as vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

49

Upload: asociacion-cultural-vagalumes

Post on 29-Mar-2016

277 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei
Page 2: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

2

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Vieiros da MEMORIA. 1

Edita: Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”

Cerdedo, 2010.

Page 3: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

3

Dionisio Pereira

Radiografía da represión franquista no Concello de Beariz

Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Beariz no período 1936-1953

Jesús Barreiro Cortizo (Barcia do Seixo/A Lama): Asasinado na Porta Feixa-Doade-Xirazga o 17 de decembro de 1937.

Unha primeira achega aos veciños e naturais de Beariz encadeados, perseguidos e exilados

Albino Cortizo Dios (Xirazga-Abeleira): Canteiro de profesión, foi encartado nun sumario baixo a xurisdición militar, sen que fora procesado xa que foi arquivado.Francisco Janeiro Fortes (Beariz): Era carpinteiro. Xulgado en Ourense baixo a xurisdición militar o 17 de setembro de 1936 acusado de roubar dinamita para voar pontes, a causa ficou sobreseída.Florentino Cortizo (Xirazga): Canteiro afiliado á CNT e ao grupo libertario “Luiggi Fabri”, operativo en Xirazga nos derradeiros tempos da República. Na contenda, pasouse ao bando republicano enrolándose no Exército Popular na zona Centro, polo que unha vez rematada aquela foi perseguido.

Persoas de fóra represaliadas en territorio do Concello de Beariz

Celedonio Gómez (San Xoán de Río): Deportado a Beariz entre 1936 e 1938.

Page 4: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

4

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Radiografía da represión franquista no Concello de Cerdedo

Naturais e veciños de Cerdedo asasinados nas represalias no período 1936-1953

Francisco Arca Valiñas (Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Canteiro e dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Secundino Bugallo Iglesias “O Cambo” (Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Canteiro e dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Foi sometido a Consello de Guerra postumamente.Gerardo Bugallo Lois (Dubidoso) (Figueroa): Fillo do anterior, foi detido xunto co seu pai e salvado do “paseo” polo cabo da Garda Civil de Cerdedo, Avelino Sánchez. Mobilizado á forza no exército nacional, foi pasado polas armas no ano 1938 na fronte de Teruel, seica a instancia dos falanxistas cerdedenses. Afiliado á “Sociedad ̀ El Trabajo´” (CNT). Un veciño e compañeiro de armas chamado José Álvarez, ficou trastornado tras presenciar os feitos e pouco despois apareceu morto en extrañas circunstancias ao se despeñar dende o Alto da Presa, perto da Fábrica da Luz de Cerdedo.José Torres Paz (Cerdedo): Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 de agosto de 1936. Escribiente do Concello, era un cadro sinalado da Agrupación Socialista local. Xa morto, foi sometido a Consello de Guerra.José Cortizo González (Barro-Arén). Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns na estrada Pontevedra-Santiago na noite do 11 de agosto de 1936. Estaba afiliado ao PSOE.

Page 5: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

5

Dionisio Pereira

Martín Ferreiro Álvarez (A Botica-Quireza): Concelleiro de Obras do Axuntamento de A Coruña, onde residíu na etapa republicana, e secretario da “Liga de Derechos del Hombre” na capital herculina. Agachado en Quireza cun irmán ao comezo da guerra, pasou a Portugal e logo a Francia e por último á zona republicana (Levante e Catalunya), onde loitou. Foi internado ao rematar a Guerra Civil no campo de Argelés, emprazado no Mediodía francés. Apresado polos alemáns, foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen no que morrerá en setembro de 1941 (Lamela, L.; 2002). Pertenceu a “Izquierda Republicana”. Perfecto Ventín Barreiro (Tres Aldeas): Xulgado en Zamora e fusilado nun lugar descoñecido (probablemente no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana) a fins de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo, pertencía ao PSOE e á UGT de A Gudiña (Pereira, D.; 2004b/blog de Xoán Carlos Garrido, http://www.blogoteca/autoestrada/index.).Manuel Ventín Rivas (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado nun lugar descoñecido (probablemente o cemiterio de San Atilano, na capital zamorana) a fins de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo, estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña. Olegario Ventín Rivas (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado nun lugar descoñecido (probablemente no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana) a fins de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo, estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña. Erundino Ventín Rivas (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado nun lugar descoñecido (probablemente no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana) a fins de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo, estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.

Page 6: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

6

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Ramiro Lois Ventín (Piñeiro): Curmán dos anteriores, xulgado en Zamora, foi fusilado nun lugar descoñecido (probablemente no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana) a fins de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense, no tramo de A Gudiña-Requejo.Francisco Varela Garrido, “Pancho” (Cerdedo): Era membro destacado de “Izquierda Republicana” e secretario interino do Concello. Foi apresado no pobo de Monleras (Salamanca) onde se tiña refuxiado coa complicidade do seu sobriño, o contratista de obras e falanxista Ramón Cachafeiro. Foi condenado a morte en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e fusilado en Monteporreiro (Pontevedra) o 27 de xullo de 1937.Benjamín Troitiño Beiro (¿?): Fusilado en Santiago o 4 de xuño de 1937 tras Consello de Guerra. Traballaba como canteiro na construción dun pantano no Tambre e residía en Liñaio (Negreira) (Liñares Giraut, A.; 1993). Estaba afiliado á “Sociedad de Oficios y Profesiones Varias” de Negreira e A Baña (CNT).Eulogio Mosquera Vázquez (Limeres): Residía fóra de Cerdedo. Detido por “comunistoide”, foi ingresado na cadea de Burgos, dende onde mantivo correspondencia coa súa familia de Limeres ata 1939. Logo, deixou de enviala e, seica, morreu de enfermidade ou malos tratos na cadea.Manuel Tato Cadórniga (Loureiro): Tenente do Exército Republicano na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, operativa na defensa de Madrid e na fronte de Teruel. Faleceu por falta de asistencia médica na cadea de Lugo, en nadal de 1939. Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT).Darío Tato Fernández (Loureiro): Curmán do anterior. Finalizada a guerra, na que participou como dinamiteiro no bando republicano en Madrid, foi detido en Cerdedo, enviado a Madrid e alí xulgado en Consello de Guerra e fusilado no ano 1939. Era do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT).

Page 7: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

7

Dionisio Pereira

José Plata Prieto (de As Quintas-Codeseda, pero casado e veciño de Laxoso): Loitou no Exército Republicano na zona Centro. Fusilado tras a Guerra Civil, no ano 1939.José Paz Cachafeiro (Cerdedo): Secretario no ano 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). A guerra colléuno en Sama de Langreo, desempeñando o cargo de corresponsal de prensa. Foi xulgado e fusilado en Oviedo, o 30 de maio de 1938.Herminio Gaiteiro Nogueira (Parada): Canteiro afiliado ao PSOE, afincado na localidade asturiana de Piedras Blancas-Oles Villaviciosa. Durante a Guerra Civil foi delegado do “Sindicato Metalúrgico” (UGT) en la Fábrica de Armas, xefe dunha unidade disciplinaria do Exército Popular da República e responsable da prisión municipal. Foi xulgado en Xixón, condenado a morte e executado o 15 de febreiro de 1938. Manuel Garrido “O Negro” ou “O Resucitado” (Fondós): Canteiro de profesión, foi dado por morto en Alba cun tiro no peito, na noite do 11 de agosto de 1936. Puido zafar grazas á axuda da súa muller, que lle curou as feridas. Debeu andar agachado un tempo nunha cova nas Veigas de Candas (entre Vilar e Castro), xunto con Xosé da Leira e o seu xenro Pérez, ambos de Filgueira. Tamén estivo entobado baixo o forno da súa casa ata o remate da Guerra Civil, para evitar que remataran a faena os franquistas. Nese período, a súa muller recibiu malleiras para que o delatara. Era militante destacado do PSOE.

Naturais e veciños de Cerdedo milicianos do Exército Popular da República, falecidos en combate

Francisco Álvarez Rodríguez (Laxoso): Foi Comisario Político no Exército Popular.¿Afiliado ao PCE?.Manuel Arca Gamallo (Figueroa): Marmolista, cadro do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Madrid no mes de novembro de 1936.

Page 8: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

8

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Jesús Corral (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete en xullo de 1937.Julio Espiñeira Iglesias (Castro do Medio): Membro destacado do PSOE. José Fernández Fuertes (¿?): Natural do Concello de Cerdedo, morre en combate na localidade asturiana de Laciana no mes de setembro de 1936.José García Bugallo (Figueroa): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en agosto de 1937.José García Fondós (Vilalén): Miliciano, aveciñado en Castiello-Villaviciosa (Asturias), morre en combate na fronte oriental de Asturias o 9 de outubro de 1937.Secundino Obelleiro Costa (Figueroa): Era do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Fillo de Aniceto Obelleiro. Combatente no Exército de Asturias, faleceu en combate nun lugar indeterminado.Manuel Otero Pardo (Castro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en febreiro de 1937.José Otero Peleteiro (Piñeiro): Canteiro afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `La Alianza´” de Quireza (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en outubro de 1937 na fronte de Madrid.Raimundo Pereira Fuentes (Laxoso): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid no mes de marzo de 1938.Higinio Portela (Loureiro): Pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e era cadro sinalado da “Sociedad `El

Page 9: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

9

Dionisio Pereira

Trabajo´” de Figueroa (CNT). Faleceu en Talavera de la Reina no segundo semestre do ano 1936.José Pose Pérez (Laxoso).Antonio Quibén Simal (Loureiro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de marzo de 1938 na Serra de Mogorrón (Guadalajara).Perpetuo Sieiro Torres (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de xaneiro de 1937 na fronte de Madrid.José Simal Penelas (Figueroa): Canteiro, pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad ̀ El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, morreu en Brunete en xullo de 1937.Eladio Simal Penelas (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na Serra de Mogorrón (Guadalajara) en abril de 1938. Agustín Simal Penelas (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na provincia de Guadalajara en xuño de 1937.Benigno Tato Cadórniga (Loureiro): Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad ̀ El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete no mes de xullo de 1937.Ramiro Umia (Serrapio).Manuel Varela Piñeiro (Vilarchán).Ángel Cortizo Arén (¿?): enrolado no Exército Popular en Asturias, onde morre en data indeterminada. Dubidoso.

Naturais e veciños milicianos do Exército Popular da República, falecidos na inmediata posguerra a causa das feridas de guerra ou das mutilacións

Agustín Obelleiro Gamallo (Figueroa): Afiliado ao “Sindicato Único del

Page 10: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

10

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e cadro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Participou na guerra integrado en diversas unidades do Exército do Centro. Suicidouse no seu lugar de orixe, desesperado debido ás mutilacións de guerra que lle imposibilitaban para o traballo, sen recibir ningunha pensión de minusvalía por parte do Estado debido á súa condición de combatente republicano.Severo Rodríguez (Vilar): Miliciano do Exército do Centro. Preso ao finalizar a contenda e liberado en estado terminal por padecer feridas mortais, morreu no seu domicilio.Manuel Simal Penelas (Figueroa): Canteiro integrado no “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `El Trabajo´” (CNT), loitou no Exército do Centro. Preso ao rematar a guerra, morreu aos poucos na súa localidade natal debido ás feridas de guerra.

Naturais e veciños non militares mortos na zona republicana durante a Guerra Civil, vítimas de accions de guerra

José Albor Carballás (¿?): Natural de Cerdedo e veciño de Solis-Corvera (Asturias), morreu nun bombardeo en Santander o 2/8/1937, aos 80 anos de idade.

Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Cerdedo no período 1936-1953

José González Valeiras “O Pintor” (Señorín/Carballiño): Mecánico de profesión, foi asasinado na Abelera (Pedre) no 9 de setembro de 1936.2 homes novos de filiación descoñecida, vencellados á guerrilla, obxecto da “lei de fugas” no inverno de 1949 entre A Granxa (Loureiro) e o monte de Porriñeiras (Figueroa) a mans da Garda Civil, que os apresou na zona de A Baiúca e A Portela (fronteira entre A Estrada e Forcarei), nun lugar

Page 11: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

11

Dionisio Pereira

de paso habitual dos guerrilleiros. Viñan fuxindo dende Vigo, seica coa intención de integrarse na guerrilla antifranquista na provincia de Ourense (Monteagudo Ruzo, M.; 2005).

Unha primeira achega aos cerdedenses encadeados, perseguidos e exilados

Rogelio Arca Rivas (Figueroa): Fillo de Francisco Arca Valiñas, e canteiro coma el. Estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad ̀ El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colléuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros conveciños no adoquinado das rúas. Fixo a guerra voluntario na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro; ao rematar estivo un tempo preso no campo de concentración da Praza de Touros de Teruel e, logo, nunha Compañía de Revisión constituída no Cuartel das Mercedes de Lugo. Máis tarde, obtivo a liberdade condicional e debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo. Daquela, segundo as súas lembranzas, aos que loitaran no bando republicano “non se lles tiña en conta para nada, non eran ninguén...”.Francisco Bugallo (Loureiro): Idem.José Mª. Vilas (Figueroa): Idem.Aniceto Vilas (Figueroa): Idem.Manuel Diz Bugallo (Figueroa): Idem. Emigrou a Venezuela no ano 1950.José Diz Bugallo (Figueroa): Tivo o grado de sarxento na 39 Brigada Mixta, 153 BON do Exército do Centro. Tras pasar polo mesmo campo de concentración que Rogelio Arca, foi condenado en Consello de Guerra a 6 anos de prisión, que soportou na construcción do Valle de los Caídos, redimindo penas polo traballo. Liberado en 1942, tivo que se presentar con regularidade no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo, polo que se lle impediu traballar no tendido do camiño de ferro en Lubián ou no Val de Arán; tamén foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas

Page 12: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

12

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

no ano 1940. En consecuencia, no tivo outra que emigrar a Venezuela no ano 1950.Laudino Bugallo Bouzas (Os Castros-Quireza): Canteiro, afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid e membro sinalado da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Tamén foi concelleiro na corporación de Cerdedo ate o ano 1934. Preso logo de rematar a guerra, que fixo no Exército Republicano en Madrid, cando voltou a Cerdedo foi perseguido e maltratado polos falanxistas de Quireza.Severino Bugallo Valiñas (Cerdedo): Tesoureiro do Concello e concellal, foi xunto co seu irmán Sabino o organizador de “Izquierda Republicana” na vila de Cerdedo. Figurou na “lista negra” xunto con Torres, Taberneiro, Cortizo, Garrido e González, para ser asasinados o 11 de agosto de 1936. Salvouse polo seu cuñado Vicente García Dapena “O da Carteira”, xefe de Falange en Soutelo de Montes, que o reclamou cando estaba cos devanditos no Cuartel das Milicias de Falange en Pontevedra. Despois dun tempo agachado na igrexa da Magdalena (Soutelo) contando coa complicidade do crego Aquilino López Picón, andivo fuxido por Limeres, pola Chamadoira e polo Monte do Seixo. Posteriormente puido embarcar para Cuba no porto de Vilagarcía, acompañado polo seu irmán Sabino. Pasou logo aos EEUU, voltando á zona republicana coas “Brigadas Internacionales”. Estivo destinado en Reus e Salou (Tarragona), transladándose a Francia co remate da guerra; alí foi internado no campo de Argelés, de onde fuxíu a Bordeaux para participar na resistencia contra os alemáns. Preso no ano 1941, foi deportado a España por Irún e xulgado, pasando catro anos en diversos internados como preso político, entre eles nun campo de concentración en Villaverde (Madrid) traballando en “Reconstrucción Nacional”, nas cocheras de Vigo, ou na factoría de Barreras.Sabino Bugallo Valiñas (Castro Docabo/Cerdedo): Comerciante e presidente de “Izquierda Republicana” no municipio, foi tamén dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” daquela parroquia. Figuraba entre os sentenciados a sufrir o “paseo” por parte dos falanxistas na noite do

Page 13: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

13

Dionisio Pereira

11 de agosto de 1936, pero puido zafar marchando dende o comezo da contenda ao monte. Liscou a Cuba co seu irmán dende o porto de Vilagarcía, disfrazado de crego. Logo, exiliouse en Bos Aires, onde morreu. No ano 1940 foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas.Luciano García Ventín (Fondós): Militante do PSOE, membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Obreros ̀ La Alianza´” de Quireza e dirixente ate 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo”. Como derradeiro alcalde de Cerdedo nomeado tras a Fronte Popular, estivo fuxido nos primeiros meses da contenda, pois era un dos máis buscados polos falanxistas para asasinalo. Detido e sometido a Consello de Guerra, estivo preso varios meses e aturou, segundo Antonio Rodríguez Fraiz, “moitas persecuciós e aldraxes” por parte dos elementos falanxistas de Quireza (Rodríguez Fraíz, A.; 1982). Era tío de Ramiro Lois Ventín.Aniceto Obelleiro Cadavid (Figueroa): Directivo da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Preso nun primeiro intre en Cerdedo, salvouse dunha morte segura por un parente falanxista que foi quen de conseguir que o desterraran a Burgos.Benigno Simal Penelas (Figueroa): Canteiro, cadro sinalado da “Sociedad de Agricultores y Obreros `El Trabajo´” (CNT). Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca Valiñas, Secundino Bugallo Iglesias e Jesús Bugallo Merza, para ser asasinado o 13 de agosto de 1936; avisado, logrou fuxir ao monte salvándose dunha morte segura. Tras embarcar nun transatlántico en Vilagarcía, exilouse no Mar do Plata (Arxentina), onde morreu.Amancio Simal Sieiro (Castro do Cabo): Tenente do Exército Republicano. Ferido nunha perna e prisioneiro ao rematar a guerra, rispou por pouco da morte xa que ao ser apresado queríano botar por un barranco. Salvado por un veciño de Castro, que era falanxista e Alférez Provisional, chamado Nilo Sieiro Sieiro.Francisco Varela Buela, “Don Paco” (Cerdedo): Militante destacado do

Page 14: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

14

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

PSOE. Procesado en Consello de Guerra e condenado a morte en 1936, a pena foille conmutada pola de trinta anos de cadea. Preso nun inicio en Cerdedo e Pontevedra, estivo tamén unha tempada na Illa de San Simón, onde semella foi obxecto de extorsión por parte do director Fernando Lago Búa. Logo de estar na prisión de Burgos e as minas de Silleda, ficou en liberdade provisoria en 1944. Expulsado do Maxisterio en 1940, para sobrevivir deu clases aos fillos dos carrilanos en Campobecerros (A Gudiña) e Lubián, onde estivo moi vixiado pola Garda Civil. Sometido a Expediente de Responsabilidades Políticas, debeu pagar unha multa de 400 pts.Raimundo García Beiro (Vilar): Perseguido polos falanxistas de Cerdedo, tivo que se agachar un tempo no faio dunha casa da vila. Posteriormente conseguiu pasar a Portugal e dalí a Brasil, país do que non voltou.Xosé Otero Espasandín (Castro): Profesor e escritor, residente durante a IIª República en Madrid, onde dirixiu a revista P.A.N. Era simpatizante do PCE. Participou na guerra no bando republicano e formou parte da Alianza de Intelectuales Antifascistas. Rematada a contenda, pasou a Francia e foi confinado no campo de concentración de Saint Cyprien; máis tarde, estivo exilado en Gran Bretaña, Arxentina e EEUU, onde faleceu tras realizar un meritorio labor cultural (Pereira, D.; 2004a).Manuel Espasandín (¿Quireza?): Estivo exilado en Francia, logo de loitar no Exército Republicano. Padeceu o campo de concentración de Argelés e foi internado polos alemáns en Mauthausen, logrando sobrevivir. Morreu no exilio.Jesús Bugallo Merza (Deán): Tío de Francisco Bugallo. Foi concelleiro e membro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa. Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca, Secundino Bugalllo e Benigno Simal para ser asasinado o 13 de agosto de 1936. Xunto co derradeiro, puideron ser avisados e fuxir ao monte a través dos campos de millo, exilándose posteriormente na Arxentina.Manuel Bugallo Merza (Deán): Irmán do anterior, tamén exilado na Arxentina. Francisco Obelleiro (Os Castros-Quireza): Estivo entobado

Page 15: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

15

Dionisio Pereira

na súa casa durante a Guerra Civil durante moito tempo. Os falanxistas propinaron constantes malleiras á súa muller para que o delatara. José Mª Lavandeira Durán (Cerdedo): Porteiro do Concello. Detido de xeito preventivo, figurou como encausado nun Consello de Guerra, no logo que non resultou procesado.Benigno Doval (Quireza): Sofreu varias malleiras por parte dos falanxistas de Quireza na “cheka” do Outeiro (Quireza), debendo abandonar o seu domicilio.Constantino Simal Simal (Castro), mestre nacional na Botica-Quireza. Aínda que era de dereitas, foi perseguido e apaleado en Sabucedo e a piques estiveron de darlle o “paseo” falanxistas da Estrada e os seus correlixionarios de Quireza, xa que teimou en opoñerse ás súas extorsións e roubos. Salváronno o primeiro alcalde franquista, Gerardo Lorenzo, conveciño seu de Quireza, e o crego da parroquia, que respostaron por el. O seu pai, José Simal, tivo que se agachar nunha palleira e nun muíño no Castro do Medio, logo dunha tentativa de asalto por parte dos falanxistas de Quireza. No ano 1945, figuraba inscrito na Falange de Cerdedo.José Carballo Quintillán (Tomonde): Mestre nacional nunha aldea de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Afiliado á “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza” (UGT) nos derradeiros tempos da República, tivo que fuxir ao monte da súa parroquia natal nos primeiros días do alzamento militar. Posteriormente estivo ingresado no depósito municipal de Forcarei e na Prisión Provincial de Pontevedra, nos que pasou varios meses ate o verán de 1937. Naquel ano, foi encausado nun sumario pola xurisdición militar, aínda que non chegou a ser procesado. Tamén foi sometido a Expediente de depuración do Maxisterio na provincia de Lugo. Segundo algunhas fontes, padeceu persecución e o internaron no penal da Illa de San Simón (Rodríguez Fraiz, A.; 2001).José Alonso Arenas, mestre nacional en Folgoso, suspendido e expulsado do seu cargo en 1940 (Porto Ucha, A.S.; 2003).Carolina Camiña Losada, mestra nacional en Barro, suspendida do seu cargo en setembro 1936.

Page 16: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

16

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

David Fernández Obelleiro, mestre nacional en Serrapio, suspendido do seu cargo en setembro 1936. A fins daquel ano, integrouse na Falange e andivo implicado na confeción de “listas negras” nas que figuraban veciños de esquerdas, máis tarde obxecto de múltiples extorsións realizadas polos falanxistas en territorio de Quireza.Angel Lino Rodríguez Alonso, mestre nacional en Bugarín, suspendido do seu cargo en setembro 1936. Dous anos despois ingresaba na Falange de Cerdedo, onde continuaba en 1945.Manuel Sieiro Sanmamed, mestre nacional de Abelaíndo, suspendido do seu cargo en setembro de 1936. Foi detido e procesado en Pontevedra acusado de rebelión sendo a causa sobreseida, polo que ficou en liberdade. Claudino Vidal Peleteiro, mestre nacional en Pedre, de ideoloxía republicana e socialista. Foi suspendido do seu cargo en setembro de 1936.Manuel Sueiro Iglesias (Limeres): Era carpinteiro e logo exerceu de mestre vivindo fóra de Cerdedo. Estivo radicado dende 1919 en Verín e, máis tarde, en Ourense, onde dirixiu un centro privado de ensino, a coñecida “Academia General”. Militante do Partido Radical Socialista e colaborador da progresista “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense” (ATEO) (Dasairas, X.; 1993/Cid Fernández, X.M.; 1989). Tivo que se agachar co seu fillo José na súa casa matriz de Limeres tras o alzamento militar, para evitar a morte. Sofriu a incautación da súa academia e da súa conta bancaria en Ourense. Logo de dous anos protexido polos veciños, entregouse e pasou algúns meses na cadea de Ourense, sendo sometido posteriormente a expediente de depuración que o inhabilitou para a docencia.Luis Toimil Ferrer (Cerdedo): No ano 1936 era mestre en Cerdedo, logo de ter exercido durante a República na provincia de Ourense. Foi suspendido por tres meses de emprego e retribución polo gobernador militar daquela provincia. Posteriormente, integrouse na Falange e foi alcalde de Cerdedo no ano 1942. O seu irmán Pedro, tamén mestre na

Page 17: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

17

Dionisio Pereira

provincia de Ourense e simpatizante comunista, sofreu igoal medida.Teresa (¿Mª Dolores?) Garrido Paz (Vilalén): Mestra retirada que debeu entregar 500 pts. aos falanxistas de Quireza, para evitar males maiores. Outras informacións apuntan que foi obxecto de expediente de depuración do seu cargo de mestra en Quireza ou Tomonde.Venancio Gamallo (¿Castro?): De ideas esquerdistas, padeceu unha tentativa de “paseo” por parte da Falange de Quireza, por negarse a denunciar a outros veciños aos que pretendían extorsionar e roubar os falanxistas. Manuel García (Cerdedo): Ex secretario do Concello e director dunha das bandas de música de Cerdedo, tivo que se refuxiar na Cañiza e ata alí se desprazaron falanxistas cerdedenses para localizalo debido ás súas ideas republicanas. Afincouse definitivamente na Cañiza.David Paz Cachafeiro (Cerdedo): Irmán de José. Perseguido nun primeiro intre, debeu se agachar no seu domicilio. Posteriormente integrouse na garda cívica artillada polos facciosos, sen que conste participara en represalias; mesmo desprazouse á A Cañiza para prevenir a Manuel García da chegada dos falanxistas de Cerdedo. De calquera maneira, foi encausado nun sumario pola xurisdicción militar sen que, ao cabo, resultara procesado. Carmen Monteagudo (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas do seu lugar, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas cerdedenses, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Protexida por un tío garda civil destinado en San Xurxo de Sacos e reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver. Moreiras (Tomonde): Debeu aturar numerosas malleiras logo do 18 de xullo de 1936.José Regueiro Otero (Tomonde): Xastre e afiliado ao PSOE. Acusado de rebelión militar, foi procesado no ano 1937 e declarado en rebeldía. Posteriormente, foi condenado a morte por desertar do exército nacional

Page 18: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

18

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

e seica salvou a vida por intermediación do crego Antonio Rodríguez Fraíz.Teófilo Otero Valiñas (Castro): De ideoloxía republicana, posuía unha fábrica de gaseosas. Era concelleiro na Fronte Popular, polo que foi condenado en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra no ano 1937 a 20 anos de reclusión por “auxilio a la rebelión”. Estivo preso dende agosto de 1936, primeiro no depósito municipal de Forcarei, máis tarde na Prisión provincial de Pontevedra e por último na Illa de San Simón, de onde saíu en liberdade vixiada o 18 de xullo de 1940. Foi obxecto de Expediente de Responsabilidades Políticas no ano devandito.Severino Simal Iglesias (Filgueira): De profesión canteiro, estivo preso preventivo dende agosto de 1936 ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei e logo transladáronno á Prisión provincial de Pontevedra. Foi procesado por rebelión militar no ano 1937 e condenado a 12 anos de reclusión temporal, que cumpriu parcialmente ate xullo de 1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Tamén incoáronlle un Expediente de Responsabilidades Políticas naquel ano.Benigno Raposeiras Álvarez (Vilalén): Detido en agosto de 1936, estivo preso en Pontevedra como preventivo. Acusado de rebelión, sofreu un xuízo pola xurisdicción militar en 1937 e foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón ate xullo de 1940.Manuel García Fondós (Vilalén): Irmán de José. Detido nos primeiros momentos, estivo como preso preventivo en Pontevedra e foi procesado por rebelión militar. Condenado a 12 anos de prisión, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. En liberdade vixiada dende o ano 1943, transladouse a Riera de Somiedo (Asturias).José Rodríguez Quintillán (Tomonde): Ferreiro de profesión. Como preso preventivo estivo internado ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei. Logo foi procesado polo militar en 1937 acusado de “auxilio a la rebelión” e condenado a 12 anos de cadea. Segundo Antonio Rodríguez Fraiz, de quen era curmán, estivo internado na Colonia Penitenciaria da

Page 19: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

19

Dionisio Pereira

Illa de San Simón, onde coñeceu á súa dona, unha das moitas mulleres solidarias de A Portela (Cesantes). No ano 1940, xa en liberdade vixiada, foille incoado Expediente de Responsabilidades Políticas e, posteriormente, emigrou a Brasil e Venezuela. Casimiro Lois Soto (Vilalén): Labrador e antigo emigrante nos EEUU, estivo preso no Cuartel da Garda Civil de Forcarei e foi, xunto con outros conveciños, obxecto dun simulacro de “paseo” por parte dos falanxistas. Unha vez posto en liberdade vixiada e temendo pola súa vida, foi reclamado a fins de 1936 polo cónsul de EEUU (país do que tiña a nacionalidade) en Vigo, pasou a Portugal e dalí ao país americano. Foi declarado en rebeldía nunha Causa Sumarísima aberta no ano 1937. Daniel Rodríguez Liripio (Vilalén): De profesión labrador, detido e ingresado xunto co anterior no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Estivo preso preventivo en Pontevedra a partir de novembro de 1936 e foi procesado por “auxilio a la rebelión” en Causa Sumarísima. Condenado a 12 anos de reclusión temporal, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón e na cadea de Santiago. Saiu en liberdade vixiada en agosto de 1940.José Piñeiro Lois (Vilalén): Estivo como preso preventivo na Prisión Provincial de Pontevedra, cando menos ate o verán de 1937. Encausado nun sumario pola xurisdicción militar naquel ano, non foi procesado e ficou ao dispor do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.Manuel Piñeiro Lois (Vilalén): Idem.José Piñeiro (Vilalén): Fillo de Manuel Piñeiro Lois. Estivo preso nos primeiros intres no depósito municipal de Forcarei, incorporándose máis tarde ao Exército franquista.Constantino Piñeiro Lois (Vilalén): Encausado en sumario pola xurisdicción militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispor do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.Juan Iglesias (Tomonde): Idem.José Escudero Quintillán (Tomonde): Idem.Celso Raposeiras (Vilalén): Foi procesado no ano 1937 acusado de

Page 20: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

20

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

rebelión militar e declarado en rebeldía, posiblemente por ter desertado do Exército franquista.Antonio Ferreiro Álvarez (A Botica-Quireza): Irmán de Martín Ferreiro, traballou como contratista no ramo da edificación coruñés durante a República. Refuxiado en Quireza, foi detido en Tui cando tentaba pasar diñeiro ao seu irmán que estaba refuxiado en Portugal. Internado nun comezo en San Simón, aturou un Consello de Guerra celebrado en Pontevedra en novembro de 1936, no que foi condenado a 12 anos de prisión acusado de auxilio á rebelión.José García Castro (Quireza): Era cuñado de Martín Ferreiro e axudóulle a fuxir a Portugal. Foi apresado xunto con Antonio Ferreiro e pasou uns meses na Illa de San Simón; en novembro de 1936 foi procesado por auxilio á rebelión en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e absolto. Posteriormente mantivo unha actitude próxima ao réxime franquista.Julio López Fondós (Castro): Canteiro e dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” de Castro. Era membro do PSOE e fixo a guerra no exército republicano. Internado nun campo de concentración en Francia, voltou a España voluntariamente, pasando a outro campo de internamento (¿Miranda de Ebro?). Os familiares tentaron liberalo mediante unha carta do crego de Castro José Rodríguez Anllo, que, en realidade, presentábao como un orador e activista político destacado. Saíu do campo mercé un aval do Alcalde franquista, Gerardo Lorenzo.Manuel Nieto Castro (Bugarín): Presidente da “Sociedad de Agricultores y Obreros `La Luz´” de Bugarín, andivo fuxido moito tempo no monte. Moi perseguido polos falanxistas de Quireza, que lle extorsionaron e confiscaron un automóvil da súa propiedade.Avelino Fraga Alonso (Quireza): Directivo da “Sociedad Agraria y Obrera `La Alianza´” de Quireza e antigo concelleiro. Debeu andar escapado ben tempo e tamén foi extorsionado polos falanxistas de Quireza.Benigno García Vilaboa (Quireza): Extorsionado e maltratado polos falanxistas de Quireza, na “cheka” instalada na taberna-tenda do Outeiro.

Page 21: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

21

Dionisio Pereira

Elvira Quibén Reigosa (Fondós): Dona dunha taberna, foi obxecto de contínuas requisas e extorsións por parte dos falangistas de Quireza, que a denominaban “Segunda Pasionaria”.Dorinda e María Garrido (Castro Docabo): Donas dunha taberna naquel lugar, sofriron contínuas requisas dos falanxistas de Quireza.Tomás García Escudero (Outeiro): Extorsionado pola Falange de Quireza.Avelino Alonso Rivas (A Devesa): Garda municipal de ideario socialista, destinado no Concello de Lavadores. Participou na resistencia ao golpe militar no seu lugar de residencia; logo estivo fuxido no monte e se entregou en 1939 con ocasión do bando do gobernador Gómez Cantos. Primeiro foi xulgado o 27 de xullo de 1936 en rebeldía; cando se entregou sofreu torturas e aturou un novo Consello de Guerra o 21 de xaneiro de 1939, sendo condenado a 12 anos de prisión, que pasou nas cadeas de Pontevedra e Vigo. A resultas das penalidades que soportou, sofreu graves secuelas sicolóxicas. No ano 1978 afiliouse de novo á Agrupación Socialista de Cerdedo.Miguel Basteiro Penela (Laxoso): Canteiro, residente en Codeseda (A Estrada). Condenado a 12 anos e 1 día por auxilio á rebelión, en xuízo militar celebrado en Pontevedra o 10 de setembro de 1936. En setembro de 1939 saiu en liberdade vixiada, por conmutación de pena.Cesáreo Álvarez Fortes (Cerdedo): Militante do PSOE, estivo emigrado durante a IIª República en Laciana (Asturias), onde traballou de albanel. Xulgado en Oviedo e condenado a 20 anos de prisión, foi internado no campo de concentración de Camposancos (A Guarda).Rosendo Castro Dapena (¿?): Albanel originario do Concello de Cerdedo, participou na guerra integrado no Batallón 219 de Asturias, denominado “Galicia”. Desfeita a fronte do Norte, foi procesado en Asturias no ano 1937. Ángel Bugallo Camiña (Cerdedo): Estudante e dependente da farmacia. Foi o último secretario de “Izquierda Republicana” en Cerdedo. Dende setembro de 1936 pasou varios meses no depósito municipal de Forcarei

Page 22: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

22

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

como preso preventivo e dalí ingresou na Prisión Provincial de Pontevedra. Foi procesado polo militar en 1937 acusado de rebelión e condenado a 20 anos de prisión, dos que cumpriu tres na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. Finalmente, a comezos dos anos 40 a concesión da farmacia que rexentara o seu pai Gumersindo Bugallo en Cerdedo pasou en circunstancias que descoñecemos a un destacado farmacéutico “camisa vieja” falanxista, debendo se transladar a Sanxenxo onde continuou en liberdade vixiada. Elena Bugallo Camiña (Cerdedo): Irmá do anterior, tamén sofreu persecucións e maltratos.Antonio Mariño (A Insua-Folgoso): De profesión canteiro, participou na Guerra Civil co Exército Republicano e ao remate da contenda estivo preso na cadea de Lugo.Dionisio Fraiz Cota (Folgoso): Presidente da “Sociedad de Agricultores `La Soledad´” de Folgoso. Detido no verán de 1936, padeceu malos tratos no Cuartel da Garda Civil de Cerdedo. Logo estivo internado na Escuela Normal de Pontevedra e foi xulgado nun sumario pola xurisdicción militar, sendo sobreseída a causa. Pasou anos en liberdade vixiada.Julio Otero (Tomonde): Estivo no Exército Republicano na zona de Tarragona e Castellón. Logo da contenda, pasou un tempo nun Batallón Disciplinario.Laureano Troitiño (Cerdedo): Idem.Rada (Carballás): Ferreiro de profesión, foi mallado polos falanxistas de Cerdedo no Cuartel da Garda Civil, seica por ter imitado a Xesucristo nun mitin en San Xoán durante a República. Tamén lle obrigaron a inxerir aceite de ricino.Andrés “do Rato” (¿Vilarchán?¿Fondós?): Mallado polos falanxistas de Cerdedo.Manuel Sieiro Sieiro (Deán): Mallado polos falanxistas cerdedenses, por non facer o saúdo fascista.Arturo Carballal Iglesias (Serrapio): Da CNT, enrolado no Exército Republicano en Madrid, logo da derrota foi procesado en Madrid e botou

Page 23: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

23

Dionisio Pereira

un tempo preso na cadea de Lugo, de onde se fugou xunto co seu irmán Agustín. Logo, ambos andiveron moi perseguidos.Agustín Carballal Iglesias (Serrapio): Idem. Foi Comisario Político do Exército Popular de Andalucía.“O Gaiteiro” (¿José da Gaiteira?) (Abelaíndo): Queimáronlle a casa (¿ou un hórreo?) nunha requisa de abastos. Armando Barros Barros (Pedre): Canteiro, de ideas espiritistas e antigo concelleiro. Perseguido.Fernando Gandos (Pedre): Era un coñecido ferreiro de ideas esquerdistas e recibiu a visita dos falanxistas para ser “paseado”. Puido escapar ao monte pola zona de San Isidro e alí botou un tempo agachado, coidando rabaños de cabras. A súa fragua foi rexistrada pola Garda Civil na procura de armas. Meses despois, amañou algunha pistola para os que estaban fuxidos no monte.José e Guillermo Fortes “Os da Carme de Gomallal” (Pedre): Pai e fillo. Eran masóns; nuns primeiros intres se ocultaron nun túnel feito no seu domicilio, para logo fuxir a Brasil dende Portugal con papeis falsificados.Serafín Fortes (Pedre): Seica pasou algún tempo na Colonia Penal da Illa de San Simón.Isolino Raposeiras (Vilalén): Canteiro e fundador da “Sociedad de Trabajadores y Oficios Varios” de Tomonde; foi concelleiro na etapa republicana. Perseguido.Manuel Monteagudo Ruzo (Castro): Estivo encausado en Ferrol (onde facía a mili por Mariña) xunto con outros mariñeiros da Armada, acusados de facer garda no Concello de Fene baixo as ordes da lexítima autoridade municipal republicana, pero non foi procesado (Máiz Vázquez, B; 2004). Temendo pola súa vida, agachouse en Castro ata que o alcalde Gerardo Lorenzo dóulle un certificado de boa conducta, reincorporándose ao Exército.Delmiro Ferrón (Pedre): Secretario da UGT de Pedre. Debeu marchar a América, polo que a súa familia, que residía en Castro, foi ameazada de

Page 24: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

24

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

morte polos falanxistas co beneplácito do crego Jesús Rodríguez Anllo.Manuel Gamallo Lois (Cerdedo) practicante e membro da Corporación municipal por “Izquierda Republicana”, detivéronno nos primeiros intres do golpe e logo foi internado en San Simón no mes de setembro de 1936. Tras aturar un Consello de Guerra acusado de rebelión militar polo que foi condenado a cadea perpetua, estivo preso en Pontevedra e no Forte de San Cristóbal (Navarra). Saíu en liberdade no ano 1943.José Luciano Martín (Cerdedo): Procesado no ano 1945 por delito de masonería.José Amor García (¿Figueroa?): Foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940.José Campos (A Cavadosa): Propietario dunha serrería, sofreu maltratos a mans dos falanxistas debido ás súas ideas esquerdistas.José María Bértolo Taboada (¿?): Residente en Gondomar pero nacido en Cerdedo, foi xulgado en Consello de Guerra andando setembro de 1936 acusado de rebelión militar. A causa foi sobreseída de xeito provisorio. ¿O Rubio? (Barro de Arén): Presidente da “Sociedad de Canteros y Marmolistas” de Lourido. Foi perseguido tras a guerra, pasando moitas dificultades para traballar con normalidade.¿Francisco Durán? (A Cavadosa): Canteiro, segundo algunhas fontes orais recibiu contínuas malleiras por parte dos falanxistas, cuxas secuelas producíronlle a morte anos despois. Outra versión sitúa estes mesmos feitos nun veciño de Abelaíndo, cuxa filiación descoñecemos.Muller de filiación descoñecida (Vilachá): Unha coñecida falanxista de Quireza, cortóulle o pelo na “cheka” sita na taberna-tenda do Outeiro.

Locais das sociedades agrarias e obreiras do Concello de Cerdedo confiscados:

Casa do Pobo de Deán: Cando estoupa a Guerra Civil en 1936, a Casa do Pobo de Deán era domicilio social da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Coa barbarie desatada, aquel local

Page 25: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

25

Dionisio Pereira

onde resoaron vibrantes discursos nos Primeiros de Maio, foi expoliado e incendiado polos falanxistas. Incautado polo réxime franquista para a CNS, no ano 1968 o edificio de 106 m2 era unha ruína valorada en 58.000 pts. e a placa de marbre andaba perdida polo faiado do Concello. Nos anos 80, o edificio pasou á propiedade da Xunta de Galicia que, á súa vez, cedéuno ao Concello, ata que o local foi restaurado no ano 2002 para uso dos veciños do lugar.Casa do Pobo de Bugarín: Pertencía á “Sociedad de Agricultores “La Luz” unha casa de planta baixa de 63 m2. Incautada polos falanxistas, pasou á propiedade da CNS. Hoxe destruída.Casa do Pobo de Pedre: Pertencía á “Sociedad de Agricultores y Obreros “La Guía”, unha casa de planta baixa de 96,75 m2. Foi construída mediante o traballo voluntario de todos os veciños, aportando cada un o seu cupo de pedra traballada. Incautada pola Falange, en 1968 o inmoble estaba valorado en algo máis de 18.000 pts. O edificio foi traspasado nos anos 80 á Xunta e logo ao Concello, que a cedeu en uso aos veciños da localidade.Casa do Pobo de Castro: Construída a comezos da IIª República, pertencía á “Sociedad de Agricultores y Canteros” do lugar. Incautada polos falanxistas, pasou á propiedade da CNS; nos anos 80 foi traspasada á Xunta e logo ao Concello, que a cedeu en uso aos veciños do lugar.Casa do Pobo de Vilalén: idem. anterior. Pertencía á “Sociedad de Trabajadores y Oficios Varios” de Tomonde.Casa do Pobo de Lourido: Construída pola “Sociedad de Canteros y Marmolistas” de Lourido. Incautada tras o golpe militar pola Falange, os seus mobles foron depositados no local que, perto da parroquial de Cerdedo, tiña o devandito partido faccioso. Foi substituída por outra construción.Á “Sociedad de Agricultores y Obreros “El Trabajo” de Figueroa e á súa homónima “La Alianza” de Quireza, respectivamente, lles foron incautados polos falanxistas senllos automóbiles no transcurso do ano 1936.

Page 26: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

26

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Radiografía da represión franquista no Concello de Forcarei

Naturais e veciños de Forcarei asasinados nas represalias no período 1936-1953

José Mª Taberneiro Fraíz “O Rolo” (Vilapouca): Antigo emigrante en EEUU, onde traballou como picador na minería de carbón na zona dos Grandes Lagos. Propietario dunha tenda, foi concelleiro do PCE en Forcarei no ano 1923 e durante a Fronte Popular formou parte da corporación municipal como segundo tenente de Alcalde, integrado no PSOE. Xunto con tres veciños de Cerdedo foi asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 de agosto de 1936. A muller nunca cobrou pensión de viudedade.Jesús González “Pernas” (Soutelo de Montes): De ideoloxía republicana, foi asasinado así mesmo en Alba o 11 de agosto de 1936.Manuel Canabal (A Hermida): Canteiro e membro destacado da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Unión Redentora”” (UGT) de Soutelo de Montes, distinguiuse polo seu labor sindical en Madrid. Segundo algunhas informacións sen confirmar, foi asasinado naquela capital polos falanxistas unha vez rematada a guerra.Cesáreo Cendón Barros (Sanguñedo): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.Manuel Cendón Pernas (Sanguñedo): Idem. Curmán do anterior.Caamaño (Soutelo de Montes): Idem. Armada ¿Manuel Armada Villaverde? (A Ponte): Chófer do ómnibus da familia López de Cachafeiro, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Morreu aos poucos

Page 27: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

27

Dionisio Pereira

polos malos tratos recibidos.Crespo (Gaxín-Cachafeiro): Zapateiro de profesión, levou igoal sorte que o anterior.Manuel Pedreira Pazos: Natural de Celas de Peiro (Coruña) e mestre de Meabia dende o ano 1935, estivo afiliado á FETE-UGT e ao PSOE. Integrado na masonería e moi activo como orador en diversos mitins na contorna, foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” en Pontevedra o 4 de setembro de 1936. Sancionado e expulsado do Maxisterio a título póstumo.Marcelino Pampín García (¿?): Xornaleiro, apareceu morto por arma de fogo o 22 de setembro de 1936 na bisbarra de Ferrol e soterrado no cemiterio de Serantes. Foi inscrito no Rexistro Civil de Ferrol, onde consta que era natural de Forcarei.Antonio Canabal Cachafeiro (¿Acibeiro?): Apareceu o seu cadáver, segundo consta no rexistro civil de Quiroga (Lugo), no lugar de Campodola neste Concello. Morte dubidosa datada o 31 de marzo de 1938. ¿Irmán de José Canabal Cachafeiro?.José Villaverde Arca (¿?): Canteiro, apareceu o seu cadáver en Sarria (Lugo) o 10 de outubro de 1938, segundo consta no rexistro civil deste concello. Morte dubidosa.Francisco Troitiño (¿?): Membro cualificado de diversas colectividades cenetistas na provincia de Madrid. Segundo algunhas informacións sen contrastar, foi pasado polas armas na posguerra.Florentino Cachafeiro Fernández (¿?): Miliciano do Exército Popular da República en Asturias, fusilado o 23 de novembro de 1937, con posterioridade á caída da fronte do Norte.Manuel Rivas Rey (¿?): Miliciano do BON 219, canteiro de profesión e afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).José Balado Gil (¿?): Tenente do BON 219, albanel, afiliado ao PCE e á CNT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).Manuel Bugallo Lois (Cobas): Miliciano do BON 219, canteiro

Page 28: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

28

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).

Naturais e veciños de Forcarei milicianos do Exército Popular da República, falecidos en combate

Francisco Gulías Gulías (¿?): Combatente da 98 Brigada Mixta 389 BON do Exército do Centro, afiliado ao “Sindicato Ünico de la Construcción” de Madrid (CNT) e ás “Juventudes Libertarias” de Cuatro Caminos, morto na fronte de Guadalajara en abril de 1938.Descoñecido (Soutelo de Montes): Combatente do Exército do Centro, morto en marzo de 1937 na toma de Brihuega aos italianos.¿Jaime Lorenzo Fraiz? (Castrelo): Combatente do Exército do Centro, morto en data e lugar descoñecidos.Manuel Bugallo Pérez (¿?): Combatente do Batallón 219 “Galicia”, de profesión canteiro e afiliado á UGT, morto na Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.Francisco Cardesín Fernández (¿?): Miliciano do BON 219, mamposteiro afiliado á UGT, morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.Daniel Barreiro Campos (¿?): Miliciano do BON 219, de profesión canteiro, morto en combate en La Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937. Francisco Espiña (Forcarei): Capitán do 5º Regimiento de Líster, afiliado á CNT. Faleceu en combate na fronte de Madrid no ano 1937.Francisco Dapena Carbajal (¿?): Miliciano natural do Concello de Forcarei, morto en combate na fronte oriental de Asturias, o 27 de agosto de 1937.Vitorino Bértolo Soto (A Grela): Miliciano morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.Gumersindo Caramés Gosende (Cachafeiro): Miliciano, residente en Riberas-Soto del Barco (Asturias), morto en combate en Las Adoratrices,

Page 29: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

29

Dionisio Pereira

fronte de Oviedo, o 3 de marzo de 1937.

Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Forcarei no período 1936-1953

José Rilo Buján (Manduas/Silleda): Comerciante. Asasinado na estrada de Acibeiro o día 16 de agosto de 1936.

Unha primeira achega aos forcareicenses encadeados, perseguidos e exilados

Francisco Quintillán Cardesín (Sorribas): Da familia dos “Cereiros” de Sorribas, canteiro, membro do “Sindicato Único da Construcción” de Madrid (CNT) e da FAI da capital do Estado. En Forcarei estaba afiliado á “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios ̀ La Polar´”, chegando a ostentar na Fronte Popular o cargo de vicesecretario. Integrado nun principio nas Milicias Confederales e logo en diversas unidades do Exército do Centro, ao rematar a contenda foi xulgado e pasou once anos na cadeas de Burgos e Santoña, para rematar facendo estradas no Pirineo vasco-navarro.Dionisio Quintillán Cardesín (Sorribas): Vello líder agrarista de tendencia republicano-socialista pertencente á familia dos “Cereiros” de Sorribas, afincouse dende comezos dos anos vinte do século pasado en Poio, onde foi secretario municipal e mesmo deputado provincial. No intre do golpe militar exercía como secretario do Concello de Poio e salvou a vida mercé á intervención dos Mercedarios do Convento, sendo confinado primeiro na cadea de Pontevedra e logo durante varios anos, ate 1941, en Ribadavia, onde traballou en malas condicións nun obradoiro de cadaleitos. Suxeito a Expediente de Responsabilidades Políticas a comezos dos anos 40, debeu se enfrontar á pretensión dos franquistas de expropiarlle as súas propiedades. Dionisio Quintillán Rey (Sorribas/Poio): Fillo do anterior, foi arrestado en Poio no mes de setembro de 1948 nunha redada contra o Comité

Page 30: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

30

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Comarcal de Pontevedra do PCE, procesado en marzo de 1949 e condenado a un ano de prisión menor que cumpriu na cadea de Vigo.Alfredo Iglesias Álvarez (Alfonsín): Dirixente da “Agrupación Socialista Obrera” e da “Sociedad de Oficios Varios `La Lealtad´” (UGT) de Presqueiras e canteiro de profesión, exerceu como líder agrario e obreiro no Concello de Forcarei dende os anos vinte do século pasado ate a Guerra Civil. Primeiro tenente de alcalde no Concello de Forcarei polo PSOE antes da Ditadura de Primo de Rivera, repetiu como concelleiro na Fronte Popular. Detido en Codeseda (A Estrada) tras o golpe militar, foi xulgado nun Consello de Guerra e condenado a cadea perpetua. Estivo preso sete anos en A Estrada, Pontevedra, San Simón, Penal de San Cristóbal (Pamplona), Villablino (nun “Batallón de Trabajadores”) e Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña).Donoso Rodríguez Mariño (A Ponte): Canteiro de ideario socialista e membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Polar”” de Forcarei no ano 1933; no comezo da República, encabezaría así mesmo a “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios ̀ El Porvenir´” de Forcarei, sendo elixido concelleiro nas elecións municipais do 14 de Abril de 1931. Foi detido nos primeiros intres do golpe militar.José Mª Gutiérrez Chamosa (Forcarei): Electricista, era Presidente da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´” cando se produciu o golpe militar. Internado no depósito municipal de Forcarei, foi posto a disposición da autoridade gobernativa en marzo de 1937.Fermín López Varela (Cachafeiro): Mestre de Pardesoa, pertencente ao PSOE e á FETE-UGT. Detido nos primeiros intres da contenda civil, estivo preso varios meses no depósito de Cerdedo e na Escuela Normal de Pontevedra; logo foi expulsado do Maxisterio e tivo moitos problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes debido a continuas denuncias de mestres falanxistas. Aos seus pais confiscáronlles un omnibus sen indemnización.Jesús López Varela (Cachafeiro): Irmán do anterior e simpatizante comunista, foi detido en 1948 no transcurso da caída que afectou ao PCE en toda a provincia de Pontevedra. Posteriormente exiliouse en Venezuela.

Page 31: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

31

Dionisio Pereira

Josefina López Varela (Cachafeiro): Irmá dos anteriores. Foi detida a fins dos anos 40, acusada de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”.José Canabal Cachafeiro (Acibeiro): Canteiro de ideas anarcosindicalistas, debeu andar fuxido polo monte nos primeiros intres da Guerra Civil, ata que conseguiu entrar en territorio republicano pasando por Portugal. Combateu en diversas unidades do Exército Popular da República e, tras a derrota, pasou a Francia onde foi internado no campo de concentración de Tarne et Garonne. Exilado naquel país, non retornou nunca á súa terra (Pereira, D.; 2006c).José Canabal Troitiño (Andón): Combateu no bando republicano e foi internado tras a caída da fronte de Cataluña no campo de Barcarés, sito no Mediodía francés.César (¿ou Antonio?) Cabada (Vilapouca): Participou no asalto ao madrileño Cuartel da Montaña e máis tarde na Guerra Civil, integrado en diversas unidades do Exército Republicano do Centro. Parece que pertenceu ao Partido Comunista. Tras a derrota, exilouse en Bos Aires.Eladio Seara Castro (¿?): Canteiro afiliado á UGT e integrado no BON 219 “Galicia”, co que participou na defensa de Asturias. Tras a caída da fronte do Norte, continuou loitando noutras unidades do Exército republicano ata que, en 1939, debeu se exilar en Francia. Rexistramos a súa presenza a comezos daquel ano no campo de concentración de Septfonds.Sabino Mariño Pereira (Forcarei): Abogado e alcalde de Forcarei ata xullo de 1934, data na que dimitiu ao ser nomeado Delegado Provincial de Trabajo na Coruña mercé á influencia de Emiliano Iglesias. Próximo aos liberais-demócratas na alborada republicana, exerceu como apoderado das dereitas nas elecións de febreiro de 1936. Logo do alzamento militar substituiu ao derradeiro Alcalde republicano, Francisco Gamallo Racamonde, ao ser nomeado o 25 de xullo daquel ano Delegado de Orden Público. En marzo de 1937 foi denunciado por facilitar documentación a catro veciños de Millerada de ideas esquerdistas que desexaban emigrar a América. Procesado por auxilio á rebelión, foi absolto pero resultou despoxado do seu cargo e debeu pagar unha multa de 10.000 pts, que

Page 32: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

32

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

depositou en agosto daquel ano. En 1941 foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas.José Mª Penas Varela (Soutelo de Montes): Xuiz municipal, comerciante e axente de embarques. Afecto ao alzamento militar, nembargantes foi detido e ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra a fins de decembro de 1936, acusado de proporcionar documentación a catro veciños que desexaban embarcar para América por temor a ser perseguidos, xa que figuraban como socios da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios” (UGT) de Millerada. Foi posto en liberdade sen cargos en marzo de 1937.Darío Dapena Fraiz (Millerada): Canteiro e vicesecretario da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `Defensa y Justicia´” (UGT) de Millerada, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regla. Foi procesado pola xurisdicción militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobreseida a Causa de xeito provisorio.Manuel María Dapena Pichel (Millerada): Xornaleiro, sofreu a mesma sorte que o anterior malia non estar asociado.Daniel Cachafeiro Gulías (Millerada): Xornaleiro, idem anterior.Enrique Cachafeiro Gulías (Millerada): Xornaleiro, idem anterior.Isaura “da Bernardina” (Soutelo de Montes): Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.Amalia Calvo (Soutelo de Montes): Idem.Pepa “de Aurora” (Soutelo de Montes): Idem.“O Fino” (Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por declararse republicano.O “Velliscos” (Soutelo de Montes): Idem.O “Petelo” (Soutelo de Montes): Idem.Ramón Castillo Ferreira: Mestre de Liñares-Forcarei, suspendido tres anos de emprego e soldo (Porto Ucha, A.S.; 2003).Francisco Rivas Basteiro: Mestre de Meabia, suspendido tres anos de emprego e soldo.

Page 33: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

33

Dionisio Pereira

Jacinto Caldera Manzano: Mestre de Millerada, sancionado con suspensión de emprego e soldo e translado en marzo de 1938, seica porque tras as elecións da Fronte Popular criticou a un cura.Benito Méndez Rodríguez: Mestre de Acibeiro, expulsado do Maxisterio en 1937.Isolina Méndez Rodríguez: Mestra de Dúas Igrexas, suspendida de emprego e soldo en 1936.Vicente Gutiérrez Barreiro (Forcarei): Panadeiro e carteiro de Forcarei, sometido a expediente polo Goberno Civil en decembro de 1938. Foi un dos membros fundadores da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”.Camilo Varela Varela (¿?): Electricista de profesión, foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940.Mato (A Estrada): Mancebo da botica de Soutelo de Montes, detido nos primeiros días do golpe militar e maltratado no cuartel da Garda Civil de Forcarei. Era de “Izquierda Republicana”.Francisco Lorenzo Fraiz (Castrelo): Canteiro de profesión, loitou no Exército Republicano en diversas unidades no Centro, Levante e Andalucía. Preso no campo de concentración de Los Almendros (Alicante) ao remate da contenda, pasou algúns meses no Castelo de Santa Bárbara e na cadea de Elche. Aos poucos, voltou ao seu Castrelo natal debéndose presentar periódicamente no cuartel da Garda Civil de Cerdedo (Porto Ucha, A.S.; 2003).Donoso Viéites Caramés (Forcarei): Xulgado en Pontevedra o 13 de maio de 1937 por rebelión militar, foi condenado a 30 anos de cadea, que cumprirá en San Simón e o penal de San Cristóbal (Pamplona). En 1940 estaba en réxime de prisión “atenuada”, conmutándolle a condena por 4 anos correndo 1942. Era xastre de profesión e residía en Silleda, aínda que nacera en Forcarei.Manuel Pardo Fernández (¿?): Chófer con residencia na Estrada malia que nacera no Concello de Forcarei. De filiación socialista, foi procesado no ano 1937 por requisar armas no intre do golpe militar, sendo sobreseída

Page 34: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

34

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

a causa de xeito provisorio.José Graña Gulías (¿?): De oficio albanel, exerceu como primeiro tenente de Alcalde durante a Fronte Popular. Foi xulgado o 11 de setembro de 1936 en Vitoria por tenencia ilícita de armas e condenado a 19 anos de prisión. Estivo en San Cristóbal e na cadea de Orduña.José María Dapena Seara (Ventoxo): Recluído tras a guerra nun Batallón de Traballo para facer pistas no Pirineo navarro.Arturo Dapena Seara (Ventoxo): Idem.Adenso Dapena Seara (Ventoxo): Idem.Avelino Bértolo Candeira (Alfonsín): Canteiro e afiliado á “Sociedad de Oficios Varios “La Lealtad”” (UGT) de Presqueiras, incorporouse en Asturias ao BON 219 “Galicia”. Ao caer a fronte do Norte fuxiu ao monte e, tras ser detido, foi internado na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Avelino foi, asemade, directivo da Agrupación Socialista de Presqueiras (Forcarei) durante a República.José Bértolo Candeira (Alfonsín): Idem.Avelino Dapena Quintillán (Castrelo): Albanel, loitou no BON 219 “Galicia” e foi sometido a dous Consellos de Guerra en Asturias tras a derrota republicana no outono de 1937. Na mesma fronte pero no bando franquista, estivo o seu irmán Camilo, que actuou como garda cívico no verán de 1936. Manuel Gulías Troitiño (¿?): Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte. Foi internado na cadea do Mosteiro de Celanova.Manuel Fraiz Gamallo (¿?): Idem.José Bugallo Pérez (¿?): Idem.Luis Bugallo Pérez (¿?): Idem.Ramón Vázquez Rey (Soutelo de Montes): Canteiro e afiliado á UGT afincado en Riera de Somiedo (Asturias), tivo o grado de capitán no BON 219 “Galicia”. Tras a desfeita do Exército Republicano, foi obxecto de Consello de Guerra e condenado á pena de morte, conmutada o 3 de xullo de 1939. Estivo na cadea de El Coto (Oviedo) e na de Coruña.

Page 35: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

35

Dionisio Pereira

Enrique Varela Soto (Forcarei): Foi encausado en rebeldía en abril do ano 1937 por traición e deserción.Alfredo Vilar Vilas (Millerada): Incorporado a unha unidade de Infantería de Marina do exército nacional, foi encausado en rebeldía polo delito de deserción en abril de 1937.Daniel García Taboada (¿?): Foi encausado en rebeldía o 22 de setembro de 1936, debido ao achádego duns cartuchos de dinamita nunha finca.José María Bugallo (Castrelo): Retornado de Arxentiña, tiña boa posición económica como propietario dun serradoiro na Barciela (Castrelo-Forcarei); cóntase que foi o primeiro en ter unha radio na contorna. Acusado de masón e perseguido, foille incautado o serradoiro. A súa muller foi maltratada polos falanxistas para que o descobrira. Tivo que se exiliar na Arxentina.José Barreiro Chamosa (Forcarei): A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.José González Rey (Cachafeiro): Idem. anterior. Foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.Luis Fraiz Sieiro (Millerada): Detido en 1948 por posuír propaganda comunista. En 1951 pasou varios meses na cadea por colaboración coa guerrilla de “Foucellas”, tras ser xulgado pola xurisdicción militar.Manuel Fraiz Villar (Millerada): Fillo do anterior, foi condenado en Consello de Guerra celebrado en 1951 a un ano de prisión, por colaboración coa guerrilla.Erundina Alonso Amaro (Millerada): Muller do anterior, pasou varios meses detida en 1951 por colaboración coa guerrilla tras ser sometida a xuízo.Ángel López Cores (Millerada): Combatente no Exército Republicano e afiliado á CNT. Xulgado polo militar en 1951, pasou dous anos na cadea por colaboración coa guerrilla.

Page 36: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

36

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Recapitulación: consideracións sobre as vítimas Podemos albiscar a partir das cifras aportadas os custos sociais, quer no senso cuantitativo, quer no cualitativo, que carrexaron o golpe militar do 18 de xullo de 1936, a Guerra Civil e a posterior Ditadura franquista, a tres pequenos concellos rurais situados na Terra de Montes como eran os de Beariz, Cerdedo e Forcarei, cuxa poboación non superaba os 20.000 habitantes: un total de 76 mortos, distribuídos en 36 asasinatos derivados dos “paseos”, fusilamentos e malos tratos nos cuarteliños e “chekas”, nas cadeas e nos campos de concentración; os 34 combatentes no Exército Popular da República falecidos nos combates; as cinco persoas de fóra da Terra de Montes asasinadas no seu territorio; e unha solitaria vítima dos bombardeos franquistas na zona republicana. Aos que habería que engadir, asemade, os soldados do exército sublevado falecidos na contenda, cuxos nomes aínda figuran en agravio comparativo cos vencidos nos muros das igrexas parroquiais da bisbarra. Non cabe esquecer, tampouco, un mínimo de 158 represaliados e represaliadas con penas de cadea, malos tratos, violacións, expulsión dos seus traballos (eis o caso significativo dos mestres), exilio, roubos e incautacións de bens, extorsións ou persecucións varias, que dan boa conta da masiva, sistemática e delongada política de terror practicada polos vencedores e soportada por amplas capas da poboación. Eiquí tan só enxergamos a punta do “iceberg” coas 234 semblanzas que salvamos do esquecemento (Ver CADROS I, II, III e IV), pero de seguro atoparemos moitos e moitas máis cando poidamos acceder á totalidade da información subministrada polos Expedientes de Responsabilidades Civís e os Expedientes de Responsabilidades Políticas, incoados de maneira masiva a partir de 1937 e 1939, respectivamente. Os datos revelan a intensidade da represión franquista no Concello de Cerdedo, sobresaínte se a comparamos coa que aturou o de Forcarei, de maior poboación, e coa de Beariz, con moito a de menor entidade. Como razón de fondo, podemos apuntar ao importante tecido asociativo

Page 37: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

37

Dionisio Pereira

e cidadá do municipio cerdedense, históricamente o máis desenvolvido neste eido na Terra de Montes, que constiuíu un obxectivo senlleiro da criminal deconstrución franquista. Non obstante, compre sinalar que o noso maior coñecemento do acontecido en Cerdedo mediante a historia oral, amplía unhas diferencias que, na realidade, de seguro son menores. Incorporar no futuro un maior número de informantes de Beariz e Forcarei, é o noso vindeiro obxectivo para remediar esta eiva. Queremos, asemade, centrar a nosa atención nunha temática que, até de agora, pouco interese ten suscitado. Referímonos ás consecuencias que carrexou a Guerra Civil nalgunhas zonas de Galicia, nas que boa parte da poboación masculina en idade laboral desenvolvía oficios itinerantes, de maneira que o 18 de xullo de 1936 colleu a moitos veciños traballando no territorio que, despois do alzamento militar, ficou baixo control da República. Na Terra de Montes, en concreto, de marzo a decembro a maioría dos homes en activo traballaban nos diversos oficios do ramo da construción noutros territorios do Estado español, caso de Madrid, Euskadi, Asturias, O Pirineo, Andalucía, etc.. Algo semellante acontecía, asemade, en Cuntis, A Estrada e Cotobade; mais tamén era o caso dos afiadores e paragueiros da bisbarra ourensán de Esgos e Nogueira de Ramuín ou dos canteiros e albaneis de Quintela de Leirado; dos pescadores afincados de xeito temporal no País Vasco e Asturias; dos mariñeiros enrolados nos barcos de cabotaxe, maiormente de Noia, San Cibrao ou Corme; dos “cabaqueiros” de A Guarda e O Rosal; dos xornaleiros e seitureiros do interior de Lugo e Ourense.... Así mesmo, aínda que non eran un oficio itinerante, cabe lembrar as colonias de mineiros procedentes do Leste das provincias devanditas, empregados nas minas de León, Asturias ou, caso do interior ourensán, na Serra Morena. Moitos deles, participaron como voluntarios na contenda loitando no Exército Popular, e algúns faleceron nos combates ou sofriron represalias mortais unha vez derrotada a IIª República. Tamén son importantes os asasinatos e fusilamentos de veciños da Terra de Montes (militares ou non) acontecidos no territorio franquista durante a guerra (en Aragón ou

Page 38: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

38

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Asturias, concretamente), así como o volume das rabexadas represivas de distinta fasquía que padeceron persoas orixinarias tanto de Cerdedo como de Forcarei noutros territorios do Estado español (ver CADROS I, II, III, e IV). En consecuencia, ben puidera aplicarse o modelo “exportador de vítimas” da Terra de Montes, a outras zonas do país nas que coincidiron unhas circunstancias semellantes1. Tamén quixeramos facer unha breve referencia ás cuestións de xénero: malia que os asasinatos ou fusilamentos de veciños e naturais da Terra de Montes non provocaron vítimas entre as mulleres, estas protagonizan case que o 10% do total das represalias sen resultado de morte, o que evidencia a relevancia dunha represión, a de xénero, que ten unhas características específicas que explican as moitas dificultades que aínda hoxe existen para o seu coñecemento e denuncia. Por último, é preciso sinalar que tan só pretendemos con este traballo fixar e difundir entre a veciñanza da Terra de Montes a “memoria dos vencidos”, a lembranza das vítimas da Ditadura franquista, para abonarlles tan sequera en pequena medida a lexítima débeda de recoñecemento que temos con elas e con eles; mais tamén para combater a desmemoria e contrastar a versión interesada dos vencedores que aínda domina nestes territorios, malia os case que 40 anos de transición democrática inxusta, incompleta e inacabada, sobre todo para as vítimas do franquismo e os seus achegados. Para eles, os tempos da verdade, da xustiza e da reparación son chegados.

1 Unha excepción á falla de investigacións nesta temática atópase en Castro Pérez, F. “A ruptura da convivencia nas Terras de Celanova” in Caderno Arraiano “Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista”, verán 2007, Asociación Arraianos, Celanova. Neste interesante traballo, o autor refírese tanto á influencia dos canteiros e albaneis do concello de Quintela de Leirado (Ourense) emigrados temporalmente en Madrid verbo do asociacionismo obreiro no municipio, como ao importante número deles que loitaron no Exército Popular da República sofrindo represalias por tal circunstancia.

Page 39: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

39

Dionisio Pereira

CADRO I Naturais e veciños do Concello de Beariz mortos e represaliados no período da Guerra Civil e o primeiro franquismo (1936-1953) (*)

Total persoas de fóra que foron asasinadas no Concello de Beariz: 1TOTAL MORTOS: 1Desterrados: 1Presos gobernativos, sen proceso ou con causa sobreseída: 2Obxecto de extorsións, malos tratos, multas, expedientes...: 1Homes: 4Mulleres: 0TOTAL OUTROS REPRESALIADOS: 4TOTAL XERAL BEARIZ: 5

(*) Cifras mínimas

Page 40: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

40

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

CADRO IINaturais e veciños do Concello de Cerdedo mortos e represaliados no período da Guerra Civil e o primeiro franquismo (1936-1953) (*)Condenados a morte e fusilados: 11

Asasinados extraxudicialmente: 5

Morte na cadea ou campo de concentración: 3

Total: 19 (un dubidoso)

Mortes acontecidas no Concello de Cerdedo: 2

Mortes na provincia de Pontevedra: 3

Mortes no resto de Galicia: 2

Mortes no resto do Estado español: 11

Mortes nos campos de exterminio nazis: 1

Total: 19 (un dubidoso)

Total naturais e veciños mortos nas represalias: 19

Total persoas de fóra que foron asasinadas no Concello de Cerdedo: 3

Total naturais e veciños mortos en combate ou polas feridas tras a súa participación no Exército da República:

24

Total naturais e veciños non militares mortos por actos de guerra na zona republicana:

1

TOTAL MORTOS: 47

Encausados, procesados e encadeados: 22

Prisioneiros de guerra ou nun Batallón de Trabajadores: 13

Exilados: 11

Fuxidos: 8

Presos gobernativos, sen proceso ou con causa sobreseída: 13

Obxecto de extorsións, malos tratos, multas, expedientes...: 21

Depurados no seu traballo: 7

Mulleres aldraxadas: 1

Homes: 88

Mulleres: 8

TOTAL OUTROS REPRESALIADOS: 96

TOTAL XERAL CERDEDO: 143

(*) Cifras mínimas

Page 41: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

41

Dionisio Pereira

CADRO IIINaturais e veciños do Concello de Forcarei mortos e represaliados no período da Guerra Civil e o primeiro franquismo (1936-1953) (*)Condenados a morte e fusilados: 1

Asasinados extraxudicialmente: 12

Morte derivada dos malos tratos: 2

Descoñecido: 2

Total: 17 (catro dubidosos)

Mortes acontecidas no Concello de Forcarei: 2

Mortes na provincia de Pontevedra: 3

Mortes no resto de Galicia: 6

Mortes no resto do Estado español: 6

Total: 17 (catro dubidosos)

Total naturais e veciños mortos nas represalias: 17

Total persoas de fóra que foron asasinadas no Concello de Forcarei: 1

Total naturais e veciños mortos en combate ou polas feridas tras a súa participación no Exército da República:

10

TOTAL MORTOS: 28

Encausados, procesados e encadeados: 15

Prisioneiros de guerra ou nun Batallón de Trabajadores: 11

Exilados: 6

Confinados: 1

Presos gobernativos, sen proceso ou causa sobreseída: 13

Depurados nos seus traballos: 6

Obxecto de extorsións, malos tratos, multas, expedientes...: 3

Mulleres aldraxadas: 3

Homes: 52

Mulleres: 6

TOTAL OUTROS REPRESALIADOS: 58

TOTAL XERAL FORCAREI: 86

(*) Cifras mínimas

Page 42: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

42

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

CADRO IVNaturais e veciños da Terra de Montes mortos e represaliados no período da Guerra Civil e o primeiro franquismo (1936-1953) (*)

Condenados a morte e fusilados: 12

Asasinados extraxudicialmente: 17

Morte na cadea ou campo de concentración: 3

Morte derivada dos malos tratos: 2

Descoñecido: 2

Total: 36 (cinco dubidosos)

Mortes acontecidas no territorio da Terra de Montes: 4

Mortes na provincia de Pontevedra: 6

Mortes no resto de Galicia: 8

Mortes no resto do Estado español: 17

Mortes nos campos de exterminio nazis: 1

Total: 36 (cinco dubidosos)

Total naturais e veciños da Terra de Montes mortos nas represalias: 36

Total persoas de fóra que foron asasinadas no territorio da Terra de Montes: 5

Total naturais e veciños da Terra de Montes mortos en combate ou polas feridas tras a súa participación no Exército da República:

34

Total naturais e veciños da Terra de Montes non militares mortos por actos de guerra na zona republicana:

1

TOTAL MORTOS: 76

Encausados, procesados e encadeados: 37

Prisioneiros de guerra ou nun Batallón de Trabajadores: 24

Exilados: 17

Confinados/Desterrados: 2

Fuxidos: 8

Presos gobernativos, sen proceso ou con causa sobreseída: 28

Obxecto de extorsións, malos tratos, multas, expedientes...: 25

Depurados no seu traballo: 13

Mulleres aldraxadas: 4

Homes: 144

Mulleres: 14

TOTAL OUTROS REPRESALIADOS: 158

TOTAL XERAL TERRA DE MONTES: 234

(*) Cifras mínimas

Page 43: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

43

Dionisio Pereira

FontesBibliografía- Arca Rivas, R. “Año 1936-1939. Guerra Civil Española. Madrid. Diario.” Manuscrito, Figueroa-Cerdedo.- Dasairas, X. “Mestres ourensáns represaliados polo franquismo”, in Revista A Trabe de Ouro, nº 14, Abril-Xuño 1993, Ed. Sotelo Blanco, Santiago, 1993. - Cid Fernández, X.M. “Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República”, Universidade de Santiago de Compostela, 1989.- Lamela, L. “A Coruña, 1936: Memoria convulsa de una represión”, Edicións do Castro, Sada, 2002. - Laruelo, M. “Gallegos rojos en Asturias, rojos de Asturias en Galicia” in “A Represión Franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria, Narón, decembro 2003”, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, Ferrol, 2005.- Liñares Giraut, X.A. “Negreira na Guerra do 36”, Edicións do Castro, Sada, 1993.- Máiz Vázquez, B. “Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra Ferrol, 1936-1955”, Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2004.- Monteagudo Ruzo, M. “Unha manchea de contos”, Ediciones R.S., Pontevedra, 2005.- Monteagudo Ruzo, M. “Historias de Santa Baia de Castro. Contos e outras historias”, Ediciones R.S., Pontevedra, 2007.- Pereira, D. “Os represaliados na Guerra Civil en Cerdedo” in Boletín “Verbo Xido”, nº 4, Maio 2003, Soutelo de Montes, 2003.- Pereira, D. “Xosé Otero Espasandín: Vida e pensamento dun cerdedense desterrado”, “Verbo Xido”, Soutelo de Montes, 2004a.- Pereira, D. “O alzamento fascista na bisbarra das Frieiras” in AAVV, “O Cambedo da Raia,1946. Solidariedade galego-portuguesa silenciada”, Amigos da República, Ourense, 2004b. - Pereira, D., “A IIª República e a represión en Cerdedo”, “Verbo Xido”,

Page 44: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

44

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Soutelo de Montes, 2006a.- Pereira, D. “A saga dos Quintillán de Sorribas”, in Verbo Xido, Boletín de Ecoloxía e Cultura da Terra de Montes, nº 14/15, xullo 2006, Soutelo de Montes, 2006b.-Pereira, D. “Crónicas de Forcarei. Noticia de José Canabal, canteiro e anarquista” in “Verbo Xido”, Boletín de Ecoloxía e Cultura de Terra de Montes, nº 14/15, xullo 2006, Soutelo de Montes, 2006c.- Pereira, D. “Lembranza de José Mª Taberneiro, O Rolo de Vilapouca”, in “Verbo Xido. Boletín de Ecoloxía e Cultura da Terra de Montes”, nº 23, setembro 2009, Soutelo de Montes, 2009.- Pereira, D. e Fernández, E. “O Movemento Libertario en Galiza (1936-1977)”, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2006.- Porto Ucha, A. S. “O maxisterio pontevedrés na II República, Guerra Civil e Franquismo”, Alén Miño Edicións, Ponteareas, 2003.- Prada Rodríguez, J. “Ourense, 1936-1939. Alzamento, Guerra e Represión”, Ediciós do Castro, Sada, 2004.- Rodríguez Fraiz, A. “Canteiros e artistas de Terra de Montes e Ribeiras do Lérez”, Pontevedra: Comisión de Cultura da Deputación de Pontevedra e Concellos de Cerdedo e Forcarei, 1982.- Rodríguez Fraiz, A. “Santa Mariña de Tomonde. Terra de Montes-Cerdedo”, Deputación Provincial de Pontevedra, 2001.- Silva Ferreiro, M. “Galicia y el Movimiento Nacional”, Seminario Conciliar, Santiago, 1938.- “Gran Enciclopedia Gallega”, voces relacionadas coa Terra de Montes, da autoría de Antonio Rodríguez Fraiz.Xornais- “El Pueblo Gallego”, (Vigo), 1936-39.- “Faro de Vigo”, (Vigo), 1937, 1940.- “Galicia Libre”, (Madrid-Valencia), 1937-39.- “Nueva Galicia”, (Barcelona), 1937-39.- “Diario de Pontevedra” (Pontevedra), 1936-39.- “El Noticiero Gallego” (Pontevedra) 1934-40.

Page 45: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

45

Dionisio Pereira

Entrevistas- R. A., Figueroa.- A. D., Tres Aldeas.- J. B., Os Castros-Quireza.- M. M., Castro.- S. R., Mamoalba.- L. L., Quireza.- R. M., Piñeiro.- V. B., Cerdedo.- C. O., Figueroa.- A. R., Tomonde.- M. P., Pedre.- J. A. M., Pedre.- M. R., Limeres.- B. F., Castro/Pedre.- J. S., Limeres.- B. B., Cerdedo.- G.F., Caroi, Cotobade- X. L., Cachafeiro, Forcarei.- A. T., Vilapouca.- A. D., Soutelo de Montes.- C. G., Soutelo de Montes.- H. P., Lourido.- C. D., Figueroa.- M.F., Fondós- Correspondencia de José Canabal Cachafeiro, aportada polo historiador Eliseo Fernández- Grabación das entrevistas realizadas a Olga Camiña Monteagudo, Bos Aires, 9/12/2006 e 9/9/2007, ao abeiro do Proxecto Interuniversitario “Os Nomes, As Voces, Os Lugares”.- Idem a Xaime López, Cachafeiro, o 14/5/2007.- Idem a Gerardo Sueiro Martínez, Ourense, o 18/11/2007.

Page 46: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

46

As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei

Fontes documentais- Inventario CNS, Ano 1978.- Archivo General de la Guerra Civil Española, Sumario 743/45; TERMC, 14212; Masonería.- Archivo Histórico Nacional, FC-Causa General, 1530, 1531, Expedientes 8 e 17.- Rexistros Civís de Beariz, Cerdedo, Forcarei, Ferrol e Pontevedra.- Revisión de Consellos de Guerra celebrados contra veciños dos Concellos de Beariz, Cerdedo e Forcarei. Tribunal Militar IV, VIII Región Militar: 207/36, 525/36, 627/36, 892/36, 1108/36, 1118/36, 1274/36, 1306/36, 949/36, 1368/36, 8/37, 577/37, 807/37, 859/37, 246/39, 259/49, 224/51, 232.bis/37 Asturias.Outras- Listaxes de “Todoslosnombres” Asturias, listaxes Consellos de Guerra celebrados en Asturias, listaxes Batallón 219 “Galicia”, aportadas polo historiador Luis Manuel Cuervo (Asturias).- Listaxes presos de San Cristóbal (Pamplona), aportados polo historiador Iñaki Alforja (Nafarroa).- Listaxes presos de San Simón (Redondela), aportados polo historiador Gonzalo Amoedo (Redondela).- Listaxes compoñentes diversos Batallones de Trabajadores radicados no Pirineo Vasco-Navarro, procedentes da páxina web www.esclavitudbajoelfranquismo.org .- Repertorio biobibliográfico do exilio galego, Consello da Cultura Galega, ano 2001.- Portal de Archivos Españoles: Víctimas de la Guerra Civil y Represaliados del Franquismo.- Blog de Xoán Carlos Garrido, http://www.blogoteca/autoestrada/index.- Base de datos do Proxecto Interuniversitario “As Vítimas: Nomes e Voces”.

Page 47: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei

47

Dionisio Pereira

Contido

Radiografía da represión franquista no Concello de Beariz 3Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Beariz no período 1936-1953 3Unha primeira achega aos veciños e naturais de Beariz encadeados, perseguidos e exilados 3Persoas de fóra represaliadas en territorio do Concello de Beariz 3

Radiografía da represión franquista no Concello de Cerdedo 4Naturais e veciños de Cerdedo asasinados nas represalias no período 1936-1953 4Naturais e veciños de Cerdedo milicianos do Exército Popular da República, falecidos en combate 7Naturais e veciños milicianos do Exército Popular da República, falecidos na inmediata posguerra a causa das feridas de guerra ou das mutilacións 9Naturais e veciños non militares mortos na zona republicana durante a Guerra Civil, vítimas de accions de guerra 10Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Cerdedo no período 1936-1953 10Unha primeira achega aos cerdedenses encadeados, perseguidos e exilados 11Locais das sociedades agrarias e obreiras do Concello de Cerdedo confiscados 24

Radiografía da represión franquista no Concello de Forcarei 26Naturais e veciños de Forcarei asasinados nas represalias no período 1936-1953 26Naturais e veciños de Forcarei milicianos do Exército Popular da República, falecidos en combate 28Persoas de fóra que apareceron mortas no Concello de Forcarei no período 1936-1953 29Unha primeira achega aos forcareicenses encadeados, perseguidos e exilados 29

Recapitulación: consideracións sobre as vítimas 36

Cadros 39

Fontes 43

Page 48: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei
Page 49: As vítimas do franquismo na terra de montes (1936 1953) beariz, cerdedo e forcarei