boletín da cámara ofi cial mineira de...

16
Boletín da Cámara Oficial Mineira de Galicia www.camaraminera.org Número 12: abril-xuño 2010

Upload: lamcong

Post on 07-Oct-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Boletín da Cámara Ofi cial Mineira de Galiciawww.camaraminera.org Número 12: abril-xuño 2010

ABRIL-XUÑO 2010ÍNDICE2

Depósito Legal: C 2201-2007

Boletín dixital: www.camaraminera.org > BoletínPara pedir máis exemplares: [email protected]

Portada: Balneario de Caldaria en LobiosFonte: Asociación Balnearios de Galicia

SUMARIO:Presentación 3

Actualidade 4-7

Novas 8-9

Medio Ambiente 10-11

Formación 12-13

CIMS I+D+i 14 Economía 15

Os nosos socios 16

Representando, dende 1925, ao sector empresarial dos materiais cos que se constrúe o mundo: pedra, terra e auga. Un sector presente en todo o que nos rodea.

Empresas líderes nos seus mercados; que traballan na lousa, granito, áridos, lignitos, cerámica, caolín, cuarzo, balnearios e augas minerais, entre outros.

PRESIDENTEFrancisco Aréchaga Rodríguez

1º VICEPRESIDENTEPablo Campo Fernández

2º VICEPRESIDENTEDavid Fernández Sanromán

TESOUREIROJosé Lista Tasende

DIRECTORDiego López González

SECRETARIOBenigno Amor Barreiro

TÉCNICO Atocha Ramos Martínez

BOLETÍN

COMITÉ EDITORIALFrancisco Aréchaga

Diego López Pablo Campo

Ramón CarballalBenigno Amor

Juan Carlos Vilela

REDACCIÓN / MAQUETACIÓN: Maica RodríguezASESORAMENTO: SumaComunicación

ABRIL-XUÑO 2010 PRESENTACIÓN 3

A minaría é unha actividade que conta cunha grande tradición histórica, xa que o aproveitamento das materias primas é inherente á condición humana. Un dos obxectivos que nos marcamos desde a Cámara Oficial Mineira de Galicia é dar a coñecer esa riqueza no ámbito da nosa comunidade. Recentemente, coa Xunta de Galicia, demos un paso máis para abrir unha ventana ao mundo onde amosar todo o que lle supón á nosa terra a minaría. Falamos do Censo Mineiro, onde se recollen os dereitos mineiros de Galicia. A través desta colaboración, a Cámara xestionará unha ferramenta que persegue axilizar os trámites destes dereitos así como permitir unha información dos mesmos máis rápida.

Coa publicación de libros, a participación e organización de congresos ou xornadas, e outras actividades nas que poderíamos incluir o certame de

pintura rápida, a Cámara quere achegar a minaría á sociedade e crear estruturas de formación para o eido mineiro. Internet forma parte dese entramado e entendemos que a Cámara ten que ir cos tempos e as novas tecnoloxías da comunicación. Por iso, moitos dos nosos esforzos van encamiñados a potenciar as vías de comunicación e información baixo os principios de claridade e accesibilidade como fixemos coa

actualización da páxina web da Cámara hai pouco, e co novo Rexistro que non tardará moito en comezar a funcionar.

TAL COMO ERAMOS: ABRIL, 1927

Número 07 do Boletín da Cámara: marzo 1926. Pódese consultar en: www.camaraminera.org>Servizos> Boletín

As últimas impresións sobre o ferrocarrilO Boletín de abril de 1927 resume as impresións das comisións que se achegaron a Madrid para falar de proxectos que afectaban a Galicia, Asturias e León, entre os que se atopaba a construcción de liñas de ferrocarril: «(...) Y queriendo que el plan moderno sea práctico, no ha de mostrarse avaro el Real Decreto en ciernes, al determinar las ventajas que el Estado ofrecerá. (...). De setenta ferrocarriles que hay solicitados, sólo cinco o seis realizarán sus esperanzas. Esto da a entender que las obligaciones que se impondrán a las Corporaciones serán de bastante importancia, sin exceder, como es natural, de la capacidad económica de una provincia o región que se halle dispuesta a conseguir sus aspiraciones. Así tendremos ferrocarriles y Galicia tan rica, tan bella y tan olvidadada, verá cruzar por sus hermosos valles la rauda locomotora,

llevando de pueblo a pueblo, velozmente, manantiales de prosperidad y vida, que tanta falta les hace. Basta considerar los efectos industriales y comerciales que había de producir la comunimcación entre los dos mares que nos rodean, si se construye una línea que abarcase las espléndidas comarcas comprendidas desde Pontevedra a Ribadeo. No menos resonancia minera-agrícola-ganadera tendría la de Ribadeo al Bierzo, a su paso por un territorio fructífero y poblado, capaz de sostener una exportación intensiva, que haría ricas a zonas hoy postergadas. Ambas vías férreas son de gran interés para el país gallego, y no dudamos que han de ser contratadas, no a largo plazo como algunos suponen; es probable que sea más pronto de lo que era de esperar. El Gobierno actual sabe hacer las cosas, bien y oportunamente, y sino al tiempo».

Francisco Aréchaga RodríguezPresidente da Cámara Mineira

Cos novos tempos

ABRIL-XUÑO 2010ACTUALIDADE4

ADMINISTRACIÓN

A Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia subscribiron un ano máis un convenio de colaboración para desevolver actividades de interese xeral para o sector mineiro. A través deste documento, o Conselleiro, Javier Guerra, e o Presidente da Cámara, Francisco Aréchaga comprométense a levar adiante unha serie de programas guiados pola entidade cameral e coa financiaciación da Xunta de Galicia. O texto recolle as liñas estratéxicas que ven a desenvolver a Cámara, como corporación de dereito público e órgano consultivo da Administración, tutelada pola Consellería de Economiá e Industria, e que ten como obxectivo o fomento da industria mineira na comunidade. En total, sete apartados como son Investigación e recuperación histórica; Comunicación; Modernización e implantación de tics no sector mineiro; Promoción da calidade, medio ambiente e seguridade; Información e documentacion xeolóxico-empresarial de Galicia; Promoción cultural e social da actividade mineira e Coordinación e cooperación con outras entidades. ObxectivosDentro de cada un dos apartados mencionados, a Cámara leva a cabo actuacións concretas como é o estudo das canteiras que abasteceron obras senlleiras de Galicia, dentro do programa de Investigación e recuperación histórica. Tamén está presente o fomento do uso do galego a través da Normalización Lingüística. Neste punto, a Cámara desenvolve unha liña de apoio on line para incorporar o uso do galego no ciclo empresarial. A segunda estratexia ten que ver co estudo da terminoloxía, expresións e toponimia mineira na comunidade galega.

A Consellería de Industria e a Cámara Mineira subscriben un novo convenio de colaboración

No programa de Comunicación continúa a estar presente a edición do Boletín informativo en forma-to dixital e papel. Estase a traballar para poder sacar adiante unha publicación científico-técnica. Ade-mais, establécese unha comunicación ordinaria cos

socios, as distintas administracións e as entidades rela-cionadas de ma-neira directa ou in-directa co eido mi-neiro. A maiores, a Cámara conta cun Gabinete de comu-nicación para ache-gar as novas e o tra-ballo da institución cameral aos medios de comunicación. A Modenización e implantacións de tics exemplifícase co mantemento de programas anteriores así como

a mellora e implemenacion de novos servizos da páxina web da Cámara (www.camaraminera.org). A través de xornadas e documentación varia, a entidade cameral defende o programa de Calidade, medio ambiente e seguridade. Respecto da información e documentación xeolóxica e empresarial, a Cámara participa e apoioa diferentes congresos, cursos, seminarios e xornadas, ademais de realizar os informes e estudos que se precisen. Como xa é tradición, a Promoción social e cultural da actividade mineira conta con dous pilares fundamentais, o Certame de Pintura Rápida e os Premios Santa Bárbara. Ámbolos dous contan cada ano cunha maior participación así como máis repercusión mediática. Dentro da Cooperación e coordinación con outras entidades, a Cámara colabora de maneira activa en iniciativas diversas con organismos como a Universidade de Vigo ou o IGME, entre outros moitos. A maiores, a Cámara estase a esforzar en ofrecer servizos de distinta índole aos seus socios a través de convenios.

Javier Guerra, Conselleiro de Industria e Francisco Aréchaga, Presidente da Cámara

ABRIL-XUÑO 2010 ACTUALIDADE 5

Diego López, Francisco Aréchaga, José Lista e Benigno Amor

A Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense é novo vogal da Cámara

A Cámara celebrou en xuño a Xunta Xeral anual, na que se deu de baixa como vogal a Asociación de Canteiras de Galicia xa que se disolveu para pasar a formar parte do recentemente constituído Clúster do Granito.

Así, por medio dunha votación, o subsector do granito elixiu como novo vogal á Asociación Pro vincial de Graniteiros de Ourense (APGO), que naceu no 2002 co obxectivo de in crementar a eficiencia das empresas asociadas. As súas liñas de actuación son a xestión, defensa e representación dos intereses xerais do subsector do granito, ademais de potenciar o desenvolvemento do sector no panorama nacional e internacional, a través de actividades e servizos que ofrecen aos seus socios coa intención de facilitar ao empresario a súa actividade profesional. Esta entidade está presidida por Antonio Domínguez Vázquez; o seu Secretario é Alfonso González Moral e o Tesoureiro é José An tonio Mosquera Lorenzo. Na actualidade, está formada por 34 empresas dedicadas á extracción, elaboración e colocación de granito na provincia de Ourense. Tamén contan con industrias relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de máquinas de

XUNTA XERAL

corte e manipulación do granito e da pedra natural, así como coa enxeñería mineiro ambiental. Ademais da elección dun novo vogal, o Presidente da Cámara, Francisco Aréchaga, deu conta na Xunta Xeral celebrada en Santiago do traballo des envolvido pola Cámara Mineira, así como dos pasos que se

están a seguir na actualidade.

ActividadesDespois de facer un pequeno percorrido polos programas e actividades levados a cabo durante o ano pasado —tanto os ordinarios, recolli-dos no convenio coa Consellería de In-dustria, coma os ex-traodinarios, onde se atopan plans como CIMS 2009 ou a ela-boración de Estatís-ticas mineiras 2008-2009, entre outros moitos, Aréchaga relatou as iniciativas

que están a ter lugar no presente curso e os proxectos que se levarán a cabo. Como explicou, a Cámara ten a intención de levar a cabo máis iniciativas extraordinarias. Para iso, solici-tou diferentes axudas aos organismos públicos para avanzar e fomentar a prevencion de riscos laborais e continuar cos proxectos relacionados coa historia do sector mineiro en Galicia. Ao longo do ano, distintas comitivas de membros da Cámara mantiveron diferentes reunións cos voceiros das administracións tanto autonómica como estatal para tratar asuntos como por exemplo a exploración dun acordo dirixido ao fomento do uso das materias primas galegas nas obras públicas. Por outra banda, a Cámara convocou varias re-unións dos membros do Comité de Normativas. O último destes encontros tivo lugar en abril. A con-vocatoria tiña como obxectivo amosar, entre outras cousas, o Rexistro Catastral Mineiro que vai a desen-volver a Cámara a través dun convenio coa Xunta.

ABRIL-XUÑO 2010ACTUALIDADE6

OurensePola súa banda, a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, puxo enriba da mesa diversas iniciativas do seu departamento para sacar todo o partido posible ao termalismo en Galicia. Neste senso, comprometeuse a «innovar» en materia lexislativa para intentar liquidar as «pequenas incoherencias» que existen nas leis. Pardo sinalou tras abordar o asunto coa Directora Xeral de Saúde Pública, Sagrario Pérez, tamén presente no foro, a intención da Administración galega de crear «un comité de traballo» que integre á Xunta e ao sector para «analizar e revisar» a lexislación sanitaria nos aspectos referentes aos balnearios. Diversos relatores recoñeceron a necesidade de que a lexislación defina ben o produto e marque as diferenzas entre balneario (augas mineiro-medicinais), talaso (auga de mar) e spa (auga da billa). Así Benigno Amor, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, sinalou a importancia da normativa sectorial no rexurdimento do termalismo en Galicia, sinalando que actualmente os balnearios están ofrecendo á sociedade un modelo de empresa sostible, por canto melloran a calidade de vida dos seus usuarios, non comprometen o futuro do recurso, e dinamizan social e economicamente as comarcas en que se atopan.

TERMALISMO

A Illa da Toxa acolleu un congreso sobre o ‘Futuro do Termalismo en Galicia’. Neste encontro, o conselleiro de Turismo, Roberto Varela, fixo fincapé en que Galicia «está á cabeza no turismo termal gracias ás súas características únicas e á calidade e diversidade da súa oferta». Neste sentido, o conselleiro afirmou que «os galegos debemos seguir apostando» polo potecial do sector e dende a Xunta de Galicia «continuaremos apoiando a formación, a investigación, a innovación e a mellora continua dun sector estratéxico como o termal». Roberto Varela recordou que Galicia é a comunidade autónoma española termal por excelencia, porque a nosa terra é famosa dende tempos inmemoriais polos seus mananciais e fervenzas, e por unha «cultura hidrotermal que botou raíces».

Actualmente, recordou o c o n s e l l e i r o, os galegos gozan das augas mineiro-m e d i c i n a i s

máis quentes de Europa, en termos de temperatura máxima acadada. De feito, Galicia é a rexión xeotérmica máis importante de España e parte do vello continente –señalou o conselleiro–, con augas que oscilan entre os 30 graos de Augas Santas, en Lugo, ata os 70, de Lobios ou das Burgas, en Ourense. Nesta última provincia concéntrase a maior oferta termal da nosa comunidade. Galicia tamén é a comunidade española con maior número de balnearios, cun total de 21, así como a única comunidade que ten seis establecementos termais distinguidos coa marca ‘Q’ de calidade turística. En Galicia, o turismo de saúde e benestar, con 140.000 usuarios por ano, supón algo máis do 20 por cento da oferta estatal, sen contar que os balnearios de Galicia achegan clientes a outras 10.000 prazas, entre hoteis, hostais ou casas de turismo rural. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, estas cifras «falan por si soas, está claro que temos servizos e unha oferta de calidade preparadas para competir na escena internacional».

Galicia conta con seis establecementos termais recoñecidos pola súa especial calidade

Galicia ten as augas máis quentes de Europa, que poden chegar aos 70 graos nalgúns puntos

Roberto Varela (no centro) Conselleiro de Cultura; Carmen Pardo, Secretaria Xeral de Turismo; Gonzalo Ceballos, Subdirector General

de Desarrollo y Sostenibilidad Turística de Turespaña

ABRIL-XUÑO 2010 ACTUALIDADE 7

NOVAS FERRAMENTAS

O Censo permitirá a consulta, en tempo real, dos dereitos mineiros vixentes e máis dos caducados, así como saber que permisos de investigación poden transformarse en autorizacións administrativas de explotación. Por outra banda, tamén facilitará a xeorreferenciación de calquera solicitude de permiso de investigación ou de concesión de explotación, e as posibles colisións entre os dereitos mineiros e outros dereitos.

O novo Censo Catastral Mineiro fará posible que, dende o primeiro momento da xestión administrativa, se teñan en conta todos os espazos naturais de especial protección. Este sistema, que será actualizable adaptándose aos posibles cambios da información contida, terá como obxectivo principal a integración nunha plataforma informática da información catrastal relativa aos dereitos mineiros de Galicia, de xeito que aproveitando as novas tecnoloxías se facilite o acceso público a estes datos. Segundo explicou o responsable da Consellería de Economía e Industria, o fundamento desta ferramenta é propiciar o aproveitamento ordenado e eficiente dos recursos minerais de Galicia; establecendo as bases da planificación e ordenación territorial das actividades extractivas, de forma axeitada para a protección de persoas, bens e recursos naturais.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou un convenio de colaboración co Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Francisco Aréchaga, para crear o Censo Catastral Mineiro de Galicia (CCMG), un sistema que contribuirá a «promover o desenvolvemento mineiro de xeito sostible medioambiental e economicamente, e permitirá facer unha xestión integrada, descentralizada e transparente dos dereitos mineiros de Galicia», segundo indicou Guerra. Esta aplicación informática posibilitará, por primeira vez, o acceso de xeito eficiente aos datos catastrais relativos aos dereitos mineiros existentes en Galicia, así como á información adicional que poida afectar ao desenvolvemento e implantación das actividades extractivas, e máis á súa interacción co medio natural e co ámbito socioeconómico no que se sitúan. Pola súa banda, Aréchaga destacou a importancia desta iniciativa para o desenvolvemento futuro do sector, xa que permitirá coñecer «de xeito inmediato as características do territorio no que se realiza a actividade mineira e evitará conflitos pola confluencia de usos do solo». Para o Presidente da Cámara, esta ferramenta «sitúa a información mineira de Galicia na vangarda tecnolóxica». Na actualidade existen aproximadamente 1.200 dereitos mineiros na comunidade, dos que 750 son autorizacións ou concesións de explotación, unha información que se ven recollendo nos libros de rexistro dos dereitos mineiros que xestionan os servizos provinciais da Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas. Polo tanto, a posta en marcha do novo Censo Catastral Mineiro de Galicia suporá a posibilidade de aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías a prol dunha xestión áxil e flexible.

A Xunta e a Cámara crean un Censo Catastral Mineiro na Internet

O Conselleiro de Industria, Javier Guerra asinou un convenio con Francisco Aréchaga

ABRIL-XUÑO 2010NOVAS8

Expertos de toda Europa analizaron no seo da ‘European Minerals Conference 2010’ —celebrada en Madrid— o futuro da minaría na Unión Europea. Nela fíxose especial fincapé na importancia do sector e na escaseza de catorce materias primas (ver cadro ao final do texto) fundamentais para a industria. Europa conta na actualidade con 30.000 canteiras, minas e plantas de produción que se traducen en 500.000 postos de traballo directos, nos que se contan as subcontratas. Este dato representa o 14 por cento do emprego na Unión Europea. Na conferencia participou o Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, quen plantexou na súa intervención a necesidade de analizar novas políticas de abastecemento de

recursos minerais dende unha perspectiva na que se consideren as materias primas non enerxéticas como un «elemento estratéxico para asegurar a actividade industrial» nos países europeos. Antonio Tajani, Comisario Europeo de Industria, utilizou o seu turno de palabra para amosar que a dependencia da Unión Europea aumentará nos próximos anos polas tecnoloxías emerxentes. Neste punto, Tajani resaltou que nalgúns casos como é o do galio, o indio, o xermanio ou certas terras raras, a demanda poderíase multiplicar por 20. O Comisario plantexou que todavía existen moitas explotacións de minerais industriais e metálicos en Europa. Respecto ás materias nas que a Unión Europea pon o acento pola súa escaseza, os expertos recalcan que se tratan de minerais que son fundamentais

Os 14 minerais en perigo na Unión Europeapara a produción de alta tecnoloxía de consumo diario, como os teléfonos móbiles. Segundo as previsións aportadas polos expertos nesta conferencia, de aquí ao 2030 a demanda dalgunhas destas materias primas poderíase triplicar. Para solventar parte deste problema, unha das recomendacións centrábase no fomento da reciclaxe. Tamén

apuntaron a necesidade de actualizar a lista de materias fundamentais cada cinco

anos e adoptar medidas para acceder a eses minerais, fomentar a substitución de determinadas materias a través da investigación e aumentar a eficiencia material dos mesmos. A produción mundial de parte destas materias procede duns poucos países como China (antimonio, espato fl úor, galio, xermanio, grafi to, indio, magnesio, terras raras e volframio). De Rusia, os metais do grupo do platino. Da República Democrática do Congo, cobalto e tantalio; e de Brasil, o niobio e o tantalio.

CONFERENCIA EUROPEA DOS MINERAIS

- Antimonio- Berilio- Cobalto- Espato Flúor- Galio- Xermanio- Grafito- Indio- Magnesio- Niobio- Metais do grupo do Platino- Terras Raras- Tantalio- Volframio

Listaxe dos minerais fundamentais para a UE

O Comisario Europeo de Industria, Antonio Tajani e o Ministro de Industria, Miguel Sebastián

A minaría en Europa- 30.000 canteiras, minas e plantas de produción- 500.000 traballadores- 14 % do emprego da UE- A demanda dalgunhas materias triplicarase no

2030

ABRIL-XUÑO 2010 NOVAS 9

A Cámara Oficial Mineira de Galicia congratúlase de que un proxecto mineiro de restauración fora considerado como o mellor proxecto urbanístico nos premios promovidos pola revista Actualidad Económica. En concreto, foi a rehabilitación que Endesa está a levar a cabo na mina de lignito das Pontes a idea premiada nunha ceremonia que tivo lugar en Santiago de Compostela, presidida polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O director de Endesa e Presidente da Cámara Mineira, Francisco Aréchaga, recolleou o galardón de mans do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Para a Cámara Mineira este feito proba que a actividade extractiva é compatible co medio, e mesmo é capaz de contribuír á mellora da contorna. Trátase, polo tanto, dun recoñecemento ao conxunto da minaría e ao esforzo que vén facendo o sector nos últimos anos para minimizar

Actualidad Económica premia a restauración da mina das Pontes

RECOÑECEMENTO

A Cámara Mineira trasládase a un novo lo-cal da rúa de Juan Flórez 33. O aluguer das novas oficinas suporá un aforro ao ano dun corenta por cento do custo actual sen deixar de ofrecer aos socios os mesmos servizos que ata o de agora. Por outra banda, a modificación do endere-zo da sede non suporá un cambio nas vías de contacto coa Cámara Mineira que mantén o mesmo número de teléfono (981 139 663), fax (981 139 664), e o correo electrónico ([email protected]).

o seu impacto ambiental e paisaxístico. A candidatura da recuperación do oco da mina das Pontes (que se convertirá no lago artificial máis grande de Europa) competía con obras de grande interesa social, como o Centro Comercial Marineda Plaza da Coruña, ou os plans de mellora da AP-9.

A Cámara trasládase a un local da rúa Juan Flórez

Javier Guerra, Conselleiro de Industria, e Francisco Aréchaga

ABRIL-XUÑO 2010MEDIO AMBIENTE10

A Cámara colabora co IGME e a Universidade de Vigo en dous proxectos de investigación

PROXECTOS

A Cámara está a colaborar co IGME (Instituto Geo-lógico y Minero de España) e coa Universidade de Vigo en sendos proxectos de investigación, para os cales os organismos directores solicitaron unha sub-vención á Unión Europea dentro da financiación da área SUDOE (Programa de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo). No primeiro dos casos, o proxecto ‘Hidroner’ conta coa participación doutras entidades acadé-micas como a Universidad Politécnica de Madrid, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Facultade de Ciências da Universidade de Lisboa e o Instituto Superior de Engenharia do Porto. Ademais colabora a Dirección General de Energía y Geolo-gía, de Portugal. A través de diferentes grupos de traballo, desen-volveranse documentos científicos e técnicos sobre a caracterización das augas termais para aproveita-mentos enerxéticos de baixa entalpía. Deste xeito, elaborarase un estudo das manifestacións termais orientado á súa explotación como recurso xeotérmi-co. Cos datos obtidos, mostrarase un mapa do po-tencial hidrotermal que a súa vez servirá para facer un estudo detallado destas manifestacións. A maio-res, este proxecto permitirá a elaboración dun infor-me de previabilidade técnica e económica, así como dun manual de usuarios con resultados que sirvan para futuros proxectos. Outros dos puntos que se in-

clúen nesta iniciativa é a publicidade, información e capitalización do proxecto. Tamén se constituirá un comité de seguimento, control e avaliación. A Cámara participa na organziación de ‘Rocknet’, liderado pola ETS de Minas de Vigo. A meta deste proxecto é a promoción da innovación e a constitu-ción de redes estables de cooperación en materia tec-nolóxica, da I+D+i e a mellora da competitividade. A problemática que da que se parte neste proxecto é que a industria da pedra natural ten unha grande importancia económica no sudoeste de Europa. Es-paña, Portugal e Italia son referentes europeos neste subsector. A pesares do seu desenvolvemento industrial, non se produxo un crecemento tecnolóxico paralelo. O obxectivo final é desenvolver unha nova metodo-loxía que tenda a mellorar esta situación. Trátase de emplear criterios de minaría selectiva á explotación das diferentes rochas ornamentais. Para iso, plan-téxanse como obxectivos intermedios:

1) Investigación2) Explotación e transformación3) Posta en obra4) Reciclaxe

Como resultados previstos presentarán unha guía de boas prácticas co entorno natural, un protocolo de ensaios de calidade do produto e un estudo das condicións de seguridad e saúde e a súa mellora.

A Cámara alega ás Directrices de Ordenación do TerritorioUnha vez aprobadas inicialmente as Directrices de Ordenación do Territorio, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e as asociacións empresariais do sector traballaron de xeito conxunto para definir unha posición básica común do sector mineiro galego. O resultado foi un conxunto de alegacións que se presentaron para aportar a visión do sector ao texto autonómico. Para o eido mineiro, é necesario que estas directrices recollan que os recursos mineiros son recursos naturais que requiren unha ordenación

do territorio. Un dos obxectivos que se especifican é o da preservación e potenciación daqueles elementos de identidade e de diferenciación do territorio, e o sector extractivo está fortemente vecellado con núcleos rurais e cidades, polo que, o que propoñe o sector está en consonancia cos obxectivos recollidos nas DOT. Dentro dos aspectos xenéricos, a Cámara considera que é fundamental que a norma teña en conta o perímetro de protección das augas minerais, mananciais e termais.

ABRIL-XUÑO 2010 MEDIO AMBIENTE 11

Residuos industriais nas empresas mineirasDurante o desenvolvemento de actividades mineiras, tanto prospección como extracción e almacenamento de recursos, xéranse residuos que poden dividirse en dous grandes grupos, atendendo á súa natureza e á normativa que os regula:

• Residuos exclusivamente mineiros, tipo estériles, lodos…

• Residuos industriais, tamén producidos por outras industrias, como aceites, pneumáticos, pilas, maquinaria, envases, etc.

Residuos mineirosO RD 975/2009 de xestión de residuos, protección e rehabilitación de minas, regula a xestión dos residuos das industrias extractivas en terra firme, é dicir, os residuos resultantes das actividades de investigación e aproveitamento rexidas pola Lei 22/1973 de Minas. Así, todos os explotadores de recursos mineiros terán que realizará un plan de xestión de residuos mineiros enfocado á súa redución, tratamento, recuperación e eliminación, tendo en conta os principios de desenvolvemento sustentable. Os residuos incluídos neste grupo aparecen recollidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002), grupo 01: residuos de prospección, extracción de minas e canteiras, e tratamentos físicos e químicos de minerais.

Residuos industriaisSon aqueles que se xeran nun proceso de fabricación, transformación, utilización, consumo, limpeza ou mantemento dunha instalación ou actividade industrial e dos que quen os produce ou posúe ten vontade de desprenderse. Segundo a Lei 10/2008 de residuos de Galicia, todas as empresas que produzan residuos industriais deben realizar unha autodiagnose ambiental cunha periodicidade anual. Este trámite farase a través da web do Sistema de Información de Resíduos de Galicia (SIRGa) (http://sirga.medioambiente.xunta.es). Ademais, atendendo ao risco que levan asociado, hai dous tipos de resíduos industriais, cada un coas súas obrigas e normas.

Perigosos: son aqueles clasificados como tal na normativa comunitaria, na lista de residuos perigosos aprobada polo Real Decreto 952/1997, ou na Lista Europea de Residuos LER (Orde MAM/304/2002). As empresas que produzan menos de 10 toneladas/ano de residuos perigosos deberán inscribirse como pequeno produtor. Se producen máis de 10 toneladas/ano de residuos perigosos terán que inscribirse como produtor e deberán presentar unha declaración anual de actividades.O produtor de residuos perigosos, independentemente de si é pequeno ou non, está obrigado a levar un rexistro dos residuos que produce. Non existe un documento oficial de libro rexistro e este pode ser elaborado pola propia empresa sempre e cando inclúa como mínimo:

• Orixe dos residuos• Cantidade, natureza e código de

identificación• Data de cesión dos mesmos• No seu caso, data e descrición dos

pretratamentos realizados• No seu caso, data de inicio e finalización do

almacenamento temporal• No caso de importación de residuos perigosos,

data e número da partida arancelaria• No caso de produtor autorizado para realizar

operacións de xestión “in situ”, data e descrición das operacións de tratamento e eliminación

• Frecuencia da recollida e medio de transporte Non perigosos: todos aqueles que non son perigosos. Se unha empresa produce máis de 1.000 toneladas/ano de residuos non perigosos, deberá inscribirse como produtor de residuos non perigosos no Rexistro xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Isto inclúe as actividades de prospección, extracción, valorización, eliminación e almacenaxe de recursos minerais, así como da explotación de canteiras, nas que se xeran residuos non perigosos inertes.

Fe de errata nos datos de produtos non homologadosNo artigo do anterior Boletín no que se recollía unha circular da Dirección de Minas acerca dos produtos do sector non homologados, aparecía por erro a imaxe do modelo de explosores AI-1200 (da marca Icam), en vez do modelo CA 10, da marca ZEB. O explosores da marca ICAM cumpren con todos os requisitos marcados pola lexislación vixente.

ABRIL-XUÑO 2010FORMACIÓN12

XORNADAS

A Xunta aproba unhas subvencións destinadas ao aforro enerxético

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), está a desenvolver un novo programa de axudas para potenciar o aforro e a eficiencia enerxética. Esta nova programación, que se enmarca dentro da estratexia global de aforro e eficiencia enerxética da Xunta de Galicia, abrangue un total de 18 liñas de axudas distintas, e que ofrecen ata un 75% de subvención nos distintos sectores. Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou a orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás PEMES para o financiamento das actuacións destinadas á prevención, protección e coñecemento ambiental para os anos 2010 e 2011.

A Xunta dá unhas charlas sobre a normativa de responsabilidade medioambiental

Coa intención de transmitir dun xeito claro e conci-so aquelas cuestions fundamentais sobre a norma-tiva vixente de responsabilidade medioambiental, a Xunta organizou unhas conferencias dirixidas aos empresarios galegos. Esta lexislación deriva da Directiva Europea 35/2004, que ten como obxec-tivo fundamental prever, evitar e reparar os danos medioambientais. Nas charlas estivo presente o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Her-nández, que destacou en primeiro término o esforzo da Xunta para formar ao persoal da Administración autonómica, e para conseguir adaptar os seus coñe-cementos ás novas e complexas esixencias técnicas e legais. Hernández recordou que tanto as empresas como o Goberno galego xa camiñan pola liña dea pre-vención. «Agora queda afondar neste principio coa esixencia de adoptar todas as medidas necesarias para evitar que se produzan danos aos recursos na-turais», sinalou o Conselleiro. As diferentes intervencións, entre elas a do polí-tico, puxeron de manifesto que a prevencion debe marcar o desenvolvemento sostible, que é esencial no contexto social e económico. Para Hernández, o

principio de prevención de danos medioambientais ten que liderar o crecemento económico de Galicia. «Por esa razón se lles esixe a aquelas empresas con maior potencialidade contaminadora a obriga de realizar análises de riscos medioambientais», mani-festou Hernández, quen engadiu que estes estudos aportarán unha información fundamental para po-der identificar as fontes de danos medioambientais, e actuar despois sobre elas. Tamén se contempla toda unha serie de obrigas de comunicación por parte dos operadores das empresas galegas á Admi-nistración, que van dende a necesidade de informar de calquera ameaza de dano ambiental que se derive do seu funcionamento ata a obriga de comunciar os danos xa producidos. O Conselleiro concluíu a súa intervención fixán-dose nos «incomparables recursos naturais dos que goza Galicia», un patrimonio de todos os cidadáns, polo que é obriga de todos protexelo e é labor da Xunta velar porque así sexa. Por iso, para os casos en que iso non se respecte, a consellería aplicará as esixentes previsións contidas na normativa, coa fina-lidade de conseguir que realmente sexa o causante da contaminación o encargado de devolver ó entor-no ao seu estado orixinal.

Un ano máis, a Cámara convoca o certame de pintura rápida en espazos mineiros, ‘Mi-neira 2010’, que xa vai pola súa quinta edi-ción e que unha vez máis quere servir para achegar a minaría á sociedade a través dunha actividade lúdica, e na que cada ano partici-pan ao redor de medio centenar de artistas. Nesta ocasión, o certame desenvolverase o sábado 25 de setembro na canteira Monte da Costa, de Lista Granit. Os interesados en participar na iniciativa poden incribirse por teléfono (981 13 96 63) ou a través do correo electrónico [email protected].

A Cámara convoca a quintaedición de Mineira

ABRIL-XUÑO 2010 FORMACIÓN 13

GRANITO

José González Araujo foi o presidente da Asociación de Canteiras durante unha década. A súa experiencia no sector do granito pódese dicir que é máis que ampla grazas aos 45 anos que traballou como director xerente na empresa Ramilo S.A., unha das impulsoras do granito galego Con este currículo, e despois de xubilarse, González Araujo decidiu plasmar nun texto parte dos seus coñecementos e facer un percorrido pola historia do subsector do granito, ao que dedicou a práctica totalidade da súa vida laboral. Baixo esta premisa, e coa colaboración da Cámara Mineira, González Araujo escribiu ‘El granito de Galicia y su historia’, que conta coa participación no prólogo do periodista Gerardo González Martin. A obra edítase en castelán, galego e inglés, e conta con numerosas fotografías que permiten ver a transformación do subsector do granito ao longo dos anos. Na presentación, que tivo lugar no Centro Cultural do Porriño en xuño, González Araujo estivo acompañado por un bo número de amigos e de compañeiros do eido mineiro galego.

González Araujo presenta, coa colaboración da Cámara, El granito de Galicia y su historia

A Sociedade Mineralóxica convoca un certame fotográficoA Sociedade Mineralóxica de Galicia, que naceu na Escola de Enxeñeiros de Minas de Vigo, está a organizar a terceira edición do certame fotográfico ‘Mundo Mineiro’, no que colabora a propia Escola, a Cámara Mineira, o Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste e Vilux Fotografía. Os interesados en participar terán de prazo ata o 15 de outubro para entregar as instantáneas

de acordo co establecido nas bases do concurso dispoñibles en www.mundominero.org. Por outra banda, a entrega de premios está prevista para o 26 de novembro, na Escola de Minas, día no que se inaugurará tamén a exposición dos traballos. Máis adiante, ao igual que nas edicións anteriores, elaborarase un catálogo coa recopilación de todas as fotografías presentadas.

14 ABRIL-XUÑO 2010CIMS 2009

I+D+i

A xeotermia é a enerxía termal acumulada baixo a superficie da Terra, e segundo a lexislación vixente, trátase dun recurso mineiro. Trala primeira crise da enerxía de 1973 o Instituto Geológico y Minero de España (IGME) iniciou a investigación sistemática do potencial xeotérmico de España. A partir destes traballos puidéronse delimitar as zonas con maiores expectativas. Na década dos 80, que coincide co comezo da España autonómica e a entrada na Comunidade Económica Europea, iníciase unha fase de lanzamento de proxec-tos de demostración con vistas ao aproveitamento dos recursos. No seguinte decenio, dase unha etapa de esca-sa actividade na xeotermia. Non obstante, se producen avances tecnolóxicos que influirán de maneira decisi-va en anos posteriores. Dentro deste punto, ato-pamos a produción da elec-tricidade, que no caso da xeotermia establécese con temperaturas superiores aos 150ºC. Con temperatu-ras inferiores, o rendemento decrece notablemente. Retomando os orixes, a partir dos 70 investigouse a posibilidade de aproveitar a calor existente en masas rochosas aínda sin a exis-tencia de fluxo xeotérmico. Nas zonas de grande interese, de alta entalpía, sitúanse áreas moi localizadas da corteza terrestre e, ademais, deben darse as condicións para a existencia dun alma-cén permeable polo que circule o fluído xeotérmico. As limitacións son notables. Por elo, plantéxase a hipótese de aproveitar a calor en zonas que se consideran im-produtivas. A idea básica consiste en localizar áreas de elevada temperatura situadas ás menores profundida-des posibles. Este tipo de xacementos denomínanse de Rocha Quen-te Seca. Os modelos desenvolvidos para crear redes de fracturación no macizo rochoso quente foron abundan-tes. Despois de moitas experiencias, púxose de mani-festo que a tecnoloxía desenvolvida para a creación da rede de fracturas non precisa dunha rocha quente seca, senón máis ben dun material rochoso consolidado, cun-

As augas termais como fonte de enerxía xeotérmica

ha rede preexistente de fisuras que poidan ser estimula-das coas técnicas que permitan a apertura de fisuras e que estas se manteñan abertas cando a estimulación se deteña. Os recursos de baixa entalpía son aproveitados para usos directos de calefacción e requiren a utiliza-ción dun intercambiador para ceder á enerxía térmica ao fluxo que circula pola rede de calefacción. Cando a temperatura dos recursos xeotérmicos é máis baixa do que se precisa para suministrar a calor ao cir-cuito de calefación mediante o intercambiador, débese recurrir a sistemas que permitan suministrar maiores temperaturas a partir de corpos con temperaturas infe-riores. O que se coñece como bomba de calor.

A bomba de calor permite aportar a enerxía calorífica ao sistema de calefacción a partir de fluxos con temperaturas moi inferiores á do circuito de calefacción. Deste xeito, fluxos como as augas termais, con temperaturas inferiores aos 50ºC, poden subministrar calor para calefacción en sis-temas convencionais. A auga subterránea que se precisa para instalacións en vivendas unifamiliares é de apenas 1-2 l/s, polo que tendo en conta que o custo das perforacións é un dos máis importantes, é re-comendable utilizar acuíferos pouco profundos.

Nos últimos tempos, a xeotermia experimenta un pro-tagonismo importante. O crecemento máis espectacular corresponde ao da xeotermia somera que contará cun crecemento vertixinoso nos próximos anos.

Celestino García de la NocedaInstituto Geológico y Minero de España

Áreas xeotérmicas: roxo, alta; laranxa, media e azul, baixa temperatura

ABRIL-XUÑO 2010 CIMS 2009 15

Pódense compatibilizar os usos

Economía

Cando dous proxectos sectoriais incompatibles co-inciden no mesmo espazo e tempo téndese a buscar cal deles prevalece, non obstante, nestes conflitos é máis vantaxoso buscar a compatibilidade que litigar pola prevalencia. Para poder enfocar axeitadamente un trámite de compatibilidade é necesario coñecer a lexislación aplicable, a cal pódese clasificar en dous gru-pos: lexislación secto-rial propia de cada un dos proxectos enfronta-dos e lexislación común a tódolos expedientes regulados pola Admi-nistración. En relación ás compe-tencias administrativas territoriais, a lexislación tamén se pode clasificar en dous ámbitos: a esta-tal e a autonómica. Cando entran en con-flito dúas actividades en principio incompatibles, o máis razoable é buscar a compatibilidade das dúas, do xeito máis razoable posible. A razón está en que se unha das empresas non quere buscar esta compatibilidade e decide de-fender a súa prevalencia, entrará nun xogo de reso-lucións que supón diversos prexuízos para as dúas empresas polo atraso na implantación dos proxectos e os gastos de litixios; mentres que as vantaxes de lograr unha compatibilidade son xusto o oposto: rapidez no outorgamento de autorización e posta en marcha do proxecto e aforro en gastos de avogados e peritos. Xurde unha vantaxe máis cando se busca a com-patibilidade: pódense atopar sinerxías entre ambos proxectos. No caso de coincidir intereses mineiros e doutro tipo, temos varios exemplos de sinerxías: • Parque eólico: a mina aporta materiais para as pistas; o trazado e mantemento das pistas pode ser común; a mina aporta terreos para o traza-do da liña de evacuación e o parque aporta electrici-dade de baixo custo para a mina. • Repoboación forestal: a mina encárgase da construción e mantemento das pistas; a auga recollida no oco de explotación sirve para regar as

Compatibilidade entre a minaría e outras actividades: solucións e vantaxes

plantacións, as plantacións actúan como barreira visual, sónica e contra o po. A restauración dos ocos mineiros supón un aumento do terreo cultivable, especialmente ao aportar unha capa de terra fértil. • Estradas e vías de comunicación: a explo-tación mineira pode abaratar os custos do vial ao fa-cer o desmonte e o terraplén. No caso do ferrocarril

é moi difícil atopar sinerxías. Unha remota posibilidade é que o proxecto mineiro se vexa favorecido pola creación dun-ha estación de ferrocarril que permita a entrada de materiais e a saída de mineral por este medio. A cañada é un corredor visual desde o que observar e controlar as labores mineiras e é unha barreira entre mina e entorno. • Arqueoloxía: a empresa mineira financia a investigación arqueolóxica e a musealización dos xaigos. A mina mellora a súa imaxe social ao ser destino

de excursionistas e patrocinador da cultura local. • Parques empresariais: é imprescindible facer movementos de terras para preparar parcelas horizontais e crear plataformas de resistencia axei-tadas para instalar industrias. Ante todo o exposto pódese concluir que a procura de compatibilidade técnica conleva automaticamen-te unha compatibilidade ambiental que encaixa co desenvolvemento sostible. Ademais, xérase riqueza co aproveitamento simultáneo dos recursos en vez de anular un para aproveitar outro.

Iván Gómez; Alejandro Monge; Leandro R.; García Bastante, Fernando M.

ETS Minas Universidade de Vigo

ABRIL-XUÑO 2010BOLETÍN DA CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA

Coa colaboración da:

OS NOSOS SOCIOS

O Cluster do Granito marca como obxectivo a comercialización e internacionalización do subsector

O Cluster do granito foi constituído este ano grazas ao impulso do Centro Tecnolóxico do Granito, a Asociación de Canteiras de Galicia, a Asociación Galega de Graniteiros, a Asociación de Maquinaria para a Pedra e a Asociación de Marmolistas. Esta nova entidade concebiuse para poñer en marcha unha organización empresarial na que se integre toda a cadea de valor do granito e conseguir unha maior representatividade do subsector. As súas actividades veñen definidas pola necesidade

(1): presentación do clúster; (2): canteira do Porriño

dunha actuación conxunta en aqueles campos nos que as empresas, de xeito individual, non poidan levar a cabo certas accións polo seu custo. Como sinalan dende o Cluster, un dos retos aos que queren facer fronte con especial fincapé é no ámbito da «comercialización, a promoción e a internacionalización» do produto.

DatosO día da presentación do Cluster, o Conselleiro de Economía, Javier Guerra, sinalou que o granito é un subsector «estratéxico e líder en España». No panorama internacional, Galicia sitúase no segundo posto de Europa e no quinto do mundo, por enriba de potencias como Portugal ou Sudáfrica. Unha posición respaldada polo millón de bloques que se extraen do Porriño, que conta co recoñecemento mundial. Seguindo coas cifras, a cadea do granito factura uns 800 millóns de euros ao ano e dá emprego directo a máis de 10.000 traballadores. A maiores, conta cun referente nacional como é o Centro Tecnolóxico do Granito. A Xunta Directiva desta nova entidade do sector mineiro está formada por Marcelino Martínez

(ACG); Fernando Varela (AGG); José Antonio Fernández Dafonte (Galimac) e Javier Blanco Silva (Asociación de Marmolistas); e o Secretario da mesma é José Ángel Lorenzo.