASOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOSTEATROFILIA 2016

Xa está aquí... xa chegou ... A MAXIA DO TEATRO!!

Durante tres fins de semana de marzo a Mostra de Teatro Amador da Asociación Papaventos TEATROFILIA 2016 encherá o centro social de Vedra de risas, choros, música, ilusións, dramas, imaxinación, loucura... que en cada edición se deixa a pel para que todas e todos gocemos do espectáculo do TEATRO con maiúsculas. Lembrade a súa programación:

NOVA PROPOSTA DA ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE.12 de marzo

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a Asociación Berenguela pola Igualdade propón unha nova acción orientada á for-mación en igualdade. Non perdas a ocasión de parti-cipar neste curso!!

XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO con motivo XXXVI EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA NA CASA CULTURAL DE SAN MIGUEL DE SARANDÓN

Mércores 16 de marzo ás 20:00 h.Conferencia: ”Enfermidades da madeira no viñe-do. Incidencia e situación actual”.Intervén: Manuel Becerra Castro. (Enxeñeiro Téc-nico Agrícola de Agroser Ulla).

Xoves 17 de marzo ás 20:00 h.Conferencia:”A diferenciación como clave do éxito”Cata comentada de viños.Intervén: Xoán Cannas. (Director do Instituto Gale-go do Viño - INGAVI).

Venres 18 de marzo ás 20:00 h.Conferencia: “A importancia da utilización do sul-furoso na elaboración do viño”.Intervén: Ignacio Orriols Fernández. (Químico- enólogo, funcionario da Xunta de Galicia).

Sábado 19 de marzoVisita á ADEGA AQUITANIA (Cambados). Achega-mento ao seu proxecto vinícola.

Máis información e inscrición: 981 814 691 ou cos membros da organización.Organiza: Comisión Organizadora da Festa do Viño da Ulla.Colaboran: Concello de Vedra, Deputación da Coru-ña, Xunta de Galicia.