boletín outubro 2015

2
CEIP DE LEIRADO (SALVATERRA DE MIÑO) [email protected] [email protected] Boletín informativo curso 2015/16 “Libros, camiños e días, dan ao home sabedoría” (Proverbio árabe) FAMILIAS LECTORAS APERTURA POLAS TARDES SECCIÓN FAMILIAS A familia de: ___________________________ Do grupo: __________________________ SI desexa participar na actividade FAMILIAS LECTORAS, no presen- te curso escolar. Luns, mércores, xoves e venres Horario: de 16,30 a 17,30 Dispoñemos dunha sección para adultos que podes visitar ou consultar o seu contido no blog da Biblioteca. Calquera membro da familia pode facer o carné da biblioteca e levar préstamos. Recollemos suxestións daqueles materiais que interesen se non dispoñemos deles. Nesta sección incluimos una caixa de in- tercambio de lecturas para secundaria , con aportacións dos usuarios. Podes aportar e podes dispoñer das lecturas existentes, en préstamo.

Upload: biblioteca-escolar-leirado

Post on 19-Feb-2017

1.656 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín outubro 2015

CEIP DE LEIRADO (SALVATERRA DE MIÑO)

[email protected]

[email protected]

Boletín informativo curso 2015/16

“Libros, camiños e días, dan ao home sabedoría”

(Proverbio árabe)

FAMILIAS LECTORAS APERTURA POLAS TARDES

SECCIÓN FAMILIAS

A familia de:

___________________________

Do grupo:

__________________________

SI desexa participar na actividade

FAMILIAS LECTORAS, no presen-

te curso escolar.

Luns, mércores, xoves e venres

Horario: de 16,30 a 17,30

Dispoñemos dunha sección para adultos que

podes visitar ou consultar o seu contido no

blog da Biblioteca.

Calquera membro da familia pode facer o

carné da biblioteca e levar préstamos.

Recollemos suxestións daqueles materiais

que interesen se non dispoñemos deles.

Nesta sección incluimos una caixa de in-

tercambio de lecturas para secundaria,

con aportacións dos usuarios. Podes aportar

e podes dispoñer das lecturas existentes,

en préstamo.

Page 2: Boletín outubro 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

LECTORES ELECTRÓNICOS

PROXECTO ANUAL

Esta actividade lévase realizando no noso

centro dende hai varios cursos, e cada ano

con máis participantes.

Consiste en realizar una lectura na Biblio-

teca para o grupo de nenos e nenas do

alumno/a do que sexamos familiar.

A duración da actividade é de entre 15—

20 minutos, e realízase na primeira hora da

mañá, no espazo de tempo destinado á

“Hora de ler”.

Dende o centro organizarase un calendario

no que se terán en conta as dispoñibilidades

dos participantes, adaptándonos aos días en

que se poida vir.

Os obxectivos son:

Ofrecer modelos lectores ao alumna-

do, que presenten o feito de ler como

una actividade cotiá que practicamos

todos e todas.

Achegar a familia á escola como mem-

bro activo da Comunidade Educativa.

Pode participar calquera familiar: pai, nai,

avós, irmáns, tíos/as, etc.

Se desexas formar parte desta aventura,

cubre a parte traseira da páxina, recorta

pola liña de puntos e entrega na escola.

GRAZAS!

FAMILIAS LECTORAS

O Proxecto anual do centro é una proposta

de traballo conxunta, na que se pretende

mellorar o éxito escolar do noso alumnado a

través do uso de fontes de información va-

riadas, realización de traballos propios, tra-

ballo en equipo e uso das novas tecnoloxías.

Os recursos da Biblioteca escolar e o seu

espazo físico, están ao servizo das aprendi-

zaxes e da innovación educativa.

Este ano o tema elixido é :

“ Camiños a Santiago”.

Como xa é costume, o alumnado de 6º cola-

bora voluntariamente nas actividades de

xestión da Biblioteca e servizo de présta-

mos. É una actividade moi éxitosa, na que

este curso tamén participa alumnado de 5º.

Este curso son

13 as mochilas

que circularán

polas casas con

materiais diver-

sos en temática

e formato, para

achegar a Biblioteca ás casas e poder elixir,

compartir e gozar dela todos os membros

da familia. En cada unha delas vai una libre-

ta con información do seu uso e na que se

pode participar con comentarios ou propos-

tas.

Dispoñemos de cinco dispositivos electróni-

cos de lectura. O alumnado de 4º iniciarase

no seu uso na escola e tres deles reco-

rrerán as casas do alumnado de 5º e 6º du-

rante o curso.

VOLUNTARIADO DE LECTURA