as vangardas
DESCRIPTION
AS VANGARDAS. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL. EUROPA- 1º TERZO DO S. XX Anos de tensións : 1. Políticas ( I Guerra mundial, R evolución bolxevique, fascismos). 2. Económicas (crack do 1929) 3. Sociais (entre burguesía e proletariado) GALICIA – 1º TERZO DO S. XX Emigración Agrarismo - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
AS VANGARDAS
CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL
EUROPA- 1º TERZO DO S. XXAnos de tensións:
1. Políticas ( I Guerra mundial, Revolución bolxevique, fascismos).2. Económicas (crack do 1929)3. Sociais (entre burguesía e proletariado)
GALICIA – 1º TERZO DO S. XX1. Emigración2. Agrarismo3. Nacionalismo
As vangardas son movementos artísticos internacionais que se
desenvolveron entre 1910-1930.
Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.
Características:
•A liberdade creativa é o maior valor do artista.
•A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma.
•Debe buscar a novidade e a orixinalidade.
•Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición.
Os diferentes movementos de vangarda chámanse ISMOS e constitúen
distintas maneiras de renovación da arte. Os principais son:
1. Futurismo
2. Cubismo
3. Dadaísmo
4. Surrealismo
Futurismo
•Creado polo italiano Marinetti.
•Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.
•Rompe coa sintaxe e coa puntuación en literatura.
L. Balla: A nena que correpolo balcón.
Gino Severini, Tren pasando pola vila, 1872
Deus vehemente dunha raza de aceiro,automóbil ebrio de espazo,que choras cheo de angustia, co freo nos dentesestridentes!Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua,nutrido de lapas e aceites minerais,famento de horizontes e presas sideraiso teu corazón expándese no seu taf-tafdiabólicoque os teus rexos pneumáticos se inchenpara as danzasque bailen polas brancas estradas do mundo.solto, por fin, as túas bridas metálicas...Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador
Marinetti
Cubismo
•Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.
•Destaca a técnica da colaxe.
•En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.
Guernica (1937) - Picasso
Picasso: As señoritas de Aviñón
Picasso: Retrato de Ambrosio Vollard
Dadaísmo
•Nace en Suíza con Tristan Tzara.
•Negación de todo, concibe a arte como puro xogo.
•Movemento moi provocador.
•Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.
Man Ray e Tristan Tzara
Marcel Duchamp: A fonte
Marcel Duchamp-1919
Marcel Duchamp- 1913
Grosz: Os piares da sociedade
Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.
Surrealismo
•Liderado por André Breton.
•A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.
•Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.
Man Ray: El violín de Ingres, 1921
Magritte
Os valores persoais - Magritte
Teléfono bogavante (1937) - Dalí
A persistencia da memoria (1931) Dalí
Detalle cadro Dalí
Le roy soleil- Dalí (frasco perfume) - 1945
Marc Chagall: Eu e a aldea
A vangarda en Galiza
•Os movementos de vangarda europeos influíron tamén na pintura galega.
•Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”.
•Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.
Colmeiro: Despedida
Seoane: Mulleres na praia
Maside: Festa
Maruja Mallo: Guía postal de Lugo
Vangardas literarias en Galiza
A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres
liñas diferentes:
1. Imaxinismo ou hilozoísmo• Paisaxe humanizada
• Amado Carballo
2. Neotrobadorismo• Formas da lírica medieval con temas contemporáneos
• Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro
3. Vangardismo• Manuel Antonio
Amado Carballo: Proel
Fermín Bouza -Brey
Pailebote “Constantino Candeira”
Manuel Antonio - neno
DE CATRO A CATRO