aquí e agora 10

68
AQUÍ E AGORA

Upload: meiga-mego

Post on 10-Mar-2016

267 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

O décimo número da revista do Xograr

TRANSCRIPT

AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

ÍNDICE

QUEIXAS AO MUNDO 4 Os alumnos falan

LITERATURA 8 Críticas literarias

Os Megatoxos

El nombre del viento

Miguel Hernández

DIME QUE ESCOITABAS 13 A música que escoitaban os profes

LETRAS GALEGAS 2010 17 Uxío Novoneyra

E MALIA TODO

EVOLUCIONAMOS 22 Especial Darwin

EXCURSIÓN Á RADIO 31 1º de E.S.O.

ÁLBUM DE FOTOS 33 Das excursións do ano

O MUNDO DO XOGRAR 36 O acontecido de portas para dentro:

A nosa biblioteca

Entrevista con Francisco Núñez Liz

43 PASATEMPOS XOGRARINOS

Veña, emprega eses miolos!

46 ESPECIAL DEZ ANOS

DE AQUÍ E AGORA E xa van 10!

51 DE RISA

Para alegrar o día

54 AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Entrevista

57 CAMIÑO DE SANTIAGO

Xacobeo 2010

59 CINE

As mellores películas do ano

61 DEPORTES

Fran Vázquez e Diego López

62 MÚSICA

Os 5 mellores dicos do ano

63 VIDEOXOGOS

64 TABOLEIRO

Descobre quen se acorda de ti

AQUÍ E AGORA

EDICIÓN

(Ese apartado inútil para os que empezan as revistas polo final)

Aquí e Agora cumpre con esta nova entrega dez números de xornalismo xograrino, e claro, tal

acontecemento non podía quedar sen celebrar.

Motivado pola lonxevidade do seu filliño de papel, Xesús —coordinador e pai fundador— quixo que

deste número dez se imprimisen nada menos que dez revistas a toda cor. Os suso-ditos exemplares andan

por aí, e se queredes ver algún non tedes máis que achegarvos á biblioteca.

Ademais, para que as celebracións non quedasen aí, eu mesma chamei persoalmente a Aquí e Agora —

AeA para os amigos— e encargueille escribir a súa propia biografía. Para completar o seu repaso a estes

dez cursos, contamos tamén cunha colaboradora externa que leva proporcionando contidos a esta revista

dende o número un.

E xa saíndo dos festexos, céntrome en orientarvos un pouco sobre o que ides ver en canto pasedes a

páxina. Coma sempre, as seccións de música, cine, videoxogos e deportes cóntannos como vai a

actualidade. Ademais volve O taboleiro, nacen as Queixas ao mundo, temos un especial sobre Darwin e

continúan eses pasatempos tan singulares iniciados o ano pasado. Por se isto fose pouco, sete profes

fálannos da música que lles mola e o escritor Agustín Fernández Paz concédenos unha entrevista e un

relato. Quedastes coa boca aberta e non foi por un bocexo? Pois tede coidado, poderíansevos separar as

mandíbulas porque aínda hai máis…

E deixo a cousa nos puntos suspensivos, que non quero chafarvos a película. Despídome xa coa foto do

equipo —na que, por certo, faltan un par de membros— e cun desexo: que o pasedes ben lendo este Aquí

e Agora dez.

Sandra López Pereiro

AQUÍ E AGORA

2

QUEXAS AO MUNDO

QUEIXAS AO MUNDO Presentámosvos esta nova sección da revista, onde os alumnos/as damos as nosas opinións

sobre diversos temas moi en boca na actualidade. Desta volta temos: o toureo, a pena de morte e a

Rosa Díez. O debate está servido.

MOTIVOS PARA A ABOLICIÓN DO TOUREO

Aquí tedes a resposta a todas esas preguntas que se fan aqueles que non saben se

posicionarse a favor ou en contra da tauromaquia, e unha contestación aos que a defenden:

toureo é cultura

Segundo o dicionario,

cultura "resultado de cultivar

os coñecementos humanos e

afinarse por medio do

exercicio das facultades

intelectuais do home “. É obvio

que torturar un animal por

diversión non contribúe en

nada a cultivar coñecementos.

Que facultades intelectuais

pode exercitar a tortura dun

animal? A evolución mental e

crecemento espiritual como

seres humanos non pasa

polas corridas de touros.

toureo é arte

Se se entende por arte a

habilidade para facer unha

cousa, tourear pode ser unha

arte pero tamén pódeo ser

erguer unha parede de

bloque, estafar, etc.

O feito de que algúns artistas

se inspiren nas corridas de

touros (A Tauromaquia de

Goya) non fai deste bárbaro

costume unha arte. Outros

moitos inspiráronse na guerra,

martirios etc… e isto non fai

destas actividades unha arte.

A arte é creación, non

destrución.

toureo é tradición

Tamén eran tradición os

crueis combates a morte de

gladiadores escravos na

época romana, e tamén é

tradición a ablación do clítoris

nalgúns países. O feito de que

algo sexa tradicional, non

implica que deba ser

conservado xa que pode

consistir en prácticas

monstrosas.

Moitas tradicións morreron

grazas á evolución e

trascendencia do home e da

sociedade, as corridas de

touros deben ser a seguinte

tradición en desparecer. Como

dicía Manuel Machado:

“Conservadores, si; pero da

saúde, non da sarna ”.

s touros de lidia están feitos para pelexar

O touro é un animal ruminante, herbívoro e dunha natureza pouco agresiva, ten mala vista e unha capacidade limitada de enfocar.

A aparencia excitada e agresiva dos touros ao entrar na praza débese a que pasaron 24 horas nunha caixa de madeira ás escuras sendo molestados de múltiples maneiras (afeitado dos cornos, sacos de area sobre os seus lombos, etc.). Segundos antes de saír, crávaselles un lazo de cor atado a un gancho metálico que lles causa unha considerable dor no lombo. Polo tanto, o animal sae cegado polo sol, afectado pola dor do lazo e a aparente bravura que mostra correndo dun lado a outro é simplemente unha desesperada busca dunha escapatoria, as ocasións en que o touro arremete contra as persoas son contadas, a

O

O

O

O

AQUÍ E AGORA

5

maior parte do tempo busca unha saída e mira a seu arredor nun estado de confusión. No seu medio natural e se non teme polo seu rabaño, os touros aviranse a comer apaciblemente das mans de descoñecidos. Existen fotografías de familias de gandeiros tomando o seu pícnic dominical nun prado de touros bravos.

en corridas de touros

extinguiríanse os

touros bravos

Se só puidesen existir as

especies das que se obtén

proveito económico, porqué

conservariamos o lince

ibérico?

Os taurinos utilizan este novo

argumento aproveitando que

termos como extinción de

especies e conservación están

tan en boca para intentar

"coar" as corridas de touros.

Se é que resultará que son

ecoloxistas!

É máis, o touro de lidia é o

resultado dun proceso de

selección e manipulación

xenética para lograr unhas

características físicas que

varían da especie orixinal Bos

Taurus. Polo tanto, se

efectivamente se extinguisen,

non suporía ningunha

desgraza para o ecosistema.

ive de luxo ata que

morre na praza

Aínda que algúns touros viven

na devesa, a cría dos touros

de lida estase intensificando

aos poucos, chegando a vivir

moitos en condicións similares

aos animais destinados ao

consumo humano.

E aínda que vivan

comodamente nas devesas,

acaso isto xustifica que

morran durante unha longa

agonía de 20 minutos

desangrados, cos músculos

esgazados e afogándose no

seu propio sangue? Que

persoa querería vivir

luxosamente durante uns anos

para morrer así?

toureo

crea moitos

postos de

traballo

Tamén vive moita

xente do tráfico de

drogas e da pederastia e

non por isto son aceptables

estas actividades.

unha loita nobre ou o

toureiro xogase a

vida?

Nunha corrida, o touro non ten

ningunha posibilidade de

salvar a súa vida. Trátalle

dunha loita inxusta da que o

touro non sairá con vida

mentres que son limitadísimas

as ocasións en que os

toureiros resultaron feridos.

Morren miles de touros ao ano

en corridas, e cantos

toureiros? Segundo a revista

"A Praza" morren máis

toureiros en accidentes de

tráfico que nas prazas de

touros.

Á mínima que o touro

arremete contra o toureiro,

saen á praza unha decena de

personaxes para distraer a

atención do animal que, en

caso de sentirse acurralados,

sempre poden agocharse tras

o burladeiro, onde non chega

o animal.

Dos poucos touros que son

indultados, un 80%

adoita morrer nos

días posteriores

debido ás feridas

recibidas durante

a corrida e á súa

infección. Se

sobreviven,

adoitan tornarse

solitarios,

deprimidos e

temerosos dos

humanos.

touro non sente.

O touro posúe un

sistema nervioso central

e autónomo ou visceral. Como

non lle vai a doer a puxa de 15

centímetros cravados no seu

lombo se a súa sensibilidade é

tal que cando se lle pousa

unha mosca nel, espántaa coa

cola?

os animais de granxa?

Ou ao final consúmese

a súa carne?

Aínda que demasiado a miúdo

os animais nos matadoiros

non son sacrificados da

maneira máis rápida e ética

que existe, o seu

padecemento é menor e máis

S

V

O

É

O

E

QUEXAS AO MUNDO

AQUÍ E AGORA

6

breve que o dos touros

torturados nas prazas xa que

existen leis obrigando ao seu

atordamento antes da morte.

Se a crueldade e o

asañamento con que se leva a

cabo a tortura de 20 a 30

minutos nas prazas tivese

lugar nun matadoiro, os

responsables serían

penalizados e incapacitados

para levar a cabo o seu

traballo.

Adrián Abella Arias

O CURIOSO CASO DE ROSA DÍEZ Na política, de sempre é sabido que calquera artimaña é boa para derrotar verbalmente ó partido rival,

ou incluso englobándoos a todos; ben sexa un ataque cara ó goberno nun momento de flaqueza, ou

incluso acusacións de incumprimento de promesas formuladas durante a campaña.

Estas disputas adoitan ter lugar cando saben que milleiros de cámaras os

están a enfocar, e polo tanto, milleiros de persoas estarán pendentes da

descalificacións que se adican.

A isto é o que estamos acostumados normalmente, logo está “O CURIOSO CASO DE ROSA DÍEZ”; que non se contenta só con

descalificacións hacia o seu máximo rival agora mesmo e actual

presidente do goberno, senón que insulta de forma „maquillada‟ a toda

unha Comunidade Autónoma como é Galicia.

Para os que aínda non se enteraran; nun programa de televisión ó que asistiu Rosa Díez, ante a pregunta

de cómo calificaría a Zapatero, e sabendo que milleiros de persoas estarían a escoitala, respostou: “como

un galego, no sentido pexorativo da palabra”; e non só non pediu desculpas, senón que daba a sensación

de que o volvería facer unha e mil veces.

Ata ese momento, creo que tanto ela coma o seu partido (UP y D) non eran moi coñecidos; polo menos

conseguiu saír en páxinas de redes sociais ou en burlas na Internet. Supoño que as próximas eleccións

esperará alcanzar un récord de votación galega.

“SORTE ROSA!”

Goretti Valiña Vázquez

QUEXAS AO MUNDO

AQUÍ E AGORA

QUEIXAS AO MUNDO

7

DE POR VIDA

Non fai falla xeneralizar moito para decatarse de que a pena de morte é un tema que suscita moitas discusións. En calquera familia ou grupo de amigos podemos atopar os máis variados puntos de vista.

Eu téñoo moi claro: é un método medieval e fora de lugar na nosa época que tería que ser eliminado para sempre.

Nunha conversa con alguén que está a favor de esta técnica acostuma a saír esta frase:

-Se unha persoa mata a un inocente, entón non debería morrer el tamén? Non é un asasino?

Pero entón, en que se convertería a persoa que matase a ese asesino? Sería menos culpable que o asasino en sí? Non temos todos dereito á vida?

Seguidamente viría unha frase como: -Sí, tamén a persoa asasinada tiña ese dereito.

Non creo na pena de morte, pero si apoio e esixo un castigo para as persoas que o merecen.

Existen castigos que creo que son incluso peores que a propia morte, non sería un bo castigo privalo da súa liberdade de por vida? Dende logo sería un castigo moito máis duro que unha sinxela morte, aínda que esa morte sexa moi dolorosa, non é peor permanecer encerrado entre catro paredes ata a fin dos teus días?

Nunca vivín unha situación na que algún parente ou amigo fora asasinado, violado, atracado… e

rogo por non vivila xamais. Intentado poñerme na pel desas familias podo entender a dor, a ira, a rabia cara ese delincuente, pero nin sequera así podo apoiar o feito de matar a esa persoa.

O caso de EE.UU. é un dos máis grotescos. Tendo en conta o presente que teñen a figura de Deus,

Quen son eles para decidir quen morre e quen non? Non é Deus o que ten o

poder sobre nós? Ou tal vez empregan a pena capital para que os acusados

pasen antes o “xuízo divino”? Todo isto sen mencionar as ocasións na que os acusados nin tan sequera son culpables. Un dos casos máis

coñecidos foi o do español Joaquín José Martínez, onde

afortunadamente a súa inocencia foi demostrada a tempo, outros non

tiveron tanta sorte.

Sen ningunha dúbida a macabra figura do Corredor da Morte debería ser erradicada da nosa sociedade hoxe mesmo.

O que está claro é que nun mundo no que se intenta que todos sexamos iguais, non debería existir ninguén co dereito de dicir “ti morres”, e se é certo iso da igualdade, non é mellor o asasino de a pé que o que se senta detrás dunha cadeira e firma unha sentencia de morte.

Con isto non defendo a todos estes desgraciados/as, senón que esixo que paguen polos seus delitos en vida.

O artigo 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos declara que:

“Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e a seguridade da súa persoa”.

María Melle Goyanes

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

8

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA

Imaxínastes algunha vez que un toxo puidera cambiar a vida de

catro adolescentes?

Este o argumento de Os Megatoxos. O libro trata duns nenos

chamados Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, que se mancaron cun toxo,

pero non cun calquera: era un toxo mutante. Ao picarse

adquiriron uns poderes especiais. Eles chamábanse Os Megatoxos.

Ruxe podíase converter en calquera animal obtendo todas as

características del. Ninfa comunicábase coa natureza ou facía que

as plantas medrasen a partir dun ramallo seco. Lúa facía maxia,

pero unha maxia moi especial, ademais tiña o poder da auga.

Faísca xeraraba lume con algunhas partes do corpo.

“A espada esmeralda” é a segunda parte da saga, na que temos

como protagonista a Faísca.

Nesta aventura deberanse enfrontar a dous rapaces que xemelgos,

os Megatoxos loitarán contra eles e os seus guerreiros para

conseguir a espada Esmeralda. Quen consiga esta espada adquirirá

moito poder.

E nesta aventura… Quen gañará?

Sandra García Rivera

Beatriz López Rodríguez

Lucía López López

Sabela González Seijas

Eva Melle Goyanes

Marta Toirán Somoza

Anxo Fariña nace na

cidade de Vigo no ano

1977. É ilustrador,

decorador e tamén

deseñador.

Escribe libros tanto para

pequenos como para

maiores. Nas súas

historias mestúranse o

humor coa aventura.

------------------------------

---

-Don Quixote e Breogán

-Antón e Pompón

-Os magos das formas

-Xabi non pode durmir

-Os Megatoxos

-Os Pelelliños

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

9

EELL NNOOMMBBRREE DDEELL VVIIEENNTTOO “El nombre del viento” é un libro de fantasía escrito por Patrick

Rothfuss, escritor estadounidense e profesor de literatura e filoloxía

inglesa na universidade de Winsconsin.

Un pequeno resumo do libro sería este: Kvothe (cuouz) é un

personaxe lexendario, o heroe e o villano de miles de historias

que corren entre a xente. Todos o dan por morto, cando en

realidade vive cun nome falso nunha pousada apartada e

humilde, da que é propietario. Ninguén sabe agora quén é, ata

que unha noite un viaxeiro, chamado Cronista, o recoñece e lle

suplica que lle revele a súa historia, a verdadeira, ao que finalmente

Kvothe accede. Pero haberá moito que contar, xa que lle levara tres

días (tres libros).

Comentario do Autor: “Quería crear un

mundo que fora real, a pesar de que houbera nel

elementos fantásticos. Moitas das novelas

fantásticas que se escriben hoxe parecen un plató

dun filme: é coma se dobraras una esquina e te

encontrases que todos os edificios son de cartón

pedra. Hai escritores que usan os mesmos recursos

una e outra vez. É coma se se incorporasen todos

os ingredientes dunha receita: elfos (feito: √); mago

malvado (feito: √); dragón (feito: √); profecía

(feito: √); espada máxica (feito: √). Eu quería facer

algo distinto. Quería contar unha boa historia, e usar algúns dos temas

habituais na literatura fantástica, pero de maneira que resultasen novos e

frescos. Esa foi a miña inspiración.”

Opinión Persoal: Creo que xa falei bastante, máis aínda teño algo que

dicir, ante todo dar as grazas por ler esta reseña literaria que, moito

traballo non me custou, máis, si tempo, e como non, recomendarvos este

magnifico libro ao que tanto agarimo lle collín. Sen dubida algunha, é un

dos mellores libros que lin na miña vida e estou completamente seguro

de que se tentades lelo, non só non vos aburriredes se non que non vos

poderedes separar nin un chisco das súas paxinas.

“He robado princesas a reyes agónicos. Incendie la ciudad de Trebón. H e pasado la noche con

Felurian y he despertado vivo y cuerdo. Me expulsaron de la Universidad una edad a la que a la maioría no los dejan entrar. He recorrido de noche caminos de los que otros no se atreven a hablar ni

siquiera de día. He hablado con dioses, he amado a mujeres y he escrito canciones que hacen llorar a los bardos.

Me llamo Kvothe. Quizás hayas oído hablar de mi.”

Adrián Abella Arias

O tempo que tardou en escribir o

primeiro borrador de toda a

triloxía foi duns sete anos.

Despois tardou outros sete anos

en revisalo, buscando axente,

revisándoo de novo, buscando

editor e revisándoo outra vez, ata

que saíu publicado. A primeira

publicación dste libro foi no

2007 en EEUU, ano no que

apareceu na lista de Best Sellers

do periódico New York Times,

ademais de recibir o Premio

Quill a mellor novela de

fantasía/ciencia ficción. A

España chegou no 2009, e en 6

meses vendeu 90.000

exemplares. “El nombre del

viento”, de Patrick Rothfuss,

converteuse, grazas ao apoio dos

críticos, os libreiros e

especialmente os lectores, nunha

das sorpresas editoriais do 2009.

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

10

OUTRAS RECOMENDACIÓNS

PEAXES, Santiago Lopo

Cada día pasan por diante nosa

moreas de persoas, cada unha

cunha historia propia.

¿Quen non xogou nunca a

imaxinarse con quen vai falando

esa muller pola rúa? ¿Ou por que

levará présa ese home? ¿Por que chora ese cativo?

O protagonista da historia, o traballador dunha peaxe,

adíacase a imaxinar a vida que levarán os seus

“clientes” habituais tendo en conta o seu modelo de

coche, o tipo de música que escoitan, a maneira de

vestir… Entre eles Clio, unha profesora de galego que

ten namorado ó protagonista, e Golfiña, unha

universitaria rebelde.

¿Por qué o eliximos?

Pola orixinalidade do argumento e polo ritmo da

historia.

CAZADORES DE SOMBRAS,

Cassandra Clare

O xénero vampírico lévase, e as

editoriais peléxanse por ser os

próximos en lanzar o seguinte “boom”.

Clary, unha neoiorquina máis, é

testemuña do asasinato dun estrano rapaz de cabelos

azuis a mans de tres rapaces.

Logo deste suceso, todo comeza a cambiar: a súa nai

desaparece, un demo intenta atacala, un dos asasinos

comeza a seguila…

Pouco a pouco descubrirá que a súa vida non era

como a pensaba e que o mundo non era como o

imaxinaba, para entrar a formar parte do mundo dos

cazadores de sombras, onde atopará a Gale, un rapaz

independente e descarado do que non poderá evitar

estar constantemente pendente.

¿Por que o eliximos?

Por ser unha novidade dentro do que está de moda.

Pola narración rápida e clara. Pola ambientación.

Porque toca algúns temas con sorprendente

facilidade.

BEL: AMOR MÁS ALLÁ DE LA MUERTE, Care Santos

Bel entra no hospital. Chega na habitación de Isma,

que está en coma. Non é capaz de lembrar nada, ¿que

foi o que pasou?, ¿por que el está

así…? ¿por que ela está morta?

Está decidida a pescudar o que pasou,

dese xeito, ó mellor consiga arranxalo

antes de que sexa tade.

Ó mellor a súa amiga Amanda lle pode

axudar…

¿Por qué o eliximos?

Pola novidade dun libro con banda sonora,

especialmente a canción “I’ll be ok” consegue que nos

sintamos tranquilos, aliviados.

LA GUIÍA SECRETA DE HARRY POTTER,

El Cronista de Salem

¿Sabías que Hogwarts está en Escocia? ¿e

que Harry se converteu en xefe de aurores

con vinte e sete anos?

Isto e moito máis é o que se conta na guía

que este fan elaborou tras anos e anos de recadar

información dada pola mesma Rowling en diversas

entrevistas e webs.

Unicamente se chegaron a facer dúas edicións, xa que

os avogados da escritora interviñeron, chegando ao

acordo coa editorial de que non se farían máis copias.

Porén, pode que aínda quede algún exemplar

espallado por algunha librería…

De fans e para fans. Solo apto para coleccionistas.

¿Por que o eliximos?

Porque é unha iniciativa fan e pola gran cantidade de

información que nel se dá. Porque queremos saber

que pasou antes de despois do epílogo.

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

11

MIGUEL HERNÁNDEZ: POETA DO POBO E PARA O POBO

Como xa sabedes, este ano celebramos o centenario do nacemento dun poeta que dende sempre sentimos preto do corazón. Digo isto porque a súa memoria mantívose viva grazas a atención que tanto dende o ensino como do mundo da cultura se lle ven prestando. Dende hai anos os seus versos andan polas nosas casas da man de moitos cantautores (Paco Ibáñez, Amancio Prada e, o máis famoso, Serrat). Por ese motivo e para facérmonos eco da homenaxe convidámosvos a visitar unha páxina en internet (JMS historia conocida a Miguel Hernández+Youtube) na que da voz de Serrat e cunha poesía que no seu día escribira outro coñecido autor (J.A.Goytisolo), podédesvos achegar a traxedia deste ser humano que co seu testemuño ildeolóxico e poético nos reconcilia coa especie humana.

Nos seus versos Goytisolo axudaba a popularizar a un home que tivo a moita honra ser poeta do pobo e para o pobo. Daquela, Goytisolo non podía dicir todo o que lle gostaría (lembrade que cando escribe a censura axexaba) así que ó final do poema parece que se abstrae, mellor dito, que se vai polas ramas. Pero é nesa abstracción onde reside o carácter universal e simbólico da obra e da vida de Miguel Hernández. Non importa cal sexa o conflito, non importa o país…O que importa de verdade é que sempre hai xentes que , aínda coa súa vida, se empeñan en defender a dignidade , a xustiza e a liberdade.

Tamén hoxe, coma daquela , lemos a Hernández e “a otra cosa”. ¡Pois claro que a vida vai máis alá dos versos que nos chegan nos libros de texto! Pero é certo que eses versos seguen a conmovernos e a ennobrecernos; porque seguimos detestando a inxustiza, a miseria e a desigualdade.

¡Qué bonito sería! –exclama o poeta- que a súa vida tivera sido como a imaxinaba, libre coma a dun paxaro. Pero a súa realidade foi ben distinta: naceu, escribiu e morreu só, abandonado, desamparado, sen unha man que o despedise. Unha vida semellante á de moitos que dende os comezos dos tempos loitaron na procura de ideais conscientes de que lles custaría a felicidade a mesmo a vida. Así viviu Miguel Hernández e porén, na súa obra hai unha mensaxe esperanzadora que fala doutro futuro posible, dun futuro no que a liberdade permitise a todos falar e mesmo esixir. Parece que somos nós hoxe os que gozamos dese mundo soñado por Miguel e por tantos outros. Por iso, lembrando a Miguel Hernández, sexamos conscientes do privilexio histórico do que gozamos e contribuamos a perpetualo POR TODA A HUMANIDADE.

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

12

Es una historia conocida, amigos,

todos la recordamos,

—viento del pueblo se perdió en el pueblo—

pero no ha terminado.

Hace tiempo hubo un hombre entre nosotros,

alegre, iluminado,

que amó y vivió, cantaba hasta en la muerte,

libre como los pájaros.

¡Qué bonito sería! Nace, escribe,

muere desamparado.

Se estudian sus poemas, se le cita,

y a otra cosa, muchachos.

Pero su nombre continúa, sigue,

como nosotros, esperando

el día en que este asunto, y otros muchos,

se den por terminado.

¡Qué bonito sería! Nace, escribe,

muere desamparado.

Poema de José Agustín Goytisolo

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

13

Un grupo de intrépidos profes do instiuto permítennos unha incurisón nos seus condutos auditivos

revélandonos, entre outras cousas, que música escoitaban cando tiñan acne.

DIME QUE ESCOITABAS

XESÚS FERNÁNDEZ (Lingua Galega) Coordinador do Aquí e Agora A música máis escoitada era pop, rock, folk… Entre os grupos e os cantautores podíamos sliñas os seguintes: Fórmula V, Os Brincos, Os Bravos, Os Beatles, Dúo Dinámico, Andrés Dobarro, Julio Iglesias, Juan Pardo, Camilo Sesto, Junior, Rafaela Carrá, Karina, Dani Daniel, Roberto Carlos, Nino Bravo, Rocío Durcal, Rocío Jurado, Manolo Escobar, Peret, Jose Luís Perales, Miguel Ríos, Elvis Presley… Os medios máis usuais para escoitar música eran a radio, máis tarde a televisión, discos en pequenos bailes de amigos, casettes no coche… Entre as cancións favoritas podíamos descatar: El gato que está triste de Dani Daniel, O tren de Dobarro, En un reloj dará las 12 de Fórmula V, Guandolín de Julio Iglesias, No te vayas de Perales, Money Money e Love me tender de Elvis, as cancións de Karina, Manolo Escobar, etc. Hoxe escoito: La Oreja de Van Gogh, Mago de Öz, Estopa, Pignoise, A Quenlla, Milladoiro, Alex Ubago, Andy & Lucas, Fuxan os ventos, Melendi… De camiño ao instituto acostumo a escoitar a música anteriormente mencionada e a maior parte das veces a radio na Cadea Ser.

JOSÉ ANTONIO GARCÍA (Lingua Castelá)

Grupos e estilos: entón, cando eu era adolescente, xa case

non me lembro, era una época de prehistoria para vós neste

país, chamado España, vivíase un período complicado, polo

que a música tamén formaba parte del. A min os grupos e

estilos que me gustaban eran a canción protesta e todos

aqueles grupos que ían por esa liña: Victor Manuel, Serrat,

Raimon, etc.

Os medios a través dos que me chegaban eran

fundamentalmente a radio, o tocadiscos ou radio casettes,

dun tamaño considerable. As cancións favoritas eran todas as

de Victor Manuel, por paisanaxe, e cando estudaba si había

un cantante que empecei a escoitar grazas a un compañeiro

de pensión e foi un cantante que estivo no Congreso como

deputado: Labordeta.

Hoxe, sigo cos mesmos gustos, aínda que xa non hai canción

protesta, non hai case cantautores, pero eu sigo con Victor

Manuel, con Springtein, etc.

De camiño para o traballo e na casa escoito a radio e máis

que música, o que me gustan son as tertulias radiofónicas,

excepto cando vou coa familia, xa que entón toca poñer

música.

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

14

SONIA CANTALAPIEDRA (Educación Física)

No relativo a grupos e estilos, sempre me gustaron estilos moi variados pop, rock, soul, baladas,

boleros, digamos que de todo excepto música clásica e heavi.

Os meus cantantes favoritos: Whitney Houston e españois Mecano e Presuntos implicados.

Escoitábaos a través da radio e sobre todo a través dos discos dos meus irmáns.

As cancións que detacaría son: as do álbum de Mecano Entre el cielo y la tierra e a canción de Phil

Collins You Cant ´t Hurry Love

Agora sigo escoitando todo tipo de música: Alejandro Fernández, Juanes, Beyonce, Fito y

Fitipaldis,…

De camiño ó instituto escoito música xeralmente Cadena 100 ou Cadena Dial.

ANA DOPAZO (Lingua Castelá) Cando tiña uns trece anos regaláronme unha cinta de “Los Pecos”. Aprendín todas as cancións de memoria e pódese dicir que foi o meu primeiro contacto co mundo da música para adolescentes, aínda que eu nunca fun unha “fan” convencional, desas que tolean ou berran. Nos anos seguintes fun cambiando de gustos, engadindo cantantes e grupos novos á lista dos meus favoritos: en España estaban Miguel Bosé, Tino Casal, Miguel Ríos, Luis Eduardo Aute, Cadillac; e entre os estranxeiros, George Michael, Spandau Ballet, Culture Club e, por suposto, Michael Jackson.

Toda a música escoitábase a través da radio e da televisión, e tamén comprabamos algunha cinta magnetofónica. Os discos de vinilo empecei a mercalos cando xa era un pouco máis grande, porque antes non tiña tocadiscos.

As miñas cancións favoritas estaban relacionadas con cuestións persoais (primeiras citas, primeiros bicos, primeiros desenganos...): Sólo amor de Cadillac, Ben de Michael Jackson, El universo de Aute, Every time you go away de Paul Young, Querida Milagros de El último de la fila, Un minuto más de Tino Casal, Una mujer desnuda de Serrat, Wonderful life de Black, Mil gracias por nacer de Pablo Abraira, One more try de George Michael, Total eclipse of the heart de Bonnie Tailer, No estás sola de Miguel Ríos...

Hoxe en día, moitos deles desapareceron do panorama musical, pero sigo escoitando a Aute, a Serrat, a Michael Jackson (aínda que me gusta bastante menos). Nos últimos anos incorporei algúns autores novos que me encantan, como Robbie Williams, do que teño toda a súa discografía (xa en CD), ou Alejandro Fernández (non vale rirse, pero é o único cantante que conseguiu facerme ir a un concerto despois de moitos anos).

De camiño ó instituto case sempre escoito as noticias ou programas de opinión, pero cando poño música case sempre é de Robbie Williams ou de Alejandro Fernández (xa dixen que non vale rirse). Tamén escoito a Bosé (que nada ten que ver co da miña adolescencia), a Lucas Masciano (un cantautor arxentino), a Juanes, e ultimamente tenme entusiasmada un tal Jason Mraz, que vos recomendo encarecidamente: merquei o seu disco gravado en directo (eu non baixo música de Internet) e é “unha pasada”.

DIME QUE ESCOITABAS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

15

RAMÓN NOCHE (Ciencias Sociais)

Lembro varios grupos/cantantes en distintos momentos entre os 13 e os 19. Arredor dos 14

anos foron os Dire Straits, co xenial guitarrista Mark Knopfler á cabeza, e con cancións míticas como Romeo and Juliet ou Telegraph Road. Un par de anos despois chegou Nirvana e con eles o grunge de Seattle que dominou os anos 90, deles lembro cancións coma About a girl ou Smells like Teen Spirit. Relacionados co grunge, aínda que cun claro matiz de sofisticación están os Smashing

Pumpkinks con temas como Tonight, Tonight ou 1979. Ademais dos grupos tamén recordo, xa rondando os 20 o interese por cantautores hispanoamericanos como Silvio Rodríguez ou Pedro Guerra, e, volvendo ao mundo anglosaxón, o impresionante Bob

Dylan que leva aí toda a vida e quedará para sempre. Hai quen di que pode clasificarse as persoas segundo a súa canción preferida de Dylan. Eu quédome con All along the watchtower.

Ao principio fundamentalmente a través das cintas de audio que nos pasabamos uns a outros, despois CDs.

Hoxe escoito máis ou menos estilos similares. Así que se me veñan á cabeza agora mesmo: Amaral, Deluxe, Vetusta Morla, Andrés Calamaro ou Antonio Vega (tristemente falecido hai uns meses)…

De camiño cara ó escoito máis ben radio que música, neste curso sobre todo Onda Cero; antes sempre escoitaba os microprogramas de radio 5, pero agora xa non os hai a esas horas.

ANA BELÉN DURÁN (Lingua Castelá)

Se á miña infancia lle puxesen música supoño que os Chiripitifláuticos, Miliki, Enrique y Ana e o grupo Parchís volverían soar. Da radio e da televisión chegaba, a maiores, a música do momento: Dúo Dinámico, Massiel, Fórmula V, Nino Bravo, Camilo Sexto…

Na adolescencia recordo aprender as letras de toda canta canción asinaban Los Pecos, Pedro Marín ou Iván. (Qué pena que me dou!) Pero de seguido chegou Miguel Ríos e curou a tontería. Uf! MENOS MAL! Como isto da música debe de ser como o rascar, pouco a pouco, ampliáronse os horizontes e así fomos descubrindo o Rock: dende as lendas Beatles, Rollings, ACDC, Pink Floyd, Génesis, The Who, Bob Marley…

Nos 80, desfrutamos de toda unha serie de grupos made in Spain inmellorables e tan variopintos como: Barón Rojo, Obús, Rosendo, Mecano, Radio Futura, Golpes Bajos, Burnin, Loquillo, Gabinete, Duncan Dhu, Los Ilegales, Los Berrones, Los Sueves, La Unión…

Nesa época descubrín a toda un xeración de cantautores que me engancharon de tal maneira que aínda hoxe sigo amarrada ás súas voces: digo Serrat, Aute, Sabina, Paco Ibáñez… No bacharelato puiden achgarme á música clásica e á poesía de G. Moustaki, Brassens e tamén á música folk.

Na actualidade procuro que a música sempre estea preto. Gústanme moitos estilos diferentes e gústame poñer bandas sonoras ás vivencias familiares. Ás miñas fillas procuro transmitirlles ese costume e na miña casa pódese escoitar, dependendo do momento, dende Mozart a Falla, pasando por Queen ou Luar na Lubre, Estopa ou Triana, El Cantajuego ou Carlos Chavela Vargas, Luz Casal, Rosario, Milladoiro, etc.

DIME QUE ESCOITABAS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

16

MARÍA LOPO (Francés)

En avant la musique !

Para as adictas ao tango Dixo Nietzsche que sen a música a vida sería un erro. É a frase que dende hai moitos anos

preside a miña discoteca persoal. Sempre fun moi ecléctica e desordenadamente autodidacta nos

meus gustos musicais; nun mesmo día podo escoitar un concerto italiano de Bach, unha rumba de

Los Chichos e un alalá rescatado por Amancio Prada. Os tres teñen para min a mesma fonda beleza e

a mesma intacta dignidade.

Escoito hoxe o que me gustaba escoitar na adolescencia xunto a toda a música que fun

descubrindo despois. A música non ten, ao meu ver, nin barreiras culturais nin por suposto

xeracionais. Aprendín moito oíndo a radio a horas imposibles, pasando tardes en pubs e cafés,

asistindo a concertos e intercambiando cassettes e vinilos; hoxe en día non podo prescindir do

MP3. A música é compañeira habitual en todas as miñas viaxes en coche.

En canto a estilos, grupos e cantantes, escoitei e escoito moito punk e after-punk (Sex Pistols,

The Clash, The Pogues, Siniestro Total, Resentidos, Golpes Bajos, Parálisis Permanente) e o blues-

rock-punk de creadores inclasificables como Janis Joplin, The Doors, Jimmy Hendrix ou Patti

Smith, con quen comparto admiración por Arthur Rimbaud. Gústame a canción de autor de poetas

como Leonard Cohen, Tom Waits, Nick Cave, Boris Vian, Paolo Conte, Lluís Llach, Silvio

Rodríguez ou Luis Eduardo Aute; a voz de Bessie Smith e o miañar de Billie Holiday, a corneta de

Bix Beiderbecke, a guitarra de Django Reinhardt, o saxo de Coltrane e o piano

de Monk. Probablemente escoite unha vez ao ano a integral de Georges Brassens quen, a través das

súas cancións, converteuse nun verdadeiro amigo. Pásoo moi ben co pop de Serge Gainsbourg e

Jane Birkin, coa irreverencia de Javier Krahe, coa harmonía dos ritmos celtas e cos novos e libres

camiños abertos na música tradicional por mulleres como Mercedes Peón en Galicia ou Nolwenn

Korbell en Bretaña. Admiro igualmente a verdadeira fusión, como a da música zigano-bretoa de

Erik Marchand e o Taraf de Caranşèbes, ou a de La leyenda del tiempo de Camarón... e vou ir

parando.

Para antes de dar clase un luns á tarde recomendo escoitar a Mano Negra e, para despois, o

Stabat Mater de Pergolesi.

Se tivese que escoller unha canción-emblema sería Nasce Selvagem de Resistência; unha

canción-banda sonora, Dance me to the end of love de Cohen; se só puidese elixir a obra dun autor para

escoitar durante o resto da miña vida, sería por suposto a de Léo Ferré.

DIME QUE ESCOITABAS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

17

LETRAS GALEGAS 2010

Uxío Novoneyra

OBRAS:

Os eidos 1995

Elegías del caurel y otros poemas (1996)

Os eidos 2. letanía de galicia e outros

poemas(1996)

Poemas caligráficos. Vietnam canto(1979)

Os eidos. Libro do courel(1981)

Muller pra lonxe (1987)

Bazterrak Os eidos(1987)

Do courel a compostela 1956-86(1988)

O cubil de xabarín(1990)

Tempo de elexía (1991)

Gorgorín e cabezón(1992)

Poemas da doada certeza i este brillo

premido entre as pálpebras (1994)

Camelio xaponés. Watsubaki (1995)

Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín (1998)

Dos soños teimosos (1998)

Onde só queda alguén para aguantar dos

nomes (1999)

Arrodeos e desvíos do camiño de santiago e

outras rotas (1999)

Porta xorda (1966) poema sonorizado

Letanía de galicia . poema sonorizado

Vietnam canto

Pranto polo ché

Se o pasado é pasado

Libertá chamas nos ollos tristes.

Pasadas tódalas francias.

LETRAS GALEGAS 2010

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

18

xío Novoneyra, considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de

tódolos tempos, proxecta a súa obra enraizada na tradición e no popular, aínda que

con destacadas tonalidades vangardistas nas que destaca o lirismo da palabra.

Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de

1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra. Sendo estudante en

Lugo coñeceu a Manuel María con quen frecuentou o trato de intelectuais da anterior

xeración como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón

Piñeiro. Con 19 anos, Novoneyra trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de

Filosofía e Letras.

En 1951 regresa para facer o servizo

militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo

en O Courel obrigado por unha doenza

pulmonar que o tivo ás beiras da morte.

Entre 1962 e 1966 volve a Madrid onde

traballa na radio e na televisión. En 1973

casa con Elba Rei con quen tivo tres fillos que residían

entre O Courel e Lugo. Instálase definitivamente en

Santiago de Compostela en 1983.

En 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os

Eidos, con prólogo de Ramón Piñeiro. Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas

(1966), en edición bilingüe, e Poemas caligráficos. En Muller para lonxe reúne poemas de

amor xa publicados e outros inéditos ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un

epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Ademáis da súa incursión na narrativa para nenos,

destaca a oralidade da súa poesía que adquire matices especiais cando o mesmo poeta

recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa

poesía popular, según afirma a Real Academia Galega.

O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo de

ocupa ata o seu falecemento en outono de 1999. Novoneyra foi un poeta de entrega total,

pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co

pobo. Tanto en “Os eidos” como nas súas outras obras, Novoneyra é

capaz de evocar sensacións visuais, auditivas ou anímicas mediante a

combinación e repetición de fonemas.

A poesia de Novoneyra ten moi pouco que ver coa dos outros

paisaxistas galegos. Novoneyra é-valla a aparente contradicción- un

poeta silencioso, e os seus poemas van moito máis alá do texto. As

palabras pouquísimas evocan dun modo máxico o mundo no que o

home esta inmerso, designando as cousas para que estas aparezan

perante nós. Non describe: evoca, invoca. E hai outro Novoneyra

coral, heroíco: o da Letanía de Galicia, do Viet Nam Canto.

U LETRAS GALEGAS 2010

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

19

OS INTELECTUAIS GALEGOS OPINAN

En varias xeiras percorrín a Terra Cha alumado por Uxío Novoneyra, cabalgando sempre na súa poesía, nas ás da palabra sempre emocionada do poeta do Caurel.

Alfonso Blanco Torrado

A poesía de Novoneyra fainos máis libres aínda. Eu seino. Seino e invito a quen non o coñeza estas cualidades que repita Os Eidos na espesura verde violeta azul non sei da Devesa da Rogueira, por exemplo.

Xosé Carlos Caneiro

Uxío soubo, dende sempre, que un home pode ser outra cousa e así o expresa, encetando dende os cumios do Courel un diálogo telúrico sobre a vida e a morte.

Carlos Mella

Uxío Novoneyra é un poeta de sentimento e

cosmovisión tan patrióticas, como de sereo e

fraterno internacionalismo.

Francisco Rodríguez

Meses despois a erudición de Novoneyra en cuestións poéticas era moi superior á de calquera de nós, mesmo ás dos máis aplicados.

Xesús Alonso Montero

Coa a man aberta e levantando nela unha

cunca de escuro mencía e brindo convosco e con

il mesmo polo Uxío de Parada.

Xosé Manuel Beiras

Sire le Roi, poeta Novoneyra, gracias pola

túa voz.

Xohana Torres

O soño e a liberdade. A poesía de Uxío Novoneyra

son os camiños da liberdade. A vida do noso vate

é un contínuo transitar polos camiños do soño.

Herminio Barreiro

A túa xeración, Uxío, máis que unha xeración, unha irmandade, soubo e aínda sabe ser o círculo de xustos, a trabe que sostén o difícil equilibrio do país.

Luísa Villalta

Devemos reivindicar Novoneyra, os Novoneyras rigurosos, apaixonados, comprometidos, trabalhadores constantes da poesía.

Miguel Câncio

Coñecín e pasei polas tuas terras queridas despois de te ter lido e de mergullarme no idioma do país que, daquela, eu quería meu de pleno direito.

Maria do Pilar Garcia Negro

Anos despois na cidade cubana de Cienfuegos

mostreille Os Eidos ó poeta, folclorista e editor

Samuel Feijóo, a mante de paisaxes e estudioso

do home en relación coa natureza. Ficou

abraiado e pediume que lle traducise algúns

poemas.

Xosé Neira Vilas

A voz de Uxío galopando nun Cabalo

novo, abriu ancho camiño real. E o verso

do dicidor-poeta acadou un coro: nós, o

pobo, Galicia enteira.

Euloxio R. Ruibal

LETRAS GALEGAS 2010

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

20

Cando todos señamos simplemente mortos, o

pó borrará a meirande parte das memorias pro

sempre frorecerá O Courel vendo partir ós que

irán “DO COUREL A COMPOSTELA POR

TERRA LIBERADA”. Eu hei de erguer a

miña man morta pra decir: OBRIGADO,

UXÍO.

Xerardo Pardo de Vera

Coñece-lo Courel, hai unhas semanas, foi

para min unha experiencia equivalente a

coñecer, hai corenta anos, ó poeta Uxío

Novoneyra.

X. L. Franco Grande

No libro OS EIDOS esprésase poéticamente

a esperiencia máis radical e permanente do

esprito galego en canto realidade coleitiva:

a súa integración na vida cósmica.

Esperiencia de vixencia inmudábele

durante centos e centos de anos.

Ramón Piñeiro

UXÍO NOVONEYRA deixounos en Os eidos

unha tremecida representación de sí e das súas

montañas natías do Caurel. O poeta, en pura

soedade perante a natureza, é un finísimo resoador

no que percute cada cousa de fóra e dicta un son

soberano e diverso.

X. L. Méndez Ferrín

OPINIÓNS DOS NAVIGANTES: “Se alguén merece estar nas letras galegas que sexa polo seu traballo e non polas

sinaturas de ninguén…”

“Parabéns para a familia de Uxío e para todolos que pediron que este gran poeta fora

elidido para 2010.”

“Novoneyra tiña moitas cousas polas que merece esta distinción entre elas a súa

coherencia tanto no profesional coma no persoal. Apertas.”

“Parabéns para unha celebración merecida e para os que o fixestes posible.

Esperemos que isto axude a que o galego reciba o respeto que merece.”

“Desde eiquí síntese ben a grandeza deste courelán. Grazas Uxío”

“Pagou a pena. Sen dúbida a mellor noticia para todos/as os que atopamos o

profundo da serra nos poemas de Uxío que nos axudaron a soñar o Courel”

“FELICIDADES, O CONSEGISTES. BON TRABALLO.”

“Síntome orgulloso de ser galego, grazas Uxío pai”

Carmen Blanco presenta a Uxío Novoneyra como un autor que non renega das súas raíces en

absoluto, cunhas obras baseadas en tres temas básicamente: o existencial, o telúrico e o político e

tamén o presenta como un home que loita pola liberdade da época na que se atopa e aínda que ten

altibaixos nas crenzas de que algún día poida chegar non perde a esperanza.

É un libro fácil de ler, ilustrado con numerosas fotografías e que invito a todos aqueles que queiran

saber algo sobre as obras de Novoneyra a que o lean.

LETRAS GALEGAS 2010

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

21

Porta Xorda 1966

PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!

Dente puño teso a premer valeiro!

Cando volva o vento

Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?

Rota a corda que tempera a forza do sino

Un pobo enteiro rébrese no tempo

Folga Xeral contra da Historia.

Compría agouxarse en calquer ichó

Mais seguín fora a xistra

Velando norde estrela longa brillo atuido.

Alguén chama. Alguén agarda

Corazón tente

Sostén a gran nembranza.

Grazas a María Lopo, a Xesús e a Lola ( profesores de galego) polas achegas neste traballo.

GORETTI VALIÑA VÁZQUEZ

LETRAS GALEGAS 2010

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

22

TODO O QUE NOS RODEA: O UNIVERSO, A TERRA

, OS SERES VIVOS QUE A HABITAMOS,

CAMBIAMOS, TRANSFORMÁMONOS,

EVOLUCIONAMOS… Darwin tivo o mérito de ser o primeiro que propuxo unha teoría científica sobre o mecanismo que conduce á evolución dos seres vivos, isto é, a selección natural. 2009 foi o Ano Darwin, xa que conmemoráronse o 200 aniversario do seu nacemento e o 150 aniversario da publicación da súa principal obra, “A Orixe da especies”. Os rapaces de 1º de Bac realizaron xornais científicos. Algúns dos artigos podédelos ler nas páxinas seguintes Os rapaces de 1º e 2º de eso afondaron na vida e obra de Darwin e realizaron unha preciosa exposición.

Darwin naceu en Shrewsbury o 12 de febreiro de 1809 e morreu o 19 de aabril de 1882. Casou con Enma Wedgood e tiveron 10 fillos. Realizou unha viaxe de 5 anos arredor do mundo a bordo do Beagle, capitaneado por Fitzroy. Esta viaxe foi decisiva para a elaboración da súa teoría. A Teoría da Evolución de Darwin está considerada como unha das teorías científicas máis importe de todos os tempos.

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

23

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE ALUMNOS DE 1º E 2º DA ESO.

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

24

Claro exemplo das burlas

sufridas por Darwin.

Evolucionismo vs Creacionismo

Dende a publicación da famosa obra de Darwin, “A orixe das especies”, houbo unha gran controversia sobre si esta teoría, apoiada en rigorosas probas científicas, debería ser aceptada; ou si pola contra deberíamos seguir aceptando a teoría relixiosa. Exemplo deste gran debate foi a disputa mantida en 1860 na reunión da Asociación Británica para o progreso da Ciencia celebrada en Oxford entre o Bispo Samuel Wilberforce, afín á teoría creacionista e o biólogo Thomas Huxley ao que máis tarde se lle alcumaría como “buldog de Darwin” pola súa firme defensa da teoría darwiniana. O Bispo preguntou a Huxley se se consideraba descendente do mono por parte de pai ou por parte de nai; ao que este respondeu: “se tivese que elixir por antepasado entre un pobre mono e un home magnificamente dotado pola natureza e de gran influenza, que utiliza eses dons para desacreditar a quen humilde-mente busca a verdade, non dubidaría nin un instante en inclinarme polo mono”. Dita resposta causou gran conmoción entre os asistentes ao evento. O tema fundamental da controversia é que a teoría golpea o ego da humanidade, que por milenios xulgouse a si mesma non como unha especie natural, se non como “os fillos de Deus”. A teoría de Darwin incluíu ao ser humano nunha enorme cadea de acontece-mentos naturais quitándolle a súa condición privilexiada. Incluso hai que abraza a teoría para fundamentar ideas racistas, entendéndoa no sentido da

pre-ponderancia dos máis fortes. Hoxe en día malia todo o tempo transcorrido dende 1860, a controversia continúa. Tiña razón Darwin? En EEUU séguese a debater con ardor. Debería deixarse que os nenos escoiten teorías contrarias nas clases de ciencias? A maior parte dos científicos e dos tribunais que emitiron veredictos sobre o asunto afirman que a explicación de Darwin da orixe das especies a través da selección natural , baséase en probas abruma-doras. Moitas persoas espe-cialmente as

relixiosas e con-servadoras, están en completo desacordo. Entre eles están os creacionistas, que interpretan ao pe da letra a historia do Xénese de que Deus creou o mundo en 6 días hai pouco máis de 10.000 anos (os dinosauros desapare-ceron hai 60 millóns de anos!!).Outros están a favor do chamado deseño intelixente, a idea de que a vida é demasiado complexa para xurdir sen un creador sobrenatural. As sonda-xes de opinión pública mostran que os estadounidenses están

profundamente divididos en ma-teria de evolución. Recente-mente, con motivo do 200 aniversario do nacemento de Darwin, fíxose unha película sobre a súa vida e obra, dita película non atopou distribuidor en EEUU, sería demasiado polémica para a audiencia norteamericana? Quizais sexa lóxico sentirse ofendido pola teoría evolu-cionista se un ten profundas conviccións relixiosas, sen em-bargo, non se podería alegar o mesmo no caso contrario - e con máis razón tendo en conta que esta teoría posúe rotundas probas científicas - e con isto prohibir a divulgación do creacionismo? Non temos todos dereito a coñecer ambas versións dos feitos? A ninguén fai dano coñecer ambas versións, porén, non debería estar vetada a difusión de ningunha delas. Non obstante nas clases de ciencias so deberías ter cabida as teorías científicas, sendo as outras soamente nomeadas como alternativas non científicas, pertencentes o eido das crenzas particulares e persoais de cada individuo.

Aurora de Vega. 1º Bac C

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

25

O RECUNCHO DE DOWN HOUSE

Fóra estaba o xardín - nomeado polo científico “laboratorio”-, os invernadoiros, onde estudou a

polinización das orquídeas, plantas carnívoras e especies rubideiras ras. E especialmente o

camiño de area, por onde camiñaba todas as noites.

Charles Darwin pasou catro décadas en Down. Logo foi vendida e, durante uns anos, foi un

internado para nenas. O millonario George Buckstone Browne rescatouna e dende entón vense

dedicando á memoria de Darwin. Nesta casa viu a luz a teoría que cambiou a concepción do

home sobre si mesmo: A TEORÍA DA EVOLUCIÓN A TRAVÉS DA SELECCIÓN NATURAL.

A ORIXE DAS ESPECIES O título completo da obra máis importante de Darwin é “ A

Orixe das especies por medio da selección natural, ou a preservación das razas favorecidas na loita pola vida” .

Tardou 20 anos en escribila, e foi publicada en 1859, adiantándose así a Wallace que daquela chegara ás mesmas conclusións que Darwin.

Púxose á venda o 24 de novembro de 1859 na Editorial John Murray de Londres ao prezo de 15 chelines.

Vendéronse 1200 exemplares no primeiro día.

Foi traducida a case todas as linguas e chamóuselle “a obra que sacudiu o mundo”.

Traducida ao español en 1877 por Enrique Godinez, foi censurada trala guerra civil.

A principal idea desta obra é a selección natural como motor da evolución na cal os individuos cambian ao longo das xeracións sobrevivindo os mellor adaptados ao medio garantindo así a supervivencia da especie.

Durante moito tempo esta teoría foi rexeitada, non so pola Igrexa senón tamén por moitos científicos. Ben entrado o século XX, os novos avances en xenética e bioloxía molecular confirmaron plenamente a Teoría da Evolución de Darwin.

Sandra Rodríguez Rivas.

É máis que unha casa museo, é onde Charles Darwin escribiu “A orixe das especies”, e onde se retirou para morrer.

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

26

EVOLUCIÓN PRETO DA CASA

Atopado en Triacastela un xacemento con restos

dos primeiros Neandertais de Galicia mesturados

con restos de Homo sapiens. Todo parece indicar

que compartían o seu hábitat con rinocerontes e

osos das cavernas.

Un equipo de investigación

formado por Arturo Lombera, arqueólogo do Grupo de Estudos

para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago; Xosé Pedro Rodríguez, arqueólogo adscrito ao proxecto Atapuerca, e Talía Lazuén, arqueóloga da Universidade de Cantabria, que codirixe as investigacións, atopou numerosas probas arqueolóxicas sobre a estancia do home de Neandertal na Cova de Eirós, situada e Cancelo, Triacastela. Os restos duns oitenta mil anos de antigüidade, constan de diversos utensilios elaborados mediante a técnica Levallois, un complexo procedemento característico destes homínidos. Segundo afirma o propio Xosé Pedro Rodríguez, “a técnica Levallois implica un alto grao de complexidade mental por parte de quen a utilizaba. Require unha planificación previa , de forma que as pezas obtidas adquiren a forma desexada”.

Segundo os investigadores, os achados da Cova de Eirós “convértena nun dos principais xacementos do Paleolítico Medio do Noroeste Peninsular.”

Xunto aos restos humanos apareceron os utensilios por eles empregados e restos de fauna. O posterior estudo destes últimos axudaranos a

comprender de que se alimentaban e cales eran as técnicas de caza destes homínidos.

RESTOS ANIMAIS: Entre eles destacan os vestixios dun rinoceronte, así como probas da estancia do oso das cavernas, oso pardo e diversas especies de herbívoros. Os restos de rinoceronte consisten nun pequeno fragmento de dentadura. Debido ao seu reducido tamaño, non é posible unha clara identificación da especie á que pertence. Os restos de oso das cavernas foron datados anteriormente, entre os anos 1989 e 1994, nun estudo levado a cabo por Aurora Grandal. Nas recentes escavacións atopáronse tamén restos de oso pardo, cervo, corzo e rebezo. Segundo os investigadores, estes achados esclarecerán a fauna existente en Galicia durante o Cuaternario, moi pouco estudada ata o de agora. RESTOS DE HOMO SAPIENS: Os restos atopados de Homo sapiens ou cromañón teñen unha antigüidade de entre 30.000 e 17.000 anos. De confirmarse esas datas mediante a proba de Carbono 14, o xacemento do home de cromañón axudaría a coñecer o período medio do Paleolítico Superior, sobre o cal non hai evidencias no noroeste de España. NOVO NIVEL DE OCUPACIÓN: Por riba do achados de restos de h. sapiens, atopouse recentemente un resto de gran relevancia para datar este asentamento: trátase dun pequeno dente que consta dunha perforación no centro, posiblemente usado como colgante, que pode remontarse facilmente aos 20.000 anos de antigüidade. Esta peza móstranos dous aspectos da vida do cromañóns: a preocupación pola estética e a minuciosidade do seu traballo.

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

27

“Nacín en Redondela, provincia de Pontevedra, o 31 de maio de 1971.

Agora vivo en Sarria, seguramente o meu enderezo o saberedes vos mellor ca min, igual que a

matrícula do meu coche. Levo dando clases de filosofía en Sarria dende o ano 2002. Estou casado e

teño un fillo de 14 meses. Entre as miñas afeccións encóntrase a lectura, o cine e a pintura, aínda que

desgraciadamente non teño moito tempo para dedicarme a ela”.

Con estas palabras preséntase José Carlos Pérez Bouzas na entrevista que lle fixemos non hai moito. Lédea con atención.

-¿Cál é a vision da filosofía ante a evolución?

Para a filosofía a cuestión da evolución é máis ampla e complexa do que pode parecer nun primeiro

momento. Cando falamos da teoría da evolución dende o ámbito científico referimonos sen dúbida á

teoría da selección natural de Darwin e de cómo as súas ideas foron corroboradas polos descubrimentos

posteriores das leis da herdanza e da xenética. A filosofía analiza este concepto dende ópticas diferentes.

En primeiro lugar o propio termo pode entenderse de

diversos xeitos. Para Darwin as especies evolucionan para

adaptarse ó medio natural. Hai certas características nalgúns

membros dunha especie que resultan vantaxosas para

sobrevivir no medio, o que provoca que eses individuos

teñan máis posibilidades de reproducirse e transmitan esas

peculiaridades ós seus descendentes. Non ten ningún

sentido afirmar que un individuo, en si mesmo, é máis ou menos

perfecto que outro porque as propiedades que poden ser

neutras ou incluso prexudiciais para sobrevivir nun medio

determinado poderían ser favorables noutro distinto ou

incluso no seu propio entorno se se producira unha modificación

radical no ecosistema. Porén para certos autores evolucionistas o concepto de evolución identifícase coa

idea decimonónica de progreso e relaciónase coa idea de perfección. Un pensador inglés chamado Herbert

Spencer desenrolou antes de Darwin unha teoría global da evolución partindo da idea de que evolucionar

consiste en progresar, en mellorar, en perfeccionarse ó longo do tempo. Spencer aplicou esta idea a

Rocío Magalí, David Neira, Noelia López, Lucia

Villanueva,Marta Piñeiro, Diego García, Rocío

Pombo, Braian Restrepo. 1º de Bac A.

“A filosofía analiza a

evolución dende o punto

de vista da historia das

ideas salientando como

xurdiu a idea de progreso

no século XVIII, a cal fixo

posible a creación das

primeiras teorías

evolucionistas no XIX.”

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

28

tódolos ámbitos da realidade. Para el todo o universo, os procesos inorgánicos e orgánicos, as especies de

plantas e animais e o propio home pasan do simple ó complexo, do indefinido ó definido. Spencer afirmaba

que toda a natureza está nun proceso evolutivo necesario e imparable. As cousas do mundo cambian

constantemente para facerse mellores e máis perfectas. Así pois o concepto de evolución na historia das

ideas é moito máis amplo e rico, e non se reduce nin moito menos á obra de Darwin.

A filosofía , entón, analiza a evolución dende o punto de vista da historia das ideas salientando como

xurdiu a idea de progreso no século XVIII, a cal fixo posible a creación das primeiras teorías evolucionistas

no XIX. Estudamos tamén o enfrontamento destas novas orientacións coas vellas ideas acerca da orixe do

mundo baseadas na relixión e a Biblia (o creacionismo), e o impacto que tivo na nosa cultura porque nos

obrigou a redefinir a nosa posición ou status dentro da orde natural. Por outra banda reflexionamos sobre

a aplicación das ideas de Darwin a outros ámbitos da realidade, como fixo o darwinismo social. Esta

corrente de pensamento, típica do século XIX e principios do XX, aplicou as ideas de Darwin ó estudio das

sociedades humanas con resultados catastróficos. De feito, esta ideoloxía é o núcleo do movemento nazi e

levou a xustificar as desigualdades sociais, o racismo e, en última instancia, o holocausto. Por iso, dende a

filosofía gústanos explicar que as veces unha teoría científica como a de Darwin, tan válida no ámbito da

bioloxía, aplicada a outros ámbitos pode levarnos por camiños perigosos e funestos.

- ¿Tivo algún contacto coa teoría de Darwin cando era pequeno? ¿Recibiu información del?

Eu lembro que no meu ámbito familiar a teoría da

evolución non era descoñecida. Recordo tomar como

algo natural que o home procede do mono, aínda que despois

souben que esta idea non era correcta. A concepción de que

non sempre fomos como somos hoxe en día e que a nosa

especie é o resultado dunha serie de cambios que se produciron ó longo do tempo sempre estivo presente

no meu entorno.

Lembro especialmente o momento en que me decatei da controversia que suscitaba tal idea cando un

día votaron pola televisión a película “A herdanza do vento”. Estupendo film que recrea o famoso “xuízo do

mono” que se produciu en 1925 nos EE.UU.

- ¿Que tipo de científicos son filósofos?

Dende o meu punto de vista todo científico que reflexione sobre o fundamento da súa práctica

científica e sobre as posibles consecuencias do seu traballo xa é un filósofo. Os dous ámbitos non están

tan lonxe como a xente se cree. Grandes científicos do noso tempo como Einstein ou Oppenheimer, por

poñer dous casos, tiveron que enfrontarse cos dilemas éticos que suscitaban os seus descubrimentos

científicos. Ademais, cando Einstein afirmaba que “Deus non xoga ós dados”, o estaba facendo máis como

“... a distinción entre

filósofo e científico é moi

recente na nosa historia.”

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

29

filósofo que como científico e utilizaba esa idea como orientación xeral nos seus traballos. Moitas veces os

científicos utilizan ideas filosóficas para formular hipóteses e como fonte de inspiración.

- ¿Hai algún filósofo que ademais sexa científico?

Tedes que ter en conta que a distinción entre un filósofo e un científico é moi recente na nosa historia.

De feito a diferenza foise consolidando a partir da revolución científica dos séculos XV e XVI e quizais a

fractura definitiva tivo lugar no XVIII e XIX. A meirande parte dos pensadores que estudades en filosofía

son tanto filósofos como científicos. Por poñer algúns exemplos temos o caso de Thales de Mileto,

Pitágoras, Descartes, Leibniz, Spinoza.. Homes que, xunto con tratados de filosofía, escribiron tamén obras

sobre xeometría, óptica…

- ¿Séguese a considerar a teoría de Darwin como un misterio?

Como un misterio penso que non, pero tamén opino que é necesario comprendela na súa

complexidade. Cando avaliamos os coñecementos previos que tedes sobre o evolucionismo atopámonos

con moitas sorpresas. Moitos seguides pensando que procedemos dos monos, cando xa fai tempo que

sabemos que non é así, ou credes que as especies evolucionan desenrolando ou atrofiando os seus

órganos corporais como afirmaba Lamarck. En fin, que as veces a idea que vos facedes da teoría está moi

distorsionada e mesturada por moitas crenzas rexeitadas fai tempo. Por iso é necesario un estudio

profundo e rigoroso do evolucionismo.

- As teorías científicas poden ser demostradas, ¿ocorre o mesmo coas teorías filosóficas?

Noutras palabras, ¿pódese aplicar o método científico á filosofía?

Eu penso que non, polo menos, non coa rigorosidade coa que se tratan de probar as teorías científicas. Isto

é así, segundo a miña opinión, porque a filosofía ocúpase de cuestións que non son susceptibles de

tratamento científico. Os interrogantes acerca do sentido da vida, as grandes preguntas referidas á moral,

á política, a estética, ó sentido da historia, etc, etc, desbordan ao método científico. Cando entramos nelas

mergullámonos no sempre comprometido ámbito da interpretación. Agora ben, o erro no que se cae as

veces é a consideración de que como toda interpretación ten sempre un grado de subxectividade, na

filosofía calquera opinión vale ou que se pode dicir calquera cousa. Isto non é certo. Dende sempre os

filósofos trataron de xustificar racionalmente as súas propostas analizando criticamente tanto as propias

ideas como as alleas.

- ¿Levase ben a filosofía coa ciencia?

Hai encontros e desencontros pero quizais abunden máis os segundos. Penso que deberían levarse mellor

do que se levan. Tradicionalmente os filósofos bótanlle en cara ós científicos a visión parcelaria que teñen

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

30

da realidade, o deixar de lado preocupacións humanas que non poden estudar cos seus métodos, etc. Os

científicos acusan á filosofía de falta de rigorosidade e destacan a incomprobabilidade e incluso a

inutilidade práctica dalgúns dos seus planeamentos. Quizais os filósofos deben tomar conciencia de que

non se pode facer filosofía ó marxe dos coñecementos que nos subministra a ciencia, e esta debería ser

máis consciente do alcance e os límites dos métodos que utiliza. Iso, sen dúbida, reduciría moito o abismo

que moitas veces parece que as separa.

-¿Cara onde evolucionará a especie humana?

Esta é unha pregunta case imposible de responder. En primeiro lugar... ¿de que evolución estamos a falar?

Se nos referimos á evolución biolóxica o certo é que a nosa especie non sufriu cambios significativos dende

hai miles de anos. Se falamos de evolución cultural penso que é moi arriscado aplicar o concepto ó mundo

social. ¿As sociedades humanas evolucionan no sentido de que melloran? ¿Considerámonos máis

“evolucionados” que outras culturas porque temos máis desenrolo tecnolóxico? ¿Fainos iso mellores ou

peores? ¿En que aspecto? Son cuestións moi complexas. Ademais a propia historia desminte a idea dun

progreso ou evolución necesaria e imparable, xa que todos temos coñecemento de épocas escuras onde

moitos logros culturais foron destruídos e caeron no esquecemento. A sensación de continua

transformación é moi palpable en sociedades industrializadas como as nosas. Agora ben... ¿cara ónde

imos?. Non me atrevería a facer afirmacións ó respecto.

- ¿Pensas que todas as disciplinas científicas xunto coa filosofía tenderán a constituír unha única

ciencia?

O gran proxecto dunha ciencia unificada non é algo novo. Descartes e os racionalistas dos séculos XVII e

XVIII crían que era posible e traballaron en pos dese ideal: unha única ciencia, cun método unificado e con

todas as ramas do saber formando unha totalidade orgánica. Sen dúbida un proxecto grandioso, pero

penso que hoxe en día está moi lonxe de realizarse. De feito dáme a impresión de que actualmente moi

poucos creen na súa viabilidade.

Agradecemos moito a túa amabilidade. Moitas grazas por dedicarnos o teu tempo e

ensinarnos algo máis sobre evolución.

E MALIA TODO EVOLUCIONAMOS

“Deus non xoga nunca aos

dados”. Albert Einstein.

“…¿cara ónde imos? Non me

atrevería a falar ó respecto.”

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

31

EXCURSIÓN Á RADIO

O venres, día 29 de xaneiro, os alumnos de 1º da E.S.O do I.E.S Xograr Afonso Gómez, fomos de excursión á

cadea SER de Lugo.

No estudio da radio déronnos a benvida cunha mesa con moitas golosinas, que todos probamos e

saboreamos con gusto.

Na sala en que se fai o programa en directo non cabiamos todos así que nos dividiron en grupos, e uns

estiveron no estudio de son, onde se atopan todos os controis para poñer en marcha o programa; e outros

estivemos no programa en directo escoitando e colaborando. Ao largo do programa houbo unha pausa e

os grupos cambiáronse de sala.

O programa o que asistimos chamase Hoy por hoy e o seu presentador é Juan Carlos Rodríguez, ademais

hai diversos colaboradores cos que falamos. Nós, tamén puidemos participar.

Dúas compañeiras fixéronlle unha pequena entrevista ó alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, e

preguntáronlle algunhas cousas ás que el respondeu con moito gusto. El interesouse polo noso centro e

fixo varias preguntas ás rapazas.

Outras alumnas falaron sobre o instituto, e o que estarían a facer se se atopasen nel.

No programa contan cunha especialista en libros, que nos recomendou algún que outro libro, e falou

cunhas compañeiras sobre o último libro lido por elas.

Tamén escoitamos un conto sobre a paz, contado polo conta contos Anxo Moure.

Alí puidemos ver como é un programa de radio visto dende dentro. Foi unha experiencia entretida e

divertida.

Carmela Cela Rodríguez

EXCURSIÓN Á RADIO EXCURSIÓN Á RADIO

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

32

A excurisión de 4º en imaxes

O Big Ben saiu a recibirnos, como non

Tesco express, a cadea de supermercados máis emblemática da Londres Harrods,

onde hai Chanel nos

baños

Foto de familia diante do Buckingham Palace

Todos xuntos no Chinatown

ÁLBUM DE FOTOS

AQUÍ E AGORA

LITERATURA

33

Oxford. Aí

dentro rodáronse escenas das películas de Harry Potter

Picadilly Circus

Vistas dende St. Paul. Para velas hai que subir máis

escaleiras ca na torre de Hércules

O London Eye. Trinta e cinco minutos de vistas á cidade, non actos para vertixinosos

ÁLBUM DE FOTOS

AQUÍ E AGORA

TERATURA

34

ÁLBUM DE FOTOS

AQUÍ E AGORA

TERATURA

35

ÁLBUM DE FOTOS

AQUÍ E AGORA

TERATURA

36

A nosa biblioteca Un ano máis, queremos informar aos lectores da

revista das diferentes actividades desenvolvidas desde a biblioteca do centro. O noso grande obxectivo é facer que

este espazo común sexa considerado por toda a comunidade educativa como un punto de encontro, de

entretemento e, por suposto, de coñecemento.

Aproveitamos, ademais, para lembrar que podedes entrar no noso blog (biblioxograr.blogaliza.org) para estar

ó día de todo o que se vai facendo no centro: excursións, conmemoracións, exposicións, traballos, concursos...; e

encántanos que deixedes os vosos comentarios e opinións sobre todo o que nel se publica.

Este é o resumo desas actividades:

“E malia todo evolucionamos”: Durante o primeiro trimestre (e antes de que rematara o 2009), celebramos o Ano de Darwin. A biblioteca

achegounos, indicándonos o camiño con pegadas polos corredores, ó estudio da evolución cunha exposición de

libros, carteis e moitas actividades: xogos, encrucillados, traballos manuais, xornais... nos que participaron os

alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de BAC.

(Estas son só algunha das moitas fotografías que podedes ver no blog da biblioteca.)

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

37

O club lector:

E xa van tres cursos: continuamos co noso club de lectura aberto a toda a

comunidade. Cada trimestre proponse un libro e celébrase unha reunión para que todos

aqueles que o leran podan opinar e facer unha posta en común sobre diferentes

aspectos da obra.

1ª sesión: o 24 de novembro de 2009 celebramos a nosa primeira xuntanza para falar

de Busco a Violet Park de Jenny Valentine. As opinións foron diversas, pero parece que

lles gustou máis ós rapaces que ós profesores.

2ª sesión: esta vez propuxéronse dúas obras e un autor, Das cousas de Ramón Lamote

(1985) e Das novas cousas de Ramón Lamote (2008). O 23 de febreiro de 2010

reunímonos e falamos da xenial obra do lugués Paco Martín; polo menos, esta é a opinión

que todos tiñamos do primeiro libro. O segundo non o leran todos, pero os que si o

fixeramos estabamos de acordo en que preferimos o anterior. Fixemos un concurso de

preguntas sobre o libro e pasámolo “de medo”.

3ª sesión: o día 25 de maio, celebrouse a última lectura do ano. O libro elixido foi Finis

Mundi, de Laura Gallego García.

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

38

Visitas:

Organizada polos Departamentos de Galego e de Normalización Lingüística, o 19 de

novembro de 2009 tivemos a visita da escritora, nacida no Val do Mao (O Incio), Marica Campo,

que veu falar do seu libro E Xoel aprendeu a voar.

A charla cos rapaces de 2º ESO foi moi agradable, fixéronlle preguntas e pedíronlle que lles

asinara os seus libros. Tedes fotos no blog.

Conmemoracións:

- Día escolar da Non-violencia e da Paz, o 30 de xaneiro.

- Día mundial da Auga, o 22 de marzo.

O Día Mundial da Auga

en 2010 ten dous

obxectivos:

*Fomentar a concienciación no que se refire á conservación dos ecosistemas sans e do benestar humano, abordando os crecentes desafíos en relación coa calidade da auga que se presentan á xestión dese recurso.

*Resaltar o tema da calidade da auga exhortando a gobernos, organizacións, comunidades e persoas en todo o mundo a que adopten medidas en relación con ese tema e realicen actividades de prevención da contaminación, limpeza e rehabilitación, entre outras.

Para celebralo e coa colaboración do Departamento de Bioloxía, convocouse un concurso titulado “Pasados por auga” con dúas modalidades: unha para ESO e outra para BAC. Entre todos os alumnos que presentaron os seus cuestionarios coas respostas correctas, sorteáronse unha serie de agasallos.

“Febreiro: mes do amor”

Durante todo o mes de febreiro, fixemos unha chea de actividades relacionadas co

tema do amor.

- Concurso: expúxose unha escolma de textos literarios de importantes

autores nos que aparecían diferentes tipos de amor (sensual, romántico, filial, verdadeiro, perdido, eterno, á lingua...) e os alumnos que participaron tiñan que identificar a que obra e a quen pertencían, coa axuda dunha selección de libros expostos na biblioteca. Se tedes curiosidade por saber as respostas correctas, están publicadas no blog. A alumna gañadora do concurso, coas 14 respostas acertadas, foi Tania Cotardo Valcárcel,

de 1º bac. B.

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

39

- Cinefórum: co gallo da chegada do San Valentín ao IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, e coa colaboración

do DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN E SERVIZOS Á COMUNIDADE, todos os membros da Comunidade Educativa estabamos invitados ás sesións de proxección e debate de filmes que presentaban diferentes enfoques do tema do amor:

- Exposición: os alumnos de 1º de BAC, das materias de

Ciencias para un Mundo Contemporáneo e de Grego, elaboraron unha serie de carteis sobre curiosos costumes amorosos dalgúns animais, importancia das plantas e flores na tradición popular amorosa, lendas de amor clásicas...

(O restos dos carteis podedes velo no blog.)

- A cociña do amor: de novo coa colaboración do

profesorado do CICLO, alumnos do mesmo e de 3º PDC cociñaron unhas saborosas e “amorosas” receitas.

Lecturas dramatizadas: - O día 27 de novembro de 2009, os alumnos de 4º ESO, coordinados pola profesora Ana Belén

Durán, leron na biblioteca a obra Don Álvaro o la fuerza del sino do Duque de Rivas.

- O día 5 de febreiro de 2010 (e relacionado tamén co tema do amor), os alumnos de 4º decidiron repetir experiencia. Esta vez,

a obra elixida foi Bodas de Sangre de García Lorca.

As dúas actuacións foron espectaculares e moi “dramáticas”: non vos perdades as fotos publicadas no blog.

1ª sesión, 10 de febreiro:

“Tristán e Isolda”

de Kevin Reynolds (2006)

2ª sesión, 24 de febreiro:

“Brokeback Mountain”

de Ang Lee (2005)

3ª sesión, 3 de marzo:

“Sabrina”

de Billy Wilder (1554)

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

40

Día internacional do Libro – 23 de abril O Departamento de Lingua Castelá, como xa vén sendo tradicional, organizou unha exposición cos traballos presentados polos alumnos do centro. Agardamos que vos gustase tanto como a nós.

Para conmemorar esta importante data, un ano máis vos presentamos unha exposición de

estupendos traballos feitos polos alumnos do Xograr. Esperamos que non vola perderades

porque houbo para todos os gustos: murais con sorpresa detrás das portas, “collage” ou

composicións do máis orixinal, unha árbore que se le, una cámara

fotográfica para lectores, monografías sobre diversos autores...

Este ano, ademais de Cervantes ou Shakespeare, os autores que máis

traballos inspiran, estiveron moi presentes Miguel Delibes (un dos nosos máis queridos

premios Cervantes, que faleceu o día 12 de marzo) ou Miguel

Hernández (xa que durante este ano 2010 conmemoramos o

centenario do seu nacemento).

Tampouco esqueceron os alumnos un importante

acontecemento que tamén tivo lugar no mes de marzo: o “Lazarillo de

Tormes” deixou de ser unha obra anónima, tras

confirmarse a autoría de Diego Hurtado de

Mendoza.

Moitas grazas a todos os participantes.

Vede aquí unha pequena mostra da exposición:

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

41

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración!

O MUNDO DO XOGRAR O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

42

Licenciado en Matemáticas Un dos profesores máis descoñecidos do colexio regálanos unha entrevista chea de opinións e de puntos de vista moi persoais. 1. Canto tempo leva neste instituto?

Levo dende o ano 1993.

2. En cantos institutos máis estivo antes ca

neste?

Pois antes estiven en catro institutos máis, no Bierzo, en Asturias, en Vegadeo e en Monforte de Lemos.

3. Algunha anécdota simpática que lle

ocorrera con algún alumno?

Difícilmente… Simpática e antipática: Unha vez expulsei a un alumno, eu empurrando a porta cara dentro e el cara fóra. Nisto hai poucas cousas simpáticas.

4. Cal foi o momento no que peor o pasou na

súa profesión?

Buah… case mellor que non se pode contar...

5. Que lles diría a aqueles que din o tópico

de que ser mestre é fácil?

Fácil é pero hai que traballar, o traballo é duro non é tan sinxelo como se pode pensar dende fóra. Iso de: “coches bos e catro meses de vacacións” é mentira. Sempre adoita haber tendencia a queixarse.

6. Apaixoáronlle dende pequeno as

matemáticas?

Non, nin agora tampouco. Apaixóame a física.

7. Qué opina vostede do novo plan Bolonia?

Cre que beneficiará ou empeorará a educación?

Cada vez que cambian é para peor. Parece un “teatro”.

8. Apartándonos do ámbito profesional, cales son as súas afeccións?

Pois a pesca, é marabillosa, sumérxome no río e esquézome de todo. O río é o ceo! Cando morra quero ir ó río en vez do ceo. Tamén me gusta ler e son coleccionista de minerais.

9. Por qué cre vostede que as matemáticas son unha das asignaturas que máis “medo” produce?

Será porque os profesores temos que mellorar e os responsables políticos deixar de marear con tanto cambio sen contar connosco.

10. Se puidese cambiar tres cousas do instituto, que cambiaría?

1. Cambiaría o propio edificio (poñería os dous edificios nun).

2. No recreo todo o mundo fóra. 3. Máis medios audiovisuais en

todas as aulas.

GRAZAS, PACO

Goretti Valiña Vázquez

O MUNDO DO XOGRAR

AQUÍ E AGORA

TERATURA

43

A F N S R L S B N S I W

Y T P C B W A O A C D N

I U L A A S D T C H Z B

M K G E Q N E L L A H T

D U K R B L U F F S L O

A D E L L A R T L K Y H

Q S F A S P L G O I F Z

F N G M A K A L E S V S

M P S O D E D U O A R K

V P H R U S Q F I R Y H

PASATEMPOS XOGRARINOS

Tras o éxito da primeira edición dos “Pasatempos Xograrinos”, aquí chega a

continuación, máis completa e con novas incógnitas.

SOPA DE LETRAS Nesta sopa de letras hai ocultas sete cousas

que podes pedir na cafetaría do Xograr.

Es capaz de dicirnos canto pagarías se as mercases?

_____+_____+_____+_____+_____+_____+_____=_____

LABIRINTO

Saca a este alumno estresado do

instituto e lévao tomar o fresco ao

patio.

PASATEMPOS XOGRARINOS

AQUÍ E AGORA

TERATURA

44

ENCRUCILLADO

Para ser quen de resolvelo tés que reunir dúas condicións: ler este número do Aquí e Agora

e moverte polo Xograr.

PASATEMPOS XOGRARINOS

Verticais 1. Apelido dunha profesora de educación física. 4. Terra do homenaxeado nestas Letras Galegas. 5. Apelidos do autor dos megatoxos.

Horizontais 2. Ao xefe de estudos mólalle este dúo. 3. Os de cuarto pasaron uns días alí. 6. No instituto celebramos o bicentenario do nacemento deste importante naturalista.

AQUÍ E AGORA

TERATURA

45

PARA AS HORAS MORTAS:

- Cantos animais de cada sexo levou Moisés na arca? - Un home ten catorce camelos e morren todos menos tres. Cantos quedan? - Unha profesora explica nun instituto londinense o funcionamento dos números

romanos e escribe no encerado “IX”. A continuación afirma que é posible transformar ese IX nun seis facendo un único trazo co xiz. Ten razón?

- Un xuíz declara a un preso culpable dun crime condenándoo a morrer á medianoite dun

dos días da semana seguinte e non lle dirán cal.O preso solta unha gargallada e di: “Pois logo non poderei ser aforcado”.

- Como podes cortar un pastel en oito pedazos facendo só tres cortes rectos? (Aviso para

sabichóns: non se poden facer tres cortes rectos e un que non o sexa) - Unha muller vive no décimo piso dun edificio. Baixa en ascensor ata o portal cando sae

da casa, pero cando volve sobe no ascensor ata o séptimo piso e continúa polas escaleiras o resto do traxecto. Porén, os días de choiva sobe no ascensor ata a súa planta. Cal é a explicación?

*As solucións en http://revistaaquieagora.blogspot.com próximamente.

SOBRE A PORTADA

Quen é o da foto? Cantos Lacasitos hai? De que grupo é o CD que está por riba? Que profes o mencionan no DQE?

PASATEMPOS XOGRARINOS

AQUÍ E AGORA

TERATURA

46

Autobiografía dunha revista de instituto

Queridos lectores, estou que non caibo na encadernación. Por se chegar aos dez números non

fose suficiente motivo para ser unha revista feliz, unha das directoras chamoume e ofreceume escribir

a miña propia biografía. Que máis podo pedir?

Lamentablemente a miña vida non é de película, así que non podo ofrecervos unha historia

emocionante e chea de acción. Os parágrafos seguintes son un simple resumo de todo o que levei

escrito nestes dez cursos. Supoño que para algúns será demasiado anódino pero, despois de todo, só

son unha revista.

úNaquel curso 2.000-

2.001 aterrei nesta familia

con dúas misións:

promocionar o uso do e

galego e recoller a vida

cotiá deste instituto. A

idea saiu dos

membros do

Equipo de

Normalización

Lingüística que, co meu pai

Xesús á cabeza, pensaron que unha

revista sería unha moi boa maneira de

fomentar a lingua.

Buscáronse redactores, elixíronme un

nome, vestíronme cunha portada e

enchéronme de contidos. Pode que soe sinxelo

contado así, pero non o foi. Traballaron en min

de setembro a maio, mes no que por fin se

inprimiu o meu primeiro exemplar.

Que levaba nas páxinas daquel primeiro

número? Pois, como sería habitual nos

seguintes, unha curiosa mestura que mostraba o

día a día do Xograr: cartas ao director cargadas

de reivindicacións, unha reportaxe sobre Afonso

Gómez, un paseo por Sarria, unha entrevista aos

pais de Fiz Vergara, o primeiro Especial Letras

Galegas —aquel ano adicado a Eladio Rodruígez

González—, todo tipo de expesións artísticas dos

alumnos, etc, etc, etc.

úUn verán despois deu comezo un novo curso

e, grazas aos esforzos de todos, tiven un

segundo número que serviu para confirmar que

eu era algo máis ca unha anécdota. Aquela

continuación contiña unha reportaxe sobre Frei

Martín Sarmiento, unha enquisa sobre os

intereses do alumnado, unha

entrevista coa profe de plástica Mª

José Santiso e volvía poñer de

manifesto a existencia de grandes

poetas e debuxantes de banda

deseñada dentro do alumnado.

Ademais, entre outras cousas,

iniciábase unha das seccións máis

míticas de toda a miña historia: o

incombustible Taboleiro que aínda se

mantén hoxe.

úAs miñas andainas

continuaron co número

tres no que, por primeira

vez, a portada foi

impresa en cor. De

entre os contidos

daquel número destaco:

unha entrevista coa profe de francés

María Lopo, unha reportaxe de Avilés de

Taramancos como homenaxeado no día das

Letras, unha nova enquisa, máis taboleiro, máis

expresións artísticas do alumnado… Pero se

ESPECIAL DEZ ANOS DE AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

47

houbo algo que marcou a miña terceira entrega

foi a actualidade. A guerra de Irak e a catástrofe

do Prestige sacaron o lado máis crítico dos

redactores da época, que utilizaron as

miñas páxinas como

vehículo para que se

escoitasen as súas voces

úO meu número catro tivo

máis problemas para saír, e

iso deixaban entrever dúas

das directoras na edición.

Houbo menos implicación do

alumnado aquel ano pero superamos as

dificultades e en maio a miña nova entrega estivo

outra vez nas mans de toda comunidade

xograrina. Foi un número no que a ecoloxía

estivo moi presente, no que houbo tres

entrevistas, unha reportaxe sobre o Xacobeo, un

repaso á vida e obra de Xaquín Lorenzo e no que

se mantiveron seccións que xa viñan de atrás —

Internet.com, música, cine e pasatempos—.

úO quinto número foi especial porque, entre

outras cousas, contei por primeira vez

con páxinas interiores a toda cor. Ditas

páxinas estaban ocupadas por aquel

xenial Especial Voz Natura que, para

deileite dos lectores, non foi o único

contido destacable. Os aniversarios da

morte de Jules Verne e da publicación

do Quixote, a

entrevista con

Antón Fortes, o

traballo sobre

Xosé Mª Álvarez

Blázquez, unha

reportaxe sobre a

banda de Sarria e

unha recollida das

confusións que

provoca o nome do

intituto, son só

algunhas das cousas que fixeron

daquela entrega o meu número favorito naquel

momento.

úE así chegamos ao sexto número, que ten o

récord de ser o máis curto da miña historia. Nel

tiven entre as miñas páxinas unha homenaxe a

Manuel Lugrís, unha entrevista

co director, consellos

para un mellor

rendemento nos

exames, contos

ilustrados, unha

reportaxe sobre a

arquitectura do

futuro, un test para

saber o teu nivel de

vagancia e moitas

outras cousas que me tomo a

licenza de non nomear.

úCase sen me decatar cheguei ao meu

séptimo número, cuxa pricipal novidade foi a

sección de videoxogos. Algúns dos

contidos daquela entrega foron: un

resumo das festas de Sarria, unha

reportaxe sobre María Mariño, unha

entrevista coa profe de galego Pepa

Barrios, unha colección de relatos e

viñetas de alumnos e un repaso ás

actividades do curso. Ademais diso

levai tamén unha lista de chistes

malos dos que aída me estou rindo

hoxe.

úCoa saída do número oito algúns

confesáronse sorprendidos da miña continuidade.

A verdade é que non era para menos pois, a

pesares de que antes ca min houbera outras

revistas, ninguha se achegara sequera á súa

oitava entrega. Que ocupou as miñas páxinas

ese curso? Pois eu destacaría unha entretida

ESPECIAL DEZ ANOS DE AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

48

entrevista co escritor Xabier

Docampo, o clásico Epecial

Letras Galegas —adicado a

Xosé Mª Álvarez Blázquez—,

máis relatos de alumnos, un

traballo sobre maio do

sesenta e oito e unha

selección de meteduras de

pata estudantís recollidas

por Ana Dopazo que fixo bagoar

de risa a máis de un.

úNo meu número anterior tiven unha reportaxe

sobre Ramón Piñeiro, unha entrevista á escritora

Fina Casalderrey, un repaso ás mulleres

matemáticas da historia, un curioso encrucillado,

un repaso das actividades da biblioteca e unhas

cantas cousas máis que xa non menciono porque

seguro que tivestes oportunidade

de velas no seu momento. O que

si que teño que destacar do AeA

9 é que, por primeira vez na miña

historia, fun feito en dixital.

Construíronme ao outro lado do

da pantalla e nada máis saír en

papel estiven tamén en .pdf na

web do instituto, cousa que me

enche de ¿orgüio?.

úSería bastante parvo resumírvolo cando o

tedes na man.

Agradecementos e petición

Cheguei ao presente, así que xa non podo contar nada máis e toca a liña de despedida. O que

ocorre é que non podo irme sen darlles as grazas a todos os culpables destes dez anos. Estou vivo

porque vós me destes e dades a vida cada curso, así que MOITAS GRAZAS. Sinto non poder

mencionarvos un por un, mais agardo que sintades que estas liñas son para vós no momento en que

as leades.

Non quero irme sen pedirvos máis números. Quero seguir formando parte desta familia por moitos

anos máis, pero a miña existencia non depende do que eu queira, depende de vós. Por favor, facede

todo o posible para que poida seguir chegando ás vosas mans cada maio, para que vexa como

chegades e como marchades, e para que as miñas páxinas sigan recollendo a historia deste intituto.

Agora si, dou por finalizada as miñas memorias. Molaría podes retomalas dentro duns anos…

Ei! Agardade, que o especial dez anos non remata aquí! Se pasades á paxina seguinte, veredes

unha homenaxe a papá. Quería facela eu, pero as directoras non me deixaron (podedes crelo??)

porque seica llo encargaran a outra persoa que podía facelo aínda mellor ca min.

Veña! A que esperades? Ide lela.

ESPECIAL DEZ ANOS DE AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

49

Aquí e Agora cumple con este número dez anos de experiencias compartidas. Chega, pois, con este

décimo aniversario, o momento de facer una pequena homenaxe ao artícife desta iniciativa educativa.

Jesús Fernández, o profesor de Galego de moitos dos que foron asinando nesta publicación os seus

traballos colaborativos, cando chegou ao IES Xograr Agonso Gómez pensou na posibilidade de artellar un

xornal escolar que vería a luz pouco tempo despois, á vez que pasou a ser o Coordinado do ENL (Equipo de

Normalización Lingüística). Entón decidiu que había que crear un espazo no que se oísen as voces do

profesorado e, fundamentalmente, do alumnado do Centro. Contando co apoio do Equipo Directivo do IES

nacía unha revista escolar que cada mes de maio se agarda con moita

impaciencia.

Ese espazo foi chamado, como saben todos os lectores da

revista, Aquí e Agora, un nome que, na miña modesta opinión recolle

de maneira substancial o que se agarda da publicación: que sexa un

encontro de opinións, novas… no que hai espazo para traballos sobre

música e cine, que inclúe entrevistas, relatos curtos e poesía, pero no

que tamén hai lugar para os pasatempos, os cómics e as declaracións

máis persoais dos alumnos. Ese encontro prodúcese nun tempo

presente, o ‘agora’, en nun lugar ben contreto, o ‘aquí’ que engloba o

IES e o seu contorno. Felicidades, a todo o equipo, dende o fundador

da revista, ata os diferentes equipos de redacción e os colaboradores

de cada número. Con todo o voso traballo de grupo, superando

dificultades (non só económicas para levar adiante a publicación),

facedes posible que as vosas ilusións, inquedanzas e desexos se

materialicen nestas páxinas que estades ollando agora, aquí, neste intre. Parabéns.

Agardamos que a revista nacida da man de Jesús Fernández, coñecido no Centro coma ‘Suso, o

profe de Galego’, teña unha longa traxectoria, pasando a súa redacción por distintos grupos de alumnos,

como foi ata o momento, coas distintas xeracións de estudantes que están a pasar polo Xograr. O desexo é

que a revista siga mantendo o mesmo espírito: o dunha publicación impulsada como un lugar no que os

alumnos puideran expresarse libremente e falar do que acontecía no Centro e nos seus arredores, coa vila

de Sarria como cordón umbilical. Ademais de estar presentes as voces dos alumnos, a revista contou con

achegas de profesores do IES e colaboradores externos. Apareceron entrevistas a escritores, referencias ás

excursións feitas polos distintos grupos de alumnos, etc. e co paso do tempo foi mellorando a súa imaxe,

presentando una maquetación máis coidada, usando páxinas en cor e convertíndose, así, nun sinal de

referencia dentro da actividade académica do instituto.

Alá polo ano 2000 nacía para toda a comunidade educativa un traballo xornalístico que foi pasando

por distintos equipos de redacción, hoxe a cargo de Sandra e María, sempre coordinados pola persoa á que

queren renderlle homenaxe con estas páxinas. E, o que é aínda máis importante, feito en galego, algo a ter

ESPECIAL DEZ ANOS DE AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

50

en conta nestes tempos que corren, nos que a polémica sobre o noso idioma está aberta.

Como de seguro vos gustan as curiosidades, teño que dicirvos (e aquí diríxome a todo o alumnado

do IES) que a aposta polo galego venlle ao voso profe de Lingua Galega e Coordinador do ENL de lonxe,

pois cando tiña a idade de algún dos que estades a ler isto, é dicir, cando tiña arredor de doce ou trece

anos, ás veces era sancionado polos seus profesores no Seminario de Lugo, por usar precisamente o

idioma de Castelao. Non tiña problemas de conduta, nin tampouco era mal estudante. Ao contrario. Pero

á casa chegaban avisos de que cometía a imprudencia de falar galego. Poñíanlle pegas por iso. Coma no

fútbol… viñan a sacarlle a tarxeta vermella.

Falamos de finais dos anos sesenta, xa se sabe… as consecuencias do Franquismo. Hoxe, o goberno

da Xunta, mergulla á comunidade educativa noutro problema lingüístico e co famoso Decreto do Galego

parece querer reprimirse a lingua que defendedes dende a revista escolar. Afortunadamente, somos

moitos os que amamos o idioma no que se escribiron obras tan marabillosas como Follas novas ou Os

Eidos, de Rosalía de Castro e Uxío Nononeyra, respectivamente. Dende aquí, grazas a Xesús, o voso profe,

pero tamén parabéns para todos os que poñedes ilusión nesta empresa.

Ruth Fernández

Tamén dende a redacción queremos dedicarlle unhas poucas palabras a Suso.

Profe, grazas por seguir pelexando para que a revista continúe, grazas polos recreos sen café e grazas por crer en AeA cando outros terían tirado a toalla.

Prométenos que seguirá moito tempo máis e que endexamais afeitarás a perilla!

A REDACCIÓN

Celso Emilio Ferreiro

DEITADO FRENTE AO MAR Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa. (ANACO)

ESPECIAL DEZ ANOS DE AQUÍ E AGORA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

51

LEIS ABSURDAS

o Se dous trens se encontran nun cruce de vías, ningún dos dous poderá continuar a

marcha hasta que o outro haxa pasado.(lugar descoñecido)

o A lei de Chicago prohibe comer nun lugar que está ardendo.

o Lei de Kentucky: Ningunha muller debe aparecer en traxe de baño en ningún aeroporto

deste Estado a menos que sexa escoltada por dous oficiais ou a menos que vaia armada

cunha porra. As disposicións deste decreto non serán aplicadas a mulleres que pesen

menos de 40 kg ou máis de 90 kg, nin serán aplicadas a eguas.

o Segundo a lei do estado de Idaho é ilegal que un home lle regale a súa amada unha caixa

de bombóns que pese menos de 23 kg.

o En Columbia, Pennsylvania, vai contra a lei que un piloto faga cóxegas a unha estudante

de pilotaxe baixo da barbilla cun plumeiro para atraer a súa atención.

o En Tulsa, Oklahoma, vai contra a lei abrir una botella de gasosa sen a supervisión dun

enxeñeiro con título.

o En Francia esta prohibido bautizar a un rancho co nome de Napoleón.

o En Alemaña unha almofada pode ser considerada como unha arma "pasiva".

o En Dinamarca intentar escapar da prisión non é ilegal, sen embargo, se se atrapa ao

prófugo terá que cumprir o resto da condena.

o En Inglaterra é ilegal colgar a cama da ventá.

o En Canada está prohibido intentar aprender bruxería.

o No Líbano os homes poden legalmente ter relacións sexuais con animais, sempre que

estes sexan femias. Ter relacións sexuais con machos esta castigado legalmente coa

morte.

o En Hong Kong é ilegal inscribirse na Universidade, a menos que vostede sexa intelixente.

En Bahrein un médico pode legalmente examinar os xenitais femininos, pero esta

prohibido miralos directamente durante o exame. Só os pode mirar a través dun espello.

DE RISA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

52

POESÍA ALTERNATIVA

HORTERA MARINERA II

HORTERA MARINERA FOI COSTURERA,

PINCHOUSE CUNHA AGULLA, E PASOUSE A OUTRA ACERA.

HORTERA MARINERA

VOLVEUSE CHINA, E TEN OS OLLOS

COMA UNHA PITRINA.

HORTERA MARINERA COÑECEU A KARMELE,

VIUNA UN TAXISTA, E DÍXOLLE: FORA DA TELE!!!

HORTERA MARINERA

FOI A EUROVISIÓN, CANTOU A CANCIÓN DO COLA-CAO,

E DÉRONLLE PREMIOS A MOGOLLÓN.

HORTERA MARINERA PILLOU A CRISIS E DÍXOLLE A ZAPATERO QUE FIXERA OUTRA TESIS. HORTERA MARINERA COÑECEU A GARZÓN, FALOULLE DO GÜRTEL, E DÍXOLLE O PP: CORRUPCIÓN!! HORTERA MARINERA CAMBIOUSE DE NOME, E AGORA VAISE CHAMAR, MARINERA DEL CONDE. MARINERA DEL CONDE SUSPENDEU FRANCÉS, POR QUE LLE DIXO A MARÍA: TU M’AS PISSÉ!*.

*Significa “estasme mexando”, pero a xente confúndeo con “estasme pisando”

a pesar de que non se parecen.

Ñ ÁÁ

O luns verei “Sálvame”, incluíndo a Belén e a Jorge Javier Vázquez. Karmele cantará, “Soy un tsunami” e bailará. Kiko dirá: ¡¡ Claaaaro !! e Belén Esteban: ¡¡ Por mi hija MA-TO !! Pola noite “El Internado”, E coma sempre alguén acabará envelenado. O martes non hai moito que contar, Estudar, durmir e soportar. O mércores menos televisión e máis concentración.

¡¡ O xoves é o mellor día!! Votan “Gran Hermano”, e sabremos quen sae expulsado. Vou cear a casa da miña tía, xa que é venres e hai pizza. Mañá é sábado, e teño que ir a saxo. Cando chegue vou xantar, e unha partidiña a Wii xogar. Terei que facer os deberes, e deixarme de estupideces. O domingo na camiña eu durmindo tranquiliña, chega a miña avoa,

¡¡ E espértame como unha tola!! Eu póñome de malas, e xa empezamos con mala pata. ¡¡ Hoxe menos mal !! Líbrome de ver “Toma Cero y a jugar”. Isto xa se acabou, Levareino mañá, E dareillo ao profesor. Supoño que saldrá en todas as revistas, e que o lea Iker Casillas. Dereitos de autor: Telecinco e Antena 3

EVA MELLE GOYANES

DE RISA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

53

CHISTES:

Como mantés a un parvo ocupado?

(Le abaixo)

Como mantés a un parvo ocupado? (Le arriba)

Un español encóntrase cun

chino e di:

-Ola!

E o chino responde:

- As 12:30.

Na escola, a mestra di: -A ver, Luís, como te imaxinas a escola ideal? -Cerrada, mestra!

Ábrese o telón e aparece unha

loura sen dentes.

Péchase o telón, como se

chama a actriz?

-Marilyn non-roe

Dille un amigo a outro: -Antes, todas as mulleres

ían detrás de min. -E agora por qué non? -É que xa no roubo bolsos. Un ladrón dille á súa vítima:

-Isto é un asalto, ¡déame todo o seu diñeiro!

-Óiame, vostede no sabe con quen se esta metendo!. Eu son un

político moi influinte! -Nese caso, devólvame

todo o meu diñeiro! Por que os peixes son tan ricos? -Por que viven en bancos.

Se encuentran 2 chinos: -El otlo día me complé un coche. -¿Ah sí? -Sí, mila, es ese de ahí. -¿Y qué malca es? Un Alfa. ¿Lomeo? Lo meas, y te cago a tlompadas.

Un neno chega a casa dille á súa nai: -Mamá, mamá, na escola

chámanme imbécil.

-E a min que! -A ti guarra.

DE RISA CHINCHE PROBLEMA: Na clase. Un alumno, de apelido FRANCO que entra cunha visera posta. Senta. Quita a cazadora, colócaa no respaldo da silla e saca o seu material. Daquela ,o profesor que estivo observando en silencio, diríxese cara el e, socarrón, dille:”SEÑOR FRANCO, NESTA CLASE ESTAMOS A FAVOR DA LIBRE CIRCULACIÓN DE IDEAS” PREGUNTA: Que lle está a pedir o profesor?

DE RISA BOBA Clsase de língua. O profesor explicaba morfoloxía. Tentaba diferenciar os morfemas flexivos dos derivativos. No cadro figuraba , entroutas, esta secuencia: “GATO,A,OS,AS” e o profesor pregunta sobre o sentido da variación . Un alumno, deseoso de mostrar a súa sabedoría , dispúxose a contestar pero, era tanta a prisa, que non deu atopado o sinónimo que buscaba e respondeu desta maneira:

-“Claro, é que sempre estamos falando do mesmo……, do mesmo….do mesmo…¡MIAU

DE RISA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

54

Í Á

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1.947) pertence a esa xeración de escritores galegos que se propuxo

crear algo que no seu momento non existía: a literatura infantil e xuvenil escrita en galego.

Debutou no mundo das publicacións alá polo ano 1.989 coa novela A cidade dos desexos, e dende entón

non parou. Preto de cincuenta obras forman a día de hoxe a súa bibliografía, entre a que destacan

títulos como As flores radiactivas, Contos por palabras, Cartas de inverno, Corredores de sombra ou O único

que queda é o amor; todos eles

galardoados con importantes

premios e traducidos a diversos

idiomas.

Este vilalbés residente en Vigo,

amante do cine, adicto confeso á

lectura e gran defensor da LIX

tivo a amabilidade de

concedernos vía e-mail a seguinte

entrevista:

Cóntanos agora que eles non nos escoitan, quérelles a todos os teus libros por igual? A todos se lles ten cariño, mais é certo que o que teño por algúns é especial. Case sempre se trata de libros que me deron moito traballo e cos que convivín ben de meses. Coma tal, Corredores de sombra ou Aire negro. Aínda que tamén poden ser libros que me traen lembranzas alegres da etapa en que os escribín. Coma

tal, Contos por palabras, O único que queda é o amor ou O Raio Veloz.

Como ves de saúde a literatura infantil e xuvenil galega? Pensas que os autores de LIX estades pouco recoñecidos? No que se refire á creación, véxoa cunha saúde excelente: temos autoras/es e

ilustradoras/es de alta calidade e cada ano aparece polo menos media ducia de libros magníficos. Onde vexo problemas é nas dificultades para chegar aos nosos lectores potenciais, pois o libro galego ten unha presenza social menor da que lle corresponde. En canto ao recoñecemento, a verdade é que se avanzou moito nos últimos dez anos. Segue a

"A LIX en

galego ten

dificultades

para chegar

aos lectores

potenciais"

ENTREVISTA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Para Agustín Fernández Paz a literatura xuvenil é “aquela literatura que tamén poden ler os máis novos”.

AQUÍ E AGORA

TERATURA

55

haber persoas que teñen prexuízos respecto da LIX, mais creo que estamos no camiño de superalos.

Cando eras profe, por forza tívose que dar o caso de que alumnos teus tivesen que ler algún libro de Agustín Fernández Paz como lectura obrigatoria. Como son ese tipo de situacións? Que va! Nas miñas clases nunca puxen ningún libro meu como lectura obrigatoria, non me parecía correcto. O que si facía era darlles listados de libros axeitados para cada curso, e dentro dese listado si que incluía algúns libros meus que me parecían axeitados. Tenme pasado ao revés: alumnos que, por curiosidade, lían algún libro meu para saber como escribía o seu profesor. E logo comentábanmo con liberdade, aínda que había máis opinións positivas ca negativas: se cadra, había algún que pensaba que iso lle había influír na cualificación.

No Doce anos despois de Cartas de inverno dis que, “escaldados por un percance que tiveramos con Contos por palabras”, o teu editor e ti decidistes modificar o número de teléfono do anuncio que aparece no

libro. Que foi o que vos escaldou? O primeiro libro que fixen a partir de anuncios dos xornais foi Contos por palabras. E ocorreu que, na primeira edición, deixamos os anuncios orixinais, cos teléfonos e todo. Houbo bromistas que se dedicaron a chamar á casa dun dos anuncios, co conseguinte enfado do propietario. Así que, en diante, decidimos cambiar os números telefónicos. E, naturalmente, o mesmo fixemos co anuncio que deu pé a Cartas de inverno.

Que te empurrou a ser escritor? Que te empurra a seguilo sendo? Sempre hai varias razóns, como ocorre coas cousas da vida. A primeira, o gusto polos libros e pola lectura (mellor sería dicir “o vicio”): cando che gusta moito ler, acabas tendo ganas de escribir ti tamén as túas propias historias. Outra razón poderosa, que creo que é común a todas as actividades artísticas, é o desexo de plasmar a miña visión do mundo, o meu xeito de ver as cousas. Un músico faino a través das súas composicións e eu, cos meus libros. Unha terceira razón pode ser a satisfacción que produce ver que es capaz de crear algo que lle gusta a outra xente. E, xaora, o pulo interior que me leva a inventar historias e darlles forma a través da escritura.

Moitas das túas historias están ambientadas en zonas concretas de Galicia, a que

se debe? Móveste mellor en ubicacións que coñeces? É algo totalmente lóxico, moi común entre os escritores. Por exemplo, as novelas de Paul Auster, un escritor que admiro, pasan en Brooklin, o lugar onde vive, ou por outros lugares onde residiu nalgún momento da súa vida. O mesmo me ocorre a min: sitúo os meus libros en lugares de Galicia que coñezo ben, pois iso axuda a darlle unha maior verosimilitude ao relato. Ademais, gústame facelo para demostrar que Galicia, como calquera outro sitio, pode ser escenario de todas as historias que queiramos.

Na túa bibliografía hai un bo feixe de libros con diversos premios literarios. Que importancia lles das a este tipo de galardóns? Mentiría se negase que os premios literarios foron importantes na miña traxectoria de escritor. Sobre todo ao primeiro, cando serven para darche confianza no que fas e para facer visibles os libros que escribes. Nalgún casos, presenteime a eles cunha obra inédita; noutros casos, danllos a unha obra publicada sen que eu interveña para nada. Con todo, volvo repetir o que xa dixen outras veces: o premio maior para min é ter lectores, saber que os meus libros os len moitas persoas.

Danos unha lista con tres cousas que te inspiren para escribir. Para escribir, non fai falta unha inspiración especial. As sementes das historias están en calquera detalle da vida cotiá. Contra o que algunhas persoas cren, non fan falta sucesos extraordinarios para crear. Iso é porque o importante non é o que pasa, senón a mirada coa que o escritor mira o que pasa. Así que non hai tres cousas, nin dez: hai ducias e ducias, a inspiración pode aparecer en calquera momento da vida. Aínda que,

“O premio maior para min é ter lectores”

ENTREVISTA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

AQUÍ E AGORA

TERATURA

56

cando menos no meu caso, aparece máis se estou coa cabeza descansada.

Como escritor de sona que es, o teus libros son moi traducidos. Cóntanos, como vives os procesos de tradución? Implícaste ou manteste á marxe? Un escritor sempre escribe coa vontade de chegar ao maior número de lectores. Os meus lectores primeiros, os que busco antes que outros, son os que teño máis preto. Pero logo, o mesmo que pasa coas ondas que produce unha pedra nun estanque, eu busco tamén os lectores que poden vivir máis

afastados de min e da miña cultura. Para iso, as traducións son fundamentais. Se coñezo a lingua á que se me traduce, como pode ser o castelán ou o portugués, entón implícome bastante. Noutros casos, como pode ser o coreano, o árabe ou o eusquera, teño que fiarme das persoas que fan a tradución.

Que personaxe literario quererías ser? Cal che gustaría ter creado? Non hai un concreto, hai moitos. Podería ser o señor Merlín que recreou Álvaro Cunqueiro; ou o doutor Bernard Rieux da novela A peste, de Camus; ou o Jim Hawkins d’A illa do tesouro, de

Stevenson; ou o Aragorn da triloxía O Señor dos Aneis… Hai tantos que me fascinaron! Non falarei dos que me gustaría ter creado, senón dos que creei. Destes, gústanme dúas figuras femininas: a Sara Mettmann d’O centro do labirinto e a Clara Soutelo de Corredores de sombra.

E para rematar, cóntalles aos lectores algo que simplemente che apeteza contar. Creo que o máis axeitado é contarlles un conto. Así que aquí vai un moi relacionado coa vida nas aulas:

UN CASO DE LICANTROPÍA

Conforme pasaban os minutos, a insolencia daquela alumna ía en aumento. Xa non se trataba só do seu ostentoso desprezo polas explicacións que o profesor, con paciencia infinita, tentaba enfiar naquel ambiente hostil. O peor era que, ademais, a moza dedicábase a atraer a atención do resto da clase con procedementos cada vez máis imaxinativos. Ao contrario que a do profesor, a actuación da moza acadaba, por que non dicilo, un éxito de público cada vez maior. Atentos como estaban ás impertinencias da súa compañeira, os alumnos non se decataron das transformacións mínimas que anunciaban o desastre: o medre desmesurado das uñas, as grosas sedas que apareceron polas partes visibles da pel, o sangue coloreando o branco dos ollos, os cairos afiados que asomaban por entre uns labios anormalmente inchados, a mudanza na forma e no tamaño das orellas, a desfeita nas costuras da chaqueta e do pantalón... Cando foron conscientes do que ocorría, era xa demasiado tarde. Algúns aínda tiveron un tempo fugaz para pensar en balas de prata e en cruces invertidas, e na ausencia da lúa chea, máis evidente no ceo azul daquela mañá de primavera, e noutras inútiles fantasías literarias e cinematográficas, tan afastadas do ámbito docente e do

rutineiro mobiliario escolar que os rodeaba. Así de terribles e inagardados son algúns fenómenos de licantropía.

María Melle Goyanes

Sandra López Pereiro

ENTREVISTA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Na foto, catro dos maiores representantes da literatura

infantil e xuvenil galega do momento: Agustín Fernández

Paz, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey e Paco Martín.

AQUÍ E AGORA

TERATURA

57

Camiño de santiago

A orixe da ruta de peregrinación coñecida como Camiño de Santiago, iníciase, según a tradición

co traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior a Iria Flavia, onde se comenzou a construcción

dunha igrexa. Este feito fai que se estableza unha ruta de peregrinación dende Europa, Portugal e

resto de España.

As distintas rutas que levan a Santiago de Compostela coñécense cos seguintes nomes:

Camiño Francés

Camiño Aragonés

Camiño Primitivo

Camiño Vasco

Camiño Do Norte

Vía de la Plata

Sanabrés

Epílogo a Fisterra

Camiño Portugués

Camiño Inglés

A máis coñecida e que máis peregrinos acolle é o

Camiño Francés que comeza en Saint Jean de Pied

de Port. Esta ruta en Galicia comeza no pobo de O Cebreiro, un

dos puntos máis coñecidos de todo o Camiño. A revitalización do

Camiño de Santiago, un pouco olvidado, débese en gran parte, a

un cura deste pobo, chamado Elías Valiña (o creador da frecha

amarela).

Outro pobo importante da ruta é a Vila de Sarria, punto de

partida de moitos peregrinos, xa que, a distancia entre Sarria e

Santiago é a mínima que deben percorrer para conseguir a

Compostelá (documento que verifica que se fixo o Camiño).

XACOBEO 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO

AQUÍ E AGORA

TERATURA

58

Ao largo do Camiño, existen importantes monumentos como:

- Pobo do Cebreiro, coa súa igrexa e as súas pallozas.

- Mosteiro de Samos, cunha importante biblioteca a pesar de que foi destruída polo lume.

- Mosteiro da Magdalena en Sarria.

- Igrexa de Barbadelo.

- Numerosas igrexas románicas, das cales, moitas se empregaron como leproserías, de aí

que existan pobos que se chamen Hospital, como por exemplo “Hospital da Condesa”

Cada certo tempo, celébrase o que chamamos Ano Santo, esta

celebración coincide os anos nos que o 25 de Xullo, Día do

Santiago Apóstolo, coincide en domingo, como é o caso do ano

2010. Nos Anos Santos ábrese a Porta Santa da Catedral de

Santiago que permanece aberta hasta finalizar o ano.

O monumento máis importante de todo o Camiño de Santiago, é

sen dúbida a Catedral de Santiago de Compostela, punto

final de todos os Camiños. Destacan: o Pórtico da Gloria, onde se

encontra o Santo dos Croques, chamado así pola tradición de dar

tres golpes coa cabeza, o Sepulcro de Santiago, a imaxe de

Santiago, á cal os peregrinos abrazan, a Torre Berenguela… e, como

non, o Botafumeiro, instalado primitivamente para eliminar o mal olor

que desprendían os peregrinos despois de tanto esforzo, así como para

desparasitalos. Actualmente faise funcionar na misa de 12, chamada do

Peregrino.

Hoxe en día o Camiño non só se realiza por motivos relixiosos, un gran

número de peregrinos fano atraídos pola beleza da súa paisaxe, a súa

gastronomía, a súa arte, etc.

Eva Melle Goyanes

Beatriz López Rodríguez Sabela González Seijas

Sandra García Rivera Lucía López López

Marta Toirán Somoza

CAMIÑO DE SANTIAGO

AQUÍ E AGORA

TERATURA

59

CINE

Velaquí temos o resumo dalgunhas das películas máis exitosas do ano:

CELDA 211 Juan, funcionario de prisións, preséntase no cárcere un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector FIES, onde están os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar pola súa propia seguridade e deciden deixar á súa sorte o corpo desmaiado de Juan na celda 211. Ao despertar, Juan comprende a situación e farase pasar por un preso máis ante os amotinados. Gañadora de 8 Goyas, entre eles o de Mellor Actor para o galego Luís Tosar, polo papel de Malamadre.

Director Daniel Monzón País / Ano España e Francia / 2009

Duración / Xénero 110 min. / Drama, Thriller Reparto Luís Tosar, Alberto Ammann, Antonio Resines, Marta

Etura, Carlos Bardem

LUNA NUEVA Bella e Edward seguen adiante coa súa relación, pero un incidente illado desencadea una serie de eventos que ameazan a vida de Bella. A marcha de Edward fará que se refuxie no seu amigo Jacob, que ao igual que Edward garda un segredo ancestral. Velaquí temos a continuación da saga escrita por Stephenie Meyer.

Director Chris Weitz País / Ano 2009 / Estados Unidos

Duración / Xénero 130 min. / Fantasía, Romance, Terror Reparto Kristen Stewart, Robert Pattinson, Taylor Lautner,

Dakota Fanning, Ashley Green.

CINE

AQUÍ E AGORA

TERATURA

60

AVATAR Situámonos nun futuro lonxano. Jake Sully é un ex-marine confinado nunha cadeira de rodas. Jake é reclutado para viaxar a Pandora, un pobo habitado por una raza extraterreste: os Na’vi, que loitan con arcos e frechas e que voan montados en réptiles voadores…

Director James Cameron País / Ano Estados Unidos / 2010

Duración / Xénero 150 min. / Thriller, Aventuras, Acción, Ciencia ficción

Reparto Michelle Rodríguez, Zoe Saldana, Sam Worthington, Giovanni Ribisi

HÉCTOR LÓPEZ LÓPEZ

SHERLOCK HOLMES Sherlock Holmes e o seu amigo Watson enfróntanse a un novo desafío. Demostrando habilidades para loitar tan letais como o seu lexendario intelecto, Holmes librará una batalla para derrotar o seu novo inimigo, Blackwood, e abortar un plan que podería destruir o país.

Director Guy Ritchie País / Ano Reino Unido, EE.UU., Australia / 2009

Duración / Xénero 128 min. / Aventuras, Thriller, Drama Reparto Robert Downey Jr., Rachel McAdams, Jude Law, Mark

Strong, Kelly Reilly

KRABAT Y EL MOLINO DE VIENTO Ambientada na Guerra dos 30 Anos (1618-1648), Krabat trasládanos ao interior rural de Alemaña para desplegar unha historia de iniciación e maxia negra protagonizada por un xoven orfo (David Kross, protagonista de The reader) que, fuxindo da peste, é atraído cara un vello muíño no que unha comunidade de rapaces traballan ás órdes dun escuro mestre.

Director Marco Kreuzpaintner País / Ano Alemaña / 2008

Duración / Xénero 120 min. / Drama, Fantasía Reparto David Kross, Daniel Brühl, Christian Redl

CINE

AQUÍ E AGORA

TERATURA

61

DEPORTES FRAN VÁZQUEZ

Fran Vázquez é un xogador de baloncesto galego que actualmente xoga no Barça. Para chegar a xogar no Barça tivo que pasar por moitos equipos da ACB, dos que destacan o Unicaja e o Girona. Unha vez no Barcelona, empezou a destacar pola súa regularidade nos partidos e polo seu enorme potencial debido ao seu físico, xa que mide 2,09 m. Na actualidade é un dos mellores xogadores que ten o equipo. Un dos maiores logros conseguiunos na última Copa do Rei, xa que foi considerado MVP (mellor xogador). Pero hai anos tamén estivo no quinteto ideal da liga española de baloncesto e na selección española. O principal obxectivo de Fran Vázquez esta temporada é volver a xogar na selección española de baloncesto, obxectivo que xa conseguira hai anos, pero tivérase que retirar por culpa de unha lesión.

DIEGO LÓPEZ RODRÍGUEZ

(Paradela , 1981) Na actualidade , xoga como porteiro titular no Villarreal C.F. Comezou nas categorías inferiores do Real Madrid , e estivo como segundo porteiro no primeiro equipo ata que no verán de 2007 fichou polo Villarreal. Nesa tempada o seu equipo quedou 2º na clasificación da liga , e Diego foi elixido pola web oficial da UEFA porteiro revelación do campionato.

Sendo un dos porteiros máis destacados do fútbol español , foi convocado en varias ocasións por Vicente del Bosque para a selección nacional. Diego López tamén xoga os partidos que disputa a selección galega de fútbol.

+ SARRIA S.D. Logo da desaparición da S.D.Sarriana o fútbol local conta con un novo club , o Sarria S.D. baixo a presidencia de Manuel Somoza. O Sarria S.D. compite nesta tempada en todas as categorías, comezando pola Terceira Autonómica e seguindo polos xuvenís ,cadetes , infantís, alevíns e benxamíns.

+ CRISTIANO vs. MESSI Ámbolos dous son os xogadores máis destacados dos seus equipos e das súas seleccións. Ronaldo é un dianteiro forte e rápido, mentres que Leo Messi é pequeniño e áxil . Sempre houbo moita competitividade entre o Madrid e o Barcelona , pero esta tempada están que arden , ¿quen gañará?

Patricia López López Tania López Vilar

DEPORTES

AQUÍ E AGORA

TERATURA

62

Roberto Limeres Regueiro

LADY GAGA THE FAME MONSTER

THY

Lady Gaga – The

Fame Monster

KESHA

animal

GREEN DAY

21st Century Breakdown

MAGO DE OZ

Gaia III Atlantia

THE BLACK EYED PEAS THE E..N.D.

Os 5 mellores CD’s do ano

MÚSICA

AQUÍ E AGORA

TERATURA

63

VIDEOXOGOS

Videoxogos máis vendidos no 2009

1ºWII SPORTS RESORT + WII MOTION PLUS (WII)

Un primeiro posto que non varía dende fai tempo e é que WII Sports leva unha racha envexable. Un xogo para todos os públicos e capaz de entreter a rapaces e a adultos. Quizais no sexa tan espectacular como moitos de PS3 pero como negocio non se lle pode negar a súa brillantez.

LOS SIMS 3 (PC) Durante o pasado ranking, moitos criticaron a presenza dos Sims con un dos xogos mais xogados, é mais, algúns compararon os máis xogados cos máis vendidos. Nesta lista podemos comprobar unindo ambas hipóteses que á xente lle segue gustando xogar aos sims, por moi empalagoso que sexa e aínda que sexa paea PC e non poidamos desfrutalos nas nosas consolas... A nova entrega deste

título trae cola e resístese a baixar o rítmo de vendas.

3º WII FIT + BALANCE BOARD

Unha solución real para moverse un pouco e non oxidarse. O traballo publicitario de nintedo ten os seus froitos e vai calando pouco a pouco na sociedade a posibilidade de moverse na casa sen ter que sair á rúa. Un xogo máis para toda a familia.

Miguel Fernández Sánchez

VIDEOXOGOS

A Wii MANDA

A Wii continúa coa súa espectacular porcentaxe de vendas, deixando de lado

sa outras consolas, coma a nova PS3 ou a X-BOX 360.

Dente o seu lanzamento en España o 8 de decembro de 2006 conseguiu unha

espectacular admiración por parte dos rapaces e rapazas ue hoxe en día

desfrutan da súa consola. Xa chegados a 2010 a Wii ten infinidade de novos

accesorios coma o volante do Súper Mario, que conseguiu que as carreiras

fosen algo máis realistas, ou o Wii Fit e o Wii Fit Plus, que nos ensinaron a

relaxarnos e a adoptar formas de vida saudables, e outras moitas cousas.

AQUÍ E AGORA

TERATURA

64

xD

O estudante:

1. Non se distrae, estudia as moscas.

2. Non lata, reclamano noutro lugar.

3. Non destroza a escola, dalle un toque persoal.

4. Non se ri, é feliz.

5. Non copia, contrasta resultados.

6. Non durme na aula, reflexiona.

7. Non chega tarde, os demais chegan cedo.

8. Non fala na aula, intercambia opinions.

9. Non tira as cousas, estuda a Ley da Gravidade.

10. Non suspende, suspendeno.

=)

Para sanchez:

Desde el primer dia

que te vi me gustaste

mucho, espero que me

des una oportunidad.

Firmado: M

Sinto o da túa maleta, Tania.

Asad: Pilar Varela.

"Quiero recordarnos tal cual estamos ahora" Para vosotras.

O TABOLEIRO

AQUÍ E AGORA

TERATURA

65

¬¬

^^

O TABOLEIRO O TABOLEIRO

Para Yuque:

“En mi casa tengo un canario que canta cuando te nombro. Mira si te nombro

veces que hasta el canario está ronco”.

Anónimo

Para 4ºA Os sobres máis valiosos gardoos no meu caixón, pero as mellores amigas gárdoas no corazón Anónimo

Para a princesa pervertida que sigas sendo tan pervertida como hasta ahora. De anónimo e anónima.

Dicen que o

tempo e olvido

son como duas

almas xemelas.

Aínda que moitas veces me gustaría berrarvos (sabédelo ben) ata quedar afónica de pura frustración, non deixo de querervos, porque seguides sendo vós,

porque seguimos sendo nós.

AQUÍ E AGORA

TERATURA

66

AGRADECEMENTOS GRAZAS:

Ao Concello de Sarria, que aportou o que non se podía conseguir simplemente con gañas e ilusión. Á dirección do centro e ao Equipo de Normalización Lingüística por crer nisto un ano máis. A Ruth Fernández pola súa colaboración e a Agustín Fernández Paz por concedernos a entrevista con tanta amabilidade. A Mª José Santiso polos seus consellos e pola coordinación do logo, que por certo foi deseñado por Lucía López Díaz —a quen tamén lle damos as grazas, claro—. A Pilar de Vega, a quen lle debemos a incursión do especial Darwin neste número e a Ruth Díaz, por ser de axuda no mellor momento. A Ana Dopazo e a Ana Belén Durán polas súas respectivas colaboracións. A Lois Fuente e a Marisol Rodríguez polas súas colaboracións no “Álbum de fotos”. A todos os profes que participaron no Dime que escoitabas: as dúas profes de castelán antes mencionadas, Ramón Noche, María Lopo, José Antonio García, Xesús Fernández e Sonia Cantalapiedra. E, para rematar, grazas a vós, lectores. Non nos esquecemos de que nada tería sentido sen alguén ao outro lado.

Gustouche a revista? Cambiarías algo? O que?

Queremos saber o que che pareceu.

Déixanos as túas opinións en:

http://revistaaquieagora.blogspot.com

onde ademais están dispoñibles para ler online os número 8, 9 e 10

da revista.

E lembra que se estás interesado/a en participar o ano próximo, só

tes que estar atento/a ós carteis que anuncian as reunións ou falar

con Xesús.

AGARDÁMOSTE!

AQUÍ E AGORA

TERATURA

67

DIRECCIÓN:

SANDRA LÓPEZ PEREIRO MARÍA MELLE GOYANES

GORETTI VALIÑA VÁZQUEZ

SUBDIRECCIÓN:

ADRIÁN ABELLA ARIAS

REDACCIÓN:

CARMELA CELA RODRÍGUEZ MIGUEL FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

SANDRA GARCÍA RIVERA SABELA GONZÁLEZ SEIJAS

ROBERTO LIMERES REGUEIRO HÉCTOR LÓPEZ LÓPEZ LUCÍA LÓPEZ LÓPEZ

PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ RAQUEL LÓPEZ LÓPEZ

BEATRIZ LÓPEZ RODRÍGUEZ TANIA LÓPEZ VILAR

NEREA SAMPAYO DOVAL EVA MELLE GOYANES

MARTA TOIRÁN SOMOZA

COORDINADOR

XESÚS FERNÁNDEZ

AQUÍ E AGORA

TERATURA

68