estudo para a elaboración da estratexia galega de...

89
1 Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Upload: dodien

Post on 03-Dec-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

2

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Anexos a ESGAEN ________________________________________

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Anexos a ESGAEN · Anexo II

3

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Anexo II Boas Prácticas en envellecemento activo e

saudable

Boas Prácticas en envellecemento activo e saudable

Definición de boa práctica para a ESGAEN:

Anexos a ESGAEN · Anexo II

4

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

As Nacións Unidas a través da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) e a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) achegan unha definición e uns criterios para entender dun xeito común o concepto de “boa práctica”.

Deste xeito, defínense como boas prácticas aquelas experiencias que probáronse que funcionan, que teñen bos resultados e que poden propoñerse como modelos. Trátase de experiencias exitosas, que foron avaliadas e validadas, que teñen continuidade e que poderían compartirse para que outros poidan adoptalas.

Así mesmo, as boas prácticas reúnen os seguintes criterios:

• Innovadoras: desenvolve solucións novas ou creativas • Efectivas: demostra un impacto positivo e tanxible sobre a mellora • Sostibles: polas súas esixencias sociais, económicas e

medioambientais poden manterse no tempo e producir efectos duraderos.

• Replicables: serve como modelo para desenvolver políticas, iniciativas e actuacións noutros lugares.

Neste sentido, unha boa práctica no marco da ESGAEN é aquela experiencia e/ou actuación innovadora que aporta unha mellora sustancial no proceso de envellecemento das persoas e na súa calidade de vida.

Os criterios de “boa praxis” para a ESGAEN son tres: • Innovación no ámbito do envellecento activo: optimizando as

oportunidades de saúde, participación e seguridade das persoas maiores en xeral e especialmente dos colectivos máis vulnerables1: o grupo de idade de máis de 80 anos, as persoas maiores que residen no medio rural, as mulleres, as persoas con diversidade funcional.

• Achega de valor: facendo un uso eficiente e sostible dos recursos con vocación de permanencia no tempo, a medida que se xera riqueza e achega de valor.

• Cooperación e Coordinación: traballando en rede entre axentes crave de xeito colaborativo, coordinado e corresponsable.

Eidos de actuación das boas prácticas:

1 Segundo a definición para o concepto “envellecemento activo” aportada pola OMS na 2ª Asemblea Mundial sobre Envellecemento como o proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas a medida que estas envellecen.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

5

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Os eidos de actuación das boas prácticas coinciden coas temáticas dos grupos de traballo da ESGAEN. Eidos de actuación recollidos no <<Marco Estatal de Actuación para las Personas Mayores. Propuestas y medidas para fortalecer el ejercicio de los derechos de las personas mayores>> (1 de octubre de 2014) elaborado polo IMSERSO: 1. Preparación á xubilación e xestión da idade:

1.1. Preparación para a xubilación

1.2. Estratexias de xestión da idade

1.3. Transferencia de experiencias

1.4 Evitar a discriminación por idade e promover a igualdade de oportunidades

2. Participación social:

2.1. Inclusión social, ocio e tempo libre. 2.2. Aprendizaxe permanente 2.3. Participación na toma de decisións 2.4. Conciliación do traballo e os coidados familiares 2.5 Igualdade de oportunidades

3. Vida autónoma e independente:

3.1. Envellecer en positivo: o fomento da saúde, a prevención de enfermidades e o aumento ao máximo da autonomía.

3.2. Envellecer no meu entorno: entornos, productos e servizos que empoderan as persoas a medida que envellecen. 3.3. Non discriminación e igualdade de oportunidades

A selección das boas prácticas na ESGAEN:

Estas experiencias foron recollidas a través dun proceso participativo no marco de elaboración da ESGAEN. Neste proceso participaron máis de 100 entidades e organizacións no eido do envellecento activo en Galicia a través de diferentes ferrramentas: elaboración dun cuestionario online, realización de entrevistas en profundidade e participación en mesas de traballo.

Os resultados destas experiencias xeraron impactos positivos na calidade de vida das persoas que son colectivo obxectivo desta estratexia (os maiores de 55 anos) e son susceptibles de ser replicadas en contextos similares ou en contextos onde resultados similares poidan ser esperados.

A ESGAEN, como documento de planificación no eido de programas e políticas relacionadas co envellecemento activo e saudable en Galicia, emprégase tamén como ferramenta de difusión e posta en valor das

Anexos a ESGAEN · Anexo II

6

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

experiencias que os axentes crave xa están a facer, así como cara a inspiración ou participación entre axentes.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

7

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa Práctica 1

Proxecto interxeracional e de integración da Asociación Cultural O Castro de Baión #rural #intervención social #innovación social #servizos de proximidade #multiservizos #cooperación #empoderamiento #transferencia de experiencias #participación #talento sénior #igualdade de oportunidades #interxeracionalidade #aprendizaxe permanente #musicoterapia

1.1. O reto

A música ten a capacidade de afectar e influír no estado de ánimo das persoas. De feito, o cerebro é capaz de asociar situacións vividas con melodías e de evocalas ao escoitar a melodía á que están ligadas. Estes mecanismos son extrapolables ao uso da música como ferramenta terapéutica. Por musicoterapia enténdese a utilización da música e/ou os seus elementos (son, ritmo, melodía e harmonía) para asistir ás necesidades físicas, psíquicas, sociais e cognitivas. Forma parte do grupo coñecido como terapias creativas xa que se basea no uso de capacidades creativas relacionadas coas artes e as humanidades. En función da situación, a música pode adecuarse coa finalidade de conseguir efectos positivos nas persoas maiores. As características estruturais da música e a natureza emocional e social das actividades musicais poden axudar en gran medida. O certo é que a experiencia musical non só mellora a memoria e o recoñecementoauditivo, senón tamén o recoñecemento visual espacial, e a capacidade do cerebro para adaptarse a nova información. 1.2. A entidade A Asociación Cultural O Castro empezou a súa andaina no ano 1990 en

A Asociación Cultural “O Castro” pertencente a ASOGAPEM (Asociación Galega de Pensionistas) consituiuse en 1990 en Baión. Dende a súa creación, lévanse a cabo ambiciosos proxectos de actividades, nos que participan a maioría dos 2.287 socios de Baión e outras zonas: Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Vilagarcía, Meis, Ribadumia, Cambados...

José Sabarís Casal. Presidente

Anexos a ESGAEN · Anexo II

8

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Baión (Vilanova de Arousa), co fin de divulgar a cultura e o idioma galego, baixo o lema Un pobo culto é un pobo libre. Dende a súa creación, lévanse a cabo ambiciosos proxectos de actividades, nos que participan a maioría dos 2 287 socios de Baión e outras zonas como Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Vilagarcía, Meis, Ribadumia ou Cambados. A Asociación Cultural O Castro está integrada na Asociación Galega de Pensionistas (ASOGAPEM), e desde a súa constitución ven traballando en distintos eidos culturais e sociais nos seguintes eidos: cultura galega, asociación de mulleres rurais Citania, maiores, xuventude, medio ambiente e cooperación social. Así mesmo creou no seu seo diversas formacións artísticas e desenvolve o longo do ano un amplo programa de actividades orientadas a elevar o nivel cultural do pobo. A Asociación foi medrando desde a súa constitución, ampliando o seu ámbito xeográfico, ata chegar ao que é hoxe: un colectivo con máis de 3.000 socios repartidos por toda Galicia, con sete grupos de traballo (coral xuvenil, coral de maiores, rondalla, teatro, danza, pandeireteiras e música clásica), con seccións oficialmente recoñecidas (maiores, mulleres, xuvenil e tamén, medio ambiente e deporte), con relacións estables con concellos de toda Galicia como Cariño, Cedeira, Rois, Monterroso, Ribadavia, Guitiriz, etc., cun importante obradoiro de pintura, con grupos de voluntariado xuvenil, ambiental, e maiores, cun proxecto interxeracional e de integración coa Asocición de Persoas con Discapacidade (Con eles), un proxecto de cine (En clave do Casto) e colaboran con UNICEF. Organiza ademais moitas máis actividades como charlas, obradoiros, encontros, etc. que fan que esta Asociación sexa considerada como unha das máis dinámicas da Comunidade e á que, o concello de Vilanova de Arousa acaba de concederlle a medalla de ouro polos seus XXV anos de traxectoria. O Castro ofrece un amplo programa de actividades, tales como:

• Actividades fixas anuais: xuntanzas musicais, encontros, viaxes culturais, cursos...

• Actividades de potenciación da cultura galega: Progama xeral de fomento da lectura, charlas, obradoiros,

confección de videos sobre a fala. Recuperación de:

- O patrimonio da zona: muíños, cruceiros, fontes... - Tradicións: entroido, maios, magosto, cantos de panxoliñas

polo nadal... - Xogos tradicionais: aros, bilarda, bolos, chave...

Anexos a ESGAEN · Anexo II

9

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

E moitas máis actividades orientadas a elevar o nivel cultural do pobo. De cara ás persoas maiores ofértanse actividades transversais de acción, integración e voluntariado tales como: coral polifónica, grupo de corda, pandereteiras, grupo de cámara, grupo de teatro, clube de lectura e visitas domiciliarias; cursos de cociña, bolillos, labores, informática, talleres de memoria, ciclos de cine con postas en común, encontro galego de maiores (que vai xa pola XXVI edición na que se reúnen máis de 400 persoas maiores), saídas didácticas (depuradoras, fábricas..) e de lecer coñecendo a xeografía española e rutas dos camiños xacobeos; grupo de voluntariado e medioambiente (recuperación de espazos naturais e fontes, compostaxe e reciclado, charlas de saúde e termalismo, xuntanza galega de voluntarios, relación e intercambio con outros grupos de maiores de toda a xeografía galega. As actividades levadas a cabo polos membros da asociación permiten ofertar na contorna rural un amplo abano de actividades de envellecemento activo e saudable que, de non ser pola actuación da asociación, non sería posible:

• Programa de Voluntariado, para a realización de visitas domiciliarias a persoas maiores que viven solas.

• Fomento da aprendizaxe permanente e a interxeracionalidade a través do desenvolvemento de numerosos cursos (onde cabe resaltar que son accións onde os participantes son heteroxéneos en idade, estando a veces avós con netos nos mesmos grupos ou actividades)

• Hábitos saudables e igualdade de oportunidades a través dos talleres de memoria, o clube de lectura e as novas tecnoloxías para ter a mente en forma, estar actualizados e integrados.

• Dun xeito especial, destaca como boa práctica no eido da Participación Social e o Voluntariado a Colaboración con "Con Eles" para a integración de persoas con discapacidade física e/ou psíquica con sesións semanais os mércores, actuando un grupo duns 20 maiores voluntarios conxuntamente con outros xuveniles para integrar a través da música e da voz, a un grupo de 18 dependentes e ás súas familias obtendo marabillosos resultados para todos.

1.3. O proxecto

No seo da Asociación Cultural O Castro, están funcionando na actualidade ao redor da música diferentes grupos, integrados nunha parte moi

Anexos a ESGAEN · Anexo II

10

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

importante por rapaces e rapazas e por mozos e mozas. Toda esta actividade de ensaios e actuacións crea una dinámica lúdica, alegre, formativa e disciplinada que cambia, enriquecéndoa, a vida dos seus integrantes e a do seu entorno. Pensando na presentación deste proxecto, valoráronse moi positivamente as acción levadas a cabo no ano pasado, que comezaron pouco a pouco no mes de setembro de 2015, pero que acadaron a súa máxima participación cando se incorporaronxa dun xeito máis oficial no mes de outubro os mozos e mozas da Asociación Con eles, todos eles con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais que aproveitando a dinámica cotiá dos grupos musicais da Asociación, considerando o enorme interese en seguir facendo partícipes deste sentimento a estas e outras persoas mantendo ou mesmo ampliando esta oferta. Así comezaron no ano 2015 a poñer en práctica a idea de poder achegar este sentir (que afecta os sentimentos pero tamén aos sentidos) a aqueles rapaces e rapazas que por sí mesmos non pensarían nesta posibilidade por ter dificultades madurativas, psicolóxicas, de audición e linguaxe, motóricas e de relación e integración social ou ben por pertencer a grupos humanos en risco de exclusión social. Neste amplo campo, vense beneficiados mozos e mozas que polas súas limitacións, nin eles nin as súas familias valorarían a posibilidade desta participación, mesmo sendo socios da Asociación O Castro, pero estando aberta esta proposta a todos os que o desexen, independentemente da súa vinculación coa Asociación. Baixo a dirección dunha profesora especialista en Audición e Linguaxe, socia da Asociación, e o director e coordinadores dos grupos musicais, empezaron a ver novos camiños polos que andar xuntos para mellorar a situación destes mozos e mozas, pero tamén a súa mesma, abríndose ante eles un abano, no que, o que levan explorado ata o momento é tan atractivo para quen recibe a actividade como para aqueles socios novos e maiores que colaboran na súa execución, e que sen dúbida lles fai mellores a todos compartindo tempo e experiencias e actúando coma un pequeno bálsamo para as familias que agradecen moito accións de este tipo onde tamén eles son partícipes. Estas actividades desenvólvense na sede da Asociación O Castro, sita no lugar de O Carballo, Baión, Vilanova de Arousa, e involucran aos grupos de música de corda, música sinfónica e coral de adultos e Coral Xuvenil O Castro. Aproveitáranse as sesións de ensaio para facelas abertas aos nenos e

Anexos a ESGAEN · Anexo II

11

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

mozos aos que vai dirixido este proxecto, de tal xeito que funcionen como terapias balsámicas para os participantes seguindo unhas accións programadas a tal fin que se especifican nas actividades. É convinte ter en conta tamén, que no desenvolvemento destas actividades conxúganse uns factores moi interesantes, tales como:

• Xente de lugares de procedencia diferentes (distintas parroquias, ámbito urbano-rural, centros de ensino diferentes de onde se están a formar…)

• Persoas con idades diferentes pero aficións comúns: una boa parte dos que forman as agrupacións mencionadas son mozos, pero tamén hai moitos cativos, algúns de idade media e xente maior, porque a Asociación é aberta e vese enriquecida coa presenza de todos, e ese é un dos importantes valores que queren compartir.

• Comparten espazos con outras persoas e outras actividades, creando un ambiente dinámico e integrador que pode favorecer o acollemento dos nenos e mozos que se acheguen á Asociación.

Na Asociación O Castro xa teñen experiencia en voluntariado en xeral (visitas e acompañamento a maiores, integración dos maiores nos diferentes grupos e cursos da Asociación, viaxes, excursións, encontros…), voluntariado coa infancia (teñen asinado un acordo de cooperación con Unicef-Galicia), voluntariado mediambiental (recuperación de fontes, adecentamento do monte do Castro, recollida de aceite usado…), pero botaban en falta un proxecto de integración auténtica de persoas con discapacidade e ser quen de compartir con eles o seu tempo, pero sobre todo que pudieran compartilo cos rapaces do grupo de corda, coral xuvenil ou cos maiores da Coral O Castro da Asociación. Todo isto implica coordinar horarios e vontades para xuntarse todos un día á semana (os mércores) e conseguir a integración destes mozos e as súas familias no seo da Asociación, participando activamente tanto eles como os integrantes dos grupos da Asociación (mozos e maiores) neste marabilloso proxecto que deixa cada semana un sorriso na cara. Este é un proxecto orientado sobre todo a xóvenes con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos cos seguintes perfís:

• Deficiencias auditivas.

• Dificultades de desenvolvemento logopédico, motórico e madurativo.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

12

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Perfís do Espectro Autista.

• Familias con dificultades de integración social e/ou en risco de exclusión.

Entre os asociados de O Castro e as persoas pertencentes a Con Eles son ao redor de 25 persoas interesadas que reúnen as características antes mencionadas. Para o desenvolvemento da actividade, os mércores acuden á sede da Asociación O Castro no Carballo os mozos da Asociación Con Eles, con dúas ou tres monitoras que os acompañan e as súas familias que os traen e están alí durante a actividade. Son mozos que polas súas limitacións, nin eles nin as súas familias teñen a posibilidade de optar a actividades estándar que teñan relación coa música, senón que precisan accións adaptadas que teñan a música como fío conductor, sensorial e terapéutico. Alí están esperándoos un grupo de rapaces e rapazas do grupo de corda e da coral xuvenil, un grupo de maiores da coral senior, a coordinadora do grupo de corda, o director dos grupos musicais de O Castro e a profesora de audición e linguaxe, que organizan diferentes actividades cos participantes a través da música onde todos interactúan. 1.4. As actividades No marco deste proxecto, organízanse diversas actividades, xa sexa con carácter xeral ou outras máis específicas, como por exemplo:

• Coa Coral Xuvenil e a de Maiores: xogos de movilidade lingual, labial, músculos fonadores, soplo, con todo o grupo coral; onomatopeias e movementos imitativos, escoita das catro cordas da coral (sopranos, contraltos, baixos e tenores), xogos para subir e baixar na escala musical, xogos para quentar a voz, traballo coas partituras, xogos de karaoke dixital, audicións de pezas interpretadas pola Coral Xuvenil, etc.

• Co Grupo de Corda: manipulación dos instrumentos que forman o grupo de corda A Rondalla do Castro; audicións dos instrumentos por separado: guitarras, laúdes, bandurrias…; diálogo de instrumentos; traballo coas partituras; xogo con programas musicais dixitais para identificar sons e relacionalos con instrumentos, pentagrama…que facilita o achegamento á música e ten resultados previos moi interesantes antes de saber tocar ningún instrumento ou audicións de pezas interpretadas pola Rondalla.

• Co Grupo Música Sinfónica: manipulación dos instrumentos que forman o grupo de Música Sinfónica O Castro, audicións dos

Anexos a ESGAEN · Anexo II

13

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

instrumentos por separado (violíns, violas , violonchelos, contrabaixos, flautas…); diálogo de instrumentos; xogos de ritmo; traballo coas partituras ou audicións de pezas interpretadas pola Agrupación Sinfónica. Todo isto supón certas diferenzas con outros programas nesta liña:

- Que é un grupo de integración onde os que teñen

minusvalías son minoría.

- Que é un grupo totalmente heteroxéneo en canto á idade dos participantes (dende os oito anos aos oitenta e…)

- Que ademáis da actividade en si, obtense un produto conxunto para mostrar aos demáis (as actuacións)

- Que é tan importante o resultado para os participantes e ás súas familias coma para os integrantes (pequenos e maiores) da Asociación.

- Que se integran as familias dos participantes en charlas, ceas… e ademáis pasaron a asociarse como os propois integrantes de O Castro.

1.5. O carácter innovador Como xa se apuntou anteriormente, ao principio, cando na familia ou no entorno hai unha persoa nova cunhas características de minusvalía física ou psíquica coma o perfil das persoas coas que se traballa no proxecto, non quedan moitas máis opcións que ir a centros especializados con actividades específicas para eles. A Asociación Cultural O Castro quere dar unha resposta a inquedanza sobre en que actividades poderían participar estas persoas de forma habitual ou como integralos con outros colectivos, e postos en contacto coa Asociación Con eles, dos que son veciños xeográficos, pareceulles moi boa idea establecer colaboracións, e a iniciativa foi moi ben acollida polas familias e polos integrantes da Asociación O Castro que ían participar na actividade. Por outra banda, esta colaboración permite aos maiores participantes na coral da Asociación sentirse necesitados e funcionar como guía para os máis novos (desde 8 anos) e ofrecer unha visión sobre unha realidade que canto máis se coñece, máis se respecta e permite tomar consciencia sobre con que pouco se pode facer felices a outros. En definitiva, este proxecto permite participar dun xeito integrado, xunto con persoas de moi diferentes idades e situacións, disfrutando e

Anexos a ESGAEN · Anexo II

14

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

compartindo un fin común do que se benefician todos. 1.6. Os impactos Algúns dos principais impactos producidos coa actividade son os que siguen:

• Integración activa duns 25 rapaces e rapazas na dinámica xeral dos ensaios e ofertar actividades e recursos que permitan a adquisición e configuración de novas aprendizaxes e habilidades para eles.

• Participación dos xóvenes e das súas familias na actualización, adecuación e desenvolvemento das actividades propostas.

• Continuidade dos destinatarios nos grupos dun xeito o mais estable posible: ademáis das actividades semanais, integración estable na Coral para a participación e actuación nos eventos anuais como As Letras Galegas e o Nadal.

• Sensibilidade pola educación en valores.

• Progresivo acceso a formas de conduta máis autónomas e a crecente socialización dos rapaces fai que como grupo asociativo teñamos en conta que as actividades conduzan á adopción de actitudes positivas sobre o corpo e a súa expresividade, a convivencia, o respecto polos demais…

• Campaña de sensibilización entre os nosos asociados para potenciar o coñecemento e as boas actitudes coas persoas con distintos graos de minusvalía.

• Nivel de satisfación das familias según constatamos é moi alto porque os rapaces acoden con moita ilusión cada semana á actividade e din que andan toda a semana pendentes, que non lles da chegado o día.

• Nivel de implicación dos integrantes dos grupos tamén é salientable. Mención especial merece a acción das persoas maiores integrantes dos grupos que funcionan como pilar fundamental e acaban felices e satisfeitos por un traballo ben feito donde todos somos beneficiados.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

15

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

A medio prazo estanse preparando actuacións conxuntas cos grupos musicais da Asociación co galo de eventos adicados ao nadal, as Letras Galegas, etc., o que lles permite non só participar na actividade en si, senón subir a un escenario, actuar para moito público… 1.7. O futuro A idea da Asociación é que este proxecto teña continuidade no tempo, tanto polo ben dos que acoden á actividade, fundamentalmente da Asociación Con Eles, coma dos que a imparten e organizan. E para que así sexa é fundamental contar cos medios humanos (cos que xa teñen garantizada a continuidade) e cos económicos que permitan a adquisición de recursos materiais que axuden a facer unha actividade motivadora e completa. A replicabilidade da actividade por parte doutros colectivos e posible, sempre e cando conten sobre todo cos medios humanos e cos espazos e organización de recursos humanos axeitado. 1.8. Enlaces Web: www.ocastrobaion.es

Anexos a ESGAEN · Anexo II

16

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 2 Proxecto integral para as persoas maiores “Axúdame a quedar”: rede de servizos de proximidade do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. #contorna rural #dispersión poboacional #accesibilidade #innovación social #servizos de proximidade #multiservizos #cooperación #empoderamento #transferencia de experiencias #participación social #comunidade #talento sénior #igualdade de oportunidades #interxeracionalidade #aprendizaxe permanente #autoxestión #desenvolvemento comunitario #discapacidade #integralidade #axentes crave #dereitos

2.1. O reto

O envellecemento poboacional do medio rural galego é un desafío para a sociedade xa que o incremento da esperanza de vida non leva que ésta sexa

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso é una entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 1990 e declarada de Utilidade Pública, que traballa principalmente na comarca da Limia.

Actuando baixo o lema “o que é necesario é posible” desde o CDR de o Viso lévanse a cabo actividades e programas cara a promoción do envellecemento activo e a participación social das persoas maiores dos pobos (acción preventiva) e ofértanse os servizos de proximidade necesarios para dar apoio ás persoas en situación de fraxilidade ou dependencia e as súas familias coidadoras para que as persoas da súa comunidade permanezan no seu entorno e con maior calidade de vida.

Carmen Bohórquez Verdugo Coordinadora

José Antonio Pérez Carrera. Presidente

Anexos a ESGAEN · Anexo II

17

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

de calidade senón que está asociado a un incremento progresivo das taxas de discapacidade e dependencia, que aumentan a necesidade de apoios, servizos e recursos na persoa maior.

O envellecemento pode tornarse dramático na zona rural xa que se atopa desprovista de servizos e recursos provocando o illamento, retraemento social e limitación da autonomía das persoas que viven nos nosos pobos.

Os servizos de proximidade tratan de evitar precisamente esa discriminación non só na prestación de servizos, senón tamén no acceso aos mesmos. Desta maneira conséguese manter ao ancián e/ou persoa dependente no seu fogar a maior parte do tempo posible, evitando a súa institucionalización ou traslado.

No noso medio rural a dispersión da poboación é unha característica moi común e ademais de agravar a situación de illamento e precariedade, o risco da exclusión social de todas as persoas que viven nel cada vez é maior. (91 habitantes por km2 fronte a 651, media do Estado español). A esta dispersión únese unha orografía que segue dificultando o acceso e as comunicacións, e por tanto incide na ordenación e planificación do sistema de servizos sociais de maneira moi importante, ademais dificulta o acceso asistencial a determinados colectivos (medio rural interior) á hora de aplicar e estender os recursos sociais.

2.2. A entidade

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso nace en 1985 como unha entidade cultural (Asociación cultural O Cruceiro) da man dun grupo de veciños e veciñas de pobos do Concello de Sarreaus e outros limítrofes pertencentes a outros concellos. Como asociación cultural intenta dar resposta ás inquedanzas deste grupo de persoas co obxectivo de por en valor a cultura rural galega, (xornadas formativas, recuperación de festas e costumes populares, recuperación de espazos comúns...)

Nos comezos do Centro comezaron a modiño, recuperando espazos comúns como as escolas de algúns pobos que pasaron a operar como locais sociais - como en moitos outros pobos, hoxe convertidos a maioría en tanatorios -, recuperáronse fornos, lavadoiros…

No ano 1990, e como froito da observación das necesidades do entorno mais próximo e da vontade de intentar darlles unha solución, constitúese como Centro de Desenvolvemento Rural, Organización sen Ánimo de Lucro e no 1991, con outros trece centros doutras comunidades autónomas, entra a formar parte como cofundador da Confederación de Centros de

Anexos a ESGAEN · Anexo II

18

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Desenvolvemento Rural (COCEDER), entidade de ámbito estatal na que se segue na actualidade. O CDR O Viso está recoñecido como entidade de acción voluntaria, prestadora de servizos sociais, colaboradora co servizo público de emprego, como escola de tempo libre… e no ano 2010, tamén como Entidade de Utilidade Pública.

Dende 1990 faise un traballo de desenvolvemento comunitario e humano baixo o lema que sirve a día de hoxe de faro para todas as súas actuacións: O que é necesario é posible (utopía realizable) como o demostran estes máis de vintecinco anos de traballo ininterrompido pero sabendo que o que son, non é un estado conseguido… senón un proceso de cambio e busca permanente.

En 1991 coa cesión da antiga casa reitoral de Lodoselo por parte do Bispado de Ourense fíxose un traballo de recuperación importante e pasou a ser o centro social comunitario que é na actualidade.

En 1991 incorporan ao seu equipamento o Centro Social Multiusos de Lodoselo (Serreaus), adaptado a persoas con discapacidade segundo a Leii de Accesibilidade e Eliminación de Barreiras Arquitectónicas, e que conta con comedor con capacidade para 40 persoas, cociña equipada., sala de usos múltiples con biblioteca, televisión, xogos de mesa, obxectos e utensilios antigos, despacho con fotocopiadora, armarios e equipo informático, catro dormitorios equipados con liteiras para corenta persoas e salas para obradoiros de fiado, cestería...

Desde 2002 dispoñen dunha vivenda comunitaria en Lodoselo (Sarreaus) para doce maiores, totalmente amoblada e adaptada para personas con discapacidade, e con dúas habitacións amobladas para casos de emerxencia social.

En 2012 aumentan a súa dotación co Centro de Inclusión de Lodoselo, que conta con comedor social, unidade de hixiene, servizo de lavandería e roupeiro, ademais de recepción, cociña propia, sala de curas, comedor, sala de usos múltiples, sala de actividades e informática, dirección, almacens, lavandería...). O centro está equipado e adaptado para 43 persoas.

Contan a maiores con escolas e locais sociais dos pobos da comarca para a realización de campañas informativas, actividades de tempo de lecer, aulas de educación de persoas adultas etc. Para as actividades e obradoiros que realizan do Pobo escola contan co forno comunitario, lavadoiro, forxa, muíño, granxas, cortes con animais, horta, fincas, lameiros e invernadoiro, ... como recursos que lles posibilitan recuperar para a acción educativa o patrimonio cultural e social da comunidade na que traballan.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

19

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Apoianse tamén nunha aula da natureza de 5 200m2, con máis de 100 especies diferentes entre árbores e plantas, cunha horta de plantas medicinais, viveiro, colmeas... e tódalas ferramentas que se precisan para realizar os traballos necesarios.

Por último, dispoñen de tres vehículos adaptados para o transporte das persoas usuarias e o transporte das bandexas de comedor a domicilio, e dunha oficina equipada con equipo informático e paneis informativos en Xinzo de Limia, conexións a Internet, fotocopiadora, etc...

A súa acción lévase a cabo a través dun proxecto integral dirixido á poboación mais vulnerable da comarca da Limia -os colectivos excluídos ou en risco de exclusión social- a través de accións globais de carácter social, educativas, de sensibilización, medioambientais, de inserción e emprego para que a súa comunidade permaneza no seu medio, nas mellores condicións e cunha maior calidade de vida.

Na actualidade contan cun gran equipo humano que fai posible levar o seu proxecto adiante, formado por 19 persoas con contrato laboral e máis de 43 persoas voluntarias que, grazas a súa profesionalidade, implicación e compromiso, fan posible que este proxecto sexa unha realidade e teña continuidade.

A medida que os servizos ofrecidos e as actividades organizadas foi aumentando, foron incorporando a máis persoal especializado. Non hai que obviar tampouco as achegas e subvencións de entidades públicas e privadas que axudan a manter o proxecto.

2.3. O proxecto

O proxecto de Axúdame a quedar nace tendo en conta as necesidades detectadas na súa zona de actuación (recollidas no Estudo sobre a demanda potencial da prestación de servizos para persoas maiores na comarca do CDR O Viso). Considerando que as primeiras actuacións aínda que estaban encamiñadas a este colectivo eran máis actuacións informativas cun marcado carácter preventivo… non foi ata 1998 cando comezaron cos primeiros servizos de proximidade propiamente ditos: comedor social, transporte... a partir de aí e pouco a pouco fóronse incorporando novos servizos e actividades.

O propósito dos mesmos foi ir dando resposta a esas necesidades e carencias demandadas pola comunidade rural do seu entorno, razón pola cal desde o seu comezo o cdr o viso foi desenvolvendo no marco do seu

Anexos a ESGAEN · Anexo II

20

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

programa integral distintos proxectos dirixidos aos maiores e ás súas familias coidadoras a través de actividades educativas, formativas/informativas e da prestación de servizos de proximidade para que este sector da poboación permaneza no seu medio o maior tempo posible.

A calidade de vida depende en boa medida das posibilidades que teñan as persoas de satisfacer adecuadamente as necesidades fundamentais. E isto plantea un dilema non só en pensar en como se pode axudar, senón sobre todo en como lles gustaría aos destinatarios recibir esa axuda. Axudar si, pero con cabeza, e contra a perversidade de dar, a urxencia de compartir.

O deseño e desenvolvemento de accións do proxecto Axúdame a quedar inclúe desde a prevención e promoción da saúde, ata a intervención directa sobre aquilo que limita a autonomía da súa comunidade e mingua a súa calidade de vida. O proxecto enmárcase dentro dun proxecto de desenvolvemento comunitario co que pretenden que as persoas maiores, persoas con discapacidade e as súas familias coidadoras, persoas excluídas ou en risco de exclusión, (incluíndo a exclusión territorial), permanezan no seu medio, nas mellores condicións e coa maior calidade de vida.

Trátase dun dos proxectos máis importantes que leva a cabo a organización neste momento xa que o colectivo de maiores de 65 anos é o sector de poboación maioritario nos pobos e aldeas da zona e, polo tanto, o seu desenvolvemento require dende hai anos a maioría dos activos da organización, tanto no persoal que o leva adiante -xa sexa laboral ou voluntario- coma nos equipamentos adecuados para realizar o proxecto coa maior eficacia e eficiencia (centro de inclusión, vivenda comunitaria, centro social, transporte adaptado...).

Pero non se pode esquecer que este non é un proxecto illado, senon que Axúdame a quedar complementa aos outros programas do CDR O Viso, que ofrecen accións integrais polo que traballan con e para toda a poboación da súa comunidade rural, infancia, mocidade, mulleres, persoas excluídas ou en risco de exclusión a través de actividades de carácter educativo (educación infantil familiar, pobo escola, tempo libre), formación, (escola de tempo libre, entidade colaboradora co servizo público de emprego en catro especialidades formativas), Información (centro de información xuvenil e proxectos integrados) inserción laboral (Ruralemprega-T, itinerarios de inclusión), programas de emerxencia (para cobertura de necesidades básicas para toda a poboación en exclusión severa).

2.4. As actividades

Anexos a ESGAEN · Anexo II

21

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Axúdame a quedar consta de varios servizos e propostas:

• Centro Lodoselo para a prestación de servizos para a prevención da dependencia e promoción da autonomía como: atención sociosanitaria, realización de intervencións terapeúticas e individualizadas no centro, servizo de comedor e transporte, programas de rehabilitación cognitiva e funcional, xerontoximnasia, rehabilitación, adestramento e mantemento en AB e IVDs, psicoestimulación e terapia recreativa en sesións individuais e grupais.

• Centro de inclusión, que consta de comedor social con unidade de hixiene, roupeiro e lavandería para coarenta e tres persoas.

• Vivenda comunitaria para doce persoas maiores e dous prazas de estancia temporal para persoas en situación de emerxencia e/ou circunstancias especiais.

• Servizos de proximidade (no centro e a domicilio), tales como: Servizo de transporte adaptado, que consta de servizo de

acompañamento, traslado ao centro, comedor social... - Servizo de lavandería e pasado de ferro, cun servizo de

recollida da roupa no domicilio da persoa solicitante do servizo para o seu lavado, secado e/ou pasado do ferro con posterior devolución da roupa (tamén a domicilio) unha ou dúas veces á semana

- Servizo de podoloxía no centro e nos seus fogares: de forma periódica, aproximadamente dúas veces por trimestre, ofértase o servizo de podoloxía no centro ou no propio domicilio.

- Servizo de barbería e perruquería de aseo, pedicura...

- Servizo de comedor a domicilio: trátase dun servizo que funciona tódolos días do ano, e que conta con cociña propia sempre atendendo aos certificados médicos e ás patoloxías persoais para adaptar a dieta a cada persoa. Na actualidade estanse a levar máis de sesenta e cinco comidas

- Servizo de acompañamento a citas médicas do Centro de Atención Primaria en Sarreaus ou noutros concellos próximos e a especialistas en Ourense ou Verín e tamén en situacións de hospitalización. Inclúe o acompañamento nocturno ou de fins de semana

Anexos a ESGAEN · Anexo II

22

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

- Servizo de apoio psicosocial: intervención psicosocial con familiares, persoas coidadoras e persoas usuarias

- Servizo de terapia ocupacional nos domicilios, por medio de rehabilitación e estimulación cognitiva, rehabilitación físico-funcional, recuperación e mantemento das AB e IVD no domicilio da persoa/familia beneficiaria.

- Servizo de préstamo de axudas técnicas, tales como valoración e préstamos de axudas técnicas para conseguir a máxima autonomía da persoa maior na realización das AB e IVD

- Actividades de formación para persoas voluntarias, traballadores/as, familiares e/ou coidadores e poboación en xeral. Ofertan a realización de obradoiros formativos e xornadas de sensibilización e servizos de préstamo de material didáctico e informativo para persoas coidadoras e familias con maiores dependentes ao seu cargo

- Actividades de prevención e evellecemento activo con obradoiros de adestramento da memoria, educación de persoas adultas, participación de persoas maiores nos obradoiros do pobo escola como transmisores da cultura e tradicións - troco de saberes -actividades culturais e de ocio

Os obxectivos que se pretenden son a promoción do envellecemento activo e a participación social das persoas maiores dos pobos baixo o paraugas do CDR de O Viso (acción preventiva) e oferta dos servizos de proximidade necesarios para dar apoio ás persoas en situación de fraxilidade ou dependencia e as súas familias coidadoras para que as persoas da súa comunidade permanezan no seu entorno e con maior calidade de vida.

O proxecto finánciase nun 43% con ingresos pola prestación dos servizos (datos de 2015) e o resto con subvencións de entidades públicas e privadas, obras sociais e pequenas doazóns tanto económicas como en especies… e sobre todo, con moito apoio de persoas voluntarias.

2.5. O carácter innovador

O entorno rural, que para uns constitúe unha moda e un importante atráctivo, é para outros un contexto de sufrimento, abandono, desesperanza e mesmo morte. A ilusión das xeracións anteriores era a de ter casa e terra propia, pero na actualidade dase unha situación de tremenda fustración, de xeito que tendo conseguido isto, o que non queda é xente. Con este proxecto o que se pretende é cumprir na medida das súas posibilidades ese

Anexos a ESGAEN · Anexo II

23

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

desexo.

Para iso o proxecto aporta con respecto a outros programas que puidese haber no entorno os seguintes aspectos diferenciais:

• A integralidade do proxecto e complementariedade cos SAD municipais. Da resposta ás necesidades expresadas e sentidas da poboación maior e as súas familias coidadoras (segundo o estudo feito polo CDR O Viso sobre a demanda da prestación de servizos sociais).

• A flexibilidade, adaptándose ás necesidades e particularidades concretas de cada persoa/familia (cambiantes en cada caso).

• A participación da propia comunidade, coa implicación das propias persoas beneficiarias do proxecto, para que sexan suxeitos activos coas actuacións que teñen que ver con elas.

• Desenvolvemento comunitario como alicerce fundamental de actuación, por considerar esta labor a máis eficaz se os intereses da nosa comunidade rural son abordados de forma global e non illada.

• empoderamento como estratexia, de ahí a importancia dada no proxecto á participación, a implicación do voluntariado social e dos axentes sociais, administracións, entidades privadas, persoas da comunidade, etc.

• enfoque comunitario: temos en conta a identidade rural, os modos de vida, veciñanza, axuda mutua, costumes, territorio... e construímos sobre esta base.

• desenvolvemento para non desarraigar ás persoas da súa cultura. Ter presente a relación afectiva que as persoas teñen co medio, coas súas cousas, coa memoria. Interveñen para mudar, cambiar e ó mesmo tempo traballar a memoria co obxectivo de construír unha nova ruralidade.

Este tipo de proxectos integrais teñen un efecto transformador posto que dan resposta a necesidades específicas do medio rural e das persoas que o habitan, con actuacións diferenciadas para alcanzar o obxectivo de non discriminación, a través da prevención, promoción e fomento da participación social. O proxecto traballa sempre cun enfoque de dereitos en contraposición coa mera prestación dos servizos co empeño ademais, de cambiar o medio rural visitable nun medio rural habitable e habitado.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

24

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Outro aspecto diferencial do programa é a coordinación con tódolos axentes sociais do territorio, non traballar de forma illada para non duplicar servizos. O que se trata co proxecto é de partir da realidade, de tal xeito que o enfoque foi e é a análise da realidade para detectar as necesidades e saber ver cada necesidade como unha potencialidade. Para iso parte do que houbo, tendo en conta que o futuro depende en gran medida da memoria; a clave será pois traballar nun modelo de desenvolvemento conectado co medio, co seu sentido histórico e cultural, a recuperación da identidade como factor de desenvolvemento. É preciso aproveitar o saber, a sabedoría que dan os anos, para conducir o futuro e por tanto integrar á xente maior no canto de aparcalos.

Para rematar, resulta fundamental o respecto como valor fundamental na forma de atención, permitindo que cada quen sexa quen é. Porque se se traballa para os outros, sen os outros, acábase traballando contra os outros.

2.6. Os impactos

No ano 2015 participaron nas distintas actividades ou servizos ofertados no marco do programa Axúdame a quedar máis de 480 persoas, das cales o 60 % participa en máis dun servizo ou actividade.

O nivel de satisfacción tras a participación nas actividades é moi alto. Realízase unha avaliación continua de cada servizo/actividade a través de enquisas de satisfacción, non só ás persoas participantes senón tamén ás súas familias e/ou persoas coidadoras e axentes sociais. O tempo de permanencia nos servizos/actividades é moi alto. Por exemplo, o 98% das persoas do servizo de comedor cando o deixan é porque a súa situación de dependencia se agrava ata o punto que necesita de institucionalización ou por falecemento. Só o 2% deixou o servizo por insatisfacción. Hai persoas beneficiarias deste servizo (foi o primeiro) que levan nel 18 anos. Na actualidade o 25% das persoas participantes son derivadas dos servizos sociais da comarca, da oficina comarcal de inclusión ou polos profesionais dos Centros de saúde dos concellos, o resto, (75%) son as propias persoas participantes nalgunha actividade as que animan e informar a outra/as persoas de tódolos servizos dispoñibles.

Algúns dos resultados acadados no desenvolvemento do proxecto Axúdame a quedar son:

• A conservación e dinamización da contorna rural, evitando a perda de valores tanto materiais como inmateriais dentro da comarca.

• O fomento na transmisión destes valores desde a súa orixe ás seguintes xeracións.

• O mantemento e sustentabilidade das persoas maiores e persoas con discapacidade, socialmente desfavorecidas na súa comunidade evitando

Anexos a ESGAEN · Anexo II

25

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

desarraigamentos innecesarios.

• A contribución e á mellora do medio, tanto nas prácticas de sustentabilidade como na mellora do medio natural e patrimonial.

• O mantemento e fomento dunha sociedade rural viva.

• A Creación de postos de traballo emerxentes no medio rural. Na actualidade traballamos no proxecto 18 persoas con contrato laboral, e máis de 43 persoas voluntarias.

• A fixación da poboación.

2.7. O futuro

Na actualidade desde o CDR O Viso seguen a traballar no proxecto e van aumentando os servizos e o territorio de actuación especialmente con este colectivo de poboación xa que é o mais numeroso do territorio.

Os plans de futuro do proxecto pasan pola mellora continua, e por seguir posibilitando servizos/actividades segundo sexan demandados ou detectados e chegar ás persoas que o necesitan. Tamén trátase de seguir aprendendo, adaptándose aos cambios, aos novos tempos, ás novas necesidades... A idea é ampliar convenios de colaboración tanto con entidades públicas como privadas que traballan no territorio.

Facer fácil e de sentido común todas e cada unha das nosas accións" como a vida mesma; isto é, descubrimos que temos que analizar - reflexionar - actuar e revisar, non para facer unha autopsia, senón para mellorar e procurar cambiar aquilo que non vai ben. E isto non só con quen ten a responsabilidade da acción, senón tamén cas persoas beneficiarias, que son as protagonistas dos servizos e actividades e por tanto deben selo das decisións que as afectan. Algunha vez non se pode facer porque temos moitas limitacións e ao ter escasos medios dase a circunstancia de que non nos anticipamos, como sería o noso empeño, senón que imos detrás dos acontecementos, pero imos…

Descubrimos que "O necesario, ten que ser posible" (utopía realizable) non sen esforzo pero co convencemento de que o que facemos é o que ten que ser.

E o máis importante, descubrimos ás persoas, a cada persoa a pór en valor a experiencia e coñecemento que ten; de cada persoa maior coa que traballamos.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

26

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Sobre a replicabilidade do programa pódese apuntar que esta é viable sempre tendo en conta cada territorio e a comunidade que o habita. É preciso para iso un elemento imprescindible, contar coa participación activa de toda a comunidade, das propias persoas maiores e familias coidadoras para que sexan suxeitos activos das actuacións que teñen que ver con elas. Hai tamén que adaptarse ao contexto rural, ás persoas que o habitan, á súa cultura, ao seu territorio e as particularidades do momento no que se atopan. Ademais é necesaria a coordinación con tódolos axentes sociais existentes na zona para que non exista duplicidade de servizos.

2.8. Enlaces

Web: www.cdroviso.org

Facebook: https://www.facebook.com/Cdr-O-Viso-789270407829260/

Anexos a ESGAEN · Anexo II

27

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 3

O Círculo de Valor Senior do Círculo de Empresarios de Galicia

#mentorización #transferencia de experiencias #participación #talento sénior #emprego #condicións de traballo saudables #voluntariado #profesionais #emprendemento # interxeracionalidade #empresarios #almorzos de traballo.

3.1. O reto

A palabra Mentoring procede do mito grego segundo o cal Ulises confía a educación do seu fillo Telemaco ao seu amigo Mentor. O labor dun mentor consiste en compartir a súa sabiduría e experiencia co mentee, a quen deberá axudar no seu aprendizaxe levando a cabo intercambios, formulando e respondiendo cuestións e compartindo experiencias. Trátase pois dunha ferramenta de desenvolvemento e capacitación de persoas, unha maneira eficaz de axudalas a progresar nas súas traxectorias profesionais, construíndo unha relación de confianza e respecto entre o mentor e o mentee, que normalmente traballan nun ámbito similar. O mentoring informal ten sido o xeito máis común e produtivo de desenvolvemento de talento ao longo da historia da humanidade. Exemplos destas prácticas de mentoring informal son observables hoxe en día mesmo en multitude de interaccións humanas relacionadas co ensino ou a aprendizaxe en calquera dos seus ámbitos de actuación. 3.2. A entidade Concebido como punto de encontro para empresarios, directivos e profesionais, o Círculo de Empresarios de Galicia configúrase como foco central de negocios de Galicia, con especial encontros con influíntes persoeiros do mundo social, político e empresarial, así como información

O Círculo de Valor Sénior e o programa interxeracional posto en marcha no 2015 polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social para a posta en valor e o aproveitamento do talento sénior.

Trinidad Viña Ayude. Socióloga y Coordinadora del Círculo de Valor Sénior

Luis Suárez Gil. Director del Círculo de Empresarios de Galicia

Anexos a ESGAEN · Anexo II

28

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

económica. Desde a súa creación, hai xa dezaoito anos, o Círculo de Empresarios de Galicia mantivo unha importante actividade que revalorizou o seu papel como parte activa da sociedade civil, que reflexiona, debate, extrae conclusións e formula propostas coas que pretende contribuir ao desenvolvemento e benestar socioeconómico de Galicia. E neste senso, sempre considerou que son susceptibles de análise todas as materias que inciden na modernización da comunidade, ao mesmo tempo que reparou e tratou de impulsar unha cultura empresarial acorde coas esixencias do mercado actual. Os obxectivos da entidade son: • Impulsar unha cultura empresarial emprendedora e dinámica: soamente

desde un tecido empresarial vertebrado e desde unha sociedade civil forte -da que o empresariado é un dos seus sectores máis representativos- pódense impulsar os cambios políticos, sociais, económicos, etc. que a sociedade do século XXI precisa.

• Reforzar o liderado social e económico de Galicia, e impulsar o desenvolvemento e consolidación da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, na que Vigo debe asumir un papel de liderado.

• Ser unha organización de referencia, no que á elaboración de opinión empresarial se refire, para os organismos públicos e as forzas sociais, en todos aqueles temas que afectan ao desenvolvemento económico de Vigo, Galicia e a Eurorrexión.

• Fomentar, a través dos foros sectoriais, o intercambio de experiencias e a difusión de análises socioeconómicos e novas tendencias, co fin de contribuir a propiciar as condicións que favorezan a competitividade das empresas.

• Fortalecer un marco activo de relacións empresariais, que axude ao acceso de novas oportunidades de negocio, que promova e favoreza a cooperación entre os empresarios, articulando así o sector empresarial de Galicia. A través dos foros sectoriais, o Club eríxese como foco central de xuntanzas e relacións empresariais, tanto para o diálogo e discusión dos asuntos que afectan á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como para o desenvolvemento de actos de empresa, acceso a novas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

29

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

oportunidades de negocio e relacións sociais. Cada un dos seis foros creados ata a data está composto por un grupo reducido de empresarios, directivos e profesionais, que forman un Comité Permanente de Traballo. A súa misión é elaborar estudos e propostas para a programación dun calendario de actividades que se plasma nas diversas xornadas, seminarios e conferencias que se desenvolven periódicamente coa participación de recoñecidos expertos nas diversas áreas que atinxen a cada Foro.

3.3. O proxecto

O Círculo de Empresarios de Galicia impulsa desde a súa creación en 2015 o intercambio interxeracional de experiencias, a través do Círculo de Valor Senior, constituído por un grupo de mentores voluntarios con dilatada experiencia empresarial. O Círculo de Valor Senior ten como obxectivos fundamentais asesorar a emprendedores sobre xestión empresarial, ofrecéndolles diagnósticos sobre os seus proxectos, así como proponerlles accións para o desenvolvemento dos mesmos. Deste xeito, o Círculo Senior se integra no ecosistema de emprendemento do Círculo de Empresarios de Galicia, do que xa forman parte o grupo PREmprendedores, LaunchLabVigo, Invierta e Redinvest, pechando deste xeito- polo momento- o devandito ecosistema. O obxectivo principal do Círculo de Valor Sénior do Círculo de Empresarios de Galicia é, ademais de propiciar o envejecimiento activo, aproveitar o enorme valor que implica a experiencia profesional acumulada durante a vida laboral e, ao mesmo tempo, fomentar a relación e o intercambio interxeracional e a transmisión de coñecemento en ambos sentidos (dos senior cara aos novos emprendedores, e viceversa). Para o Círculo de Empresarios de Galicia, trátase de ofrecer unha enriquecedora práctica interxeracional, que, ademais de dar apoio aos emprendedores, permitirá poñer en valor a experiencia dos senior, promovendo a súa participación social, a solidariedade entre xeracións e o envellecemento activo. Esta iniciativa encádrase dentro das actuais políticas sociais europeas sobre envellecemento activo e saudable e busca dar protagonismo a un colectivo, o dos sénior, que ten aínda moito que aportar, á vez que fomentar a aprendizaxe e intercambio interxeracional, que é sempre enriquecedor para ambas partes. O grupo de mentores sénior do Círculo xurdiu precisamente da necesidade de poñer en valor o coñecemento dos máis veteranos e ofrecelo ás novas xeracións.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

30

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Hai dous aspectos a importantes a condiderar: por unha banda, a necesidade dos propios senior, que atopan neste servizo aos demais un aliciente alentador e a satisfacción persoal de ver como a súa propia experiencia contribúe a dar forma a proxectos novedosos, e pola outra, a necesidade da sociedade, que non pode (nin debe) renunciar a este capital humano de enorme valor ou arriscarse a perder unha bagaxe imprescindible para a evolución e mellora socioeconómica. Con este proxecto, o Círculo de Empresarios tamén pretende contribuir á promoción do envellecemento activo (optimizar oportunidades de saúde, participación e seguridade das persoas) en contornas empresariais, en colaboración coas políticas que nesta línea está desenvolvendo a Secretaria Xeral de Benestar (Consellería de Política Social). 3.4. As actividades Para o cumprimento destes fins o Círculo de Valor traballa en tres vertientes: • Valorización da experiencia e o talento dos seniors mediante o traballo

dun grupo de voluntariado que aconsella a emprendedores na posta en marcha dos seus proxectos, mediante a organización de encontros interxeracionales. Así, os emprendedores que o soliciten, participan en reunións co grupo sénior na que expoñen os seus proxectos para obter unha valoración sobre aqueles aspectos que, desde a experiencia empresaria e profesional dos sénior, póidalles ofrecer ideas, melloras, innovacións, contactos de interese, etc.

• Fomento da investigación sobre contornas laborais saudables e a xestión da idade na empresa.

• Realización de eventos (almorzos de traballo, charlas, xornadas) relacionados co tema.

O grupo de senior, do que poderán formar parte persoas de máis de 55 anos e con experiencia probada en xestión empresarial (non é preciso ser socio do Círculo de Empresarios), presta este asesoramento de forma altruista e conta cun espazo e contidos propios na entidade empresarial. Realízanse actividades de cara ao público relacionadas co envellecemento activo e a actividade empresarial (almorzos de traballo sobre xubilación e finanzas, coohusing senior, sobre o Real Decreto de Envellecemento Activo informando sobre xubilacións parciais e flexibles, etc). Esta iniciativa compleméntase coa realización dun Estudo sobre Envellecemento activo en contornas laborais saudables entre as empresas do Círculo de Empresarios de Galicia, que conta co apoio da planifícanse

Anexos a ESGAEN · Anexo II

31

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

anualmente foros sobre diversos temas relacionados co envellecemento activo, persoas maiores e empresa. A coordinadora do Círculo de Valor Senior, Trinidad Viña, concreta cos fundadores do grupo estas cuestións no Plan de Actividades Anual, ao que se poden unir novos membros ao longo do ano. Durante 2015 o programa foi financiado desde a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, pero xa en 2016 o programa se desenvolveu con recursos propios do Círculo e coa colaboración dos voluntarios. 3.5. O carácter innovador O programa ten a ambición de cubrir un oco importante en materia de persoas maiores para a posta en valor de todo o relacionado con estes temas e o mundo empresarial por primeira vez en Galicia, como resposta ao progresivo envellecemento da poboación e os desafíos que se presentan. A idea é a de fomentar espazos de diálogo e traballo interxeracionais relacionados co mundo empresarial poñendo en valor o talento e coñecementos dos seniors, e ofrecer unha nova alternativa de actividade de interese para os socios, tanto como participantes no grupo de voluntariado como asistentes ás actividades propostas. Para iso, o programa do Circulo de Valor Senior propón desenvolver actividades de formación e información sobre o mundo empresarial e a participación das personas maiores, por medio dun novo espazo de voluntariado onde os protagonistas son os empresarios xa non activos e os novos emprendedores, para facilitar encontros interxeracionais. Todos estes temas vense plasmados, por unha banda, nunha proposta de almorzos de traballo sobre temas relacionados co envellecemento activo e as empresas, e por outra, nun activo grupo de voluntariado senior que leva a cabo encontros interxeracionais de carácter grupal con emprendedores para asesorar, aconsellar, dar a súa opinión, promover contactos, etc. sobre os proxectos propostos por estes últimos. Aínda que puideran existir xa outras iniciativas de mentoring, estas ofrecen como aspecto diferencial a implicación do colectivo de maiores e a súa dispoñibilidade para asesorar e apoiar aos máis novos. A única iniciativa nesta liña existente en Galicia sería unha vencellada a SECOT (Asociación de Seniors para a Cooperación e o Traballo) que asesora tamén a

Anexos a ESGAEN · Anexo II

32

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

emprendedores pero de xeito individual, baseándose no seu plan de negocio. Pola contra, no caso de Círculo de Valor Senior o que se organiza e un encontro grupal do emprendedor con todo o grupo de voluntariado, que pode ter seguemento no tempo. Respecto a outras actividades de cara ao público, non hai coñecemento de ningunha entidade que as leve a cabo desde Galicia. 3.6. Os impactos Ata o momento levan participado cinco empresarios mentores voluntarios no grupo, que levan organizado xa tres encontros con emprendedores, con vinte participantes na sesión do grupo de Preemprendedores. En total, teñen participado ao redor de sesenta persoas nos tres almorzos de traballo desenvolvidos. En tódolos casos, o nivel de satisfacción dos usuarios e alto e moi positivo, tanto a nivel do grupo de voluntariado como os emprendedores participantes e os asistentes aos almorzos de traballo. 3.7. O futuro Para garantir a continuidade deste programa é preciso manter o nivel de actividade e de logros conseguidos ata hoxe e ser quen de garantir a participación periódica dos voluntarios e outros colaboradores na web da entidade mediante artigos de opinión. Por outra banda manter o financiamento para futuras edicións do programa, así como o apoio das administracións, nomeadamente da autonómica, resultan cuestións importantes para manter ás actividades e, na medida do posible, amplialas. 3.8. Enlaces Web: http://circulo.gal/circulo-de-valor-senior-retoma-su-andadura-en-2016/

Twitter: @circulogalicia Facebook: https://www.facebook.com/circuloempresariosgalicia.cfv/ Linkedin: https://www.linkedin.com/in/circuloempresariosdegalicia?authType=NAME_SEARCH&aut

hToken=wHtE&locale=es_ES&trk=tyah&trkInfo=clickedVertical%3Amynetwork%2CclickedEntityId%3A133508583%2CauthType%3ANAME_SEARCH%2Cidx%3A1-2-2%2CtarId%3A1452102242772%2Ctas%3Acirculo%20de%20empresarios%20

Anexos a ESGAEN · Anexo II

33

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 4

Escenificación da obra Don Juan da man da compañía Voadora #artes escénicas #participación #empoderamento #talento sénior #ocio #estereotipos # cultura #relacións sociais #espectáculo aberto

4.1. O reto

No ano 2050 España será o setimo país máis vello do mundo, cun 38 % da poboación maior de 60 anos. Socialmente a terceira idade está considerada un retiro, un tempo fóra da etapa produtiva, un vestixio dun período mellor. Son á vez un resto do pasado e o anticipo do futuro que a todos nos agarda.

Por outra banda, os estereotipos asociados ás persoas da terceira idade non son realistas e son perxudiciais para a súa autoafirmación. Coas condicións e dirección axeitada, son quen de aprender e desenvolver novas habilidades. Así mesmo, teñen moito que aportar, ensinar e reformular, sendo moi beneficioso para a visión da sociedade da terceira idade e a súa preparación para esta nova fase da vida á que todos nos diriximos, e que non ten que ser como nos convenceron de que era. Soñar non ten idade.

4.2. A entidade

Integrada por Marta Pazos, Hugo Torres e Jose Díaz, Voadora nace como compañía de teatro en 2007. Os seus traballos de investigación en creación contemporánea caracterízanse por unha importante compoñente musical, estética, sorpresiva e evocadora. A partir da música en vivo, a imaxinación, a ironía e o movemento, Voadora constrúe unha linguaxe moi persoal que fuxe do argumental para mostrar que existe unha trama das sensacións dos espazos, das emocións. Nese ano inicia a súa triloxía Lugares Comúns que inclúe as producións Periferia (2008), Super8 (2010) Premio María Casares XV Mellor Dirección, e Tokio3 (2012) que recibe 5 Premios María Casares XVII ademáis da nominación a Mellor Espectáculo Revelación nos Premios Max

VOADORA nace como compañía de teatro en Santiago de Compostela en 2007. Sus trabajos de investigación en creación contemporánea se caracterizan por un importante componente musical, estético, sorpresivo y evocador.

VOADORA son Marta Pazos, José Díaz y Hugo Torres.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

34

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

2013. En 2012 produce Joane por encargo de Guimaraes 2012-Capital Europeia da Cultura un proxecto sobre a idiotez interpretado por vinte actores adolescentes baseado no Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente. Ese ano tamén produce Waltz, espectáculo que recibe o Premio do xurado, Premio do público e Premio á mellor actriz no INDIFEST, ademáis do María Casares XVIII ao Mellor Vestiario. En 2013 reciben por unanimidade o Premio da Crítica de Galicia, no que o xurado quere salientar a súa linguaxe escénica asentada na musicalidade, a búsqueda de novos públicos, as novas formas de produción e a capacidade de unir diferentes sistemas culturais tendendo pontes, ademáis da capacidade de asumir riscos. En 2014 produce O Rinoceronte de Ionesco en Oporto para a ESMAE, e A Tempestade de Shakespeare que inaugura o Festivais Gil Vicente de Guimaraes 2015, un espectáculo coproducido polo XXX Festival de Ribadavia, o Centro Cultural Vila Flor, o Teatro Bruto e 134 micromecenas, coa colaboración do Centro Dramático Galego e o Teatro Nacional Sao Joao. No 2015 o Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo homenaxea á compañía cunha retrospectiva. Nese mesmo ano os seus traballo escenográficos en Waltz e A Tempestade preséntanse na Cuadrienal de Praga PQ’15, o evento máis importante do mundo adicado ao deseño da escenografía. O traballo de Voadora estivo presente en multitude de festivais internacionais (Festival de Almada, Festival de Almagro, Temporada Alta, Festival Clásicos en Alcalá, Fringe, FITEI, FINTA, FITO, Festival de Olmedo, FIOT, INDIEFEST, Ellas crean Bilbao, ALTVigo...). Ademais do núcleo fundador da compañía, a compañía conta cun equipo interdisciplinar co que traballa cada proxecto en función das súas caracterísicas: coreógrafos, dramaturgos, iluminadores, estilistas... Para desenvolver os proxectos, a compañía colabora con diversas entidades tanto de carácter público como privadas. Destacan especialmente as coproducións con organizacións como o Centro Culural Vila Flor Guimaraes (Portugal), a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Galicia), o Teatro Bruto (Oporto-Portugal), a Capital Europea da Cultura - Guimarães 2012, a Axencia Galega das Industrias Culturais - AGADIC (Galicia), o Centro Dramático Galego, a Asociaçao Cultural e Recreativa de Tondela - ACERT (Portugal), o Concello de A Estrada (Galicia), Uxía P.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

35

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Vaello (Galicia), o TeatrodeCerca (Barcelona-España), o Propositario Azul (Lisboa-Portugal), o Nicho (Viseu-Portugal) ou o Conservatorio de Müsica e Danza de A Jobra/Branca (Portugal). 4.3. O proxecto Nos seus proxectos, anteriores, a compañía sempre tiña traballado con xente da súa xeración (30-40 anos), e nalgunha ocasión traballara tamén con adolescentes. Pero Voadora tiña observado que sempre que aparecía xente maior vinculada ao teatro se facía dende unha perspectiva evocadora e cun ollar ao pasado. Quería escoitar a voz dos maiores, a súa realidade presente e os seus proxectos de futuro, e así xurdiu este proxecto. O obxectivo é montar un espectáculo de 60 minutos de duración que explore os conceptos tratados na obra Don Juan de Moliere: amor, paixón, familia, reputación, sexo, morte... desde a perspectiva da terceira idade na sociedade actual tendendo pontes entre a rebeldía do protagonista da obra e o día a día dos integrantes do elenco. O proxecto parte dun elenco formado por vinte persoas maiores de 65 anos, que non é preciso que teñan experiencia teatral. Durante 17 días traballan en conxunto cos integrantes da compañía Voadora e cun equipo de apoio formado por rexidores, tramoias, técnicos de luces e de son. Partindo da obra de Don Juan de Molière, unha personaxe icónica da literatura dramática representante da liberdade e da ruptura de estereotipos, preséntase unha ligazón entre a biografía dos voluntarios participantes e a obra dramática, nun paralelismo vida-teatro. O proxecto remata coa presentación pública do espectáculo resultante (unha ou dúas representacións, dependendo do aforo e a demanda) nun teatro da localidade dos integrantes. 4.4. As actividades Os obxectivos específicos que se perseguen principalmente no proxecto son os seguintes: • Artísticos: a peza ten de por si un importante valor teatral como

revisitación dun clásico atemporal desde unha perspectiva contemporánea e posdramática, e de achegamento das vangardas artísticas á realidade social. A traxectoria e recoñecemento da compañía Voadora é garante dun resultado impecable a nivel técnico e artístico. Como é habitual nos seus espectáculos hai un especial coidado da parte

Anexos a ESGAEN · Anexo II

36

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

estética e musical, e unha predilección polas visións tanto poéticas como humorísticas da realidade cotiá.

• Impacto social: o teatro é unha ferramenta fundamental de expresión e autoafirmación. A través de diferentes técnicas teatrais e de creación escénica contemporánea os vinte integrantes do elenco afondan sobre a súa condición individual e colectiva desde unha perspectiva sempre lúdica e adaptada ás capacidades e ao ritmo de traballo de cada un. A principal ferramenta é a ilusión. A través dela os integrantes desenvolverán un traballo creativo, de reflexión e de conexión co resto do equipo centrado na diversión e na emoción. O tratamento do texto, o baile, o traballo xestual, o movimento escénico, o canto, a transformación co vestiario e a manipulación de atrezzos son exercicios que ademáis de esixir un saudable esforzo físico e mental resultan unhas das mellores armas para combatir a soedade, a tristeza, o aillamento e o aburrimento, males que se manifestan especialmente na idade avanzada.

• Visibilidade: Igual de importante que o proceso levado a cabo polos integrantes do equipo é a presentación pública do espectáculo resultante que dará visibilidade ao traballo creativo feito en conxunto entre a compañía e o elenco. Don Juan, ademais dun espectáculo teatral con alto valor artístico e dunha peza realizada por persoas da mesma comunidade onde se presenta, é un excelente exemplo de envellecemento activo. A propia temática aborda os clichés existentes sobre a terceira idade e profundiza no papel dos maiores como parte activa da sociedade para dar unha visión deste amplo tema. En particular, o proxecto Don Juan desenvolveuse en Tondela (Portugal) en 2014. Nace dun convite que a compañía portuguesa Trigo Limpo fai a Voadora de traballo coa comunidade. Neste contexto e no que a compañía decide traballar con xente maior de 65 anos (por ser o tope da idade activa europea). Estreouse o 27 de marzo de 2015, Día Mundial do Teatro, con aforo completo. Tendo en conta a repercusión do proxecto, tiveron que realizarse dúas actuacións máis. En Santiago, o proxecto desenvolveuse durante o mes de xaneiro de 2016, estreando o día 29 no marco do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción, Escenas do Cambio, e repetindo a representación, de novo por aforo completo, o día 14 de febreiro no Teatro Principal de Santiago.

O proxecto en sí non é un espectáculo pechado, senon que se constrúe con cada grupo de participantes, adaptándose ás súas caracterísicas e ao contexto no que residen. Despois dos traballos en Tondela e en Santiago de Compostela, o proxecto será desenvolvido en Lugo, Coruña e Montbèliard (Francia). En Tondela, o proxecto foi realizando en coprodución coa asociación

Anexos a ESGAEN · Anexo II

37

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

ACERT. AGADIC mostrou interese no proxecto e contratou á compañía para facelo no festival Escenas do Cambio. As entradas esgotáronse horas antes do espectáculo, e o concello de Santiago, a través da Concellaría de Benestar social, financiou outra actuación. A Xunta de Galicia e a MA Scene nationale (Montbèliard) mostraron interese á súa vez na produción, e financian os proxectos en Lugo, Coruña e Francia. 4.5. O carácter innovador O proxecto de representacións con maiores pretende romper cos estereotipos asociados á terceira idade e darlles voz para expresar a súa realidade e os seus soños e proxectos, empoderalos para que sexan capaces de levalos a cabo, e para modificar a visión que o público ten dos seus maiores. O traballo dende o texto de Molière aporta un novo punto de vista nas actividades cos maiores e mesmo no proxecto vital das persoas. Don Juan aborda o tempo presente dende a maior normalidade. O hedonismo, o carpe diem, o dereito a escoller a rutina ou o cambio... Nunca é tarde nin cedo. Sempre é o momento oportuno para aprender, para comezar un proxecto, para namorar ou para subir por primeira vez a un escenario. Nesta obra, o xenial dramaturgo francés aborda desde o humor os principais temas da condición humana pasados pola peneira do personaxe de Don Juan, un nobre hedonista que se rebela contra toda convención social nunha continua fuxida cara adiante. Precisamente esta rebeldía ante o que a sociedade espera del é a idea que queremos sirva de motor para reflexionar sobre a terceira idade e tratar os temas que aparecen na obra: paixón, infidelidade, hedonismo vs moralidade, inxenuidade, sexo, ciencia vs. fé, honra, mediciña, arrepentimento, diñeiro, familia, conflicto xeracional, perdón, divinidade, hipocresía, morte e legado... Ademais, estes temas non se traballan dende o texto orixinal cos voluntarios, senon que é a partires das súas propias vivencias e preocupacións. Non é teatro á usanza, senón unha escenificación da realidade sen censura social...

Os resultados O proxecto tivo unha gran acollida entre o público de Santiago de Compostela e de Portugal, tanto a nivel de asistencia como de satisfacción co proxecto. A vinculación dos voluntarios participantes entre eles, cos membros da compañía e co propio teatro foi alta, así como a repercusión do

Anexos a ESGAEN · Anexo II

38

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

espectáculo nos medios de comunicación. A raíz da participación neste proxecto, os participantes implicáronse noutras actividades relacionadas, e algúns deles manifestaron o seu desexo de dar continuidade á súa relación co mundo teatral (tanto a nivel de participación como de asistencia, aumentando a súa vida cultural), así como crear maior visibilidade das persoas implicadas, que tiveron a ocasión de participar noutras actividades a en Santiago con material persoal traballado para o proxecto. No proxecto levan participado ata o momento 18 voluntarios na edición de Tondela (Portugal) e 22 na edición de Santiago de Compostela. No que respecta ao alcance da proposta, en Tondela asistiron 1 500 espectadores (tres funcións con aforo completo) e en Compostela asistiron 570 persoas (270 na función da Cidade da Cultura e 300 no Teatro Principal, ambas as dúas co aforo completo). No que se refire ao equipo de Voadora, para este proxecto está composto de 10 persoas (dirección, técnicos, músicos e compositores e rexidores, nomeadamente). O nivel de satisfacción dos participantes no proxecto é moi alto. Os voluntarios disfrutaron moito de todo o proceso e no caso de Santiago de Compostela, cando se lles dou a posibilidade de repetir a actuación, todos se mostraron encantados e desexosos de continuar co traballo. No que se refire ao público, o espectáculo tivo boas críticas, e os espectadores manifestaron terse emocionado coas historias e de ter experimentado un cambio na maneira da que vían aos seus pais, avós e maiores. Cabe sinalar que se ben foi moita xente a que acudiu ao espectáculo, é moita a que quedou fora e non puido conseguir entrada nas funcións de Santiago de Compostela, demostrando así o grande interese que este tipo de traballo desperta para a sociedade. Para os voluntarios, pola súa banda, a participación neste ptoxecto supoxo o comezo na realización de actividades culturais. 4.7. O futuro A raíz dos seus éxitos anteriores, a compañía está xestionando na actualidade a realización do proxecto de Don Juan noutros contextos. Ten en mente xa levar a cabo as edicións de Lugo e A Coruña, así como a de Francia, onde abrirá a temporada no prestixioso teatro MA Scene Nationale. A maiores propónse organizar o seu desenvolvemento noutros contextos para aumentar así o seu alcance e visibilidade. Esta posibilidade de extender o proxecto é un dos obxectivos do compañía na actualidade, incluíndo todo o proceso de creación e desenvolvemento, e non traballando a partires dun espectáculo pechado, que podería non traballar as necesidades reais dos voluntarios.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

39

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Esta réplica do proxecto precisaría un persoal artístico especializado nas artes escénicas, de maneira que permitise manter a súa calidade, así como levar a cabo toda a organización pertinente aos espazos, ensaios, creación, distribución, etc. Trátase dun proxecto artístico moi específico e delicado, ligado á propia compañía Voadora, e cuxo éxito radica en gran parte no equipo de traballo (a súa traxectoria, experiencia e visión dos obxectivos). Voadora traballa co material dos voluntarios dunha maneira lúdica. A directora propón xogos que permiten aos voluntarios traer as súas vivencias e intereses. Deste material é do que se sirve o espectáculo. Os ensaios inclúen traballos de movemento e coreografía, improvisacións a partir de premisas temáticas ou de contexto e traballo de limpeza de accións e precisión. As escenas teñen compoñentes moi variados: baile, canto, texto, movemento... e por esta razón, as actividades son moi variadas. Inclúen tarefas de memorización, distribución espacial e temporal, traballo co texto e dicción, coordinación... Aspectos como o traballo dende a súa propia historia, o énfase no futuro e no que aínda non fixeron e queren facer agora, a posibilidade de traballar con profesionais das artes escénicas ou de mostrar o traballo en espazos tan emblemáticos como o Teatro Principal en Santiago supoñen unha diferenza respecto doutras iniciativas existentes. 4.8. Enlaces

Web: http://www.voadora.es/ Twitter: @voadorateatro

Facebook: https://www.facebook.com/voadora

Youtube: Video sobre Don Juan en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=v2pJMaUfQd4

Boa práctica 5

Proxecto Agora da Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior (FEGAUS) #senior #alumnos #universidade #formación universitaria #maiores #redes sociais #TIC #aprendizaxe ao longo da vida #talento sénior #participación social #innovación social #empoderamento

Anexos a ESGAEN · Anexo II

40

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

5.1. O reto Os estudos e informes demográficos indican un claro crecemento da poboación maior, o que leva a promoción dunha vida activa por parte deles, axudandolles a ser máis participativos, e colaborativos, o que axuda a reducir os seus problemas e, consecuentemente, reduce os custos e incrementa o valor que podan aportar á sociedade… Na actualidade, no contexto galego constitúe un problema a dificuldade para levar o coñecemento a zonas rurais, poboacións pequenas ou a persoas con movilidade reducida, pola insuficiencia da demanda, as dificuldades loxísticase os elevados costes que supón achegar a oferta de contidos a unha poboación dispersa e envellecida. A solución ata o de agora para este tipo de actividades pasaba por aportar ponentes alí onde había demanda, pero a relación custo-beneficio facía pouco rendible desde o punto de vista económico extendelo máis aló das grandes poboacións, coa pérda de posibilidades de parte relevante da mesma. 5.2. A entidade FEGAUS, con sede no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela, é a Federación que agrupa ás asociacións de alumnos e ex alumnos dos Programas de Maiores das tres universidades de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e aos seus sete campus universitarios, Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Vigo). A federación integra aos sete campus universitarios baixo as denominacións de Asociación de IV ciclo (campus de Santiago e Lugo da USC), Asociación Aulas de Formación Aberta (campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo) e Asociación de Universidade Sénior (campus de A Coruña e Ferrol de UDC). Ademais está integrada na Confederación Estatal de Asociaciones (CAUMAS). O fin de FEGAUS é promover a participación e a divulgación dos programas de maiores das tres universidades e os sete campus, así como as actividades culturais e deportivas, promover a formación universitaria dos

Ágora Tecnoloxía é un proxecto de FEGAUS no que o coñecemento TIC mellora a calidade de vida dos sénior coa colaboración das 7 Asociacións de alumnos e ex alumnos dos Programas de Maiores dos 7 Campus Universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia, Santiago, A Coruña e Vigo. Alejandro Otero. Presidente FEGAUS.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

41

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

maiores, fomentando a coordinación e o intercambio de experiencias coas asociacións homologas no resto do Estado. Os seus obxectivos secundarios serían: • prestar un servizo a toda a sociedade galega, utilizando a formación, a

experiencia e o talento dos alumnos dos sete campus • conseguir unha relación interxeracional entre dous xeracións ao

coincidir os alumnos sénior cos de grado

• fomentar o voluntariado senior

• aplicar as TUC en todos os proxectos que desenvolva A Federación está comprometida co uso das TIC, razón pola cal dispón dunha páxina web a través da cal, non só informa aos maiores, senón tamén sirve como punto de encontro e xestor de traballos desenvolvidos por estes que conforman a súa Biblioteca Dixital. Esta estreita relación cos maiores axuda a dispoñer de información sobre os seus coñecementos e poder recadar a súa colaboración como ponentes en conferencias temáticas. Por outra banda, por medio da súa Revista Digital, dan a coñecer as actividades que levan a cabo, así coma opinións relevantes, eventos… Dispoñen ademais dunha programación de conferencias presenciais cun abano variado de temas, que teñen unha moi boa acollida, tanto polas temáticas elixidas, como por o elenco relevante de expertos que as imparten. Pola súa parte POST55 é unha comunidade social xurdida dunha iniciativa da Confederación Española de Organizaciones de Mayores (CEOMA) onde estes poden relacionarse, compartir experiencias, aportar coñecementos, reducir a soidade, facer amizades, paliar os inconvintes das discapacidades e descubrir o beneficio que as novas tecnoloxías poden ofrecerlles para mellorar a súa calidade de vida. A Confederación puxo en marcha este proxecto, coa colaboración do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a través do Plan Avanza. O obxectivo de POST55 é achegar as novas tecnoloxías aos maiores e ofrecerlles un espazo de comunicación onde podan interactuar. Ademais, con este espazo os maiores disporán dunha ferramenta para seguir sendo protagonistas, parte activa da sociedade e referentes de experiencias, coa axuda dun computador conectado a Internet e numerosos tutoriais e vídeos demostrativos que lles ensinan como usar POST55. Esta comunidade da un paso máis aló da tradicional mensaxe de texto ou chat, ao ofrecer a posibilidade de realizar actividades de videoconferencia, con todas as vantaxes que esta ofrece.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

42

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Unha característica diferencial desta comunidade serán os seus numerosos contidos dirixidos a maiores, como consellos de saúde, viaxes, lecer, deporte, negocios… todo en español, con vídeos, novas, fotos e blogs que poden axudar aos maiores a obter de xeito áxil e rápido a información que lles interesa. Ten tamén contidos formativos e informativos, retransmite on line conferencias ou reunións… nas cales se pode participar activamente. Para iso, anímase a que cada persoa realice a súa aportación -formando parte activa de cada actividade da rede- con tan só unha webcam e un micrófono. Ademais, pretende diminuír os graves inconvintes das discapacidades e descubrir o beneficio que as novas tecnoloxías poden ofrecer aos maiores na mellora da súa calidade de vida. 5.3. O proxecto En maio de 2015 tivo lugar en Vigo a presentación oficial na sede da Fundación Abanca a presentación do proxecto Agora, que xurde como resposta á necesidade e interese dos maiores de seguir ampliando os seus coñecementos como base para unha mellor calidade de vida e un envellecemento activo. O proxecto está deseñado para a súa implantación conxunta entre FEGAUS e Post55, tirando proveito da experiencia, saber facer e ferramentas que ambas as dúas organizacións aportan: • Por unha banda, Post55 pon sobre a mesa a súa experiencia na

promoción da mellora do coñecemento dos maiores a través das novas tecnoloxías.

• Por outra, FEGAUS ten contacto e relación permanente coas organizacións de maiores de Galicia, así coma cos estamentos cos que elas se relacionan.

A partir destas capacidades, neste último ano vense desenvolvendo o proxecto Agora apoiándose na plataforma Canal Senior, cuxo obxectivo é achegar todo tipo de coñecementos aos maiores, mediante o uso de Internet como medio de difusión, facilitando con iso a distribución a calquera punto da xeografía galega, co único requisito de que o interesado, persoa física ou organización, dispoña de conexión e computador. Agora consiste nunha grella de actividades web, sobre unha variedade de áreas temáticas, como tecnología, alimentación, ocio, economía, saúde, deporte… nas que calquera maior poderá inscribirse de balde e asistir en directo con posibilidade de interactuar a través do seu computador. As actividades web lévanse a cabo baixo distintas modalidades, como conferencias, micro cursos, mesas redondas, presentacións, entrevistas…

Anexos a ESGAEN · Anexo II

43

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

En xullo de 2015 o proxecto Agora recibíu o premio especial EULEN-SENDA, e no mes de setembro a Confederación de Asociacións de Veciños de Galicia (COGAVE) concedeulle un premio especial pola difusión da cultura, a formación, a información e a comunicación a través da súa plataforma dixital e por difundir, promover e formar nouso das TICs. Ademais a propia Xunta de Galicia está a utilizalo na súa rede CeMit, conectando os seus centros de formación ás sesións que se realizan semanalmente. 5.4. As actividades O obxectivo principal do programa Agora é que os maiores teñan a posibilidade de seguir aprendendo e/ou ensinando a outros maiores, sobre unha variedade de temas, sen ter que desplazarse a ningún centro, pudendo tamén facelo en diferido en calquera momento, ofrecer igualdade de oportunidades, dar tamén a oportunidade a maiores con algunha discapacidade. Adicionalmente a entidade proponse demostrar que as novas tecnoloxías están para axudarlles a levar unha vida mellor, de tal xeito que non se vexan como inútiles e podan aprender a manexarse se hai vontade por parte deles e por último busca concienciar ás organizacións de maiores sobre as aplicacións e beneficios que as novas tecnoloxías poñen a súa disposición e como tirar partido delas, tanto a nivel interno como na súa relación e aportación de servizos aos seus asociados. Os recursos cos que conta o proxecto son os seguintes: • Coñecemento do colectivo de maiores e capacidade de conectar con

eles

• Ponentes capaces de transmitir os seus coñecementos

• Ferramentas de comunicación tales como páxina web, revista, biblioteca, relación con medios de comunicación, universidades, organizacións representativas de maiores…

• Plataforma de transmisión de coñecementos: Canal Senior

• Experiencia no desenvolvemento de proxectos similares coa participación de máis de oito mil maiores

Ao tratarse de emisión por Internet invítase a todos os organismos públicos, asociacións, empresas… a que retransmitan as actividades nas súas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

44

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

instalaciones e inviten a maiores, que non contan con soltura no manexo das redes, a velas, de tal xeito que non só adquiran os coñecementos que se expoñan, senón que ademais valoren as posibilidades que Internet lles ofrece e se animen a aprender a ser autónomos no manexo dun computador/tableta/móbil. Estas actividades teñen unha duración, entre ponencia e sesión de consultas, duns 60 minutos, e todas as que son retrasmitidas en directo son grabadas para aloxalas nunha videoteca e que están disponibles en cualquier momento posterior. 5.5. O carácter innovador Para FEGAUS este proxecto ten varios aspectos que lle conceden un carácter innovador, entre os que cabe mencionar:

• posibilidade de executar un proxecto líder no contexto galego e

exemplo da aplicación da innovación na transmisión do coñecemento dentro do colectivo de maiores

• capacidade para liderar un cambio na forma de vida dos maiores e que sexan conscientes de que nunca é tarde para seguir aprendendo e aportando coñecementos

• estreita relacións con outras organizacións de maiores e failles ver o valor e as posibilidades da innovación e as novas tecnoloxías

• permite levar a cabo un proxecto emblemático intentando artellar a colaboración público-privada

• proposta para crear unha actuación específica dentro do proxecto, orientada aos galegos residentes fora de España, que lles sirva para ampliar a súa cercanía de tal xeito que permita sentirse máis apoiados, informados e formados

No desenvolvemento da actividade durante estes meses, a Federación decatouse da existencia de moitas entidades distribuidas polo territorio galego que agrupan a maiores en xeral, e do interese que ten para eles o acceso ao portal do coñecemento e a difusión entre os seus asociados, centros de maiores, centros de día, asociacións de veciños, etc. Ampliando o número de entidades colaboradoras na difusión do proxecto e das propias actividades conseguiríase minimizar o problema de levar o coñecemento a esas zonas rurais ou ás poboacións pequenas.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

45

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

A principal novidade do proxecto radica na innovación na forma de levar o coñecemento ao destinatario, así como a posibilidade de ofrecer distintas modalidades de aprendizaxe e sobre unha ampla variedade de temáticas. Pero adicionalmente aporta a total dispoñibilidade (para calquera cidadán), a ubicuidade (en calquera lugar) e de balde. Desde o lanzamento do proxecto, veñen realizando, alo menos unha actividade telepresencial por semana, grazas aos acordos con distintas entidades que queren promover estes coñecementos no colectivo dos seniors. Actualmente a videoteca ten máis de 150 actividades gravadas, entre conferencias e cursos nas distintas áreas temáticas. ¿que é o que marca a diferenza respecto doutras iniciativas existentes? La actual oferta relacionada con la transmisión del conocimiento está centrada en la modalidad tradicional, consistente en charlas, conferencias, mesas redondas, jornadas, eventos… pero siempre en la modalidad presencial, lo cual conlleva el problema de tener una oferta muy focalizada en las capitales de provincia, o grandes poblaciones, por razones obvias de costes, lo cual supone ofrecer una oferta desigual, en oportunidades de participación, para el colectivo mayor. 5.6. Os impactos A primeira fase do proxecto desenvolveuse na área da tecnoloxía, tendo logrado un notable éxito de participación, así coma de valoración, tanto polos organismos colaboradores coma polos propios participantes. Por medio de Internet e das novas tecnoloxías o proxecto pretende poñer a disposición de calquera maior galego un conxunto de coñecementos que contemplen a maior parte da posible demanda. Os resultados desta primeira fase apoian a extensión do alcance e a ampliación das temáticas a tratar, más aló da tecnolóxica tratada nesta fase inicial. Para poder chegar ao maior número de seniors, a FEGAUS asinou convenios de colaboración con distintas entidades para que se conecten ao Canal do Coñecemento e poder así disfrutar dos contidos difundidos. Agunhas das entidades coas que xa se colabora son as sete asociacións territoriales da Federación, as tres universidades galegas, os centros CeMit de AMTEGA da Xunta, o Circulo de Empresarios de Vigo, a Fundación Vodafone España, a Confederación Española de Organizaciones de Mayores (CEOMA), a Confederación Nacional de alumnos Universitarios Séniors (CAUMAS), a Red Nacional de Telecentros, centros cívicos e veciñais, etc.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

46

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Algunhas das conclusións extraidas do desenvolvemento das actividades de formación e difusión adiadas desde o programa son:

• Que os maiores galegos, ao igual que os doutras zonas da xeografía española onde se teñen desenvolvido proxectos similares, valoraron como moi positivo o poder acceder a novos coñecementos sen ter que verse implicados en desplazamentos que supoñan custos asociados, e riscos na conducción, ademais de facer fronte a escaseza de oferta e da calidade da mesma…

• Que esta modalidade web lles parece de gran calidade e que a posibilidade de interactuar cos ponentes resulta moi valiosa para eles

• Que os participantes están interesados en poder seguir a disfrutar de novos coñecementos e que se trataran máis temáticas.

Desde o comezo das actividades telepresenciais, e coa participación dos maiores xa fora directamente na plataforma xa a través dos centros onde se retransmiten as devanditas actividades, máis as persoas que visualizaron os distintos contidos incluidos na videoteca, estimase que pasaron xa máis de 6 000 persoas. Só na execución do proxecto dirixido ao uso das tecnoloxías e dispositivos móbiles, anteriormente mencionado, xa se chegara a 1 700 mayores con participación presencial ou a través da plataforma Canal Senior en tan só 7 días. O formato das actividades foi positivamente valorado tanto polos centros de maiores nos que se apoiaron as accións como nos propios senior participantes, e manifestouse por parte deles un claro interese na continuación e ampliación da oferta de actividades. Por razóns de orzamento do proxecto, non se procedeu a realizar ningunha campaña de comunicación de certa envergadura co obxectivo de chegar a un número relevante de maiores, ante a limitada participación previsión inicialmente. En calquera caso, de garantirse a continuidade do proxecto e a achega de novos fondos, esa sería unha das accións a emprender. Merece especial atención o interese manifestado polas universidades galegas desde o lanzamento do proxecto, tendo participado desde o inicio e manifestado un gran interese en coñecer a aceptación por parte dos maiores desta nova metodoloxía. De feito, a implicación dos sete campus no

Anexos a ESGAEN · Anexo II

47

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

desenvolvemento do programa da idea da importancia que lle conceden. Outro aspecto a ter en conta é o interese demostrado por outras asociacións sobre o modelo empregado e as enormes posibilidades que ofrece, máxime nunha rexión como Galicia co problema orográfico e as súas implicacións nas comunicacións e os desprazamentos. Tamén se ten detectado un interese por parte dos países hispano falantes de América en ampliar a cobertura desta iniciativa. 5.7. O futuro A fase inicial do proxecto foi financiada por unha fundación interesada en divulgar coñecementos ao redor do manexo dos móbiles e tabletas entre os maiores. Pero tras o éxito acadado no lanzamento do proxecto ÁGORA Canal Sénior, hai intención de dar continuidade a súa execución, xa que os cidadáns maiores de Galicia deben ter a oportunidade de poder ampliar os seus coñecementos e éstos deben poder disfrutarse dun xeito igualitario, reducindo ao máximo as barreiras que poda supoñer vivir en pequenas poboacións ou en zonas rurais, onde a oferta de actividades poda ser menor. O coñecemento e a participación cidadana resultan básicos para que os cidadáns se sintan vivos e socialmente activos. O proxecto segue operativo e organizando a nova fase na que se pretende ampliar as temáticas sobre as que se traballa. De feito, a institución que financiou a primeira fase do proxecto está estudando a posibilidade de ampliar a súa colaboración nunha nova fase, xa que aínda queda campo de abondo que ensinar no eido tecnolóxico. Pero desde a Federación están xa en negociación con outras fundacións, organismos públicos e empresas para conseguir que participen con aportacións económicas que permitan darlle continuidade ao programa, así como unha maior dimensión. É claro o interese en apoiar esta iniciativa, polo claro beneficio social que aporta, así como por abrir unha nova modalidade de divulgación, relación, comunicación e formación que pode axudar a transformar a forma na que tradicionalmente se ven xestionando o coñecemento, tanto desde a vertente emisora como a receptora. Na actualidade, existe unha clara decisión de continuar co proxecto, para o cal é preciso o apoio da Xunta no tocante a:

• implicar a sus centros de mayores en la emisión, en sus centros, de las actividades programadas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

48

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• aportar los recusos económicos precisos para soportar los costes

relacionados con la ejecución

• fomentar la consecución de una colaboración público-privada que ayude a poder tener una oferta lo más próxima a la demanda, así como a garantizar una sostenibilidad del proyecto sin tener que depender exclusivamente de recursos públicos.

En calquera caso, aquelas organizacións que estéan interesadas en disfrutar das actividades que se levan a cabo no marco do proxecto poden facelo, por ser estas de acceso libre e de balde. No caso de quereren programar algunhas actividades específicas, sería preciso suscribir con elas Acordos de Colaboración que facilitaran o desenvolvemento destas actividades, sempre coa idea de non replicar custos por ter que poñer en marca infraestruturas tecnolóxicas similares, e centrarse pola contra nos aspectos diferenciais, que son os contidos a tratar. Desde a Federación non está previsto levar a cabo ningunha modificación nos aspectos máis basicos do proxecto, por tratarse dun modelo xa contrastado e con resultados positivos e fiables. Pola contra si se estuda a posibilidade de incorporar os avances tecnolóxicos que vaian xurdindo e que se consideren de axuda na mellora da entrega do servizo, na xestión, na relación e comunicación cos participantes, etc. Sen dúbida, poder contar co apoio económico por parte da Xunta de Galicia sería dun gran valor no tocante á súa sostibilidade, aínda que tamén como exemplo e tractor para que outros se sumen ao proxecto. Por outro lado, aínda que as achegas económicas son precisas e sempre benvidas, resulta de gran interese conseguir o apoio e a colaboración de todos aqueles axentes que teñan algo que aportar ao proxecto, como poderan ser as de comunicación, retransmisión, aportación de ponentes especialistas por materias… 5.8. Enlaces Web: www.fegaus.com / www.canalsenior.es

Anexos a ESGAEN · Anexo II

49

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 6

Programa Interxeracional Fálame da Emigración da Fundación Abanca

#emigración #interxeracional #maiores #transmisión de experiencias #envellecemento activo #soliedaridade #intercambio #legado #aprendizaxe #testimuña

6.1. O reto

Segundo apuntan Barreiro Rivas e Aldrey, a historia demográfica de Galicia dende mediados do século XIX caracterízase por una continua pérda de peso respecto ao conxunto de España. Este descenso relativo foi fruto dunha intensa emigración cara ao continente americano, europeo e ao resto do Estado, que se traduciu máis tarde nun desequilibrio territorial da población, cunha forte desestruturación familiar e nun proceso de urbanización tardío, que supuxeron un envellecemento progresivo e que parece ter cruzado a liñ de non retorno. Na emigración a América do século XIX é predominante a saída dos homes, quedando aldeas enteiras con mulleres a cargo das familias, das explotacións agrarias e das casas. Xa na emigración a Europa do século XX, as mulleres marchan cunha intensidade moi semellante á dos homes. Na década dos sesenta a meirande parte da emigración é de xente nova en idade activa para o mercado laboral. 6.2. A entidade A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) é unha institución privada e sen ánimo de lucro que, a través da profesionalidade e a ética, se constrúe en base ás demandas emerxentes dunha sociedade en evolución.

A contribución activa e solidaria á sociedade, que impulsan través do programa O valor da experiencia, é fundamental para ser persoas ben integradas. A acumulación de coñecementos, a experiencia e os valores son oportunidades que as novas xeracións teñen o luxo de poder aproveitar. Dentro deste programa planifican diferentes proxectos interxeracionais dirixidos a pór en valor o legado que as xeracións maiores poden transmitir ás máis novas, favorecendo o intercambio e o entendemento entrambos os dous grupos. Sabela Couceiro, coordinadora da área de envellecemento activo de AFundación

Anexos a ESGAEN · Anexo II

50

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

A súa Misión é a de realizar unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente, relevante e con vocación transformadora, contribúa a mellorar a sociedade galega dentro e fóra de Galicia, posibilitando o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela. O que buscan é desenvolver un modelo de educación superior innovador e de calidade orientado ao mundo da empresa, potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e fomentar o coñecemento e o desenvolvemento das persoas a través da cultura; todo iso con base nas actuacións propias, a calidade fronte á cantidade e a sostibilidade dos programas. As liñas estratéxicas de Afundación xiran en torno ás devanditas áreas de interese buscando a autosuficiencia financeira a través dunha xestión eficiente e operativa, cunha comunicación transparente e en continuo diálogo coa comunidade, unha estrutura organizativa con alto grao de flexibilidade que se adapta interdisciplinariamente para sacar o maior rendemento e atopar sinerxías que melloren o resultado dos proxectos e actuacións, seguindo un código ético, espello do noso compromiso. Abanca é o seu mecenas tras a sinatura no ano 2015 dun convenio polo que se comprometeu a unha achega anual de cinco millón de euros ata o 2019. Transcorrido este período destinará o 3 % dos seus beneficios netos, cun mínimo garantido de cinco millóns de euros, para os seguintes 25 anos. Afundación finánciase ademais a través do alugueiro de salas nas sedes e dos inmóbeis non catalogados como patrimonio histórico-artístico, da venda de entradas a espectáculos, cursos e obradoiros (Ataquilla.com), a través do co-financiamento de actividades por parte dos usuarios, ou a través do Monte de Piedade. Tamén contan cun servizo editorial e realizan proxectos de consultoría xerencial para empresas. O Padroado é o seu máximo órgano de decisión e nel están representados Abanca, as sete cidades galegas onde teñen sede, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e o cadro de persoal. Todas as persoas adheridas a el teñen unha bagaxe profesional nos eidos en que Afundación traballa, tal e como se establecen os estatutos da entidade. Contan con dúas sedes principais, a do Padroado situada na Coruña e a da Xerencia en Vigo. Ademais nas cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela dispoñen de emblemáticas construcións que xa son sinal identitaria de Afundación e das propias cidades que as acollen, nas que levan a cabo un programa completo de actividades das que se benefician anualmente preto dun millón de persoas. Dentro do programa, O valor da experiencia, planificamos diferentes proxectos interxeracionais dirixidos a pór en valor o legado que as xeracións maiores poden transmitir ás máis novas, favorecendo o intercambio e o entendemento entrambos os dous grupos.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

51

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Afundación centrarase na actualidade en tres eixes fundamentais de actividade, que son:

• A promoción dunha educación superior orientada á empresa para potenciar a xestión eficiente e responsable dos negocios, o emprendemento, a innovación, a tecnoloxía e os sectores emerxentes, baseada na excelencia e na internacionalización en todas as dimensións: contidos, estudantes e alianzas estratéxicas con institucións de diferentes ámbitos (terceiro sector, cooperativas, pemes, organizacións culturais, do ámbito da saúde, etc.).

• Unha actividade cultural que axude a fomentar o coñecemento e desenvolvemento persoal, variada e centrada na calidade fronte á cantidade.

• A área de envellecemento activo de Afundación, formada por 4 persoas en servizos centrais e unha unha rede de 11 centros de maiores en cada un dos que traballan dúas persoas e que contan con máis de 11 000 socios. Contan ademais co apoio doutras áreas de Afundación como educación e cultura, marketing e comunicación, especialmente. Esta área desenvolve actividades e obradoiros nos centros propios da entidade, pero tamén con 3 novos programas: a Escola da experiencia, as pasarelas interxeracionais e o voluntariado de maiores nos ámbitos sociais e profesionais para ampliar o seu horizonte, xa que están convencidos de que teñen moito que achegar á comunidade. Algúns dos proxectos en curso por parte de Afundación neste eido son: Voluntariado destinado a canalizar de modo altruísta o tempo e

a experiencia da xente maior cara a outras figuras ou entidades da comunidade, de acordo cos seus intereses e capacidades.

A través dos Centros de Maiores Afundación nace o proxecto Fálame da emigración en que persoas asociadas e rapaces dos IES das diferentes localidades comparten as historias de vida da emigración. Por medio de diversas entrevistas cos maiores, o programa narra vivencias que falan de incertezas, de descubertas, de avances, tamén dunha dura adaptación, e de retornos. Esta proposta, conxugada ao tempo coa mostra Nós tamén fomos emigrantes, dá a posibilidade de conectar xeracións, intercambiando e dando a coñecer experiencias vitais profundas que cambiaron en moitos aspectos o devir do país e, concretamente, de moitas familias.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

52

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

6.3. O proxecto En decembro de 2014 o padroado de Afundación aprobou o plan estratéxico 2015-2019 no que se definen tres eixes de actuación prioritarios para Afundación: envellecemento activo, educación e cultura. Nun contexto de progresivo envellecemento poboacional en Europa e en Galicia, onde o 24 % da poboación supera os 65 anos, desde Afundación ofrecen un espazo para a mellora na calidade de vida, optimizando a participación social, o coñecemento e a vida sa. Unha das liñas estratéxicas da área de envellecemento activo é a posta en valor da experiencia das persoas maiores, a través, entre outros, de programas interxeracionais. Por ista razón, en 2015 comezamos un traballo de identificación de boas prácticas neste eido, de posibles ámbitos de actuación, de aproveitamento de recursos dispoñibles en Afundación, etc. A historia recente contada polos seus protagonistas emerxeu como un posible campo de traballo; dentro da historia, o tema da emigración pareceulles que tiña un gran potencial pola súa importancia en Galicia e polo número de maiores implicados. Tamén polos recursos existentes en Afundación sobre este tema: documentais, exposicións fotográticas arquivadas e sen uso, novos proxectos neste campo en 2016 (exposicións fotográficas e pictóricas), escolmas literarias realizadas na biblioteca infantil e xuvenil de Afundación. Estes recursos aparecían como fortalezas de cara a presentación do proxecto nos centros educativos. Ademáis este tema permítelles trazar un programa transversal nas áreas de educación, cultura e envellecemento activo de Afundación. Fálame da emigración é pois un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica O valor da experiencia, da área de Envellecemento Activo. Este programa desenvólvese nos concellos de Galicia onde se sitúan os 11 centros de maiores de Afundación, en colaboración con institutos de ensino secundario destas localidades. Nesta primeira experiencia contamos coa participación de 65 maiores e 461 mozos e mozas. 6.4. As actividades O proxecto, enmarcado no plan estratéxico da entidade como unha das súas liñas prioritarias, ten tres obxectivos fundamentais:

• Que as persoas maiores lle transmitan á mocidade os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, ao tempo que se enriquecen coa visión da xente nova e se favorece o entendemento mutuo.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

53

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Que a xente moza se beneficie do legado e da experiencia das persoas maiores, que as coñezan e comprendan mellor, que dialoguen e cooperen con elas, favorecendo o respecto ás persoas en todas as etapas da vida.

• Que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, que aproveiten a experiencia das persoas maiores, fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.

Co programa o que se tetende é superar a fragmentación por idades que prima na nosa sociedade, na que resulta complicado que fora do ámbito familiar persoas de diferentes xeracións interaccionen, se coñezan, se comprendan e aprendan mutuamente, desaproveitando o gran potencial dunhas e doutras e os beneficios que se poderían conseguir a través desa relación. A experiencia da emigración é o fío condutor do diálogo interxeracional, que toma forma en dous encontros en cada un dos centros educativos. Nos encontros, as persoas maiores e novas comparten experiencias, opinións, saberes... Sendo a vía para a construción de relacións baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo. As fases da execución do programa nos centros de ensino son as que siguen:

• A Preparación: profesorado e alumnado traballan o contexto social e histórico da emigración galega, usando o material de apoio achegado por Afundación. As persoas maiores constrúen con Afundación as súas historias de vida.

• Historia familiar: a partir da pescuda no eido familiar, o alumnado prepara as súas propias historias para relatar no seguinte encontro. Pode elaborar un traballo para a web do proxecto.

• I Encontro: as persoas maiores relatan as súas historias de vida e as súas experiencias coa emigración e dialogan co alumnado, tras un traballo previo de planificación. O estudantado investiga os vencellos coa emigración na súa historia familiar.

• II Encontro: os propios alumnos investigan na súa propia familia para encontrar relatos sobre a emigración e a inmigración, xa que

Anexos a ESGAEN · Anexo II

54

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

en moitas das aulas hai tamén escolares inmigrantes. Xuntos traballan e reflexionan sobre as similitudes e diferenzas da emigración dos maiores e as migracións actuais.

Ademais, Afundación leva a cada centro de ensino participante a exposición Nós tamén fomos emigrantes, un recurso didáctico complementario que recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da axencia EFE. Os centros de maiores participantes no programa son: Centro de Maiores A Coruña; Centro de Maiores Ferrol; Centro de Maiores Betanzos; Centro de Maiores Santiago de Compoastela; Centro de Maiores Lugo; Centro de Maiores Monforte; Centro de Maiores Pontedeume; Centro de Maiores Viveiro; Centro de Maiores Ourense; Centro de Maiores Vigo e Centro de Maiores Pontevedra. A fase preparatoria comezou en xullo de 2015 e estendeuse ata decembro do mesmo ano. Nesta fase preparáronse os materiais do proxecto, identificáronse os voluntarios participantes e comezouse a traballar con eles. En xaneiro 2016 pecháronse os acordos cos centros educativos e no mes de febreiro comezaron os primeiros encontros nos centros educativos que remataron o 20 de maio. Na primeira fase do programa participaron 65 maiores, 11 institutos e 461 estudantes, nomeadamente de segundo e terceiro de ESO. 6.5. O carácter innovador Ante a falta de oportunidades en xeral que permitan aproveitar a experiencia vital e profesional das persoas maiores, a través de accións que resulten significativas para elas e que beneficien a comunidade, o programa de Fálame da emigración supón un exemplo de como as persoas maiores poden ser un axente activo da comunidade educativa, incorporándose a un ámbito no que raramente participan, obtendo beneficios para todas as partes implicadas e para a sociedade en xeral. Varios son os aspectos máis innovadores deste programa:

• Que pon en valor a traxectoria vital dos maiores. Posiblemente moitos rapaces ao escoitar lembrarán mellor as experiencias narradas polos maiores que do que podan subliñar nos seus libros de texto.

• Que o proxecto ten detrás moito traballo preparatorio por parte dos estudantes e dos maiores. Primeiro os alumnos traballan cunha guía

Anexos a ESGAEN · Anexo II

55

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

didáctica e material de apoio documental aportados por Afundación sobre o contexto social e histórico da emigración galega, mentres que nunha segunda fase as persoas maiores constrúen o relato das súas historias de vida e preparan as sesións nos colexios.

• Que fomenta o diálogo e o intercambio de ideas. A inmigración e a emigración tamén se dan actualmente e provocan moitas dudas na xente nova.

• Que incorpora un novo modo de aprender, máis cercano, real, colaborativo e sobre todo, interxeracional.

• Que recoñece o aporte dos maiores na formación dos máis novos, incorporándoos no programa escolar e dentro das horas lectivas. De feito, traballa coa comunidade educativa para que estas prácticas de traballo se normalicen.

6.6. Os impactos Na primeira experiencia desenvolvida no marco do programa Fálame da emigración contouse coa participación de 65 maiores e 461 mozos e mozas maioritariamente de 2º de ESO, pero tamén de 3º e 1º da ESO, procedentes de once institutos de ensino secundario das localidades donde Afundación ten centro de maiores. Aínda que non está pechada a fase de avaliación non a recollida de todas as achegas, é posible anticipar algúns dos resultados do proxecto: Para os maiores:

• Oportunidade de expresarse, sentirse escoitados, sentirse útiles, sentirse importantes, recoñecidos.

• Recoñecemento da utilidade da súa experiencia de vida • Superación do medo a falar en público. • Cambio na percepción dos mozos e mozas.

Para os mozos e mozas:

• Descubrimento de referentes de esforzo, superación, valentía, fraternidade, emprendemento, adaptación…

• Percepción da utilidade dos idiomas. • Descubrir aspectos descoñecidos da propia historia familiar • Despertar a curiosidade polo tema da emigración e aprender mais

do tema.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

56

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Superación de estereotipos ao respecto dos maiores.

Para o profesorado:

• Unha ferramenta que integra emocións, fundamentais para a aprendizaxe.

• Capta a atención do alumnado, desperta a curiosidade, lles motiva e estimula

• Moviliza ao alumnado con mais dificultades académicas, con menos autoestima, e máis baixa motivación, xa que poden participar activamente e en igualdade de condicións nesta actividade.

Para todos:

• Achegamento xeracional • Achegamento intelectual e emocional • Superación de estereotipos • Aceptación mútua e respecto

A espera de que rematen as avaliacións, polo momento o 100% dos maiores e dos institutos de ensino secundario participantes manifestan querer continuar. 6.7. O Futuro do proxecto Tras esta primeira etapa o programa extenderase a todos aqueles institutos que queran participar no proxecto, coa incorporación de novos voluntarios que viviron a experiencia da emigración, dentro das propostas de programación para escolares que desenvolve cada curso Afundación. O obxectivo do programa é de que no próximo curso se amplíe a actividade a 40 centros e a 2 000 escolares. Efoi precisamente con este obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo que Afundación publicou a páxina web falamedaemigracion.afundacion.org, que recolle o material didáctico do proxecto e o material documental que xurda de cada encontro (fotografías, videos e testimuñas). Ademais, os alumnos dos centros escolares participantes poderán compartir nesta web as historias da emigración dos seus familiares. 6.8. Enlaces Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=E4Dizx2baR0

Anexos a ESGAEN · Anexo II

57

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 7

Programa Cuidadanas da Fundación Mujeres para o apoio e a formación das mulleres cuidadoras de persoas dependentes #coidadoras familiares #coidados informais #mulleres #coidados de longa duración #empoderamento #promoción da saúde #envellecemento activo e saudable #voluntariado #rede de apoios #comunidade #igualdade de oportunidades #xénero #bo coidado #dereitos #mulleres #corresponsabilidade #conciliación

7.1. O reto

Os estudos sobre o estado de saúde das persoas coidadoras revelan unha peor saúde que as persoas sen estas responsabilidades. É frecuente a aparición de diversas enfermidades, fatiga ou cansazo. A investigación indica que ese impacto é máis acusado nas mulleres, debido á forma na que estas se implican cos coidados e coa persoa dependente como consecuencia do seu rol de xénero. O coidado da propia saúde, tanto física como emocional, adoita quedar relegado ante o coidado da saúde doutra persoa, por iso é preciso incidir na necesidade da vixilancia do propio estado e do autocuidado. 7.2. A entidade Fundación Mujeres é unha organización non gobernamental sen ánimo de lucro que traballa desde o ano 1994 na posta en marcha de proxectos de intervención nos diferentes ámbitos da participación social, política, económica e cultural, co obxectivo de lograr que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva. Entre outros, desenvolvemos programas dirixidos a fomentar a mellora da situación social, a calidade de vida e unha maior participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade. No marco dos avances nos dereitos das mulleres e a igualdade de

CUIDADANAS é un un recurso de información, orientación, acompañamiento e apoio persoal, social e laboral. O servizo pretende ser un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia nas citadas Comunidades Autónomas

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Gobierno de España

Anexos a ESGAEN · Anexo II

58

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

oportunidades que se veñen producindo nas últimas décadas, a Fundación Mujeres xurde como iniciativa dun grupo de mulleres feministas que, desde a experiencia de participación e militancia da Asociación Mujeres Jóvenes, quixeron contribuír ao fortalecemento da igualdade de oportunidades dentro da sociedade civil e o terceiro sector. Desde a súa creación, o equipo de dirección e técnico desta organización, pretendeu ofrecer propostas viables e especializadas de intervención, capaces de trasladar á vida cotidiá dos homes e as mulleres, os avances lexislativos en materia de igualdade. 7.3. O proxecto A realización das tarefas de coidados pode proporcionar moitas recompensas emocionais positivas asociadas á satisfacción de prestar axuda e apoio á persoa dependente, pero tamén pode ocasionar emocións negativas asociadas ao illamento, a falta de tempo libre, a falta de corresponsabilidade do resto da familia na prestación dos coidados, a falta de recoñecemento do labor realizado, a tristeza pola deterioración da persoa dependente á que se coida, a culpabilización por non atender outras responsabilidades, polos posibles sentimentos negativos cara á persoa coidada,... Todas estas emocións negativas ocasionan que sexa frecuente a aparición de diversos trastornos emocionais nas coidadoras, como síntomas depresivos, ansiedade e niveis altos de tensións. Estas problemáticas ven acentuadas nos casos nos que a persoa dependente coidada sofre demencias ou outros trastornos mentais, o que supón unha maior carga emocional e esgotamento anímico. A prestación de apoio e acompañamento de forma individual a aquelas mulleres coidadoras que sufran síntomas depresivos, de tensións ou ansiedade, convértese pois nun paso imprescindible que levan a cabo de forma paralela desde o proxecto nos itinerarios de activación e continuada durante a vixencia do mesmo. Cuidadanas é un servizo innovador que se está a ofertar de xeito experimental en cinco comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Madrid, Andalucía e Extremadura). Trátase dun proxecto de carácter innovador dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar mediante a prestación dun servizo de apoio integral. Este servizo comprende actuacións como orientación e asesoramento especializados, apoio individual, obradoiros formativos, espazos de participación e acompañamento a persoas en situación de dependencia. O proxecto comezou as súas primeiras andainas no ano 2011 tras os acordos e contactos previos establecidos coas distintas Administracións Públicas dos territorios nos que posúe presenza a Fundación Mujeres.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

59

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Cuidadanas consiste fundamentalmente nun recurso de información, orientación, acompañamento e apoio persoal, social e laboral, dun espazo de difusión do Servizo de Apoio Integral ás Cuidadoras. O servizo pretende ser un complemento aos recursos xa existentes de apoio á dependencia nas citadas comunidades. É ademais unha web de sensibilización sobre a situación das mulleres cuidadoras no país e de divulgación de recursos, normativa e documentación, un portal que ofrece asesoramento on line dirixido a todas aquelas persoas que desexen formular unha suxestión ou consulta vinculada ao servizo. O proxecto trata pois de mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras prestándolles distintos apoios e axudándoas a minimizar as problemáticas derivadas das tarefas de coidado, achegando recursos para a promoción do envellecemento saudable tanto das coidadoras maiores como das persoas dependentes. Os obxectivos xerais do proxecto son os que a continuación se proponen:

• Pór en marcha de forma experimental un Servizo de Apoio Integral a Coidadoras de persoas dependentes.

• Complementar os servizos existentes de apoio á dependencia. • Tratar de mellorar a calidade de vida das coidadoras de persoas

dependentes prestándoas distintos apoios e axudándoas a minimizar as problemáticas derivadas das tarefas de coidado.

Adicionalmente, os obxectivos específicos son: Facilitar información sobre o SAIC e outros servizos e/ou recursos existentes de interese para as coidadoras

• Ofrecer asesoramento individualizado e seguimento continuo de cada caso

• Prestar apoio psicolóxico

• Mellorar as estratexias de autocuidado das coidadoras

• Apoiar ás coidadoras no desenvolvemento dun proxecto vital propio

• Facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e ás comunidades on-line

• Fomentar a corresponsabilidade nos coidados de persoas dependentes

Anexos a ESGAEN · Anexo II

60

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Promover a formación de redes de apoio mutuo entre coidadoras

• Facilitar a activación persoal, sociocultural e laboral das coidadoras

• Promover a participación do voluntariado

• Ensaiar a creación de distintas medidas de apoio á conciliación que favorezan a participación das coidadoras nas distintas actuacións do servizo.

Para atender ás necesidades de apoio das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia a Fundación propón un programa de posta en marcha dun Servizo de Apoio Integral a Coidadoras non profesionais (SAIC), concibido como un recurso de orientación, acompañamento e apoio a distintos niveis (psicolóxico, formativo, de activación persoal e social), a través do cal se pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras. Desde os inicios do SAIC asumíu como unha prioridade fundamental e estratéxica a constitución dun equipo de traballo multidisciplinar que desde distintos campos do coñecemento e diferentes experiencias previas permitise construír un servizo integral que tivese en conta as distintas perspectivas de intervención. A actual formulación é o froito do intercambio de coñecementos e experiencias dun grupo de profesionais cunha longa traxectoria e un know-how que posibilitou o deseño dun proxecto cunha perspectiva innovadora e interdisciplinar. Ademais teñense implementado mecanismos para a xestión do coñecemento que facilitan a creación dun equipo que aprende, cuxos aprendizaxes e perspectivas están incorporados nas distintas fases do proxecto. Este recurso, que pretende complementar aos xa existentes no ámbito da dependencia, comprende actuacións como orientación e asesoramento especializados, apoio emocional, talleres formativos e espazos de participación. 7.4. As actividades Os servizos ofertados son:

• Información e asesoramento: informamos e asesoramos sobre normativa, prestacións, recursos sociais e económicos a os que teñen dereito como coidadoras. Poñemos a estas en contacto con outros recursos ou servizos do territorio según as súas necesidades. E informamos sobre a acreditación de competencias.

• Apoio Individual: ofrecemos un espazo individual de escoita e

Anexos a ESGAEN · Anexo II

61

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

apoio no que poden expresarse libremente e atopar ferramentas para dar resposta os seus malestares asociados a tarea do coidado.

• Talleres Grupais: facilitan o intercambio de vivencias, a creación de redes e a adquisición de habilidades útiles para a vida cotiá.

• Espazos de Participación: son espazos de reflexión e encontro para que poidan compartir intereses e motivacións relacionadas coa participación cidadá.

• Voluntariado: Cuidadanas conta cunha rede de voluntariado para acompañar a persoas en situación de dependencia, proporcionando respiro familiar e facilitando a súa participación nas actividades do itinerario.

A propia Fundación é a encargada de levar a cabo as actividades do proxecto aínda que nalgunha ocasión contaron coa colaboración doutras entidades ou persoas físicas que complementan a información, que dende a organización, lle poden ofrecer as usuarias. O proxecto a día de hoxe segue en marcha debido a gran aceptación que tivo por parte das usuarias que asisten a todas as actividades que o SAIC oferta. Por outra banda, o financiamento desta iniciativa corre a cargo da convocatoria do 0,7% do IRPF do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. 7.5. O carácter innovador Cuidadanas| Servizo de Apoio Integral a Coidadoras é un proxecto de carácter innovador polos seguintes motivos:

• Proponse lograr un impacto positivo sobre a calidade de vida das persoas maiores dependentes intervindo sobre o colectivo das coidadoras informais, xa que o benestar destas inflúe de maneira moi significativa sobre as dimensións ambientais, o acceso aos recursos na contorna, o benestar psicolóxico e emocional e o benestar físico das persoas ás que coidan.

• Trátase a mellora da saúde e a calidade de vida das usuarias por medio de itinerarios de activación persoal, social e laboral que inclúen tamén toda unha liña de traballo en materia de

Anexos a ESGAEN · Anexo II

62

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

alfabetización dixital e participación en redes sociais.

• Establece, ademáis, métodos colaborativos de xestión do coñecemento no equipo técnico e tamén con profesionais da contorna sociosanitaria a través do uso das tecnoloxías e dunha plataforma de xestión 2.0. Así mesmo, promoveuse a creación de equipos de traballo multidisciplinares co obxectivo de construír unha visión poliédrica do problema a abordar.

7.6. Os impactos

Desde Fundación Mujeres avalíase en positivo o grao de axuste dos apoios prestados ás necesidades das coidadoras. A intervención integral do proxecto Cuidadanas permite trazar un itinerario individualizado que abarca desde a información, orientación e derivación aos distintos recursos existentes, os talleres grupais e os espazos de participación, entre outros. A integración dunha perspectiva de xénero, facilita ese cambio das mulleres coidadoras cara a un proxecto de vida propio máis aló da tarefa do coidado. Os talleres da área de activación persoal son imprescindibles para iniciar e reforzar os procesos persoais das usuarias, así como fomentar a súa autonomía, logrando unha toma de conciencia da súa situación persoal, como afecta o labor de coidados que desenvolve á súa calidade de vida e o tempo dedicado á tarefa do coidar en detrimento do tempo propio e espazo para si mesmas. Ademais, os espazos grupais son moi importantes para compartir experiencias e favorecer a creación de redes entre elas. A situación xeneralizada de soidade e illamento social no que se atopan as coidadoras, fai complicado o acceso ás actividades, aínda que o esforzo pola consolidación do servizo fai que cada vez se vaian sumando máis usuarias ao mesmo. Polo tanto, a valoración xeral do desenvolvemento do servizo é moi satisfactoria, a pesar de que persisten as dificultades para acceder ao colectivo ao que se dirixe o proxecto. Esta valoración faise en relación coa melloría percibida na súa calidade de vida, referíndose a aspectos tales como a saúde física e emocional, a dispoñibilidade de tempo propio para a realización de actividades de lecer e tempo libre e a mellora das relacións persoais e familiares. En canto ao impacto cuantitativo do proxecto, na actualidade conta con 261 usuarias só na delegación de Fundación Mujeres en A Coruña. Desde a perspectiva do equipo técnico, o proxecto é valorado tamén de forma moi positiva respecto da metodoloxía de intervención desenvolvida desde unha perspectiva interdisciplinar xa que o impacto que ten nas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

63

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

propias usuarias e na contorna permite a consecución dos obxectivos enmarcados no proxecto. 7.7. O futuro A formulación realizada por Fundación Mujeres para continuar o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras fundaméntase na necesidade de seguir tratando de xeito integral o fenómeno dos coidados e da dependencia, focalizando a atención e a intervención nas persoas coidadoras, garantindo un nivel mínimo de axuda e ofrecendo un servizo con vocación de continuidade que integra a perspectiva de xénero. Dende os inicios do Proxecto SAIC na cidade de A Coruña en 2011 constatouse a feminización do sector dos coidados informais en Galicia. Así, as coidadoras informais de persoas dependentes son identificadas como un colectivo especialmente vulnerable non só a alteracións da saúde física e emocional, senón tamén a atoparse en situación de illamento social e a ser sistematicamente excluídas do mercado laboral, coas consecuencias que iso carrexa para o seu benestar, a súa independencia e a súa propia seguridade económica durante a vellez. Se ben nun primeiro momento centrouse a atención na cidade da Coruña, os recursos non alcanzan a extender este servizo ao medio rural, onde a priori existe unha situación de maior desprotección e vulnerabilidade para as coidadoras informais de persoas dependentes, que teñen máis dificultades para acceder a recursos de apoio e atención. De ahí que entre os anos 2013 e 2016 presentouse o Servicio de Apoio Integral a persoas Coidadoras no medio rural á convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña para poder facer chegar o seu traballo a estes entornos. Concretamente comezouse a traballar no 2013 con dous grupos de coidadoras (en Culleredo e Bergondo), no 2014 sumáronse dous grupos máis (Arteixo e Abegondo), e no 2015 outros dous grupos (en Cambre e Betanzos), crecendo e expandido cada vez máis a súa intervención. Tanto o persoal técnico como o político dos municipios nos que se traballou en 2013, 2014 e 2015 ven a necesidade de seguir traballando nesta liña. Cabe comentar finalmente que este mesmo proxecto se desenvolve nos territorios nos que Fundación Mujeres ten delegacións: Andalucía (Córdoba), Asturias (Xixón), Estremadura (Cáceres), Galicia (A Coruña) e Madrid.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

64

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

7.8. Enlaces

Web: http://www.cuidadanas.es Facebook: https://www.facebook.com/cuidadanas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

65

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Boa práctica 8

Ger-Fit. App de adestramento persoalizado para ancians do Grupo HealthyFit da Universidade de Vigo #fomento da saúde #prevención de enfermidades #TIC #vida activa #exercicio físico #hábitos saudables #aprendizaxe permanente #app

8.1. O reto

O sedentarismo, a inactividade física e a obesidade se asocian a unha maior mortalidade e a diferentes enfermidades cardiovasculares, hipertensión arterial, diabete e osteoporose. A inactividade física, por motivos diversos, é un mal endémico nas persoas maiores de 65 anos, pois un 52% declaran pasar a maior parte da súa xornada sentados.

Por outra banda, os nosos maiores van sumándose de xeito gradual ao fenómeno da mobilidade, e afortunadamente diversos desenvolvementos de hardware e software están a tratar de facilitar o uso destes dispositivos entre as persoas da terceira idade.

De feito, cada vez son máis os maiores que cambian a televisión pola tableta ou o ordenador como método de entretemento. Este avance na brecha dixital da terceira idade viuse propiciado grazas á evolución da tecnoloxía cara a sinxeleza, adaptándose tamén a todos aqueles que non cumplen co perfil de early adopters.

Polo tanto, calquera idade é boa para desenvolver exercicio físico, sempre que este sexa axeitado para a idade do que o practica. O exercicio moderado ou de baixa intensidade é unha fonte de saúde e xuventude que retrasa o proceso de envellecemento e incluso pode invertilo se en paralelo

O Grupo de investigación Healthyfit da Universidade de Vigo é un equipo de investigación adicado ao estudo do exercicio físico como instrumento de mellora para a saúde nos diferentes grupos de poboación. Os seus membros pertencen a diferentes institucións públicas e privadas onde desenvolven o seu labor docente e investigadora. O laboratorio de investigación principal atópase nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no Campus da Xunqueira, da Universidade de Vigo en Pontevedra.

José María Cancela. Director e Investigador principal do grupo.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

66

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

se leva un modo de vida que inclúa unha alimentación suficientemente equilibrada.

8.2. A entidade

O Grupo HealthyFit do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo é un equipo de investigación adicado á intervención no estado de saúde a través de programas de exercicio físico principalmente aeróbico, á estimulación cognitiva a través do movemento e ao estudo do exercicio físico como un instrumento de mellora para a saúde nos diferentes grupos de poboación. Os seus membros pertencen a diferentes institucións públicas e privadas onde desenvolven o seu labor docente e investigador.

O grupo está integrado por persoas de diferentes ámbitos e niveis educativos, con formación e experiencia laboral contrastada. O grupo comezou coma un grupo local da Universidade de Vigo, pero cunha clara necesidade de proxección internacional, sendo liderado nestes momentos polo Dr. José Mª Cancela Carral. O laboratorio de investigación principal atópase nas instalacións da Faculdade de Ciencias da Educación e do Deporte, no campus de A Xunqueira en Pontevedra.

As liñas de investigación que ten definidas o grupo HealhtyFit, marcan a súa propia folla de ruta no momento de debater e definir os proxectos de investigación a desenvolver. Debido á formación dos membros do grupo, as liñas que na actualidade se definen como prioritarias son a base dos seus traballos de investigación cos cales compiten en convocatorias públicas de financiamento:

• Actividade física, saúde e terceira idade: a promoción da actividade física nos adultos maiores é esencial para minimizar os efectos do envellecemento e preservar a capacidade funcional. Derivado desta premisa, esta liña céntrase na identificación e cuantificación da actividade física que o ancián ten que desenvolver de acordo coas súas características e posibilidades co obxectivo de realizar unha intervención eficaz e eficiente.

• Rendemento vs saúde: desde a antigüidade, a comunidade científica considera que o deporte de alto nivel é prexudicial para a saúde, e está moi afastada dos beneficios, amplamente demostrado, que a outra parte do deporte (deporte-saúde) ofrece. Porén, a vida do deportista de elite é curta, e unha vez que termina, este debe ser integrado nun contexto social que a menudo é novo, o que propicia grandes esforzos por parte do deportista. O obxectivo desta liña é o desenvolvemento de normas e directrices coa finalidade de facilitar o proceso de adaptación aos deportistas de elite, e así evitar o temido muro que é a adaptación.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

67

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Calidade e Saúde nos Servizos Públicos Deportivos: no ámbito da xestión deportiva, a calidade dos servizos deportivos e a satisfacción dos usuarios é un área en desenvolvemento. Esta liña ten como obxectivo avaliar o grado de calidade nos diversos servizos deportivos públicos e privados que se ofrecen á sociedade, para establecer parámetros normativizados de calidade, en función do tipo de instalación.

• Natación e actividades acuáticas: o interese pola natación e actividades acuáticas aumentou progresivamente nos últimos anos. A explosión xeral no esforzo de análise e tratamento da condición física e a saúde deu lugar a que algunhas áreas de ciencias do deporte tamén estimularan a investigación no eido das actividades acuáticas. Sobre esta base, a liña de investigación pretende utilizar a intervención acuática como un tratamento non farmacolóxico en busca dunha mellora do individuo aproveitando as propiedades físicas do auga.

8.3. O proxecto

Os teléfonos intelixentes convertéronse en grandes aliados da nova dinámica de selfservice móbil/web enfocada ao desenvolvemento das aplicacións orientadas ao exercicio físico e a súa asesoría mediante os personal trainers.

As apps fixéronse máis asumibles e útiles para os maiores, axudándolles en diferentes aspectos como a saúde, o exercicio físico e mental e o entretemento.

Dentro desta dinámica de autoservizo nace Ger-Fit, aplicación desenvolvida dentro da Rede de Investigación en Xerontoloxía, Exercicio Físico e TIC (XEFIT), integrada por catro grupos da rede (dous da Universidade de Vigo, un da Universidade da Coruña e un da Universidade de Santiago de Compostela) coordinados polo grupo HealthyfIt.

O obxectivo da aplicación é o de programar sesións de exercicio físico para persoas maiores en base as súas limitacións, patoloxías e dispoñibilidade de material. Esta aplicación dispón de máis de 5 000 combinacións de exercicios, que o usuario pode escoitar, ler ou ver, permitíndolle ter unha planificación personalizada en función dos seus obxectivos e estado físico. Trátase pois dunha app móbil/web para deseñar, controlar e planificar

Anexos a ESGAEN · Anexo II

68

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

exercicio físico para os anciáns en función das súas características e posibilidades.

O desenvolvemento da app iniciouse no ano 2014 e remata no mes de novembro de 2016. O proxecto nace ante a necesidade de protocolizar o exercicio físico para persoas maiores e así poder desenvolver boas prácticas de exercicio físico en persoas maiores independentemente da patoloxía que presenten.

O proxecto finánciase a través de Rede de Investigación en Xerontoloxía, Exercicio Físico e TIC (XEFIT) que financia a Xunta de Galicia a través da Consellería De Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Co desenvolvemento da app o que se pretende é poñer ao alcance de todos os maiores que así o queran, unha ferramienta gratuita que lles permita desenvolver un programa de exercicios físicos saudables condicionado polos seus gustos, patoloxías e posibilidades.

Unha vez que o usuario ancián se rexistra en Ger-Fit cos seus datos e valores físicos, a aplicación lle planifica e deseña as sesións que debe levar a cabo tendo como modelo vídeos e sons na descrición de cada un dos exercicios.

No desenvolvemento da app, participaron doce persoas, e na posterior posta en práctica foron trinta e seis os participantes, que quedaron moi satisfeitos da ferramenta presentada.

8.4. As actividades

8.5. O carácter innovador

Como xa se comentou, cada vez é máis frecuente coñecer novas aplicacións móbiles que destacan pola súa innovación e que teñen o obxectivo de facer máis doada a cotidianidade do ser humano.

A aplicación Ger-Fit aporta un sistema accesible e adaptado ás persoas maiores que queiran facer exercicio físico de forma controlada e san. Para iso, leva a cabo actividades de avaliación do estado dos usuarios por medio dun cuestionario, planificación das actividades a desenvolver polo mesmo, deseño do programa de actividades de acordo a un calendario e a unhas rutinas e a execución do exercicio físico.

O carácter diferencial da aplicación ven determinado pola súa novidade no

Anexos a ESGAEN · Anexo II

69

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

mercado, xa que non existía nada orientado ao colectivo de maiores tan completo nin tan orientado para eles.

8.6. Os impactos

A medida que as persoas fanse maiores prodúcense evidencias de modificacións e alteracións no seu estado de saúde física e psicolóxica. Estes cambios son progresivos e inevitables pero está demostrado en varias investigacións, que o ritmo de dexeneración pódese ver modificado coa actividade física. En efecto, o exercicio pode axudar a manter o mellorar a condición física, o estado mental e os niveis de presión arterial dos anciáns.

Coa aplicación Ger-Fit lograse potenciar a variabilidade do envellecemento activo, dotando aos maiores de novos recursos. Ademais o equipo investigador chegou á conclusión de que tamén combinando o exercicio físico coas posibilidades das novas tecnoloxías, é posible mellorar a calidade de vida dos anciáns.

8.7. O futuro

En canto ao futuro da aplicación, a perspectiva é a de continuar coa mesma e aumentar as xa máis de 5 000 combinacións de exercicios coas que conta xa a aplicación, para poder dotar de máis variabilidade ás sesións de traballo.

Por último, un incremento nos movementos 3D é unha das posibles melloras a introducir na aplicación. 8.8. Enlaces

Web: http://ghi22.webs.uvigo.es/cms/?page_id=2&lang=es APP: http://appgerfit.webs.uvigo.es/

Boa práctica 9

Proxecto piloto Teño unha horta en San Sadurniño da rede CEMIT Innova #TIC #inclusión dixital #participación social #innovación social #empoderamento #transferencia de experiencias #mulleres #rural #interxeracionalidade #aprendizaxe permanente #voluntariado dixital

Anexos a ESGAEN · Anexo II

70

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

9.1. O reto No ano 2014, o 23,1% das persoas de 55 ou máis anos en Galicia empregaron un ordenador ou Internet (en relación aos últimos tres meses no período de recollida dos datos polo IGE). A incidencia é moito maior na poboación de 55 a 64 anos (43,2%), que na de 65 ou máis (12,4%). 9.2. A entidade A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia autoriza a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, que ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Esta axencia asume os medios persoais e materiais e as competencias que correspondían á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sen que supoña incremento ningún de gasto público. A creación da AMTEGA permitiu unha maior eficiencia e unha redución de gasto ao integrar os recursos humanos, materiais e orzamentarios da área tecnolóxica de todas as consellerías e diferentes entidades departamentais da Xunta baixo unha mesma dirección e con custo cero. Por outra banda, a AMTEGA é o instrumento estratéxico e executivo para impulsar a modernización da Administración pública, así como o desenvolvemento económico e social de Galicia. Pola súa parte, a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola AMTEGA que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital de Galicia co fin de acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020. Mar Pereira. Directora AMTEGA

Anexos a ESGAEN · Anexo II

71

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento e conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas (todas elas están equipadas con última tecnoloxía, internet e sistemas de videoconferencia), chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto. Un 23% dos usuarios da rede CEMIT son persoas de 55 ou máis anos, aproximadamente 13.000 persoas , polo que unha das áreas craves da rede e a alfabetización dixital, a participación social e o empoderamento deste colectivo a través de diversos proxectos e iniciativas TIC:

• Voluntariado dixital de persoas xubiladas e/ou maiores: desde este programa as persoas maiores ofertan apoios dixitais a través de FEGAUS (Federación Galega de Universitarios Sénior) fundamentalmente, pero tamén persoas maiores individualmente ofertan os seus apoios dixitais.

• Programa ACTING para a alfabetización dixital ( iniciativa europea liderada por FUNDETEC)

• Educación e formación profesional permanentes en competencias TIC.

• Catálogo de tecnoloxía social accessible (en proxecto de elaboración) realizado entre empresas produtoras de servizos e entidades que traballan con persoas maiores.

• CeMIT-Innova: dentro da rede, o proxecto colaborativo CeMIT-Innova fomenta a Innovación Social Dixital en Galicia. Este proxecto foi posto en marcha a través dun acordo de colaboración entre a Fundación FUNDETEC e AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) sendo un dos proxectos incluídos dentro do Catálogo de actividades Faite Dixit@l que se desenvolverán no marco da Estratexia de Inclusión Dixital da Xunta de Galicia.

Tras levar en funcionamento dende 2011, a iniciativa caracterízase polo alto grao de demanda cidadá en alfabetización dixital, constituíndose como a actuación de fóra da educación regrada con maior número de usuarios en Galicia. Ademais, a Rede CeMIT foi recoñecida nos anos 2009 e 2011 como boa práctica de comunicación e de actuación cofinanciada por fondos

Anexos a ESGAEN · Anexo II

72

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

europeos no período 2007-2013. Nos últimos anos, as Aulas CeMIT foron asumindo o reto de constituírse, co apoio da AMTEGA e dos Concellos nos que están implantadas, no referente tecnolóxico local, en materia de Sociedade da Información e o seu desenvolvemento. Máis aló de lograr a alfabetización dixital dos seus usuarios, trataron de escoitar a demanda do seu contorno, para dar resposta –mediante actividades de impulso do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC)– ás súas necesidades. A evolución nas funcionalidades destes espazos públicos, supuxo un cambio no seu papel estratéxico, converténdoos en conectores de recursos locais e en axentes especializados na xestión do cambio e a innovación, facilitando a apropiación de as TIC por parte da cidadanía, as PEMES e os emprendedores locais. Un novo rol que CeMIT-Innova impulsa, para transformar as aulas en espazos catalizadores da innovación, capaces de provocar y xerar conexións, que dean como froito unha proposta de innovación social desde e para o ámbito local, respondendo desta forma ás necesidades e desafíos do territorio. Con este obxecto, desde a súa posta en marcha, CeMIT-Innova invitou á administración local (a través da súa Rede CeMIT e dos concellos y concellerías locais cos que esta interactúa), así como ás entidades e organizacións aliadas das súas Aulas CeMIT, a impulsar un novo modelo de relación social no seu territorio, enfocando a innovación social dixital á busca proposta de novas solucións aos desafíos da cidadanía, entendendo a tecnoloxía e a colaboración como fundamento do progreso social. Deste xeito, no ano 2015 xurdiron dez experiencias piloto nos eidos de participación e concienciación cidadá, envellecemento activo e vida saudable, turismo, cultura e desenvolvemento local, emprego, responsabilidade social, sustentabilidade e medio ambiente e integración e inclusión social. 9.3. O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño foi unha iniciativa da asociación agroecolóxica local A Cortiña (integrada por mulleres da contorna rural), o Concello de San Sadurniño e Aula CeMIT do mesmo. No proxecto piloto tres mulleres do pobo comparten o coñecemento e a experiencia do traballo no campo. Con móbiles e cámaras fotográficas gravan as labores dunha pequena horta, ensinando trucos e tarefas tradicionais. Ao mesmo tempo, contar coa colaboración e asistencia na gravación de persoas novas supón un intercambio interxeracional entre os coñecementos en novas tecnoloxías e os traballos tradicionais do campo. A idea é que as mulleres filmen labores agrícolas que se fixeron toda a vida, facilitando trucos de todo tipo e ensinando como se fan algunhas cousas nas

Anexos a ESGAEN · Anexo II

73

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

que as xeracións novas non reparan. Como e cando se planta o millo, de que maneira se deben poñer as tomateiras, que tratamentos débenselle dar ás fabas ..., son só algunhas das posibilidades creativas que fundamentan o proxecto co que, ademais, quérese reivindicar o potencial do medio rural, o traballo agrario e as posibilidades de desenvolvemento sustentable ligado á terra que existen en San Sadurniño. Na primeira temporada realizáronse once capítulos nos que participan Na horta de Consuelo, Consuelo Picos, a filla Ana e a neta Birtukan; Na horta de Cruz, Cruz Piñón e o fillo Roberto Bouza e Na horta de Lucita, Lucía Pita e a súa amiga e veciña Antía. Actualmente están a preparar a segunda temporada con máis casos de hortas locais. 9.4. As actividades O obxectivo xeral do proxecto é sensibilizar sobre a utilidade das TIC nas persoas maiores que non están habituadas a utilizalas. Máis especificamente, intenta dar cumprimento aos seguintes obxectivos:

• Formar e capacitar no uso das TIC.

• Aproveitar o saber/coñecemento das persoas maiores que sempre traballaron no campo para compartir coas novas xeracións (fillos/as, netos/as ... etc., como se traballan aspectos concretos das pequenas explotacións (hortas, froiteiras, aves ...)

• Realizar vídeos sinxelos con móbil ou cámara fotográfica e compartilos nun canle de Youtube, sobre as tarefas, traballos, recomendacións, trucos ... etc. dalgúns dos procesos e traballos labregos.

• Implicar á persoas novas (fillos/as, netos/as...), para que participen neste proxecto. Sensibilizar ás novas xeracións e mostrarlles as posibilidades do rural como medio de vida, posibilidade de traballo/negocio ... etc.

• En definitiva será un "intercambio de coñecemento", as mulleres maiores ensinan o saber do campo e as persoas novas devólvenlles ensinándolles sobre as novas tecnoloxías.

O proxecto proponse poñer en valor o coñecemento e experiencia das mulleres maiores a través da tecnoloxía, non só para capacitarlles no seu uso, senón tamén para converterlles en protagonistas e transmisores do

Anexos a ESGAEN · Anexo II

74

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

coñecemento que estes teñen sobre os labores do campo, empoderándoos como asesores de actuais e futuros profesionais e emprendedores, interesados en promover os recursos rurais que ao redor da agricultura local poden favorecerse. Desenvolveranse tamén actividades interxeracionais, que permitan ás persoas maiores e aos máis novos intercambiar coñecemento, sobre tecnoloxía e sobre os traballos no campo. Os valores, consellos e tradicións son transmitidas da man de mulleres (maiores) do campo, a través de modernas tecnoloxías (canal Youtube) que serven para poñer en valor o municipio, o medio rural, o traballo no campo e a oportunidade que esta contorna aínda representa. Teño unha horta en San Sadurniño intégrase ademais nun proxecto web colaborativo dos veciños desta localidade que é un espazo na rede para contar vivencias pasadas e cuestións de actualidade a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que falen de SanSa para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalar cotián das xentes, empresas, asociacións ou creadores das terras de San Sadurniño. O proxecto segue medrando en cursos sucesivos que se imparten polas sete parroquias do Concello, estando ademais aberto a todas as persoas, sexan ou non de San Sadurniño, por suposto sempre que teñan algo que falar do seu concello. Por iso, fora das actividades formativas da aula, calquera persoa pode colaborar aportando as súas fotos e a súa fala, ou a través de documentos, sons ou vídeos da súa creación. Fálame de San Sadurniño publica unha historia cada día. 9.5. O carácter innovador O principal problema ao que pretende facer fronte esta iniciativa é o da necesidade de empoderamento da muller rural a través das TIC, poñendo en valor o seu saber facer e as tradicións da vida no rural, ademais de facilitar un intercambio interxeracional de coñecemento TICs/tradición. En base a isto, os aspectos máis novidosos do proxecto son os seguintes:

• traballo con mulleres maiores de 55 anos, con pequenas explotacións de horta, gandeiras, froiteiras, leite, aves.

• feito de involucrar a persoas novas vinculadas ás mulleres (fillos/as, netos/as...).

• obxectivo en si de que as mulleres maiores se familiaricen coas TIC e transmitan a aquelas máis novas e ao resto da poboación en xeral os seus coñecementos sobre o campo a través dunha canle de Youtube. Ao mesmo tempo as persoas novas ensinan ou axudan ás mulleres

Anexos a ESGAEN · Anexo II

75

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

maiores na gravación de vídeos.

• ¿Que é o que marca a diferenza respecto doutras iniciativas existentes?

Pero a principal diferenza con respecto a outras iniciativas de alfabetización dixital ou de traballo cos maiores é que o proxecto de Teño unha horta en San Sadurniño pretende descubrir ás mulleres as novas tecnoloxías da comunicación e as utilidades destas. A maiores pretende poñer en marcha unha actividade interxeracional e finalmente busca reivindicar o potencial do medio rural, o traballo agrario e as posibilidades de desenvolvemento sustentable ligado á terra que existen en San Sadurniño. 9.6. Os impactos Os impactos do proxecto son moi positivos:

• O número de participantes ata o momento foi de sete (aínda que para esta segunda temporada vanse incorporar novas mulleres

• As hortas involucradas foron tres: horta de Lucita, horta de Cruz e horta de Consuelo

• Elaboráronse 20 vídeos (9 activos na canle de Youtube con case 2 000 visualizacións e o resto pendentes de subir).

• Organizouse un obradoiro de fotografía e vídeo co smartphone dirixido ás participantes.

Outros resultados de carácter máis mediático revelan a intensa presenza nas redes sociais do proxecto, por medio de Twitter, Facebook ou da canle de Youtube. Conta ademais cunha web propia e foi seleccionado no Festival Carballo Interplay na categoría de webserie VO en galego. Esta iniciativa foi presentada por parte das participantes na Caravana da Marcha Mundial das Mulleres no seu concello. Por último hai que comentar as numerosas aparicións en prensa do proxecto, en a Voz de Galicia, o Diario de Ferrol ou o Noticieiro Galego. 9.7. O futuro Sobre a continuidade do proxecto, cabe comentar que seguen a subirse ao canal Youtube o resto de vídeos elaborados na temporada da horta 2015 e facendo difusión nas redes sociais, intentando incrementar o seu impacto social e mediático e animar á xeración de máis contidos.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

76

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Por outra banda, están a preparar a temporada 2016 coa incorporación de tres novas mulleres protagonistas coas súas hortas e coa formación das participantes no uso dos smartphones, na edición de fotografía e vídeo con móbil. En paralelo, estase a difundir o proxecto coa intención de animar a novas participantes a integrarse no proxecto.

Boa práctica 10 Programa Achégate: Unidade de Acción Voluntaria para o acompañamento hospitalario no CHUO (Complexo Hospitalario e Universitario de Ourense) do Concello de Ourense #voluntariado #participación cidadá #innovación social #empoderamento #interxeracionalidade #igualdade de oportunidades

10.1. O reto O envellecemento da poboación é un feito incuestionable, de carácter irreversible e universal. En particular, Ourense atópase entre as provincias con máis persoas maiores da Comunidade galega e de España. Isto é así porque no caso desta provincia esta situación vese agravada co feito de que unha elevada porcentaxe da poboación maior vive no ámbito rural, caracterizado pola súa dispersión e polo reducido tamaño dos seus núcleos, aspectos que provocan que un alto índice destes maiores non dispoñan de apoios familiares nin sociais nos seus municipios. De feito, a provincia leva décadas afectada por un grave problema demográfico. A despoboación, especialmente debido á saída dos máis mozos e ao conseguinte envellecemento dos seus habitantes converteu a

Concello de Ourense conta con oito programas de voluntariado activo nos actualmente xa participan 502 persoas cos que intentase chegar a maior poboación posible, así como coa adhesión das distintas Entidades de Acción Voluntaria ao Programa de Voluntarios. No ano 2015 pon en marcha un servicio de acompañamento hospitalario e actividades semiresidenciales, a través dun convenio con el CHUO para ofrecer apoio as persoas maiores.

Sofía Godoy. Concelleira de Voluntariado

Anexos a ESGAEN · Anexo II

77

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Ourense nunha das rexións co promedio de idade máis elevado da Unión Europea. En 2014 a esperanza media de vida dos habitantes da provincia era de 82,2 anos, e a porcentaxe de poboación de 55 ou máis anos era de 41,4 %. Por outro lado, o índice de envellecemento da provincia (entendido como o número de persoas maiores de 65 anos por cada 100 menores de 15 anos) era de 227,6. Esperanza de vida media en Ourense: 82,2 anos % Poboación de 55 e máis anos en Ourense: 41,4% Índice de envellecemento: 227,6 Adicionalmente, detectouse que no propio concello de Ourense, dáse o caso de moitos maiores que pasan a maior parte do día sen compañía, xa sexa porque viven sos ou porque as persoas que viven con eles atópanse traballando. Co seguimento e apoio técnico prestado polo Servizo de Axuda a Domicilio do Concello de Ourense pódese constatar este feito, de tal xeito que se atopan usuarios que, sen ter un nivel extremo de dependencia, non poden desenvolverse autonomamente no exterior por si sos pero tampouco dispoñen de apoios particulares para acompañalos nin dispoñen de recursos económicos para facer fronte a esta necesidade de forma particular. 10.2. A entidade A Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) está integrada na Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense. Trátase dun espazo no que poder falar de voluntariado, de solidariedade, medio ambiente, cooperación, integración, multiculturalidade, comercio xusto, movementos sociais...e onde se fala de transformación, de valores globais contra as desigualdades, de xustiza social. Pero o máis importante da Oficina Municipal de Voluntariado non é a existencia deste espazo de diálogo, se non tamén de acción. A través do voluntariado activo desenvolvido desde a OMV parece posible cambiar as cousas na contorna ourensá, transformando realidades próximas e cotiás, pero tamén mudar situacións moito máis lonxanas que se recoñecen como inxustas. O voluntariado ten o poder de incidir directamente na vida diaria de moitas persoas beneficiarias das accións desenvolvidas xa sexa preto ou lonxe e, deste xeito, adquire o poder de globalizar a xustiza. Ademais, a OMV leva a cabo tarefas de intermediación entre os voluntarios e voluntarias de Ourense e as Entidades de Acción Voluntaria (EAV) que existen na cidade. Para iso, estanse a asinar nalgúns casos e a renovar noutros, acordos de colaboración para que dende as EAV no momento que

Anexos a ESGAEN · Anexo II

78

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

precisen voluntarios e voluntarias para desenvolver os seus programas ou actividades que organizan poidan acudir á OMV e así poder levar a cabo ditas accións. O voluntariado que forman parte da Oficina conta con perfiles, idades ou dispoñibilidades moi diversos polo que unha vez que cobren a ficha de inscrición e despois dunha entrevista persoal a cada un deles, comezan a derivalos ás distintas accións voluntarias que se propoñen. Por outra banda tamén están a levar a cabo un ano máis un Plan Formativo para Voluntarios de balde para os participantes, no cal incorporan varios cursos de temáticas moi diversas co obxectivo de que todos os participantes nas distintas actividades como voluntarios teñan unha formación alo menos básica en distintos eidos nos que posiblemente vaian traballar e co obxectivo de dar a coñecer a realidade e o sentido do voluntariado a todos aqueles interesados en incorporarse a calquera das actividades propostas, proporcionando os coñecementos e habilidades precisas para a intervención a desenvolver. Por outra parte, dende a Concellería de Voluntariado desenvólvense ao longo de cada ano plans de difusión e sensibilización da cidadanía en xeral a través dos distintos Plans Formativos para Persoas Voluntarias, e conmemoran o Día Internacional do Voluntariado, con actividades conxuntas con todas as entidades de acción voluntaria da cidade tales como reparto de cartelería, folletos, anuncios en prensa e radio... invitando a participar a cidadanía como voluntario/a. O Concello de Ourense - Concellería de Voluntariado foi acreditado pola Comisión Europea, e dentro do Programa Mocidade en Acción, como organización de Acollida (para recibir a mozos e mozas europeos na cidade para levar a cabo algún proxecto de voluntariado), de Envío (dirixido a mozos e mozas que queiran facer voluntariado en países da Unión Europea) e organización Coordinadora no Servizo Voluntario Europeo, do Programa ERASMUS +. Este novo Servizo de Voluntariado Europeo (SVE) enmárcase no programa europeo Erasmus+ e está financiado pola UE. Trátase dunha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, non remunerada e sen ánimo de lucro, na que as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social. 10.3. O Proxecto Dentro desta liña de traballo de voluntariado, e apoiándose na OMV, o Concello de Ourense acaba de poñer en marcha un proxecto no que se

Anexos a ESGAEN · Anexo II

79

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

pretende facilitar as persoas que se atopan nunha situación de illamento ou soidade unha canle de participación na sociedade e crecemento persoal á vez que intentan prever situacións que potencien o seu deterioro. Xurde así unha nova canle de participación voluntaria localizada como unha actividade máis no proxecto de Voluntariado e que nace co fin de dar cobertura a unha nova necesidade que se atopa latente na sociedade actual: trátase fundamentalmente de abrir os centros hospitalarios, unhas contornas que habitualmente xeran intranquilidade e desasosego aos usuarios, a través da prestación de accións de voluntariado, dentro dos diversos centros do complexo, no que moitas veces resulta dificultoso desenvolverse pola configuración e organización do centro, con moitas consultas e plantas. Esta situación vese agravada naquelas persoas que presentan calquera limitación na súa autonomía e que acoden sen acompañante, maioritariamente trátase de persoas de idade avanzada. Os voluntarios/as constitúen o soporte maioritario do devandito proxecto, posto que a súa intervención non se limita a actuar no domicilio senón que, prioritariamente, e cando as características e circunstancias dos usuarios e usuarias o permiten, potencien a súa relación co entorno, creando ou renovando redes de apoio e solidariedade, e fomentando a axuda mutua e o contacto interxeracional. O fin do programa ACHÉGATE (nome co que se designa este novo couce de participación voluntaria dentro do hospital) consiste en realizar acompañamentos a aquelas persoas con certas dificultades de autonomía, fundamentalmente de idade avanzada, e que acoden a consultas externas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O obxectivo é non quedarse nun mero acompañamento senón tamén en que dita visita se realice tendo un trato caloroso e sen tensións innecesarias derivadas da incerteza producida por non desenvolverse correctamente nun sitio amplo, complexo e con multitude de protocolos, á hora de solicitar unha nova cita ou acudir a ela. A inclusión da acción voluntaria no hospital permitirá ás persoas voluntarias do Concello de Ourense participar dun modo activo na mellora da realidade hospitalaria e da atención prestada aos pacientes e as súas familias, convertendo o complexo hospitalario nun espazo vertebrador deste exercicio de solidariedade. 10.4. As actividades O obxectivo xeral do programa é previr situacións de risco socio sanitario daquelas persoas que presentan limitación de autonomía cunha idade

Anexos a ESGAEN · Anexo II

80

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

avanzada e déficit nas súas redes de apoxo social que se poidan dar durante o paso polo hospital. Os obxectivos específicos son: • Proporcionar un modelo de acompañamento que facilite cumprir cos

procedementos sinalados polo centro hospitalario

• Evitar dificultades que se poidan presentar para certos pacientes maiores con carencias de autonomía no tránsito polos distintos servizos do hospital e de xestión de trámites nos mesmos

• Romper o illamento dos pacientes ingresados sen familia ou sen rede de apoio, incorporando unha persoa que colabore co paciente e cos profesionais sanitarios no proxecto de recuperación da saúde

• Establecer novos couces de participación voluntaria co fin de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención, sendo este un medio mais no que desenvolver un exercicio solidario con aqueles colectivos vulnerables cos que o Concello está comprometido.

O proxecto estase a poñer en marcha neste momento e o prazo de vixencia deste convenio será inicialmente dun ano dende o seu inicio, podendo prorrogarse tacitamente. Por outra banda, dito proxecto non supón gasto para o Servizo Galego de Saúde, e no Concello de Ourense finánciase a formación das persoas voluntarias que participan neste proxecto con fondos propios. 10.5. O carácter innovador O Programa Achegate pretende previr situacións problemáticas desde o punto de vista social e sanitario que se poidan dar no marco do paso polo hospital daqueles que padecen limitacións na súa autonomía ou déficit nas súas redes de apoxo social de tal xeito que estas circunstancias poidan afectar ás actuacións desenvolvidas neste contexto.

Varios foron os problemas detectados desde o propio Concello ao redor deste ámbito hospitalario de consultas externas ou servizos hospitalarios: • Incapacidade por parte dalgúns colectivos á hora de acudir

acompañados ás diferentes consultas externas ou servizos do hospital

Anexos a ESGAEN · Anexo II

81

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• Necesidade de apoio na realización dos trámites para a solicitude de

próximas consultas para algunhas persoas que acoden ao centro.

• Pertinencia da escoita e apoio ao paciente naquelas situacións específicas que se poidan presentar.

Para facer fronte a estas necesidades, deseñouse este programa Achegate de acordo coas seguintes fases: • Captación por parte do propio Concello de voluntariado por medio de

chamamento á poboación e formación inicial do mesmo

• Asignación dos voluntarios ao proxecto segundo o seu perfil e de acordo coas necesidades do servizo a prestar.

• Programación dunha cita co responsable da actividade no Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) a fin de levar a cabo a acollida no Centro Hospitalario.

• Formación no propio Centro Hospitalario para que o voluntariado participante coñeza as instalacións e poida desenvolver axeitadamente os acompañamentos..

• Valoracións e avaliacións periódicas, coa finalidade de introducir as modificacións precisas que permitan mellorar a execución da actividade

Todos estes aspectos determinan o carácter diferencial do programa Achegate e contribúen ao éxito do mesmo e a súa boa acollida por parte da cidadanía ourensá: • Participación activa da poboación destinataria e do persoal da unidade

de información do CHUO

• Viabilidade da actividade que radica en gran medida do coñecemento desta, tanto do persoal do hospital como dos propios pacientes das consultas externas

• Análise das necesidades da poboación obxectivo (partindo da

Anexos a ESGAEN · Anexo II

82

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

información facilitada polas persoas usuarias)

• Aspectos relacionais e afectivos que permiten xerar un ambiente cómodo no que os/as participantes poidan expresar e intercambiar opinións respectuosamente.

• Establecemento de canais de retorno ou feed-back que favorecen a comunicación fluída entre tódalas persoas participantes na actividade (incluíndo os destinatarios da intervención) enriquecendo así o labor da intervención.

Por outra parte, é preciso poñer o acento sobre a aportación de valor destas persoas como principais involucrados en prestar os servizos de voluntariado. Neste caso resulta un feito que unha alta porcentaxe dos voluntarios corresponden a un perfil de idade superior a 55 anos, debido fundamentalmente a súa maior dispoñibilidade de tempo e ás menores cargas familiares que noutros rangos de idade. E é precisamente esta proximidade entre a idade dos voluntarios do programa e o colectivo que demanda estes servizos o que constitúe en si un punto forte, pois facilita a empatía entre ambos os dous participantes e o achegamento cara aos propios beneficiarios deste servizo. 10.6. Os impactos Ata o momento están a participar un grupo de entre 10 e 15 persoas voluntarias nos distintos programas de acompañamento que se levan a cabo dende o Concello de Ourense, aínda que este grupo non sempre é o mesmo e ao longo do ano vanse movendo neste tipo de actividades voluntarias en torno a 50 persoas. O nivel de satisfacción das persoas voluntarias neste tipo de actividades e moi elevado, xa que son accións que se levan a cabo con persoas individuais incidindo directamente neles, polo que poden experimentar de primeira man os impactos da súa labor na mellora da calidade de vida dos usuarios do programa. 10.7. O Futuro O programa de voluntariado hospitalario Achegate poderase levar aos centros de saúde distribuídos pola cidade de Ourense e así poder chegar a toda a poboación que precise da axuda voluntaria , tal e como xa se está facendo nesta primeira fase no CHUO.

Anexos a ESGAEN · Anexo II

83

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Por estar este programa nos seus inicios estase aínda a valorar como experiencia piloto, aínda que hai moitas expectativas depositadas nel, coa posibilidade de ampliar as accións solidarias e os colectivos cos que colaborar. Pero para levar a cabo ditas accións sempre é preciso contar con recursos, tanto económicos como humanos, e dende a Concellería de Voluntariado estase a colaborar a través de distintos programas propios e por medio de actividades desenvolvidas por parte de entidades sociais da cidade. Por todo iso fanse precisas non só maiores achegas de recursos para o financiamento destas accións, senón tamén a colaboración por parte de axentes alleos ao propio Concello que apoien o desenvolvemento de todas as actividades que se pretende levar a cabo. Dende o Concello de Ourense estase en continuo contacto coas entidades de acción voluntaria da cidade polo que os seus programas e voluntarios están abertos a colaboración con outros colectivos e entidades, prestándolles axuda, medios e asesoramento cando o precisen. Polo tanto, e considerando estes aspectos, dito programa podería ser desenvolvido dende outras entidades, sempre contando coa colaboración e experiencia previa do propio Concello.

10.8. Enlaces Web: www.ourensevoluntario.org

Anexos a ESGAEN · Anexo II

84

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

B.P. 1 B.P. 2 B.P.3 B.P. 4 B.P. 5

Axúdame a quedar Don Juan Círculo de

Valor Senior Cuidadanas GerFit

Participación social X x

Inclusión social, ocio e tempo libre. X x x

Aprendizaxe permanente x x x

Participación na toma de decisión x

Conciliación do traballo e os coidados familiares x x

Igualdade de oportunidades x x x

Vida autónoma e independente x x x x

Envellecer en positivo: o fomento da saúde, a prevención de enfermidades e o aumento ao máximo da autonomía.

x x x x

Envellecer no meu entorno: entornos, produtos e servizos que empoderan as persoas a medida que envellecen.

x x x

Non discriminación e igualdade de oportunidades x x

Preparación a xubilación e xestión da idade x

Preparación para a xubilación x

Estratexias de xestión da idade x x

Transferencia de experiencias x

Evitar a discriminación por idade e promover a igualdade de oportunidades x

Anexos a ESGAEN · Anexo II

85

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

B.P. 6 B.P. 7 B.P. 8 B.P. 9 B.P. 10

Con Eles e O

Castro San Sadurniño Ágora Fálame da Emigración

Voluntariado Ourense

Participación social x x x x x

Inclusión social, ocio e tempo libre. x x x

Aprendizaxe permanente x x x x

Participación na toma de decisión x

Conciliación do traballo e os coidados familiares x

Igualdade de oportunidades x x x x x

Vida autónoma e independente x x x x

Envellecer en positivo: o fomento da saúde, a prevención de enfermidades e o aumento ao máximo da autonomía.

x x x x

Envellecer no meu entorno: entornos, produtos e servizos que empoderan as persoas a medida que envellecen.

x x x x x

Non discriminación e igualdade de oportunidades x x x x

Preparación a xubilación e xestión da idade x x x

Preparación para a xubilación x

Estratexias de xestión da idade

Transferencia de experiencias x x x

Evitar a discriminación por idade e promover a igualdade de oportunidades

Anexos a ESGAEN · Anexo II

86

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

BP 1 BP 2 BP 3 BP 4 BP 5

Axúdame a quedar Don Juan Círculo de Valor Senior Cuidadanas GerFit

Personas de 55 e + anos + + + + +

Familias + +

Comunidade + + + E.P.S. (entidades prestadoras de servizos públicas e privadas) + + + +

AA.PP. (administracións públicas) + + + + +

Axentes Sociais (organizacións sindicais e empresariais) +

Universidades + +

Institutos, Centros de Referencia e observatorios +

Sociedades profesionais +

Medios de comunicación +

BP 6 BP 7 BP 8 BP 9 BP 10

Con Eles e O Castro San Sadurniño Ágora Fálame da Emigración

Voluntariado Ourense

Personas de 55 e + anos + + + + +

Familias + +

Comunidade + + + +

E.P.S. (entidades prestadoras de servizos públicas e privadas) + + +

AA.PP. (administracións públicas) + + + +

Axentes Sociais (organizacións sindicais e empresariais)

Universidades + Institutos, Centros de Referencia e observatorios

Sociedades profesionais

Medios de comunicación + +

Anexos a ESGAEN · Anexo II

87

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

Guión para a elaboración de boas prácticas da estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020.

SOBRE A ORGANIZACIÓN

• ¿Quen é e cal é a súa traxectoria?

• ¿Quen é a organización que o leva a cabo? ¿Con que ferramentas / recursos conta para o seu desenvolvemento?

SOBRE O PROXECTO

• ¿Como xorde este proxecto?

• ¿Que implica este proxecto para a organización?

• ¿En qué consiste?

• ¿Cales son os obxectivos que se perseguen?

• Cando se comezou o proxecto

• ¿Segue vixente?

• Sobre o modelo económico do proxecto ¿como se financia o mesmo?

SOBRE A INNOVACIÓN

• ¿Cal é o problema que se pretende solucionar? ¿Cales son as necesidades detectadas (si é posible con datos que o confirmen)?

• ¿Qué aporta de novo o proxecto cara a resolución dos mesmos?

• ¿Qué actividades lévanse a cabo en concreto?

• ¿Que é o que marca a diferenza respecto doutras iniciativas existentes?

SOBRE OS IMPACTOS (a nivel cuantitativo y cualitativo)

Anexos a ESGAEN · Anexo II

88

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.

• ¿Que impactos conseguíronse?

• ¿Que descubrimos?

• ¿Cantas persoas participaron?

• ¿Cal é o nivel de satisfacción dos participantes?

• Sinale outros indicadores relevantes sobre o impacto da

actuación.

• Outros comentarios: SOBRE A REPLICABILIDADE DO PROXECTO

• ¿Cales son os plans de futuro para o proxecto?

• ¿É posible replicar o proxecto de novo pola parte da

organización? ¿que necesitaría?

• ¿Poderían replicalo outras organizacións? ¿Qué recomendacións faríanlles?

• Se o proxecto fose replicarse, que cambios introducirían

Anexos a ESGAEN · Anexo II

89

Estudo para a elaboración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación.