berro 2012 volume 2

16
A EMPRESA IMAXIN SOFTWARE GAÑA O PREMIO LEIXAPRÉN 2012 A empresa, dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela, resultou a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotiá que fai da lingua galega. Durante o presente curso a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) asumiu a coordinación do histórico Premio Leixaprén que se vén organizando desde 1999 co obxectivo de premiar, desde o ensino, a persoas, entidades ou institucións que se caracterizan polo uso normalizado da lingua galega. Desde o ENDL (que participou nestas votacións) querémoslle dar os parabéns públicos a todas as empresas finalistas neste premio, e tamén a todas aquelas, que, malia implantación de prexuízos e a desprotección social da nosa lingua que se está a practicar desde o poder autonómico, manteñen a dignidade de empregar a lingua propia dos galegos. O pasado sábado 5 de maio a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou os Premios AELG 2012; o destinado a Institucións que se caracterizan pola súa contribución á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, foi, por decisión unánime da Asemblea Xeral de Socios e Socias da AELG, para o labor colectivo desenvolvido por tantas persoas que dende hai décadas no ámbito da administración e da educación, traballaron firmemente para a incorporación, fixación e acrecentamento de usos normalizados da lingua e, polo tanto, da literatura galega. Este labor comunitario quere ser recoñecido e singularizado pola AELG, nomeadamente, nos equipos humanos e profesionais que constitúen os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e mais os servizos de normalización dos concellos, colectivos responsábeis do desenvolvemento da lingua galega nos seus ámbitos de actuación. A magnitude do seu traballo e a implicación de tantas persoas boas e xenerosas non permiten o recoñecemento individual merecido para todas elas, polo que se acordou que recollera simbolicamente este premio Agustín Fernández Paz, unha persoa que dedicou unha parte moi importante da súa vida a traballar para avanzar no lento progreso normalizador, precisamente nestes dous ámbitos –o escolar e o administrativo– desde o marco teórico até a práctica didáctica, desde a palabra até a actuación e praxe máis coherente A Asociación de Escritores en Lingua Galega premia o labor dos equipos de normalización. O artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía di literalmente que “a lingua propia de Galicia é o galego”. Iso era o que recollía un libro de texto 5º de Primaria. O Valedor do Pobo atendeu a queixa absurda dun pai sobre isto. Houbo multitude de protestas pola actitude “desvaledora do Valedor, que, por certo, non hai moito que dimitiu Concentración en Compostela contra o Valedor do Pobo e en defensa do artigo 5.1 Manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Compostela, 17 de Maio de 2012 Os ENDL dos centros de ensino case non reciben axudas da Consellería para realizar as súas actividades. Neste curso os Equipos de Normalización teñen que traballar case cun 70% menos de orzamento.

Upload: beatriz-fernandez

Post on 13-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Revista O Berro. Segundo volume, curso 2011-2012

TRANSCRIPT

Page 1: Berro 2012 VOLUME 2

A EMPRESA IMAXIN SOFTWARE GAÑA O PREMIO LEIXAPRÉN 2012

A empresa, dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela, resultou a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotiá que fai da lingua galega.Durante o presente curso a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) asumiu a coordinación do histórico Premio Leixaprén que se vén organizando desde 1999 co obxectivo de premiar, desde o ensino, a persoas, entidades ou institucións que se caracterizan polo uso normalizado da lingua galega.

Desde o ENDL (que participou nestas votacións) querémoslle dar os parabéns públicos a todas as empresas finalistas neste premio, e tamén a todas aquelas, que, malia implantación de prexuízos e a desprotección social da nosa lingua que se está a practicar desde o poder autonómico, manteñen a dignidade

de empregar a lingua propia dos galegos.

O pasado sábado 5 de maio a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entregou os Premios AELG 2012; o destinado a Institucións que se caracterizan pola súa contribución á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, foi, por decisión unánime da Asemblea Xeral de Socios e Socias da AELG, para o labor colectivo desenvolvido por tantas persoas que dende hai décadas no ámbito da administración e da educación, traballaron firmemente para a incorporación, fixación e acrecentamento de usos normalizados da lingua e, polo tanto, da literatura galega.

Este labor comunitario quere ser recoñecido e singularizado pola AELG, nomeadamente, nos equipos humanos e profesionais que constitúen os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e mais os servizos de normalización dos concellos, colectivos responsábeis do desenvolvemento da lingua galega nos seus ámbitos de actuación. A magnitude do seu traballo e a implicación de tantas persoas boas e xenerosas non permiten o recoñecemento individual merecido para todas elas, polo que se acordou que recollera simbolicamente este premio Agustín Fernández Paz, unha persoa que dedicou unha parte moi importante da súa vida a traballar para avanzar no lento progreso normalizador, precisamente nestes dous ámbitos –o escolar e o administrativo– desde o marco teórico até a práctica didáctica, desde a palabra até a actuación e praxe máis coherente

A Asociación de Escritores en Lingua Galega premia o labor dos equipos de normalización.

O artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía di literalmente que “a lingua propia de Galicia é o galego”. Iso era o

que recollía un libro de texto 5º de Primaria.O Valedor do Pobo atendeu a queixa absurda dun pai sobre isto. Houbo multitude de protestas pola actitude “desvaledora do Valedor, que, por certo, non hai moito

que dimitiu

Concentración en Compostela contra o Valedor do Pobo e en

defensa do artigo 5.1

Manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Compostela, 17 de Maio de 2012

Os ENDL dos centros de ensino case non reciben axudas da Consellería para realizar as súas actividades. Neste curso os Equipos de Normalización teñen que traballar case cun 70% menos de orzamento.

Page 2: Berro 2012 VOLUME 2

Este ano o Equipo de Normalización tivo a idea de poñernos a cantar co Galeoke.

Así, as rapazas e rapaces do cole de Maside puideron mostrar as súas voces e aprender cancións galegas.

Esta Galeokada realizouse os venres nos recreos de despois de comer. Tamén houbo algunha sesión especial co alumnado de Infantil.

A nós pareceunos unha actividade moi interesante e aprendemos cancións como As nosas cores, Santa Muller, A danza das Cortellas (que tivo moito, moito éxito)...

Participou moito alumnado de Primaria e outro, que estaba inscrito, nin tivo ocasión de participar. Así que continuaremos o ano que vén coa nosa Galeokada.

Se queredes practicar no verán, podedes entrar en mollatecoalingua para ver os vídeos e as letras. Tamén podedes pedirlle ao Equipo de Normalización que instale o Galeoke na vosa aula, para practicardes moito.

GALEOKADA EN MASIDENayara, Elena, Arlet, Pablo e Benito, 6º de Primaria

●Xa me tardan estes Magos.Mam Cabra, 2011áGalaxia - Libro + CD

Celtics Roots. VVAA, Budi o e outrosñ2010, Pai music

Arrolos de salitre. M sicas de SalitreúXabier D az, 2010í

●Para cantar e bailar. Serxio Cobos2009, Ed. cumio

●Abracadabras.Marica Campo, Pirilampo,AS-PG, 2010, CD + DVD

●Ola, ola, ola! Mam Cabra, á2011, Galaxia - Karaoke + DVD

●A nena e o grilo.U.Senlle, M.Blanco, 2010, OQO

●Na punta do p , éPesdela,. Libro+DVD para aprender a cantar e bailar

●Para cantar e bailar. Serxio Cobos2009, Ed. cumio

Como vos gusta cantar, aí vos deixamos unha recompilación da música que hai no cole para vós.

Podes pedila ao Equipo...

Page 3: Berro 2012 VOLUME 2

●Pelo Gato 24.X. D az e outros, í2010Asoc. Gaiteiros Galegos

●13 l as.úAsoc. Gaiteiros Galegos, 2009

●O Quiquiriqu , í2007●Asoc. Gaiteiros Galegos

●Canci ns para Ant a.ó íFol do vento, AS-PG, 2009

●Operaci n can.óCEIP O H o, 2007 íPai m sicaú

2008, Primera persona●Patat n, patat n.í áMam Cabra, 2008á

Contos en cantos.Almudena Janeiro, 2008OQO, Libro + Karaoke

Meni os Cantores. ñProx. Ponte nas ondasCD + DVD Karaoke 2000

Os so os na gaiola. ñSuso VaamondeMovieplay. 1978

Podes encontrar información sobre todos estes discos (e vídeos) na páxina da

Coordinadora Galega de ENDL: http://coordinadoraendl.org/musicainfan

tl/index.php

Especialmente para a xente de Infantil, este karaoke con

canci ns populares óportuguesas, Hora do recreio2

Vicentinho e as Árvores da Paz, editado pola ATRAVÉS|EDITORA, é um livro-CD de teatro infantil

●Tam n os Galeokes, claro, os dous évolumes que sa ron ao mercado, ípara instalar no ordenador

Pídelle a música ao Equipo de

Normalización

Page 4: Berro 2012 VOLUME 2

COMERCIO XUSTO

No cole puidemos ver a exposición de PANXEA “O teu café, bo para todo o mundo“: 10 cartaces que explican a importancia do comercio do café no mundo e as

consecuencias no norte e no sur e a alternativa do comercio xusto.

O comercio xusto é unha alternativa ao que se foi impoñendo na nosa sociedade. Nel, ademais dos criterios económicos, téñense en conta os valores éticos que abarcan aspectos tanto sociais coma ecolóxicos, contribuíndo a que as poboacións máis empobrecidas do planeta teñan acceso a unha vida digna. O seu principio fundamental é garantir aos produtores e produtoras do sur unha compensación xusta polo seu traballo, e unhas condicións laborais dignas, así como respectuosas co medio ambiente. É o motor de desenvolvemento das comunidades dos países do sur. Está baseado no intercambio comercial equitativo e ético, e cumpre criterios como: salarios e condicións de traballo dignos, non á explotación infantil, igualdade entre homes e mulleres, respecto ao medio ambiente, produtos de calidade, etc. Se todos contribuísemos nisto, comprando en tendas de comercio xusto, estariamos axudando a evitar problemas serios de explotación, contaminación, etc, que aínda que non nos paremos a pensar niso, están a afectarnos, moito máis do que cada un de nos podería imaxinar. Xa que o feito de comprar un produto dunha marca deportiva como pode ser Nike, estamos apoiando directamente a corrupción das grandes multinacionais do mundo. A mensaxe que pretendo enviar con todo isto é que cada un dos nosos actos, incluso indirectamente, ten graves consecuencias; polo tanto, antes de actuar, pensa.

Tamén puidemos ler a BD de IagoAraújo Que é o Comercio Xusto? Xián e Sabela descobren que xanon hai tendas de toda a vida no seu barrio e pensan que relación pode ter estes peches coa apertura da nova área comercial.

Editado por A Cova da Terra, A Xoaninha, Árbore e PANXEA, co apoio da Unión Europea.

Recomendámosche que visites a páxina

panxea.orgPoderás atopar moitas informacións, materiais e ligazóns de interese

Non esquezas que é importante, á parte da acción individual, poder actuar colectivamente para defender esta alternativa de consumo. No Carballiño, podes informarte sobre A LANDRA

A Landra é un grupo de persoas do Carballiño que ten por obxectivo común o consumo responsable: produtos ecolóxicos, producidos canto máis cerca mellor e en condicións laborais dignas para os traballadores e traballadoras. Reúnense no café cultural 7Flores un mércores si e outro non ás 20,30 horas para organizar e recoller os pedidos de lácteos, horta, legumes, cereais, arroz, pastas,...

Na imaxe, unha alumna visitando a exposición de Comercio Xusto que estivo no centro.

A Landra está integrado na Rede galega de consumo consciente e responsable e organiza actividades de difusión (charlas, mesas redondas, talleres, ...). Tamén xestiona o Centro medioambiental e de interpretación do Parque Municipal do Carballiño, onde ten unha horta ecolóxica para os escolares da comarca, así como actividades varias: taller de xardinería (con intervencións en diferentes espazos do pobo), sendeirismo, excusións, talleres de compostaxe e reciclaxe...Podes contactar con eles no 7Flores ou no teléfono 666983182.

AMANDA 4º ESO

Page 5: Berro 2012 VOLUME 2

Este curso tivemos a oportunidade de aprender cousas sobre a figura de Castelao. Os alumnos de 4º de ESO explicáronnos unha exposición de carteis onde se reflectían aspectos da súa vida e obra. Nos debuxos dos álbums aparecía reflectida a vida do tempo da guerra (moi dura, por certo).

Na biblioteca vimos unha exposición feita coas súas obras. Alí puidemos apreciar os libros polo miúdo e observar detidamente os seus debuxos. Eliximos os que máis nos gustaban.

Na aula de 4º de ESO vimos un vídeo onde se comentaba algún texto das súas obras. Había unhas imaxes que impresionaban moito.

Concluímos que Castelao foi un home que loitou pola súa terra.Antonio e Alex. 5º Primaria

CASTELAO1886-1950

Castelao no seu Sempre en Galiza :

"Prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolIes crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben.

Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicasen o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda a riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados."

En xaneiro estivo en Maside unha exposición de Castelao elaborada polo Equipo de Normalización da EOI de Santiago e a asociación cultural O GALO.Nela puidemos ver todos os debuxos que Castelao incluíu nos Álbums da Guerra: Atila en Galicia, Galicia Mártir e Milicianos. O autor retrata neles o terror e barbarie da Guerra Civil española e da represión franquista.Á parte da análise dos debuxos, puidemos ver dúas curtametraxes baseadas en dous relatos de Castelao: O pai de Migueliño e Nunha rúa nun porto lonxano, os dous pertencentes ao fantástico libro Cousas.Vimos outros vídeos sobre el, escoitamos algunha música como Lela, contida na obra teatral de Castelao Os vellos non deben namorarse, visitamos unha exposición de libros de Castelao na biblioteca (narrativa, teatro, ensaio e álbums de debuxos) e tentamos facer unha versión dalgúns dos debuxos contidos no álbum Nós e en Cousas da vida.Xa sabedes que na biblioteca podedes pedir os libros de Castelao, escritor, pintor e político fundamental na historia da Galiza

Andrea e Katia, 4º ESO

Page 6: Berro 2012 VOLUME 2

O 20 de Decembro visitounos no colexio García Mc, que é a voz do grupo Dios ke te Crew (DKTC), para facer co alumnado de Secundaria dous obradoiros de HIP HOP

Ao principio estívonos explicando que o HIP HOP era unha cultura que estaba composta polo graffiti, o breakdance, o rap e o D'jing. No medio das súas intervencións vimos dous fragmentos de dúas películas e nunha delas vimos unha batalla de breakdance.

Explicounos que antes nas batallas de breakdance que se facían na rúa as bandas chegaban a matarse e que o graffiti, que antes se consideraba algo malo, agora é arte.

Case finalizando a charla improvisou un rap. E para rematar púxonos un son de fondo e en grupos tiñamos que facer a letra dun rap e logo cantala. E, por certo, algúns alumnos xa apuntaban maneiras.

HIP HOP CON GARCIA MC-

Aline a Andrea Conde quedaron con el para lle facer unhas preguntas para a revista:

Cando tiveches o teu primeiro contacto coa música? De pequeno, tocabas algún instrumento?

Tocaba, pero mal, cousas que tes por casa: a harmónica, percusión, pero nunca fun un gran instrumentista. Pero o que si sempre me chamou a atención foi a música en si. Comecei a escribir as miñas primeiras letras, a rapear, influenciado polo rap do momento e por 5 Talegos, que foi o 1º grupo de rap en galego. Eran de Ordes e nel estaba o meu irmán, que me leva cinco anos. Logo formamos Ghamberros e xa en 2003 Dios ke te Crew

Que diferenza hai entre o Hip Hop e o RAP?

Normalmente falamos de Hip Hop como movemento e falamos do Rap como a parte de expresión oral. RAP é un acrónimo que provén de Rythm and Poetry (Ritmo e Poesía).No colectivo DKTC, aínda que nesta última xira non, normalmente veñen breakers a bailar no escenario e xente a pintar graffii. Mesturamos todas as vertentes do Hip Hop e dámoslle importancia a que se visualice, non só o Rap, senón todas as expresións do Hip Hop.

Na Galiza hai moitos grupos de Rap?Hai moito Rap e Hip Hop na Galiza e en todas as partes do mundo. Chega moi ben a toda a xente, sobre todo onde hai lugares de exclusión social.O Hip Hop xa é unha das músicas do milenio e tamén está evolucionando moito.

Conséguese vivir da música?Con moita dificultade. Normalmente hai que combinalo con outras cousas. A miña aposta persoal é telo como oficio, pero quedan moitos muros mentais que derrubar. Temos que dignificar o oficio. Ás veces tendemos a pensar nos grandes artistas, pero logo estamos os outros, que tamén temos que pagar o recibo da luz.Pero aí estamos, combinándoo ou non con outra cousa, non imos deixar de facelo.

Coñeces algunha muller que rapea?Si, claro. Ademais é moi importante que estean representadas aí as mulleres porque o mundo do Hip Hop tamén foi tomado polo sistema capitalista. Desta forma os valores patriarcales, de “machirulos”, están presentes nalgúns rapeiros. Eu persoalmente non comparto para nada iso e entendo que ten que saír esa vea feminista, en rapazas e rapaces

Nuria Figueiredo, 4ºESO

Page 7: Berro 2012 VOLUME 2

Pensaches algunha vez usar outra lingua nas letras?Algunha vez, pero a lingua principal é o galego porque me sinto ben á hora de escribir. Tamén por unha actitude política me posiciono con esta lingua desta parte do mundo, constantemente maltratada. Parece que nos temos que xustificar en todo momento por cantar en galego. Sempre cho preguntan en todas as entrevistas: e por que rapeades en galego? “É que nós somos de aquí, falamos en galego e rapeamos en galego”.

En que formacións musicais estás?Formo parte de Dios ke Te Crew (DKTC) que acaba de sacar o seu 2º disco Humanose. Anteriormente estivera en Ghamberros, que pasou a integrarse en DKTC, xunto con boa parte de 5TalegosTamén pertenzo a outro proxecto musical que se chama Labregos do tempo dos Sputniks. O nome está tomado de Celso Emilio Ferreiro porque facemos varias musicacións del.Estamos nos Labregos do Tempo dos Sputniks o Leo, de Leo i Arremcághona, Silverio Outeiro, ex de Xenreira, e mais eu. Nos Labregos non facemos precisamente Rap. Nós chamámoslle Foliada Punk and Rap. Fusionamos varios estilos cunha actitude bastante punk, pero sen esquecernos de onde vimos e onde estamos.Á parte de DKTC e os Labregos, ás veces tamén fago algunha cousa en solitario, proxectos e colaboracións con outra xente.Sobre a música galega no mundo, coñécese?É un pouco complicado que a música actualmente chegue fóra. Hai moito traballo por facer aínda. Hai xente que o consegue e outros o conseguimos un pouco. Nós estamos niso. Estivemos tocando en Cuba, por exemplo, e tivo unha chegada moi potente, foi impresionante. Persoalmente teño rapeado en África, na Guinea Bissau, nun centro social de Copenague, en México... Iso demostra que non hai límites lingüísticos ou musicais. Só tes que ter algo que expresar

Sempre cho preguntan en todas as entrevistas: e por que rapeades en galego? “É que nós somos de aquí,

falamos en galego e rapeamos en galego”.Eu tamén me posiciono con esta lingua

tan maltratada por unha actitude política

Alguén pensará que o galego vos resta difusión Se alguén ten ese límite mental de non escoitar a miña música porque está en galego, eu case prefiro que non me escoite...que escoite outra cousa.Ademais o galego tamén pode abrir moitas portas se pensamos nos lugares onde se fala portugués: Brasil, Guiné Bissau... todo o mundo da Lusofonía.

Logo, nos sitios onde se fala castelán, creo que podes entender se pos un pouco o oído. Que o galego non é xaponés.Á parte diso, eu tamén escoito música en linguas que non coñezo e quédome co que me transmite. Sei se o que rapea está rapeando enfadado, por exemplo. “Os límites están na cabeza da xente. Para nós non hai límites”.Quedamos con esta frase de García Mc

Aline e Andrea, Maside, 20 de decembro de 2011

Humanose é o 2º traballo da formación ordense Dios Ke Te Crew despois do autoeditado Xénese en 2006 do que chegaron a vender máis de 7000 copias. O colectivo, un dos máximos expoñentes do rap en galego desde os seus inicios en 2003, segue a manter en Humanose a súa actitude contestataria e crítica nas rimas, politicamente incorrecta e chea de aceda retranca. Deixámosvos tamén o nome dunha rapeira galega, AID, pola conversa co García Mc

Page 8: Berro 2012 VOLUME 2

PoetízateUnha selección de poesía. Para todas as idades. Desde as máis novas ás menos.

Para os máis peques recomendamos os fermosos Versos en flor e Poemas con piruleta, de Carlos Fontes,con debuxos de Leandro Lamas.O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (con CD), Poemas do río, de Cristina Corral, con moitos recursos na rede e Poemas no faiado, unha antoloxía de poesía lusófona de Através/Editora.

Para os máis grandes que queiran iniciarse na poesía, o sempre bo Poetízate, de Fran Alonso.Tamén temos na biblioteca varios exemplares de Quince sonetos de amor e once poemas máis, antoloxía de Victor Campio feita por Alonso Montero, para dar a coñecer a obra do escritor garabanés aos escolares da zona.Por último, e xa para grandes, Amantes, de María Lado

Este curso veunos visitar Verónica Boquete para nos contar a súa experiencia no fútbol. Reunímonos na aula de música onde puidemos falar con ela e contounos a súa experiencia.

Xa de pequena na escola lle gustaba xogar e ela non deixou de perseguir o seu soño. Agora é unha futbolista internacional e foi escollida mellor xogadora do mundo no ano pasado.

Cando rematou a charla todas as persoas que quixeron xogamos un partido no que ela participaba.

Penso que foi algo xenial. Ao finalizar ese pequeno partido soou o timbre e marcharon á casa, excepto Nabila e mais e mais eu, que quedamos para lle facer unha pequeniña entrevista para a revista. Podedes vela colgada no blogue do equipo

Para min foi algo moi especial e axudoume a comprender as dificultades que poden ter as mulleres no fútbol, cousa na que antes non pensara moito.

NOEMI, 1º eso

XOGAMOS CON VERÓNICA BOQUETE

Page 9: Berro 2012 VOLUME 2

.Ata chegar onde estás, pasarías moitos momentos malos, cales foron os peores?Como os conseguiches superar? O peor de todos penso que foi o primeiro ano que comecei a xogar, tiña sobre seis anos e había unha norma, que non me deixaban xogar cos rapaces, o cal era complicado... ir a adestrar e non poder xogar... Sorte que sempre tiven o apoio dos meus pais, dos meus avós, amigos... e como o que gustaba era xogar, sempre saía adiante.

Cando eras pequena notabas que a educación entre nenos e nenas no teu cole era diferente?Cres que iso mudou o suficiente?.Non diferente, pero si que recordo que cando estaba no patio, e estaba xogando ao fútbol, se había que subir a clase, á primeira que chamaban era a min. Os rapaces parecía que podían xogar dous minutiños máis.

Gustaríache poder vivir no noso país do fútbol? Marchaches ao estranxeiro porque quixeches ou porque non che quedaba máis remedio?

Si. Moitas, moitas. Porque levo xogando toda a vida e comigo xogaron moitas rapazas que tiñan a mesma ilusión ca min e ao final perderon o apoio ou encontráronse con trabas e decidiron seguir por outros camiños. Eu tamén estou vivindo un pouco o soño de moitas e agradézoo bastante.

A saída é modesta mais o proxecto ambicioso. “Seguindo unha liña similar á marcada por Antonín (Proxecto Panenka), “So Foot” no país galo, “Un Caño” en Arxentina, “11 Feunde” en Alemaña. Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e adubar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto” comentan no seu inicio.

Como directores da revista Kubus , primeira de fútbol en galego, figuran Rubén González e Javi Paz, mais con eles na nómina aparece unha manchea de persoas que se ocupan das colaboracións. O proxecto é modesto mais os seus textos evidencian entusiasmo polo deporte e a enerxía da mocidade. Contra o que nos teñen afeito as revistas deportivas, en Kubus non atoparemos só información das competicións futbolísticas. Historia, crónica e retrato de personaxes nesta nova publlicación .

Un pouco porque non me quedaba máis remedio. Eu podía xogar aquí en Galicia, e dedicarme a esto semiprofesionalmente mentres estudiaba ou se o traballo mo permitía. Igual que marchei de Galicia buscando competir nun nivel máis alto, tamén marcho de España buscando o mesmo e tamén para poder dedicarme a facer o que eu quero dunha forma profesional.

Con respecto á lingua cres que é importante saber falar galego para andar polo mundo coma ti andas nestes momentos? A verdade é que eu penso que o galego é algo moi importante que temos, e debemos protexer, porque é unha cousa que dede sempre temos. Sempre que falo cos meus pais, sempre que me chaman da radio galega ou radios de aquí locais, eu sempre intento falalo porque senón tamén se perde e o que temos que intentar e que eso non ocorra.

Coñeces moitas mulleres que tiveron que abandonar este soño de non poder xogar ao fútbol?

Sabías que acaba de saír a primeira revista de fútbol en galego?

Noemí e Nabila entrevistan a Verónica Boquete

Page 10: Berro 2012 VOLUME 2

Infantil 3-4 anos

Infantil 4-5anos

1º Primaria

As nosas clases

Page 11: Berro 2012 VOLUME 2

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

Page 12: Berro 2012 VOLUME 2

5º Primaria

6º Primaria

1º ESO

Page 13: Berro 2012 VOLUME 2

2º ESO

3º ESO4º ESOB

4º ESOA

Page 14: Berro 2012 VOLUME 2

Os meus bisavósO meu bisavó Benito e a

bisavoa Rosa están en Venezuela. Traballaban servindo nunha casa de xente rica. A bisavoa Rosa agora vive coa miña avoa Lita e xa é moi vella.

EVA RIVERA RODRÍGUEZ, 1º Primaria

1º Premio Infantil e 1º cico de Primaria

1º Premio 2º e3º ciclo de Primaria

Demetria Cando miro esta foto (entre outras) sempre me lembro de Demetria, unha señora que vivía no meu pobo de Teimende e que lle gustaba moito o teatro. Cando chegaba o primeiro domingo do mes de maio, dentro da igrexa e despois da misa representábamos obras de teatro e poesías dedicadas á Virxe. Ese día aparecía dentro da igrexa (por certo, moi pequena) un escenario feito con mesas.Lembro, tamén, ir á súa casa non sei cantos días á semana para memorizar e ensaiar as obras e poesías.Que felices éramos ese día sentíndonos protagonistas e todo o mundo dándonos os parabéns.Agora, dende a distancia, doume conta do enorme agradecemento que lle debemos a esta persoa, que dun xeito altruísta dedicaba aos nenos e nenas do pobo. LOLI CASARES

Reunión familiarEsta foto fíxose no ano 1990 nunha reunión da miña familia de Maside no campo. Son os descendentes da miña tataravoa Concepción. Ela tivo nove fillos e din que cociñaba moi benANXO PÉREZ CRISPÍN, 3º Primaria

A miña avoaA persoa que aparece na fotografía é a miña avoa.

Terá aproximadamente 40 ou 50 anos. Está sentada diante da súa casa en Marrocos e chámase Mariem. É un costume poñerse panos ao saír da casa. Miña avoa casou aos once anos co meu avó que se chama Mohamed. Leva vivindo nesta casa desde que casou.

NABILA SAMIR OUAD 1º ESO

1º Premio Adultas

1º Premio ESO

Page 15: Berro 2012 VOLUME 2

As alumnas/os de Infantil da Escola de Dacón recibiron un premio especial pola calidade do seu traballo no concurso. Non só presentaron preciosas fotos, senón que as escanearon e pasaron os textos ao ordenador elas/es mesmas/os

Esta é unha selección das fotos de DacónPodes ver todas as fotografías e os textos íntegros en

blogoteca.com/mollatecoalingua

HUGO 3 ANOS

SANTIAGO 5 ANOS

BRAIS 5 ANOS

MANUEL 4 ANOS

ANTÍA 3 ANOSADRIÁN 4 ANOS

ADRIÁN 4 ANOS

SHEILA 4 ANOS

JOEL 4 ANOS

HUGO 3 ANOS

Page 16: Berro 2012 VOLUME 2

DATOS METEOROLÓXICOS 1º ESO

Segundo os datos rexistrados pola estación meteorolóxica do C.P.I. Terras de Maside, o 2011 foi un ano que podemos considerar como normal para o clima que pola súa situación xeográfica lle corresponde á zona .

Aínda que ao longo do ano se rexistraron 151 días de chuvia, en moitos deles as precipitacións foron case inapreciables, polo que a cantidade total recollida foi inferior non só á do ano pasado senón tamén á media que lle correspondería á zona. No gráfico podemos observar os datos correspondentes a días de chuvia (puntos) así como o total de precipitacións mensuais (barras). Xaneiro foi o mes máis chuvioso, e novembro e decembro os que tiveron máis días de chuvia. Xuño foi o mes máis seco e tamén no que se rexistraron menos días con precipitacións.

Con todo, debemos facer constar que as temperaturas foron máis altas do habitual, e as precipitacións estiveron un pouco por debaixo da media, como podemos comprobar na gráfica termopluviométrica correspondente.

A temperatura media anual foi de 13,9 º C., o que supón un incremento de 0,9º C. con respecto ao pasado ano. No gráfico que se achega podemos observar que esta diferenza foi debida á maior suavidade do inverno, xa que os meses de verán rexistraron unhas temperaturas máis baixas. Agosto foi o mes máis cálido e decembro o máis frío cunhas medias de 20,7ºC. e 7,2º C. respectivamente.

ANO 2010 ANO 2011

Temp. máxima 37,3º C, o 28 de xullo

36,8º C, o 26 de xuño

Temp. mínima -3,3ºC, o 3 e 9 de decembro

-1,9º C, o 22 de xaneiro

Temp. media anual 13º C. 13,9º C.

Oscilación térmica 15,8º C. 13,5º C.

Precip. anuais 1272,1 mm. 955,2 mm.

Precip. máximas diarias

102 mm o 3 de outubro.

74,2 mm, o 26 de outubro.

Días de chuvia 142 151

Vento (Refacho máximo)

64,4 Km/h o 24 e 27 de febro.

72,4 Km/h o 13 de novembro.

E.T.P. total anual 761,3 mm. 790,4 mm

Balance hídrico 510,11 mm. 164,8 mm.

Neste cadro pódense atopar outros datos de interese (oscilación térmica, balance hídrico, velocidade do vento…) e tamén podemos comparar os resultados dos dous anos que levamos facendo estes rexistros.