ano xxxi - nÚmero 221 xaneiro - febreiro 2013 · a ver se alguén se anima. queremos agradecerlle...

36
ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013

Upload: vankien

Post on 26-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013

Page 2: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

subdirector:JUAN J. MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

redactor xefe:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

consello de redacciónLUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 3º ESOJOSE G. DE OROZCO D., 2º ESOADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 221xaneiro - febreiro

2013

taboleiro

. tapa: homenaxe aFernández Mejeras

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. A. R. Fernández Mejeras: vida e obra, 3

. escolma, 5

. falamos con... Xoán Babarro, 13

. colaboración:- Xoán Babarro, Arredor da

vocación literaria de Mejeras, 21

. a carón do lume, 24

. follas novas, 26

. faise saber..., 28

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

Page 4: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Este primeiro número de Amencer do ano de El Señor de2013 vai dedicado na súa maior parte a Amador RamónFernández Mejeras xa que o cinco de marzo cúmprense os cenanos do seu nacemento.

Amador Ramón Fernández Mejeras ocupa un posto nachamada «escola poética do Seminario de Santa Catarina deMondoñedo», que forman aqueles poetas que pasaron polasaulas do noso Seminario.

Con este número de Amencer queremos resaltar a súafigura e achegarnos un chisquiño á súa obra. Unha obra que,por certo, está esoallada en moitos xornais e revistas. Unhaboa homenaxe neste centenario do seu nacemento podía ser oxuntar e publicar toda a súa poesía tanto en galego coma encastelán. Aí queda a idea. A ver se alguén se anima.

Queremos agradecerlle ó amigo Xoán Babarro -expertonos poetas do occidente de Asturias- o material que nosmandou para este número. Graciñas moitas.

Este ano 2013 tamén celebramos os 150 anos da publi-cación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, libro queinicia o Rexudrimento das nosas letras. Faremos un númeroespecial da nosa revista que verá a luz a fin de curso.

a redacción

Page 5: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 3 -

A M E N C E RR.S. Fernández Mejeras: vida e obra

Rotulou:. BRAULIO CASABELLA AMIEIRO,3º ESO

Amador Ramón Fernández Mejeras naceu en Ribadeo, ás docehoras e media do día cinco de marzo de 1931. Segundo se di napartida da Bautismo da parroquia de Santa María do Campo deRibadeo era "hijo legítimo de los consortes D. Francisco FernándezLópez, carpintero, y Dª Josefa Mejeras Bermúdez, naturales respec-tivamente de San Esteban de Barres, partido de Castropol, diócesisde Oviedo, y de esta expresada vila, en donde viven, barrio deCabanela".

Despois de aprender as primeiras letras na súa vila natal, nocurso 1927-28, ingresa como alumno interno no Seminario SantaCatalina de Mondoñedo, onde cursa os tres anos de Latín e Humani-dades con "Meritissimus" (hoxe, Sobresaliente - 9) e co primeiro pre-mio en primeiro, un accesit en segundo e un segundo premio enterceiro. O 23 de setembro de 1930 aproba a Reválida co nota de"Aprobatus" (hoxe, suficiente - 5), que era a nota única.

Nos cursos 1930-31 e 1931-32 fai primeiro e segundo de Filosofía.Comeza o terceiro curso de Filosofía que non chega a rematar. Opropio Amador di o por qué: "Lo que mejor recuerdo son mis años

Page 6: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 4 -

A M E N C E R R.S. Fernández Mejeras: vida e obra

en el Seminario. Allí pasé unos cuantos. Hice el tercero de Filosofíapero lo tuve que dejar por los frecuentes ataques epilépticos quepadecía" Despois de deixar o Seminario, estudia a Carreira deMaxisterio na Escola Normal de Oviedo e exerce de mestre en diver-sas localidades do Occidente asturiano: Villapedre, A Roda, Tapia,Barres, Villalmazo e A Caridá.

O 28 de xullo de 1941 casa con Mercedes Méndez González,natural de Miúdes coa que ten cinco fillos. Os derradeiros anos dasúa vida pasounos na súa vila natal de Ribadeo, onde ten lugar o seupasamento o 23 de setembro de 1971, cando tiña cincuenta e noveanos.

AmadorRamón Fernández Mejeras, que comezou a facer ver-sos cando tiña dezasete anos, foi poeta, sobre todo, en castelán etamén en galego e publicou a meirande parte da súa obra na HojaParroquial de Vegadeo e en Las Riberas del Eo de Ribadeo. Tenescrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e seis oitavasreais que son en total 208 versos. Está inédita. Tamén están inéditosos Poemas Nupciales, un conxunto de setenta e seis sonetos escri-tos en castelán. Sempre asinaba os seus poemas como "Amador F.Mejeras. Maestro". Non chegou a nós toda a súa produción poética,xa que, como el mesmo manifestou, a súa muller, que non estaba benda cabeza, encendía o lume na cociña cos papeis no que el tiña escri-tas as súas poesías.

Na entrevista que lle fai Rafael del Naranco no xornal La Re-gión, aparece como introducción á mesma o testemuño dunha mullernova, vestida de loito, chamada Adelina, que lle di do noso poeta:

«¿No lo sabe?, mire bien; aquel hombre es el "Poeta del Occi-dente de Asturias", dicen que se encuentra mal de la cabeza, sufriómucho, sabe usted, pero sus versos, cual dulces tonadas, nacen desu corazón a raudales y sueltos. Una vez, mucho antes de que mecasase, él me dedicó uno, ¡qué bello era!, aún lo guardo como unrecuerdo precioso».

Félix Villares Mouteira

Page 7: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 5 -

A M E N C E Rescolma

Os poemas de Amador Ramón FernándezMejeras,que se reproducen nesta Escolma, son:

« Mar iñ e i r as» , pu b l icado n o n ú m ero 3 6 5 9 de Las Riberasdel Eo (Ano 64. Época 2ª. Ribadeo, 1 de setembro de 1945);«Moitos anos», publicado no número 3522 de Las Riberasdel Eo (ano 62. 2º época. Ribadeo, 16 de xaneiro de 1943);«Villaselán», publicado no número 3541 de Las Riberas delEo (ano 62. 2ª época. Ribadeo, 29 de maio de 1943); «DiesIlla», publicado no número 3600 de Las Riberas del Eo(ano 63. 2ª época. Ribadeo 15 de xullo de 1944); «Prámiña aldea», «Sentimentos do emigrante» e «Xunto dafonte», foron recollidos polo poeta Antolín Santos Median-te Ferraría (tamén alumnos do noso Seminario) en recortesde diversas publicacións, sen que se poida especificar quexornais ou revistas son.

Os poemas en castelán pertencen ós Poemas Nupcia-les, un conxunto de setenta e seis sonetos. Están inédi-tos. Foron todos escritos na década dos anos cincuenta dopasado século XX.

a redacción

Rotulou:DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 8: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 6 -

A M E N C E R escolma

1. POESÍA EN GALEGO

MARIÑEIRAS

Ós Tapiegos, de Ribadeo,cariñosamente.

Cando de Porcillán veño acordarme,tamén recordo o meu bon amigoPenoucos. Seus irmáns sempre conmigocomo pais se portaron. Olvidarme

dos favores non poido, mentras teñavida, nin dos momentos, doces horas,que nas súas lanchas e nas súas motoras,pasei, cando era un neno... ¡Ojalá seña

este soneto meu sentido cantodos seus traballos e honradez que tantoengrandecen o pobo que os cobixa!

¡Tapiegos! De loitar nunca deixedes.¡Dios vos garde! Confío. Ben sabedes,vosa memoria en min estará fixa.

Villapedre

MOITOS ANOS...

A don Eduardo Lence Santar, caro amigo

¡Moitos anos pasaron desde o díacando triste marchei de Mondoñedocraro mencer primaveiral e quedo,para vivir na miña Asturias fría!

Page 9: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 7 -

A M E N C E Rescolma

Semanas fai, ás miñas mans chegaronunhas follas, envío dese bardogalego, meu insigne D. EduardoLence Santar, El e outros as mandaron

imprimir ó cumprirse o Centenariodo nascemento en pobo lexendariode Mondañedo, do ilustre Pascual Veiga,

o músico xenial, autor famoso,que compuxo a Alborada... Foi dichosoe nobre fillo desa Cidá meiga,

que o bendice piadosa e que o adora,cal o poeta, que, ó contalo, chora...

Villapedre (Navia)

VILLASELÁN

A su digno Párroco D. José Antonio

Lodos Villarino, fraternalmente.

¡Quen me dera de Ti hoxe encontrarmenon tan lonxe¸sinón cerca, cerquiña,como cando ás túas prantas, Virxenciña,me levaban meus pais, a arrodillarme!

Agora que eles faltan, pois morreron...,¿a quen hei de chamar nos meus doores,mais que a Ti, craro sol dos meus amores,a quen eles ¡meus pobres! me ofreceron?

Solo me queda, de Ti separado,doce recordo, teu Santuario amado,

De

bu

xou

: JO

GA

LE

AZ

ZO

DE

OR

OZ

CO

DO

ND

I DA

LL’O

RO

LO

GIO

, 2

º E

SO

Page 10: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R escolma

e da túa festa seus encantos mil...,

que me inspira tamén outra Capillapreto da miña Escola; marabillada Asturias grata e fermosa: Villaoril.

Villapedre

¡DIES ILLA!

A D. José Calvo Sotelo (q.s.g.h.)

¡Mirade a Cristo, todo foi paciencia!Súa morte buscan os xudíos ingratose gritando lla piden a Pilatos.Xesús oíu de morte a súa sentencia.

O ano trinta e seis... Forte, sinxelo,como víctima augusta do marxismodentro escoitou do Parlamento mismo,súa sentencia tamén Calvo Sotelo.

"Non me importa -lles dixo- son cristiano.Teño as espaldas anchas. Voso insanofuror cebade en min. A vida enteira

a España lle ofrecín en sacrificioe si coa morte presto algún servicioá miña Patria, veña, cando queira..."

Así pasou... ¡Galegos, recordemos:por a súa alma con fervor recemos!

Villapedre

- 8 -

Page 11: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 9 -

escolma

PRÁ MIÑA ALDEA

A Ramón F. de Soto en prueba de gratitud

Cando a aurora sonrosadaaparece polo Orientei os merliños na enramadasaludan o sol nascente,

e cando entre os piñeiralesse percibe a fresca brisaios douradiños trigalesbrilan do sol coa surrisa,

deixo a solitaria aldeaio meu paterno fogar,nos que tanto me recreados xilgueiros o cantar,

pra ver que os traballadoresbaixan cara os labradíos

Ribadeo

SENTIMENTOS DO EMIGRANTE

Teño que deixar o montede pinos todo alfombradoi as craras augas da fonteque regan ó verde prado,

os encantos das ribeiras,o moi frolido xardíndonde crecen as roseiras,os claveles o xazmín.

e que os sencillos pastoresalindan preto dos ríos.

¡Que alegría feiticeiradormir baixo dos castirose da brisa pracenteiraescoitar soaves suspiros!

¡Doce vida campesina!¿Cando en ti descansareie na fonte cristaíñaa pura auga beberei?

O teu vello camposantoseña a última moradado poeta que ansiou tantode todos foses amada!

Hei de abandonar o río,as súas ondas de cristalio suntuoso caseríopreto do cañaveiral.

O fogar, niño de amores,os muíños cantareiros,i os paxaros trinadoresescondidos nos salgueiros.

Page 12: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 10 -

A M E N C E R escolma

Deixo, en fin, a ría airosa,o rigueiriño correndo,a campiña silenzosaio gado no val pacendo.

Meus pais que buscan ansiososa miña felicidádicen agora chorosos¿Quen sabe si volverá?

¡Adiós, meu pueblo adorado,fascinadora Galicia,anque de ti separadoserás a miña delicia!

XUNTO DA FONTE

Para o meu doce tío Ramón Mejeras

Cando o Sol agonizandotingue as nubes de ouro e granai o labrego está gozandoda doce paz aldeana.

Cando os rapaces da aldeavan alindar os ganadose xa brilla a lúa cheanos ceíños azulados,

Cando as campás da igrexiñarepicando suavementeesparcen pola campiñao sonido lentamente,

¡Adiós, oh Virxen querida!Adiós... Teño que marcharapartarme da túa ermidaIgrexiña do lugar!

Pero déixoche esta ofrenda,o meu pobre corazón,como unha valiosa prendada máis pura devoción.

E si non temo ó contentode volver ó patrio lar,asísteme no momentotemeroso de espirar.

Cando, en fin, os labradoresvolven cara o seu fogari os paxaros voadoresxa paran de gorxear.

Entonces voume gustosoxunto a fonte cantareiraque está no souto frondosoe do monte na ladeira.

Para ver entre os pinareso regueiriño correre buscar nos meus pesaresdelicia, encanto, placer.

Page 13: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 11 -

A M E N C E Rescolma

En ti se reflexa a Lúanas altas horas da noite.A pausada canción túanon hai naide que cha escoite.

Quero ¡fonte cristialina!estar xunto a ti, contento,cando a tarde xa declinae susurra o fresco vento.

.................................................

¡Ouh fontiña mormullante!Coas túas linfas de cristalousequias ó camiñanteque atravesa o piñeiral.

De ti sale o regatiñofacendo sonar as pedrashasta a presa so muíñopor onde suben as hedras.

Ribadeo, 20-09-1931

2.- POESÍA EN CASTELÁN

LXXIII

En mi vergel, la flor más exquisitacorté, para ofrendaros este día,pletórico de ensueños y alegría,cuando mi pobre corazón palpita,

trémulo de emoción, al contemplarosmuy cerca del altar, donde os jurásteisamor eterno; donde comenzásteisnueva vida que habrá de transformaros

en padres de familia venturosaque os imite, que os honre, por doquiera,clásica prueba de vuestras bondades.

En esta fecha primordia, dichosami ¡enhorabuena! recibid sincera¿Qué me resta decir? ¡Felicidades!

Page 14: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 12 -

A M E N C E R escolma

I

Con sumo gusto, tu mejor deseoprocuré, no lo niego, ver cumplido,porque sabes te aprecio, agradecido,porque así lo mereces. Pues bien; creo,

no me debo negar a complacertey a ofrendarte mi dádiva, aunque humilde.Jamás dejo de ingrato se me tildeni perder un momento de ofrecerte

mi cariño sincero, no fingido.Hoy, cuando horas felices has vivido,cuando toda te entregas a tu esposo,privarte no quisiera, ni un minuto,de mi pobre regalo mi tributode amor y simpatía que gozoso,en tus manos de ninfa deposito,en este día primordial, bendito.

XLVIIDe sobra felices sois, caros amigos,vuestra inmensa dicha ¿quién llega a explicar?El Cielo os la brinda quizás, sin testigos,cuando, de rodillas, al pié del altar,

amores eternos os habéis juradoy de vuestras almas purísima uniónpor Dios bendicida, se ha verificado,formando unha vida, sólo, un corazón.

En este gran día de mi enhorabuenaserán mensajeros mis versos. Me apenavalgan tan poco, para así cumplirla dulce promesa que os hice aquel día,tal vez no lejano... mas; vuestra alegríacomparto, os deseo genial porvenir.

Debuxo

u:

ER

NE

ST

O B

AR

RO

JIM

ÑE

NE

Z, 2

º E

SO

Page 15: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 13 -

A M E N C E Rfalamos con...

XOÁN BABARRO GONZÁLEZ, profesor

Rotulou:. BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

«Penso que a Fernández Mejeras,igual que a outros escritorescomarcais, non se lles fixo aíndaxustiza, por dicilo dalgún xeito.Existen autores cunha obra máisreducida que figuran nashistorias da literatura»

«Mondoñedo, polo Seminario e pola imprenta,foi unha luz que tamén iluminou as terras doEo-Navia»

Page 16: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 14 -

A M E N C E R falamos con...

- Vostede estudou os autores queescribiron en galego no Occidente deAsturias; ¿cales son eses autores?

- No occidente do Principado existeunha tradición visible de cultivo literario dogalego desde principios do século XX. XaRicardo Carballo Calero na súa Historia daliteratura galega contemporánea consideraun grupiño de autores "da dereita do Eo", queclasifica como "epígonos" do Rexurdimento.Son Antolín S. Mediante, Conrado Villar Lozae Ramón García González. A eles haberíaque sumar Armando Cotarelo Valledor, queCarballo estuda como representante do tea-tro das Irmandades da Fala. Pero, na primeirametade do século, neste grupo cómpre incluíra Federico Magadán, Álvaro Aenlle, JoséFernández "Pepe Muestras", entre outros.Grupos similares podemos formar con outrosescritores que se deron a coñecer desde ostempos da Guerra Civil ata o momento actual.

XOÁN BABARRO GONZÁLEZ (Clavelo de Zorelle -Maceda - Ourense, 1947) é profesor nun Instituto de Secunda-ria na cidade da Coruña. Fixo a súa tese de doutoramentosobre Galego de Asturias.Delimitación, caractedrizacióne situación sociolingüística.Por iso, quixemos falar con elpara achegarnos á figura deAmador Ramón FernándezMejeras. Ten publicado varioslibros e acadado moitos pre-mios.

No occidentedo Principado

existe unhatradición visible

de cultivoliterario do

galego desdeprincipios do

século XX

Page 17: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 15 -

A M E N C E Rfalamos con...

- Vivindo estes autores en Asturias,¿que relación ve vostede que teñen cosque publicaban en Galicia?

- En principio, por encontrárense nunhaárea marxinal, pertencente a unha provinciaadministrativamente non galega, pode quese mantiveran máis ca noutras zonas deGalicia elementos propios das falascomarcais sen se fundir co acervo común.En liñas xerais, podemos establecer dousgrupos de escritores, un que, sen renunciarao local, ten como referente o galego escritode cada época, e outro que, por descoñecera tradición literaria ou por motivos diversos,utilizan a variante lingüística familiar. De aíque encontremos escritos que rexistran fiel-mente as características, segundo a súa pro-cedencia, da fala de Navia, a de Boal, a deTapia, a de Taramundi, etc. Eses dousposicionamentos seguen estando presentesaínda nos escritores actuais.

- Segundo a súa opinión, ¿cal é a im-portancia de todos eles?

- Penso que, polas circunstancias detipo cultural e social que rodearon sempre anosa lingua, durante séculos desterrada daescola e dos templos, teñen moito mérito; xaque, grazas a eles, a dimensión literaria dapropia fala estivo presente en publicaciónsperiódicas, programas de festas,representacións teatrais, etc., incidindo nunamplo sector da poboación que tropezabacon máis dificultades para acceder aos libros.

Podemosestablecer dousgrupos deescritores, unque, senrenunciar aolocal, ten comoreferente ogalego escritode cada época,e outro que, pordescoñecer atradiciónliteraria ou pormotivosdiversos,utilizan avariantelingüísticafamiliar

Page 18: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 16 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Cales salientaría? ¿Por que?

- Antes da Guerra Civil destacaría aMediante e a Cotarelo, o primeiro por ser moicoñecido pola súa poesía de carácter popu-lar nas terras do Eo e o segundo por desem-peñar en Galicia un importante papel dentrodo teatro dos anos vinte. Lembremos queCotarelo representou tamén as letras galegasdentro da Real Academia Española. Logo,salientaría o grupiño que eu chamo daXeración de 1936, formado por Mejeras,"Ovidio de Queipo" e Fidalgo Villaveirán, por-que aportan un aire novo nos seus textos. Ac-tualmente son moitos os autores que desta-can. Por seleccionar un nome, quero lembraro decano deles, Manuel García Sánchez "Ga-lano", que, utilizando a fala de Tapia,desempeñou un papel decisivo na creacióne representación de textos teatrais.

Francisco Fidalgo Villaveirán

Antes da GuerraCivil destacaríaa Mediante e a

Cotarelo

Logo,salientaría o

grupiño que euchamo da

Xeración de1936, formado

por Mejeras,"Ovidio deQueipo" e

FidalgoVillaveirán

Actualmente,por seleccionarun nome, quero

lembrar odecano deles,Manuel García

Sánchez"Galano"

Page 19: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

-1 7 -

falamos con...

- Algúns deles estudaron no nosoSeminario; ¿como influíu este feito na súapoesía?

- Mondoñedo, polo Seminario e polaimprenta, foi unha luz que tamén iluminouas terras do Eo-Navia. No campo da literatu-ra encontramos, por exemplo, vilancicos quegardan certa relación cos que compoñían oschamados "cantores do Nadal"mindonienses. Naqueles autores que, comoFernández Mejeras, realizaron estudos ecle-siásticos, é evidente o dominio que posúenda lingua -sexa galego, sexa castelán-, a for-mación nos metros clásicos e outros trazosque se deben, sen dúbida, á formación ad-quirida neste Centro. A maiores, existe unhainfluencia indirecta do Seminario, a modo derede, a través de sacerdotes que preparabannas casas parroquiais a alumnos que reali-zaban exames por libre.

- Aínda que naceu en Ribadeo, ¿po-demos situar a Mejeras entre estes escri-tores do Occidente de Asturias?

- Amador nace en Ribadeo, pero o paidel era do concello de Castropol, a nai do deTapia de Casarego e a muller do de El Fran-co. Ademais de obter o título en Oviedo,exerceu o seu labor de mestre sempre enescolas do Eo-Navia. Polo tanto, por circuns-tancias familiares, de residencia e deamizades, penso que se pode considerar as-turiano. Acordémonos, como apoio do que

Mondoñedo,polo Seminarioe pola imprenta,foi unha luz quetamén iluminouas terrasdo Eo-Navia

Amador porcircunstanciasfamiliares, deresidencia e deamizades,penso que sepode considerarasturiano

Page 20: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 18 -

falamos con...

dicimos, daquel poema onde lembra a súasaída do Seminario, cando triste marchei deMondañedo / craro mencer primaveiral e que-do, / para vivir na miña Asturias fría. Despoisde todo, a división administrativa é algo sim-bólico que non se corresponde coa conviven-cia e as relacións que houbo sempre entreas xentes das dúas bandas da ría.

- ¿Como valora a poesía de Mejeras?

- Hoxe en día aínda non coñecemosben toda a súa creación. En principio, pensoque conviña xebrar dalgún xeito un grupo depoemas, da época da posguerra, de carác-ter laudatorio de cara a persoas relaciona-das co réxime implantado por Franco, temá-tica bastante habitual nos escritores da épo-

Ovidio Martínez Alvarez

A divisiónadministrativa é

algo simbólicoque non se

correspondecoa convivencia

e as relaciónsque houbo

sempre entre asxentes das dúas

bandas da ría

Page 21: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 19 -

falamos con...

ca. Quedando co resto da súa produción, noaspecto formal valoraría o dominio queposúe do soneto e, referente aos temas, des-tacaría o lirismo en relación coa terra e taméncoa persoa amada, especialmente nascomposicións adicadas a Mercedes, á súamuller. A miúdo ese lirismo vese reforzadopolas adicatorias dos poemas, de forma queemanan unha singular humanidade. Penso,ademais, que posúe un valor engadido setemos en conta que foi moi amigo do boalésOvidio Martínez Álvarez "Ovidio de Queipo"e que os dous aportan aires de moderniza-ción e renovación da poesíagalegoasturiana.

- ¿Non cre que a dispersión da súaobra impide que sexa coñecido e valo-rado?

- Penso que a Fernández Mejeras, igualque a outros escritores comarcais, non se llesfixo aínda xustiza, por dicilo dalgún xeito.Existen autores cunha obra máis reducidaque figuran nas historias da literatura. O feitode que os seus poemas se publicaran na pre-sa comarcal e non se recolleran en libro tivomoito que ver con que non fose coñecido anivel de toda Galicia. A esta eiva habería queengadir que a miúdo, na sociedade local, amoitos destes poetas, por teren determina-do carácter, padeceren unha enfermidade ousimplemente dedicárense á poesía, non todoo mundo valorou adecuadamente a súa crea-ción. E coido que a figura de Mejeras nesteaspecto ten estado bastante condicionada emesmo distorsionada.

No aspectoformal valoraríao dominio queposúe dosoneto e,referente aostemas,destacaría olirismo enrelación coaterra e taméncoa persoaamada,especialmentenascomposiciónsadicadas aMercedes, ásúa muller

Page 22: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 20 -

falamos con...

- Neste ano que se celebra o cente-nario do seu nacemento ¿non haberíaque intentar xuntar e publicar toda a súaobra?

- Coido que é sumamente necesario.Cando menos, para termos unha visión ple-na da súa creación. Sería o mellor xeito decelebrar o seu centenario. Hoxe en día con-tamos con soportes dixitais que permitenescolmala e transmitila, aínda que non sepublique en papel. Un posible "Arquivo Lite-rario Mindoniense" que recollese a obra com-pleta de Mejeras e outros autores relaciona-dos co Seminario sería de enorme utilidadepara preservar unha extraordinaria riquezacultural que soe pasar desapercibida.

- ¿Algo que engadir?

- Quero só felicitarvos pola constanciaque tedes na edición de Amencer e darvosas grazas polo labor de difusión querealizades da obra dos diferentes autores queides lembrando nos sucesivos números.Desexo tamén que moitos dos que hoxeestudades superedes o sacrificio diario quesupón a asistencia a clases e o que iso levaconsigo, para que vos sigades ilusionandocoa revista e valoredes todo o que ela vosaporta.

DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 4º ESO

Un posible"ArquivoLiterario

Mindoniense"que recollese aobra completa

de Mejeras eoutros autores

relacionados coSeminario sería

de enormeutilidade para

preservar unhaextraordinaria

riqueza culturalque soe pasardesapercibida

Page 23: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 21 -

Ro

tulo

uJA

CO

BO

CH

AO

LO

MB

AR

DE

RO

,3

º E

SO

colaboración

ABRILEÑA

Amor ha clavado certero su dardomuy hondo en las fibras de tu corazón.¿Acaso no sabes que al vate, que al bardodeleitan los labios de carmín y nardo,ardientes volcanes de encanto y pasión?

Mis versos sentidos que son como un trinoinunden tu pecho de paz celestial.Absorto contemplo tu rostro divino.Tranquilo te busco, cual fiel peregrino.En ti encuentro gracia, belleza ideal.

Acepta la ofrenda de mi poesía.Dichosa fue aquella mañana de abril.Oreaban las auras la vega sombría.Risueño tus manos besé, ¡qué alegría!Oyose en los bosques murmullo gentil.

AMADOR F. MEJERASLas Riberas del Eo, nº 3090, de 25-8-1934)

ARREDOR DA VOCACIÓN LITERARIA DE MEJERAS

por Xoán Babarro

Page 24: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R

- 22 -

colaboración

A Amador Fernández Mejeras clasificámolo, xunto co figueirenseFrancisco Fidalgo Villaveirán (1913-1998) e o boalés Ovidio MartínezÁlvarez (1915-1945), dentro da Xeración galegoasturiana de 1936(vid. Évos un amaicer guapo. Aproximación á poesía en lingua galega

do Principado de Asturias).Os tres foron mestres, ostres foron bos amigos e ostres publicaron en Las Ri-beras del Eo. Falecido enplena xuventude o de Boal,é a amizade entre Amadore Paco a que perdura aolongo dos anos.

Por Fél ix Vil laresMouteira sabemos queAmador comezou a facerversos cando contaba condezasete anos (vid. Unalpendre de sombra e deluar. A escola literaria dadiócese de Mondoñedo-Ferrol). A dimensión litera-ria vai ser desde ese mo-mento un aspecto esencialda súa personalidade. Elsente, coma tantos autores,a expresión poética comounha necesidade vital;pero, no seu caso, salientamáis este trazo se temos

en conta a problemática familiar que lle condicionou a existencia, enparticular, a propia saúde e a de Mercedes, a súa muller. Non foroneses os únicos contratempos; xa que tamén tivo que enfrontarse áescasa consideración dos seus escritos que a miúdo era profesadapor certos sectores da sociedade do occidente asturiano, fenómeno

Amador coa súa irmá Pepita

Page 25: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 23 -

A M E N C E Rcolaboración

bastante habitual con aqueles autores comarcais que non chegarona recoller en libro a súa produción. Digamos que resultaba frecuentenon seren tomados con total seriedade. Quero lembrar, a propósito, oque me escribía unha filla do tamén poeta Antolín Santos MedianteFerraría: "Recuerdo un comentario que hicieron no sé en qué periódi-co criticando los versos de Mejeras y que mi padre salió enseguidaen su defensa, como él sabía hacerlo" (Amador visitou a Santos máisdunha vez na casa familiar de Piantón, onde este último exercía demestre).

A infravaloración dos escritores comarcais por parte dos veciñosvaise, en parte, superando nos nosos días, por seren contempladoscon outras perspectivas culturais e mesmo humanas. Os escritos deAmador iniciaron o camiño do recoñecemento público a través dasdúas obras citadas máis arriba e consolídase agora por medio dopresente número de Amencer.

Con esta nota quero resaltar o labor exercido por estes poetasque, a pesar de seren incomprendidos, con independencia dos te-mas que desenvolveran, acercaron a vivencia poética a un sector depoboación alleo ás novidades bibliográficas e popularizaron formascultas a través de recitados, de textos manuscritos ou mecanografadose desde a mesma prensa local. En Mejeras destaca o empregomaxistral dos metros clásicos (o soneto, a oitava real, o quinteto...). E,referente aos temas, sobresae dun xeito especial o canto ao amor eá amizade. Lendo os seus poemas podemos darnos unha idea dassúas ricas relacións sociais. Abonda con botarmos unha ollada aossetenta e seis inéditos Poemas nupciales, dedicados a diferentesamigos no día do casamento, ou os que lle escribiu a Mercedes, paratermos unha pequena idea da súa humanidade.

Soy artista bohemio, vagabundo,engendro misterioso del Dolor;soy el poeta que recorre el Mundo,imagen peregrina del Amor.

(Do soneto "Indiferencia")

Page 26: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

- 24 -

A M E N C E R a carón do lume

Rotulou:DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

C A N T I G A S

Ti falar, falas moi ben;mais non debías falar.Pareces un carro velloco eixo sen apretar.

Pasei pola túa portae mirei polo cerrollo.O demo da túa vellameteume un pao por un ollo

Unha vella e mais un vellofixeron unha empanada.O vello comeuna todae a vella quedou sen ela.

Recollidas en MONDOÑEDO

por DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

A pandeireta non tocaporque lle doe a barriga.Hai que lle dar chocolatecomo a unha muller parida.

Maruxa, se vas á feiracómprame un porco rabelo.Que se mo compras con rabonon me cabe no cortello.

Heiche dar o meu boi mouroe mais a vaca marelapra que me dias a queridiñapra casarme con ela.

Recollidas en MONDOÑEDOpor BRAULIO CASABELLA AMIEIRO,

3º ESO

Page 27: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E Ra carón do lume

- 25 -

Cando a miña Carmeliñatiña vinte anos cumplidosera a máis guapa do puebloe envidia dos veciños.Non houbo quen a egañaranin quen lle dera un mal bicoporque eu sempre lle aconsellabaque casar cun rico.Pero unha noite de inverno,por lástima e compasión,darlle pousada a un rapazfoi a nosa perdición.Empezounos a contarque era un roxo escapadoque andaba de paragüeropor facerse o despistado.Enseñounos moedas de ouro,cheques do Banco Pastor.Tanto nos fixo creerque sería un gran señor.E mais o día seguintemandeino quedar na casaai, xa que era tan ricopra casalo coa rapaza.E non parecerá mentiraque viña tan ben vestidoque parecía un turistae era un simple paragüerodeses da terra da Chispa.

Recollido en MONDOÑEDOpor BRAULIO CASABELLA AMIEIRO,

3º ESO, a quen lla dixo seu avóJESÚS AMIEIRO CARBAJALES

ROMANCE DE CEGO

Debuxou: LUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESO

REFRANS

* Abril frío, fornosquentes, alegría prósmeus dentes* Mentres tempo nonvén, sazón non pasa.* Polo rabo da culler foio gato ás papas

Page 28: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

follas novasA M E N C E R

- 26 -

O VAGABUNDO

Andamos sen rumbo,percorrendo camiñose buscando ó vagabundo.

Non o vemos por ningún lado,pero a piques estamosde encontralo.

Imos polo ceo,pero seguimos sen velo.Agochado estabadebaixo do escaravello.

PABLO MIGUEZ GARCÍA, 2º ESO

O AMIGO

O amigo éun sentimento

O amigo éamor.

O amigo éunha ilusión.

O amigo éun gran temor.

AITOR LÓPEZ FERNÁNDEZ, 2º ESO

Rotulou:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

Page 29: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

follas novas A M E N C E R

- 27 -

ELA, ELA É

Ela, ela é.Ela, ela é.Ela, ela é a persoa adecuada.Ela, ela éEla, ela é.

Comgo sempre, triste e alegre,pero o importante é que está sempre comigo.

Ela, ela é.Ela, ela é.Ela, ela é a persoa adecuada.Ela, ela éEla, ela é.

Cando vou de caza sempre me persegue,pero cando vou prá casa nunca me persegue.

Ela, ela é.Ela, ela é.Ela, ela é a persoa adecuada.Ela, ela éEla, ela é.

DANIEL FERNÁNDEZ VILLAMEL, 2º ESO

ESTACIÓNS

No inverno hai neve.Na primavera, flores nacidas.No verán hai sole no outono, follas caídas.

ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

Page 30: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

faise saber...A M E N C E R

- 28 -

Rotulou:ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

... Que foi noticia:

... un dos segundos premios que acadou o noso compañeiro de

1º de ESO, Adrián Otero Candia no certame de debuxo infantil convo-cado polo Centro Cultural «José Domínguez Guizán» de Begonte cogallo do Nadal. Foi o debuxo que ilustrou a tapa do número 220 de

Amencer.

... Que é noticia:

... a celebración da festa de San Rosendo, patrono da Diocesede Mondoñedo-Ferrol, o día dous de marzo cunha Eucaristía que pre-sidida polo Bispo, don Manuel Sánchez Monge, na Catedral.

... Que vai ser noticia:

... a charla sobre A seguridade dos adolescentes en Internet enas redes sociais que nos vai impartir un especialista en seguridadeda Xunta de Galicia o vindeiro dñia 15 de marzo.

a redacción

Page 31: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

SOPA DE LETRAS

por AITOR LÓPEZ FERNÁNDEZ, 2º ESO

Busca o nome de OITO comidas típicas do antroido

LGUARIENORTSAC

AEAFGBOTYLCÑOO

MDGOHAOLEDHOBS

OTRRABI

GRI

ORNO

NZOEEI

OSEXUTOT

TOYLTLGBIHRSOA

EEALISOESLIARR

VEVAATASLEZCEI

PASSERDIAZOZPE

DUNLOEROSCSAAH

EOOVPATACASIRC

OSAEANOLECRDTA

EATGBSQUILINOC

LACONGEIRONIAP

chispa

- 29 -

Rotulou:CRISTIAN CORNIDE YANES, 4º ESO

A M E N C E R

Page 32: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

A M E N C E R chispa

- 30 -

Solución á CHISPA do número

á SOPA DE LETRAS

a ¿QUE CAMIÑO?o B

CHISTE

A ORELLA DO CANTEIRO

Estaba un canteiro nun andamio baixando na lousa e unha daslousas cortoulle unha orella. Empezou a berrar preguntando por ela. Ocompañeiro, que estaba en baixo, púxose a buscala no rebo, atopounae díxolle:

- Non te preocupes que está aquí.O amosoulla e o canteiro respondeulle:- Esa non é a miña, que lle falta o lapis

Page 33: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

De 2º de ESO

Ernesto Barro JiménezJosé G. de Orozco DondiDaniel Díaz VillamelAitor López FernándezPablo Míguez García

de 3º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

de 4º de ESO

Xoán Babarro GonzálezFélix Villares Mouteira

Debuxou a tapa:ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

A M E N C E R

- 31 -

Adrián Carballeira MontenegroCristian Cornide YanesDiego García LópezDavid Otero LópezLuís Torreira García

Rotulou:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 3º ESO

Page 34: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXXI - NÚMERO 221 xaneiro - febreiro 2013 · A ver se alguén se anima. Queremos agradecerlle ó amigo ... escrita "La Historia de Asturias" construída con vinte e ... un conxunto

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: