súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da lama, covelo e fornelos de...

27

Upload: vantruc

Post on 16-May-2019

222 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na
Page 2: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na
Page 3: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

1

Non é a primeira vez nin será a derradeiraque alguén se pregunta polo significado da pala-bra que dá nome a esta serra: e logo, que signifi-ca Suído? Disque a voz é de orixe prerromana,como tantas outras que dan nome a espazos oulugares da terra galega. Precisamente é esa orixeremota a que nos dificulta saber con certeza o queé que significa Suído. Se buscamos nos poucosdocumentos antigos nos que existen referenciasdeste vocábulo, ollamos que aparece por primeiravez usado antes que como topónimo, como apeli-do entre as xentes de Forcarei e de Fornelos deMontes nos séculos XIII e XIV. Quizais este uso nonsexa casual pois as poboacións de Fornelos eForcarei están relacionadas coa Serra do Suído,ora por se situar preto da serra, ora por ser desti-no o mosteiro cisterciense de Aciveiro en Forcarei,do antigo camiño da Brea que atravesaba estasmontañas dende a comarca do Ribeiro.

Descartadas quedan determinadas inter-pretacións sobre este nome, como a que o relacio-naba coa familia dos porcos e xabarís, os súidos(palabra de etimoloxía latina) ou a outra que aemparentaba coa voz da veciña lingua portuguesasoído que no galego pasa a ser son, cunha evolu-

ción fonética diferente. Iso si, sabemos que o sufi-xo -ido significa abundancia, mais non podemossaber a que abundancia se refire Suído. É este omotivo que nos leva a denominar o Suído como "olugar da abundancia" nesta pequena nota introdu-toria.

Hoxe tamén sabemos que a Serra do Suídoposúe unha abundancia de elementos históricos eetnográficos xunto con outros naturais que fan queeste sistema montañoso mereza estar entre osgrandes espazos naturais galegos, como unhamaneira de apostar pola preservación de tódolosseus sobranceiros valores culturais e ambientais.

Para coñecer máis polo miúdo eses ele-mentos que nos gardan estas montañas (comparti-das na actualidade polos concellos da Lama,Covelo e Fornelos de Montes, na provincia dePontevedra e polos concellos de Avión e Beariz naprovincia de Ourense), convidámoste a ti lectora ea ti lector a nos acompañar ao longo destas páxi-nas. Despois disto, esperamos que tamén vós sexa-des partícipes desta tarefa de divulgación e conser-vación dos valores ambientais e históricos desteimportante espazo de media montaña galego.

Río Verdugo.Xaco

be M

elé

ndre

z

Page 4: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

A paisaxe que coñecemos hoxe en día noSuído é resultado en parte, dos aproveitamentosagrícolas e gandeiros practicados durante séculosna serra. A interacción do ser humano coa súacontorna deu lugar a unha modificación do medioambiente, facendo primar uns tipos de hábitatsnaturais en detrimento doutros. Desta maneira, porexemplo, as fragas orixinarias foron desaparecen-do para dar máis cabida ás matogueiras e aospasteiros, como consecuencia da preferencia des-tas formacións arbustivas e herbáceas á hora demanexar e criar o gando, así como tamén debidoá utilización das árbores como unha materia primade primeira orde, como leña e madeira.

Non embargante, a pesar da transforma-ción que supuxo este proceso na paisaxe, nonpodemos esquecer que se fixo dun xeito paulatinoao longo de moitos séculos e milenios. É por istoque o produto de tal proceso foi a obtención dunrico legado ecolóxico en conxunción con outro,tamén salientábel, de carácter cultural.

Mais antes de falar da presenza dos huma-nos na serra, temos que nos centrar nos procesosxeolóxicos que prepararon e modelaron o espazopara servir logo de base ou substrato físico detódalas formas de vida que despois se asentaronnel. Nesa modelaxe tamén xogaron un papelimportante amais das rochas, o clima e as estrutu-ras xeolóxicas herdadas, pero vaiamos por partes.

O Suído (cunha extensión dunhas 25.000Ha) é unha serra que se sitúa dentro da cadeamontañosa coñecida como Dorsal Galega, quedende Estaca de Bares até o Miño acada unha lon-xitude de 250 km e posúe unha altitude media queoscila entre os 600 e os 1000 metros. Esta cadeadivide o territorio galego de norte a sur e taménserve de delimitación natural das provincias daCoruña e Pontevedra e de Lugo e Ourense. Aonorte comeza dende a Serra da Faladoira parapouco a pouco ir desprazándose ao sur, polasserras da Loba, da Cova da Serpe, do Careón, doFarelo e do Faro, onde vira cara o oeste polosmontes do Candán, do Testeiro e do Cando paralogo continuar de novo ao sur polas serras doSuído e do Faro de Avión.

2

Portela das Travesas.

Ale

xandre

Cendón

Page 5: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

A oroxénese é o proceso ou período xeoló-xico no que se formaron as montañas (oro- é unelemento grego de formación de palabras que sig-nifica montaña e xénese, significa orixe dunhacousa ou proceso que dá lugar a un feito). Destemodo podemos explicar a aparición das montañasgalegas e estudar a súa posterior evolución.

No caso concreto da Dorsal Galega(cadea onde está incluído o Suído, como dicimos),o seu xurdimento achámolo na OroxéneseHerciniana, un proceso que tivo a súa aparición noperíodo xeolóxico coñecido como Carbonífero(dentro da Era Primaria), abranguendo unha dura-ción duns 20 millóns de anos até o Pérmico (idadexeolóxica posterior). A Oroxénese Herciniana tivo oseu final hai uns 250 millóns de anos.

A grandes trazos podemos explicar o quesucedeu como o pregamento, fracturación e trans-formación mineralóxica dunha cantidade inxente

de sedimentos e materiais volcánicos depositados,previamente a ese intervalo de tempo, en xeosincli-nais (concas sedimentarias en proceso de afundi-mento preto da costa). Por suposto este mecanismotectónico afectou a todo o territorio que hoxe coñe-cemos como Galicia, facendo emerxer do océanoen primeiro lugar ás montañas orientais e despoisás occidentais, na forma dunha cordilleira que seelevaba varios quilómetros sobre o nivel do mar.

Con posterioridade a este ciclo oroxénico,durante a Era Secundaria apenas sucederon episo-dios tectónicos significativos até a chegada da EraTerciaria, cando a erosión arrasou o terreo forman-do a Superficie Fundamental (grandes chairas), daque actualmente queda como vestixio precisamen-te a Dorsal Galega, elevada e rexuvenecida logoda Oroxénese Alpina (rematada hai case 2 millónsde anos, ao final do Terciario) e novamente erosio-nada nos albores do Cuaternario (era xeolóxicaactual) por mor da aridez do seu clima, o que pro-vocou a falla de cuberta vexetal que protexera osolo e facilitou esa erosión.

3

Ale

xandre

Cendón

Ale

xandre

Cendón

Fervenza na Abelenda.Chan de Bidueiros.

Page 6: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

4

A Serra do Suído (a raíz da transformaciónmineralóxica da que falamos antes) está formadapor rochas de orixe metamórfica. Aínda que nelapredomina o granito herciniano, a súa superficietamén comprende unha zona de transición (nolímite este) onde existen rochas metamórficas estra-tificadas, chamadas xistos (cunha estrutura enfollas). O granito do Suído ten unha gran variabi-lidade de gran e está composto por diferentesminerais como seixo (que pode aparecer en filóns),microclina, plaxioclasa (familia de feldespatos desodio e calcio) mica (en concreto a moscovita e abiotita) e en menor medida, apatita, aplito, circón,pegmatita (con granates e turmalinas) e algúnsminerais opacos.

Os afloramentos graníticos que podemosollar hoxe na serra son o resultado da desapariciónde tódolos sedimentos que os recubrían (o granitoé unha rocha magmática que nace no interior domanto terrestre, na codia), como efecto dos proce-sos xeolóxicos que vimos explicando. Unha vezfóra as rochas enfróntanse a un novo medio, a

atmosfera, suxeito á actividade da auga, o vento ea temperatura. Así entra en xogo a meteorización,que é a alteración que sofren os minerais da rochanesa nova condición ambiental.

A meteorización é visíbel nas rochas, destemodo se crean as súas curiosas e ás veces sorpren-dentes formas. Por esta alteración, o granito orixi-na bloques con moitas caras, curvas e arestas,como os penedos (tamén crea as característicaspías nas súas partes horizontais) mentres que asrochas metamórficas (os xistos) se erosionan máis,polo que os seus compoñentes máis duros (gneis ecuarcitas) quedan en forma de cristais nas eleva-cións do terreo.

Por outra banda, a meteorización tamén dálugar a outro medio de especial importancia paraa conformación da vida na Terra, por ser un víncu-lo fundamental entre o mundo inanimado e osseres vivos: o solo, un ben limitado no que poucoreparamos. O solo do Suído por regra xeral (comosucede en case toda Galicia) é moi ácido e estácomposto polos seguintes tipos, en función dosgranitos e xistos nos que se asentan: leptosoles eregosoles alumi-úmbricos (relacionados coa ero-sión producida polos incendios e o excesivo pastoreo),

Ale

xandre

Cendón

Page 7: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

cambisoles alumi-húmicos e, en menor medida,histosoles (solos encharcados). A profundidade dossolos do Suído varía entre os situados nas zonasaltas, cotos e lombas (de escasa profundidade,esqueléticos), sobre soportes líticos e os profundosdas chans, cargados de sedimentos.

Cando no limiar deste apartado referímo-nos á modelaxe da paisaxe, dixemos que nelainterviñan as estruturas xeolóxicas herdadas, asrochas e o clima.

Dentro da Dorsal Galega coas súas revira-voltas de norte a sur, o Suído aparece como unconxunto de montañas vellas, redondeadas e

sinuosas que se alternan con chans ou chairas,sempre na parte alta da serra. Esas chans e eleva-cións pouco prominentes son os efectos visíbeis daforte erosión á que estivo sometida, o que permitefacérmonos unha idea da lonxevidade do sitio encomparación con outras cordilleiras máis novas daTerra (como os Alpes ou o Himalaia).

As planicies ou chans (a toponimia infór-manos do seu número e importancia espacial:Chan dos Mouros, Chan do Libro, Chan deBidueiros, Chan de Valdohome…, ou CampoLargo, Campo de Ramil, Campo de Carixa…) sonsucadas por múltiples ríos que se precipitan a tra-vés de canóns e cavorcos, aproveitando as fractu-ras xurdidas na última etapa herciniana (facéndosemáis anchas e actuando como escorredoirosdurante o Mioceno e o Plioceno, a finais da Era

5

Os topónimos deixan entrever en moitoscasos a estreita vinculación que existe entre oslugares e os seus habitantes, sobre todo en Galiciaonde cada recuncho de terreo ten o seu propionome. O vencello das persoas cos sitios queda asítranslucido, perpetuado para sempre e transmitidode xeración en xeración, recollido nunha ou nun-has poucas palabras. Hai lugares que se nos pre-sentan como estraños e incomprensíbeis polo seunome, borrado de significado polo paso do tempo,debido á derivación ou á súa pertenza a linguas xamortas ou extintas. Mais noutras ocasións, o seusignificado aparécesenos claro. Noutras, necesita-mos do testemuño dos habituais desas paraxespara entender o porqué deste ou daquel nome delugar.

A Serra do Suído ten unha toponimia que afai senlleira na medida en que designa ou fai refe-rencia ao de si, á súa propia esencia, á súa formade ser e a liga co pensamento e o "entender omundo" -a cultura- das persoas e os pobos que ahabitaron e a fixeron tal como a coñecemos hoxe.O Canastro do Xuíz, os Cotos Cornudos, o Cotodos Ladróns, a Chan de Valdohome, a Chan doLibro, a Chan das Mesas, o Outeiro Vello, CampoLargo..., e un longo sen fin que se multiplica cadavez que se repara nunha peculiaridade ou diferen-

za do terreo. Ao carón do camiño que sube paraOs Foxos na parroquia de Campo, en Covelo,preto da pontella de Paradedra está Rañacú: unhapedra enorme pola que gabeaban, brincaban eescorregaban con pequenas laxas ao xeito dezorras, as nenas e nenos encargados das roldas deverán na serra, cando ían co gando a pacer nascampas frescas da montaña. Lina, a miña veciña,contábame que moitas veces no xogo, acababanpor romper os pantalóns, as bragas, os calzóns...,e entón a pedra -de Rañacú- rañaba a súa pelnova, ao quedar atrás a laxa na que montaban.

Río dos Foxos.

Rañacú

Ale

xandre

Cendón

Page 8: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

Terciaria, como consecuencia da OroxéneseAlpina). Así na súa vertente occidental nacen osríos Verdugo, Oitavén e Tea, mentres que na ver-tente oriental nace o Río Avia, baixando todos elesabruptamente cara os vales a causa da dureza doseu soporte lítico, o granito, o que explica a exis-tencia de numerosas fervenzas (como a Freixa deLiñares, a Fervenza de Casariños, a Freixa deFírveda, a Fervenza de Verducido, a Fervenza deRodeiro, a Fervenza da Abelenda…).

Os cotos ou cumes da serra con dificulta-de superan os 1000 m de altitude. Deste xeito asúa altura máxima posúea a Sesta Cerrada con1059 metros sobre o nivel do mar, que xunto coCoto Miñoto de 1048 m, os Cotos Cornudos de1039 m, o Coto da Puza de 1027 m, o Coto dosXarotos de 1020 m e o Portiño Escuro de 1010 m,entre outros poucos, forman os cumes máis eleva-dos. Porén por debaixo deles, chegamos até a altu-ra máis común que rolda os 900 m nas súas cor-dais ou lombas e noutros cotos salientábeis, comoo de Bidueiros con 944 m, e despois até os 800 mde media das chans.

Xa mencionamos antes a acción do climasobre a morfoloxía da orografía nos principios da

era xeolóxica na que estamos inmersos, oCuaternario, ou cando nos referimos á meteoriza-ción. En cambio non dixemos ren sobre o aspectoclimático máis relevante acaecido recentemente: aúltima glaciación, Würm, que rematou hai só10000 anos e desenvolveuse ao longo dun enor-me intervalo de tempo duns 106000 anos.Namentres outras zonas de Galicia soportarondurante ese período a presenza permanente dexeos (glaciares), producindo pegadas característi-cas no terreo como os vales en forma de "u", aSerra do Suído non contou con tal presenza. Istodebeuse en parte á súa superficie chan que nonpermite esvarar o xeo e á súa escasa altitude (contodo, disque na veciña Serra do Faro de Aviónasentouse un pequeno glaciar).

Non obstante si podemos falar da acciónperiglacial provocada polo frío na morfoloxía doterreo, que se pode apreciar a partir dos 700 m dealtitude. Os efectos periglaciais son debidos áalternancia continua de períodos de xeada, segui-dos doutros de desxeo, dun xeito prolongado notempo e sucedendo varias veces ao ano dentrodunha mesma xornada. Estes efectos do frío, deri-vados da conxunción de xeo e desxeo, provocaroncorrementos de terra, a aparición de turbeiras (das

6

Afloramento granítico arrodeado de pereiras bravas.

Ale

xandre

Cen

n

Page 9: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

que falaremos máis adiante) e a degradación derochas. Precisamente a degradación de rochasgraníticas por "cuña de xeo", é un dos efectos máisdoados de ollar; consiste basicamente na introdu-ción de auga nas súas fendas, que ao se conxelare aumentar de volume pola dilatación, provoca arotura da rocha en cachos menores. Isto explica aexistencia de fragmentos de rocha que se acumu-lan nas abas e ladeiras das montañas, así como aaparición de bloques fragmentados illados degrandes dimensións nas partes baixas, transporta-dos até alí ao escorregar.

Na actualidade o clima do Suído mudou atemperado, considerado como oceánico de mon-taña, onde a neve ten unha aparición limitada auns poucos días na etapa invernal. A súa proximi-dade ao océano e á Ría de Vigo ten como conse-cuencia que na zona se rexistre unha alta pluviosi-dade, motivada pola entrada das frontes húmidasprovenientes do Atlántico, que topan nestas mon-tañas un obstáculo. Este feito convérteo no lugarmáis chuvioso de Galicia (na estación meteorolóxi-ca de Fornelos de Montes, as precipitacións che-gan aos 2862 mm de media), o que axuda sen dúbi-da a que os prados se manteñan verdes ao longo detodo o ano e a que as turbeiras teñan o aporte deauga suficiente para o seu equilibrio hídrico.

7

Chan de Valdohome.

Gando na Chan do Libro.

Ale

xan

dre

Ce

nd

ón

Ale

xandre

Cendón

Coto de Bidueiros.

Ale

xandre

Ce

ndón

Page 10: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

A Serra do Suído posúe uns hábitats natu-rais característicos da media montaña galega. Asúa natureza granítica fai que existan numerosascomunidades vexetais relacionadas coas rochas,os penedos, as ladeiras líticas, os solos pouco pro-fundos…, como as que forman as numerosasespecies de liques e de brión.

Como xa dixemos, a presenza humanadende moi antigo modificou a súa faciana, pri-mando as áreas de monte baixo e os pasteiros(para dar alimento ao gando que alí se cría) sobreas áreas boscosas que quedaron relegadas ászonas baixas, aos cursos fluviais e aos vales. Nesamodificación os habitantes da serra utilizaron unhaferramenta que aínda hoxe resulta implacábel noseu labor de deforestación e clareo: o lume, utili-zado século tras século.

8

Un hábitat é o lugar no que vive un ani-mal, fungo, planta, protista ou bacteria, como sefose o seu enderezo, reunindo as condicións paraque alí poida desenvolver a súa vida (é dicir, tenque posuír as características apropiadas para asúa supervivencia). Hai moitos tipos de hábitats,igual que hai moitos tipos de organismos e segun-do o tipo de hábitat, vivirán nel determinados tiposde seres vivos (compartíndoo, como o fai a papu-xa montesa que vive no hábitat de matogueira,

cos toxos e as queirugas; ou a vacaloura que vivenas fragas, á vez que os carballos, o gaio, oesquío e o piquelo azul). O hábitat a miúdo estácaracterizado por unha peculiaridade física domi-nante e está ben delimitado xeograficamente. Paraprotexer as diferentes especies de seres vivos haique protexer en primeiro lugar pois, os seus hábi-tats, sen os que non poderían subsistir, por estarestreitamente vencellados con eles, cos que coe-volucionaron.

Que é un hábitat?

Ponte dos Cabaleiros, Río Tea (Covelo).

Xaco

be M

elé

ndre

z

Page 11: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

Pese a todo e despois da acción destrutorado lume, a serra garda moitos hábitats de alto inte-rese ecolóxico. As formacións herbosas, os pradose pasteiros con Nardus stricta, foron conservadas efomentadas (aínda hoxe pacen nelas as greas erabaños de cabalos e vacas). Mais sen dúbida, deentre os hábitats, os máis estendidos son as mato-gueiras, as poulas (formación vexetal dominadapor arbustos, plantas leñosas polo xeral ramifica-das dende a súa base, que non superan os 5 m dealtura). Así os toxais ocupan grandes espazos quese tinxen de amarelo cando sucede a súa floracióne agroman as churumas. Entre os toxos tamén con-viven outras especies como as ericáceas (uces equeirugas) que dependendo da profundidade,composición e humidade do solo, conforman dife-rentes tipos de matogueira, embelecendo a paisa-xe coas súas cores violáce-as.

As ucescomo a Erica arbo-rea ocupan as zonascon solos ricos e pro-fundos, nos fondos devalgada, cerca dos regatos,mentres que as queirugascomo a Calluna vulgaris e a Ericaumbellata ocupan lugares con solosesqueléticos, converténdose deste xeitona vexetación clímax (que non pode evo-lucionar máis). Outras como a Erica cilliarise a Erica tetralix aséntanse en zonas húmidas,arrodeando as turbeiras e mesmo sobre elas,facendo parte do que se coñece como vexetaciónde orla. A Daboecia cantabrica ás veces estáacompañada de matas de arandeira (Vacciniummyrtillus) preto das rochas e afloramentos graníti-

cos, en solos non esqueléticos. Tamén asociados apenedos e afloramentos líticos aparecen repartidospor toda a serra pequenos bosquetes de piornos,en lugares protexidos.

As turbeiras son zonas húmidas onde, pormor das súas condicións físicas, se desenvolveunha vexetación moi específica, composta porplantas higrófilas (propias de ambientes húmidos).Son chamadas así porque nelas se forma a turba(materia orgánica en descomposición, das propiasplantas mortas, que non chega a se mineralizar,pois as súas condicións hidromórficas constantesimpídeno pola falla de osixenación).

As turbeiras do Suído ocupan fondos de vale solos de granito impermeábeis que favorecen aacumulación de auga e unha deficiente drenaxe.

Son de orixe minerotrófica, é dicir, a auga queas alimenta provén na súa maioría da esco-rrenta superficial e de augas subterráneas.

Na zona son coñecidas como por-cas preñadas ou porcas

pandeiras, quizaispolo aspectoconvexo dal-gunhas for-m a c i ó n svexetais nasúa superficie

(como pequenos domos), que tremen, liberan bur-bullas ou se desprazan levemente sobre a auga aoseren pisadas.

Os bosques aluviais de amieiros e freixos (91E0)*, as car-balleiras galaico-portuguesas de carballos e cerquiños (9230), osrochedos silíceos do sedo-sclerathion ou do sedo albi-veroniciondillenii (8230), vexetación casmofítica de pendentes rochosas -subtipos silicícolas- (8220), formacións herbosas con Nardus stric-ta, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonasmontañosas (6230)*, estanques temporais mediterráneos(3170)*, uzais secos europeos (4030), uzais oromediterráneoscon toxos (4090), turbeiras altas activas (7110)* e uzais húmidosatlánticos meridionais de Erica cilliaris e Erica tetralix (4020)*.

Hábitats de interese comunitario, Directiva 92/43 CEE

Á dereita, turbeira na Chan de Valdohome. Arriba, aguia albela (Circaetusgallicus). Foto de Óscar M. Roza.

Ale

xandre

Cendón

*Prioritarios (con perigo de desaparición).

Page 12: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

Nelas viven plantas adaptadas a ambientes encharcados e conpoucos aportes minerais, como as dróseras ou orballiñas (pequenas plan-tas insectívoras que obteñen alimento de pequenos insectos que quedanatrapados nas secrecións pegañentas das puntas das súas follas). A plan-ta máis común é o esfagno, un pequeno brión que cubre toda a superfi-cie da turbeira como un manto, cumprindo a función de ser o principalformador da turba (a medida que morre e entra en descomposición, cre-ando sucesivas capas de turba que poden acadar até 4 m de grosor).

Moitas turbeiras actúan como reguladoras hidrolóxicas de moitosríos que nacen na montaña, xa que se comportan como esponxas capa-ces de absorber grandes cantidades de auga que logo liberan aos pou-cos.

A condición do Suído de fronteira entre dúas rexións bioxeográfi-cas, a eurosiberiana e a mediterránea (condición propia tamén deGalicia), fai que nel convivan (ás veces mesturadas, formando mosaicos),comunidades de organismos ou seres vivos propios desas dúas grandesrexións europeas, aumentando así a súa multiplicidade vital ou biodiver-sidade (favorecida aínda máis polos distintos pisos bioclimáticos que tene pola exposición dos seus montes á solaina e á sombría).

Isto se cadra, pódese ollar con facilidade nas zonas boscosas daserra, que aínda que fragmentadas e relegadas ás partes baixas en moi-tos casos, son relativamente abondosas e están presentes en toda a súa

10

Anfibios e réptiles

Limpafontes (Triturus boscai), píntega (Salamandra sala-mandra), saramaganta (Chioglossa lusitanica), sapo común(Bufo bufo), sapiño pinto (Discoglossus galganoi), estroza (Hylaarborea) ra patilonga (Rana iberica), ra vermella (Rana tempo-raria), ra verde (Rana perezi).Lagarto arnal (Lacerta lepida), lagarto das silvas (Lacerta schrei-beri), lagartixa galega (Podarcis bocagei), cobra de auga(Natrix maura), víbora de seoane (Vipera seoanei).

Víbora de Seoane (Vipera seoanei) e Estroza (Hyla arborea).

Ale

xand

re C

endón

Tin

o

Quin

tela

1

2

3

4

1. Porca preñada.2. Dróseras (Drosera rotundifolia)en primeiro plano sobre esfagnos.3. Detalle de turba.4. Violas (Viola palustris) e esfag-nos (Sphagnum spp.).

Fotos de Alexandre Cendón.

Page 13: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

contorna. Así na Serra do Suído queda unha man-cha do que foi o seu bosque primitivo (que deseguro ocupaba unha maior extensión entre as val-gadas e solos máis profundos). No concello daLama, na súa cara norte, en Pigarzos e Xesta,temos unha fraga que constitúe un bo exemplo debosque de carballos húmido e frío, que case acadaos 1000 m de altitude (preto xa do límite de altitu-de arbóreo que marcan os bidueiros, piso supra-temperado), cunha vexetación arbustiva compostapor arandeiras e acivros.

Fronte a este tipo de fraga, na súa cara sure ao longo das fragas do Tea (entre A Graña eCampo, en Covelo), a vexetación dominante com-ponse de carballos e cerquiños, cun estrato arbus-tivo de rascacús, acivros e loureiros (piso mesotem-perado), que se mestura nos cursos fluviais co bos-que típico de ribeira de freixos e amieiros. A exis-tencia de cerquiños ao carón dos carballos, probaa crecente influenza mediterránea do lugar (encontraste coa fraga da cara norte). Do mesmoxeito, na cara oriental as fragas mestúranse conexemplares de corticeiras, tamén sinais da maiorinfluenza mediterránea, aproveitadas para a tradi-cional explotación apícola.

11

Árbores

Arbustos

Carballos (Quercus robur), cerqui-ños (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betulaalba), amieiros (Alnus glutinosa), freixos(Fraxinus excelsior), salgueiros (Salix spp.),corticeiras (Quercus suber).

Acivros (Ilex aquifolium), rascacús(Ruscus aculeatus), pereiras bravas (Pyrusspp.), arandeiras (Vaccinium myrtillus), lou-reiros (Laurus nobilis), sanguiños (Frangulaalnus), abeleiras (Corilus avellana), hedras(Hedera helix), silvas (Rubus spp.), bigordas(Lonicera peryclimenum).

Fraga nas Estacas (Fornelos de Montes).

A pereira brava (Pyrus spp.), dáse esparexidapor toda a serra.

Ale

xan

dre

Ce

nd

ón

Ale

xan

dre

Cendón

Gato bravo (Felis sylvestris).

Page 14: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

12

1 2 3

4 5 6

7 8 9

Page 15: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

13

1. Narciso, Narcissus triandrus.2. Paxariños, Aquilegia vulgaris.3. Xunca de algodón, Eriophorum angustifolium.4. Gentiana pneumonanthe.5. Anemone trifolia.6. Amarelle, Narcissus cyclamineus.7. Dente de can, Erythronium dens-canis.8. Abrótega, Asphodelus albus.9. Xacinto bravo, Hyacinthoides non-scripta.

10. Violeta, Viola riviniana.11. Amarelles, Narcissus bulbocodium.12. Quitamerendas, Merendera pyrenaica.13. Queiruga, Calluna vulgaris.14. Queiruga e toxo, Erica cinerea e Ulex europaeus.15. Narcisos, Narcissus pseudonarcissus.

Fotografías: Alexandre Cendón

14

12

15

13

10

11

Page 16: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

A fauna que desenvolve a súa vida nosdiversos hábitats destas montañas é moi variada.Sen dúbida que a máis numerosa e visíbel é acomposta polo grupo das aves, con especies nontan comúns e escasas (como a aguia albela e obicotorto común ou como a aguia real que espo-radicamente voa os ceos da serra). Moitas destasaves viven no hábitat de matogueira dominante noSuído (como a papuxa montesa, o chasco, a laver-ca común, a azulenta, o picanzo vermello ou a tar-taraña cincenta) namentres outras ocupan o seulugar nos espazos forestais (como o azor, o gaio, ogabeador común, o piquelo azul, o ferreiriño sube-liño…).

Outros animais como a raposa e o porcobravo tamén abundan, con mustélidos e outrospequenos carnívoros como a algaria e o gatobravo. Pero se hai un animal carnívoro que sobre-saia polo seu significado sobre todos os demais,ese é o lobo (ou o Pardellas como prefiren dicir naGraña para así evitar atraelo ao nomealo).

O lobo leva convivindo cos habitantes des-tes montes moitos séculos. E non é unha conviven-cia doada e sinxela. Se nun principio os humanose o lobo tiñan que competir polos mesmos recur-sos alimentarios (representados polos herbívorossilvestres que pacían pola Dorsal Galega hai milesde anos), a cousa foi a peor cando os habitantesda serra decidiron dar o salto á cría e manexo do

14

Hai anos xa, un outubro, o Pancada, o Luíse mais eu, decidimos pasar uns días no Suído. Unhamañanciña subimos por Piñeiro até as altas chans eos cotos da serra. Deixamos atrás a caseta do velloviveiro por riba da poza encorada que serve de rega-dío para os anellos do val, na que antano os alba-reiros abrían a súa boqueira ao romper o día.Miramos grandes toxais, uzais, xesteiras, campas conescambróns esparexidos, esfagnos e dróseras sobreas porcas preñadas, limpafontes e ras vermellas,miñatos e lagarteiros..., á vez que camiñabamosentre greas de cabalos e rabaños de vacas, bestaslibres endurecidas polo rigor do clima da montaña.Contra a noite acampamos nun prado, na Chan dosAcivros xunto ao buraco que foi o antigo chozo deFofe, preto do chozo da ría de Piñeiro dende onde sepode albiscar tamén o chozo de Chambeiro. Asamoscastañas e quentámonos cunha infusión de herbaluísa e mel das abellas do Pancada, mentres falaba-mos na escuridade negra tendo como teito o ceoestrelado, no que sobresaían os luceiros que formana constelación de Orión.

Cando nos deitamos, logo duns poucosminutos, do silencio da inmensidade da serra saírontres ouveos, seguidos, curtos, limpos e achegados aonde nós estabamos. Eu preguntei, a sabendas daresposta, se foran os lobos e o Pancada coa súarotundidade cortante contestou "si é o lobo", comoquen acaba de escoitar ladrar un can na proximida-de da súa casa nunha aldea. Sentín un arrepío e unintenso pracer por estar naquel lugar e nese intre quese me parecía máxico e misterioso, tan afastado dodecorrer no seo do mundo cotián. Ninguén dixounha palabra máis, pechamos os ollos e espereioutro sinal, un gruñido, unha carreira, unha respira-ción salvaxe, a visita do noso anfitrión do Suído,mais o silencio arrolounos e axiña quedamos durmi-dos. Pasou a noite e pasaron os días naquela terra,até que partimos e deixamos atrás o sabor da liber-dade na Natureza, lonxe dos homes, co agradodunha boa experiencia e acompañados da certezade ter estado no territorio do Pardellas.

Na terra do Pardellas

Ósc

ar

M.

Ro

za

Page 17: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

gando (o pastoreo, como aínda se practica naactualidade cos cabalos e as vacas).

A presenza do lobo no Suído xera tensiónstódolos anos cando chega a época de cría doslobetos, durante a primavera e o verán, intre noque os membros da manda de lobos poñen todo oseu esmero en sacar adiante a familia. Daquela, osexemplares adultos compórtanse tal e como veñenfacendo dende sempre, atacan e depredan aosherbívoros presentes na serra. As vítimas máiscomúns da cacería son os poldros, que poucopoden facer se están afastados da grea ou acom-pañados só pola súa nai. O resultado pode sermáis problemático se atacan a xatos, provocandounha perda dunha maior contía económica paraos gandeiros. Os lobos tamén depredan sobreoutros animais bravos, como o corzo e o porcobravo, polo que o espallamento destes últimospola serra pode axudar a solucionar o conflito exis-tente entre o lobo e os gandeiros.

15

Mamíferos

Raposa (Vulpes vulpes), leirón care-to (Elyomis quercinus), esquío (Sciurus vul-garis), londra (Lutra lutra), algaria (Genettagenetta), porco bravo (Sus scrofa), gatobravo (Felis sylvestris), furafollas pequeno(Sorex minutus), furapresas ibérico (Galemyspyrenaicus), rata de auga común (Arvicolasapidus), corta dos prados (Microtus lusita-nicus), toupa cega (Talpa occidentalis),lebre (Lepus capensis), coello (Oryctolaguscuniculus), ourizo cacho (Erinaceus euro-paeus), donicela (Mustela nivalis), teixugo(Meles meles), garduña (Maites foina), lobo(Canis lupus), corzo (Capreolus capreolus),morcego grande de ferradura (Rhinolophusferrumequinum), morcego pequeno deferradura (Rhinolophus hipposideros), mor-cego de orellas fendidas (Myotis emargina-ta), morcego das ribeiras (Myotis daubento-nii), morcego de Natterer (Myotis natterei),morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii),morcego rateiro grande (Myotis myotis), mor-cego común (Pipistrellus pipistrellus), morce-go das hortas (Eptesicus serotinus), morcegoorelludo común (Plecotus auritus), morcegodas fragas (Barbastella barbastellus).

Londra (Lutra lutra) e morcego grande de ferra-dura (Rhinolophus ferrumequinum).

O lobo (Canis lupus) é un animal social.

Xaco

be M

elé

ndre

z

Xaco

be M

elé

ndre

zX

aco

be M

elé

ndre

z

Teixugo ou porco teixo (Meles meles).

Page 18: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

16

1 2 3

4 5 6

7 8 9

10 11 12

Page 19: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

17

1. Bicotorto común, Loxia curvirostra2. Bubela común, Upupa epops3. Corvo carnazal, Corvus corax4. Cotovía pequena, Lullula arborea5. Falcón pequeno, Falco subbuteo6. Merlo rubio, Monticola saxatilis7. Miñato queimado, Milvus migrans8. Pica papuda, Anthus campestris9. Picanzo vermello, Lanius collurio10. Píllara rubia, Charandrius morinellus11. Tartaraña cincenta, Circus pygargus12. Lavandeira verdeal, Motacilla flava flavissima13. Pedreiro cincento, Oenanthe oenanthe14. Pica dos prados, Anthus pratensis15. Papuxa montesa, Sylvia undata16. Merlo rieiro, Cinclus cinclus17. Falcón peregrino, Falco peregrinus18. Aguia albela, Circaetus gallicus19. Laverca común, Alauda arvensis20. Tordo común, Turdus philomelos

Fotografías por Óscar M. Roza, excepto fotografía 17 porXacobe Meléndrez.

13

16

17

18 2019

14 15

Page 20: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

A intervención do ser humano no seumedio natural quedou reflectida na paisaxe e naconformación do medio ambiente da serra, comocomentamos páxinas atrás. Agora imos deternosnaqueles elementos que forman parte do que cha-mamos "patrimonio histórico e cultural", un patri-monio que garda unha íntima relación coa súacontorna e tamén forma parte da paisaxe, comoveremos.

Na serra a presenza dos humanos vén delonxe, os restos de vellas culturas así o testemuñan.Podemos contar con vestixios do PaleolíticoSuperior ("pedra antiga", período histórico querematou aproximadamente hai 10000 anos) comoos abrigos dos afloramentos graníticos da Chan deValdohome e do Coto Miñoto. As persoas daquelaépoca utilizaban os espazos que quedaban entreos penedos (cavidades ou pequenas covas), parabuscar acubillo, ben para se refuxiar durante perí-odos de tempo, ben para os utilizar como agochosnas súas cacerías (o feito de estar achegados azonas con abundante auga, como as turbeiras,lugar onde os animais acoden a beber, pode ser unindicio do que dicimos, como sucede no abrigo daChan de Valdohome, onde se toparon puntas defrecha). Os habitantes do Suído por entón, agrupá-banse en pequenas sociedades de cazadores ecolleiteiros nómades, que de seguro seguían asmandas e rabaños de animais herbívoros que sedesprazaban por toda a Dorsal Galega na buscade pastos.

18

Aves

Aguia albela (Circaetus gallicus), miñatoabelleiro (Pernis apivorus), miñato común (Buteobuteo), miñato queimado (Milvus migrans), tarta-raña cincenta (Circus pygargus), gatafornela(Circus cyaneus), aguia caudal (Hieraaetus pen-natus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiternisus), lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus),falcón peregrino (Falco peregrinus), falcón peque-no (Falco subbuteo), aguia real (Aquila chrysae-tus), curuxa (Tito alba), bufo real (Bubo bubo),moucho común (Athene noctua), moucho dasorellas (Otus scops), avelaiona (Strix aluco), bufopequeno (Asio otus), curuxa das xunqueiras (Asio

flammeaus), pedreiro cincento (Oenanthe oenan-the), choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhoco-rax), corvo carnazal (Corvus corax), merlo rubio(Monticola saxatilis), picanzo vermello (Laniuscollurio), papuxa montesa (Sylvia undata), bicotor-to común (Loxia curvirostra), laverca común(Alauda arvensis), chasco común (Saxicola torqua-ta), escribenta riscada (Emberiza cia), ferreiro abe-lleiro (Parus major), ferreiro bacachís (Parus caeru-leus), ferreiriño común (Parus ater), ferreiriñosubeliño (Aegithalus caudatus), piquelo azul (Sittaeuropaea), gabeador común (Certhia brachy-dactyla), estreliña riscada (Regulus ignicapillus),peto real (Dendrocopus major), gaio (Garrulusglandarius), paporrubio real (Phyrrula phyrrula),pisco (Erithacus rubecula), paspallás (Coturnixcoturnix), merlo común (Turdus merula), tordocomún (Turdus philomelos), cuco (Cuculus cano-rus) merlo rieiro (Cinclus cinclus), cotovía peque-na (Lullula arborea), bubela común (Upupaepops), lavandeira verdeal (Motacilla flava), picados prados (Anthus pratensis) pica papuda(Anthus campestris) píllara rubia (Charandriusmorinellus) verderolo común (Carduelis chloris).

O Bufo real (Bubo bubo) cría na serra.

Xaco

be M

elé

ndre

z

Raposa (Vulpes vulpes).

Page 21: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

Ese seguimento do que falamos pode estarrelacionado co limiar da actividade gandeira quenon tivo o seu total desenvolvemento até a etapahistórica posterior, xunto coa agricultura noNeolítico ("pedra nova", cando os pobos pasaron aser sedentarios). Así pode ser que existira un mane-xo das mandas de herbívoros semellante ao que naactualidade continúan a facer os pobos samis daLaponia cos rabaños de renos, ou semellante aoque na actualidade se fai no Suído coas greassemi-domésticas de cabalos montaraces (que soa-mente son recollidos para realizar os curros, paraeliminar os machos novos ou para sacrificar ospoldros destinados ao consumo de carne, vivindoo resto do ano en liberdade).

As mámoas (túmulos de pedras e terra quepoden conter no seu interior cámaras mortuoriascompostas por antas e laxas, construídos parafacer enterramentos colectivos) tamén son comúnspor toda a serra, incluso hai topónimos que fanreferencia directa á súa presenza como o Porto daArca e a Chan das Mesas. Estes vestixios da épocamegalítica (III-IV milenio a. C.) eran construídospor regra xeral en sitios vistosos e significativoscomo portelas, camiños, lombas…, (Portela dosXarotos, os Foxos, Catro Camiños) e podían serviramais como delimitadores ou sinais de territorios(posteriormente si que se usaron con esa fin, comoqueda amosado co feito de que moitos montes

veciñais en man común teñan marcados os seuslindeiros nos lugares onde están as mámoas, tra-zando liñas imaxinarias entre elas, polas cordais).

Ademais das mámoas, da época prehistó-rica tamén quedan outras trazas na serra, como ospetroglifos ou inscricións feitas nas pedras, comoos que aparecen no Porto da Arca, na Serra daSesteira, ou xa máis abaixo, os gravados rupestresde Verducido (A Lama).

Tamén podemos salientar a existencia denumerosos castros que se ben non se sitúan nosaltos da serra, si aparecen esparexidos circundán-doa, como o castro de San Vicente en Avión, do

19

Peixes

Insectos

Troita (Salmo trutta fario), bermexo-la (Rutilus arcasii), escalo (Chondrostomapolylepis).

Vacaloura (Lucanus cervus), escor-nabois (Corimbia fontenayi), cabaliños dodemo (Calopterix virgo e Boyeria irene),bolboretas (Pandoriana pandora, Argynnispaphia e Fabriciana adippe), Carabus gali-cianus, Cerambyx cerdo.

A Vacaloura (Lucanus cervus) é un insecto quehabita nas fragas.

Xaco

be M

elé

ndre

z

Abeiro na Chan de Valdohome.

Ale

xandre

Cendón

Page 22: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

que podemos resaltar a súa muralla cun foso perfec-tamente visíbel e o castro de Piñeiro, lugar onde seerixe unha ermida e o castro da Cividade en Fornelosde Montes.

Mais, sen dúbida, o aspecto do patrimoniocultural e etnográfico da serra máis destacábel é oderivado da secular cultura gandeira, que hoxe pode-mos apreciar no conxunto de construcións relaciona-das coa gandería estacional. Os chozos son as cons-trucións deste tipo máis representativas, pero non sonas únicas, ao seu carón aparecen os cortellos ou pari-deiras, as curralas e os sesteiros.

Estas edificacións tiveron vida útil até benentrada a segunda metade do século XX. Eran utiliza-das polas veciñas e veciños das aldeas próximas áserra para pastorear vacas, ovellas e cabras na esta-ción estival, aproveitando os pastos que o verán dis-pensaba na montaña, mentres que as veigas e anellosdos vales eran destinados ao cultivo de herba para oinverno. Entre os meses de xuño e setembro, os pegu-reiros subían até os altos da serra con todo o gandodas aldeas, organizados baixo o sistema das roldas.Este sistema consistía basicamente en facer quendasde parellas que permanecían por dúas noites na serra,para logo ser substituídos por outra nova. As parellasarroldábanse por tódalas casas da aldea, ao longodos meses do verán. Nesas roldas tamén participabanos nenos e as nenas. Non embargante, os derradeirospegureiros que ocuparon os chozos, quedaban portodo o verán na serra a cambio dun soldo.

Cada chozo pertencía a unha aldea, así oco-rría que unha mesma parroquia tiña varios chozos.Porén, algúns destes eran usados por aldeas que esta-ban fóra desas parroquias e incluso dos concellos daserra (como sucede co chozo coñecido co nome deCurral de Forzáns). Pola contra, había outras aldeasou vilas que por se asentar na mesma serra, non tiñana necesidade de posuír chozos, xa que os labores depastoreo podían ser realizados sen abandonar a resi-dencia habitual (como sucede coa Graña).

Os chozos e as construcións anexas antesreferidas, foron construídos cos propios materiais quedispensaba a zona, utilizando a técnica da "pedraseca", sen ningún tipo de argamasa. Deste xeitoerguéronse os chozos e os cortellos, empregandopedras tanto para as súas paredes como para as súascubertas, ás que amais se lles engadía por riba,terróns con herba que servían simultaneamente deillantes térmicos e da chuvia e como un elemento que

20

Herbas e brión

Matogueira

Cáncaros (Primula vulgaris), abróte-gas (Asphodelus albus), amorilloteiras (Fragariavesca), narcisos (Narcissus cyclamineus,Narcissus bulbocodium, Narcissus pseudo-narcissus e Narcissus triandrus), xacintos bra-vos (Hyacinthoides non-scripta), dentes decan (Erythronium dens-canis), fentos (Pteridiumaquilinum, Blechnum spicant e Woodwardiaradicans), dentabrúns (Osmunda regalis),esfagnos (Sphagnum spp.), herba das malla-das (Nardus stricta), Anemone trifolia, buños(Carex spp.), orballiñas (Drosera spp.), Genistaberberidea, Eriophorum angustifolium,Menianthes trifoliata, Narhecium ossifragum,Senecium aquaticus, Hypericum helodes,violetas (Viola palustris), Potagometon polygo-nifolius.

Queirugas e carrascas (Calluna vul-garis, Daboecia cantabrica, Erica umbellata,Erica cinerea, Erica tetralix e Erica cilliaris),uces (Erica arborea e Erica australis), piornos(Genista florida), toxos (Ulex spp.), xestas(Cytisus scoparius, Cytisus multiflorus eCytisus striatus), carqueixas (Chamaespartiumtridentatum), carpazas (Halimium spp.).

Vexetación de orla nunha turbeira, Ulex gallii,Erica cilliaris e Erica tetralix.

Orballiña (Drosera rotundifolia).

Ale

xandre

Cendón

Ale

xandre

Cendón

Page 23: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

evitaba a deterioración do teito (como dato curio-so podemos contar que as portas, de madeira,eran retiradas e voltas a poñer ao final e principiode cada tempada de pastoreo estival). Mentres queos chozos servían de habitación para os pastores(onde se abeiraban, durmían e cociñaban), os cor-tellos eran usados para gardar os xatos e outrosanimais de pequeno tamaño para protexelos entreoutras cousas, do ataque dos lobos.

Tódolos chozos gardan moitos elementosen común, como son as lareiras, as lacenas e osbancos, amais do feito de estar situados de talmaneira que dende eles se puidese vixiar e contro-lar o gando que durante a noite quedaba nos cam-pos cercados por pedras e pólas (as curralas; logodurante o día, os animais pacían en diferentessitios da serra). Aínda así, na serra podemos ollardúas tipoloxías distintas á hora de construír os cho-zos entre a vertente oriental (o que hoxe é Ourense

e Avión) e a vertente occidental (o que hoxe é aprovincia de Pontevedra). Esta dobre tipoloxíapódese deber ao antigo reparto xurisdicional entreos mosteiros de Melón e Aciveiro ou entre os con-des de Ribadavia e de Soutomaior. Se por unhabanda, os da vertente oriental, presentan un aca-bado máis refinado e traballado (con arcos demedio punto e contrafortes), pola outra, os da ver-tente occidental polo xeral son máis rudos (apro-veitando incluso cavidades en afloramentos graní-ticos para a súa edificación).

Por outra banda, os cortellos e parideirastamén poden aparecer edificados independente-mente e en gran número nalgúns lugares do Suído,como en Casariños (onde existen 55) ou enCampo Largo (onde contamos 80).

Outro elemento gandeiro importante e quese repite por diversos lugares da serra é o coñeci-

21

Chozo de Cascardoso, Campo (Covelo). Parte traseira (foto esquerda) e frontal (arriba).

Cabalos no inverno.

Fo

tos

de

Ale

xan

dre

Ce

nd

ón

.F

oto

s de A

lexa

ndre

Cen

dón.

Chozo, cortellos e currala de Mangüeiro (Avión).

Page 24: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

22

do como "sesteiro" ou "sesta". Nas horas centraisdo día no verán, o calor provoca que o gando bus-que os sitios altos dos cotos e cumes para recibir abrisa do océano e conseguir así refrescarse e des-prenderse da molesta compañía das moscas: é oque os pastores do Suído denominan como "seste-ar". Debido a isto, os pegureiros aproveitando esatendencia espontánea do gando (pódese observarna actualidade como o gando tende a subir por sisó aos sesteiros), construíron cerradas neses lugares

para controlalo mellor e tamén para evitar que"afeixaran" polas fendas e barrancos dos cotos.Dende logo é significativo que o punto máis eleva-do do Suído sexa precisamente un sesteiro, a SestaCerrada, na Graña.

Outros elementos etnográficos salientábeisson os foxos ou forcas do lobo, grandes constru-cións de pedra que constan de dous valados altos,dispostos en forma de funil que conflúen (no vértice)

Foxo do Lobo do Coto dos Xarotos (A Lama). Sesteiro de Bidoas (Covelo).

Foto

s de A

lexa

ndre

Cendón.

Page 25: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na

nun foxo escavado coas paredes de pedra. Foronconstruídos na Idade Media, aproveitando vagoa-das, para dar caza ao lobo. Para conducilo até alíe darlle morte, o máis común era reunir aos veci-ños que dende distintos lugares e producindo bal-bordo ían cercando ao lobo até que era introduci-do primeiro no interior dos muros de pedra (naforca) e logo no foxo (que era recuberto por pólaspara disimulalo, ou no que ás veces se poñía unanimal doméstico que servía como cebo). Unhavez dentro do foxo, o lobo non podía escapar e eraabatido con pedras, paus e lanzas. Na serra exis-ten varios foxos (como o dos Xarotos na Lama e odos Foxos en Covelo, ou nas proximidades, comono Coto de Eira, Mondariz, onde existe un foxodobre, é dicir con dous vértices e dous foxos).

As rutas comerciais tamén eran importan-tes nestas montañas, así por elas cruzaban douscamiños de orixe medieval polos que se transpor-taba o viño do Ribeiro até Aciveiro e logo atéSantiago: o Camiño da Brea ou Breeiro (nomederivado de verea) e o Camiño dos Arrieiros (trans-portistas que utilizaban mulas e cabalos no seucometido) que do Ribeiro chegaba até o porto dePontevedra, levando viño do interior á costa edende esta, diversas mercadorías até a comarcavinícola. Aínda podemos ollar vestixios destescamiños como o milladoiro do Alto do Barazal(lugar onde os viaxeiros depositaban e amoreabanpedras, froito dalgunha crenza ou rito relacionadacoa viaxe), corredoiras, pontes (como a deCasariños) e incluso neveiras (construcións depedra de forma cilíndrica, escavadas na terra ecubertas con cúpulas tamén de pedra ou teitos demadeira, de varios metros de profundidade que

eran usadas para obter neve e xeo durante todo oano, utilizados como conservantes alimentarios.Foron edificadas na "pequena idade do xeo", perí-odo frío que asolou Europa despois da IdadeMedia até o século XIX. No Suído hai varias, comoa dos Canos da Neveira, preto de Campo Largo).

23

Pozo de Piñeiro (Covelo). Pontella de Paradedra.

Chozo de Redondo.

Ale

xan

dre

Ce

nd

ón

Ale

xandre

Cendón

Tin

o Q

uin

tela

Page 26: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na
Page 27: súidos - asembleadosuido.org filedas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na