ano xxx - nÚmero 220 novembro - decembro 2012 · - vostede naceu en colombia ¿que motivos o...

36
ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 30 1982-2012

Upload: others

Post on 20-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012

301982-2012

Page 2: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 227740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

subdirector:JUAN J. MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

redactor xefe:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

consello de redacciónLUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 3º ESOJOSE G. DE OROZCO D., 2º ESOADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 220novembro - decembro

2012

taboleiro

. tapa: rosetón. Bo nadal!

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. falamos con... Carlos Tulio Alzate Natera, 3. faise saber..., 11. especial nadal, 13. a carón do lume, 14. follas novas, 15

* Adrián Carballeira, O nadal, 15* Adrián Carballeira, É nadal, 16* Daniel Fernández, Chega o

nadal, 16* David Otero, O nadal, 17* Braulio Casabella, Xa se

acerca o nadal, 17* Pablo Míguez, Libro máxico, 18* Adrián Otero, Unha misión

imposible, 21. os nosos escritores e o nadal, 25. chispa, 29. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

www.mondonedoferrol.org/amencer.htm

Page 4: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 2 -

A M E N C E R a xeito de cancela

Debuxo de: ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

A XEITO DE CANCELA

É tempo de Nadal. Xa sabemos que, desde fai meses,os grandes comercios, as grandes superficies comerciaisnos queren meter nos miolos o seu nadal consumista, queé ben distinto, ben diferente do que debe ser o noso Nadal.Para estes case é Nadal todo o ano.

É Nadal, tempo de ledicia que todos debemos com-partir. É o tempo de ser solidarios nun mundo cada díamáis insolidario, máis egoísta; nun mundo azoutado porunha crise que levou a moitas persoas ó paro, a perder asúa casa...

Nós neste Nadal queremos paz, queremos ledicia paratodos. Isto é posiblese todos somos unchisquiño máis xustos,máis solidarios... me-nos egoístas.

É Nadal. ¡Que osexa para todos oshomes e mulleres domundo enteiro!

Desde Amencer:¡BO NADAL E XEITOSOANO 2013!

a redacción

Page 5: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 3 -

A M E N C E Rfalamos con...

Rotulou:. ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

«O Señor foi chamándome aospoucos durante eses anos a

seguilo máis de preto, a dedicara miña vida á misión da Igrexa

como sacerdote misioneiro»

CARLOS TULIO ALZATE NATERA, Formador e profesor do Seminario.

«Entendín que en Galicia poderíaaxudar e servir bastante á Igrexa

e ás persoas»

Page 6: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 4 -

A M E N C E R falamos con...

- Vostede naceu en Colombia ¿quemotivos o fixeron vir a España?

- Si, eu nacín en Colombia. O motivoporque vin a España non foi outro queestudar e formarme para ser sacerdotemisioneiro. Cando tiña quince anos a travésdunha amiga coñecín a uns sacerdotesmisioneiros españois que estabantraballando en Medellín. Participei con elesnunhas convivencias, exercicios espirituaise actividades misioneiras con mozos que metransmitiron unha visión nova da miña vida,da fe e da Igrexa. Cando terminei os meusestudos secundarios antes de ingresar áuniversidade tomei a decisión de vir estudara España e prepararme para ser sacerdotemisioneiro.

- ¿Canto tempo leva en España?

- Cheguei a Madrid poucos días antesde cumprir dezaoito anos e agora teño trinta

Carlos Tulio Alzate Nateraé o novo formador eprofesor do nosoSeminario, desde este curso.É colombiano e foi ordenadosacerdote na CatedralBasílica de Mondoñedo.Con el mantivemos aseguinte conversa.

O motivo porquevin a Españanon foi outro

que estudar eformarme paraser sacerdote

misioneiro

Page 7: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 5 -

A M E N C E Rfalamos con...

e sete anos, polo cal levo a metade da miñavida máis un ano en España e deses anos,oito en Galicia.

- ¿Por que veu a Galicia?

- A miña vocación sempre foi misioneira.Ir alí onde haxa máis necesidade. Estar enMadrid é atractivo e cómodo pero co conselloduns amigos sacerdotes e preguntándolle aDeus onde quería que vivise o meusacerdocio entendín que en Galicia poderíaaxudar e servir bastante á Igrexa e áspersoas.

- ¿Custoulle moito adaptarse a vidaen Galicia e en España?

- Moitas cousas eran totalmente novaspara min. A sorte é que falamos en mesmoidioma: o castelán. Pero como vin sendonovo funme adaptando rapidamente á cultu-ra e os costumes e aprendín moito durantetodos estes anos.

- ¿Vota de menos ó seus país e a súafamilia?

- Por suposto que os boto de menos.Coas vantaxes das novas tecnoloxías esta-mos en contacto moi a miúdo. Ao principio aeles e a min custounos moito, pero a miñavocación aquí en España é para toda a miñafamilia un estimulo na súa vida e na súa fe.Apóianme sempre e están pendentes de todoo que sucede alí onde vivo.

A miña voca-ción sempre foimisioneira. Ir alíonde haxa máisnecesidade

... entendín queen Galiciapodería axudare servir bastan-te á Igrexa e áspersoas

Page 8: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 6 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Como xurdiu a súa vocación ósacerdocio?

- A miña vocación sacerdotal xurdiu nomedio de encontros, retiros, exerciciosespirituais e traballo con mozos. Contaba eucon quince anos e levaba desde a primeiracomuñón sen ir a misa os domingos eafastado da fe e da Igrexa. Unha amigainvitábame constantemente a convivenciase retiros espirituais con mozos e sempreatopaba unha escusa para dicirlle que non.Insistiume tanto durante todo un ano que nonme quedou máis remedio que dicirlle que sie fun a unha convivencia de tres días e alípuiden vivir ese re-encontro sinxelo pero pro-fundo co amor de Deus que renovou a miñavida, a miña fe e o meu xeito de velo todo.

A miñavocación

sacerdotalxurdiu no medio

de encontros,retiros,

exerciciosespirituais etraballo con

mozos

E cando Deuschama: ¿Ven e

sígueme? omáis difícil é

dicirlle que non

Arquivo de Amencer

Page 9: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 7 -

A M E N C E Rfalamos con...

Desde ese momento empecei todo uncamiño e proceso de coñecer mellor a miñafe, de gozala e darme conta que a vida daspersoas sería moi diferente se descubrisenou re-descubrisen o tesouro da fe e do amorde Deus que nos mostrou e transmitidoXesucristo.

Resumindo, o Señor foi chamándomeaos poucos durante eses anos a seguilo máisde preto, a dedicar a miña vida á misión daIgrexa como sacerdote misioneiro. E candoDeus chama: ¿Ven e sígueme? o máis difí-cil é dicirlle que non.

- ¿ En que parroquias estivo?

- Ordenáronme sacerdote o ano 2005.Nese momento estaba estudando en San-tiago de Compostela un bienio de TeoloxíaFundamental, polo cal os meus dousprimeiros anos de sacerdocio colaborei envarias parroquias da zona de Ferrolterra: enSan Xosé Obreiro en Narón substituía eaxudaba ao párroco que estaba moi enfer-mo. Outro tempo estiven colaborando na pa-rroquia de Santa María de Neda.

Como vos contei a miña vocaciónsempre foi misioneira, por iso durante un parde anos fun á Arxentina de misións. Estiventraballando nunha diocese dun millón de ha-bitantes que á vez é moi pobre a nivel mate-rial e con poucos sacerdotes. Eses dousanos alí enriquecéronme bastante á vez quepuiden colaborar moito en dúas Parroquias.

E antes de vir ao Seminario por tresanos estiven traballando na Unidade Pasto-

Nos meus dousprimeiros anosde sacerdociocolaborei envariasparroquias dazona deFerrolterra

Page 10: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 8 -

falamos con...

ral do Ensanche de Ferrol que agrupa as pa-rroquias de Santo Domingo, Nosa Señora doRosario e San Pedro Apóstolo.

- Este curso veu para o Seminario.¿Como se atopa aquí?¿ Está a gusto?

- Sinceramente non mo esperaba. Oscamiños de Deus preséntansenos moitas ve-ces insospeitados e supérannos. Cada vezque chego a un sitio por primeira vez intentonon quedarme coas cousas exteriores, queteñen a súa importancia, e esfórzome porcentrarme e fixarme no máis importante: aspersoas. E polas persoas do lugar, pola súariqueza humana, os seus valores é que mechego a sentir a gusto. Moitas cousas sonnovas para min e atópome nesa etapa decoñecer e adaptarme. En xeral síntome ben.

- ¿Que lle gusta máis a parroquia ouSeminario? ¿Por que?

Humanamente a parroquia é máisatraínte porque todos os días estás en con-tacto con moitas persoas e realidades e paraun sacerdote novo a súa ilusión é estar coaxente e camiñar con eles na fe póndose aoservizo da Comunidade parroquial.

O Seminario é outra realidade. É untempo de formación humana e espíritual. Istotamén ten o seu atractivo e o seu desafío poisnon é fácil este labor. En definitiva intento queme guste o lugar no que estou.

Os camiñosde Deus

preséntansenosmoitas veces

insospeitados esupérannos

Humanamentea parroquia émáis atraínte

Page 11: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 9 -

falamos con...

- ¿Como ve o noso Seminario?

Vexo o Seminario como un lugar e untempo privilexiado para os alumnos, poisteñen ao seu alcance toda unha serie de re-cursos, de valores e de persoas dispostas aacompañalos neste difícil pero apaixonantecamiño que é crecer e vivir en liberdade.

Ás veces penso que non nos damosconta do todo, de que este lugar e este temposon un tesouro irrepetible e dáme pena quealgúns non o valoren e aproveiten ao máxi-mo. Cantos mozos coñezo que se tivesenestes medios e oportunidadesaproveitaríanos con moita ilusión eagradecemento.

- ¿Como lle vai co galego?

- Desde que vin vivir e traballar a Galicia

Deb

uxo

de D

AV

ID O

TE

RO

PE

Z, 4

º ES

O

Vexo oSeminariocomo un lugar eun tempoprivilexiadopara osalumnos, poisteñen ao seualcance todaunha serie derecursos, devalores e depersoasdispostas aacompañalosneste difícil peroapaixonantecamiño que écrecer e vivir enliberdade

Page 12: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 10 -

A M E N C E R falamos con...

DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 4º ESO

chamoume a atención o idioma e prestabamoita atención a como o falaban. A verdadeé que entendo practicamente todo o queescoito e leo. Na actualidade estou asistindoa unhas clases de galego na Escola Oficialde Idiomas e estou contento e aos poucossinto que vou mellorando.

- Que nos diría a nós, alumnos do Se-minario?

- Diríavos que vos paredes a pensar ereflexionar que estar no Seminario é unhagran oportunidade, un tempo privilexiado eun tesouro. Ogallá que de maiores non voslamentedes de non aproveitar este agasalloque con esforzo vos deron os vosos pais etodo o corpo docente que vos intenta acom-pañar do mellor xeito posible cada día queestades aquí.

Debuxou: ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

Na actualidadeestou asistindoa unhas clases

de galego naEscola Oficial

de Idiomas

Diríavos quevos paredes a

pensar ereflexionar que

estar noSeminario é

unha granoportunidade,

un tempoprivilexiado e un

tesouro

Page 13: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 11 -

A M E N C E Rfaise saber...

Rotulou:JACOBO CHAO LOMBARDERO, 3º ESO

... Que foi noticia:

... a celebración na Cidade da Cultura de Galicia en Santiagoda exposición Códices. Entre os doce códices e libros expostos estáa Legenda maior que pertence á biblioteca do noso Seminario. Trátasedun manuscrito feito a finais do século XIII do que se conservan enEspaña só tres exemplares: en Mondoñedo, en Sevilla e en Toledo.Nesa mesma exposición tamén está o Tumbo pechado da Catedralde Mondoñedo. Esta exposición pode visitarse ata o vindeiro seis dexaneiro de 2013.

... a viaxe a Santiago que fixemos a fin de semana do Pilar, ondevisitamos, entre outros lugares, a Cidade da Cultura. Alí vimos as dúasexposicións: Códices e Gallaecia petrea. Nesta última exposicióntamén hai varias pezas de Mondoñedo. Tamén visitamos a Catedralcos seus museos.

... a boa acollida que tivo o número de Amencer dedicado aLeiras Pulpeiro co gallo dos cen años do seu pasamento.

Page 14: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 12 -

A M E N C E R faise saber...

... a viaxe cultural que fixemos á cidade da Coruña o pasado díadezaseis de novembro, visitando a Casa das Ciencias co Planetario,a Domus e o Acuario.

... a celebración da festa de Santa Catarina, a nosa patrona, opasado día vinte e tres de novembro. Pola mañá, tivemos diversascompeticións deportivas, para rematar coa Eucaristía que presidiu oVigairo da Diocese, don Antonio Rodríguez Basanta. Logo houbo unxantar de festa. Pola tarde, tivemos o Gran Xogo de Santa Catalina.Rematou a xornada festiva coa entrega dos premios dos concursosde Debuxo e Poesía e narrativa.

... Que é noticia:

... o fallo do Certame de poesía e de narrativa, convocado cogallo da celebración da festa da nosa patrona, Santa Catarina. Ospremiados foron: Pablo Míguez García, de 1º de ESO; BraulioCasabella Amieiro, de 2º ESO, e David Otero López, de 4º de ESO.

... a entrega de premios do concurso de debuxo, que foi convo-cado con motivo da festa de Santa Catarina. Os gañadores foron:Adrián Otero García, de 1º de ESO; Ernesto Barro Jiménez, 2º ESO eLuis Torreira García, de 4º de ESO.

... a exposición de Catecismos con motivo do Ano da Fe, queestá ter lugar, desde o pasado día vinte e tres de novembro, na Salade Exposicións «San Rosendo» do noso Seminario.

... Que vai ser noticia:

... a instalación de varios nacementos no noso Seminario comose vén facendo desde hai varios anos.

a redacción

Page 15: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 13 -

A M E N C E Respecial nadal

Debuxo de:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

Page 16: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 14 -

A M E N C E R a carón do lume

Rot

ulou

: DA

VID

OT

ER

O L

ÓP

EZ

, 4º

ES

O

O tío Pepe estaba chorandoasí se chamaba o pai;acurruxando ó Neno,Mariquiña, súa nai.

Dese acolá enriba de lonxeastra aquí veñen correndopra cantar con alegríanovas do nacimento.

Cantade, logo, rapaces;cantade nenas taménpra acurrunchar o Nenoque naceu en Belén.

* * *

Meu Neniño pequeniño,eu non teño que che dar.Heiche traer unzas zocaspra cando saibas andar.

Eu son a filla do Corrixo,neta de José de Pradoo que queira saber máisque pregunte a un avogado.

Esta galiña che traigopra que che faiga un pucheiro;ten unha patiña rotaque lla rompeu o Romeiro.

Non sei de hoxe nun anoche poderei mandar un galo.Desde o mesmo fin do mundoheiche de mandar un regalo.

* * *

Como son tan pequeniñoe teño tan pouquiña vozsolo che poido dicir:¡Viva a nai do noso Neno!

Recollidos en MONDOÑEDO polo colectivo Amencer

Page 17: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 15 -

A M E N C E Rfollas novas

O N A D A L

O Nadal é unha data especial para os cristiáns.Reunímonos coa familia para festexar o nacemento deXesús.

Este 2012 foi un ano moi difícil para o noso país, poriso temos que celebrar o Nadal con humildade: debemosesquecernos das grandes festas e das compras innecesa-rias. Temos que acordarnos das persoas que están no paro,dos que foron desafiuzados dos seu fogares, dos que aco-den ós comedores sociais...

Este Nadal temos que pensar en todos eles eaxudarlles. Tamén pedirlle a Deus que non os esqueza.

ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

Rotulou:BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

Page 18: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 16 -

A M E N C E R falamos con...

O 25 de decembronaceu o Neno Xesúsnun pesebre moi pobre,pero cheo de luz.

Seus pais sorrían,as estrelas choraban,ó ver os ollos do neno,de alegría brillaban.

Todos estaban contentos.Todos de ledicia bailaban:xa, en Belén, nacera Xesúsó que todos desexaban.

ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

É NADAL

CHEGA O NADAL

Na miña árbore de Nadalcatro desexos vou colgar:saúde, traballo, amore paz

Xa chega o Nadal,comeremos turrón e mazapáne cantaremos panxoliñassen parar.

DANIEL FERNÁNDEZ VILLAMEL, 2º ESO Deb

uxo

de: E

RN

ES

TO

BA

RR

O J

IMÉ

NE

Z, 2

º ES

O

Debuxo de:DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 19: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

-1 7 -

follas novas

O NADAL

Algo raro está a pasarnesta festa de Nadal:unha estrela grande alumae tres homes detras dela van.

Nun caseto con dous burrosunha muller dá a luza un meniño moi ledoque o seu nome é Xesús.

Os tres homes que a luz seguíancara o alpendre de Belén vancon incenso, ouro e mirrapara o regalo do Nadal.

Xosé, María e o Neno Xesúscantabam sen cesar:«O que este poema leaque teña un FELIZ NADAL»

XA SE ACERCA O NADAL

Irmán meu, xa se acerca o Nadal.É tempo de compartir, recibir e tamén dar,De preparar os nosos corazóns para celebrarA chegada de Cristo neste día sen igua.

Nadal, ten significadoo universal:Significa nacxemento e tamén NatividadeQue naceu o Slavador de toda a humanidade.esperemos con ledicia que logo chegará...

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

Debuxou:JUAN J. MONTOUTO

CHÁVEZ, 3º ESO

DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

Debuxo de:ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

Page 20: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 18 -

follas novas

Unha vez catro amigos chamados Lorena, Lucía, Alex e Diegodecidiron ir á biblioteca nas vacacións de Nadal.

Ían camiñando cara a biblioteca e viron que as rúas estabanbaleiras, sen xente. Estrañáronse moito. Ao chegar á biblioteca vironque alí tampouco había ninguén: nin xente nin recepcionista... ninguén.Non lle deron importancia.

Os catro buscaban un libro para ler xuntos. Ó pouco tempoLorena dixo:

- Atopei un libro que me ten moi boa pinta. Chámase Aventurasdo Nadal.

Collérono e sentaron os catro nunha mesa. O libro, na primeirafolla poñía: «Ler as consecuencias antes de empezar a lectura». Asconsecuencias dicían: «Este libro non é un libro normal e corrente:agocha moitos misterios e fenómenos paranormais. Se es unhapersoa caguiña, pecha o libro e déixao onde estaba».

Os catro reflexionaron se ler ou non o libro. Ao final, decidironlelo.

Empezaron... cando xa levaban lidas uns cantas follas, todoempezou a tremer: mesas, luces, andeis... os libros voaban... e, derepente, o libro enguliunos e adentrounos nun mundo paralelo e moiestrano.

Apareceron nun sitio parecido ao Polo Norte. Non sabían ondese atopaban. O único que vían era neve e máis neve, pero naquelmundo paralelo había unha diferenza: o ceo era de cor verde.

Comezaron a explorar e a buscar a forma de saír daquel mundotan raro. Atoparon un neno que levaba alí setenta e cinco anos.Estarédesvos a preguntar: ¿Un neno de setena e cinco anos? Si.Alí axente, a pouca que había, non envellecía. O neno chamábase Tomás.

Tomás preguntoulles como chegaran ata Cartejia, que así sechamaba o lugar onde estaban. Diego explicoulle como chegaran.Tomás díxolles que Cartejia era un lugar perigoso e que, se querían elpodia levalos ata Papá Noel que era o rei absoluto de Cartejia. PapáNoel podía axudalos a regresar ó planeta Terra.

Por suposto, que os catro lle dixeron que si. Foron andando

LIBRO MÁXICO

Page 21: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 19 -

follas novas

neve. Era moi alto, moi alto, de cor laranxa; tiña un casco e ía monta-do nun trineo que tiña armas. Tomás, que xa era todo un experto enquitarse do medio os Cefapó, eses monstruos, saltou e desenvainoua súa espada e partiuno en dous anacos. Os catro amigos quedaroncoa boca aberta.

Máis tarde, Tomás decidiu levalos á súa casa para darlles ar-maduras e algo co que se puidesen defender. Tamén lles deu comidae bebida pois naquel planeta a comida non era coma a da terra. Ha-bía cápsulas con sabores de todas as comidas e da auga.

Cando xa tiñan todo listo, patiron cara o pazo de Papá Noel.Tras levar moito tempo camiñando chegou a noite e decidiron acam-par nunha cova que atoparon. Adentráronse naquela cova escura eescoitábanse uns ruídos moi estranos. Por iso Tomás soubo que ha-bía un letardo. Os letardos eran como os guepardos, pero tiñan moitaforza e características de dous animais: a de camuflarse coma oscamaleóns e a de ter veleno coma as serpes. Se te roían inxectábancheun veleno mortal. Se non te pinchaban cun mosquito morrías. Os mos-quitos, que eran duns dous metros de alto, sorbían o veleno.

cara ó pazo de Papá Noel e apareceu un monstruo de debaixo da

Deb

uxo

de: L

UIS

TO

RR

EIR

A G

AR

CÍA

, 4º E

SO

Page 22: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 20 -

follas novas

Tomás estaba moi atento por se aparecía o letardo, cando... desúpeto sae de camuflarse entre as rochas o letardo e roe a Lucíainxectándolle o veleno. Tomás díxolles que se fosen con Lucía no coloe que buscasen un mosquito, mentres el se encargaba do letardo.

Os tres ían andando. Alex levaba a Lucía en brazos, que estabaa piques de morrer, cando Lorena dixo:

- Que sorte! Alí no fondo hai un mosquito. Diego, amosando unhagran valentía, foi correndo ata onde estaba o mosquito. Avalanzousesobre el, agarrouno e levouno a onde estaba Lucía. O mosquitochupoulle o veleno, pero case a acaba de matar. Tomás esquecérasede dicirlles que, ao ser máis grandes tamén chupaban unha maiorcantidade de sangue. Por sorte, Lucía foise recuperando pouco apouco, mentres o mosquito morría lentamente.

Seguiron camiñando e atopáronse con Tomás. Xa quedabapouco para chegar ao pazo de Papá Noel.

Á fin, chegaron. Petaron á porta e apareceron abríndolles dousmetade humanos e metade renos. Eran os gardiáns do pazo.

Explicáronlles que necesitaban falar con urxencia con Papá Noelpara que os mandase de volta ó seu planeta. Estes non acederon.Non se deron por rendidos. Tomás díxolles que non tivesen medo,que ían saír de alí. Deuse a volta a cortoulles a cabeza coa súa afiadaespada. Os rapaces subiron correndo a xunto de Papá Noel, mentresel se encargaba dos demais gardas.

Chegaron a xunto de Papá Noel e pedíronlle por favor que osmandase de volta ó seu planeta. Este accedeu, pero pediulles a cam-bio que acertasen unha adiviña. Se fallaban, quedarían en Cartejiade por vida. Aceptaron. Papá Noel díxolles que a adiviña era: «cantomenos luz hai, máis se ve». Os rapaces quedaron varios minutos pen-sando que podía ser ata que, de pronto, a Alex ocurríuselle unha solu-ción e comentouna cos seus amigos. Todos viron a resposta lóxica edixeron os catro á vez: «¡A lúa!». Acertaran. Papá Noel deulles anoraboa e creou un portal tridimensional e mandounos de volta á casa.

Cando chegaron á biblioteca deixaron o libro onde estaba e cadaun foi para a súa casa para celebrar o Nadal.

PABLO MÍGUEZ GARCÍA, 2º ESO

Page 23: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 21 -

follas novas

Page 24: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R

- 22 -

follas novas

Page 25: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 23 -

A M E N C E Rfollas novas

Page 26: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

- 24 -

A M E N C E R follas novas

.

Debuxou o comic:. ADRIÁN OTERO CANDIA, 1º ESO

Page 27: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E Ros nosos escritores e o nadal

- 25 -

Rotulou:DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

O que foi moitos anos párroco de Mondoñedo, don José MaríaLópez García, deunos unha carpeta con programas de actos feitospolo Nadal e tamén con versos e diálogos para seren recitados. Desacarpeta sacamos os poemas e diálogos que van nas páxinasseguintes. En ningún figura o nome do autor. Publicámolos coa or-tografía coa que foron escritos no seu momento.

Non chores, Neno, non chorespola ingratitú dos homes;nin teñas pena, meu Ben,se algún corazón malvadonon quer estar ó teu lado,estou eu cheo de fe.Aquí tes a miña alma,

corazón e canto teño;todo cho dou, meu amor,todo cho dou sin recelo.O teu poder é moi grande,o teu reinar, sempiterno...gárdame pra cando morraun recunchiño no Ceo

NON CHORES, NENO

Page 28: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

os nosos escritores e o nadalA M E N C E R

- 26 -

REGALO PROVEITOSO

Recolle este garabelo,anda amodiño con el;cuida ben que non lle topenque algo leva que romper.

Vaiche dentro unha botellade viño de moscatel;aforras botarlle azucreporque é máis doce có mel.

Van tamén dúas ducias de ovos;e cubertos cun papel,dous reás de mantecadosque antontes mesmo merquei,con outras zarapalladasno mercado en San Miguel.

Debuxo de:JUAN J. MONTOUTO

CHÁVEZ, 3º ESO

Agora si que é a certade que temos que bailar,pois chegamos ó Neniñoque nos vén a remediar.

A coitadiña de Virxendoille o velo tembrar,porque non ten, miña xoia,paniños pra o acochar.

Non porque pobre nascesedeixa de ser Neno real,pois fillo do Rei divinoé tan grande Maxestá.

V E R

S O

Ben o vedes, meu rapaces,que gordo e garrido está.anque nasceu o probiñoentre as pallas dun portal.

Os anxeliños da groriase lle poñen a cantar;e tamén os paxariños,cousas de moito solaz.

Debuxo de: DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 29: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

os nosos escritores e o nadal A M E N C E R

Deb

uxo

de D

IEG

O C

OR

NID

E Y

AN

ES

, 3º E

SO

1º.- Mira pro Neniñocomo ríe no colo da Nai¡que olliños! ¡que cara!

2º.- E máis é verdá

1ª.- A vaca e a mulaalento lle dan.

2º.- (interrumpíndoo)Mira como chovedentro do portal.

1º.- Chove coma fóra¡canto frío fai!

2º.- Pero o Neno ríe¿Por que reirási fai tanto fríoque lle fai temblar?

1º.- Ben sei que nosoutroshémoslle gustarpois por outra cousanon se reirá.

2º.- (dirixíndose ó Neno)¿Ríes, meu Neno?¡que gsuto me dás!

1º.- Son os teus olliñoscomo de cristal.

2º.- Eu tamén quixeraestar na cova.

1º.- Nós ímonos xapro antes Neniñodéixame mirareses teus olliños,esas túas maos.

2º.- Un rinconciño no ceocreo me prepararáspra poder mirarte semprepra poder de ti gozar.

1º.- Adiós, meu Neniño,levanta esas maos.Bedíceme, Rei,bedíceme xa.

MIRA PRÓ NENIÑO

- 27 -

Page 30: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

os nosos escritores e o nadalA M E N C E R

- 28 -

VEÑA RUADA

1ª e 2ª.- Alegría, festa e risanas aldeas, ríos e montesque xa neceu na boa noiteXesús da Virxe María.

1ª.- As lenguas nin os pes quedosnon están diante o portal.as lenguas pra cantar moito,os pes pra moito saltar.

2ª.- O barullo da foliadadeste día sea talque aló no cabo do mundose sinta tembrar o chan.

1ª e 2ª.- Alegría festa e risa...1ª.- Ferreñas e pandeiretas

frautas, gaitas, inda máiscastañetas e pandeiros¡pastores repinicar!

2ª.- Non hai corazón que hoxesin gana está de foliare adorar ó Pequeninoque entre as pallas está.

1ª e 2ª.- Alegría festa e risa...1º.- Bendita sexa a miliña

que o Neno axuda a quentar;bendito o boiño seaque o seu alento lle da.

2ª.- Lástima que teña eu a carade craco e barbas de ourizo:se no fixera chorarhabíao comr a bicos.

1ª e 2ª.- Acabade compañeiros,por agora de ruarpara volver con mais forzadentro dun pouco a bailar.

Debuxos de:BRAULIO CASABELLA

AMIEIRO, 3º ESO

Page 31: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

SOPA DE LETRAS

por AITOR LÓPEZ FERNÁNDEZ, 2º ESO

Busca o nome de DEZ figuras dun nacemento

LPMARIBNJIASAP

INAFABOTMLMÑPO

AEINHAOLUDOABT

ANXRABI

GLISRNE

XOSEAI

OSATCTOJ

DOYCTSGTOVELLA

EEAEISARSLAARI

IEVNAEELBEVCEN

OASTOSDOAZRZPS

RUNMARIASCIAAA

IOMVXCISEDOREH

ISAEANOLECRDTR

MATGBAQUILINOE

ESTRELAIRONIAP

chispa

- 29 -

Rotulou:CRISTIAN CORNIDE YANES, 4º ESO

A M E N C E R

Page 32: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

A M E N C E R chispa

- 30 -

Solución á CHISPA do número 219

¿QUE CAMIÑO?

¿Que camiño ten seguir Papá Noel para chegar ó portal?

PABLO MÍGUEZ GARCÍA, 2º ESODIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 33: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

colaboraron

de 2º de ESO

Ernesto Barro JiménezDaniel Díaz VillamelAitor López FernándezPablo Míguez García

de 3º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

de 4º de ESO

Debuxou a tapa:Adrián Otero Candia, 1º ESO

A M E N C E R

- 31 -

Adrián Carballeira MontenegroChristián Cornide YenesDiego García LópezDavid Otero LópezLuís Torreira García

de 1º de ESO

Adrián Otero Candia

Page 34: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXX - NÚMERO 220 novembro - decembro 2012 · - Vostede naceu en Colombia ¿que motivos o fixeron vir a España? - Si, eu nacín en Colombia. O motivo porque vin a España non

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: