web view¡¡¡¡xuntos somos máis!!!! estimad@s nais e pais de alumn@s,...
TRANSCRIPT
¡¡¡¡Xuntos somos máis!!!!
Estimad@s nais e pais de alumn@s,
Poñémonos en contacto con vos para informarvos de que o prazo de inscrición de soci@s para aquelas familias que queiran formar parte da ANPA durante o curso escolar 2016/17 estará aberto desde o remate do presente curso escolar ata o 27 de setembro de 2016.
As persoas interesadas en formar parte da ANPA deberán facer o ingreso da cota anual no número de conta ES76 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA. O xustificante bancario do ingreso deberá depositarse grampando á parte recortable deste folleto informativo na nosa caixa de correo situada xunto á Secretaría do centro.
O importe da cota da ANPA para o curso 2016/2017 seguirá sendo progresivo:
1 fillo no centro: 20 €; 2 fillos no centro; 25 €; 3 fillos no centro: 30 €
O día 25 de Maio convocarase a Asemblea Xeral de Fin de Curso na que na que se tratarán asuntos de interese como son: as actividades desenvolvidas durante o curso 2015/2016, a xustificación das
axudas recibidas, a xornada de convivencia de fin de curso ou a renovación da xunta directiva da ANPA. Consideramos que podería ser do voso interese polo que vos convidamos a participar dela.
Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. Faite socio da ANPA!!
Cortar …………………………………………………………………………………………….………….. Cortar
FICHA DE INSCRICIÓN
NOME E APELIDOS DO NENO/A DATA DE NACEMENTO CURSO IDADE
DATOS DA NAI/PAI/TITOR
NOME E APELIDOS: DNI:
DOMICILIO:
TELEFONO: E-MAIL:
Dentro do posible, as comunicacións da ANPA coas familias faranse por correo electrónico, sms e whatsapp
En calidade de nai/pai/titor/a dou o meu consentimento para que a ANPA do CPI Julia Becerra Malvar poida utilizar as imaxes nas que apareza/n @s meu/s fill@s tomadas en calquera das actividades organizadas e/ou desenvolvidas durante o curso escolar 2016–2017 e publicalas.
SI ___ NON ___ Ribadumia, de de 2016
Sinatura
Contacto ANPA CPI Julia Becerra Malvar. E-mail: [email protected] - https://anpajuliabecerra.wordpress.com
https://www.facebook.com/pages/ANPA-Julia-Becerra-Malvar/Teléf.: 665 872 360