axenda 21 local de ames - concellodeames.gal · habitantes/km2, que a sitúa nun nivel moi superior...

36
Axenda 21 Local de Ames Demografía

Upload: vuongngoc

Post on 17-Dec-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Axenda 21 Local de Ames

Demografía

2

3

EQUIPA TÉCNICA.

Gonzalo Rodríguez Rodríguez

Xabier Vázquez Pumariño

José Luis Castro Baleato

Manuel González López

Maika Rodríguez Freire

R/ Rosa 22, 3º esq. 15.701. Santiago de Compostela. Telf: 981.55.33.23 Fax: 981.55.33.29

Edificio Feuga. R/ Lope Gómez de Marzóa s/n. 15705, Santiago.

Telf: 981.521.204 Fax: 981.521.175

www.devalarconsult.com

ÍNDICE

EQUIPA TÉCNICA.___________________________________________________ 3

1. CARACTERIZACIÓN DEMOGRÁFICA._____________________________ 5

1.1. INTRODUCCIÓN.___________________________________________________5

1.2. TRAZOS DEMOGRÁFICOS BÁSICOS. _______________________________6 1.2.1. Poboación tamaño e estrutura. ___________________________________________6 1.2.2. Dinámica demográfica (1991-2001)______________________________________ 10 1.2.3. Natalidade, mortalidade e crecemento vexetativo._________________________ 10 1.2.4. Cambios na estrutura demográfica. _____________________________________ 14 1.2.5. Envellecemento demográfico ___________________________________________ 15

1.3. DEMOGRAFÍA A NIVEL INFRAMUNICIPAL. _________________________18

1.4. MOVEMENTOS MIGRATORIOS ____________________________________29 1.4.1. Fluxos de entrada_____________________________________________________ 29 1.4.2. Fluxos de saída _______________________________________________________ 30 1.4.3. Saldos migratorios ____________________________________________________ 31 1.4.4. Poboación estranxeira _________________________________________________ 33

1.5. DEMOGRAFÍA. ESQUEMA DE SÍNTESE_____________________________36

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

5

1. CARACTERIZACIÓN DEMOGRÁFICA.

1.1. INTRODUCCIÓN.

Non cabe dúbida de que a caracterización demográfica dun concello constitúe un dos piares básicos que determina as principais variables socioeconómicas, pero sobre todo o factor que define a viabilidade e sostenibilidade do seu desenvolvemento futuro. En consecuencia, a análise da situación e evolución demográfica convértese nun requisito imprescindible para un coñecemento máis completo e profundo da realidade socioeconómica dun concello como o de Ames, que se inserta nun contexto demográfico, o de Galicia, ben coñecido polo seu avanzado grao de envellecemento así como por un proceso gradual de transvase da poboación rural ás cidades.

Con base no anterior, trataremos de afondar a continuación nos trazos básicos que definen a demografía de Ames no contexto actual así como a súa evolución máis recente. Neste sentido, analízanse aspectos tales como o seu tamaño, taxa de natalidade, mortalidade, estrutura por sexos e idades, así como, dende unha perspectiva dinámica, o seu crecemento vexetativo e as tendencias máis recentes que afectan á súa estrutura demográfica, con atención ó proceso de envellecemento que afecta en xeral a todos os concellos galegos, e en particular ós concellos máis rurais.

Así mesmo, co obxecto de afondar na caracterización demográfica do interior do concello, a análise anterior esténdese ó ámbito das catorce seccións que o compoñen. Trátase, en última instancia de comprobar a maior ou menor dispersión demográfica existente no interior do concello así como as disparidades que se observan nas diferentes variables demográficas dende unha perspectiva espacial.

Por último, deterémonos no estudio dos movementos migratorios, tanto de entrada como de saída, tratando de determinar as súas características máis destacables así como o seu impacto sobre a estrutura demográfica do concello.

Antes de comezar coa referida análise cómpre destacar que os dados que aquí se manexan proceden de fontes diversas que oportunamente se indican en cada caso. Non obstante debemos sinalar que como fontes principais empréganse os dados procedentes do Instituto Nacional de Estadística (INE) e do Instituto Galego de Estatística (IGE). Neste sentido cómpre destacar a posibilidade de afondar no nivel inframunicipal (seccións censais) que nos ofrecen os dados procedentes do Censo de Población y Vivienda 2001 do INE.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

6

1.2. TRAZOS DEMOGRÁFICOS BÁSICOS.

As características básicas que definen a demografía actual do concello de Ames semellan diferir substancialmente das pautas características do entorno rural galego, presentando certas particularidades que merecen unha análise singularizada. Poboación en crecente aumento, tanto por razóns vexetativas como migratorias, e baixo grao de envellecemento son dúas realidades que corroboran a afirmación anterior e que definen a súa situación actual, favorecendo ó mesmo tempo a súa sostenibilidade futura.

Vexamos, para unha imaxe máis completa e detallada, un por un estes e outros trazos básicos da demografía de Ames.

1.2.1. Poboación tamaño e estrutura.

O tamaño demográfico actual do concello de Ames é, segundo dados procedentes do Padrón de habitantes (INE) para o ano 2004, dun total de 20.840 habitantes, dos que aproximadamente o 51% son mulleres (10.709) e o 49% homes (10.131). Segundo os dados do Censo de Población y Vivienda (INE), esta poboación era no ano 2001 dun total de 18.782 persoas.

Este primeiro dado demográfico remítenos dende o punto de vista demográfico a un concello de tamaño medio-alto no marco da xeografía galega, tendo en conta que o tamaño medio dun concello galego roldaría os 8.733 habitantes (isto é o que resulta de dividir os 2,75 millóns de habitantes que tiña Galicia no ano 2004 entre os 315 concellos en que se estrutura o territorio da nosa Comunidade dende o punto de vista administrativo). Neste sentido, Ames conta cunha densidade de poboación de 260,5 habitantes/km2, que a sitúa nun nivel moi superior á media provincial (141 hab./km2) e aínda máis se a comparamos coa media galega (93 hab./km2).

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

7

Mapa 1. Concellos galegos segundo o tamaño poboacional. 2005.

Fonte: IGE, Padrón 2005.

Estes dados reflicten unha caracterización que dista de ser a típica dun concello do rural galego senón que se aproxima moito máis ás características propias dun concello de tipo urbano ou semi-urbano. Non obstante, pódese comprobar que o seu carácter urbano só se manifesta na existencia de dous núcleos poboacionais de certa envergadura: Milladoiro e Bertamiráns. Estes dous núcleos en crecente expansión dende os anos 90 absorben a meirande parte da poboación do concello, o que unido á súa proximidade coa cidade de Santiago de Compostela na que se cubican os centros de traballo da maior parte desta poboación, converte a este concello nunha área de forte crecemento demográfico e cunha importante función residencial.

Táboa 2.1.

Poboación, superficie e densidade, Concello de Ames (2004) Habitantes % Km2 % Hab/Km2 Concello de Ames 20.840 0,76% 80 0,3% 260,5 Provincia de A Coruña 1.121.344 40,8% 7.950 26,9% 141 Galicia 2.750.985 100,0% 29.574 100,0% 93

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do Padrón Municipal de Habitantes (INE)

Co obxecto de afondar na caracterización demográfica do concello de Ames analízase a continuación a súa pirámide de poboación. Este sinxelo pero ó mesmo tempo útil e interesante instrumento analítico permítenos coñecer a composición da poboación tanto por sexos como por grupos de idade, ofrecéndonos unha primeira imaxe do seu grao de envellecemento así como da posible descompensación entre os diferentes tramos que a integran.

Como se pode observar graficamente, a pirámide de poboación do concello de Ames (ano 2001) presenta a grandes trazos unha estrutura aínda pouco

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

8

avellentada que, si ben parecía estar camiñando cara á madurez co paulatino estreitamento dos estratos relativos ós efectivos de menor idade, nos últimos dez anos (1991-2001) semella estar invertendo esta tendencia cun crecente ensanchamento da base (efectivos de 0 a 9 anos). Detrás deste ensanchamento que se produce na base da pirámide atópase, como veremos máis adiante, a crecente natalidade que vén experimentando este concello dende principios da década dos noventa e que está asociado ó tipo de persoas que foron nutrindo paulatinamente a demografía do concello e que responden ó patrón de traballadores da área de Santiago maioritariamente en idade fértil e cun nivel socioeconómico medio. Como consecuencia deste patrón característico pódese afirmar que o perfil demográfico de Ames responde a un réxime maduro pero cunha tendencia firme a frear o seu envellecemento demográfico ata o punto de inverter dito proceso.

Gráfico 2.1.

Pirámide de poboación de Ames, 2001.

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Como trazos salientables cómpre destacar, entre outros, a reducida proporción de efectivos que se atopaban no ano 2001 no tramo comprendido entre 60 e 64 anos en comparación cos tramos de idade inmediatamente superiores ou inferiores. Este feito, que por outra banda semella común ó conxunto de Galicia, atópase seguramente relacionado co impacto demográfico da Guerra civil española e dos primeiros anos da posguerra (os efectivos nados durante ese período formarían parte no ano 2001 dese tramo de idade tan sensiblemente afectado). Tamén se pode observar a importante pegada deixada polo chamado “baby boom” dos anos 60 e primeiros 70 que se traduce nun ensanchamento da pirámide demográfica de Ames (ano 2001) nos tramos de idade comprendidos entre os 30 e 40 anos. Por outra banda, o

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

9

impacto da crise económica dos anos 70 déixase ver con certa claridade na sensible diminución dos efectivos que contaban no ano 2001 cunha idade comprendida entre os 25 e 29 anos, máxime se o comparamos co estrato inmediatamente superior.

Dende a perspectiva da distribución por sexos pódese observar, coincidindo co patrón de comportamento típico das pirámides de poboación, unha lixeira descompensación a favor dos efectivos femininos, especialmente nos tramos de idade máis avanzada (65 ou máis anos). Comportamento que, sen embargo, non se mantén para os restantes tramos de idade. Factores como a maior esperanza de vida das mulleres en comparación cos homes (diferenza que pode estar comezando a reducirse debido, entre outros, a cambios nos hábitos sociais) así como o propio impacto da emigración (tradicionalmente masculina) poden estar detrás desa descompensación tan acentuada que se observa nos tramos de idade máis avanzada.

Por outro lado, se comparamos as pirámides de poboación de Ames e Galicia, obsérvanse grandes diferenzas na súa forma. Da simple observación das dúas pirámides pódese deducir, por exemplo, un grao de envellecemento moito menos acusado no caso de Ames que no conxunto de Galicia, o que evidencia un patrón socioeconómico que dista sensiblemente do que caracteriza ó entorno rural galego; marcado, o de Ames, por taxas de natalidade moi superiores á media galega e por un notable fluxo de entrada de poboación en idade relativamente xoven na procura de vivenda a prezos máis tolerables.

Este feito é especialmente claro tanto se comparamos os tramos de idade máis baixos como os tramos de idade máis avanzada. Concretamente a poboación de menos de 15 anos representa no caso do concello de Ames o 18% mentres que en Galicia achégase ó 12%. Por outra banda, a poboación de 65 e máis anos adquire menor peso relativo en Ames, representando tan só o 11% da poboación total fronte ó 21% do conxunto de Galicia.

Gráfico 2.2.

Pirámides de poboación de Galicia e Ames, 2001.

Galicia

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-8990 ou máis

10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Ames

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13%

Mulleres Homes

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

10

1.2.2. Dinámica demográfica (1991-2001)

Da análise anterior despréndese unha caracterización que semella bastante próxima á dun concello tipicamente urbano, densamente poboado e cunha estrutura demográfica escasamente envellecida se a comparamos coa do conxunto do territorio galego. Non obstante cómpre explorar a continuación a súa evolución coa finalidade de capturar cales son as tendencias máis recentes e das que se pode proxectar a súa evolución futura.

Con base no anterior analízase a continuación as taxas actuais de natalidade e mortalidade así como a resultante en termos de crecemento vexetativo. Tamén, pola súa relación coa dinámica demográfica, analízanse algúns indicadores tales como a taxa bruta de nupcialidade, idade media de maternidade, número medio de fillos por muller ou mesmo a idade media ó primeiro matrimonio. Todos estes indicadores preséntanse xunto coa respectiva media galega e provincial a fin de obter unha imaxe comparada.

Asemade, co obxectivo de capturar os cambios experimentados na estrutura demográfica, abórdase a pirámide de poboación en perspectiva comparada cos dados correspondentes ó censo de 1991. Esta análise temporal permitirá observar graficamente os cambios experimentados na estrutura demográfica de Ames durante os últimos anos, así como a evolución do proceso de envellecemento demográfico que afecta en xeral a toda Galicia.

1.2.3. Natalidade, mortalidade e crecemento vexetativo.

A dinámica demográfica que experimenta a poboación que habita un territorio depende fundamentalmente das taxas de natalidade e mortalidade que a caracterizan en cada momento e que van definindo a súa evolución presente e futura. Nun réxime demográfico moderno como é o que caracteriza tanto á sociedade galega como á española, estas taxas tenden a acadar un nivel bastante reducido (especialmente a natalidade) que deriva nunha taxa de crecemento vexetativo tamén relativamente baixo. A poboación amiense non permanece allea, neste sentido, a esta realidade que se acaba de describir, si ben cómpre sinalar algúns matices que a diferencian sensiblemente do patrón de comportamento medio galego.

En primeiro lugar, no que se refire á natalidade cómpre destacar a posición excepcional que ocupa o concello de Ames ao comparalo coa media provincial e galega. Concretamente no ano 2004, este concello presentaba unha taxa bruta de natalidade (número de nacementos por cada 1000 habitantes) de 14,5‰, que practicamente duplica á media galega (7,5‰) e provincial (7,6‰). Incluso esta diferenza é aínda maior se consideramos o conxunto do período 1998-2004, sendo a taxa media de natalidade de Ames de 14,6‰ e a da provincia de A Coruña e Galicia de 7,2 e 7,1

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

11

respectivamente. Ademais, cómpre destacar a permanencia deste diferencial no tempo o que demostra a estabilidade e solidez do proceso de reprodución dos efectivos amienses.

Por outra banda, outros indicadores relacionados coa natalidade, tales como o número medio de fillos por muller (1,3 fillos, 4 décimas máis que a media provincial e 3 que a galega) ou mesmo a elevada taxa bruta de nupcialidade (7,3‰, 3 puntos máis que a media provincial e galega), revelan no caso de Ames unha caracterización moito máis favorable á natalidade que a media galega ou provincial.

Táboa 2.2.

Indicadores demográficos relacionados coa natalidade, Ames (2004) Indicadores Ames Provincia de

A Coruña Galicia

Nº de nacementos 302 8.512 20.534

Taxa bruta de natalidade (‰) 14,5 7,6 7,5

Nº medio de fillos por muller1 1,3 0,9 1

Taxa bruta de nupcialidade (‰)1 7,3 4,3 4,1

Idade media á maternidade1 31,4 31,1 30,9

Idade media 1º matrimonio (Home) 1 31,7 30,6 30,6

Idade media 1º matrimonio (Muller) 1 29 28,6 28,5

1 Dados correspondentes ao ano 2003

Taxa bruta de natalidade: nº de nacementos por cada 1000 habitantes; Taxa bruta de nupcialidade: nº de matrimonios por cada 1000 habitantes; Idade media á maternidade: media aritmética das idades ás que as mulleres teñen fillos, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade; Idade media ó 1º matrimonio: media aritmética das idades ás que os solteiros contraen matrimonio ponderada polas taxas específicas de nupcialidade dos solteiros

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do Padrón Municipal de Habitantes (INE)

Do anterior pódese deducir que o concello de Ames presenta un marco máis propicio para o reemprazo dos seus efectivos, o que leva a unha dinámica demográfica progresiva, o contrario do que acontece no contexto xeral galego que é certamente regresiva. Se a isto lle engadimos a solidez e estabilidade da tendencia observada no mantemento de elevadas taxas de natalidade durante o período 1998-2004, contrariamente ó que aconteceu no caso galego ou mesmo provincial, a valoración anterior tórnase se cabe aínda máis optimista.

No que se refire á outra variable que define a dinámica demográfica, a mortalidade, os dados volven a poñer ó concello de Ames en mellor posición que a media provincial e galega. Concretamente no ano 2004, o concello de Ames presentaba unha taxa bruta de mortalidade (número de defuncións por cada 1000 habitantes) de 5,7‰ fronte ó 10‰ e 10,3‰ que corresponde á media provincial e galega respectivamente. Se consideramos o conxunto do período 1998-2004, a brecha entre a taxa de mortalidade de Ames e Galicia

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

12

mantense a unha distancia de algo máis de 4 puntos (6,4‰ de Ames fronte ó 10,5‰ de Galicia).

Esta menor taxa de mortalidade en Ames explícase en grande parte polo reducido nivel de envellecemento demográfico que caracteriza á poboación amiense en termos comparativos co contexto galego e provincial, o que reduce de xeito significativo a probabilidade de morrer dos seus efectivos en comparación coa media galega e provincial.

Táboa 2.3.

Indicadores demográficos relacionados coa mortalidade, Ames (2004)

Indicadores Ames Provincia de A Coruña

Galicia

Nº de defuncións 118 11.208 28.216

Taxa bruta de mortalidade (‰) 5,7 10,0 10,3

Idade media

Homes Mulleres

36,4

35,3 37,5

43,2

41,5 44,8

43,6

41,9 45,2

Índice de envellecemento 46,4 122,7 128,3

Índice de sobreenvellecemento 12,1 11,6 12,4

Taxa bruta de mortalidade: nº de defuncións por cada 1000 habitantes; Idade media: media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación; Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos; Índice de sobreenvellecemento: relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación menor de 64 anos

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do Padrón Municipal de Habitantes (INE)

Pódese afirmar polo tanto que o concello de Ames experimenta unha mortalidade sensiblemente inferior á media provincial e galega, o que deriva nunha dinámica demográfica moito menos regresiva. A isto hai que engadirlle a tendencia observada no período 1998-2004 relativa ó descenso da taxa bruta de mortalidade en Ames; moi distinto do que acontecía nese mesmo período tanto no caso Galego como no provincial onde a tendencia apuntaba a un estancamento da taxa de mortalidade nun nivel superior.

En síntese, se conxugamos ámbalas dúas pautas demográficas, natalidade e mortalidade, non é difícil de imaxinar a resultante en termos de crecemento vexetativo. En concreto, o concello de Ames está a experimentar un crecemento natural da poboación sensiblemente maior, en termos relativos, á media galega e provincial, o que evidencia un comportamento moito máis positivo que nestes últimos dous casos, algo que difire substancialmente do que ocorre na meirande parte da xeografía (sobre todo do medio rural) galega.

En concreto, no período 1998-2004, o crecemento vexetativo que experimentou a poboación amiense foi de 1.015 habitantes máis, que resulta de restar ós 1.804 nacementos os 789 falecementos que tiveron lugar nese

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

13

mesmo período. Se consideramos estes dados en termos relativos, isto é tendo en conta o tamaño medio da poboación, obtense unha taxa de crecemento natural medio anual do 0,83%, que non ten nada que ver cos valores medios de (de)crecemento provincial e galego (-0,28% e -0,34% anual respectivamente). Estes dados corroboran a evolución positiva ou progresiva que está a experimentar o concello de Ames dende o punto de vista demográfico.

Táboa 2.4.

Crecemento natural da poboación de Ames, 1998-2004

Indicadores Ames Provincia de A Coruña

Galicia

Nº total de nacementos 1.804 55.701 136.247

Nº total de defuncións 789 77.664 200.554

Saldo vexetativo 1.015 -21.963 -64.307

Taxa de crecemento natural medio anual (%) 0,83 -0,28 -0,34

Taxa de crecemento natural medio anual: cociente entre o saldo vexetativo (nacementos-defuncións) anual medio dun período e a poboación media do período (media aritmética da poboación ó inicio e ó final do período)

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do INE (Padrón Municipal de habitantes)

Por último, adoptando unha perspectiva temporal algo máis longa (1975-2004), podemos identificar con claridade ós primeiros anos noventa como o inicio desta evolución tan positiva que se manifesta nun aumento continuado do número de nacementos e nunha mellora paulatina do saldo vexetativo deste concello.

Gráfico 2.3.

Número de nacementos, defuncións e saldo vexetativo, Ames (1975-2004)

-50

0

50

100

150

200

250

300

350

1975

1976

1977

1978

1979

1980

1981

1982

1983

1984

1985

1986

1987

1988

1989

1990

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

Nacementos Defuncións Saldo vexetativo

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do INE (Padrón Municipal de habitantes)

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

14

1.2.4. Cambios na estrutura demográfica.

Da análise anterior, referida á natalidade, mortalidade e crecemento natural da poboación de Ames, despréndese unha primeira nota sobre a dinámica demográfica seguida por este concello nos últimos anos. Esta nota fai referencia ó feito de que a súa composición demográfica está a variar sensiblemente, sobre todo no que se refire ó peso relativo dos distintos estratos de idade.

Co obxecto de valorar como teñen afectado estes cambios á composición demográfica do concello, preséntanse a modo comparativo as pirámides de poboación do concello referidas ós anos 1991 e 2001.

Gráfico 2.4.

Pirámide de poboación de Ames, análise comparada 1991-2001

1991

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

2001

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13%

Mulleres Homes

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Non é preciso máis que unha simple observación comparada das dúas pirámides de poboación para darnos conta da profundidade dos cambios de que estamos a falar. É máis, se non o tivésemos advertido, incluso daría a impresión de que estamos a comparar as pirámides de poboación de dous concellos totalmente diferentes. Non obstante, nada máis lonxe da realidade, trátase de dúas “fotografías” da demografía dun mesmo concello, si ben en dous momentos distintos do tempo separados por tan só dez anos.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

15

Nunha análise global obsérvanse dúas tendencias claras e simultáneas. Por un lado, un paulatino retardo do proceso de envellecemento demográfico no que moito ten que ver a incorporación (inmigración) de efectivos de entre 25 e 45 anos ó longo da pasada década. Por outro lado, unha intensa renovación ampliada dos efectivos na base da pirámide propiciada pola expansión da natalidade. Ámbalas dúas tendencias tradúcense no ensanchamento dos tramos correspondentes a estes efectivos (25-45 anos e 0-4 anos); isto é: do centro e da base da pirámide. Pola contra, obsérvase en xeral unha diminución no peso relativo dos demais tramos de idade.

En definitiva, resúmese a dinámica observada no progresivo ensanchamento dos tramos medios así como da base da pirámide, que foron nutríndose tanto das xeracións procedentes do “baby boom” (nados na década dos 60 e primeiros 70), a medida que se foron incorporando ó mercado laboral e procurando vivenda a prezos máis tolerables que os da urbe compostelá, como das cada vez maiores taxas de natalidade que caracterizan a este concello.

Por tanto, pódese afirmar que a análise comparada das pirámides de poboación correspondentes ós anos 1991 e 2001 confirma a intensa renovación do réxime demográfico moderno que viña caracterizando ó concello de Ames, movéndose cara ós parámetros dos concellos tipicamente urbanos, residenciais ou suburbiais. De continuar esta dinámica demográfica é previsible a consolidación da tendencia progresiva en termos de crecemento natural da poboación así como o retardo na intensificación do fenómeno do envellecemento demográfico .

1.2.5. Envellecemento demográfico

O sinalado nos apartados anteriores permítenos atisbar unha escasa incidencia do fenómeno do envellecemento demográfico en Ames, máxime se temos en conta o que acontece no contexto galego. Certamente, a evolución demográfica seguida pola poboación amiense durante os últimos anos debería ter como consecuencia lóxica unha atenuación do fenómeno do envellecemento. Altas taxas de natalidade, xunto coa paulatina corrente migratoria de entrada (sobre a que falaremos despois) dunha poboación laboral en idade fértil na procura de vivenda relativamente próxima á urbe compostelá, son factores que levan progresivamente a unha estrutura demográfica que se resiste a envellecer.

Debemos advertir aquí que, en calquera caso, non é a nosa intención realizar unha valoración exclusivamente negativa do fenómeno do envellecemento. Na nosa opinión o fenómeno do envellecemento non deixa de ser o reflexo dun proceso de desenvolvemento das sociedades modernas que conseguiron notables melloras na esperanza de vida das persoas e un nivel de benestar socioeconómico notablemente superior a épocas anteriores. Por iso é preciso tratar o envellecemento máis como un fenómeno relativamente recente que afecta á sociedade moderna actual, con repercusións e desafíos a nivel

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

16

socioeconómico aínda difíciles de identificar e cuantificar, que como un simple problema a resolver.

Existen múltiples e variadas formas de analizar dende un punto de vista cuantitativo o grao de envellecemento dunha poboación, polo que aquí presentaremos só algunhas de elas. En calquera caso, cómpre destacar que a meirande parte dos indicadores que aquí se utilizan sitúan ó concello de Ames nunha posición bastante vantaxosa, no sentido de menos envellecida, que a media provincial e sobre todo que a media galega.

Un primeiro indicador sumamente simple que se pode empregar é a idade media da poboación, que resulta do simple cálculo da media aritmética das idades dos individuos que compoñen a poboación. Neste caso, o concello de Ames presentaba no ano 2004 unha idade media dos seus efectivos de 36,4 anos (35,3 os homes e 37,5 as mulleres), mentres que a idade media da provincia da Coruña era de 43,2 anos (41,5 os homes e 44,8 as mulleres) e a media galega de 43,6 anos (41,9 os homes e 45,2 as mulleres). En resumo: un habitante de Ames é de media 7 anos máis novo que un habitante de Galicia ou da provincia de A Coruña.

Por outro lado, se observamos a composición por grandes grupos de idade tamén podemos constatar o maior grao de envellecemento demográfico de Ames no contexto provincial e galego. Concretamente no caso de Ames (ano 2001) o grupo de idade máis avanzada (máis de 64 anos) representa en Ames tan só o 10,7% da poboación total; ou dito doutra forma: só un de cada dez habitantes deste concello ten máis de 64 anos. Esta porcentaxe é sensiblemente inferior (practicamente a metade) á que representa este colectivo a nivel provincial (20,2%) e galego (21,3%). O contrario ocorre co grupo de menor idade (menos de 16 anos), que en Ames representa o 18,8% do total fronte ó 12,2% e 12,4% da provincia da Coruña e Galicia respectivamente.

Os dados anteriores son suficientemente indicativos do baixo grao de envellecemento que afecta á poboación de Ames no contexto tanto provincial como galego. Sen embargo pode resultar útil e interesante complementar estes dados con outros indicadores máis específicos de envellecemento.

Un destes indicadores é o denominado índice de envellecemento, que se calcula a partir do cociente entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos. Este indicador ofrécenos polo tanto información sobre o peso relativo da poboación máis vella sobre a poboación máis nova, de tal xeito que pode acadar valores a partir do 0 (valor bastante improbable nunha sociedade como a de Ames xa que implicaría a inexistencia de poboación con máis de 64 anos). O valor 100 implicaría, por exemplo, unha proporción idéntica entre ambos grupos de poboación; o valor 150 implicaría que a poboación máis vella supera nun 50% á poboación máis nova, e así sucesivamente. Pois ben, no ano 2004, o concello de Ames presenta un índice de envellecemento de 46,4 o que quere dicir que por cada 100 habitantes con menos de 20 anos hai tan só 46 habitantes maiores de 64 anos. Este dado non tería porque parecer sorprendente se non fose porque é entre 76 e 82 puntos inferior que os valores medios da provincia da Coruña (122,7) e de Galicia (128,3), respectivamente.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

17

Outro indicador adicional é o chamado índice de sobreenvellecemento, que se calcula a partir do cociente entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos. A información que nos ofrece este indicador é diferente da anterior na medida en que o que se relaciona é o grupo acentuadamente máis vello (máis de 84 anos) co conxunto da poboación vella, sen ter en conta polo tanto ó resto da poboación. Dito doutro xeito, trátase de ver se a poboación vella (máis de 64 anos) esta máis ou menos sobreenvellecida (máis de 84 anos). Este dado é especialmente importante na medida en que é esta poboación sobreenvellecida a que presenta unha maior probabilidade de morrer así como de presentar problemáticas sociais e sanitarias máis complicadas. De igual xeito que o anterior indicador, pode acadar valores a partir de O (valor bastante improbable nunha sociedade xa que implicaría a inexistencia de poboación con máis de 84 anos), pero sen embargo ten loxicamente como límite superior o valor 100, que estaría a indicar que toda a poboación vella (maior de 64 anos) está sobreenvellecida ou o que é o mesmo: ten máis de 84 anos. Acadar, en consecuencia, un valor 100 neste indicador sería un caso extremo de sobreenvellecemento, resultando polo tanto o máis probable que os valores se sitúen moi por debaixo deste nivel (a media galega sitúase, sen ir máis lonxe, no valor 11,9). Concretamente no ano 2004, Ames presenta un índice de sobreenvellecemento de 12,1, o que significa que a poboación maior de 84 anos tan só representa un 12,1% da poboación vella (máis de 64 anos). A efectos comparativos coa media galega e provincial non resulta un panorama preocupante, tendo en conta que o índice de sobreenvellecemento daquelas son moi semellantes. Do anterior despréndese que a poboación de Ames non está especialmente sobreeenvellecida no contexto da sociedade galega e da provincia da Coruña.

Por último, tendo en conta as implicacións socioeconómicas que se derivan do fenómeno do envellecemento na medida en que a poboación envellecida tende a formar parte da poboación inactiva e polo tanto dependente da poboación activa, pode resultar interesante calcular a taxa de dependencia deste grupo poboacional. Neste sentido, a taxa de dependencia senil, que relaciona a poboación vella (maior de 64 anos) coa poboación potencialmente activa (20-64 anos), acadou no ano 2004 un valor de 16,1 no caso de Ames, que resulta sensiblemente inferior ós valores medios de Galicia (34,3) e da provincia da Coruña (31,8). Este feito pon de manifesto o escaso carácter dependente da poboación amiense en comparación coa poboación coruñesa e galega en xeral.

Táboa 2.5.

Indicadores de envellecemento, análise comparada (2004)

Indicadores Ames Provincia de A Coruña

Galicia

Idade media (anos) 36,4 43,2 43,6

Poboación maior de 64 anos sobre o total (%) 10,7 20,2 21,3

Índice de envellecemento 46,4 122,7 128,3

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

18

Índice de sobreenvellecemento 12,1 11,6 12,4

Taxa de dependencia senil 16,1 31,8 34,3

Idade media: media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación; Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos; Índice de sobreenvellecemento: relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos; Índice de dependencia senil: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación potencialmente activa (20-64 anos)

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do Padrón Municipal de Habitantes (INE)

Comprobamos anteriormente, dende unha perspectiva temporal, a existencia de cambios substanciais na pirámide de poboación de Ames entre os anos 1991 e 2001 que nos levaban a concluír o retardo no proceso de envellecemento da súa estrutura demográfica. Co obxecto de corroborar esta primeira impresión gráfica calculamos cos dados dos Censos de 1991 e de 2001 os anteriores indicadores de envellecemento a fin de capturar con maior nitidez cal foi a tendencia seguida por este proceso durante os últimos anos. Como resultado deste cálculo comparativo, obtense unha imaxe demográfica de Ames no ano 2001 bastante menos envellecida que no ano 1991, tanto no que se refire ó índice de envellecemento como ó de dependencia senil.

Táboa 2.6.

Indicadores de envellecemento, Ames (1991-2001)

Indicadores 1991 2001

Poboación maior de 64 anos sobre o total (%) 14,8 11,0

Índice de envellecemento 52,0 46,2

Índice de sobreenvellecemento 10,3 10,6

Taxa de dependencia senil 26,1 17,0

Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos; Índice de sobreenvellecemento: relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos; Índice de dependencia senil: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación potencialmente activa (20-64 anos)

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do Censos de Población de 1991 e de 2001 (INE)

1.3. DEMOGRAFÍA A NIVEL INFRAMUNICIPAL.

Avanzando un pouco máis na análise demográfica do concello de Ames, detémonos a continuación na análise dalgúns aspectos relacionados coa súa

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

19

caracterización interior a nivel das seccións, parroquias e principais núcleos de poboación que o integran. Este labor é posible grazas, entre outros, á desagregación inframunicipal que nos ofrece a explotación dos dados do Censo de poboación e vivenda 2001 (INE).

No que se refire á distribución espacial da poboación que reside no concello de Ames cómpre destacar o feito de que esta atópase moi concentrada nas seccións que conforman os dous núcleos urbanos do concello: Milladoiro e Bertamiráns. Tamén é certo que, si ben a diferente extensión das seccións en que se divide o mapa do concello non permite apreciar con total nitidez o reparto demográfico, si se pode apreciar a existencia de zonas notablemente menos poboadas, como as correspondentes ás parroquias de Piñeiro e Tapia no norte, a de Covas no centro ou a parte sul da parroquia de Ortoño.

Mapa 2.1.

Distribución da poboación por seccións, Ames (2001)

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

En calquera caso debemos sinalar que non existe unha correspondencia entre a extensión (superficie en km2) e o tamaño demográfico (número de habitantes) das seccións que conforman este concello, polo que pode resultar máis ilustrativo referirse á relación que existe entre estas dúas variables; isto é, a través do cálculo das súas respectivas densidades de poboación (nº de habitantes por km2). Este indicador relativo permítenos obter unha imaxe máis nítida da concentración xeográfica da poboación amiense.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

20

Neste sentido, das 11 parroquias en que se divide o concello de Ames, tan só as de Biduido (seccións 3004/5/6/8/9) e Ortoño (seccións 3002/3/7/10), que engloban respectivamente aos dous principais núcleos urbanos (O Milladoiro e Bertamiráns), absorben algo máis do 70% da poboación amiense namentres que tan só representan o 18% da superficie total do concello. Con esta relación, Biduido e Ortoño constitúense como as dúas parroquias máis densamente poboadas, con 1.608 e 682 habitantes por quilómetro cadrado respectivamente na actualidade (ano 2004), e con tendencia a aumentar progresivamente dada a tendencia expansiva dos últimos anos.

Táboa 2.7. Datos básicos das parroquias, Ames (2004)

Parroquia Poboación

(persoas)

Superficie

(Km2)

Densidade

(hab/Km2)

Núcleos

(nº)

Agrón (San Lourenzo) 506 7,2 69,9 15

Ameixenda (Santa María) 377 11,1 34,0 8

Ames (San Tomé) 1.447 16,4 88,1 18

Biduído (Santa María) 9.330 5,8 1.608,6 16

Bugallido (San Pedro) 1.387 8,0 172,5 11

Covas (Santo Estevo) 664 5,9 113,3 9

Lens (San Paio) 96 1,6 58,5 2

Ortoño (San Xoán) 6.161 9,0 682,3 19

Piñeiro (San Mamede) 278 6,1 45,3 6

Tapia (San Cristovo) 142 2,9 49,0 3

Trasmonte (Santa María) 452 5,8 77,9 9

TOTAL 20.840 80,0 260,6 116

Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE, 2005)

Mapa 2.2. Densidade de poboación por parroquias, Ames (2004)

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

21

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do INE (2005)

Respecto dos principais núcleos de poboación, son dous nos que se concentra a maior parte da poboación do concello: Milladoiro (O) e Bertamiráns, pertencentes ás parroquias de Biduido e Ortoño respectivamente. De acordo co peso demográfico é Milladoiro o núcleo máis importante, cun total de 6.797 habitantes no ano 2001 (Censo de poboación do INE), o que significa algo máis do 36% da poboación do concello. Bertamiráns síguelle a bastante distancia, converténdose no segundo núcleo de poboación en importancia demográfica, cun total de 3.192 habitantes, o que representa o 17% da poboación amiense. En terceiro lugar, cun peso demográfico sensiblemente inferior atópase a poboación de Aldea Nova, tamén da parroquia de Ortoño, con 755 habitantes e unha importancia porcentual do 4%.

Quitando os tres núcleos de poboación anteriores (Milladoiro, Bertamiráns e Aldea Nova), que absorben algo máis do 57% da poboación do concello, xunto con As Mimosas (1,4%) e Eirapedriña (1,1%), o resto da poboación amiense (40,3%) reside ou ben de xeito diseminado ou ben en núcleos de moita menor entidade, con pesos demográficos iguais ou inferiores ao 1%.

Táboa 2.8.

Principais núcleos de poboación, Ames (2001)

Núcleos de poboación Persoas %

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

22

Milladoiro (O) 6.797 36,2

Bertamiráns 3.192 17,0

Aldea Nova 755 4,0

Mimosas (As) 257 1,4

Eirapedriña 209 1,1

Resto (pequenos núcleos ou diseminado) 7.572 40,3

Total Concello 18.782 100,0

Fonte: Censos de Población de 1991 e de 2001 (INE)

Por outro lado, se diferenciamos por grandes grupos de idade, queda patente a rexuvenecida estrutura demográfica dos principais núcleos de poboación en comparación co resto do concello. Así temos que, se nos referimos ás persoas con menos de 16 anos, o peso demográfico de Milladoiro, Bertamiráns e Aldea Nova pasa a ser do 40,9%, 21,4% e 6,3% respectivamente (conxuntamente: 68,6%). Pola contra, se o que consideramos é a poboación maior de 64 anos, o peso demográfico destes mesmos núcleos redúcese ao 13,7%, 9,7% e 0,4% respectivamente (conxuntamente: 23,8%).

No referente á estrutura demográfica das seccións que integran o concello de Ames, cómpre destacar o contraste que se observa entre as pirámides de poboación das seccións que conforman basicamente os núcleos urbanos de O Milladoiro (seccións 3005/6/8/9), Bertamiráns (3002) e norte e sul da parroquia de Ortoño (seccións 3007/10), fronte ás pirámides demográficas das restantes seccións. A diferenza fundamental radica en que as primeiras reflicten unha estrutura moito menos envellecida que as últimas. Este feito tradúcese graficamente nunha imaxe piramidal de tipo tradicional (base e centro da pirámide máis ancha que a cúspide), fronte a unha imaxe piramidal case invertida (cúspide máis ancha que a base da pirámide) nas restante seccións.

Neste sentido, é certamente rechamante a elevada importancia relativa que ten o grupo de maior idade (máis de 64 anos) no norte, centro e sudoeste do concello, concretamente nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Lens, Covas, Ames, Tapia, Piñeiro, A Ameixenda e parte da de Ortoño (seccións 1001/3, 2001/2 e 3003), cun peso que varía entre o 18 e o 30 por cento da poboación total, mentres que no caso dos núcleos urbanos (seccións 3002/5/6/7/8/9) o peso deste colectivo non chega ó 8% e acada nalgúns casos valores por debaixo do 4%. Pola contra, o peso da poboación máis nova (menos de 20 anos) é notablemente superior nestas últimas seccións (zonas urbanas ou residenciais do concello), representando en moitos casos máis do 25% da

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

23

poboación total, mentres que dificilmente supera o 20% nas restantes seccións (zonas rurais).

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

24

Gráfico 2.5.

Pirámides de poboación a nivel de seccións, Concello de Ames 2001.

Sección 1001

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Sección 1003

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13%

Mulleres Homes

Sección 2001

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13%

Mulleres Homes

Sección 2002

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Sección 3001

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Sección 3002

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-18% -15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15% 18%

Mulleres Homes

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

25

Sección 3003

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Sección 3004

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10%

Mulleres Homes

Sección 3005

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-23%-20%-18%-15%-13%-10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15% 18% 20% 23%

Mulleres Homes

Sección 3006

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-20% -18% -15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15% 18% 20%

Mulleres Homes

Sección 3007

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-18% -15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15% 18%

Mulleres Homes

Sección 3008

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-20% -18% -15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15% 18%

Mulleres Homes

Sección 3009 Sección 3010

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

26

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-18% -15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15%

Mulleres Homes

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-8485-89

90 ou máis

-15% -13% -10% -8% -5% -3% 0% 3% 5% 8% 10% 13% 15%

Mulleres Homes

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Finalmente, co obxecto de corroborar estas notables disparidades na composición demográfica das seccións do concello de Ames, preséntanse a continuación os mapas de envellecemento, sobreenvellecemento e dependencia senil.

Estes tres instrumentos analíticos que aparecen representados nos respectivos mapas confirman a preocupante evolución demográfica das seccións do entorno rural, especialmente as seccións do noroeste do concello (seccións 1001 e 1003) que se corresponden coas parroquias de Agrón, Trasmonte, Lens, zona norte de Ames, Tapia e Piñeiro, así como da parte non urbanizada da parroquia de Ortoño (sección 3003) que aparecen cos maiores índices de envellecemento (relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos), con valores do índice entre 112,9 e 217,6. As anteriores aparecen seguidas, tamén cun notable grao de envellecemento, polas parroquias de A Ameixenda, centro-sul de Ames, Covas, Bugallido e oeste de Biduido (seccións 2001, 2002, 3001 e 3004), con valores do índice entre 60,5 e 96,5.

No outro extremo, con índices de envellecemento notablemente inferiores, aparecen as seccións que conforman os núcleos urbanos ou residenciais do concello (seccións 3002, 3005/6/8/9/10), que acadan valores que oscilan entre o máis baixo de 3,4 (Aldea Nova) e o máis alto de 30,6 (Bertamiráns). Estes dados confirman a valoración realizada ó observar as respectivas pirámides de poboación e que apuntan a existencia de dúas dinámicas diferentes: a das áreas urbanas ou residenciais do concello, cunha estrutura moi pouco envellecida, e a do medio rural, cun acusado grao de envellecemento.

No que se refire aos índices de sobreenvellecemento (grao de sobreenvellecemento da poboación vella: relación entre os efectivos maiores de 84 anos e os maiores de 64 anos) resulta un mapa algo diferente, aparecendo con maiores índices de sobreenvellecemento a parroquia de Covas (sección 2001), norte de Ames, Tapia e Piñeiro (sección 1003) e Aldea

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

27

Nova (sección 3010), con valores do índice entre 15,6 e 22,2. No outro extremo, isto é: con menor grao de sobreenvellecemento, sitúanse as seccións correspondentes ao núcleo urbano de Milladoiro (seccións 3005/6/8/9 do sul-leste do concello) que acadan valores entre 2,5 e 6,6.

Por último, o mapa de dependencia senil ofrece unha imaxe bastante semellante á do mapa de envellecemento, reflectindo unha maior taxa de dependencia senil nas seccións máis rurais fronte á menor taxa de dependencia que presentan as seccións de carácter urbano-residencial do concello.

Mapa 2.3.

Índice de envellecemento por seccións, Ames (2001)

Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

28

Mapa 2.4.

Índice de sobreenvellecemento por seccións, Ames (2001)

Índice de sobreenvellecemento: relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Mapa 2.5.

Índice de dependencia senil por seccións, Ames (2001)

Índice de dependencia senil: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación potencialmente activa (20-64 anos)

Fonte: Elaboración propia a partir do Censo de Población y Vivienda, 2001 (INE)

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

29

1.4. MOVEMENTOS MIGRATORIOS

A caracterización da dinámica demográfica dun territorio atópase influída, ademais de polas variables demográficas naturais (natalidade e mortalidade), tamén polos movementos migratorios, nun mundo cada vez máis globalizado. Estes fluxos migratorios poden ser tanto de entrada como de saída, e o saldo que resulta ó longo do tempo pode ir, en consecuencia, alterando sensiblemente aspectos tales como o crecemento ou mesmo a composición demográfica do territorio.

Nun contexto como o galego, tradicionalmente caracterizado por un importante volume de emigración tanto ó exterior de Galicia como no seu interior dende o entorno rural ás cidades, o fenómeno migratorio constitúe se cabe un factor aínda máis determinante que noutros contextos. Este feito é o que nos leva a deternos neste último apartado da análise demográfica de Ames na súa vertente migratoria, si ben centrándonos no período máis recente.

O feito de ser un concello bastante peculiar dende unha perspectiva socioeconómica, no que se combinan os trazos rurais dunha grande parte do concello co carácter máis urbano e residencial dos seus principais núcleos de poboación, tradúcese dende a óptica da demografía natural (acabamos de comprobalo nos apartados anteriores) nunha imaxe certamente dual.

A finalidade deste apartado é tratar de verificar en que medida este carácter dual se reflicte na realidade actual do concello dende a óptica migratoria, a través da análise dos fluxos de saída e de entrada de persoas así como o saldo migratorio resultante e o seu impacto sobre a demografía do concello.

1.4.1. Fluxos de entrada

Dende a óptica dos fluxos de entrada (inmigración), no ano 2004 entraron en Ames un total de 1.812 persoas (1.120 procedentes da mesma provincia, 248 doutra provincia de Galicia, 229 doutra comunidade e 215 do estranxeiro), o que supón o 8,7% da poboación dese mesmo ano. A efectos comparativos coa media provincial e galega, cómpre sinalar que esta porcentaxe se reduce ó 3,8% e ó 3,5% respectivamente, resultando un elevado diferencial que reflicte o grande potencial de atracción que representa Ames en comparación con outros concellos da provincia e de Galicia.

No que se refire á distribución por lugar de procedencia destes inmigrantes, obsérvase que a maioría (3 de cada 4) proceden doutros concellos galegos, fundamentalmente da mesma comarca de Santiago (seguramente traballadores do entorno de Santiago na procura dunha vivenda máis acorde coas súas preferencias en prezo e/ou calidade), procedendo o resto (1 de cada 4) de fóra de Galicia, con case igual proporción entre os que proceden do

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

30

estranxeiro e os de dentro de España. Este patrón de comportamento repítese, si ben con algunhas diferenzas notables, como por exemplo unha maior porcentaxe de inmigración externa, a nivel galego e provincial (fundamentalmente inmigrantes retornados).

Tomando como referencia o período 1992-2003 confírmase a caracterización anterior variando algo estas diferenzas. Neste sentido, constátase o carácter fundamentalmente interno (83% do total) dos 13.621 inmigrantes que tivo Ames nese período, procedendo na súa meirande parte da mesma comarca (lease Santiago), fronte ó moito menor peso dos fluxos de entrada procedentes do exterior de Galicia (17%), cun reparto bastante equilibrado entre os que veñen do estranxeiro e os do resto do Estado. Pódese intuír nestes dados a existencia dun patrón (in)migratorio baseado fundamentalmente en motivacións residenciais, sen considerar o peso doutros factores que van adquirindo importancia a medida que o concello se fai máis grande demograficamente, dando lugar a unha crecente demanda de servizos.

Táboa 2.9.

Inmigracións por lugar de procedencia, Ames, provincia da Coruña e Galicia (1992-2003)

Nº de inmigrantes % sobre o total Galicia A Coruña Ames Galicia A Coruña Ames Total 701.915 323.163 13.621 100% 100% 100% Inmigración interna 467.944 223.986 11.353 67% 69% 83% Da mesma provincia 382.104 191.515 9.688 54% 59% 71% Da mesma comarca 205.572 110.789 7.022 29% 34% 52% Doutra comarca da provincia 176.532 80.726 2.666 25% 25% 20% Doutra provincia de Galicia 85.840 32.471 1.665 12% 10% 12% Inmigración externa 233.971 99.177 2.268 33% 31% 17% Doutra CCAA 130.219 53.391 1.242 19% 17% 9% Do estranxeiro 103.752 45.786 1.026 15% 14% 8%

Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de variacións residenciais (INE)

1.4.2. Fluxos de saída

No referente ós fluxos de saída (emigración), Ames contou no ano 2004 cun total de 1.008 emigrantes (663 á mesma provincia, 131 a outra provincia, 191 a outra comunidade autónoma e 23 ó estranxeiro), o que supón o 4,8% da poboación dese mesmo ano. A efectos comparativos coa media provincial e galega, cómpre sinalar que esta porcentaxe se reduce ó 3,2% e ó 2,9% respectivamente, có que podemos afirmar que o concello de Ames atópase bastante por enriba dos parámetros medios de Galicia e da provincia.

No que se refire á distribución por lugar de destino destes emigrantes, obsérvase que unha maioría do 79% corresponde a emigración interna (ó interior de Galicia), dos que a meirande parte tenden a elixir como lugar de destino a provincia de A Coruña (na súa meirande parte á mesma comarca de

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

31

Santiago, segundo dados correspondentes ós últimos anos). O 21% do fluxo de saída restante constitúe emigración externa (fóra de Galicia) que se dirixe fundamentalmente a outras comunidades (probablemente Madrid, Cataluña ou Canarias). Este é un patrón que se repite de xeito similar a nivel galego e provincial, non apreciándose diferenzas significativas entre eles, si ben Ames aparece cun maior peso da emigración interna (79% fronte ó 72% e 74% da media galega e provincial respectivamente).

Considerando o período 1992-2003 globalmente confírmase a caracterización anterior, que pon de manifesto o carácter fundamentalmente interno (82% do total) dos 5.132 emigrantes que tivo Ames no conxunto do período, elixindo como destino preferente a mesma comarca de Santiago, fronte ó menor peso dos fluxos de saída ó exterior de Galicia (18%) que foron na súa práctica totalidade a outras comunidades do Estado español (lease Madrid, Cataluña ou Canarias).

Táboa 2.10.

Emigracións por lugar de destino, Ames, provincia da Coruña e Galicia (1992-2003)

Nº de emigrantes % sobre o total

Galicia A Coruña Ames Galicia A Coruña Ames Total 632.224 283.771 5.132 100% 100% 100% Emigración interna 467.944 216.866 4.201 74% 76% 82% Á mesma provincia 382.104 191.515 3.654 60% 67% 71% Á mesma comarca 205.572 110.789 2.693 33% 39% 52% A outra comarca da provincia 176.532 80.726 961 28% 28% 19% A outra provincia de Galicia 85.840 25.351 547 14% 9% 11% Emigración externa 164.280 66.905 931 26% 24% 18% A outra CCAA 157.836 63.991 903 25% 23% 18% Ao estranxeiro 6.444 2.914 28 1% 1% 1%

Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de variacións residenciais (INE)

1.4.3. Saldos migratorios

Como consecuencia da anterior dinámica migratoria, o resultado en termos de saldo migratorio no conxunto do período 1992-2003 queda claramente inclinado do lado positivo, sobre todo pola contribución do saldo migratorio interno (7.152 efectivos máis, a maioría con orixe na comarca de Santiago) e, en menor medida, pola contribución do saldo migratorio externo (1.337 efectivos máis, procedentes nun 75% do estranxeiro). Como resultado global, temos que en termos absolutos o aumento de efectivos por razóns migratorias traduciuse no período 1992-2003 en case 8.500 habitantes máis, que resulta moi significativo, máxime tendo en conta que estamos a falar dun concello con 20.840 habitantes. Se facemos números, pódese afirmar que máis do 40% da poboación que hoxe en día ten Ames entrou no período anteriormente

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

32

sinalado1. Se a isto lle engadimos o feito de que a práctica totalidade deste fluxo de entrada corresponde a persoas relativamente novas (menos de 45 anos) e en idade fértil, entenderemos mellor os cambios acaecidos na dinámica demográfica de Ames nos últimos anos (expansión da natalidade, retardo do envellecemento demográfico,....), tendencias que seguramente continuarán no medio e longo prazo.

Táboa 2.11.

Saldos migratorios, Ames, provincia da Coruña e Galicia (1992-2003)

Saldo migratorio Galicia A Coruña Ames Total 69.691 39.392 8.489 Saldo interno - 7.120 7.152 Coa mesma provincia - - 6.034 Coa mesma comarca - - 4.329 Con outra comarca da provincia - - 1.705 Con outra provincia de Galicia - 7.120 1.118 Saldo externo 69.691 32.272 1.337 Con outra CCAA -27.617 -10.600 339 Co estranxeiro 97.308 42.872 998

Fonte: Elaboración propia a partir das Estatísticas de variacións residenciais (INE)

A dinámica que aparece representada nos seguintes gráficos deixa patente o carácter expansivo dos movementos migratorios do concello de Ames dende os primeiros anos 90 ata a actualidade, así como a maior influencia dos fluxos de carácter interno (no interior de Galicia), que son os que definen a tendencia do saldo migratorio global.

Gráfico 2.6.

Entradas, saídas e saldo migratorio, Ames (1992-2004)

1 En realidade, os dados do Censo de Poboación de 2001 confirman que tan só o 31,7% dos habitantes de Ames naceron no propio concello.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

33

-1.500

-1.000

-500

0

500

1.000

1.500

2.000

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

Entradas Saídas Saldo migratorio

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do INE (Estadística de variacións residenciais)

Gráfico 2.7.

Saldo migratorio interno, externo e total, Ames (1992-2004)

0

200

400

600

800

1.000

1.200

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

Saldo interno Saldo externo Saldo total

Fonte: Elaboración propia a partir dos dados do INE (Estadística de variacións residenciais)

1.4.4. Poboación estranxeira

Un aspecto ligado á dinámica migratoria de Ames nos últimos anos e que ten un especial interese socioeconómico vén dado pola crecente presenza de poboación estranxeira no concello. Neste sentido, a dinámica demográfica amiense non permanece allea a un feito que se deriva do carácter cada vez máis global dos movementos migratorios.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

34

A diversidade social, cultural e relixiosa que se deriva da inmigración estranxeira, xunto co dispar grao de integración na sociedade de acollida, constitúe sen lugar a dúbidas un importante desafío socioeconómico non exento de retos e dificultades. Aspectos tales como a inserción laboral e social deste colectivo en condicións dignas, evitando a súa marxinación e exposición á economía somerxida así como a formación de guetos, constitúen algúns destes retos.

Mapa 2. Poboación por concello nacida no estranxeiro, 2005.

Fonte: IGE, tomado de INE, Padrón, 2005.

Debemos sinalar, en primeiro lugar, que en 2001 residían en Ames un total de 1.103 persoas nacidas no estranxeiro, o que representa en torno ao 5,9% da poboación total do concello. Cómpre destacar que o perfil por idades deste colectivo difire sensiblemente da do conxunto da poboación. Concretamente a meirande parte da poboación nacida no estranxeiro, o 50,1%, ten unha idade comprendida entre 20 e 39 anos, fronte ao moito menor peso (32,2%) que estes estratos de idade representan a nivel global. Loxicamente, non toda a poboación nacida no estranxeiro é considerada estranxeira xa que moitos son emigrantes retornados ou fillos destes, tendo a maior parte nacionalidade española.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

35

No tocante á poboación propiamente estranxeira residente no concello de Ames, esta estaba integrada no ano 2001 por un total de 340 efectivos, presentando algunhas pautas demográficas que apuntan a unha certa especificidade.

Unha destas especificidades vén dada pola desigual distribución por sexos que presenta a poboación estranxeira, correspondendo un peso relativo do 60% ás mulleres fronte ao 40% dos homes. Esta descompensación a favor das mulleres é moito máis notoria que a nivel global, onde a distribución por sexos é de tan só 2 puntos (51-49%) a favor das mulleres.

Do mesmo xeito constátase unha grande disparidade na distribución da poboación estranxeira por idades. Neste sentido cómpre destacar que case o 79% dos estranxeiros teñen entre 16 e 64 anos; 8 puntos máis que o que representa este estrato de idade a nivel global. Pola contra, tan só o 3% dos estranxeiros teñen 65 ou máis anos, fronte o 11% a nivel global.

En síntese, pódese afirmar que o perfil medio do estranxeiro residente en Ames responde ao perfil medio de muller en idade activa (maioritariamente entre 25 e 39 anos.

Por outra banda, obsérvase unha elevada concentración demográfica a nivel inframunicipal. Concretamente o 58% dos estranxeiros localízanse en Milladoiro e o 26% en Bertamiráns, o que representa conxuntamente o 84% dos estranxeiros. Este dado é notablemente superior (máis de 30 puntos porcentuais) ao que representa a concentración do total da poboación nestes dous núcleos (53,2%). Non obstante, este feito non resulta especialmente rechamante na medida en que constitúe un patrón habitual dos movementos migratorios a localización dos inmigrantes nos entornos urbanos ou semiurbanos atendendo fundamentalmente á procura de oportunidades laborais. Este feito ocasiona, por outro lado, unha maior demanda no entorno urbano de servicios públicos (sanidade, educación, asistencia social,...).

En canto á procedencia dos estranxeiros por país de orixe, cómpre destacar que a maioría (55%) teñen nacionalidade Colombiana (17,4%), Arxentina (12,9%), Venezolana (10,9%), Cubana (8,2%) ou Brasileira (5,3%).

Por último, cómpre destacar que case o 12% da poboación estranxeira é analfabeta ou carece de estudios, mentres que o 63% ten estudios primarios ou secundarios e o 25% conta con estudios universitarios.

Axenda 21 Local de Ames. Demografía

DS Consultores

devalar

36

1.5. DEMOGRAFÍA. ESQUEMA DE SÍNTESE

O concello de Ames presenta un marco propicio para o reemprazo dos seus efectivos, tanto polas elevadas taxas de natalidade como pola continuada atracción e incorporación de efectivos, tanto nacionais como estranxeiros, o que leva a unha dinámica demográfica progresiva, o contrario do que acontece no contexto xeral galego que é certamente regresiva. Se a isto lle engadimos a solidez e estabilidade da tendencia observada, a valoración anterior tórnase se cabe aínda máis optimista.

A idade dos efectivos incorporados durante a pasada década,entre 25 e 45 anos fundamentalmente, xunto coas elevadas taxas de natalidade ten provocado un significativo ensanchamento da base da pirámide demográfica, polo que Ames conta cun importante potencial demográfico. Neste escenario, o meirande reto será o de arraigar no concello a esa poboación.

Concello de Ames. Demografía. Esquema de síntese.

Ámbito Problemática Consecuencias

Equidade

Taxa de sobreenvellecemento similar á media galega

Concentración da poboación maior nas parroquias rurais

Posibilidade de exclusión e/ou illamento.

Necesidades específicas de atención, transporte, etc.

Identidade

Importante continxente poboacional chegado de fora do concello e mesmo de fora do estado.

Elevada volatilidade da poboación.

Falta de identidade e arraigo. Potencial de perda de estabilidade

social. Potencial de perda de poboación no

futuro.