as nosas motivacións · esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o...
TRANSCRIPT
As nosas motivacións
Esta mostra bibliográfica é froito dun traballo conxunto entre o profesorado e
a biblioteca da FEE. Consiste nunha escolma do recentemente publicado sobre
cambio climático e as súas consecuencias, tanto no eido da literatura acadé-
mica, o ensaio, a divulgación e mesmo a ficción (películas e novelas). Preten-
demos contribuír á concienciación sobre este tema mostrando obras que axu-
dan a establecer a dimensión do problema e que presentan alternativas e pro-
postas de transformación da situación actual, especialmente desde o punto de
vista da economía.
Quero agradecer a iniciativa ao profesor Fernando Bruna e aos demais profe-
sores/as que colaboraron, así como ao persoal da biblioteca pola dedicación
que, como sempre, empregan no seu traballo.
Chus Parga
Directora da Biblioteca
Chus Parga
Directora da Biblioteca
Cambio climático: o estado da cuestión
A apaixonante temática do cambio climático deixase ver xa en todos os ámbi-
tos das artes, da política e da análise académica. Nesta exposición da bibliote-
ca da Facultade de Economía e Empresa amósase unha escolma de libros físi-
cos e de documentais accesibles online. Hai exemplos de materiais de divulga-
ción e de investigación e tamén dun novo xénero, a ficción climática (cli-fi, por
climate science, análogo ao sci-fi da ciencia ficción). Preséntase obras de entre-
temento, obras de divulgación, informes de institucións internacionais e obras
académicas, en ámbitos como Climatoloxía, Historia, Socioloxía ou Política e,
especialmente, a Economía.
A exposición está dirixida ao público en xeral, pero tamén a profesores e estu-
dantes que poidan ter interese en realizar traballos de fin de grao ou mestría,
teses de doutoramento ou publicacións relacionadas co cambio climático. As
obras expostas son só unha mostra da abundante produción actual con esta
temática, pero son tamén un bo exemplo do último que se está facendo ao
respecto, e teñen o obxectivo práctico de axudar a mitigar os efectos na econo-
mía.
Fernando Bruna Quintas
Profesor do Departamento de Economía da FEE
Renewable energy finance: powering the future
Editado por charles W. Donovan, 2015
Nesta obra reúnense estudos e reflexións de ex-
pertos mundiais no eido das finanzas e a enerxía.
Atoparemos información sobre as transaccións
de enerxías renovables e unha visión de como
están a responder países como os Estados Uni-
dos, India e China ante o reto enerxético mun-
dial. Poderemos coñecer experiencias da man de
altos directivos e líderes académicos relaciona-
das co risco, o retorno dos investimentos e os rá-
pidos cambios nas políticas gobernamentais. Sen
dúbida é un libro moi recomendable para acce-
der a perspectivas intelixentes e prácticas sobre
o futuro do investimento en enerxías limpas, que
pode servir de axuda para ampliar os coñece-
mentos na materia e como apoio en estudos e
traballos académicos.
El informe Stern
Nicholas Stern,
Paidós, 2007
Redactado polo economista Nicholas Stern e publicado en inglés
en outubro do 2006, supón un fito histórico, ao ser o primeiro in-
forme deste tipo encargado por un Goberno, o do Reino Unido, a
un economista, en lugar de a un climatólogo. Nicholas Stern, re-
coñecido economista e académico británico, (foi vicepresidente
para o desenvolvemento económico e economista xefe do Banco
Mundial entre 2000 e 2003), afirma que a análise económica de-
berá ser global, para poder abordar as consecuencias a longo
prazo, estudar a fondo a economía dos riscos e incertezas e exa-
minar a posibilidade de cambios importantes. As súas principais
conclusións afirman que se necesita un investimento equivalente
ao 1% do PIB mundial para mitigar os efectos do cambio climáti-
co e que, de non facerse este investimento, o mundo se exporía a
unha recesión que podería acadar o 20% do PIB global. O infor-
me tamén suxire a imposición de ecotaxas para minimizar os de-
sequilibrios socioeconómicos.
Paloma Avilés (El Economista, 15/07/2007)
Elysium
Película escrita e dirixida por Neill Blomkamp, 2013
Filme de ciencia ficción para pasar unha tarde
entretida e reflexionar sobre as consecuen-
cias das accións do home sobre o entorno. No
ano 2154, existen dúas clases de persoas: as
ricas, que viven nunha estación espacial cha-
mada Elysium, e o resto, que viven nunha Te-
rra arruinada, superpoboada e afectada polo
cambio climático, a contaminación e numero-
sas enfermidades. A secretaria de defensa
Delacourt (Jodie Foster) fai cumprir as leis an-
ti-inmigración e preservar o luxoso estilo de
vida dos cidadáns de Elysium. A xente da Te-
rra segue intentando entrar. No medio desta
situación Max (Matt Damon) asume unha mi-
sión que, se ten éxito, non só salvará a súa vi-
da, senón que podería traer a igualdade a un
mundo polarizado.
El motín de la naturaleza
Philipp blom
Anagrama, 2019
Philipp Blom é un historiador, novelista, xornalista e tra-
dutor alemán, doutor en Historia Moderna pola Universida-
de de Oxford. Estamos ante un ameno libro que analiza a
Pequena Idade do Xeo (1570-1700) e como derivou nunha
nova orde estrutural da economía rural, que a súa vez xe-
rou un novo tipo de dinámica urbana que acabou promo-
vendo a aparición da Ilustración (Descartes, Hobbes, Gali-
leo...), é dicir, a aparición da cultura occidental actual. O au-
tor aproveita esta viaxe para reflexionar sobre o cambio cli-
mático nos nosos días.
Macroeconmics of climate change in a dualistic
economy
Svil Acar, Ebru Voyvoda, Erinc Yeldan, 2018
Libro dirixido a académicos, que aplica un mode-
lo de equilibrio xeral computable a una economía
dual para estudiar o crecemento económico e as
políticas de mitigación do cambio climático. Utili-
zando Turquía como exemplo, proporciona tanto
un marco de modelización do desenvolvemento
económico verde, como datos e modelos accesi-
bles na páxina web do libro. Sevil Acar e Erinc Yel-
dan son tamén os editores do “Handbook of Green
Economics”, publicado en 2019 por Academic
Press.
SED
Neal Shusterman e Jarrod Shusterman
Nocturna, 2019
¿Ata onde chegarías para obter a última pinga
de auga? Jarrod e Neal Shusterman, Premio Na-
cional de Literatura Xuvenil nos Estados Unidos
e autor de best sellers como “Siega” e “El Abis-
mo”, tráennos nesta ocasión unha distopía que
vai ser levada ao cine por Paramount. Nesta no-
vela iremos ata o sur de California, a un barrio
no que vive Alyssa e a auga deixa de fluír da pía.
Despois de anos de seca todo o mundo está
afeito ás advertencias: non regar o céspede,
non encher a piscina, non tomar duchas lon-
gas… Pero esta vez non queda auga para afo-
rrar. O supermercado énchese de familias de-
sesperadas e dispostas a todo para conseguir
auga. E cando os pais de Alyssa saen á procura
de provisións e non regresan, ela, seu irmán e
un peculiar veciño deben comezar a tomar de-
cisións difíciles para sobrevivir. Unha historia
trepidante, que che fará meterte na pel dos
protagonistas e pensar se te comportarías co-
ma eles ante unha situación similar.
El planeta inhóspito: la vida después del ca-
lentamiento
David Wallace-Wells
Debate, 2019
Ensaio realizado polo periodista David Wallace
-Wells, especialista na investigación e difu-
sión de asuntos científicos e culturais. Nesta
obra, o autor pretende que o lector/a reflexio-
ne acerca das diferentes crises que serán con-
secuencia do quentamento global que está
acontecendo na actualidade, baseado en pre-
dicións e evidencias científicas e tratando de
promover un cambio de comportamento que
faga entrar en acción á sociedade. En concre-
to, menciona consecuencias como as mortes
por calor, as fames, os afogamentos, os incen-
dios, a escaseza de auga, o aire irrespirable, as
pragas ou o colapso económico, entre outros.
Algunhas recensións sobre esta obra:
«Un libro que tenemos que leer si no quere-
mos que nuestros nietos nos maldigan.» Ti-
mothy Snyder
«Un libro penetrante, que a la vez me da
miedo y esperanza sobre el futuro.» Jonathan
Safran Foer
La sexta extinción: una historia nada natural
Kolbert, Wlizabeth
Crítica, 2015
Hace 66 millones de años, en el planeta Tierra, cayó
un asteroide que exterminó a los dinosaurios y a un
gran número de aves, mamíferos, plantas y formas
de vida marina. Hoy el planeta atraviesa una sexta
extinción pero, esta vez, aclara la autora, el agente
de destrucción masiva es el ser humano.
Antropoceno: la política en la era humana
Manuel Arias Maldonado
Taurus, 2018
O profesor de Ciencia Política na Universidade de
Málaga, Manuel Arias Maldonado reflexiona nesta
obra acerca de como está o mundo dende un punto
de vista medioambiental, tendo en conta as diferen-
tes implicacións políticas, sociais e culturais. En con-
creto, afirma que chegamos a unha nova época: o
Antropoceno. Esta nova época caracterízase porque
o ser humano colonizou o planeta e agora é o princi-
pal axente de cambio medioambiental a nivel glo-
bal. A través desta obra podemos descubrir un novo
réxime caracterizado por moitos perigos pero tamén
moitas oportunidades.
Y vimos cambiar las estaciones
Philip Kitcher e Evelyn Fox Keller
Errata Naturae, 2019
Dous grandes científicos da actualidade, como
o filósofo Philip Kitcher e a física Evelyn Fox Ke-
ller, achégannos dunha forma amena, accesible
para o gran público e ben documentada, a un
dos temas máis controvertidos da actualidade: o
cambio climático. Para isto recorren a seis esce-
nas ou conversacións cotiáns con doce persona-
xes interesantes, verosímiles, ricas e complexas;
cada unha con biografías, ideas e posicións soci-
oeconómicas moi distintas. Estas personaxes fa-
lan, argumentan, discuten e enfróntanse ao mo-
nopolio da conversación por parte das instancias
financeiras, políticas e mediáticas. A veces unha
personaxe convence a outra, a veces agranda as
súas dúbidas ou ábreselle un punto de vista. Do
que se trata é de xerar debate e invitar ao lector
a que participe nel, atopando ao final do libro
referencias, datos e explicacións co rigor científi-
co que merece esta cuestión
Por qué las mujeres salvarán el planeta
Varias autoras
Rayo Verde Editorial, 2019
Obra composta por diferentes ensaios, entrevis-
tas e casos de estudio que dan voz a diferentes
voces de movementos feministas e ecoloxistas in-
ternacionais e amosan as formas en que as mulle-
res participan na loita contra o cambio climático
pero tamén fan fincapé na súa loita a favor dunha
transformación da sociedade ou das formas de
poder. En concreto, pregúntanse se o empodera-
mento da muller pode transformar as posibilida-
des de loitar por unha sustentabilidade ambien-
tal. A resposta afirmativa basease nos diferentes
discursos ofrecidos polas mulleres que participan
na obra: Christiana Figueres, Patricia Espinosa, Su-
san Buckingham, Zandile Gumede, Diane Elson,
Lola Young, Nathalie Holvoet y Liesbeth Inberg,
Atti Worku, Shukri Haji Ismail Bandare y Fatima Ji-
brell, Karin Nansen, Gotelind Alber, Lyla Mehta y
Melissa Leach, Naoko Ishii, Caroline Lucas, Julie A.
Nelson, Vandana Shiva, Celia Alldridge, Maria
Mies, Nidhi Tandon, Anna Fitzpatrick, Carina
Hirsch, Kate Metcalf, Juliet Davenport e Yayo He-
rrero.
El casino del clima
William D. Nordhaus
Deusto, 2019
Nordhus recibiu en 2018 (xunto con Paul Ro-
mer) o premio Nobel de economía polo seu mo-
delo cuantitativo sobre a interacción entre a
economía e o clima. Neste libro aborda o cam-
bio climático dende cinco perspectivas distintas:
1) A causa última do cambio climático é a quei-
ma de combustibles fósiles; 2) o impacto poten-
cial dunha suba de 2-3 graos centígrados é moi
serio; 3) para substituír o actual patrón de con-
sumo baseado en combustibles fósiles, por acti-
vidades baixas en emisións é necesario aplicar
incentivos a millóns de empresas e miles de mi-
llóns de persoas; 4) a aplicación de medidas de-
be facerse de xeito gradual pero estas inclúen
penalizacións aos que se manteñan á marxe dos
acordos climáticos; 5) Obstáculos actuais, como
o dilema nacionalista que dificulta acordos glo-
bais, só trasladan os custes dunhas xeracións a
outras
Cambiemos el mundo
Greta Thunberg
Lumen, 2019
Greta Thunberg, unha moi nova activista climática
sueca, que se converteu nun dos referentes sociais na
loita contra o cambio climático é a protagonista desta
obra. Coñecida por iniciar unha folga polo clima todos
os venres na cidade de Estocolmo en agosto de 2018
que pronto se expandiu ao resto do mundo. A día de
hoxe esta rapaza tivo reunións con líderes políticos
europeos, dou discursos en diferentes ámbitos tales
como a recente COP-25 celebrada en Madrid. Na ac-
tualidade é unha das candidatas ao Premio Nobel da
Paz 2019. ¿Que atoparemos nesta obra? Unha recom-
pilación dos seus discursos e de diferentes comenta-
rios da prensa durante o período 2018-2019
Nueva York 2140
Kim Stanley Robinson,
Minotauro, 2018
Obra de Kim Stanley Robinson (1952), un dos gran-
des autores da ciencia ficción norteamericana.
¿Como será o futuro dunha gran cidade? A través
deste libro podemos descubrir o futuro da cidade
de Nova York no ano 2140, en concreto, este autor
narra a historia dunha cidade que vai cambiando
coas subidas das mareas ata estar somerxida en
auga, mostrando ao mesmo tempo, como a vida na
cidade segue adiante pero ao mesmo tempo mos-
trando todos os cambios aos que se enfrontan as
personaxes.
El clamor de los bosques
Richard Powers
Anaya, 2019
Se as árbores puidesen falar, ¿que nos dirí-
an? A resposta podémola atopar nesta nove-
la gañadora do Premio Pulitzer 2019 e finalis-
ta do Premio Man Booker 2018. Ambientada
en varias épocas, preséntanos fábulas entre-
lazadas nas que se explora o conflito esencial
do noso planeta: o que ten lugar entre hu-
manos e non humanos. Coñeceremos a
unhas personaxes moi diversas, entre elas un
xefe de carga da Forza Aérea en Vietnam, ao
que lle disparan no ceo e é salvado ao caer
sobre unha árbore banyan, ou a unha cientí-
fica con problemas de oído e fala que desco-
bre que as árbores se comunican entre sí. Es-
tas personaxes serán convocadas polas pro-
pias árbores, co obxectivo de salvar as pou-
cas hectáreas de bosque virxe que queda en
América. Aprenderán a ver o noso planeta
como algo extenso, interconectado, cheo de
recursos… á vez que forman parte da súa
paulatina catástrofe. Unha historia emocio-
nante sobre o activismo e a resistencia, que
tamén é unha evocación e un eloxio do mun-
do natural, e que de seguro che fará reflexio-
nar.
El green new deal
Jeremy Rifkin
Paidós, 2019
O termo Gren New Deal serviu para bautizar, hai máis de unha déca-
da, un movemento que inspirou en Europa a unha crecente lexión de
activistas medioambientais. Converteuse nun mantra de gran poder
mobilizador ao que adoita aludir unha nova xeración de congresistas
estadounidenses, encabezadas por Alexandria Ocasio-Cortez.
A denominada “burbulla do carbono” é unha expresión utilizada polo
sociólogo e activista norteamericano Jeremy Rifkin para explicar a po-
sibilidade de que o abandono das vellas enerxías do século XX polas
novas -verdes e máis baratas- orixine unha bestial cantidade de acti-
vos obsoletos, de xeito que se cree una enorme burbulla de carbono
susceptible de estalar en 2028 “e que levaría ao colapso da civilización
dos combustibles fósiles”. Rifkin -autor de una vintena de libros sobre
o impacto dos cambios científicos e tecnolóxicos na economía, a forza
laboral, a sociedade e o medio ambiente- pretende compartir a expe-
riencia acumulada nas dúas últimas décadas de traballo coa Unión Eu-
ropea e China. Unha colaboración que, asegura, serviu a ambos go-
bernos para preparar a transición cara a unha Terceira Revolución In-
dustrial de carbono cero.
Jorge Murcia (El Correo, 14/10/2019)
Economía del cambio climático
Jaime Terceiro Lomba
Taurus, 2009
Obra breve, froito dunha disertación de Jaime Terceiro, catedrático de Fundamentos da Aná-lise Económica da Universidade Complutense, na Xunta da Real Academia de Ciencias Mora-les e Políticas, en maio de 2008. Ten o mérito de recoñecer o escepticismo inicial do autor ante a polémica relativa aso efectos da activi-dade humana sobre o cambio climático. A par-tires de aí, revisa e acepta o consenso científi-co sobre este tema e presenta ferramentas de análise económica útiles para facer fronte ao reto: a existencia de fallos de mercado e a apa-rición de externalidades que xustifican inter-vencións públicas; a análise custe-beneficio a un problema rodeado de incertezas; e o cálcu-lo de las técnicas de desconto. Analiza tamén o establecemento de impostos ou a posta en práctica de mercados de emisión transferibles.
La tierra herida ¿qué mundo heredarán nuestros
hijos
Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro
Destino, 2006
Miguel Delibes foi unha das primeiras figuras da
literatura española posterior á Guerra Civil, Premio
Príncipe de Asturias das Letras, e autor de clásicos
como “Las ratas” ou “Cinco horas con Mario”. Nes-
te libro dialoga co seu fillo biólogo, que foi director
da Estación Biolóxica de Doñana, e está considera-
do como a máxima autoridade mundial sobre o lin-
ce ibérico. Os dous conversan sobre o cambio cli-
mático, a desertificación, a desaparición de espe-
cies, a escaseza de recursos básicos, o desxeo dos
polos....
Energy and Economic Theory
Ferdinand E. Banks,
World Scientific, 2015
Manual onde podemos atopar información so-
bre os temas fundamentais da economía enerxé-
tica sen moita complicación matemática. Moi
adecuado para estudantes universitarios pero, en
xeral, destinado a calquera persoa con interese
en temas de esta índole. Conta cunha breve in-
trodución á economía enerxética, posteriormente
presenta unha análise máis técnica, finalizando
cun resumo nada técnico que se pode consultar
de forma independente ao resto do manual.
El día de mañana (The Day After Tomorrow)
Película dirixida por Roland Emmerich, 2004
Entretido blockbuster de catástrofes con crítica social
aos políticos reticentes a tomar medidas contra o
cambio climático. Premio BAFTA a mellores efectos
especiais. Unha serie de anómalos fenómenos climá-
ticos empezan a producirse en distintas partes do
globo. O quentamento global puxo o planeta ao bor-
de dunha nova era glacial. Mentres o climatólogo
Jack Hall advirte á Casa Branca do inminente cambio
climático, o seu fillo Sam e os seus amigos atópanse
atrapados en Nova York, a onde foran para participar
nun concurso académico entre institutos.
El cambio climático: análisis y política económica: una
introducción
Director: Josep M. Vergara
La Caixa, 2009
Estudo moi recomendado para académicos con intere-
se no tema que pretende alcanzar un triplo obxectivo.
En primeiro lugar, expoñer os principais problemas que
temos que afrontar á hora de tratar cuestións funda-
mentais relacionadas coa economía do cambio climáti-
co. Un segundo obxectivo é presentar os principais ins-
trumentos que axudan na comprensión e interpreta-
ción do análise económico e as políticas de cambio cli-
mático. Finalmente, resume as explicacións aportadas
dende o análise económico en temas de cambios cli-
mático. Tal e como indican no seu prefacio os autores
intentan presentan diferentes puntos de vista dos te-
mas máis polémicos.
Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa