boletÍn oficial do parlamento de galicia · proposición de lei de modificación da lei 2/2012, do...
TRANSCRIPT
Número 365 IX lexislatura 30 de outubro de 2014
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.2. Proposicións de lei
Admisión a trámite
- 29352 (09/PPL-000030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Proposición de lei de modificación da Lei 2/2012, do 28 de marzo,
galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias,
para a introdución do concepto de pobreza enerxética e medidas
para a súa erradicación 84012
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei
1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno
1.3.6.1.1. Proposicións presentadas
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publicación
- 29330 (09/PNP-002125)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máis
Sobre a publicación pola Xunta de Galicia, no perfil do contratante
do Servizo Galego de Saúde, do contrato correspondente ao novo
concerto formalizado con Povisa para a prestación de servizos sani-
tarios á poboación de referencia 84018
Fascículo 1
Admisión a trámite e publicación
- 29053 – 29372 (09/PNP-002091)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co proxecto de construción e co financiamento público do
dique flotante na ría de Ferrol 84020, 84022
- 29131 (09/PNP-002095)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en
relación coa situación de precariedade laboral, traballo vulnerable e
discriminación salarial que están a vivir as mulleres galegas 84023
- 29134 (09/PNP-002096)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para afron-
tar a caída das capturas e dos ingresos das persoas mariscadoras
da ría de Vigo 84026
- 29139 (09/PNP-002097)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación
coas condicións en que se está a prestar o servizo de cátering no
comedor escolar do Instituto de Ensinanza Secundaria Celso Emilio
Ferreiro, de Celanova 84029
- 29149 (09/PNP-002098)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 4 máis
Sobre o traspaso á Consellería de Traballo e Benestar da xestión
das vivendas de titularidade pública destinadas ao acollemento das
familias afectadas polos desafiuzamentos 84035
- 29153 (09/PNP-002100)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
García García, Pablo e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en
relación coa Resolución da Consellería de Economía e Industria
pola que se autoriza o proxecto sectorial de incidencia supramunici-
pal correspondente á liña de alta tensión entre O Irixo e Lalín e a súa
afectación á fraga de Casas Vellas, en Catasós 84037
- 29164 (09/PNP-002101)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en rela-
ción coa taxa que se está a aplicar pola renovación da tarxeta sani-
taria individual por deterioración ou perda da orixinal 84040
- 29169 (09/PNP-002102)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en
relación co cumprimento da Resolución da Axencia de Protección da
Legalidade Urbanística respecto do depósito de material asfáltico e
entullos realizado por unha empresa no lugar de Vilar de Cobos, na
parroquia de Laraxe, no concello de Cabanas 84042
- 29190 (09/PNP-002103)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre a interposición polo Parlamento de Galicia dun recurso de
inconstitucionalidade contra a Lei 18/2014, do 15 de outubro, de
aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitivi-
dade e a eficiencia 84045
- 29196 (09/PNP-002104)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón, e Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación cos problemas ocasionados polos cultivos transxénicos
destinados ao consumo humano e animal 84051
- 29199 (09/PNP-002105)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coas obras de recheo executadas no lugar de interese
comunitario Gándaras de Budiño 84055
- 29206 (09/PNP-002106)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación
coas condicións en que se está a prestar o servizo de cátering en
diversos comedores escolares públicos pola empresa concesionaria
84057
- 29207 (09/PNP-002107)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
SUMARIO
Sánchez Bugallo, José Antonio e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa implantación, recuperación e potenciación das rutas e
voos dos aeroportos galegos 84063
- 29212 (09/PNP-002108)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
materia de vivenda social 84064
- 29214 (09/PNP-002109)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 3 máis
Sobre o traspaso á Consellería de Economía e Industria dos par-
ques empresariais de titularidade da Xunta de Galicia e de todas as
parcelas dispoñibles, así como a presentación no Parlamento de
Galicia dun plan para a xestión e dinamización do solo industrial
existente no territorio galego 84066
- 29219 (09/PNP-002110)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coas Directrices de ordenación do territorio, o Plan de
ordenación do litoral, así como a aprobación da nova Lei do solo de
Galicia 84068
- 29238 (09/PNP-002111)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central
das medidas precisas para a existencia no concello de Cee dunha
base operativa de salvamento marítimo con medios aéreos que
actúen durante as 24 horas do día 84070
- 29248 (09/PNP-002112)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santos Regueiro, José Francisco e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en
relación coa xestión da Sociedade Galega de Medio Ambiente e o
canon que cobra aos concellos polo tratamento do lixo 84073
- 29255 (09/PNP-002113)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a
paralización dos procesos de execución hipotecaria en curso, a pro-
cura polas entidades financeiras de solucións negociadas e compar-
tidas e a devolución ás familias das cantidades indebidamente cobra-
das, así como a aplicación dunha quitación no importe das hipotecas
84076
- 29264 (09/PNP-002114)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa implantación de plans de ensino coeducativo nos cen-
tros escolares 84080
- 29277 (09/PNP-002115)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para
a protección e conservación do patrimonio arqueolóxico que alberga
a Cova de Eirós, no concello de Triacastela 84083
- 29282 (09/PNP-002126)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa redacción que presenta o Anteproxecto de lei do solo
de Galicia 84087
- 29289 (09/PNP-002116)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio, e Jorquera Caselas, Francisco
Xesús
Sobre a adopción pola Consellería de Cultura, Educación e Orde-
nación Universitaria das medidas oportunas para garantir o remate,
antes do inicio do curso escolar 2015-2016, do novo edificio para a
ampliación do Colexio de Educación Infantil e Primaria Ramón Otero
Pedrayo da Laracha 84091
- 29297 (09/PNP-002117)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co actual proxecto de depuración de augas residuais que se
está a executar na cidade de Ferrol 84094
- 29305 (09/PNP-002118)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
SUMARIO
Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun plan específico de
prevención, información e seguimento da violencia de xénero exer-
cida a través das tecnoloxías da relación, información e comunica-
ción, con especial impacto na mocidade 84098
- 29309 (09/PNP-002119)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
Sobre a realización pola Xunta de Galicia dun estudo dos casos de
violencia de xénero nos que as vítimas faleceron a mans do maltra-
tador despois de telo denunciado 84101
- 29311 (09/PNP-002120)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a prórroga polo Goberno galego do convenio de colabora-
ción e coordinación asinado co Ministerio do Interior en materia de
seguridade nos edificios da Administración de Xustiza existentes en
Galicia 84103
- 29318 (09/PNP-002121)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre a dotación polo Goberno galego ao Servizo de Pediatría do
Centro de Saúde de Melide dunha padiola pediátrica que cumpra
coas normas de seguridade vixentes 84105
- 29320 (09/PNP-002122)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 5 máis
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia dos recursos humanos nece-
sarios para atender a nova área do Servizo de Urxencias do Com-
plexo Hospitalario Universitario da Coruña 84108
- 29326 (09/PNP-002123)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia con-
xunta para elaborar unha proposición de lei de reforma do seu regu-
lamento co fin de favorecer a participación da cidadanía 84110
- 29331 (09/PNP-002124)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia con-
xunta para elaborar unha proposición de lei de reforma de determi-
nados aspectos do seu regulamento 84113
- 29365 (09/PNP-002127)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación cos problemas que están a padecer os veciños e as empre-
sas da lousa da zona de San Vicente de Leira, no concello de Vila-
martín de Valdeorras, a consecuencia das deficiencias estruturais
que presenta a estrada provincial OU-807 84117
- 29381 (09/PNP-002128)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre a demanda polo Goberno galego a RTVE de reposición das
emisións en onda curta de Radio Exterior de España 84120
- 29398 (09/PNP-002129)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre a regulación pola Xunta de Galicia do exercicio do dereito á
obxección de conciencia do persoal sanitario no Sistema público de
saúde de Galicia co fin de garantir a calidade das prestacións, en
particular, a da interrupción voluntaria do embarazo 84123
- 29407 (09/PNP-002130)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa xestión das infraestruturas viarias 84126
- 27403 - 29336 (09/PNP-001998)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-
ción coa Orde do 28 de maio de 2014, da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axu-
das para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigato-
ria ou educación especial, en centros públicos, para o curso escolar
2014/2015 84128
SUMARIO
1.3.8. Procedementos de control económico e orzamentario
Toma de coñecemento e traslado á Comisión 3ª, Economía,
Facenda e Orzamentos
- 29285 (09/IDFC-000004)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Informe sobre a disposición do Fondo de continxencia correspon-
dente ao terceiro trimestre de 2014 84129
1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia
1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á
Xunta de Portavoces e publicación
- 29356 (09/CPP-000251)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Do Sr. presidente da Xunta, por petición dos 18 deputados do G.P.
dos Socialistas de Galicia, para dar conta da coñecida como opera-
ción Zeta, que investiga a trama de recursos públicos para, teorica-
mente, formar parados e outros colectivos de dificil inserción laboral
84131
1.4.3. Interpelacións
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publicación
- 29357 (09/INT-001065)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a política de formación laboral 84133
Admisión a trámite e publicación
- 29146 (09/INT-001061)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Vázquez Díaz, Ramón e 2 máis
Sobre a política de seguridade no espazo aéreo galego 84136
- 29218 (09/INT-001062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre o servizo de cátering dos comedores escolares públicos
84140
- 29220 (09/INT-001063)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre a xestión da política de formación laboral 84147
- 29313 (09/INT-001064)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre o desenvolvemento do Plan integral de turismo de Galicia
2014-2016 84149
- 29362 (09/INT-001066)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 2 máis
Sobre a xestión da política informativa das emisións en onda curta
84151
- 29386 (09/INT-001067)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
Sobre o sector do automóbil 84153
- 29404 (09/INT-001068)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as prioridades da Xunta de Galicia en materia de infraestru-
turas ata o remate da novena lexislatura 84155
Admisión da corrección e publicación
- 27408 - 29337 (09/INT-001013)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme
Sobre a Orde do 28 de maio de 2014, da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axu-
das para a adquisición de libros de texto para o curso escolar
2014/2015 84157
SUMARIO
A Mesa do Parlamento, na reunión do 27 de outubro de2014, adoptou os seguintes acordos:
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.2. Proposicións de lei
Admisión a trámite
- 29352 (09/PPL-000030)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoProposición de lei de modificación da Lei 2/2012, do 28 demarzo, galega de protección xeral das persoas consumidorase usuarias, para a introdución do concepto de pobreza ener-xética e medidas para a súa erradicación
A Mesa toma coñecemento da referida iniciativa e, dado quevén presentada nos termos previstos no artigo 122 do Regu-lamento da Cámara, acorda:
1º. Admitir a trámite a devandita proposición de lei.
2º. Dispoñer o seu traslado á Xunta de Galicia para queemita o informe previsto no artigo 7 da Lei 7/2004, do 16 dexullo, de igualdade de mulleres e homes, e para que mani-feste o seu criterio e a súa conformidade respecto da súa tra-mitación nos termos previstos no artigo 123.2 do Regula-mento.
3º. Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parla-mento de Galicia.
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei
1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno
1.3.6.1.1. Proposicións presentadas
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publica-
ción
- 29330 (09/PNP-002125)Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máisSobre a publicación pola Xunta de Galicia, no perfil do con-tratante do Servizo Galego de Saúde, do contrato correspon-dente ao novo concerto formalizado con Povisa para a pres-tación de servizos sanitarios á poboación de referencia
Admisión a trámite e publicación
- 29053 – 29372 (09/PNP-002091)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co proxecto de construción e co financiamentopúblico do dique flotante na ría de Ferrol
A Mesa admítea a trámite coa reformulación contida no doc.núm. 29372.
- 29131 (09/PNP-002095)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación coa situación de precariedade laboral, traba-llo vulnerable e discriminación salarial que están a vivir asmulleres galegas
- 29134 (09/PNP-002096)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego paraafrontar a caída das capturas e dos ingresos das persoasmariscadoras da ría de Vigo
- 29139 (09/PNP-002097)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e Pombo Rodríguez, Cosme Ela-dioSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego enrelación coas condicións en que se está a prestar o servizo decátering no comedor escolar do Instituto de EnsinanzaSecundaria Celso Emilio Ferreiro, de Celanova
- 29149 (09/PNP-002098)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 4 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
84007
Número 36530 de outubro de 2014
Sobre o traspaso á Consellería de Traballo e Benestar da xes-tión das vivendas de titularidade pública destinadas ao aco-llemento das familias afectadas polos desafiuzamentos
- 29153 (09/PNP-002100)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo e 4 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación coa Resolución da Consellería de Economíae Industria pola que se autoriza o proxecto sectorial de inci-dencia supramunicipal correspondente á liña de alta tensiónentre O Irixo e Lalín e a súa afectación á fraga de CasasVellas, en Catasós
- 29164 (09/PNP-002101)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galiciaen relación coa taxa que se está a aplicar pola renovación datarxeta sanitaria individual por deterioración ou perda daorixinal
- 29169 (09/PNP-002102)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación co cumprimento da Resolución da Axenciade Protección da Legalidade Urbanística respecto do depó-sito de material asfáltico e entullos realizado por unhaempresa no lugar de Vilar de Cobos, na parroquia de Laraxe,no concello de Cabanas
- 29190 (09/PNP-002103)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoSobre a interposición polo Parlamento de Galicia dunrecurso de inconstitucionalidade contra a Lei 18/2014, do 15de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o cre-cemento, a competitividade e a eficiencia
A Mesa acorda a admisión a trámite coa adición no número1 da parte resolutoria da expresión “logo do cumprimentodos requisitos regulamentarios”.
En relación co número 2, lémbraselle ao grupo parlamentarioque a Presidencia non necesita ser facultada para as finalida-des solicitadas nin debe dar conta á Xunta de Portavoces, pois
o Regulamento xa prevé, no artigo 62.1, a actuación dos ser-vizos da Cámara baixo a dirección da Presidencia e a Mesa.
- 29196 (09/PNP-002104)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, Antón, e Martínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación cos problemas ocasionados polos cultivos trans-xénicos destinados ao consumo humano e animal
- 29199 (09/PNP-002105)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coas obras de recheo executadas no lugar de inte-rese comunitario Gándaras de Budiño
- 29206 (09/PNP-002106)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme EladioSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego enrelación coas condicións en que se está a prestar o servizo decátering en diversos comedores escolares públicos polaempresa concesionaria
- 29207 (09/PNP-002107)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa implantación, recuperación e potenciacióndas rutas e voos dos aeroportos galegos
- 29212 (09/PNP-002108)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen materia de vivenda social
- 29214 (09/PNP-002109)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 3 máisSobre o traspaso á Consellería de Economía e Industria dosparques empresariais de titularidade da Xunta de Galicia ede todas as parcelas dispoñibles, así como a presentación noParlamento de Galicia dun plan para a xestión e dinamiza-ción do solo industrial existente no territorio galego
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 36530 de outubro de 2014
84008
- 29219 (09/PNP-002110)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coas Directrices de ordenación do territorio, oPlan de ordenación do litoral, así como a aprobación da novaLei do solo de Galicia
- 29238 (09/PNP-002111)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre a demanda por parte do Goberno galego ao Gobernocentral das medidas precisas para a existencia no concello deCee dunha base operativa de salvamento marítimo conmedios aéreos que actúen durante as 24 horas do día
- 29248 (09/PNP-002112)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaSantos Regueiro, José Francisco e 7 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación coa xestión da Sociedade Galega de MedioAmbiente e o canon que cobra aos concellos polo tratamentodo lixo
- 29255 (09/PNP-002113)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegopara a paralización dos procesos de execución hipotecaria encurso, a procura polas entidades financeiras de soluciónsnegociadas e compartidas e a devolución ás familias dascantidades indebidamente cobradas, así como a aplicacióndunha quitación no importe das hipotecas
- 29264 (09/PNP-002114)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa implantación de plans de ensino coeducativonos centros escolares
- 29277 (09/PNP-002115)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, CosmeEladio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galiciapara a protección e conservación do patrimonio arqueolóxicoque alberga a Cova de Eirós, no concello de Triacastela
- 29282 (09/PNP-002126)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa redacción que presenta o Anteproxecto de leido solo de Galicia
- 29289 (09/PNP-002116)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio, e Jorquera Caselas, Fran-cisco XesúsSobre a adopción pola Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria das medidas oportunas para garan-tir o remate, antes do inicio do curso escolar 2015-2016, donovo edificio para a ampliación do Colexio de EducaciónInfantil e Primaria Ramón Otero Pedrayo da Laracha
- 29297 (09/PNP-002117)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co actual proxecto de depuración de augas resi-duais que se está a executar na cidade de Ferrol
- 29305 (09/PNP-002118)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun plan especí-fico de prevención, información e seguimento da violencia dexénero exercida a través das tecnoloxías da relación, infor-mación e comunicación, con especial impacto na mocidade
- 29309 (09/PNP-002119)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre a realización pola Xunta de Galicia dun estudo doscasos de violencia de xénero nos que as vítimas faleceron amans do maltratador despois de telo denunciado
- 29311 (09/PNP-002120)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
84009
Número 36530 de outubro de 2014
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a prórroga polo Goberno galego do convenio de cola-boración e coordinación asinado co Ministerio do Interior enmateria de seguridade nos edificios da Administración deXustiza existentes en Galicia
- 29318 (09/PNP-002121)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre a dotación polo Goberno galego ao Servizo de Pedia-tría do Centro de Saúde de Melide dunha padiola pediátricaque cumpra coas normas de seguridade vixentes
- 29320 (09/PNP-002122)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 5 máisSobre a dotación pola Xunta de Galicia dos recursos huma-nos necesarios para atender a nova área do Servizo deUrxencias do Complexo Hospitalario Universitario daCoruña
- 29326 (09/PNP-002123)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponen-cia conxunta para elaborar unha proposición de lei dereforma do seu regulamento co fin de favorecer a participa-ción da cidadanía
- 29331 (09/PNP-002124)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponen-cia conxunta para elaborar unha proposición de lei dereforma de determinados aspectos do seu regulamento
- 29365 (09/PNP-002127)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego en relación cos problemas que están a padecer osveciños e as empresas da lousa da zona de San Vicente deLeira, no concello de Vilamartín de Valdeorras, a conse-cuencia das deficiencias estruturais que presenta a estradaprovincial OU-807
- 29381 (09/PNP-002128)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre a demanda polo Goberno galego a RTVE de reposi-ción das emisións en onda curta de Radio Exterior de España
- 29398 (09/PNP-002129)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a regulación pola Xunta de Galicia do exercicio dodereito á obxección de conciencia do persoal sanitario noSistema público de saúde de Galicia co fin de garantir a cali-dade das prestacións, en particular, a da interrupción volun-taria do embarazo
- 29407 (09/PNP-002130)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa xestión das infraestruturas viarias
Admisión da corrección e publicación
- 27403 – 29337 (09/PNP-001998)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme EladioSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa Orde do 28 de maio de 2014, da Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola quese convocan axudas para a adquisición de libros de textodestinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria ou educación especial, encentros públicos, para o curso escolar 2014/2015BOPG nº 346, do 24.09.2014
A Mesa admite a corrección de erros formulada no doc.núm. 29337
1.3.8. Procedementos de control económico e orzamentario
Informe sobre a disposición do fondo de continxencia corres-
pondente ao primeiro trimestre de 2014, en cumprimento do
disposto no artigo 55 bis, punto quinto, do Decreto lexislativo
1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 36530 de outubro de 2014
84010
Toma de coñecemento e traslado á Comisión 3ª, Economía,
Facenda e Orzamentos
- 29285 (09/IDFC-000004)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme sobre a disposición do Fondo de continxenciacorrespondente ao terceiro trimestre de 2014
Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos
1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia
1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á
Xunta de Portavoces e publicación
- 29356 (09/CPP-000251)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDo Sr. presidente da Xunta, por petición dos 18 deputadosdo G.P. dos Socialistas de Galicia, para dar conta da coñecidacomo operación Zeta, que investiga a trama de recursospúblicos para, teoricamente, formar parados e outros colec-tivos de dificil inserción laboral
1.4.3. Interpelacións
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publicación
- 29357 (09/INT-001065)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSobre a política de formación laboral
Admisión a trámite e publicación
- 29146 (09/INT-001061)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaVázquez Díaz, Ramón e 2 máisSobre a política de seguridade no espazo aéreo galego
- 29218 (09/INT-001062)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, Cosme EladioSobre o servizo de cátering dos comedores escolares públicos
- 29220 (09/INT-001063)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre a xestión da política de formación laboral
- 29313 (09/INT-001064)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre o desenvolvemento do Plan integral de turismo deGalicia 2014-2016
- 29362 (09/INT-001066)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 2 máisSobre a xestión da política informativa das emisións en ondacurta
- 29386 (09/INT-001067)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre o sector do automóbil
- 29404 (09/INT-001068)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as prioridades da Xunta de Galicia en materia deinfraestruturas ata o remate da novena lexislatura
Admisión da corrección e publicación
- 27408 (09/INT-001013) (29337)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Pombo Rodríguez, CosmeSobre a Orde do 28 de maio de 2014, da Consellería de Cul-tura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se con-vocan axudas para a adquisición de libros de texto para ocurso escolar 2014/2015
A Mesa admite a corrección de erros formulada no doc.núm. 29336
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014
Miguel Ángel Santalices VieiraVicepresidente 1º
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
84011
Número 36530 de outubro de 2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro do disposto
no artigo 122 do Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición de lei de
modificación da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas
consumidoras e usuarias, para a introdución do concepto de pobreza enerxética e
medidas para a súa erradicación.
Cada vez é maior a dificultade de moitas persoas e familias para atender aos
gastos de subministro enerxético, eléctrico e de gas, especialmente durante os meses de
inverno nos que, polas condicións climatolóxicas, o seu consumo é imprescindíbel.
Segundo datos recentes en Galiza, unhas 187.119 persoas, o 18% do total da poboación,
teñen dificultades para aboar as súas facturas enerxéticas (gas, auga, electricidade,
calefacción...) ao ter que dedicar máis do 10% dos seus ingresos ao pago deses recibos.
Este feito é a chamada pobreza enerxética que demanda accións políticas
decididas e concretas para combater esta lamentábel situación. A conxuntura económica
xeral provoca a dificultade de moitas familias para atender o pago dos subministros, o
que fai conveniente establecer uns parámetros económicos obxectivos que definen as
persoas que se atopan en situación de pobreza enerxética, así como establecer as medidas
que as protexan de posibles interrupcións do subministro, en especial durante os meses de
inverno.
Asemade implica que sexa necesario establecer os parámetros que definan o
concepto de persoa en situación de pobreza enerxética, segundo xa indica a propia
Directiva 2009/72/CE de 13 de xullo de 2009. Esta directiva contén o mandato aos
estados membros de adoptar as medidas adecuadas para garantir o abastecemento
eléctrico aos consumidores vulnerábeis, directiva que se traspuxo ao dereito estatal polo
84012
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Real Decreto-lei 13/2012, de 30 de marzo, polo que se traspoñen directivas en materia de
mercados interiores de electricidade e gas e en materia de comunicacións electrónicas e
polas que se adoptan medidas para a corrección das desviacións por desaxustes entre os
custos e ingresos dos sectores eléctrico e do gas. Este Real Decreto-Lei modificou o
artigo 44 da Lei estatal 54/1997, do Sector Eléctrico, e que introduciu a regulación do
consumidor vulnerábel, aínda que remitiu as condicións sociais, de consumo e poder
adquisitivo a un desenvolvemento regulamentario posterior.
A presente Proposición de lei avanza nesta dirección, ao contemplar o concepto
de pobreza enerxética e deseñar medidas que axuden a combatela. Neste sentido, a norma
consta de un artigo único, que modifica a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de
protección xeral das persoas consumidoras e usuarias. Así, engádense dous novos artigos
na citada lei, para introducir o concepto de pobreza enerxética e para a introdución de
medidas que teñan como obxectivo a erradicación da pobreza enerxética. Completan esta
proposición de lei unha disposición derrogatoria das normas que se opoñan ao disposto na
mesma e unha disposición derradeira relativa á entrada en vigor da norma.
Artigo único. Modificación da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de
protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
Un. Inclúese un novo Artigo 3 bis, coa seguinte redacción.
“Artigo 3 bis. Concepto de pobreza enerxética.
1. Unha unidade de convivencia está en situación de pobreza enerxética cando ten
que destinar máis do 10% dos seus ingresos para satisfacer as súas necesidades
enerxéticas (gas-electricidade) da súa vivenda. Para o cálculo anterior, consideraranse os
gastos teóricos de enerxía para manter a temperatura da vivenda entre 18ºC e 21ºC.”
84013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Dous. Inclúese un novo Artigo 8 bis, coa seguinte redacción.
“Artigo 8 bis. Medidas para a erradicación da pobreza enerxética.
1. Ao recibir un aviso de interrupción do subministro de electricidade ou gas as
persoas en situación de vulnerabilidade económica que cumpran os requisitos de persoa
en situación de pobreza enerxética, deben presentar no prazo máximo de 20 días dende a
súa recepción un informe dos servizos sociais sobre a súa situación persoal ou, no seu
caso, copia da solicitude rexistrada de solicitar a súa emisión.
As administracións públicas responsábeis deben emitir este informe no prazo
máximo de 15 días, dende a data da súa solicitude. Este informe acreditará o
cumprimento dos requisitos previstos no artigo 3 bis, terá unha vixencia de seis meses a
partir da súa emisión, sen prexuízo da súa renovación.
2. As empresas subministradoras dos servizos básicos de electricidade e gas
acordarán coas Administracións Públicas os mecanismos de intercambio de información
e de prezos sociais, co obxectivo de mellorar a prevención e a planificación das
actuacións públicas.
3. As empresas subministradoras de acordo coa normativa vixente habilitarán os
mecanismos de información necesarios para poñer en coñecemento dos servizos sociais
básicos e dos usuarios/as, a información existente e actualizada sobre as tarifas sociais e
as axudas e medidas previstas para frear a pobreza enerxética.
4. A Xunta de Galiza farase cargo das facturas de gas e electricidade das persoas
consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética.”
84014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Disposición derrogatoria única.
Quedan derrogadas cantas de normas de igual ou inferior rango se opoñan ao
disposto na presente Lei.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor.
A presente Lei entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de
Galiza.
84015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
ANTENCEDENTES LEXISLATIVOS DA PROPOSICION DE LEI DE
MODIFICACIÓN DA LEI 2/2012, DO 28 DE MARZO, GALEGA DE
PROTECCIÓN XERAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E USUARIAS, PARA
A INTRODUCIÓN DO CONCEPTO DE POBREZA ENERXÉTICA E MEDIDAS
PARA A SÚA ERRADICACIÓN.
-Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas
consumidoras e usuarias.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Ana Belén Pontón Mondelo
Tereixa Paz Franco
Montserrat Prado Cores
Daniel Rodas Chapela
Cosme Pombo Rodríguez
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
84016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María do Carme Adán Villamarín na data 22/10/2014 12:30:55
Ana Belén Pontón Mondelo na data 22/10/2014 12:31:01
María Tareixa Paz Franco na data 22/10/2014 12:31:07
María Montserrat Prado Cores na data 22/10/2014 12:31:13
Daniel Rodas Chapela na data 22/10/2014 12:31:17
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 22/10/2014 12:31:21
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 22/10/2014 12:31:23
84017
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos deputados Miguel Ángel Santalices Vieira, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Rosa Oubiña Solla, Aurelio Alfonso Núñez Centeno, Jaime Íñiguez Martínez, Javier Dorado Soto e Miguel Ángel Tellado Filgueira ao abeiro dos artigos 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno polo trámite de urxencia. Xustificación da urxencia.A urxencia ven determinada pola necesidade de coñecer o posicionamento do Parlamento de Galicia sobre un tema de tanta importancia.
Exposición de Motivos
Transcorrido o tempo previsto na normativa de contratación para dar conta da adxudicación con respecto ao contrato co Hospital POVISA e tendo en conta algunhas informacións contraditorias que saíron nos últimos días sobre o recollido en dito convenio e dado que a poboación de referencia cuberta polo Hospital POVISA está en torno aos 139.000 habitantes, parécenos oportuno que o SERGAS proceda a publicar o concerto recentemente formalizado con POVISA para a prestación de servizos sanitarios á poboación de referencia.
Por todo o exposto,
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que, unha vez transcorridos os prazos preceptivos recollidos na normativa de contratación administrativa, publique no perfil do contratante do
84018
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Servizo Galego de Saúde o contrato correspondente ao concerto recentemente formalizado con Povisa para a prestación de servizos sanitarios á poboación de referencia.”
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 21/10/2014 18:57:54
Miguel Ángel Santalices Vieira na data 21/10/2014 18:58:08 Marta Rodríguez Arias na data 21/10/2014 18:58:20
Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 21/10/2014 18:58:21
Rosa Oubiña Solla na data 21/10/2014 18:58:30
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 21/10/2014 18:58:35 Jaime Iñíguez Martínez na data 21/10/2014 18:58:38
Javier Dorado Soto na data 21/10/2014 18:58:43 Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 21/10/2014 18:58:48 Jaime Castiñeira Broz na data 21/10/2014 18:59:00
Ramón Santos Perez na data 21/10/2014 18:59:02 Jacobo Moreira Ferro na data 21/10/2014 18:59:10
Hipólito Fariñas Sobrino na data 21/10/2014 18:59:16 Vidal Martínez-Sierra López na data 21/10/2014 18:59:27
Agustín Baamonde Díaz na data 21/10/2014 18:59:33 Maria Herminia Pouso Maneiro na data 21/10/2014 18:59:40
84019
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, por medio da súa deputada
Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate Plenario, relativa á construción co
financiamento público do dique flotante para os estaleiros públicos de Ferrolterra.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Logo da entrevista sostida co saínte comisario da competencia da Comisión da UE, este
grupo parlamentar ten claro que o goberno da Xunta e o goberno central faltaron
reiteradamente á verdade no caso do dique flotante. Ás mentiras electorais onde o
dique flotante faríase si ou si, seguen aquelas que aseguraran – sempre sen entregar
copia da proposta achegada polos gobernos do PP á Comisión – que a Comisión
Europea rexeitara a posibilidade de construír con axudas públicas o dique flotante.
O goberno do Estado e a súa delegación en Galicia non presentaron ningún proxecto
para financiar o dique, co cal deu pé á Comisión a non poder estudar e contestar
afirmativamente á vaga pregunta sobre o financiamento público do dique, vaga ao
punto de non referir en absoluto a Navantia Ferrol nen achegar proposta técnica do
dique e do financiamento de este.
O Comisario reiterou na entrevista sostida que a resposta da Comisión sinalou que o
dique flotante podería dispor de financiamento público autorizado pola Comisión
segundo foran as características do proxecto técnico – non presentado – e das
condicións económicas e sociais do país, ao existir unha regulamentación específica
para as zonas economicamente deprimidas. Regulamentación que desgrazadamente
Galicia cumpre sobradamente.
Obvio é repetir que Navantia Ferrolterra é extraordinariamente competente tamén na
división de reparacións, onde no 2013 xerou beneficios (máis de 3 millóns de euros)
nun contexto onde ese mercado mundial está en crecemento. Lonxe de coidar estas
84020
capacidades, os gobernos do PP as malbaratan submisos a unha política neoliberal que
provoca paro, pobreza e a falla de futuro para Ferrolterra.
A mentira política é unha forma de corrupción que dana o crédito das institucións
públicas. Reducir o cumprimento dos programas electorais, que terían que ser os
contratos que calibran a lexitimidade dos gobernados, en apenas outra cousa que
marketing de venda di demasiado , e abondo malo, sobre a cualidade de non lexitimo
dos gobernos que practican esa redución.
En atención ao referido, o grupo parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda
formula a seguinte proposición non de lei para o seu debate no Pleno:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a que se dirixa ao goberno central para que
de maneira urxente se rectifique e se presente diante da Comisión Europea un
proxecto técnico para o dique flotante coa súa correspondente proposta de
financiamento público, ao obxecto de dotar deste investimento produtivo aos
estaleiros públicos de Navantia na ría de Ferrol.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a entregar copia dos escritos remitidos e
recibidos ate o de agora polo goberno e a Comisión Europea en relación co
dique flotante.
- O Parlamento Galego reproba a práctica de corrupción política que supón
empregar a mentira e o incumprimento dos compromisos electorais por parte
dos gobernos elixidos en virtude dos mesmos, como aconteceu co dique
flotante e o PP.
Compostela, 16 de outubro do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 16/10/2014 14:00:46
84021
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, por medio de Yolanda Díaz
Pérez, conforme ao escrito da Mesa número 12.988 polo que se solicita a reformulación
da proposición non de lei para o seu debate plenario, relativa o proxecto e financiamento
do dique flotante (iniciativa con número de rexistro 29.053), achega o presente escrito
coa requerida reformulación.
A parte resolutiva terceira resta como segue:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a honrar os compromisos públicos contraídos
coa cidadanía de Ferrolterra e, xa que logo, reclamar do goberno central a
inmediata dotación orzamentaria suficiente no proxecto de orzamentos xerais do
Estado 2015 para a construción dique flotante na ría de Ferrol.
En Compostela, 23 de outubro do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 23/10/2014 11:01:36
84022
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
das deputadas María do Carme Adán Villamarín, María Montserrat Prado Cores,
Ana Belén Pontón Mondelo e María Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate
en Pleno.
Exposición de motivos:
Diferentes estudos e informes recollen datos sobre a crecente situación de
precariedade laboral e traballo vulnerábel que viven as mulleres galegas. A fenda
salarial acentúase e o risco de exclusión social das mulleres tamén é maior. Asemade, o
desigual reparto de responsabilidades á hora de asumir o traballo non remunerado supón
que a maternidade sexa un factor de penalización sobre o emprego das mulleres. As
chamadas políticas de austeridade frearon a posta en marcha de políticas de igualdade,
tanto a nivel lexislativo como de realización de programas concretos. Así, a Lei 2/2007,
do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza está paraliza. Algunha
das súas medidas máis necesarias neste momento como é a posta en marcha de medidas
que melloren o emprego feminino segue agardando pola súa implementación.
Por isto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei
para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a elaborar o Plano Galego de
Emprego Feminino, en cumprimento do disposto no artigo 37, do 28 de marzo, do
84023
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
traballo en igualdade das mulleres de Galiza. Este plan establecerá medidas destinadas a
incrementar a taxa de emprego feminino, promover a contratación de mulleres nos
sectores nos que está subrepresentada, reducir o alto grao de precariedade das
traballadoras na Galiza, atallar as problemáticas específicas das mulleres nos ámbitos
produtivos -labregas, mariscadoras, redeiras,..- atendendo especificamente a
problemática das mozas galegas para accederen ao emprego. Contará cun cronograma
concreto para a súa execución e dotación orzamentaria suficiente. Para a súa
elaboración contárase coa participación do conxunto de axentes sociais e será remitido
ao Parlamento de Galiza para a súa tramitación conforme ao establecido no seu
regulamento.
Asemade, a Xunta deberá adoptar con carácter urxente un programa de actuación
específico a fin de corrixir a discriminación salarial das mulleres e garantir que se faga
efectivo o principio de igual retribución por traballos de igual valor. Este programa
establecerá actuacións que garantan a obxectividade nos sistemas de selección,
contratación, promoción e formación; negociar sistema de retribución transparentes e
que valoren obxectivamente os postos de traballo; revisión das clasificacións e
categorías profesionais que conteñan elementos de discriminación.”
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014
Asdo.: María Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
María Tereixa Paz Franco
Deputadas do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín
Portavoz s. do G.P. do BNG
84024
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 16/10/2014 18:39:03
Ana Belén Pontón Mondelo na data 16/10/2014 18:39:10
María Tareixa Paz Franco na data 16/10/2014 18:39:15
María do Carme Adán Villamarín na data 16/10/2014 18:39:20
84025
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do
deputado Daniel Rodas Chapela e da deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate en Pleno, relativa a adoptar medidas para enfrontar a caída de capturas e de
ingresos das mariscadoras e mariscadores da ría de Vigo.
No conxunto da ría de Vigo faenan habitualmente un total de 285 mariscadoras a
pé que xunto con unhas 341 embarcacións das diferentes localidades ribeiregas de
Cangas, Vigo, Moaña, Redondela, Arcade e Vilaboa, desenvolven a súa actividade nos
diferentes bancos intermareais e sublitorais da ría. A isto hai que sumar as embarcacións
que empregan o endeño remolcado para a extracción da ameixa rubia entre Cabo Home e
as illas Cíes.
Esta actividade ven regulada a través do Plan Xeral de Marisqueo de Galiza que
aproba anualmente a Consellería de Medio Rural e do Mar, e que contempla unha serie
de Plans específicos en zonas de libre marisqueo, de marisqueo a pé, a flote, etc. Neste
mes de outubro é cando se abre o forte da campaña e onde se visualiza coas primeiras
xornadas de traballo o estado real dó recurso.
As primeiras labores de recolección pon en evidencia unha situación que xa se
viña denunciando con anterioridade por parte do BNG, a diminución do recurso por unha
ausencia de xestión durante a última década que está a condenar a moitos mariñeiros a
miseria, pois na medida en que se esgotan os bancos marisqueiros redúcense as
posibilidades de emprego e as rendas desplómanse provocando a caída de ingresos.
84026
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Caída de rendas para un colectivo moi importante, que conforman as localidades
costeiras da ría de Vigo, polo número de embarcacións que participan, pero sobre todo
polo número de persoas que sobreviven deste recurso que nestes tempos de crise estaba a
ser unha das poucas alternativas para poder ter un emprego digno.
Escenifica tamén a falta de previsión, a desaparición de medidas de control, de
sementeira, de seguimento da evolución dos bancos de quen ten a responsabilidade de
garantir os recursos da Consellaría do Medio Rural e do Mar, que de xeito rutineiro viña
aprobando os plans, sen enfrontar a situación na que caiamos en picado, coa baixada ano
tras ano do nivel de captura. Os responsables desta situación seguen sen asumir a
responsabilidade de conducir ao sector a unha situación de ruína.
A Consellaría está ausente e mostra unha total incapacidade de liderar o sector,
xuntando esforzos e construíndo un necesario proxecto de posta en valor dos bancos
marisqueiros, mellora das zonas improdutivas, plan de sementeira, regulación das
capturas e o que é máis importante, regulación dos prezos.
Precisase enfrontar o problema dunha vez e definir un plan de actuación para
paliar de maneira urxente a situación actual de caída das rendas de moitos traballadores e
por as medidas precisas para que no futuro os bancos marisqueiros da ría de Vigo volvan
recuperar a súa produción e poidan xerar rendas dignas.
Estas son as razóns que levan ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego a formular a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a adoptar medidas para
enfrontar a caída de ingresos e a falta de capturas no marisqueo a pé e a flote da ría de
Vigo, tales como: participación do sector sobre o control e evolución dos bancos
84027
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
marisqueiros, axudas por peche por inactividade, abastecemento de cría, plans conxuntos
de limpeza, coidado e sementeira, recuperación de zonas improdutivas, adecuar as
medidas de topes, días de actividade, aperturas, etc, a realidade dos recursos, promoción,
identidade e comercialización do produto.”
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Montserrat Prado Cores
Deputado e deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 16/10/2014 19:02:27
María Montserrat Prado Cores na data 16/10/2014 19:02:34
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 16/10/2014 19:02:37
84028
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada María Tereixa Paz Franco e do deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Pleno, relativa á situación de prestación do servizo de catering
no comedor do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova
Nos últimos días téñense producido numerosas queixas de pais e nais sobre o
servizo prestado no comedor do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, tanto en
relación coa calidade da comida que se serve como nas condicións en que se fai este
servizo.
Actualmente a concesión da xestión do comedor escolar do IES Celanova Celso
Emilio Ferreiro para todo o curso 2014/15 outorgóuselle á empresa Serunión, S.A. por
un importe de 15.897, 60 euros, empresa de procedente de fora de Galiza que foi
beneficiaria de numerosas concesións da Consellaría de Educación. Anteriormente,
durante o curso 2013/2014 este servizo fora adxudicado a unha empresa local de
catering polo valor de 20.218,25 €.
As queixas da comunidade educativa céntranse sobre o material empregado
pola empresa concesionaria do servizo: bandexa onde se depositan os alimentos nun
estado pouco hixiénico, e das condicións hixiénico-sanitarias en que é transportada a
comida.
A continuación pódese constatar o estado da furgoneta na que se transporta a
comida que á vista está que non se trata dun vehículo isotérmico que sería o mínimo
esixíbel para o mantemento das adecuadas condicións dos alimentos.
84029
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
84030
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Tamén existe unha gran preocupación das nais e pais tanto polo anteriormente
exposto como pola elaboración dos menús que consideran escasos e pouco elaborados
tanto nutricionalmente como na propia presentación, e que mesmo como se pode
apreciar nun estado de conservación, no caso dos frescos máis que cuestionábel.
Estas denuncias veñen a engadirse ás de pais e nais e do alumnado doutros
centros educativos que teñen o comedor xestionado por esta mesma empresa e que
denuncian unha problemática similar.
84031
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego estes feitos
poñen ao descuberto de forma moi evidente o que xa vimos denunciando en diversas
ocasións. Que existe un claro deterioro no servizo e unha perda na calidade das comidas
que se lle ofrece ao alumnado a través deste método de catering ao tempo que se pechan
cociñas e se amortizan postos de traballo.
Por outro lado consideramos inadmisíbel, mesmo un estaba, que a teor da
normativa aprobada polo Goberno Galego en relación co repago dos comedores
escolares haxa familias que teñan que aboar 4,5 € por día por un menú que se serve
nestas condicións.
Véxase cal é a ración que se lles ofrece a adolescentes polo prezo de 4,5 €:
84032
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Cinco croquetas, un anaco de pan, unha sopa, e unha peza de froita, en
condicións lamentábeis. Menú miserento a prezo de luxo.
A alarma non fixo máis que incrementarse cando a comunidade educativa
coñeceu que esta empresa de catering está sendo investigada pola Comunidade de
Castela-León por atoparse na sopa dun menú escolar larvas brancas de gurgullo dun
centímetro de lonxitude.
Consideramos no Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego que a
gravidade dos feitos obrigan ao Goberno Galego a unha explicación e actuación
inmediata en relación con estes feitos.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego formula a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a adoptar as seguintes
medidas urxentes ante as denuncias dos pais e nais do IES Celso Emilio Ferreiro de
Celanova en relación coa baixa calidade do servizo de catering e das súas dubidosas
condicións hixiénico-sanitarias:
1.- Suspensión cautelar inmediata da prestación do servizo á empresa Serunión
S.A. e posta a disposición do alumnado dun servizo que cumpra con todos os
requirimentos de calidade e de hixiene.
2.- Incio dunha exhaustiva investigación e auditoría acerca dos feitos
denunciados: calidade e cantidade dos menús, idoneidade de instalacións, utensilios,
experiencia profesional, calidade do seu desempeño, e mesmo á vista dos feitos do
cumprimento da normativa vixente en materia hixiénico-sanitaria por parte da empresa
concesionaria.
84033
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3.- Extensión desta auditoría á totalidade das concesións da empresa.”
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014
Asdo.: María Tereixa Paz Franco
Cosme Pombo Rodríguez
Deputado e deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 16/10/2014 19:30:41
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 16/10/2014 19:30:50
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 16/10/2014 19:30:56
84034
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados Carmen Gallego Calvar, Carmen
Acuña do Campo, Manuel Vázquez Fernández, María Quintas Alvarez
e José Antonio Sánchez Bugallo, a través do seu portavoz e ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa
a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
Ante a dramática situación que están a vivir miles de familias galegas
afectadas polo desafiuzamento da súa vivenda habitual (preto de 6.000 nos
últimos 3 anos), sen que por parte de Xunta de Galicia se estea a ofrecer
unha solución real (apenas 33 vivendas ocupadas das 500 que di ter
reservadas a Xunta de Galicia), faise necesario reclamarlle ao Goberno
galego que abandone a súa clara falta de política sobre a vivenda.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a traspasar á Consellería
de Traballo e Benestar a xestión das vivendas de titularidade pública
destinadas ao acollemento de familias afectadas polos desafiuzamentos.
Pazo do Parlamento, 16 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Gallego Calvar
Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
María Quintas Alvarez
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
84035
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por: María Carmen Gallego Calvar na data 17/10/2014 10:32:14
María Carmen Acuña do Campo na data 17/10/2014 10:32:20 Manuel Vázquez Fernández na data 17/10/2014 10:32:25 María Remedios Quintas Álvarez na data 17/10/2014 10:32:31
José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/10/2014 10:32:37 José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 10:32:44
84036
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e das súas deputadas Pablo García García, Patricia Vilán
Lorenzo, Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Beatriz
Sestayo Doce, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
O proxecto de construción da liña de alta tensión entre a localidade de O
Irixo e o Concello de Lalín destruirá a Fraga de Casas Vellas en Catasós
(Lalín) de non modificarse o trazado proposto.
Dita fraga está situada cerca do entorno natural protexido da Fraga de
Catasós, e ben podería se considerado unha continuación do mesmo.
De acometerse o trazado proposto neste momento, desaparecerían especies
centenarias de distintas variedades, entre elas máis de 200 castiñeiros.
No ano 2012 cando se presentou o proxecto numerosos veciños e veciñas
xa fixeron alegacións ó proxecto neste sentido, e tamén interpuxeron un
recurso de reposición diante da Consellería de Economía e Industria do
que aínda non obtiveron resposta.
Cando no ano 2007 se presentaba este proxecto, se partía dun orzamento de
10 millóns de uros, cando se retoma no 2013 o presuposto redúcese a
metade do anunciado, 5 millóns de euros (tres millóns a execución e os
dous restantes a tramitacións, permisos, expropiacións e redacción do
proxecto).
Nestes momentos se está levando a cabo o levantamento de actas previas
de ocupación, coordinadas pola Xefatura Territorial da Consellería de
Economía e Industria de Pontevedra, sen que ata o momento se barallen
outros trazados alternativos.
84037
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Polo exposto anteriormente, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que:
Se derrogue a resolución da Consellería de Economía de Industria da
Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas,
autorizando que unha liña de alta tensión (proxecto sectorial de
incidencia supramunicipal LAT 132 Kv O Irixo-Lalín) pase pola
Fraga de Casas Vellas.
Se realicen as xestións administrativas oportunas para evitar a
afectación deste entorno.
Se modifique o trazado da liña LAT 132 Kv O Irixo-Lalín, sendo o
novo trazado soterrado dende a saída da autoestrada AP-53 ó longo
da estrada N-525 ata a rotonda de Agruchave.
Pazo do Parlamento, 17 de outubro de 2014
Asdo.: Pablo García García
Patricia Vilán Lorenzo
Abel Losada Alvarez
José Manuel Gallego Lomba
Beatriz Sestayo Doce
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: Pablo García García na data 17/10/2014 10:37:28
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/10/2014 10:37:34 Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/10/2014 10:37:40
84038
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
José Manuel Gallego Lomba na data 17/10/2014 10:37:45
Beatriz Sestayo Doce na data 17/10/2014 10:37:50 José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 10:37:56
84039
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa
da súa deputada Consuelo Martínez García e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Consello de Ministros ten aprobado o Real Decreto 702/2013, de 20 de setembro, polo
que se modifica o Real Decreto 183/2004, de 30 de xaneiro, polo que se regula a tarxeta
sanitaria individual.
As actuais tarxetas deberán ser substituídas antes de cinco años en todo o estado.
Galiza foi a primeira comunidade autónoma en cobrar pola renovación da tarxeta sanitaria
e tamén é unha das máis caras. Dende o 24 de febreiro de 2012, a Xunta cobra dez euros
a cada galego que perda ou deteriore a tarxeta sanitaria o que poría supoñer para o
Sergas un ingreso de un millón de euros ao ano.
A Comunidade Valenciana cobra tres euros ás persoas usuarias da tarxeta sanitaria que
soliciten un duplicado por perda, rotura ou roubo do orixinal sen denuncia. Están exentos
os titulares da tarxeta solidaria ou persoas sen recursos.
O Servizo Catalán da Saúde (CatSalut) cobra 7 euros polos duplicados da tarjeta sanitaria
en caso de perda, deterioro ou roubo.
A Comunidade de Madrid cobra dez euros nos casos de solicitude por roubo, rotura ou
extravío. Exime dos 10 euros aos perceptores da renda mínima de inserción. O goberno
da comunidade prevé uns ingresos de entre 1,5 e 2 millóns de euros ao ano.
En Baleares a renovación da tarxeta sanitaria ten un custe de 10,54 €,
independentemente da causa de renovación.
Castilla-La Mancha cobra 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria individual de
forma sucesiva en casos de roubo, rotura ou extravío.
No mes de agosto, o Servizo Galego de Saúde empezou a emitir as novas tarxetas
sanitarias adaptadas á normativa estatal recollida no RD. 702/2013.
84040
O Sergas tardará ao redor de cinco anos, que é o prazo máximo que deu o Ministerio de
Sanidade a todas as comunidades, para que substitúan as vellas tarxetas sanitarias polas
novas.
O Servizo Galego de Saúde só remitirá as novas tarxetas ás persoas usuarias por
cambios na condición da mesma, como pasar de beneficiario a titular, por rotura ou perda.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta a deixar de cobrar a taxa de 10 euros pola
renovación da tarxeta sanitaria solicitada por motivo de deterioro ou perda da orixinal.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014.
Asdo.: Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 17/10/2014 10:52:09
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 17/10/2014 10:52:14
84041
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa da
súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras
Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 30 de xaneiro de 2014, a Dirección Xeral da Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística dita resolución de reposición da legalidade urbanística en relación co
expediente sobre actividade realizada en solo rústico sen licencia municipal por parte de
Construcciones Manmer SL, consistente no depósito de material asfáltico no lugar de Vilar
do Colo, parroquia de Laraxe, no termo municipal de Cabanas.
Segundo consta en dita resolución, procede declarar que a actividade realizada
consistente no depósito de materiais na zona dos terreos na que é de aplicación
o réxime xurídico do solo rústico de especial protección de infraestruturas non é
legalizable por ser incompatible co ordenamento urbanístico
o réxime xurídico de solo rústico de especial protección das augas non é
legalizable por ser incompatible co ordenamento urbanístico
Efectivamente, Construcciones Manmer están a depositar material asfáltico e entullos en
Vilar do Colo, estando os depósitos contiguos á AP-9. Unha parte do depósito está dentro
da zona de servidume da autoestrada; outra parte está na metade do total do terreo, na
zona de afectación da infraestrutura.
Os depósitos de material teñen un volume aproximado entre 80.000 e 100.000 m3 e unha
altura sobre a rasante natural de 5, 7 e 10 metros en sucesivas plataformas, formando
noiros de entre 70 e 80 graos de pendente.
Polas lindes oeste e suroeste do terro pasa un regato e nalgúns puntos o seu cace está
invadido por grandes pedras e outros restos materiais menores.
A Resolución da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística tamén considera
probado que a actividade de deposito de material asfáltico está actualmente en curso de
execución e carece de licenza urbanística municipal.
84042
Polo feitos declarados probados, a Axencia resolve:
1. “Declarar a actividade realizada por Construcciones Manmer SL consistente no
depósito de material asfáltico no lugar de Vilar do Colo, unha actividade non é
legalizable por serlle de aplicación ao terreo que ocupa o réxime xurídico do solo
rústico de protección de infraestruturas e o réxime xurídico do solo rústico de
protección das augas incompatible co ordenamento urbanístico que o fai
incompatible co ordenamento urbanístico.
2. Ordenar a Construcciones Manmer a retirada do material asfáltico e entullos
depositados na zona, a reposición da mesma ao seu estado orixinal no prazo de
tres meses dende a notificación da resolución a cargo da empresa infractora e o
cese definitivo da actividade.
Expirado tanto o prazo establecido para a presentación da solicitude da licenza
urbanística municipal para o réxime xurídico de solo rústico de protección ordinaria como
para a interposición de recurso de reposición ante a Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística ou para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado por
parte de Construcciones Manmer e en función das competencias que ostenta a Xunta de
Galicia para o caso de actividades prohibidas en solo rústico de calquera categoría.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario da AGE presenta a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Adoptar as medidas necesarias para a protección da legalidade respecto das
actividades realizadas en solo rústico no lugar de Vilar do Colo que foron declaradas
ilegais pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3.- Executar o punto 1ºc da Resolución da Axencia mediante a imposición a
Construcciones Manmer S.L. de multas coercitivas en contía de 1.000 a 10.000 euros
cada unha.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014.
84043
Asdo.: Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 17/10/2014 11:06:55
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 17/10/2014 11:06:59
84044
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
dos seus deputados e deputadas, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á
interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 18/2014.
A política económica levada a termo polo Goberno de Rajoy, alén de errática
como demostra o enquistamento da crise e a persistencia de altos índices de desemprego,
tamén destaca pola adopción de medidas a golpe de Real Decreto-Lei, froito dunha
concepción centralista do Estado.
Efectivamente, semella que a política económica só pode ter un centro de
decisión, radicado en Madrid, que exclúe calquera posibilidade de emprender políticas
económicas propias en función da realidade económica de cada territorio, xa que o único
interese é avanzar na concentración da estrutura económica a prol dos intereses do
entramado de grandes empresas, grupos financeiros e lobbies que manexan en función
dos seus intereses os fíos da economía ao longo de todo o Estado español.
As consecuencias deste modelo de gobernanza económica de concentración para
Galiza son evidentes, pois a economía galega foise deteriorando a medida que se aplicaba
o programa económico recentralizador do Goberno central.
O último exemplo desa política económica foi a aprobación do Real Decreto-Lei
8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a
eficiencia, aprobado a golpe de BOE sen aviso previo nin consenso ningún, malia conter
medidas de forte impacto en Galiza, para o seu tecido produtivo e para as maiorías sociais
deste país, e polo tanto que invade competencias propias.
84045
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A pesar da posterior “maquillaxe”, coa tramitación “exprés” nas Cortes Xerais
desa norma xurídica, sen ningunha consulta nin negociación con Galiza ou outros
territorios con competencias en materia de desenvolvemento económico, tanto o
apresurado proceso de debate parlamentario, como o resultado con apenas mudanzas
respecto das medidas económicas inicialmente aprobadas polo Goberno central,
confirmaron a análise inicial de estarmos ante un novo impulso a políticas económicas
centralistas, por razóns exclusivas de favorecer a concentración económica a custa de
debilitar aínda máis sectores económicos de economías da periferia, como a de Galiza.
O nexo común da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas
urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, é a introdución de novas
regulacións económicas que, lonxe de favorecer unha mellora no funcionamento da
economía, o que promoven é crear condicións para unha maior concentración produtiva,
o reforzo de oligopolios empresariais, en detrimento dunha racionalización de sectores
económicos e dos intereses das maiorías sociais. Ademais, esa concentración empresarial
tamén vai parella a unha maior centralización económica e política, de maneira que os
intereses de Galiza sométense totalmente, impedindo exercer a través dos poderes
públicos galegos políticas económicas propias en función da nosa estrutura económica e
das necesidades reais do país.
A dita Lei condensa medidas de privatización, de desmantelamento do sector
público e de maior liberalización económica que relega a intervención de poderes
públicos na economía, ademais de grandes agasallos a “lobbies” económicos. Así,
gañarán as grandes superficies comerciais, o oligopolio do gas, as grandes construtoras
que se beneficiarán da privatización de AENA, a banca. Doutra banda, perderán as
maiorías sociais, o comercio de proximidade, os emprendendores e as pequenas e
medianas empresas e os consumidores en xeral.
84046
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Unha boa parte das medidas económicas aprobadas terán un impacto directo na
economía galega, sen que houbese un proceso participativo nin planificado a fin de
podermos decidir desde Galiza a súa aplicación. Por exemplo:
- A ampliación da liberalización de horarios comerciais que
benefician as grandes superficies en detrimento do comercio local e de
proximidade, a pesar de que existir evidencias dabondo do deterioro do comercio
de proximidade, das contornas urbanas de cidades e das vilas. O Goberno central
acentúa coa Lei 18/2014, do 15 de outubro, esa regresión, a imposición dun
modelo comercial alleo ao país.
- Avánzase na privatización do ente xestor aeroportuario (AENA),
dirixida desde Madrid malia tratarse de infraestruturas públicas onde se
efectuaron investimentos públicos multimillonarios nos últimos anos, e que teñen
un impacto económico nas cidades e a súa contorna onde se asentan. O Goberno
central non pon obxeccións á cesión a grandes construtoras e investidores
privados de equipamentos públicos, demostrando así que prefire delegar
competencias en empresas privadas antes que nas administracións autonómicas.
- Blíndase á banca privada aprobando unha taxa mínima do 0,003%
aos depósitos bancarios, impedindo así que as CCAA apliquen unha política
fiscal máis xusta e equitativa, que permita obter fondos dos inxentes beneficios
que obteñen (aínda en situación de crise) os grandes bancos para distribuílos no
financiamento de servizos públicos básicos.
- Acométese a privatización do Rexistro Civil, que regula os datos
básicos e esenciais de cada persoa, que pasa nunha decisión irracional a mans de
rexistradores da propiedade e mercantís. Terá un forte impacto no noso país, polas
peculiaridades do asentamento da poboación, ao pretender que apenas 64
Rexistros da Propiedade e 6 Rexistros Mercantís asuman a xestión que agora se
84047
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
exerce polos Xulgados de Paz en case todos os concellos, ademais dos Xulgados
encargados do Rexistro Civil nas grandes cidades.
Ningunha destas medidas contribuirá á recuperación económica, senón que
afondará a fenda que está a ampliar as desigualdades a medida que se prolonga a crise
económica. É evidente que este Goberno leva a termo unha política errática, a favor de
minorías económicas, no canto de adoptar políticas a favor das empresas pequenas e
medianas que nutren o tecido produtivo básico do país, o comercio de proximidade, o
emprego estábel e de calidade, ou a aposta pola economía do coñecemento que, sen
dúbida, marcarían outro rumbo económico.
Aínda que a Constitución de 1978 outorga a competencia ao Estado para fixar as
bases e a coordinación da planificación xeral da actividade económica (artigo 149.1.13),
debemos aternos precisamente á literalidade dese título competencial, que fai referencia á
regulación de aspectos básicos, non a adoptar unha lexislación expansiva, que aborde a
adopción de medidas concretas en ámbitos sectoriais diversos que impiden solucións
legais distintas e acaídas á realidade de cada territorio.
Noutra banda, o EAG atribúe determinadas competencias a Galiza en materias
económicas, tanto dun xeito exclusivo (artigo 27) como en concorrencia co Estado (artigo
30), polo que se debe respectar dita concorrencia compartida de Galiza en diversas
políticas económicas, e que a Lei 18/2014, do 15 de outubro, vulnera ao impor de xeito
uniforme medidas económicas que terán un impacto negativo para sectores básicos da
economía galega.
Polo dito, e tamén considerando que o artigo 32.2 da Lei Orgánica do Tribunal
Constitucional dispón a lexitimación das asembleas lexislativas das Comunidades
Autónomas contra disposicións con forza de Lei do Estado que afecten ao seu ámbito de
autonomía, formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
84048
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento de Galiza acorda:
1. Interpor recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 18/2014, do 15 de
outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a
eficiencia, por invasión das competencias recollidas nos artigos 27 e 30 do Estatuto de
Autonomía de Galiza.
2. Facultar á súa Presidenta para dar as instrucións oportunas aos servizos
xurídicos da Cámara para formalizalo, dando conta á Xunta de Portavoces.”
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
María do Carme Adán Villamarín
Montserrat Prado Cores
María Tereixa Paz Franco
Daniel Rodas Chapela
Cosme Pombo Rodríguez
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 17/10/2014 12:31:44
84049
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María do Carme Adán Villamarín na data 17/10/2014 12:31:50
María Montserrat Prado Cores na data 17/10/2014 12:31:54
María Tareixa Paz Franco na data 17/10/2014 12:31:56
Daniel Rodas Chapela na data 17/10/2014 12:32:00
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 17/10/2014 12:32:04
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 17/10/2014 12:32:07
84050
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA
O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa
dos seus deputados Antón Sánchez García e Consuelo Martínez García, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Primeiro.- O Estado español é a porta de entrada dos cultivos transxénicos en Europa,
continente referencia na loita e resisitencia contra a xeralización destes cultivos.
Os cultivos transxénicos son unha amenaza para a agricultura familiar, para a
biodiversidade, producen aínda unha maior dependencia dos labregos e labregas con
respecto ás multinacionais que teñen patentadas estas variedades.
Non están suficientemente estudados os efectos que poden ter para a a saúde, e por
estas razóns existe unha oposición dende organizacións agrarias, ecoloxistas e cidadáns
que esixe cando menos trasparencia por parte das administraccións públicas.
Galiza ten que camiñar hacia un modelo agrario sustentable, local e de calidade, onde a
enorme riqueza en variedades locais teñan unha protección e promoción especial, e
fronte ás cales os tránsxénicos supoñen unha ameaza.
A utilización de sementes de transxénicos implica ademáis a aceptación dun xeito de
cultivo, onde se incorpora o paquete agroquímico que vende a mesma casa que produce
o material xenético.
O mundo non precisa dunha intensificación da agricultura, posto que o problema da fame
é un problema de reparto e non de producción, e sí precisa, como precisa Galiza un
modelo onde o campesiñado deixe de ser dependente da agroindustria.
Os problemas que producen non son só para os agricultores que se deciden a cultivalos ,
senon que poden significar un enorme problema para o resto dos agricultores, pola
contaminación xenética a través do aire, e poden facer chegar a contaminar cultivos
convencionais e tradicionais, cuios propietarios poden acabar nos xulgados denunciados
polas casas propietarias das patentes como xa ten acontecido en países onde xa levan
moitos anos coa implantación dos transxénicos.
84051
Xa podemos, pois, sacar conclusións do que supuxo noutros lugares do mundo a
introducción xeralizada dos transxénicos; familias arruínadas, milleiros de variedades
locais contaminadas, endebedamento masivo dos agricultores,resistencias de ervas
invasoras, etc.
Por outra banda dende a súa implantación nos mercados, as promesas dos cultivos
transxénicos está moi lonxe de facerse realidade.
Non aumentaron os rendementos dos cultivos, nin melloraron a calidade dos alimentos e
do medio ambiente, nin contribuíron a solucionar a fame no mundo.
Pola contra estanse a producir problemas como caídas na produción, fallos que
ocasionan perdidas de colleitas, desenrolo de “supermalezas”, dependencia de sementes
patentadas e produtos químicos cada vez mais agresivos e tóxicos.
Comprobouse que ademais supón riscos sanitarios como alerxias, toxicidades,
proliferacións de bacterias resistentes aos antibióticos e un perigo para a vida silvestre e
medio ambiente e para a supervivencia de millóns de agricultores.
No ano 2008 aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o seguinte acordo:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no ámbito das súas
competencias, non contemple a produción dos cultivos transxénicos destinados ao
consumo humano e animal e, en consecuencia, a:
1. Incentivar as producións agrogandeiras tradicionais, de calidade e os cultivos
ecolóxicos garantindo a súa máxima protección xenética e valores nutricionais, e
impedindo
a súa hibridación e/ou polinización por outros organismos modificados xeneticamente.
2. Establecer sistemas de identificación, control e rastrexabilidade dos produtos
agrogandeiros que garantan información ao consumidor sobre a súa procedencia e
método
do cultivo e/ou crianza.
3. Incentivar a investigación en biotecnoloxía e en enxeñaría xenética.
4. Informar e formar a cidadanía, especialmente os profesionais do sector agrogandeiro
en todos os aspectos e efectos relacionados cos OXM.
ouco deste acordo se levou a cabo,sobre todo o que ten a ver coa trasparencia e a
84052
información á sociedade, e tamén coa vontade de limitar no posible este tipode cultivos.
Segundo.- O pasado 12 de xuño o Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE
aprobou, en primeira lectura, unha proposta de modificación da Directiva 2001/18/CEE de
12 de marzo de 2001, sobre a liberalización intencional no medio ambiente de organismo
modificados xeneticamente. Dita proposta vai encamiñada á proibición de ditos cultivos.
Son varios os Estados da UE que teñen proibido o cultivo de transxénicos, mentres o
Estado español é dos maiores cultivadores (de maiz, por exemplo).
Por todo elo o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presenta a
seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no ámbito das súas
competencias, non contemple a produción dos cultivos transxénicos destinados ao
consumo humano e animal e, en consecuencia, a:
1. Incentivar as producións agrogandeiras tradicionais, de calidade e os cultivos
ecolóxicos garantindo a súa máxima protección xenética e valores nutricionais, e
impedindo a súa hibridación e/ou polinización por outros organismos modificados
xeneticamente.
2. Establecer sistemas de identificación, control e rastrexabilidade dos productos
agrogandeiros que garantan información ao consumidor sobre a súa procedencia e
método do cultivo e/ou crianza.
3. Informar e formar a cidadanía, especialmente os profesionais do sector agrogandeiro
en todos os aspectos e efectos relacionados cos OXM definindo unha planificación
concreta na que queden recollidas as accións previstas, contidos, destinatarios/as,
axentes de formación e divulgación,etc.
4) Que cree un órgano de supervisión e seguimento da aplicación dos puntos reflectidos
no documento, que ineludíbelmente haberá de contar con presencia da cidadanía galega,
a través de colectivos sociais, ecoloxistas, organizacións agrarias, de consumidores/as, e
daqueles interesados no control do cultivos de sementes transxénicas.
5) A desenvolver a súa propia lexislación en materia de organismos modificados
xeneticamente, co fin de poder desempeñar as funcións asignadas polo artigo 4 da Lei
9/2003:
- A concesión de autorizacións, salvo os casos que corresponden á Administración Xeral
84053
do Estado, de utilización confinada e de liberación voluntaria de organismos modificados
xeneticamente con fins de investigación e desenvolvemento e calquera outro distinto da
comercialización.
- A vixilancia, o control, e a imposición de sancións destas actividades.”
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014.
Asdo.: Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Antón Sánchez García
Deputado e Viceportavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 17/10/2014 13:08:44
María Consuelo Martínez García na data 17/10/2014 13:09:03
84054
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a
iniciativa do seu deputado Antón Sánchez García, ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non
de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O “LIC Gándaras de Budiño” a pesares de estar integrado na Rede Natura
2000 e de conter na súa flora, e sobre todo fauna (como poden ser os casos de
especies protexidas ou, inclusive en risco de extinción –véxase o caso do
Sapoconcho ou a ra patilonga, entre outras-), comezaron a movilizar
maquinaria e facer movementos de terra o 5 de Agosto do 2014.
A construcción dun recheo por parte da empresa “Hierros Arteta” comezaba así
invadindo parte dunha paisaxe protexida e ademáis (tal e como recollen
Verdegaia, AHE e SGHN) pechando a senda peonil cun valado.
Os níveis de auga foron descendendo paulatinamente a medida que se
avanzavan as obras, comezando asi o día 5 de Agosto cuns níveis normais. O
15 de setembro os níveis baixos en auga eran patentes. Neste día recollíase
unha mortaldade de especies autóctonas da zona. Dous días despois, o 17 de
Setembro, infórmaselle ao Consello Galego de Medio Ambiente, e, a pesar da
actividade de axentes de Medio Ambiente as obras non foron paralizadas.
Finalmente o día 21 de setembro a barreira queda baixo os terreos.
Máis, e cabe telo en conta, estase a violar, entre outras, a Lei 24/2007, de 13
de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e a Directiva
2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de abril de 2004,
sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e
reparación de danos medioambientais.
84055
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á reposición (coas medidas
sancionadoras oportunas) da legalidade (as normativas ambientais vixentes) no
caso das obras do recheo no “LIC Gándaras de Budiño”.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014.
Asdo.: Antón Sánchez García
Deputado e Portavoz S. do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 17/10/2014 13:48:55
84056
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada Tereixa Paz Franco e do deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Pleno, relativa á situación de prestación do servizo de catering
nos comedores escolares públicos nas que a concesionaria é a empresa Serunión S.A.
Nos últimos días téñense producido numerosas queixas de pais e nais sobre o
servizo prestado no comedor de diversos centros escolares públicos, tanto en relación
coa calidade da comida que se serve como nas condicións en que se fai este servizo.
Actualmente a concesión da xestión do comedor escolar nestes centros para todo
o curso 2014/15 outorgóuselle á empresa Serunión, S.A. de procedente de fora de
Galiza que foi beneficiaria de numerosas concesións da Consellaría de Educación.
Anteriormente, durante o curso 2013/2014 este servizo fora adxudicado en moitos casos
a pequenas empresas locais.
Á vista dos datos que figuran na plataforma de contratación parece que o criterio
de adxudicación foi só o económico sen ter en conta as condicións de calidade da
prestación e sen que ese aforro repercutise no custe que ten para as familias.
As queixas da comunidade educativa céntranse sobre o material empregado
pola empresa concesionaria do servizo: bandexa onde se depositan os alimentos nun
estado pouco hixiénico, e das condicións hixiénico-sanitarias en que é transportada a
comida.
A continuación pódese constatar o estado da furgoneta na que se transporta a
comida servida nalgúns destes centros que á vista está que non se trata dun vehículo
84057
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
isotérmico que sería o mínimo esixíbel para o mantemento das adecuadas condicións
dos alimentos.
84058
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Tamén existe unha gran preocupación das nais e pais tanto polo anteriormente
exposto como pola elaboración dos menús que consideran escasos e pouco elaborados
tanto nutricionalmente como na propia presentación, e que mesmo como se pode
apreciar nun estado de conservación, no caso dos frescos máis que cuestionábel.
Estas denuncias son realizadas polso pais e nais e do alumnado de diversos
centros educativos que teñen o comedor xestionado por esta mesma empresa e que
denuncian unha problemática similar.
A xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego estes feitos
poñen ao descuberto de forma moi evidente o que xa vimos denunciando en diversas
84059
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
ocasións. Que existe un claro deterioro no servizo e unha perda na calidade das comidas
que se lle ofrece ao alumnado a través deste método de catering ao tempo que se pechan
cociñas e se amortizan postos de traballo.
Por outro lado consideramos inadmisíbel, mesmo un estafa, que a teor da
normativa aprobada polo Goberno Galego en relación co repago dos comedores
escolares haxa familias que teñan que aboar 4,5 € por día por un menú que se serve
nestas condicións.
Véxase cal é a ración que se lles ofrece a adolescentes polo prezo de 4,5 €:
84060
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Cinco croquetas, un anaco de pan, unha sopa, e unha peza de froita, en
condicións lamentábeis. Menú miserento a prezo de luxo.
A alarma non fixo máis que incrementarse cando a comunidade educativa
coñeceu que esta empresa de catering está sendo investigada pola Comunidade de
Castela-León por atoparse na sopa dun menú escolar larvas brancas de gurgullo dun
centímetro de lonxitude.
Consideramos no Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego que a
gravidade dos feitos obrigan ao Goberno Galego a unha explicación e actuación
inmediata en relación con estes feitos.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego formula a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a adoptar as seguintes
medidas urxentes ante as denuncias dos pais e nais de diversos centros educativos
públicos en relación coa baixa calidade do servizo de catering e das súas dubidosas
condicións hixiénico-sanitarias prestado pola empresa Serunión S.A.:
1.- Suspensión cautelar inmediata da prestación do servizo á empresa Serunión
S.A. en todos os centros públicos nos que se teñen detectado deficiencias ou se teñan
producido denuncias da comunidade educativa e posta a disposición do alumnado dun
servizo que cumpra con todos os requirimentos de calidade e de hixiene.
2.- Incio dunha exhaustiva investigación e auditoría acerca dos feitos
denunciados: calidade e cantidade dos menús, idoneidade de instalacións, utensilios,
experiencia profesional, calidade do seu desempeño, e mesmo á vista dos feitos do
84061
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
cumprimento da normativa vixente en materia hixiénico-sanitaria por parte da empresa
concesionaria.
3.- Estudo, en función dos datos das auditorías, da rescisión das concesión a dita
empresa e a restitución dun servizo de comedor con menús elaborados no propio centro
e que sexa de calidade nutricional e que cumpra as condicións hixiénico-sanitarias.”
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014
Asdo.: María Tereixa Paz Franco
Cosme Pombo Rodríguez
Deputada e deputado do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 17/10/2014 13:50:09
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 17/10/2014 13:50:15
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 17/10/2014 13:50:20
84062
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada, José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl
Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, a través do portavoz e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en pleno.
Á vista dos resultados dos aeroportos galegos, que no seu conxunto
continúan a perder viaxeiros dende o ano 2011. Situación que contrasta co
crecemento continuado do aeroporto do Porto, que nestes momentos ocupa
unha cota de mercado no noroeste que supera amplamente o 60 %, e que
excede nun 50 % a suma dos tres aeroportos galegos, presentamos a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a implantar, recuperar e
potenciar as distintas rutas dos aeroportos galegos, obedecendo a un
esquema diferente ao avanzado polo Ministerio de Fomento e que proceda,
xa nos orzamentos para o 2015, a establecer un aumento dos fondos para
lograr unha potenciación de vos nos tres aeroportos galegos sen que resulte
discriminatorio.
Pazo do Parlamento, 13 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por: José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/10/2014 13:28:52
Raúl Fernández Fernández na data 17/10/2014 13:29:03 Patricia Vilán Lorenzo na data 17/10/2014 13:29:17
José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 13:29:28
84063
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada, José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández
Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, a través do portavoz e ao abeiro do disposto
no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en pleno.
Ante a dramática situación que están a vivir miles de familias galegas afectadas
polo desafiuzamento da súa vivenda habitual (preto de 6.000 nos últimos 3 anos),
sen que por parte de Xunta de Galicia se estea a ofrecer unha solución real
(apenas 33 vivendas ocupadas das 500 que di ter reservadas), e ante a falta de
sensibilidade, capacidade e interese amosada pola Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Grupo Parlamentario dos Socialistas
presenta a seguinte proposición non de lei.
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Presentar, no actual período de sesións, un Plan de apoio á vivenda social na
comunidade autónoma que dea satisfacción, tanto á demanda existente
procedente de novas unidades familiares coma a aqueles outras que por mor da
situación económica están a perder a súa vivenda, tamén se contemplará a
prestación dun especial apoio ás familias que perden a súa vivenda por mor dun
desafiuzamento.
2º) Que no plan se contemple un programa para vivenda da xente moza e
medidas económicas de apoio aos titulares de vivendas protexidas que como
consecuencia do Real decreto 20/2012, están a se ver privados das axudas na
subsidiación de préstamos para adquisición de vivendas protexidas vinculadas
aos plans nacionais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012.
3º) Renovar e actualizar o Plan Aluga coa adaptación ás novas demandas sociais.
Pazo do Parlamento, 13 de outubro de 2014
84064
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/10/2014 13:53:18 Raúl Fernández Fernández na data 17/10/2014 13:53:32
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/10/2014 13:53:44 José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 13:53:54
84065
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada, José Antonio Sánchez Bugallo, Abel Losada
Alvarez, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate pleno.
Á vista dos propios datos facilitados pola Xunta de Galicia nos que se fai constar
a existencia de 959 parcelas propiedade do IGVS, cunha superficie total útil de
2.807.000 m2 sen uso. Situación agravada polo estado de desocupación ou
mesmo abandono na que se atopan outros ámbitos como a plataforma loxística de
Salvaterra, o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición non
de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Traspase á Consellería de Economía e Industria os parques empresariais que
son titularidade de Xunta de Galicia, así como a totalidade das parcelas
dispoñibles.
2º) Presente con carácter de urxencia un plan para a xestión e dinamización do
solo industrial existente en Galicia, que contemple todas as medidas posibles
orientadas a facilitar a adquisición, cesión ou aluguer de chan por parte de
empresas interesadas; e prestando especial atención á implantación de
actividades por novos emprendedores e á captación de investimentos. No dito
plan incluiranse as medidas de apoio que serán postas en marcha a través do
Igape.
Pazo do Parlamento, 13 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por: José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/10/2014 14:02:07
84066
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/10/2014 14:02:20
Raúl Fernández Fernández na data 17/10/2014 14:02:27 Patricia Vilán Lorenzo na data 17/10/2014 14:02:39 José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 14:02:50
84067
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada, José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl
Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, a través do portavoz e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en pleno.
Transcorridos máis de tres anos desde a aprobación das DOT e do Plan de
ordenación do litoral, sen que ata o día de hoxe se teña aprobado por parte
da Xunta de Galicia ningún dos plans de desenvolvemento previstos, nin
tan sequera estean contratados, redactados ou en fase de redacción, o Grupo
Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Presentar diante da Cámara galega, antes do remate do actual período
de sesións, un informe sobre a situación actual e o desenvolvemento futuro
previsto das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de
ordenación do litoral, incluíndo o estado de tramitación en relación aos
concellos acollidos á disposición transitoria da Lei de costas actualmente
en vigor.
2º) Que a nova Lei do solo de Galicia sexa aprobada na Cámara cunha
maioría mínima dos 2/3.
Parlamento de Galicia, 13 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por:
84068
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/10/2014 13:38:46 Raúl Fernández Fernández na data 17/10/2014 13:38:57
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/10/2014 13:39:09 José Luís Méndez Romeu na data 17/10/2014 13:39:24
84069
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do
deputado Daniel Rodas Chapela e da deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate en Pleno, instando a Xunta de Galiza a reclamar do Goberno español as
medidas precisas para que no concello de Cee haxa unha base operativa de salvamento
marítimo con medios aéreos que actúen durante as 24 horas do día.
Na actualidade asistimos con perplexidade ao que acontece co heliporto de
salvamento marítimo de Ruibo en Cee. Unha instalación recentemente inaugurada que
requiriu unha inversión millonaria, máis de 14 millón por parte de Fomento, e que aos
poucos meses fica desmantelada da súa función principal: albergar un helicóptero de
última tecnoloxía en rescates marítimos, e prestar os servizos de salvamento para toda a
franxa marítima da Costa da Morte.
Sen existir un pronunciamento claro e oficial das circunstancias que rodean á
decisión de trasladar o helicóptero e ao seu equipo á base situada en Santiago de
Compostela, a decisión parece ter que ver con deficiencias de seguridade propias ao
deseño da instalación e non contar con dispositivos de voo nocturno.
A realidade deste traslado supón que a Costa da Morte queda prexudicada en
canto aos tempos de rescate e asistencia a accidentes marítimos, principalmente da frota
pesqueira, nun tempo medio estimado de 30 minutos (na ida e volta ata a base de
Santiago) e esfumase o compromiso de dotar dunha base permanente de salvamento
marítimo na localidade ceense.
84070
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Trinta minutos poden salvar unha vida no mar. En materia de rescates mariños
todos sabemos que o tempo resulta fundamental, todo segundo conta, e moi
especialmente cando acontece entre o lusco e fusco, coa última visibilidade do día. Pois
os rescates nocturnos ofrecen resultados, case sempre, infrutuosos. Os mariñeiros da
Costa da Morte sábeno moi ben.
O BNG defende que o ter un heliporto de tecnoloxía avanzada en rescates, non
é un luxo que deba suprimirse polas políticas da AUSTERIDADE. Todo o contrario, é
unha necesidade básica elemental que aporta un extra de seguridade, para unha
profesión tan perigosa coma a dos mariñeiros. Agora, cando tiñamos acadado na Costa
da Morte un dispositivo de seguridade destas características o goberno de Madrid,
semella que despreocupado das cousas do mar, quítanolo ao créelo prescindible, por
pensar que se pode ofrecer a mesma prestación de vixilancia e auxilio dende Santiago
de Compostela.
No transcurso destes últimos meses tense trasladado informacións contrapostas
sobre o futuro desta base de rescate. Dende o Goberno do Estado informouse dun
traslado definitivo do helicóptero a Santiago de Compostela, para despois nestas últimas
datas informar do contrario. A Xunta de Galiza tamén ten achegado información
contraditoria, ao informar que o traslado tiña carácter de provisionalidade ou
mesmamente confirmar que a operatividade está restrinxida pola Axencia Estatal de
Seguridade Aérea (AESA).
Estas son as razóns que levan ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego a formular a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
84071
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento de Galiza insta a Xunta de Galiza a reclamar do Goberno español
as medidas precisas para que no concello de Cee haxa unha base operativa de
salvamento marítimo, con medios aéreos que actúen durante as 24 horas do día.”
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Montserrat Prado Cores
Deputado e deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 20/10/2014 11:25:06
María Montserrat Prado Cores na data 20/10/2014 11:25:13
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 20/10/2014 11:25:15
84072
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos seus deputados José Francisco Santos Regueiro, Pedro Arias Veira, Moisés Blanco Paradelo, Hipólito Fariñas Sobrino, Berta Pérez Hernández, Cristina Romero Fernández, Miguel Tellado Filgueira e Gonzalo Trenor López, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno. Exposición de Motivos
O desmesurado déficit de tarifa que se ven acumulando dende hai unha década alcanza unha cifra insostible en torno aos 30.000 millons de €. Esto conlevou o Goberno do Estado a tomar medidas drásticas para a súa contención e reducción. Deste xeito, dende xaneiro do ano 2013, suspendéronse as primas ás enerxías renovables, coxeneración e residuos. Esta medida imprescindible alcanzou de cheo a Sociedade Galega do Medioambiente (SOGAMA), que e a sociedade xestora dos RSU da maior parte dos concellos galegos, xa que viña recibindo primas pola electricidade xerada como consecuencia da valorización de residuos na planta de Cerceda. Non obstante, dende mediados do ano 2014, entrou en vigor o novo RD e tamén a orden ministerial pola que se regulan as retribucións a percibir pola antedita actividade, e polo tanto a situación de incertidume económica na que estaba inmersa parece clarexarse aínda que o panorama económico non vai a ser tan favorable como antano.
84073
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Tamen esta sociedade está a sufrir o comportamento dalgúns concellos que se negan a pagar o canon correspondente polo tratamento do seu lixo, o que ocasiona perdas de importancia nas contas de Sogama. Polo exposto, o Grupo Parlamentario Popular de Galicia, presenta a seguinte Proposición non de lei en Pleno: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo unha xestión eficiente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, a rebaixar o canon que se cobra aos concellos pola xestión dos RSU,dacordo co que permita o novo marco retributivo, ao tempo que esixa, polos medios ao seu alcance, que as facturas sexan atendidas co fin de garantir a sostenibilidade do sistema.”
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 20/10/2014 12:45:34 Jose Francisco Santos Regueiro na data 20/10/2014 12:45:49
Pedro Manuel Arias Veira na data 20/10/2014 12:46:05
84074
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Moisés Blanco Paradelo na data 20/10/2014 12:46:26
Hipólito Fariñas Sobrino na data 20/10/2014 12:46:38 Berta Pérez Hernández na data 20/10/2014 12:46:47
Cristina Isabel Romero Fernández na data 20/10/2014 12:46:55 Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 20/10/2014 12:47:00 Gonzalo Trenor Lopez na data 20/10/2014 12:47:11
84075
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
dos deputados Cosme Pombo Rodríguez e Francisco Xesús Jorquera Caselas e das
deputadas María do Carme Adán Villamarín e Ana Belén Pontón Mondelo, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Pleno, relativa á necesidade dun compromiso activo para
evitar os desafiuzamentos e para asegurar a efectividade do dereito de todos/as os/as
cidadáns/ás a unha vivenda digna.
A crise económica e as súas dramáticas consecuencias sociais está provocando
que moitos cidadáns no noso país non poidan ver garantido na práctica o dereito a unha
vivenda digna.
Desde o comezo da crise económica miles de cidadáns que accederon a unha
vivenda a través de préstamos hipotecarios, están atravesando unha delicada situación
que lles impide facer fronte ao vencemento dos créditos, véndose abocados a perder a
súa vivenda.
Para facer fronte a este grave problema social é imprescindíbel que a Xunta de
Galiza teña un compromiso activo para evitar os desafiuzamentos e para asegurar a
efectividade do dereito de todos/as os/as cidadáns/ás a unha vivenda digna.
Lamentabelmente, a situación de debilidade e desamparo das persoas afectadas
polas ameazas de execución hipotecaria, contrasta coas inmensas cantidades de diñeiro
público concedido ás entidades financeiros, coa finalidade de contribuír ao seu
saneamento e para que estas sigan cumprindo a súa función na economía.
84076
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ao mesmo tempo que a cidadanía é sacrificada en aras de sanear ás entidades
financeiras estamos vendo como estas mesmas entidades (mesmo incumprindo a
Directiva europea sobre o particular) están actuando de forma despiadada coas persoas
que como consecuencia dos cambios na súa situación persoal e laboral non poden facer
fronte ao pago das súas hipotecas.
Boa mostra do dito é a carta recibida no Grupo Parlamentar do BNG no que
unha familia nos conta:
Que o 16 de outubro recibiu do xulgado de Ponteareas a execución hipotecaria
da súa vivenda; que lle dan 30 días para pagar a débeda que teñen coa entidade
bancaria ou quedarán sen casa.
Que a súa situación ( muller e marido) é como a de moitos cidadáns:
Ficaron sen traballo no 2012, neste intre non poden facer fronte á hipoteca por
atopárense no paro mais, no caso de que a entidade financeira (“Abanca”) devolvese o
cobrado de máis en concepto de cláusulas solo (por “ Cláusulas Solo” pagaron sobre
400 Euros mensuais durante 4 anos), poderían pagar a débeda de 18.000 €.
Manifestan atoparse desesperados por non poder pagar e porque o seu banco
négase a negociar con eles, se non pagan a débeda que lle reclaman.
Maniféstanse decepcionados de ver como se rescatan aos Bancos con fondos
públicos e pregúntanse:
Por qué non hai quen obrigue á “Abanca” a devolver ás familias o diñeiro
cobrado de máis, en todos estes anos que incumpriron a Directiva Europea sobre os
Créditos hipotecario.?
Por qué non hai quen rescate ás familias?
84077
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
... carta que poderían ter escrito miles de persoas que perderon, ou están a piques
de perder, a súa vivenda sen que por parte das entidades financeiras se buscase ningún
tipo de alternativa para evitar que moitas destas persoas ficasen literalmente na rúa.
Para o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego resulta inasumíbel
que ao tempo que se están empregando os cartos públicos, para sanear ás entidades
financeiras, segue habendo centos de familias galegas (en situación de debilidade
extrema) que son ameazadas por esas entidades financeira cunha execución hipotecaria
inxusta e ilegal que supoñerá a perda do dereito a unha vivenda digna para as mesmas.
O Grupo Parlamentar do BNG entende que a Xunta de Galiza debera ser a
primeira interesada en parar a tremenda inxustiza que supón os miles de
desafiuzamentos executados ou que se pretenden executar (moitos deles incumprindo a
legalidade).
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte
proposición non de lei para o seu tratamento en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza a:
1º.- Solicitar do Goberno do Estado a paralización de todos os procedementos de
execución hipotecaria en curso?
2º.- Reclamar das entidades financeiras a procura de solucións negociadas e
compartidas coas familias que teñen problemas para afrontar a hipoteca?
3º.- Reclamar das entidades financeiras que operan na Galiza, a devolución do
cobrado ilexitimamente, en concepto de cláusulas solo abusivas, ás familias
hipotecadas?
84078
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4º.-Reclamar das entidades financeiras unha quita no importe das hipotecas, que
teña en conta a responsabilidade das entidades financeiras na sobrevaloración das
vivendas no período da burbulla inmobiliaria, e as axudas públicas que recibiron para
sanealas para buscar solucións negociadas e compartir os problemas das hipotecas
abusivas entre as dúas partes afectadas?”
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014
Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez
Ana Belén Pontón Mondelo
María do Carme Adán Villamarín
Deputado e deputadas do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 20/10/2014 13:02:11
Ana Belén Pontón Mondelo na data 20/10/2014 13:02:17
María do Carme Adán Villamarín na data 20/10/2014 13:02:22
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 20/10/2014 13:02:26
84079
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei en Pleno
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O G. P. Mixto, a iniciativa da súa Deputada e voceira, Carmen
Iglesias Sueiro, ao abeiro do establecido no regulamento desta
cámara, presenta a seguinte Proposición Non De Lei para o seu
debate en Pleno.
Para combater a violencia de xénero, e con elo promover
políticas de igualdade reais, é imprescindible comezar pola
escola. É a escola a que ten capacidade, a longo prazo, de rachar
cos roles de construír un alumnado como neno ou nena xa que
esta distinción supón unha limitación á hora de desfacernos
desas desigualdades de xénero.
O obxectivo fundamental da escola coeducativa é capacitar ás
alumnas e alumnos para detectar o sexismo que nos rodea e
intentar transformalo. Esta perspectiva fai destes nenos e nenas,
así educados, axentes de cambio.
A escola mixta asumiu a igualdade de xénero como un principio
indiscutible pero, sen contidos programados, polo que non
ensina a vivir en igualdade. Por tanto, a aprendizaxe para a
igualdade queda limitado ao voluntarismo das persoas docentes
que a impulsan como un compromiso persoal.
Cremos que este compromiso debe ser o de toda a sociedade e
por elo os equipos e as persoas docentes precisan mecanismos e
84080
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei en Pleno
2
incentivos por parte da administración para desenvolver unha
labor que repercutirá na rexeneración social e na convivencia.
Polo dito presentase a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a incentivar no
ensino aqueles centros que implanten Plans de Ensino
coeducativo que ensine a vivir na igualdade e como ferramenta
para cambiar as desigualdades de xénero e os seus patróns
sexistas hexemónicos. Para elo creará unha partida orzamentaria
específica para os centros que implanten ditos Plans
Coeducativos.
A inspección educativa avaliará, controlará e fará un seguimento
das prácticas non sexistas en todos os centros escolares e
recompilará os plans coeducativos que se vaian implantando
para realizar un estudo que permita a elaboración dunha Guía
Coeducativa en Centros Escolares coas prácticas postas en
marcha que resultasen máis eficaces.
A Xunta de Galicia creará un distintivo oficial específico para os
centros escolares que apliquen Plans de Ensino Coeducativo.
Pazo do Parlamento a luns, 20 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro
Deputada e Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
84081
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei en Pleno
3
Carmen Iglesias Sueiro na data 20/10/2014 14:29:14
84082
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada Ana Belén Pontón Mondelo e do deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Pleno, relativa á situación da Cova de Eirós.
A Cova de Eirós, situada no Concello de Triacastela, constitúe a mostra de arte
rupestre máis antiga da Galiza e un dos xacementos paleontolóxicos con restos de oso
cavernario máis relevantes da Península Ibérica. Porén este patrimonio atópase
seriamente en perigo pola actividade que de xeito ilegal está realizando no entorno da
Cova de Eirós. Así, segundo información remitida ao noso Grupo Parlamentar pola
Asociación Ecoloxista ADEGA nun exhaustivo informe, os danos serían os seguintes:
1. FILTRACIÓNS DE AUGA
A escavación e retirada de material sobre a cova de Eirós, en primeiro lugar
produciu a eliminación da capa superficial de terra, de composición arxilosa e
relativamente impermeábel, así como da capa vexetal que a compactaba coas súas raíces
e se nutría dela. Isto provoca un que a Cova de Eirós funcione como drenaxe do terreo
sobre ela, que agora absorbe máis auga, e en maior concentración ao haber menos
volume de terreo. O resultado é unha gran humidade dentro da cova, o cal dana
gravemente as pinturas rupestres existentes nela.
Os veciños de Cancelo constatan que antes da actividade mineira, a Cova de
Eirós era unha «cova seca», motivo polo cal até se refuxiaban nela co gando, mentres
que agora a auga esvara polas paredes e hai unha forte humidade. Tamén os
arqueólogos constatan que as pinturas rupestres, principalmente realizadas mediante
84083
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
carbón e pigmentos con terra sobre as paredes de calcaria, se teñen deteriorado mais nas
últimas tres décadas que nos moitos milenios anteriores, debido a esta filtración de auga
por causa da actividade mineira.
Para a protección e conservación das pinturas rupestres da Cova de Eirós serían
necesarias medidas urxentes, a primeira delas, non permitir actividades extractivas no
seu entorno, pois agravarían esa situación, e ademais, unha intervención de restauración
do terreo sobre ela para recuperar a súa impermeabilización natural.
2. AUGAS SUBTERRÁNEAS
A morfoloxía e características da Cova de Eirós foron determinadas por una
antiga canle de circulación freática, dende unhas condicións de karst funcional onde esa
auga circulaba con enerxía, até una mudanza da dinámica, que levou a un progresivo
abandono desa circulación, que pasou a ser menor e ocasional, indo progresivamente
colmatando o seu interior de sedimentos en varios dos seus niveis, historia xeolóxica
que se representa nas paredes interiores e na estratigrafía dos sedimentos.
A modificación das condicións freáticas do seu entorno poderían producir unha
nova modificación nas dinámicas de circulación das augas subterráneas e nos niveis
freáticos do terreo, o cal representa un grave risco para a súa conservación, así como das
pinturas rupestres do seu interior.
3. VOADURAS
O uso de explosivos na explotación mineira é nefasta para a conservación da
cova, e xa produciu nela desfeitas, como o desprendemento de estalagmitas e
estalagtitas e fendas e fracturas nas súas paredas así como desprendementos de rochas.
A continuidade de actividades mineiras que se pretende, só faría que agravar
eses danos producidos pola onda expansiva das explosións, nun macizo de rocha
84084
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
calcaria compacta que transmite a grandes distancias esas vibracións, que incluso
afectan aos núcleos de poboación próximos, producindo as vivendas vibracións que en
varias ocasións produciran danos, como fisuras ou desprendementos de azulexos. Se
isto acontece a 2 km. da canteira, é facilmente deducíbel o efecto sobre a cova, a
escasos metros.
Este feito tamén é constatado polas equipas de paleontólogos e arqueólogos
durante as campañas de investigación na cova, que en anos anteriores, durante a
actividade ilegal da canteira, eran evacuados do interior da Cova de Eirós por evidentes
motivos de seguridade, ao existir graves riscos de derrubamento da Cova de Eirós.
4. IMAXE PÚBLICA E CONTORNA
Para alén dos danos físicos, e por moitas medidas correctoras que se puidesen
estabelecer, a existencia dunha explotación mineira co deterioro paisaxístico que
ocasiona sobre este importantísimo e internacionalmente recoñecido xacemento
arqueolóxico, así como a inaccesibilidade ao lugar para as persoas alleas á actividade
extractiva, danan seriamente a imaxe das administracións, especialmente daqueles
departamentos que teñen por obxecto a protección do patrimonio.
Alértase desde diferentes ámbitos de que a actividade mineira pode provocar un
dano irreparábel e letal a un espazo único, alén de estarse obviando as obrigas da
administración en materia de conservación do noso patrimonio arqueolóxico.
Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte Proposición
non de lei para o seu debate en Pleno ao obxecto de protexer, preservar, a Cova de
Eirós:
84085
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a:
1. Paralizar toda a actividade que se está levando adiante no
entorno da cova de Eirós, singularmente a mineira, ao obxecto de evitar danos
irreparábeis na cova e no importante patrimonio arqueolóxico que alberga.
2. Realizar as actuacións oportunas coa finalidade de garantir a
conservación do patrimonio que alberga a Cova de Eirós, alén de planificar
actuacións que profunden no seu estudo e na súa divulgación e coñecemento.
3. Dar cumprimento as obrigas que en materia de protección do
patrimonio arqueolóxico están vixentes na lexislación sobre patrimonio.”
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014
Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez
Deputado do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 20/10/2014 18:58:40
Ana Belén Pontón Mondelo na data 20/10/2014 18:58:46
84086
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno,
relativa ao proceso de elaboración dunha nova lei do solo de Galiza.
A Xunta de Galiza ven de publicar na súa páxina web o Anteproxecto de nova
lei do Solo de Galiza. Un texto que mantén no substancial o anteproxecto que fora
remitido ao Parlamento Galego e que do punto de vista do Bloque Nacionalista Galego
supón un paso máis na desprotección do noso patrimonio, o abandono do urbanismo
como un instrumento de planificación e ordenación do noso territorio, e unha clara
aposta por desprotexer o noso medio rural e a súa capacidade produtiva.
O texto que propón a Xunta é na práctica unha versión reducida da actual
lexislación, reincidente en fundamentos fracasados, e introdúcense cambios que con
carácter xeral non aportan solucións reais aos problemas do urbanismo. De feito, estes
cambios teñen un fondo compoñente liberalizador e desregulador do solo,
singularmente grave no caso do solo rústico e desprotexe de maneira grave os solos de
vocación agraria e forestal.
A Xunta desiste de exercer as competencias propias da Comunidade Autónoma
e a regulamentalas. Este Anteproxecto renuncia a constituír a Lei do Solo nun
verdadeiro código de ordenación urbanística, permitindo que sexan outras normas de
carácter sectorial as encargadas de conformar os contidos de protección de
determinados solos rústicos.
Baixo estas premisas, consideramos que é necesaria unha nova lei, porén
84087
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
asentada sobre principios, obxectivos e bases ben diferentes que o Anteproxecto de Lei
do Solo de Galiza que consideramos debe ser retirado e iniciar unha nova redacción que
teña en conta as necesidades do urbanismo na Galiza.
Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego formula a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a retirar o Anteproxecto de Lei do solo
de Galiza, e abordar a elaboración dunha nova lei do solo que realmente dea resposta
aos problemas urbanísticos na Galiza e que supoña un cambio profundo en relación coa
lexislación actual. Esta nova lei debe responder, como mínimo, aos seguintes principios
e obxectivos:
- Adaptada a realidade galega.
- Apostar pola calidade urbanística e ter en consideración, nos
novos hábitos e condicións de vida, actuais e previsíbeis a curto e, sobre todo,
medio prazo.
- Apostar pola reutilización, recuperación, reciclaxe, do noso
patrimonio construído.
- Parar as desfeitas que a manía uniformizadora de aliñacións,
fondos, alturas e cornixas.
- Regular a rexeneración urbana, de xeito que se priorice un
incremento do patrimonio público de vivendas e que vele polo cumprimento da
función social da vivenda; mellorar a regulación do dereito ao realoxo,
protexendo as persoas fronte a operacións especulativas; adoptar as medidas
84088
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
necesarias de apoio aos propietarios de vivendas que non teñan recursos para
pagar as cuotas derivadas da rehabilitación ou reurbanización, de modo que
podan manterse no edificio rehabilitado.
- Apostar non só pola conservación do noso territorio, senón
actuar para mellorar espazos e zonas degradas.
- Frear os procesos de desregulación ou liberalización do solo que
tiveron e teñen nefastas consecuencias. Consideramos que os criterios que deben
presidir a súa regulación deben ser os seguintes:
Frear a progresiva perda de superficie agraria útil evitando a
incorporación de terras con esta aptitude a outros usos: forestal, residencial,
mineiro, etc.
Eliminar as trabas que viñan existindo en lexislacións anteriores
en relación con operacións necesarias para o seu aproveitamento
agrogandeiro.
Eliminar restricións ás actividades relacionadas directamente coa
actividade agraria e coas de primeira transformación, almacenamento e
envasado de produtos derivados desta.
Eliminar as medidas que provoquen un encarecemento do solo
agrario e permitan a utilización das vivendas vinculadas como tapadeira para
outro tipo de uso, substituíndo este termo polo de vivenda integrada na
explotación.
Asegurar a protección e conservación de do solo de alto valor
agrícola e gandeiro. Galiza debe ser capaz de asegurar a nosa capacidade
para producir alimentos e dotármonos de instrumentos que nos permitan
asegurar a conservación do noso solo fértil.
- Garantir mecanismos reais de participación da veciñanza na
84089
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
definición e elaboración do planeamento urbanístico e dotar de transparencia
real todas as decisións que se toman neste ámbito.”
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 21/10/2014 10:01:14
84090
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
dos deputados Cosme Pombo Rodríguez e Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de
lei para o se debate en Pleno, relativa á necesidade de ampliación do CEIP Ramón
Otero Pedrayo da Laracha.
A comunidade educativa do CEIP Ramón Otero Pedrayo (Laracha), o centro con
maior número de alumnos que existe no municipio, leva varios anos reclamando unha
nova edificación para substituír ao actual edificio onde se imparten as aulas de infantil
porque é un edificio construído fai preto de 50 anos, en lamentábel estado de
conservación e que mesmo pode representar problemas para a seguridade do alumnado.
A demanda do novo centro tamén viña fundamentada en que o propio CEIP
precisa de máis prazas para poder ofertar unha educación de calidade para todo o
alumnado da súa zona de influencia e na necesidade de resolver problemas de
accesibilidade do propio centro.
Lamentabelmente, os anos pasan e os cursos escolares sucédense sen que se
executen as obras necesarias para poder ofertar un ensino de calidade.
En 2011 é certo que a Consellería anunciou a construción dunha nova
edificación para substituír ao actual centro onde se imparten as aulas de infantil, para
satisfacer as demandas de toda a comunidade educativa que levaba moitos anos
agardando, máis dende o 2011 a comunidade educativa continua a agardar con
impaciencia, máis de 3 anos despois, a que se cumpran as súas demandas.
84091
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
O día 3 de maio de 2012 os titulares de prensa recollían:
“Jesús Vázquez despexa as dúbidas sobre a ampliación do CEIP Ramón Otero
Pedrayo ao presentar o proxecto de ampliación deste centro, ao confirmar que a
capacidade do centro sería ampliado nun 50% e ao confirmar a creación de 225 novas
prazas para estudantes.”
“A nova edificación terá máxima accesibilidade, contará cun orzamento de preto
dos 1,8 M€ e as primeiras actuacións iniciaranse neste 2012”
“Fixou no inicio do curso 2013-2014 a data na que se podería contar co novo
edificio”
Lamentabelmente, pasou o 2012, 2013 e camiñamos de cara ao remate do 2014.
Pasou o inicio do 2013-214, pasou o inicio de curso 2014-2015 e o CEIP Ramón
Otero Pedrayo sigue sen contar co novo edificio que poida dar solución aos graves
problemas que presenta o centro para poder ofertar un ensino de calidade á altura dos
tempos que corren.
O Grupo Parlamentar do BNG entende que a Consellería de Educación, coa súa
política de continuos recortes, está a deteriorar a calidade do ensino público que se está
a ofertar no CEIP Ramón Otero Pedrayo.
O Grupo Parlamentar do BNG denuncia os continuos enganos e promesas
incumpridas que a Consellería de Educación prometeu hai máis de tres anos pero que
nunca se cumpren.
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
84092
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento de Galiza insta á Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria a tomar as medidas oportunas para garantir que o novo edificio do CEIP
Ramón Otero Pedrayo poida estar rematado ao comezo do curso 2015/2016.”
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez
Deputado do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 21/10/2014 13:06:41
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 21/10/2014 13:06:46
84093
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa da
súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras
Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A combinación de vertidos directos de augas residuais urbanas e industriais xunto a
numerosos recheos feitos en toda a ría de Ferrol provocan que sexa a máis contaminada
de Galiza, coa maior porcentaxe de zonas C do pais.
Na actualidade, dependendo da época do ano, hai entre un 26% e un 30% da superficie
total da ría clasificada como zona C. O banco marisqueiro de As Pías está totalmente
clasificado como C, o que ten causado a ruína dos mariscadores e mariscadoras.
Ningunha das praias do interior da ría está libre de vertidos fecais.
O proxecto de depuración de augas residuais en construción en Ferrol non contempla a
separación de augas fecais e pluviais, construíndo tanques de tempestades onde conflúen
para ser bombeadas, de maneira que cada vez que chova cunha intensidade media
rebordarán e as augas fecais irán de novo ao mar.
A instalación do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias, en Ferrol, é unha mostra
máis da opacidade coa que actúa a Xunta de Galiza cando autoriza obras sen criterios de
eficacia e eficiencia sociais e ambientais que sabe provocarán o rexeitamento social.
Esta obra non cumpre co PXOM de Ferrol, nin no que atinxe ao modelo de rede elixida,
nin nos usos que deben ter as estruturas que estean nos parques.
Sen embargo, o Convenio subscrito pola Xunta de Galicia, entidade pública empresarial
Augas de Galicia, os concellos de Narón e Ferrol e a Sociedade Estatal Augas da Conca
Norte S.A., recolle:
84094
AcuaEs explotará as infraestruturas por un período mínimo de 45 anos.
O concello de Ferrol deberá adaptar o seu PXOM no caso de ser necesario.
AcuaEs poderá dispoñer dos orzamentos municipais e da Xunta de Galicia (na
proporción que a cada un lle corresponde) para resarcirse da falta de pagamento
do diñeiro que se lle debede ao cabo dos 45 anos de explotación das
infraestruturas.
As tarifas das persoas usuarias de Ferrol e Narón terán unha parte fixa e outra
variable que non se cuantifica xa que depende do mantemento e das incidencias
que presente o sistema.
Créase unha Comisión de Seguimento que se encargará, entre outras cousas, de
revisar as tarifas e onde AcuES ten maioría de representantes cando tan só achega
o 10% do investimento.
O principal problema da falta de eficiencia nos saneamentos realizados ata agora na
Galiza veñen provocados por tratar na EDAR a práctica totalidade das augas dunha
poboación, o que resulta imposible en áreas de alta pluviosidade coma Galiza.
A alternativa máis sustentable e tecnicamente máis avanzada son os Sistemas Urbanos
de Drenaxe Sostible (SUDS) que fan un aproveitamento e retención de augas pluviais dun
xeito que simula o ciclo natural da auga sen a realización de tratamentos complexos.
O actual proxecto de ultimación do sistema de saneamento de Ferrol para evacuar as
descargas sanitarias e pluviais da cidade consiste en unir as diferentes redes dos barrios
a un colector xeral que conduza os residuos ate as instalacións da EDAR en Caneliñas
mediante un conduto único, botando por terra todos os esforzos realizados e o
investimento destinado para dotar a Ferrol e Narón dunha rede separativa.
Os caudais máximos en tempo de choiva estimados son moi superiores á capacidade
total de bombeo e isto unido á escasa capacidade dos tanques provocará que a mestura
de fecais e pluviais derívese á ría de Ferrol con máis frecuencia que a citada no proxecto.
O proxecto non fai referencia ao tratamento das verteduras industriais sobre o seu
tratamento ou non en orixe.
As obras de saneamento de Ferrol incumpren varias leis e normativas:
84095
Resolución do 28 de xaneiro de 2009 (DOG do 4 de febreiro) polo que a ría de
Ferrol é declarada zona sensible.
Decreto 19/2011 do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as
directrices de ordenación do territorio.
Real Decreto 509/1996, de 15 de marzo, de desenrolo do RDL 11/1995, de 28 de
decembro, polo que se establecen as normas aplicables o tratamento de augas
residuais urbanas.
Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do
Servizo Público de Saneamento e Depuración de augas residuais de Galicia.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Anular o proxecto de saneamento actual.
2. Negociar co Ministerio de Defensa para situar dous tanques novos, un na escola de
extinción de incendios e outro á altura do mercado da Madalena.
3. Construción dun sistema de saneamento urbano baseado en redes separativas.
4. Construción de tanques que sigan o modelo francés.
5. Representación dos colectivos sociais (veciñais, ecoloxistas, ...) con interese no
asunto na Comisión de Seguimento que contempla o Convenio de xullo de 2012.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014.
Asdo.: Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
84096
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 21/10/2014 17:06:50
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 21/10/2014 17:07:09
84097
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Carmen Acuña do Campo, Manuel
Vázquez Fernández, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Alvarez,
a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte proposición non de lei para
o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
O problema da violencia de xénero se está a incrementar entre o sector
máis novo da nosa sociedade.
No ano 2013, o 28 % das mulleres asasinadas era menor de 30 anos, o que
demostra que non é un asunto superado senón que ten plena vixencia entre
a xuventude.
A idade das vítimas e dos agresores baixa e as formas para exercela muda
para adaptarse á xuventude. A violencia de xénero e mesmo as actitudes
sexistas, desgraciadamente, tamén encontraron cabida nas Tecnoloxías da
Relación, Información e Comunicación, nas TRIC. Que, mal utilizadas, se
converten noutro medio de violencia entre a xuventude.
É moi alarmante que a xuventude non tope estraño nin preocupante que,
agora, se estean utilizando as TRIC para exercer un control absoluto sobre
a parella, por cuestión de celos e posesión e que, ademais, ese control sexa
visto pola muller como una mostra de amor.
Ademais, nos últimos anos, xurdiron novos tipos de delitos tecnolóxicos.
O máis perigoso é o GROOMING, que esconde a pederastas que se gañan
a confianza do menor establecendo lazos de amizade.
Pero tamén está o SEXTING, outra das prácticas que se estendeu a partir
da aparición da mensaxería instantánea a través do móbil, e que é a orixe de
moitos problemas pois permite o envío inmediato de contidos eróticos ou
pornográficos a través da rede e os teléfonos.
Novas fórmulas que de existir a intención aportan inmediatez e facilitan a
dispoñibilidade do varón para facer dano e exercer o dominio sobre a
muller.
84098
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O número de mozas que recoñecen ter sufrido un control abusivo, ben sexa
a través do teléfono móbil ou co uso das contrasinais privadas nas
diferentes redes sociais, continúa incrementándose de maneira que 6 de
cada 10 mulleres mozas recoñecen que teñen recibido mensaxes con
insultos machistas, ben das súas parellas ou de grupos de amigos a través
de chamadas ou polas distintas redes sociais.
A mellor prevención e a maneira de acabar con esta lacra que supón a
violencia machista, é a educación igualitaria dirixida a cambiar actitudes,
mitos e crenzas erróneas e a romper coa idea de que o virtual non afecta ao
real, xa que cando a violencia cara as mulleres se realiza a través das
Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación as consecuencias
poden agravarse polas propias características das mesmas e polo modelo de
socialización xerado polo seu uso.
Por iso, os socialistas insistimos en que temos que iniciar aos mozos e
mozas dende a nenez nunha serie de referencias e valores que sexan
diferentes a esta cultura machista que nos queren impoñer, na que a
identidade de homes e mulleres está asociada a roles e funcións concretas,
aínda que os actuais gobernos conservadores parecen ir na dirección
contraria.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, de forma inmediata,
elabore un plan especifico de prevención, información e seguimento da
violencia machista e de xénero exercida a través das TRIC con especial
impacto na mocidade galega.
Pazo do Parlamento, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
84099
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por: María Carmen Acuña do Campo na data 21/10/2014 17:49:25
Manuel Vázquez Fernández na data 21/10/2014 17:49:31 María Carmen Gallego Calvar na data 21/10/2014 17:49:37
María Remedios Quintas Álvarez na data 21/10/2014 17:49:40 José Luís Méndez Romeu na data 21/10/2014 17:49:45
84100
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e do seu deputado Carmen Acuña do Campo, Manuel Vázquez
Fernández, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Alvarez, a través do seu
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presentan a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
Case un 30 % das mulleres que, o ano pasado, morreron vítimas de violencia de
xénero, tiñan denunciado ao seu agresor e este ano imos polo mesmo camiño.
Resulta difícil de asumir e de entender que, a pesar de terse atrevido a dar ese
paso de denunciar, ao final foran igualmente asasinadas.
Esta evidencia o que demostra é que algo está fallando, por iso consideramos
imprescindible realizar unha análise detallada, en cada un deses casos, para
descubrir onde estivo o fallo na seguridade da vítima e así evitar, na medida do
posible, que se repita no futuro.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta o Goberno galego a que:
1. Se realice, de forma inmediata, un estudo pormenorizado das
circunstancias que ocasionaron en cada caso que a vítima de violencia de
xénero morrera a mans do maltratador, despois de ter denunciado en
Galicia nos últimos cinco anos.
2. Se presenten as conclusións na Cámara, para así poder implementar as
medidas necesarias para evitar que eses casos se repitan.
Pazo do Parlamento, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
84101
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por: María Carmen Acuña do Campo na data 21/10/2014 17:50:50
Manuel Vázquez Fernández na data 21/10/2014 17:50:57 María Carmen Gallego Calvar na data 21/10/2014 17:51:04
María Remedios Quintas Álvarez na data 21/10/2014 17:51:06 José Luís Méndez Romeu na data 21/10/2014 17:51:11
84102
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Patricia Vilán Lorenzo, Beatriz
Sestayo Doce, Mª Soledad Soneira Tajes e Vicente Docasar Docasar a
través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
No edificio xudicial de A Parda (en Pontevedra), hai na actualidade 4
policías nacionais que realizan as funcións propias dese corpo no xulgado.
Estas funcións consisten, basicamente, no control da entrada do edificio e
no control das dependencias do Xulgado de Instrución de Garda. Estes
funcionarios do Corpo Nacional de Policía pertencen a un grupo que se
chama UVEX.
Ocorre que, sendo 4 funcionarios e habendo 5 días de funcionamento
habitual do xulgado e 7 días no de Garda, teñen horarios imposibles. E iso
ocorre porque, realmente, o traballo estaba pensado para 9 funcionarios; é
dicir, son 5 menos, prazas que están sen convocar e sen cubrir.
No BOE de 8 de xullo de 2014, publicábase o convenio de colaboración e
coordinación entre a Xunta de Galicia e o Ministerio del Interior, sobre
seguridade nos edificios da Administración de Xustiza en Galicia. Na
estipulación 5ª do mencionado convenio, indícase que a súa eficacia
rematará o día 31 de decembro deste mesmo ano e que pode ser
prorrogado por acordo expreso das partes.
Ao noso entender e seguindo ese convenio, a Xefatura Superior de Galicia
en Comisión de Servizo debería convocar as prazas que faltan para cubrir
as 9 necesarias en Pontevedra (é dicir, 5 máis), entre os policías maiores de
58 anos que reúnan os requisitos e que pertenzan ás comisarías onde están
situados os xulgados, dando así oportunidade aos policías destinados en
Galicia.
84103
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a prorrogar a eficacia do
convenio de colaboración e coordinación entre a Xunta de Galicia e o
Ministerio del Interior, sobre seguridade nos edificios da Administración de
Xustiza en Galicia (publicado no BOE do 8 de xullo de 2014).
Pazo do Parlamento, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Beatriz Sestayo Doce
Mª Soledad Soneira Tajes
Vicente Docasar Docasar
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 21/10/2014 17:53:35 Beatriz Sestayo Doce na data 21/10/2014 17:53:42 María Soledad Soneira Tajes na data 21/10/2014 17:53:48
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 21/10/2014 17:53:53 José Luís Méndez Romeu na data 21/10/2014 17:53:59
84104
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados Carmen Acuña do Campo, Manuel
Vázquez Fernández, Carmen Gallego Calvar, María Quintas Alvarez e
José Antonio Sánchez Bugallo, a través do seu portavoz, e ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
O Centro de Saúde de Melide, estruturalmente, está nunhas condicións moi
deficientes e, por ese motivo, existe o compromiso do Goberno Feijoo de
construír un novo edificio, pero dende xa vai máis alá de seis anos e aínda
non se ten concretado.
Ademais, durante este tempo, se foi deteriorando máis ante o completo
abandono do concello.
Trátase dun centro de saúde que conta ademais cun PAC e cun ximnasio de
Rehabilitación e que está dotado tamén cun Servizo de Pediatría.
Deficiencias graves e perigosas na edificación están poñendo en perigo a
integridade do cadro de persoal que alí traballa, pero tamén dos usuarios e
usuarias de todas as idades e condición de saúde que o frecuentan e
transitan.
Falla a calefacción e se pasa frío durante as exploracións, se esvara no chan
do ximnasio, especialmente, se a persoa ten dificultades para a
deambulación, pero ademais un día se cae unha pota sobre un traballador e
outro unha tella desprendida do tellado.
E tal o problema que o Sindicato UGT solicitou un informe ao Servizo de
Seguridade Laboral que me temo foi demoledor nas súas conclusións.
Esperamos que os próximos orzamentos contemplen, adecuadamente, a
necesidade dun novo edificio para albergar o centro de saúde e o PAC de
Melide, aínda que outros anos ten aparecido sen que ao final fora
executado.
84105
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Pero o que non pode ter máis dilación e a substitución da padiola pediátrica
con que se conta nese centro, que non ten a estabilidade necesaria e pon en
perigo aos nenos e nenas que alí se tomban para ser explorados que poden
caerse ao chan.
Unha inversión mínima para rematar cun resgo máximo o da caída e ata o
dun posible traumatismo neses menores que acoden á consulta, tal e como
recolle o propio informe e que leva anos sendo reclamada dende o propio
centro, sen que ata o de agora se teña atendida esa demanda.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia ve a
necesidade de presentar a seguinte proposición non de lei para o seu debate
en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, de forma
inmediata, dote a consulta de pediatría do Centro de Saúde de Melide
dunha padiola pediátrica que cumpra coas normas de seguridade.
Pazo do Parlamento, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: María Carmen Acuña do Campo na data 21/10/2014 17:58:42 Manuel Vázquez Fernández na data 21/10/2014 17:58:48
María Carmen Gallego Calvar na data 21/10/2014 17:58:52
84106
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
María Remedios Quintas Álvarez na data 21/10/2014 17:58:54 José Antonio Sánchez Bugallo na data 21/10/2014 17:59:01
José Luís Méndez Romeu na data 21/10/2014 17:59:08
84107
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas
e dos seus deputados Carmen Acuña do Campo, Manuel Vázquez Fernández, José
Luis Méndez Romeu, Francisco Caamaño Domínguez, Carmen Gallego Calvar e
María Quintas Alvarez, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte proposición non de lei para o seu
debate en Pleno.
Exposición de motivos
Fai case medio ano e despois de moito tempo de espera, xa que levaba anos de retraso, o
Goberno Feijoo inauguraba con moita pompa e repercusión mediática e, por certo, xusto
antes dunhas eleccións a comprometida ampliación do Servizo de Urxencias no
Complexo Hospitalario da Coruña.
4000 metros cadrados máis e oito millóns de euros pagados por todos os galegos e as
galegas fixeron posible esa ampliación, pero desgraciadamente e debido a mala xestión
do Goberno Feijoo, non acabaron cos problemas e as deficiencias que a cidadanía estaba
sufrindo na atención das urxencias neste complexo.
Deficiencias e problemas que están provocando queixas dos e das traballadoras dese
servizo e incluso ameazas de folga por parte da comisión de centro e da xunta de
persoal. E repunte nas sempre numerosas queixas da cidadanía pola atención recibida
nese servizo.
Mesmo persoal, agora claramente insuficiente, para atender nun espazo maior e cunha
demanda crecente, ademais, sen ter modificada a funcionalidade do servizo.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a incrementar, de forma inmediata, a
dotación dos recursos humanos para poder atender adecuadamente a ampliación
realizada no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña,
atendendo á demanda que se fai dende a Comisión de Centro e a Xunta de Persoal.
Pazo do Parlamento, 20 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
Francisco Caamaño Domínguez
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
84108
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: María Carmen Acuña do Campo na data 21/10/2014 17:59:28
Manuel Vázquez Fernández na data 21/10/2014 17:59:34 Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 21/10/2014
17:59:39 María Carmen Gallego Calvar na data 21/10/2014 17:59:47 María Remedios Quintas Álvarez na data 21/10/2014 17:59:49
José Luís Méndez Romeu na data 21/10/2014 17:59:55
84109
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa da
deputada María Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á
necesidade de proceder a unha modificación da lei pola que se aproba o Regulamento do
Parlamento Galego para dotalo de mecanismo de participación social.
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego ten manifestado en diversas
ocasións a súa convicción de que o vixente Regulamento do Parlamento Galego non
responde ás necesidades actuais da actividade parlamentar.
Son moitas as razóns tanto de índole de funcionamento interno da propia Cámara,
excesiva burocratización, desigualdade dos grupos parlamentares á hora de realizar
iniciativas as razóns que ao noso xuízo aconsellan a súa profunda revisión.
Mais tamén existen outros elementos que teñen a ver coa capacidade de dar resposta
ás necesidades da cidadanía que se ven dificultados polo actual marco regulamentario:
prazos excesivamente amplos para o debate de asuntos que suscitan preocupación social,
falta de instrumentos reais para que a función de control ao goberno sexa efectiva ou
mesmo de verificación do cumprimento dos acordos parlamentares.
Porén nunha sociedade que a cada paso demanda máis instrumento de transparencia
e de participación nas institucións, tamén se botan en falta mecanismos que faciliten o
traslado de propostas de persoas e colectivos sociais ao órgano no que reside a soberanía do
pobo galego. Existindo incluso dificultades para o exercicio eficaz do dereito de peticións.
Estas son, entre outras, as razóns polas que na VIIª lexislatura se considerou
oportuno a constitución dunha ponencia conxunta de todos os grupos parlamentares coa
finalidade de elaborar unha proposición de lei para a aprobación dun novo Regulamento do
84110
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Parlamento Galego. Malia estaren xa bastante avanzados naquel momento os traballos de
dita ponencia, a convocatoria electoral impediu que esta modificación se puidese aprobar e
até o momento actual non se volveu, agás unha modificación puntual para recoller o dereito
das deputadas a exerceren o seu voto por razóns de maternidade, non se volveu abordar dita
modificación.
Polas razóns expostas o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego formula
a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza acorda, por resolución, impulsar, previo cumprimento dos
trámites establecidos regulamentariamente a constitución dunha ponencia conxunta dos
grupos parlamentares para elaborar unha Proposición de lei de reforma do Regulamento do
Parlamento Galego nun prazo non superior aos 2 meses, para arbitrar medidas de
participación directa da cidadanía a través da creación dunha Comisión de Participación
Cidadá onde as demandas de persoas, colectivos e entidades teñan que ser escoitadas e
debatidas.”
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: María Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
84111
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Tareixa Paz Franco na data 21/10/2014 18:30:30
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 21/10/2014 18:30:37
84112
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada María Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno,
relativa á necesidade de proceder a unha profunda modificación da lei pola que se
aproba o Regulamento do Parlamento Galego.
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego ten manifestado en
diversas ocasións a súa convicción de que o vixente Regulamento do Parlamento
Galego non responde ás necesidades actuais da actividade parlamentar.
Son moitas as razóns tanto de índole de funcionamento interno da propia
Cámara, excesiva burocratización, desigualdade dos grupos parlamentares á hora de
realizar iniciativas as razóns que ao noso xuízo aconsellan a súa profunda revisión.
Mais tamén existen outros elementos que teñen a ver coa capacidade de dar
resposta ás necesidades da cidadanía que se ven dificultados polo actual marco
regulamentario: prazos excesivamente amplos para o debate de asuntos que suscitan
preocupación social, falta de instrumentos reais para que a función de control ao
goberno sexa efectiva ou mesmo de verificación do cumprimento dos acordos
parlamentares.
Porén nunha sociedade que a cada paso demanda máis instrumentos de
transparencia e de participación nas institucións, tamén se botan en falta mecanismos
que faciliten o traslado de propostas de persoas e colectivos sociais ao órgano no que
reside a soberanía do pobo galego. Existindo incluso dificultades para o exercicio eficaz
do dereito de peticións.
84113
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Estas son, entre outras, as razóns polas que na VIIª lexislatura se considerou
oportuno a constitución dunha ponencia conxunta de todos os grupos parlamentares coa
finalidade de elaborar unha proposición de lei para a aprobación dun novo Regulamento
do Parlamento Galego. Malia estaren xa bastante avanzados naquel momento os
traballos de dita ponencia, a convocatoria electoral impediu que esta modificación se
puidese aprobar e até o momento actual non se volveu, agás unha modificación puntual
para recoller o dereito das deputadas a exerceren o seu voto por razóns de maternidade,
non se volveu abordar dita modificación.
Polas razóns expostas o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza acorda, por resolución, impulsar, previo cumprimento
dos trámites establecidos regulamentariamente a constitución dunha ponencia conxunta
dos grupos parlamentares para elaborar unha Proposición de lei de reforma do
Regulamento do Parlamento Galego nun prazo non superior aos 6 meses, para asegurar
un funcionamento do mesmo máis áxil, democrático e participativo, abordando as
seguintes medidas.”
a. Axilización dos debates suprimindo a burocracia e
eliminando trámites excesivos para o debate das iniciativas
b. Igualdade para todos os grupos en dereitos e capacidade
de control e impulso
c. Garantir que os membros do Goberno teñan que
responder e cumprir coa función de control do lexislativo
d. Establecer penalizacións pola ocultación de información
ao Parlamento e á cidadanía
84114
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
e. Establecer mecanismos de información e transparencia á
cidadanía para o control da actividade dos grupos e dos e das deputadas
así como da remuneracións
f. Reducir e limitar o uso de vehículos oficiais
g. Eliminar as restricións de acceso ao recinto parlamentario
e aos debates do Parlamento
h. Establecer penalizacións por incumprimento das
resolucións e iniciativas aprobadas no Parlamento
i. Arbitrar medidas de participación directa da cidadanía a
través da creación dunha Comisión de Participación Cidadá onde as
demandas de persoas, colectivos e entidades teñan que ser escoitadas e
debatidas.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: María Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 21/10/2014 19:04:51
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 21/10/2014 19:04:58
84115
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
84116
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por
iniciativa das deputadas Tereixa Paz Franco, Ana Belén Pontón Mondelo e
María do Carme Adán Villamarín, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno,
relativa á situación de incomunicación que padecen as veciñas e veciños de San
Vicente de Leira no concello de Vilamartín de Valdeorras.
A localidade de San Vicente de Leira, situada no concello de Vilamartín de
Valdeorras, conta como principal vía de comunicación coa estrada provincial OU-
807. Esta estrada ven padecendo desde fai case dúas décadas diferentes problemas e
deficiencias que teñen provocado xa en diversas ocasións problemas de
comunicación para os e as veciñas desta localidade, mesmo impedindo a circulación
por dita estrada.
Hai que por de manifesto que nese entorno existen diversas empresas que se
dedican á actividade extractiva de lousa que tamén se ven afectadas no seu quefacer
por esta situación.
Recentemente produciuse un desprendemento na estrada que ten agravado de
forma moi seria as dificultades que se veñen arrastrando desde hai tempo.
Actualmente logo de numerosas protestas veciñais e do reiterado
incumprimento de compromisos asumidos pola Deputación provincial de Ourense o
problema para as persoas afectadas segue a estar lonxe de estar resolto. Nas últimas
semanas ofrecéronselles aos veciños diferentes alternativas, como un acceso por
84117
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
outras vías, mais que non garanten as posibilidades de paso de vehículos de
emerxencias (ambulancias, bombeiros) e tampouco resolven as necesidades de
transporte das empresas da lousa.
Esta limitación do dereito de mobilidade dos veciños e veciñas, de restrición
no seu acceso a servizos públicos esenciais, incluso en caso de emerxencias, provoca
graves trastornos no desenvolvemento da súa vida cotiá e mesmo situacións de
grande angustia en persoas, moitas delas de idade avanzada, ante o temor de non
poderen ser atendidas en caso de producirse unha situación de emerxencia.
Aínda sendo esta estrada de titularidade provincial consideramos que a
gravidade dos feitos, a súa afectación a dereitos básicos das persoas, así como o
grave perigo que para a seguridade viaria ten o estado da estrada en cuestión, fai que
o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego considere imprescindíbel unha
actuación urxente por parte do Goberno Galego.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través das deputadas asinantes, formula a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a que de forma inmediata
se establezan os mecanismos de colaboración coa Deputación provincial de Ourense
e co concello de Vilamartín de Valdeorras, para realizar as actuacións que
tecnicamente se consideren necesarias para restituír a circulación de vehículos pola
estrada provincial OU-807 garantindo a seguridade viaria dos usuarios e tendo en
conta as súas características vinculadas á existencia de actividades extractivas de
lousa, e que se resolvan con carácter permanente as súas deficiencias estruturais para
84118
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
evitar no futuro novos episodios de incomunicación dos e das veciñas de San
Vicente de Leira.”
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín,
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 22/10/2014 18:32:36
Ana Belén Pontón Mondelo na data 22/10/2014 18:32:43
María do Carme Adán Villamarín na data 22/10/2014 18:32:47
84119
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do
deputado Daniel Rodas Chapela e da deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu tratamento en Pleno, relativa a instar ao Goberno galego a reclamar diante de RTVE
a restitución da emisión de onda corta de Radio Exterior.
Radio Exterior de España ven de suprimir as emisións de onda curtas dende o
pasado 15 de outubro. A eliminación desta emisión inclúe deixar sen emitir programas
culturais como “Artesfera” ou “Retablos”, programas informativos de actualidade como
“Europa abierta”, “America hoy” ou programas emblemáticos cos que se identifica un
numeroso grupo de oíntes de longa traxectoria como “Españoles en la mar”.
Unha emisión a través das ondas que lle permitía a moitos cidadáns galegos
seguir mantendo o vinculo co país de orixe, dado que moitos dos programas dáballes a
oportunidade de conectar coa actualidade da súa terra. Eran asiduos oíntes un elevado
número de mariñeiros embarcados na flota de altura e gran altura, esparexidos por todos
os mares: Namibia, Illas Malvinas, Groenlandia, Cabo Verde, Madagascar, Illas
Seychelles, Illas Mauricia, Guinea Conakri, etc embarcados en buques de arrastre,
palangreiros, atuneiros, etc e de traballadores embarcados noutras flotas. Tamén estas
ondas eran compartidas por outro tipo de compatriotas que por mor da súa actividade
profesional se encontran noutros países e precisaban un medio de comunicación próximo
onde recibir información puntual do que acontece no país de orixe.
Un servizo público moi barato, esencial para manter o vinculo informativo, que
por mor dos recortes é seccionado, perdendo os emigrantes e os que sen alcanzar tal
84120
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
categoría tamén se encontra lonxe un dos poucos servizos públicos que lle estaba a
ofrecer o Estado ao que pertence.
Trasládanos RTVE que a partir desta data a alternativa que nos ofrece para seguir
informándose poderá seguir conectado a través de vía satélite, internet ou Televisión
Dixital Terrestre. Todos eles medios que non están sempre ao alcance de milleiros de
traballadores embarcados ou por razóns de traballo localizados en países con dificultades
de recepción polo que se lle está a subtraer un dereito fundamental ao conxunto da
colonia de emigrantes que están fora do noso País.
O dereito a poder acceder a información actualizada para poder facerlle
seguimento aos acontecementos do país do que se ten a nacionalidade.
Coa eliminación da emisión da onda curta de Radio Exterior estase a rematar con
72 anos de historia da radio pública e finiquitar un icono das ondas, como é o programa
“españoles en la mar” con máis de 30 programas as súas costas, sendo todo un referente
na información marítima-pesqueira, vinculo entre o persoal embarcado e a súa terra, que
incluso chegou a realizar programas no noso idioma e outros idiomas do Estado o que lles
daba unha maior vinculación coas xentes pero tamén unha maior proximidade entre a
diáspora e o país de orixe.
Dende diferentes colectivos profesionais, segmentos de flota, tripulacións,
asociacións de traballadores emigrados, casas de Galicia, centros galegos, etc vense
consolidando un clamor popular relativo a que non se pode apagar este vinculo, esta
información comunicativa que mantén unido a milleiros de galegos na diáspora co seu
país a través das ondas de Radio Exterior.
84121
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular a seguinte proposición non de
lei para a o seu tratamento en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a reclamar da RTVE a
restitución da emisións de onda curta de Radio Exterior.”
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Montserrat Prado Cores
Deputado e deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 23/10/2014 12:03:38
María Montserrat Prado Cores na data 23/10/2014 12:03:45
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 23/10/2014 12:03:50
84122
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O G. P. Mixto, a iniciativa da súa Deputada e voceira, Carmen Iglesias
Sueiro, ao abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presenta a
seguinte Proposición Non De Lei para o seu debate en Pleno.
A Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da
interrupción voluntaria do embarazo no seu artigo 18 sinala que os
servizos públicos aplicarán as medidas precisas para garantir o dereito á
prestación sanitaria da Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE) nos
supostos e cos requisitos establecidos na lei. E engade, expresamente, que
esta prestación estará incluída na carteira de servizos común do Sistema
Nacional de Saúde.
Por outra banda, a propia lei no artigo 19 alínea 2 incide en que as IVEs
deberán realizarse nos centros da rede sanitario pública ou vinculados á
mesma.
Aínda que recoñece o dereito dos profesionais sanitarios a exercer a
obxección de conciencia, o acceso e a calidade asistencial da prestación
non pode resultar menoscabadas polo exercicio da obxección de
conciencia.
Pero o que están a denunciar asociacións feministas é que hai centros
onde todos os profesionais da Sanidade Pública alegan o seu dereito á
obxección de conciencia para practicar IVEs, de modo que, ao non existir
profesionais para realizalas derivan ás mulleres a outros centros. A
situación devén en situacións absurdas nas que, dependendo do momento
da xestación no que se atopa a muller, esta é derivada a un centro ou
outro, privado na súa maioría, e, en ocasións, fora do lugar de residencia
da muller.
84123
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei
2
A peregrinación por distintos centros e cidades dende que a muller decide
interromper o embarazo, engade angustia e estres a unha situación xa de
seu amarga para a muller que aumenta coa demora que esta situación
produce ata que se fai efectiva a intervención. De tal xeito que chegouse a
denunciar o caso dalgunha muller que estivo a piques de cumprir o prazo
legal para a interrupción do embarazo.
Semella pois, que entre o dereito a abortar e o dereito a obxectar do
sanitario, prima o da obxección.
Non é posible que nun centro sanitario público equipas completas de
profesionais se neguen a practicar IVEs baixo o paraugas da obxección de
conciencia facendo un uso abusivo da mesma e semellando querer
beneficiar aos centros privados derivando a estas pacientes a ditos
centros, desprazando as mulleres incluso a outras Comunidades, a costa
do erario público dilatando a intervención co conseguinte aumento do
tempo de espera e o aumento proporcional do sufrimento que elo
comporta cando a decisión xa está tomada.
Polo tanto, estase a infrinxir a lei orgánica que sinala que a calidade
asistencial da prestación non pode resultar menoscabadas polo exercicio
da obxección de conciencia.
Por todo o exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei:
A Xunta de Galicia regulará a obxección de conciencia do persoal sanitario
na Sanidade Pública Galega para garantir a calidade asistencial das
prestacións, en particular, a da interrupción voluntaria do embarazo, de
tal xeito que non podan derivarse estas pacientes a outros centros
alonxados do lugar de residencia, salvo causa de forza maior.
84124
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Proposición non de lei
3
Pazo do Parlamento a xoves, 23 de outubro de 2014
Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro
Deputada e Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Carmen Iglesias Sueiro na data 23/10/2014 14:45:53
84125
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno,
relativa á paralización de inmediato do proceso de privatización de infraestruturas
viarias.
Os procesos de privatizacións que se levaron adiante nas últimas décadas
constitúen unha política fraudulenta que claramente beneficiou á intereses privados fronte
ao interese público. De facto, comprobamos como se foron mesmo modificando as
normas de funcionamento das propias administración coa finalidade de favorecer este
tipo de procesos. As limitacións ao endebedamento público e os artificios contábeis son
unha mostra elocuente deste proceder.
Galiza non foi allea a este tipo de fenómenos, de feito este tipo de actuacións
iniciáronse no ámbito das infraestruturas viarias, para estendérense cos gobernos de
Feijóo ao ámbito sanitario, cun forte proceso de contestación social.
Desde o BNG consideramos preciso frear os procesos privatizadores, razón pola
que formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a paralizar de inmediato o proceso de
privatización de infraestruturas viarias, nesta dirección levaranse adiante as seguintes
medidas:
84126
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1. Paralizar a privatización da xestión da autoestrada Alto de Santo Domingo-
Ourense (AG-53) e o ramal ao Carballiño (AG-54).
2. Deixar sen afecto a reformulación do contrato coa concesionaria da Autovía
da Costa da Morte e en respecto á lei de contratación pública e o contrato vixente,
proceder a resolver o contrato para a construción da Autovía da Costa da Morte coa
empresa concesionaria, impóndolle as penalidades previstas no prego, renunciando á
formula concesional e asegurando a finalización das obras a través da execución dun
contrato de execución de obra pública.
3. Paralizar o proceso de negociación coas empresas concesionarias das
autovías do Salnés e Barbanza e non aceptará ningunha suba do canon que se lle abona
ás mesmas.”
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 23/10/2014 18:07:00
84127
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), solicita
a seguinte corrección de erros na proposición non de lei con número de rexistro
27403:
No encabezamento onde dí: “María Tereixa Paz Franco”
Debe dicir: “Montserrat Prado Cores”.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 21/10/2014 19:28:54
84128
84129
84130
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu
portavoz e ao abeiro do disposto nos artigos 98 e 144 do Regulamento da
Cámara, solicitan a esa Mesa se proceda á tramitación, á maior brevidade
posible, da comparecencia urxente en pleno do Sr. presidente da Xunta,
para dar conta da coñecida como operación Zeta, que investiga a trama de
recursos públicos para, teoricamente, formar a parados e outros colectivos
de difícil inserción laboral.
Pazo do Parlamento, 22 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por: José Luís Méndez Romeu na data 22/10/2014 17:18:48 María Carmen Gallego Calvar na data 22/10/2014 17:18:57
Juán Carlos González Santín na data 22/10/2014 17:20:00 Pablo García García na data 22/10/2014 17:20:11
María Soledad Soneira Tajes na data 22/10/2014 17:20:17 María Concepción Burgo López na data 22/10/2014 17:20:23
María Remedios Quintas Álvarez na data 22/10/2014 17:20:28 Abel Fermín Losada Álvarez na data 22/10/2014 17:20:35
Raúl Fernández Fernández na data 22/10/2014 17:20:39 Manuel Vázquez Fernández na data 22/10/2014 17:20:46
Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 22/10/2014 17:20:58 Beatriz Sestayo Doce na data 22/10/2014 17:21:03 José Manuel Gallego Lomba na data 22/10/2014 17:21:09
María Carmen Acuña do Campo na data 22/10/2014 17:21:14 José Antonio Sánchez Bugallo na data 22/10/2014 17:21:19
84131
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
José Ramón Val Alonso na data 22/10/2014 17:21:23 Patricia Vilán Lorenzo na data 22/10/2014 17:21:24
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 22/10/2014 17:21:27
84132
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto
nos artigos 98 e 147 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a
seguinte interpelación polo trámite de urxencia.
Xustificación da urxencia
A urxencia vén motivada pola alarma social creada polas noticias
aparecidas nos medios de comunicación sobre o tema A coñecida como Operación Zeta investiga toda unha trama que utilizaba
recursos públicos para, teoricamente, formar a parados e outros colectivos
de difícil inserción laboral. Polo que vamos coñecendo a través dos medios de comunicación, o cerebro
de toda esta obra de enxeñería destinada a captación de recursos públicos
que repercutían escasamente nos teóricos destinatarios das mesmas, mantén
unha relación moi fluída co Partido Popular. A lo menos co da Coruña, do
que, segundo os medios de comunicación, é militante. Incluso poñen na súa
boca afirmacións nas que se gaba da súa vinculación política con esta
formación, e dos cuantiosos fondos que tería aportado á mesma. En recentes declaracións, o Sr. Carlos Negreira, rexeita esas afirmacións
dicindo que se houbese tales contribucións figurarían na contabilidade
entregada polo Partido Popular ao Consello de Contas... Sorprendente
afirmación de quen é responsable provincial do primeiro partido de Galicia
e quen debe coñecer as declaracións de D. Pablo Crespo, ex secretario de
organización do Partido Popular nos tempos de D. Manuel Fraga,
afirmando que había entregado a contabilidade “B” desa formación ao
propio Fraga e a José Cuíña Crespo. Afirmacións polas que, o Sr. Crespo,
nin foi denunciado nin desmentido por ningún responsable actual desa
formación política. Resulta pois un insulto a intelixencia a pretensión do
señor alcalde da Coruña de que as achegas irregulares, se has houbese, se
farían por canles legais. Todo este asunto parece que nos custou aos contribuíntes galegos un vinte
millóns de euros, segundo as investigacións.
84133
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte interpelación.
Cantas subvencións, axudas ou calquera tipo de achegas ten concedido a
Xunta de Galicia ás empresa Gecreri, S.L, Ade (Asociación de
Empresarios Discapacitados de Galicia, Azetanet Formación e Consultoría
e Fundefo (Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la
Formación) . ao longo dos últimos cinco anos?
Qué valoración fai a Xunta da xustificación das actividades
subvencionadas? Qué tipo de controis administrativos foron realizados?
Qué motivos explican o cese dun Director Xeral que está imputado nesa
operación?
Pazo do Parlamento, 22 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por:
José Luís Méndez Romeu na data 22/10/2014 17:14:15 María Carmen Gallego Calvar na data 22/10/2014 17:14:26
Juán Carlos González Santín na data 22/10/2014 17:14:28 Pablo García García na data 22/10/2014 17:14:34 María Soledad Soneira Tajes na data 22/10/2014 17:14:39
María Concepción Burgo López na data 22/10/2014 17:14:46 María Remedios Quintas Álvarez na data 22/10/2014 17:14:52
Abel Fermín Losada Álvarez na data 22/10/2014 17:15:02 Raúl Fernández Fernández na data 22/10/2014 17:15:08
Manuel Vázquez Fernández na data 22/10/2014 17:15:24 Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 22/10/2014 17:15:28
Beatriz Sestayo Doce na data 22/10/2014 17:15:34 José Manuel Gallego Lomba na data 22/10/2014 17:15:41
84134
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
María Carmen Acuña do Campo na data 22/10/2014 17:15:45 José Antonio Sánchez Bugallo na data 22/10/2014 17:15:49
José Ramón Val Alonso na data 22/10/2014 17:15:53 Patricia Vilán Lorenzo na data 22/10/2014 17:15:55
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 22/10/2014 17:15:57
84135
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa dos seus
deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández e Yolanda Díaz Pérez, e ao
abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Interpelación, relativa o establecemento dunha base para drones no aeródromo de
Rozas no concello de Castro de Rei.
As intencións do Ministerio de Defensa e do Goberno Galego de dotar a Galicia dunha
base para a experimentación e desenvolvemento de drones, teñen causado unha
profunda preocupación na poboación galega. Cada un dos acontecementos que se van
coñecendo, a contagotas e con grande escurantismo, non fan outra cousa que afondar
en dita preocupación.
En marzo de 2011 facíase público o establecemento dun programa de avións non
tripulados no Aeródromo de Rozas para a investigación, desenvolvemento de proxectos
e divulgación no campo da aeronáutica, a través dun convenio co Instituto Nacional de
Técnica Aeronáutica (INTA) dependente do Ministerio de Defensa. Participaron na
xestación de dito convenio o goberno central, a deputación provincial de Lugo, o
concello de Castro de Rei e o aeroclube de Lugo. Dito convenio terá unha duración
prorrogable de 10 anos.
Nesas datas confirmábase o inicio das probas por parte do Ministerio de Defensa para
empregar o Aeródromo de Rozas como base de avións espía do programa da
multinacional AEDS, unha das mais importantes en venda de armamento militar a nivel
mundial.
84136
No mes de xullo de 2012, producíase a visita do Xeneral de División Ignacio Azqueta e
o Subdirector Xeral de Experimentación e certificación do INTA, Bartolomé Marqués ao
aeródromo de Rozas. Ambos recoñecían a realización de probas con avións non
tripulados e o inicio de obras de adaptación no aeródromo lucense para estes fins.
Marqués e Azqueta declararon ademais, que Lugo podería ser unha das cinco bases de
probas que os Estados Unidos tiña previsto instalar en Europa e poñer en marcha antes
do 2015.
O pasado mes de febreiro de 2013 levanta o voo en Rozas o “ATLANTE”, un avión non
tripulado fabricado pola Empresa Cassidian, pertencente a multinacional EADS, o
consorcio europeo líder mundial en venda de armamento, do que fora directivo o
actual Ministro de Defensa, Pedro Morenés.
Alternativa Galega de Esquerda denunciou esta situación e presentou diferentes
iniciativas no Parlamento Galego e no Congreso través do Grupo da Esquerda Plural
quen, ademais de realizar diferentes preguntas sobre este tema ao Goberno, solicitou a
comparecencia do Ministro de Defensa que a día e hoxe segue pendente.
Tanto os responsables do aeródromo como os membros do INTA apresuráronse a dicir
que as probas a realizar en Rozas, eran con avións destinados a uso civil.
O Dron “ATLANTE” é definido polo propio fabricante como un UAS (Unmanned Aerial
System) polivalente, o que fai deste modelo “O primeiro avión non tripulado táctico
capaz de realizar misións tanto civís como militares...”
O pasado mes de decembro, AGE tivo acceso a información que confirma o encargo do
Ministerio de Defensa (hai mais de un ano) á empresa de mísiles MBDA da
multinacional EADS, para artillar o dron Atlante e dotalo así de armamento militar,
completándose o proxecto que converte a este modelo nun UAS de combate. Quedan
así probadas as nosas denuncias e as mentiras do INTA e dos responsables do
aeródromo.
84137
Estamos pois diante dun avión non tripulado dos chamado “dron”, tristemente célebres
por practicar masacres e asasinatos a civís e militares nos principais escenarios de
guerra do planeta. Cada ano son milleiros as vítimas deste tipo de avións que actúan
impunemente en países como Pakistan, Yemen, Irak, Somalia, Afganistan, Palestina...
Por outra banda os chamados usos civís deste modelo de dron non son outros que a
vixianza fronteiriza e o control das persoas migrantes dentro do proxecto europeo de
vixianza Perseus que a Garda Civil esta a desenvolver no Aeroporto de Almería con este
modelo dende o pasado verán.
Por estes e outros motivos as bases de drones son ademais destacados obxectivos
militares e terroristas polo seu alto valor militar e estratéxico o que supón un risco mais
que evidente para a cidadanía que se atope na súa contorna.
En xaneiro de 2014 o INTA anunciaba a inminente firma dun convenio coa Xunta de
Galicia para perimetrar e cercar o aeródromo de Rozas, mellorar a torre de control,
construír un novo hangar e instalar un sistema de seguridade aérea para detectar
aparellos en voo, dentro do programa para o establecemento da base de probas para
drones permanente que o Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeronáutica previu para as
instalacións lucenses.
No pasado Debate do Estado da Nación, celebrado o pasado día 7 de outubro, o
presidente do goberno galego anunciou un investimento de 10 millóns de euros para
adaptar as instalacións do aeródromo de Rozas e convertelo nunha base para drones
de uso civil. Ponse pois, diñeiro público de Galicia ao servizo do Ministerio de Defensa
para a realización de probas con drones de empresas privadas.
84138
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, presenta a
seguinte Interpelación:
- Está o goberno galego en condicións de aportar todas as certificacións
necesarias en materia de seguridade para o emprego de drones no espazo
aéreo galego, incluíndo as correspondentes da Axencia Estatal de Seguridade
Aérea e da Axencia Europea de Seguridade Aérea, como a solicitude de cambio
de usos do aeródromo, o rexistro de xestión de riscos ou os boletíns NOTAM das
probas realizadas ata o momento entre outras?
Compostela, 17 de outubro do 2014.
Asdo. Ramón Vázquez Díaz
Asdo. Xabier Ron Fernández
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
José Javier Ron Fernández na data 17/10/2014 09:33:29
Ramón Vázquez Díaz na data 17/10/2014 09:33:33
Yolanda Díaz Pérez na data 17/10/2014 09:33:38
84139
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Tereixa Paz Franco e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputado do
Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Interpelación, relativa á situación de
prestación do servizo de catering nos comedores escolares públicos nas que a
concesionaria é a empresa Serunión S.A.
Nos últimos días téñense producido numerosas queixas de pais e nais sobre o
servizo prestado no comedor de diversos centros escolares públicos, tanto en relación
coa calidade da comida que se serve como nas condicións en que se fai este servizo.
Actualmente a concesión da xestión do comedor escolar nestes centros para todo
o curso 2014/15 outorgóuselle á empresa Serunión, S.A. de procedente de fora de
Galiza que foi beneficiaria de numerosas concesións da Consellaría de Educación.
Anteriormente, durante o curso 2013/2014 este servizo fora adxudicado en moitos casos
a pequenas empresas locais.
Á vista dos datos que figuran na plataforma de contratación parece que o criterio
de adxudicación foi só o económico sen ter en conta as condicións de calidade da
prestación e sen que ese aforro repercutise no custe que ten para as familias.
As queixas da comunidade educativa céntranse sobre o material empregado
pola empresa concesionaria do servizo: bandexa onde se depositan os alimentos nun
estado pouco hixiénico, e das condicións hixiénico-sanitarias en que é transportada a
comida.
A continuación pódese constatar o estado da furgoneta na que se transporta a
comida servida nalgúns destes centros que á vista está que non se trata dun vehículo
84140
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
isotérmico que sería o mínimo esixíbel para o mantemento das adecuadas condicións
dos alimentos.
84141
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Tamén existe unha gran preocupación das nais e pais tanto polo anteriormente
exposto como pola elaboración dos menús que consideran escasos e pouco elaborados
tanto nutricionalmente como na propia presentación, e que mesmo como se pode
apreciar nun estado de conservación, no caso dos frescos máis que cuestionábel.
Estas denuncias son realizadas polso pais e nais e do alumnado de diversos
centros educativos que teñen o comedor xestionado por esta mesma empresa e que
denuncian unha problemática similar.
A xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego estes feitos
poñen ao descuberto de forma moi evidente o que xa vimos denunciando en diversas
84142
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
ocasións. Que existe un claro deterioro no servizo e unha perda na calidade das comidas
que se lle ofrece ao alumnado a través deste método de catering ao tempo que se pechan
cociñas e se amortizan postos de traballo.
Por outro lado consideramos inadmisíbel, mesmo un estafa, que a teor da
normativa aprobada polo Goberno Galego en relación co repago dos comedores
escolares haxa familias que teñan que aboar 4,5 € por día por un menú que se serve
nestas condicións.
Véxase cal é a ración que se lles ofrece a adolescentes polo prezo de 4,5 €:
84143
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Cinco croquetas, un anaco de pan, unha sopa, e unha peza de froita, en
condicións lamentábeis. Menú miserento a prezo de luxo.
A alarma non fixo máis que incrementarse cando a comunidade educativa
coñeceu que esta empresa de catering está sendo investigada pola Comunidade de
Castela-León por atoparse na sopa dun menú escolar larvas brancas de gurgullo dun
centímetro de lonxitude.
Consideramos no Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego que a
gravidade dos feitos obrigan ao Goberno Galego a unha explicación e actuación
inmediata en relación con estes feitos.
Estas son as razóns polas que formulamos a seguinte Interpelación:
1.- Como valora o Goberno Galego as denuncias que están formulando os pais e
as nais en relación coa calidade e condicións do servizo de catering en numerosos
comedores escolares de centros públicos de Galiza?
2.- Que actuacións ten previsto realizar ao respecto?
3.- Tendo en conta que a empresa en cuestión foi adxudicataria do servizo de
catering en múltiples centros da Consellaría de Educación, fíxose con carácter previo a
comprobación da idoneidade de instalacións, utensilios, experiencia profesional,
calidade do seu desempeño, e mesmo á vista dos feitos do cumprimento da normativa
vixente en materia hixiénico-sanitaria?
4.-Están realizando algún tipo de seguimento do cumprimento das condicións de
prestación deste servizo?
84144
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
5.- Que medidas ten previsto realizar no inmediato en relación con estes feitos e
coa prestación do servizo de comedor nestes centros?
6.- Non cre que a gravidade da situación debera comportar a rescisión inmediata
dos contratos?
7.- Non considera de extrema gravidade que criterios de suposto aforro
económico comporten un servizo de tan mala calidade e que mesmo pode supor un
problema para a saúde?
8.- Non cre que esta situación debera comportar a reconsideración das súas
decisións en relación coa eliminación da implantación de servizos de catering no canto
de optar pola elaboración nos propios centros?
9.- Que garantías ten previsto implantar para garantir a calidade nutricional e
hixiénico-sanitaria dos menús dos centros escolares?
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014
Asdo.: María Tereixa Paz Franco
Cosme Pombo Rodríguez
Deputada e deputado do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 17/10/2014 14:04:37
84145
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 17/10/2014 14:04:43
84146
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O deputado Juan Manuel Fajardo Recouso, membro do grupo parlamentar da
Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do artigo 147 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte interpelación, relativa ao cesamento do director xeral de traballo.
No tempo da crise orgánica do réxime da II restauración, un dos fenómenos que maior
escándalo social e desafección da cidadanía respeito das institucións públicas provoca é
o que atinxe ás tramas de corrupción político-empresarial. Deber dos responsables
públicos é deitar luz e non acollerse á opacidade das grosas vidrieiras do poder.
O mutismo e a inverosimilitude envolven a actuación do goberno galego sobre o
cesamento, segundo a propia Xunta a petición propia, do que fora director xeral de
traballo, Odilo Martiñá.
Rexistros policiais, citacións de comparecencia no marco dunha investigación sobre
posible fraude de fondos públicos, a súa substitución a petición propia nas vésperas de
se faceren pública a situación e sen ter un substituto, a negativa da conselleira de
malestar social e desemprego a comparecer no Parlamento para dar as explicacións
que lle reclama a oposición, os vencellos de empresarios afíns ao partido que sostén ao
actual goberno galego... configuran un escenario que dá pé a pensar o peor, mais
cando no ventre económico do réxime non cesan de estoupar as tramas de corrupción
político-empresarial.
84147
En atención ao sinalado, o grupo parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda
formula a seguinte interpelación:
- Segue a soster a Xunta que o cese do director xeral produciuse a petición propia
e non por entender a Xunta incompatible manter un alto cargo público
involucrado nun posible caso de fraude e corrupción?
- Vai abrir unha investigación a Xunta para avaliar a traxectoria do que fora
director xeral no desempeño das súas responsabilidade públicas xa na Xunta
que presidira Manuel Fraga como nas que ocupou baixo a dirección de Núñez
Feijóo?
Compostela, 17 de outubro do 2014.
Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso
Asinado dixitalmente por:
Juán Manuel Fajardo Recouso na data 17/10/2014 14:09:14
84148
Á MESA DO PARLAMENTO
Consuelo Martínez García, deputada pertencente ao Grupo Parlamentario da
Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte Interpelación.
O Plan Integral de Turismo de Galicia 2014-2016 destaca o Camiño de Santiago como
produto diferencial galego fronte a competidores do norte que ofrecen tamén turismo
verde.
A Xunta prevé investir 3,1 millóns de euros ata 2016 en novas formas de promoción:
desenrolar aplicacións para teléfonos móbiles e tabletas con información sobre recorridos,
albergues, ofertas comerciais, condiciones meteorolóxicas ou fluxo de visitantes.
Tamén instalará wifi na rede de albergues públicos e permitirá obter a Compostela a
través da rede.
O Plan identifica as fortalezas de Galiza para competir como destino único: riqueza
natural e paisaxística, calidade das augas termais e a gastronomía, o Camiño de Santiago
e o seu patrimonio artístico e cultural que conta con catro declaracións de Patrimonio da
Humanidade pola Unesco.
O Plan conta cun investimento de máis de 136 millóns de euros nesta lexislatura,
destinados á consolidación do turismo termal, a relanzar ‘Galicia Calidade', a lanzar
Galicia como destino ambiental, social e economicamente sostible, a desenrolar produtos
especializados para segmentos de público, a reducir a pegada ecolóxica do turismo e a
poñer en marcha o programa ‘Galicia, turismo accesible”.
Polo exposto, AGE formula a seguinte Interpelación:
1.- Que medidas concretas vai aplicar a Xunta de Galiza en relación a festas turísticas
como o Entroido Ourensá ou a Festa Viquinga de Catoira?
2.- Que iniciativas recolle o Plan en relación á protección do litoral como destino turístico
sostible?
3.- Que medidas desenrolará a Xunta para a promoción dos Museos galegos?
84149
4.- Que cambios lexislativos pensa propoñer a Xunta de Galiza para preservar o
patrimonio arqueolóxico, cultural, etnográfico e paisaxístico de explotacións mineiras,
industriais ou urbanísticas?
5.- Que cantidade do orzamento será investido en formación? A quen irá destinada a
mesma? En torno a que temáticas xirará a formación?
7.- Considera a Xunta de Galicia suficiente unha mellora na utilización das redes para
acadar os obxectivos fixados?
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014.
Asdo.: Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 21/10/2014 18:06:34
84150
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Ramón Val Alonso, Francisco Caamaño Domínguez e José Manuel Gallego
Lomba, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara
presentan ante esa mesa a seguinte interpelación.
Hai poucos días que a compañía RNE vén de anunciar a supresión das emisións
en onda corta de Radio Exterior de España. Unha nova que ten provocado un
importante número de críticas de diversos sectores, entre eles e un dos máis
afectados e indignados é o colectivo dos mariñeiros.
Este servizo viña sendo a única vía de información que tiñan os tripulantes de
altura e gran altura que en moitos casos, como poden ser os palangreiros que
operan no Índico e no Pacífico poden chegar a realizar mareas de máis de seis
meses.
O apagamento da frecuencia pola que antes escoitaban as novas de España e de
Galicia leva a estas xentes que xa viven diariamente una realidade dura e
complicada a tempos do pasado onde para saber algo e ter información sobre o
que acontece terán que esperar a chamar a un familiar, chamada que
normalmente se produce cada 15 ou 20 días.
O certo é que isto pode parecer unha cousa menor para quen está en terra pero
non o é para quen durante moitos meses permanece illado en alta mar.
Por todo isto os deputados que asinan interpelan o Goberno galego nos seguintes
termos:
1ª) Que opinión lle merece o Goberno galego a supresión das emisións en onda
corta de Radio Exterior de España?
2ª) Ten realizado o Goberno galego algunha xestión diante do Goberno central
para lograr a reposición destas emisións, se for o caso, con que resultados?
84151
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Pazo do Parlamento, 22 de outubro de 2014
Asinado dixitalmente por: José Ramón Val Alonso na data 22/10/2014 18:23:05 Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 22/10/2014 18:23:15
José Manuel Gallego Lomba na data 22/10/2014 18:23:25
84152
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
María do Carme Adán Villamarín, Montserrat Prado Cores e Francisco
Xesús Jorquera Caselas, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formulan a seguinte Interpelación.
A empresa Gestamp, instalada no Porriño, é un dos principais provedores da
industria viguesa de automoción, con 319 traballadores/as, pese a que desde o inicio da
denominada crise viu mermado o seu su colchón de traballadores eventuais nunhas 200
persoas, de feito a empresa tivo que poñer en marcha un plan de viabilidade económica.
Lembrar que en 2006 a empresa chegou a ter 470 traballadores en activo.
Desde 2001 esta empresa adícase á fabricación de pezas de grande estampación
e conxuntos ensamblados para varios fabricantes, aínda que o seu principal cliente é o
centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën. Esta empresa recibiu axudas públicas para a
súa instalación no ano 2000 e 2009 a través do IGAPE, no ano 2012 recibiu 2,3 millóns
de euros, segundo fixo público o daquela conselleiro, Javier Guerra, cando visitou as
instalacións.
A empresa está neste momento nun ERE e pretende despedir a 85
traballadores/as. Isto implica unha nova perda de traballo na comarca de Vigo e acende
moitas alarmas sobre o futuro da empresa auxiliar do automóbil en Galiza.
Por todo isto formúlase a seguinte Interpelación:
1. Que axudas públicas recibiu a empresa Gestamp nos últimos dez anos?
84153
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2. Cal foi a cuantía destas axudas?
3. Que medidas adoptou o Goberno galego para evitar o despedimento de
traballadoras e traballadores de Gestamp?
4. Que medidas adoptou ou pensa adoptar o Goberno galego para asegurar
futuro ao sector auxiliar do automóbil?
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Montserrat Prado Cores
Deputadas do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 23/10/2014 12:37:21
María Montserrat Prado Cores na data 23/10/2014 12:37:31
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 23/10/2014 12:37:33
84154
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formula a seguinte Interpelación, obre as prioridades da Xunta de Galiza en materia de
infraestruturas e a observancia da legalidade na súa actuación.
Coa finalidade de poder coñecer as prioridades da Xunta de Galiza en materia de
infraestruturas formulamos a seguinte Interpelación:
-Cales son as prioridades que ten establecido a Xunta de Galiza en materia de
infraestruturas ate o fin da lexislatura?
-Que cantidades dedicou a Xunta de Galiza ao pago das denominadas peaxes na
sombra nos anos 2011, 2012, 2013 e 2014 respectivamente?
-Que porcentaxe supoñen esas cantidades sobre o total dos fondos destinados a
investimento real da Consellaria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en
cada un deses anos?
-Que razóns levan á Xunta de Galiza a defender os intereses dunha empresa
privada fronte ao interese público neste materia, noemadamente no caso da autovía da
Costa da Morte?
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Deputada do G.P. do BNG
84155
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 23/10/2014 17:42:35
84156
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Tereixa Paz Franco e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e deputado
do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), solicitan a
seguinte corrección de erros nos documentos con número de rexistro 27402,
27407, 27408 e 27409:
No encabezamento onde dí: “María Tereixa Paz Franco”
Debe dicir: “Montserrat Prado Cores”.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Cosme Pombo Rodríguez
Deputada e deputado do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 21/10/2014 19:36:36
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 21/10/2014 19:36:43
84157
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25
Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727