ano xxxiii - nÚmero 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 *...

36
ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015

Upload: ngotram

Post on 02-Dec-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015

Page 2: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores

Page 3: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R editan:

REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»----------

Praza do Seminario, 1 Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

depósito legal: LU -1609-82

número 229xullo-setembro de 2015

taboleiro

. tapa: a Catedral de Mondoñedo, Patrimonio Mundial

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. falamos con... Antonio Rodríguez Basanta, 3

. a carón do lume, 10

. colaboracións, 13* Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13* Comunicado do Cabido da Catedral de Mondoñedo, 15* Elena Candia López, A importancia dos Camiños

declarados Patrimonio da Humanidade.A Unesco ábrenos camiños, 17

* Antonio Reigosa, Mondoñedo no Camiño, 19* Pedro Díaz Fernández, A Catedral de Mondoñedo,

Patrimonio da Humanidade, 22* Ramón Loureiro, Aquel día, onde escribiu os mellores

libros Cunqueiro, 25. faise saber..., 27

sumario

- 1 -

A M E N C E R

coordinadores:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

Page 4: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

PARABENS

No Seminario estamos de festa por dous acontecementos.Por unha banda, a UNESCO acaba de declarar o Camiño do Nortea Santiago, que percorre o concello de Mondoñedo de norte a sur, ea Catedral de Mondoñedo como Patrimonio Mundial ou Patrimonioda Humanidade.

O Camiño de Santiago é unha das vías máis importantes deEuropa desde hai once séculos, converténdose en vía de difusiónespiritual, cultural e artística e en eixe comercial.

A Catedral de Mondoñedo é un Ben Interese cultural (BIC). É oprincipal monumento da cidade de Mondoñedo e da Mariña. Estadeclaración como Patrimonio Mundial vai supoñer unha grandepromoción e unha posta en valor.

Por outra banda, a Corporación municipal acordou, porunanimidade, iniciar o expediente para a concesión da Medalla deOuro da cidade ó Real Seminario Conciliar de Santa Catarina,petición feita pola Comisión de ex-alumnos que prepara aHomenaxe o Seminario.

Como é sabido, o Seminario de Mondoñedo foi o terceiro deEspaña e o primeiro de Galicia. Foi fundado en 1583.

Este é un recoñecemento ó Seminario polo seu laboreducativo e a prol da cultura deste país. O Seminario mindoniensefoi, durante moitos séculos, o único centro que tiñan moitos rapacesdo norte das provincias da Coruña e Lugo para facer os seusestudos.

a redacción

Page 5: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 3 -

A M E N C E Rfalamos con...

antonio rodríguez Basanta

Administrador Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

“Eu apostaría por un Bispo de talantepastoral”

“¿Galego? Pois si, sobre todose tamén «exerce de galego».Tería xa moito sabido sobre anosa maneira de ser que mesmolle axudaría pastoralmente”

SIM

ON

ET

TA

DO

ND

I DA

LL

OR

OL

OG

IO

Page 6: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 4 -

A M E N C E R falamos con...

- Aínda que é difícil sintetizar enpoucas liñas dez anos na diocese ¿quedestacarías do pontificado de donManuel?

- Don Manuel deixou un grato recordoentre nós. Destacaría o seu espírito de traballoe a súa disponibilidade e capacidade deservizo. Pastoralmente poderíanse concretaras súas preocupacións nos temas da familia,as vocacións, os xoves, os relixiosos... econfiguración de novas Unidades Pastorais.En definitiva, a súa aposta por unha pastoralmáis evanxelizadora.

- O Colexio de Consultores elixiuteAdministrador Diocesano, ¿cales son asfuncións do Administrador Diocesano?

Antonio Rodríguez Basanta(Xove 1950) foi elixido, opasado un de xuño, poloColexio de Consultores dadiocese de Mondoñedo-Ferrol como AdministradorDiocesano para rexer adiocese mentres estea va-cante a Sé episcopal polotraslado de monseñorSánchez Monge á diocesede Santander.

“Don Manueldeixou un grato

recordo entrenós”

Page 7: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 5 -

A M E N C E Rfalamos con...

- Son as funcións propias dun Bispodiocesano, coa particularidade de que haitemas que o Administrador non pode decidire, tamén, de que é un período de transición áespera do novo bispo.

- ¿Como estás levando esta novamisión na Igrexa diocesana?

- Trato de afrontar o goberno ordinarioda Diocese, contando coa colaboraciónimprescindible dos sacerdotes, relixiosos elaicos. Nunca pensei que o ministerioepiscopal fora tan solicitado, dentro e fóra daDiocese. No meu caso ademais xúntanse asresponsabilidades de párroco e as funciónsde vicario xeral, que aínda que non existe esafigura na sé vacante, hai asuntos da vicaríaque non se poden eludir.

D. Manuel Sánchez Monge

“...é un períodode transición áespera do novobispo”

“Trato deafrontar ogobernoordinario daDiocese,contando coacolaboraciónimprescindibledos sacerdotes,relixiosos elaicos”

Page 8: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 6 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Cal é o maior problema da Diocesede Mondoñedo-Ferrol neste momento?

- Creo que os problemas son moicomúns en todas as dioceses. O problemade fondo é o da nova evanxelización nestestempos e nesta sociedade: como facer, comochegar ás persoas e ás fami lias,especialmente ás máis necesitadas, con quense pode contar, quen está disposto acomprometerse, etc...

- ¿E a túa más grandepreocupación?

- Neste contexto da misiónevanxelizadora da Igrexa, o poder contar cunlaicado adulto e corresponsable, con novasvocacións ó ministerio sacerdotal, o lograrunha presenza de Igrexa máis evanxélica einterpelante nesta sociedade onde Deussemella estar ausente.

“O problemade fondo éo da nova

evanxelizaciónnestes tempos e

nestasociedade”

“...o lograr unhapresenza deIgrexa máis

evanxélica einterpelante

nesta sociedadeonde Deus

semella estarausente”

“Espero quenon tarde moito

e que logopoidamos contar

cun bo Pastor”

Page 9: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 7 -

A M E N C E Rfalamos con...

- ¿Cando haberá novo Bispo?

- Non se sabe. Eu polo menos non o seineste momento. O proceso de selección deposibles candidatos é moi estrito e moitasveces non é doado encontrar facilmente ápersoa idónea. Espero, non obstante, que nontarde moito e que logo poidamos contar cunbo Pastor.

- ¿Como cres que debe ser o novoBispo?

- Non existe o Bispo ideal, nin ningúnBispo ten a capacidade de solucionar todosos problemas e menos ó gusto de todos. Euapostaría por un Bispo de talante pastoral, polotanto con experiencia neste campo, que sexaun home de fe firme, capaz de confirmar nesamesma fe ó pobo de Deus encomendado ede impulsar o compromiso misioneiro eevanxelizador na Diocese.

- ¿Galego?

- Pois si, sobre todo se tamén «exercede galego». Tería xa moito sabido sobre anosa maneira de ser que mesmo lle axudaríapastoralmente. Agora ben, se nos ven un defóra, tamén nos vale evidentemente: a Igrexaé universal e todos podemos enriquecernosmutuamente. Iso si, pediríalle que se«descalzase» como Moisés, porque a nosaterra tamén é «sagrada», no sentido de quefose capaz de percibir os sinais da presenzade Deus e do seu Reino na nosa cultura e nanosa historia.

“Eu apostaríapor un Bispo detalante pastoral”

“Iso si,pediríalle que se«descalzase»como Moisés,porque a nosaterra tamén é«sagrada», nosentido de quefose capaz depercibir os sinaisda presenza deDeus e do seuReino na nosacultura e nanosa historia”

Page 10: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 8 -

falamos con...

- O Camiño do Norte a Santiago, quepercorre a diocese de Mondoñedo-Ferrol,na provincia de Lugo, de norte a sur, vénde ser declarado pola UNESCO comoPatrimonio Mundial da Humanidade ¿quesupón isto?

- Supón unha posta en valor dosconcellos e parroquias afectadas, de toda estazona norte de Galicia, descoñecida para moitaxente. Xa se está notando no número dosvisitantes e peregrinos. Agora tócalles ásinstitucións volcarse máis de cheo na zona.

- A Catedral Basílica de Mondoñedotamén é Patrimonio da Humanidade ¿queleva consigo e que supón esta distinción?

“Supón unhaposta en valor

dos concellos eparroquias

afectadas, detoda esta zona

norte de Galicia,descoñecida

para moitaxente”

Camiño do Norte en Galicia

Page 11: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 9 -

falamos con...

- Na nosa Catedral é na que menosinvestíu a Administración en comparación coasoutras catedrais de Galicia. A pasada visitado Presidente da Xunta de Galicia, co gallodesta designación como Patrimonio Mundialda Humanidade, supoño que servirá paradarlle un pulo ás obras de rehabilitación, tannecesarias. Así se lle dixo nesa visita e nisose quedou desde a Consellería competentenestes temas.

- ¿Queres engadir algo?

- Que nos valoremos como Igrexadiocesana, que, aínda que temos limitaciónse quizais nos sintamos incapaces de afrontaros retos do momento que nos toca vivir, somosa Igrexa de Xesucristo alentada polo seuEspírito, aquí e agora. E que non deixemosde pedirlle ó Señor que nos mande un Pastorá imaxe do «Bo Pastor».

Félix Villares Mouteira

“Na nosaCatedral é naque menosinvestíu aAdministraciónen comparacióncoas outrascatedrais deGalicia”

“Que nosvaloremoscomo Igrexadiocesana”

Autoridades na Catedral de Mondoñedo

Page 12: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 10 -

A M E N C E R a carón do lume

AS COBRAS

Segundo di a xente, hai que matar todas as cobras que se ven,senón van para o inferno e maldinnos dicindo:

- «Pra Belén vou, pra Belén vou ¡Mala a quen me veu e non mematou!».

Noutra versión as cobras din:- «Pra torre de Babilonia vou. ¡Dódome a quen me veu e non me

matou!».Recollido en BELESAR (Vilalba) por

FELIX VILLARES MOUTEIRA

REFRANS e DITOS

. Come ben e ponte gordo e, cando te chamen, faite o xordo.

. O fruto xeitoso fai o gado ladrón.

. Ola quebrda non é sana.

. Compra a quen herdou; non a quen comprou que sabe o quelle custou.

. Un día de sol en decembro é que vén equivocado.

. O mal e o ben pra casa se vén.

Recollidos en MONDOÑEDO porFELIX VILLARES MOUTEIRA

Anto

nio

Seija

s

Page 13: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 11 -

A M E N C E Ra carón do lume

De neno, rei;de mozo, capitán;de casado, burroe de vello, can.

ENCADEADO

El cura no va a la iglesia. La niña dice porque:- Porque no tiene zapatos.- Zapatos yo le daré.Os zapatos, currupatos; liberanos dominé.

El cura no va a la iglesia. La niña dice porque:- Porque no tiene calcetas.-Calcetas yo le daré.As calcetas, sin suleta; os zapatos, currupatos; liberanosdominé.

El cura no va a la iglesia. La niña dice porque:- Porque no tiene calzoncillos.- Calzoncillos yo le daré.Calzoncillos, sin nudillos; as calcetas, sin suleta;os zapatos, currupatos; liberanos dominé.

El cura no va a la iglesia. La niña dice porque:- Porque no tiene camisa.- Camisa yo le daré.A camisa era risa; calzoncillos, sin nudillos; as calcetas,sin suleta; os zapatos, currupatos; liberanos dominé.

El cura no va a la iglesia. La niña dice porque:- Porque no tiene chaleco.- Chaleco yo le daré.O chaleco era breco; a camisa era risa; calzoncillos, sinnudillos; as calcetas, sin suleta; os zapatos, currupatos;liberanos dominé.

Recollido en BELESAR (Vilalba) por

FELIX VILLARES MOUTEIRA

ASÍ É O

HOM

E

Page 14: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 12 -

A M E N C E R a carón do lume

ORACIÓN

Jesucristo se perdióla madre lo fue a buscar,anduvo de puerta en puertay de rosal en rosal.Luego vió un guartelán.- Dios te guarde, guartelán,y te libre de todo mal¿viste pasar por aquí a Jesucristo?- Sí, señora, lo vi pasarpor la mañanaantes del gallo cantarcon una cruz acuestasque lo hacía arrodillar.Tres judíos delantey otros tantos detrásuna corona de espinasque lo hacía traspasar.Al llegar al río Hondo,llamado Salvasar,Jesucristo se cayó,no se pudo levantar.Le dijo un atronante:

- levántate, perro asnal,que la cena te daránpor la senda del mar,por allí te han de arrastrar.

Elque diga esta oracióntres veces al acostaraunque tenga tantos pecadoscomo arena hay en el mar,a la hora de la muertetodos le han de perdonar.

Señor mío Jesucristo,dueño de mi corazón,perdóname mis pecadosque tú bien sabes los que son.Dame pan en esta vidapara la otra, salvaciónque si me muero esta nocheme sirva de confesiónpara que mi alma no pequeni caiga en condenación.

Recollida en SANTA MARÍA DE LIEIRO (Cervo)por CARLOS MIRANDA TREVÍN

ADIVIÑAS

- ¿Que é algo e nada a vez?- ¿Que cousa para adiviñar é que antes de selo xa é?

Solución:

O peixe

Page 15: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 13 -

colaboracións A M E N C E R

O Comité Patrimonio Mundial da UNESCO, reunido do vinte e oito dexuño ó oito de xullo, na trinta e nove sesión celebrada na cidade alemana deBonn, aprobou o pasado día cinco de xullo incluír na lista de Patrimonio Mundialós Camiños de Santiago do Norte de España e a dezaseis bens culturais direc-tamente vencellados ó Camiño de Santiago e que contan coa máxima protec-ción patrimonial xa que son Bens de Interese Cultural (BIC). Entre eles están enGalicia, a Catedral de Mondoñedo, a Catedral de Lugo, a Muralla romana deLugo (xa Patrimonio Mundial desde o ano 2000) e o Mosteiro de Sobrado dosMonxes.

O Comité Patrimonio Mundial da UNESCO está composto por vinte eun estados, que son elexidos pola Asemblea Xeral dos Estados Membros paraun período terminado. Os membros actuais deste Comité son: Arxelia, Finlan-dia, Alemania, Líbano, Colombia, Croacia, Malasia, Filipinas, India, Xamaica,Xapón, Kazajistán, Perú, Polonia, Portugal, Catar, Corea do Sur, Senegal, Serbia,Turquía e Vietnam.

As diferentes rutas do Camiño de Santiago, inscritas agora na lista doPatrimonio Mundial, teñen unha lonxitude de 1.498,91 quilómetros. Así o CamiñoPrimitivo conta con 311,31 quilómetros; o Camiño da Costa, con 936,28; oCamiño Interior, 196 e o Camiño Lebaniego, 55, 32 quilómetros. Cómpre sinalarque Camiño Francés xa é Patrimonio Mundial desde o ano 1993.

PATRIMONIO MUNDIAL

Félix Villares Mouteira

SIMONETTA DONDI DALL OROLOGIO

Page 16: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 14 -

A M E N C E R colaboracións

O Comité do Patrimonio Mundial valorou que os Camiños de Santiagodo Norte de España propiciaron un intercambio de valores humanos, nunhaárea dterminada nos ámbitos da arquitectura, da tecnoloxía, das artes, da plani-ficación urbana e na creación de paixases. Subliña que «os Camiños de Santiagodo Norte foron, como herdeiros das vías de comunicación existentes entre Franciae a fachada cantábrica da Penísula Ibérica na Antigüidade, os principais eixes detransmisión de ideas, influencias culturais e intercambios diplomáticos e huma-nos entre ambas zonas». Apunta tamén que «os Camiños de Santiago do Nortecumpriron un papel extraordinario na unidade de Europa nun período históricomoi complexo, como foi o posterior á caída do Imperio Romano e os primeirosséculos medievais. Este papel mantívose ó longo dos anos e permitiu, por enci-ma de conflitos e períodos de rupturas e desencontros, que se perpetuara undiálogo continuado entre os pobos, expresado nas múltiples manifestacións ar-tísticas, intelectuais e humanas que se expandiron en ambos sentidos».

Por outra banda, engade que «os Camiños de Santiago do Norte taménconstitúen un testemuño excepcional da civilización cristiá ó longo da súa histo-ria. Deste xeito, acolleron as distintas mutacións que esta relixión protagonizouno ámbito litúrxico ou nas manifestacións de devoción popular. Así mesmo,constitúen a pegada do legado histórico forxado polo cristianismo primitivo, ponteentre as manifestacións relixiosas da Antigüidade tardía e a relixiosidadealtomedeieval e que tivo unha das máximas expresións no culto ás reliquias e áscampas dos santos». Di tamén que «estas rutas foron o eixe de penetración denovas correntes artísticas vencelladas ás manifestacións de piedade relixiosa,coma a arte románica, a gótica ou a barroca, que foron enriquecendo o acervopatrimonial do itinerario xacobeo».

Por último, dicir que o Comité do Patrimonio Mundial recoñeceu que aimportancia destes camiños «vai máis aló do fenómeno relixioso e únese áirmandade de peregrinacións que, ó redor das distintas crenzas relixiosas,constitúe unha proba do espírito humano na súa abnegación por acadar unhameta ou un soño fronte a cualquera dificultade».

Estamos de noraboa xa que esta inclusión na lista do Patrimonio Mundialsupón unha promoción, unha posta en valor de todos estes bens. Parabéns atodos e a todas os que fixeron que isto fose unha realidade.

Page 17: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 15 -

A M E N C E Rcolaboracións

COMUNICADO DO CABIDO DA CATEDRAL DE

MONDOÑEDO

O Ilmo. Cabido da Santa Igrexa Catedral de Mondoñedo, reunido

o pasado día dezasete de xullo con asistencia do Ilmo. Sr. D. AntonioRodríguez Basanta, Administrador Diocesano de Mondoñedo-Ferrol,

quere facer patente e manifestar a súa satisfacción pola declaraciónda UNESCO do Camiño Norte de Santiago como Patrimonio da

Humanidade e particularmente pola declaración da Catedral deMondoñedo. Ao mesmo tempo quere mostrar a súa gratitude aos

organismos, entidades e particulares que, ao longo destes anos,loitaron para que esta inclusión no Patrimonio Mundial da Humanidade

fose unha realidade.

Con este relevante e honorífico título vén a ser recoñecido a niveluniversal o valor da nosa Catedral como punto relevante no Camiño

entre Oviedo e Santiago e o seu influxo histórico no ámbito da fe e acultura ao longo dos séculos. Este recoñecemento únese á declaración

en 1902 como Monumento Nacional.

Dende o ano 1112 en que o papa Sixto V, en tempos da raíña

dona Urraca e o bispo Nuño Alfonso, se trasladou a sé episcopal aVilamaior de Brea, alcanza este val un singular relevo que, coa

construción da Catedral polo bispo don Martín, segue en aumento entodos os ámbitos.

As sucesivas ampliacións da Igrexa Nai da Diocese de

Mondoñedo-Ferrol no século XVI polo bispo Diego de Soto e no XVIIIpor Muñoz e Salcedo coas dúas torres, fachada, altar maior, etc. foron

configurando este templo arredor do cal floreceron as letras e as artes.

A figura do bispo de Mondoñedo foi tan preponderante queVilamaior de Brea, a vila pola que pasa o camiño, pasou a chamarse

Page 18: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 16 -

A M E N C E R colaboracións

Mondoñedo quedando para sempre ligado ao lugar de San Martiñoonde chegaran os monxes de Dumio.

Ao longo da historia do Camiño Norte de Santiago van

aparecendo, especialmente na Rilleira de Cesuras, fitos como oMosteiro dos Picos, as capelas de Seivane, Valiño, Santa Margarida,

San Lázaro, Virxe do Camiño, o Hospital de San Pablo, con lugaressinalados de casas hospitalarias onde se reservaba unha estanza

para os peregrinos.

Unido indisolublemente á Catedral da Asunción, o Seminariode Santa Catarina converteuse nun faro de espiritualidade, sabedoría

e cultura. Polas súas aulas pasaron tan grande cantidade de poetas eescritores que se pode falar da Escola Literaria da Diocese de

Mondoñedo-Ferrol.

Catedral de Mondoñedo: rosetón

foto

Pu

rriñ

os

Page 19: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

-1 7 -

colaboracións

‘A importancia dos Camiños declaradosPatrimonio da Humanidade’

A Unesco ábrenos camiño

Elena Candia,

presidenta da Deputación de Lugo

Percorrer as sendas que compoñen o Camiño Norte e o CamiñoPrimitivo achega unha experiencia vital única e indescritible para ocamiñante. Ambos os itinerarios forman parte, desde o pasado mesde xullo, dos bens declarados pola Unesco Patrimonio daHumanidade, aqueles cuxa conservación debe ser prioritariaatendendo ao seu sobresaínte valor universal. Desde ese momento,os concellos polos que discorren estas rutas convértense nunaltofalante que dirixe a súa voz ao mundo enteiro.

Esta declaración ten para nós unha dobre vertente. Orecoñecemento a séculos de tradición, de preservación e de traballo,non só das administracións implicadas na mellora, na conservación eno espallamento dos Camiños, senón tamén de todos e cada un doshabitantes dos Concellos que fixeron posible que a Unesco valoraraa maxia, a espiritualidade e a mestría que achega cada ruta. Amaisdo recoñecemento, paréceme importante por de relevo a oportunidadeque este feito supón para a provincia de Lugo e para Galicia no seuconxunto.

Da importancia destes percorridos dan conta as cifras. Os datosdo mes de xullo amosan que polo Camiño Primitivo pasaron máis de3.500 peregrinos, mentres que a ruta do Camiño Norte deu acubillo amáis de 4.200 persoas. Ao seu paso o camiñante pode admirar obrasmestras da nosa historia como a Catedral de Mondoñedo, a Murallade Lugo ou a praia das Catedrais ao seu paso por Ribadeo.

Page 20: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 18 -

colaboracións

Ábrese un abano de posibilidades para que o noso territorio,nomeadamente aquel que bañan os Camiños do Norte, avance carao progreso e o crecemento intelixente. Temos a oportunidade dedarnos a coñecer a outros territorios, de compartir o noso valor, detrazar pontes de unión co mundo global a través do noso innumerablepatrimonio arquitectónico, da nosa gastronomía, da nosa cultura etradicións. Queremos sacarlle o máximo partido a esta distinción quenos chegou desde Boon e para iso comprometemos o noso apoio ea nosa infatigable labor desde a institución que dirixo. Ecomprometemos tamén o traballo e o tesón de todos e todas aslucenses e os galegos e galegas que día tras día fan destas rutas un

espazo único de turismo para os sentidos, o turismo experencial que

guía a nosa folla de ruta.

Sentímonos profundamente orgullosos de que os nosos camiños

pasen a engrosar a lista de declaracións galega que deu comezo coa

Cidade Vella de Santiago recoñecida en 1985, o Camiño de Santiago

Francés, que se sumou en 1993, a Muralla romana de Lugo, no ano

2000, e a Torre de Hércules, en 2009. E non quero deixar pasar esta

ocasión sen citar a declaración tamén este verán dos viñedos das

rexións francesas de Champaña e Borgoña, o que nos anima e nos

impulsa a seguir o noso traballo intenso para que tamén a Ribeira

Sacra sexa declarada, canto antes, Patrimonio da Humanidade.

Page 21: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 19 -

colaboracións

Mondoñedo no Camiño

Antonio Reigosa

A Unesco acaba de incorporar á Listaxe do Patrimonio Mundialo camiño de peregrinación que desde a beiramar do norte e pasandopor Mondoñedo conduce a Compostela. Ademais, sinala a catedralmindoniense, xunto coa de Lugo, como bens asociados de interesesingular, o que significa que o nome de Mondoñedo e o seu monumentorelixioso máis emblemático van estar de agora en adiante a carón domáis selecto do patrimonio material e inmaterial da humanidade.

Este Camiño do Norte, coas súas variantes, xunto co chamadoCamiño Primitivo, súmanse así ao Camiño Francés, xa recoñecidohai anos, como bens Patrimonio da Humanidade que tendo orixe endiferentes xeografías europeas, conflúen no epicentro da cristiandadedo occidente europeo, Santiago de Compostela.

Este recoñecemento chega, por unha parte, grazas aos múltiplesesforzos de institucións e entidades civís e relixiosas que o veñenreivindicando desde hai anos pero tamén porque é de xustiza que asísexa tras un demorado e frutífero camiñar por case mil anos de historia.

Mondoñedo naceu xa á beira do camiño, da «brea», «bría» ouverea de Vilamaior, onde logo, no s. XII, se asentou a cidade e secomezou a edificar a catedral. Xa entón pasaban peregrinos por aquícamiño de Compostela como amosa a documentación referida a SanMartiño e ao propio Mondoñedo. Non vai ser casual que a primitivaigrexa mindoniense atendese a devoción a Santiago Apóstolo, comonon o foi que as rutas do norte fosen as preferidas nos primeirosséculos de peregrinación por razón de seguridade.

Un quere crer, na súa extravagancia imaxinativa, que aquela Breaque sucumbiu maldicida dentro da Cova do rei Cintolo, é un trasuntofundacional de Mondoñedo. Tras un diluvio purificador, Brea, a cidadeencabalgada desapareceu e no val chamado Val de Brea ou Vallibria

Page 22: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 20 -

colaboracións

foi nacendo, tecida coas historias contadas polos primeirosperegrinos, a actual Mondoñedo.

Nunca saberemos se san Francisco de Asís, Il Poverello, subiue baixou as costas de Mondoñedo na súa hipotética peregrinación aCompostela aló nos comezos do s. XIII, nin se, como se afirma noutroslugares, puido deixar posta a primeira pedra dun convento franciscanonos arredores. Tampouco poderemos documentar se Ashaverus, oXudeu Errante, cando foi vistono Alto da Xesta uninverno de ano i m p r e c i s opasara antes ou non porMondoñedo; mais éprobable. Un condenado aandar os camiños domundo desde os tempos doCalvario ata os do Xuízo Finaldebera ter a obriga moralde visi tar Mondoñedocada certo tempo.

S e i c a cando corooudixo: Permita Deus queneve ata que non colla unhaagulla entre a tona da terra ea bóveda do ceo, e íaa l a s a n d o , canso trasd u n h a ascensión tanesixente.

Nunca, afortunadamente, nevou con tal intensidade por aquí perosaber o que pensou e desexou un personaxe tan miserable despoisda camiñada desde o val ata aquela altura fainos cavilar nos estragosfísicos e psicolóxicos dun esforzo sobrehumano.

«Peregrino que pase, memoria levará», escribiu A. Cunqueironun artigo publicado en El Progreso de Lugo en xullo de 1961.

San Franciso de Asís de Asorey

Page 23: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 21 -

colaboracións

Peregrino que pase, memoria debe levar, e, engado eumodestamente, memoria debera deixar.

Por iso, ademais de congratulármonos por sermos recoñecidoscomo lugar de mérito no camiño, de ofrecer auga, comida, coidadose repouso a quen teña sede, fame, dor ou sono, os e as mindoniensesdebemos pensar en atender outras necesidades dos viaxeiros.

Cada paso que andamos é una experiencia que debe sercompartida polos que contigo van, polos que moran na beira do camiñoe polos que desandan xa ese mesmo camiño que ti andas pero queaínda descoñeces. Ou, dito máis bonito e máis poético, en palabrasde Kaváfis: Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca, pide que o camiñosexa longo, cheo de aventuras, cheo de experiencias … Chegar alíé o teu destino. Mais non apresures nunca a viaxe. Mellor que duremoitos anos e atracar, vello xa, na illa, enriquecido de canto gañachesno camiño sen agardar a que Ítaca te enriqueza.

Eu pediría que en Mondoñedo, ademais de cumprirescrupulosamente coas normas de cortesía e hospitalidade para cosque por aquí transiten, atenderamos tamén esa necesidade deaventuras e experiencias do viaxeiro que nos recomenda Kaváfis. Quepropiciásemos a conversa repousada, a comunicación proveitosa, ahistoria didáctica, a memoria ilustrada nunha pousada de Mansur ondeun ou unha Simbad crearan tan só coa palabra un amencer deesperanza cada empardecida.

Que o viaxeiro saiba que a estación Mondoñedo non é só unlugar de paso, senón unha necesidade para o espírito como o eran asIllas Cotovías ou o País de Bolanda para Simbad.

O camiñante cando chegue a Compostela ao final dos días daviaxe debe sentirse sabio e talvez entón decida desandar esaexperiencia.

Page 24: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R

- 22 -

colaboracións

A CATEDRAL DE MONDOÑEDO PATRIMONIODA HUMANIDADE

Pedro Díaz Fernández

O corazón desta pequeña cidade, o seu centro, o espello no que non sóos mindonienses, senón toda a bisbarra da Mariña e toda a Diocese deMondoñedo-Ferrol se pode mirar con orgullo, é sen dúbida a Catedral.Independentemente de factores económicos, poboación e outros importantes edecisivos, foi e é agora o monumento número un do Norte de Galicia, un sinalpermanente da historia cultural que, xurdindo dela, chegou ao nordeste galego.

Escoitamos «historia magistra vitae». Este dito lévanos da man ata a orixee significado da Catedral de Mondoñedo. Os edificios son signos que xorden,consérvanse, cambian e moitas veces abráiannos. Mais o importante é o queestá no outro lado da moeda para entender que sen persoas non aparecen ninteñen significado transcendente. E, o que dicimos mirando ó pasado, podemospreguntalo e respondelo cara os tempos futuros.

Detrás da Catedral hai un bispo. Foi así como, tras os anos gloriosos desan Martiño de Mondoñedo, o bispo don Nuño Alfonso trasládase a Vilamaiorde Brea. Podemos calcular que a pequeña poboación do Bispo de Mondoñedosería duns miles de habitantes. A presenza do Bispo diocesano reúne un grupode clérigos que se compromete na difícil tarefa de formar un pobo de cristiáns eo seu centro vén cristalizar nun templo que é a Igrexa Nai de Diocese Mindoniense:a Catedral.

No século XIII, no paso do románico ao gótico, co bispo don Martín, écando se constrúen as tres naves, a gran portada románica, o rosetón e unhatorre poligonal. O resultado é un templo dun ancho de vinte e dous metros e unlongo de trinta e sete. Diego de Soto, no XVI , abre as dúas naves lateráis paraque xurda a xirola con catro altares ao fondo. Segue a sancristía, o coro e oclaustro. Finalmente a fachada co bispo Muñoz y Salcedo adquire toda a súagloria, co patrón San Rosendo coroando o frontispicio e as dúas torres queforman un panel único cos relevos da Asunción, San Lourenzo, San Xerome.

Un prelado que a cotío está preto dos fieis, un clero que asiste ós oficioscorais e atende a demanda da fe, unha liturxia permanentemente atendida son ofermento que fai xurdir o Seminario no que cóengos e beneficiados sonprofesores. Os Mestres de Capela son fonte de cultura musical para seminaristase nenos de coro que logo formarán a Capela da Catedral, chegando o seu influxo

Page 25: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 23 -

A M E N C E Rcolaboracións

a toda a Diocese. Aínda hoxe perviven agrupacións que arrincaron un día daEscola de Música da Catedral de Mondoñedo.

Non se trata de aplaudir tódolas pegadas ou determinacións, son xapersoeiros históricos a meirande parte. Tampouco de facer mofa dassingularidades que sempre podemos atopar en calquera. O certo é que a Diocesecontóu cun bo número de sacerdotes que adicaron a súa vida para que a institucióntivese vida e dese abondosos froitos en tantos persoeiros que xurdiron do entornoda Catedral de Mondoñedo. Pode ser que non houbese una ciencia extraordinariaen moitas materias, pero si había unha orde, unha disciplina, un aprender que, coesforzo, desenrolase as capacidades, un imprimir amor ao latín, á literatura, e aosaber.

O ter pasado trinta e seis anos ensinando Ciencias no Seminario levoumeá Catedral. Grazas a Deus esteMonumento Nacional dende 1902, queé hoxe Patrimonio da Humanidadedende o 5 de xullo, segue a ser centroque pode unir forzas e dar os melloresfroitos. Este monumento non se fixodunha vez. Foi medrando ao longo dosséculos ata os nosos días nos que vén aestar chamado a sinalar vieiros cara unmellor futuro. O sinal da catedral teráque ser a calidade e non a cantidade. Aunión no fundamental sen adesgregazón. Un lazo de virtudesteologais no que clero e fieis co bispo,cos pés firmes no pasado e coa olladano horizonte, fortezan esa sociedademedia que forma o oitenta por cen doscrentes.

As obras que foron configurandoa actual estrutura son do XVI coconxunto das cadeiras de nogueira docoro, o alogamento de portadarománica para poñela ao nivel doclaustro exterior defendido coa

Catedral: detalle da fachada

Page 26: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

- 24 -

A M E N C E R colaboracións

.

balaustrada de pedra de granito ao que se chegaba polas amplas escalinataslaterais cos seus peches e portóns de ferro forxado.

Seguen a sancristía, xirola, claustro, sendo no século XVIII co bispo Muñoze Salcedo cando se fai a fachada co frontispicio coroado polo patrón SanRosendo, as dúas torres xemelgas e os relevos da Asunción, San Lourenzo eSan Xerome co resto dos relevos nos ventanais e esquinas, que manteñen unhacor marrón, restos da policromía orixinal, semellante á das estatuas orantes deMuñoz e Salcedo na Catedral ou do bispo Sarmiento no Santuario de NosaSeñora dos Remedios. Esta fachada oferta unha estampa vertical na que aadmiración e o acougo atopan sintonía. Os destacados libros de Villamil e Castro,Cal Pardo e Santos San Cristóbal tratan abondo este tema.

A actual praza e a Catedral quedan configuradas polas obras de 1966dirixidas por Pons Sorolla. Aínda que a supresión de altares foi excesiva, polasditas obras a estampa da Catedral veu a ser engrandecida ó contar cunhafermosísima praza aos seus pés e o poder ter fachenda dun templo no que oaltar maior, no centro, pódese ollar dende a meirande parte de todo espazocatedralicio sen a procura de pantallas , etc, que observamos noutras catedráis.

A Igrexa Nai da nosa Diocese de Mondoñedo-Ferrol mantén as raícescoa cátedra do bispo, que agardamos veña axiña para alumar o camiño queledos procuramos percorrer co noso Señor Xesús .

A recente declaración da Unesco do Camiño Norte de Santiago e aCatedral de Mondoñedo como Patrimonio da Humanidade é todo unrecoñecemento histórico e cultural que ven a salientar a importancia deMondoñedo e a súa Sé no medio do traxecto entre Oviedo e Santiago e oprotagonismo que nos vindeiros anos deberá ter como punto de acollida dofluxo de peregrinos que medra ano tras ano.

Se imos, queiramos ou non, ter que centrarnos na calidade e non nacantidade para acabar nun número moderado de templos diocesanos de atenciónpermanente, sen dúbida a Catedral debe constituír un punto senlleiro no que oseu carácter diocesano quedará reforzado polo trato e intercambio con tantoscrentes que chegan de Europa enteira. Moitos preguntan pola Misa do Peregrino.Outros asisten á Misa ou piden confesión. A resposta terá que xurdir sentindo eactualizando a universalidade da Igrexa. Unha fermosa tarefa que achegará moitosbens de renovación e posta ao día no labor evanxelizador diocesano.

A Igrexa Nai abre as súas portas para que todos entren e nela atopen aAquel que é O CAMIÑO

Page 27: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E Rcolaboracións

- 25 -

Aquel día, onde escribiu os seus melloreslibros Cunqueiro

Ramón Loureiro

Neste preciso instante estáseme vindo á memoria o día -nonrecordo exactamente a data- na que varios amigos, acompañandoao Bispo Sánchez Monge, fomos visitar a Carmiña Cunqueiro, a irmáde Don Álvaro, muller de extraordinaria fortaleza de espírito que poraquel tempo, a pesar da enteireza e do optimismo que sempre acaracterizaron, comezaba a deixar entrever xa o cansanzo propiodunha vida longa, xenerosa en extremo e por desgraza chea dedificultades.

Alí , na casa dela, falamos, cómo non, de Don Álvaro, de seuirmán, para quen Carmiña, máis que unha irmá, foi unha verdadeiranai Na conversa saíron, naturalmente, os duros anos do exilio interiorno que Mondoñedo lle serviu de refuxio ao novelista. Aqueles anosnos que Cunqueiro, abandonado case por todos, foi buscar cobixo ácasa de Carmiña, onde escribiu os que moi probablemente sexan osseus mellores libros: «Merlín e familia», «As crónicas do Sochantre»e «Se o vello Sinbad volvese ás illas».

- ¿Salvárono os libros, verdade? preguntámoslle nós á irmá doescritor, por romper o silencio no que quedara a estancia mentres,ela, cos ollos húmidos pola emoción, recordando a saber qué penuriase qué desgrazas, calaba.

-Non -respondeu ela-. Non foron os libros. Foi Paco del Riego.Tras os cristais da galería, a catedral de Mondoñedo abrazaba osúltimos raios de sol. Creo recordar que Don Enrique Cal Pardo, odeán, cruzaba a praza.

Naquel momento, e sen necesidade de máis palabras, saíu alí áluz -á luz sempre escasa e sempre un tanto máxica dese crepúsculomindoniense no que a néboa non é precisamente rara- o máis íntimo

Page 28: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

colaboraciónsA M E N C E R

- 26 -

recordo (o recordo da casa) do momento no que, mediado o séculoXX, Galicia veu nacer da pluma de Cunqueiro tres das máis grandesobras das letras de Europa.

(Por boca de Carmiña, e en presenza do bispo, a casaestábanos falando.)

Pouco despois, dixémoslle adeus a Carmiña Cunqueiro, queera todo dozura, e marchamos.

Cando volvimos saír á rúa, e antes de despedirnos, mentresacompañabamos o bispo ata a portada súa casa, fomos comentando oque Francisco Fernández del Riego(Paco del Riego, para Carmiña),representou, coa súa amizadeinquebrantable, na vida de ÁlvaroCunqueiro. El foi, probablemente, afigura decisiva. O irmán de corazón,xa que non de sangue, que logroumanter en pé ao novelista cando todoparecía querer afogalo, cando tododaba a impresión de pretender quese deixase ir, que se desmoronase.Non me cabe dúbida de que DeusNoso Señor l le terá pagado aFernández del Riego, alá na Gloria,a súa xenerosidade de home de ben.E bendita sexa a súa memoria.

Pero a min, se vostedes mo permiten, gustaríame pedirlles quenon esquezamos, tampouco, o que para Cunqueiro, nos momentosmáis duros da súa vida, supuxeron a súa irmá Carmia e, por suposto,Mondoñedo.

Ese Mondoñedo ao que un non vai xamais, senón que volvesempre. (E no que Monseñor Sánchez Monge, Don Manuel, terá unlugar de honor... para sempre.)

Alvaro Cunqueiro

Page 29: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

faise saber... A M E N C E R

- 27 -

... que foi noticia:

... o nomeamento de monseñor Sánchez Monge como bispo dadiocese de Santander, noticia que se fixo pública o día seis de maio.Con este motivo, a diocese de Mondoñedo-Ferrol fíxolle dúas despe-didas. Unha, en Mondoñedo na Santa Igrexa Catedral Basílica o díavinte e dous de maio e outra, en Ferrol, na Concatedral de San Xiao,o día vinte e catro do mesmo mes. Fíxoselle entrega dunha placa e dorecaudado nunha colecta para as persoas necesitadas.

Despedid

a n

a C

ate

dra

l d

e M

ondoñ

edo

ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO

Page 30: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

faise saber...A M E N C E R

- 28 -

... a elección do sacerdote Antonio Rodríguez Basanta como Ad-ministrador Diocesano de Mondoñedo-Ferrol durante a Sé vacante.Tivo lugar o pasado día primeiro de xuño na Sala Capitular da Cate-dral mindoniense, onde se reuniu o Colexio de Consultores.

... a presentación do libro Cerna de Carballo. Xosé ManuelCarballo Ferreiro visto por douscentos amigos e amigas que tivo noSalón de Actos do Seminario, ás oito e media da tarde, do pasadodía vinte e cinco de xuño. Interviron Xulio Xiz, Antonio RodríguezBasanta, Alicia Tella-Villamarín, Manolo Regal e o propio Xosé Ma-nuel Carballo. Houbo maxia a cargo do Mago Antón o de Carballo emúsica que interpretaron Os Valuros de Castro de Rei.

... a presentación do libro Mondoñedo Literario de ArmandoRequeixo que tivo lugar en Mondoñedo, na sala do multiusos do Cen-tro Comarcal o pasado día dous de xullo ás oito da tarde. IntervironClaudio Rodríguez Fer, o teniente alcalde Manuel Legide Castrillón eo propio Armando Requeixo. Trátase dun volume, editado polaDeputación Provincial de Lugo, que ten estudos sobre a vida e obrade escritores mindonienses desaparecidos: Leiras Pulpeiro, NiriegaVarela, Lence Santar, Díaz Jácome, Álvaro Cunqueiro, RicardoPedreira e outros actuais: Ruiz Leivas, César Cunqueiro, Marina Ma-yoral, Luis Enrique Cabanela, Félix Villares, Antón Meilán, FranciscoPiñeiro, Antonio Reigosa, Xe Freire e Isabel Morán, amais de algúnsescritos sobre temas mindonienses.

... a quenda de campamento, que tivo lugar no noso SeminarioSanta Catarina de Mondoñedo, do dezasete ó vinte e seis de xullo.Esta quenda estaba destinada a rapaces e rapazas nacidos entre osanos 1998 e 2006. Organizou o Colectivo «Campamento Diocesanode Mondoñedo-Ferrol»..

... as obras de restauración e consolidación das vidrieiras daCatedral que se levaron a cabo nos últimos meses e que remataron afinais de xullo. Foron custeadas pola Dirección Xeral do PatrimonioCultural da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta deGalicia.

Page 31: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

faise saber...

- 29 -

A M E N C E R

... o acto institucional, que tivo lugar no Claustro da Catedral deMondoñedo o pasado día vinte e nove de xullo con motivo da declara-ción pola UNESCO do Camiño do Norte e da Catedral mindoniensecomo Patrimonio da Humanidade. Estiveron presentes, entre outrasautoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó;a alcaldesa de Mondoñedo e presidenta da Deputación Provincial deLugo, Elena Candia López; o Administrador Diocesano deMondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta; o conselleiro de Cul-tura, Educación e Orientación Universitaria, Román RodríguezGonzález; o presidente do Cabido mindoniense, Pedro DíazFernández; o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. No transcursodo acto fixeron uso da palabra o Administrador Diocesano, a Alcalde-sa de Mondoñedo e o Presidente da Xunta de Galicia, que pechou oacto.

... a celebración do Mercado medieval que tivo lugar en

Mondoñedo os días sete, oito e nove de agosto e que congregou a

centos de persoas na cidade episcopal.

Antonio Rodríguez Basanta intervindo no acto institucional

Page 32: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

A M E N C E R faise saber...

- 30 -

... que é noticia:

... as obras que se está a levar adiante na porta principal daCatedral de Mondoñedo, consistentes na reparación da mesma e nafixación e restauración da pintura mural que existe no tímpano da porta-da. Estas obras están financiadas pola Dirección Xeral do PatrimonioCultural da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia.

... que vai ser noticia:

... a festa de Nosa Señora dos Remedios, patrona da diocese,que vai ter lugar o vindeiro día trece de setembro no seu santuario deMondoñedo ata onde acoden romeiros de toda a Mariña, da Terra Chá,doutras zonas da diocese e mesmo de Asturias. O concello de Vilalbafará este ano a tradicional ofrenda. Previamente celebrarase a novena.

... a celebración o día dous de outubro dos vinte e cinco anos dopasamento do poeta Xosé María Díaz Castro, exalumno do noso Se-minario

... a solemne vixilia de restauración da Adoración nocturna enMondoñedo que vai ter lugar o día dezanove de setembro. Taménhaberá un acto de Acción de Grazas pola declaración de Venerablede Luis de Trelles y Noguerol.

... a homenaxe ó Real Seminario de Santa Catarina, organizadopor exalumnos, que vai ter lugar o día dezasete de outubro con arre-glo ó seguinte programa: recoñecemento oficial do labor do Semina-rio por parte do concello; colocación dunha placa de gratituderecordatoria desta homenaxe; unha Eucaristía conmemorativa presi-dida polo Administrador Diocesano e concelabrada polos sacerdo-tes asistentes; acto académico de gratitude ós profesores e presen-tación do libro sobre o Seminario coordinado por Ramón Villares Paze Antonio López Díaz; exposición fotográfica nos claustros do Semi-nario e xantar de reencontro. A comisión organizadora está formadapor Ramón Barro Bello, Francisco Cal Pardo, Germán Castro Tomé,

Page 33: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

colaboraron

A M E N C E R

- 31 -

faise saber...

Cabido da Catedral de MondoñedoElena Candia LópezAdrián Carballeira MontenegroSimonetta Dondi Dall OrologioPedro Díaz FernándezRamón LoureiroCarlos Miranda TrevínFoto PurriñosAntonio ReigosaAntonio SeijasFélix Villares Mouteira

Seminario de Mondoñedo

Antonio López Díaz, Bieito Rubido Ramonde e Ramón Villares Paz,Para máis información, pódese consultar a páxina webwww.homenaxeseminariomondonedo.com

... a homenaxe a don Enrique Cal Pardo que terá lugar no nosoSeminario o día sete de novembro. Na homenaxe vai ter lugar a pre-sentación do libro «Mondoñedo, catedral, cidade, bispado, na segun-da metade o século XV», que edita a Deputación Provincial de Lugo.

Page 34: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores:

Page 35: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXXIII - NÚMERO 229 xullo - setembro 2015 · . a carón do lume, 10. colaboracións, 13 * Félix Villares Mouteira, Patrimonio Mundial, 13 * Comunicado do Cabido da Catedral

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: