reuniÓn da comisiÓn 3.ª, economÍa, facenda e orzamentos€¦ · a comisión 3.ª, economía,...

30
REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 26-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,

FACENDA E ORZAMENTOS

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

 

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio de 2013, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto único. Proposicións non de lei en Comisión 1 1847 (09/PNC-000141) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis Sobre a elaboración dun plan de viabilidade futura que garanta a obra social das

antigas caixas de aforro galegas e o mantemento do emprego vinculado a ela Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.01.2013 2 2474 (09/PNC-000173) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis Sobre a demanda que debe realizarlle o Goberno galego ao Goberno central en

relación cos obxectivos sobre o déficit futuro da Comunidade Autónoma de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013 3 4599 (09/PNC-000343) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Arias Veira, Pedro Manuel e 5 máis Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas para o avance na

documentación, constitución e actualización dun catálogo de rexistrosadministrativos e sistemas de información da Administración xeral e do sector público autonómico, susceptibles de aproveitamento estatístico

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 64, do 06.03.2013 Publicación correccións, BOPG n.º 74, do 21.03.2013 4 4899 (09/PNC-000375) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fernández Calviño, David Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno español da eliminación das

Sociedades de Inversión de Capital Variable e o establecemento dunhaequiparación dos impostos das rendas altas españolas cos soportados polos seus homólogos no resto dos países de la UE-15

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 20.03.2013 Publicación correccións, BOPG n.º 80, do 03.04.2013 5 5338 (09/PNC-000424) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

 

Beiras Torrado, Xosé Manuel e Díaz Pérez, Yolanda Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co

pagamento de gratificacións extraordinarias en concepto de dirección por obxectivos e o estudo da repartición de dividendos con cargo ao exercicio 2012 na empresa pública Tragsa

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 27.03.2013 6 6170 (09/PNC-000495) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa

situación dos aforradores afectados pola comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas, tras a aprobación do plan de reestruturación de Novagalicia Banco

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 89, do 18.04.2013 7 6172 (09/PNC-000497) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central

para garantir a continuidade da obra social de Novacaixagalicia, así como a retirada do Anteproxecto de lei de caixas de aforros e fundacións bancarias

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 89, do 18.04.2013

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

José Antonio Sánchez Bugallo Presidente da Comisión

 

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E

ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S

VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P

SecretarioPedro Manuel Arias Veira P

Xosé Manuel Beiras Torrado AGEJuan Carlos González Santín SJavier Jorge Guerra Fernández PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAbel Fermín Losada Álvarez SMaría del Carmen Pardo López PMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PGonzalo Trenor López P

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1. Proposicións non de lei en Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 1847(09/PNC-000141)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis

Sobre a elaboración dun plan de viabilidade futura que

garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e

o mantemento do emprego vinculado a ela

Publicación da iniciativa, 27, 07.01.2013

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados e da súa deputada, Abel Losada Alvarez, Carmen Gallego

Calvar, Juan Carlos González Santín e José Antonio Sánchez Bugallo,

a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición

non de lei en Comisión.

A Obra Social das extintas caixas de aforro galegas, constitúe un factor

fundamental que se fai necesario preservar para o futuro do país. Mais

cando os responsables políticos do Goberno central e do Banco de España,

veñen de tomar a decisión de que o FROB pase a ser o único accionista de

Nova Galicia Banco, co que desaparecerá a participación que viña

mantendo NOVACAIXAGALICIA (entidade resultante da fusión das dúas

caixas galegas: Caixanova e Caixa Galicia), dificultando aínda máis o seu

financiamento futuro e a súa supervivencia.

A vinculación ca poboación galega levada a cabo durante tantos anos pola

Obra Social das caixas de aforro de Galicia, foi e é moi intensa e está fora

de toda dúbida, sendo a súa contribución esencial en moitos dos eidos

sociais, culturais, asistenciais, de formación e creación de emprego. Entre

outras: os trece centros de maiores; na participación de máis de 100.000

persoas en programas de envellecemento activo; a súa contribución para

subvencionar estancias en centros xeriátricos, por un importe superior aos

750.000 euros no 2012; á atención á dependencia; o apoio a máis de 55.000

persoas para os comedores escolares; máis de 800 alumnos/ano que se

veñen formando nos tres centros de Formación Profesional que mantén;

máis de 250 nenos e nenas en escolas infantís; 113.000 socios que se

benefician das súas bibliotecas; formación de máis de 700 persoas en

másters e postgrados na Escola de Negocios; apoio a diversas ONG;

130.000 escolares que participaron en diversas actividades educativas,

didácticas e medio ambientais; apoio as diversas disciplinas artísticas e

culturais; etc....

Todo o cal a configura como un compoñente de primeiro orde e

determinante en moitos campos de actuación, sistémico, así como un

elemento esencial cara a lograr unha maior cohesión social e contribuír de

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

xeito básico ao desenvolvemento formativo e para a dinamización da vida

cultural, social e asistencial de Galicia.

O mantemento de toda esta inxente obra social debe ser preservada, para o

cal a Xunta de Galicia debe xogar un papel activo para lograr establecer un

itinerario de futuro claro que garanta a súa supervivencia, permitindo a súa

vez o mantemento dos postos de traballo que – directa ou indirectamente –

aquela xera.

Ata o de agora a Xunta de Galicia, pese as súas competencias, obrigas e

responsabilidades neste eido de actuación, non estableceu ningún

obxectivo neste ámbito, nin levou a cabo o desenvolvemento necesario

para regular o papal das fundacións conectadas cas entidades financeiras.

Co obxectivo de manter a obra social das desaparecidas caixas de aforro

galegas, parecendo mais preocupado por dar cobertura partidaria as

decisións tomadas polo Goberno central.

Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, no prazo máximo

de catro meses, presente ante a Cámara galega un Plan de viabilidade

futura que garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e

o mantemento do emprego vinculado á mesma.

Pazo do Parlamento, 27 de decembro de 2012

Asdo.: Abel Losada Alvarez

Portavoz -deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Juan Carlos González Santín

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 27/12/2012 14:03:29 María Carmen Gallego Calvar na data 27/12/2012 14:03:47

Juán Carlos González Santín na data 27/12/2012 14:03:53 José Antonio Sánchez Bugallo na data 27/12/2012 14:04:02

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 2474(09/PNC-000173)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Sobre a demanda que debe realizarlle o Goberno galego ao

Goberno central en relación cos obxectivos sobre o déficit

futuro da Comunidade Autónoma de Galicia

Publicación da iniciativa, 41, 30.01.2013

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu

deputado-portavoz Abel Losada Álvarez e dos seus deputados Juan

Carlos González Santín e José Antonio Sánchez Bugallo, ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

Mesa a seguinte Proposición non de lei en Comisión 3.ª.

Exposición de motivos

A estratexia económica que está a seguir o Goberno de España de centrar

todos os esforzos da senda de consolidación fiscal nunha loita intensa e a

curto prazo contra o déficit público, constitúe un erro de enorme

importancia que, ademais de agochar decisións de carácter exclusivamente

ideolóxico, prexudica enormemente a Galicia.

O camiño sen saída que supón esta vía de actuación vén sendo denunciado

dende hai tempo polos partidos políticos de esquerda en Europa, ao tempo

que a case totalidade do mundo académico - aquel que non está cegado

pola ideoloxía reaccionaria da loita contra o estado en favor dun mercado,

que só busca o seu beneficio - sinala tamén este camiño como unha vía

morta.

A exclusiva loita sen cuartel contra o déficit, significa unha ralentización

da actividade económica, recesión, incremento do desemprego, caída da

recadación fiscal, e polo tanto, ou mais déficit, ou unha miseria cruel para

unha boa parte da poboación.

Tanto é así que xa organismos económicos internacionais, como o FMI,

recoñecen que esta vía, considerada como excluinte, non leva a ningunha

parte e só supón mais dificultades económicas para os grupos máis

vulnerables da sociedade.

Neste contexto de recesión, a Comisión Europea vén de flexibilizar os

obxectivos de déficit para España. O Goberno central, dentro da súa

estratexia de re - centralización administrativa, non ten trasladado esta

flexibilización ás comunidades autónomas, co que os grandes servizos

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

públicos prestados dende as mesmas, fundamentalmente sanidade e

educación, veranse fondamente afectados.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao

Goberno de España para que este modifique os obxectivos sobre o déficit

futuro da nosa Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo uns prazos

superiores en base as prórrogas concedidas pola Comisión Europea na

senda de consolidación fiscal das finanzas públicas”.

Pazo do Parlamento, 23 de xaneiro de 2013

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 23/01/2013 09:24:32 Juán Carlos González Santín na data 23/01/2013 09:24:52

José Antonio Sánchez Bugallo na data 23/01/2013 09:25:04

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 4599(09/PNC-000343)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Veira, Pedro Manuel e 5 máis

Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas

para o avance na documentación, constitución e actualización

dun catálogo de rexistros administrativos e sistemas de

información da Administración xeral e do sector público

autonómico, susceptibles de aproveitamento estatístico

Publicación da iniciativa, 64, 06.03.2013

Publicación correccións, 74, 21.03.2013

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos deputados Pedro Arias Veira, Isabel García Pacín, Javier Guerra Fernández, Carmen Pardo López, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, ó abeiro dos artigos 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta a seguinte Proposición Non de Lei para o seu debate en Comisión polo trámite de urxencia.

Xustificación da urxencia. A urxencia ven motivada pola necesidade de que este tema se trate canto antes no Parlamento de Galicia. Exposición de Motivos A Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan Galego de Estatística 2012-2016, no seu artigo 7.d), fixa como obxectivo organizativo o de realizar un uso estatístico máis eficiente dos rexistros e dos sistemas de información das distintas administracións públicas Para contribuír á consecución desde obxectivo no ámbito do sistema estatístico de Galicia, o artigo 22 da citada norma atribúe ao Instituto Galego de Estatística (IGE) e ao órgano estatístico sectorial que corresponda (OES) a potestade de informar, con carácter previo, os rexistros administrativos e sistemas de información creados polos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico, dos que se poidan derivar datos relevantes para efectos estatísticos. Este obxectivo, relacionado cos principios de economía, aproveitamento das fontes existentes e minimización da carga de resposta dos informantes, xa viña contemplado na Lei 9/1988, de

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

estatística de Galicia (artigos 39.6 e 44.3 d) e na Lei, 16/2006, do PGE 2007-2011 (artigos 8.1, 16 e 17). Para cumprirmos con esta normativa, os decretos dos Programas estatísticos para 2012 e 2013, que desenvolven o PGE 2012-2016, recollen a actividade AIE12 Catálogo de rexistros administrativos de interese estatístico, a executar polo IGE. Como resultado, o IGE dispón xa dun catalogo que debería ser obxecto dunha análise conxunta sobre contido e cobertura, na que participen os departamentos da administración autonómica, a través dos seus respectivos OES. En consecuencia, o Grupo Parlamentario Popular propón a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión. “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta a que adopte as medidas oportunas para que se avance, baixo a coordinación do IGE, na documentación, constitución e actualización dun catálogo de rexistros administrativos e sistemas de información, susceptibles de aproveitamento estatístico.”

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013 Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 04/03/2013 17:52:14 Pedro Manuel Arias Veira na data 04/03/2013 17:52:30

María Isabel García Pacín na data 04/03/2013 17:52:53

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Javier Jorge Guerra Fernández na data 04/03/2013 17:53:03

María Carmen Pardo López na data 04/03/2013 17:53:48 Maria Herminia Pouso Maneiro na data 04/03/2013 17:54:09

Gonzalo Trenor Lopez na data 04/03/2013 17:54:31

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 4899(09/PNC-000375)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fernández Calviño, David

Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno español

da eliminación das Sociedades de Inversión de Capital

Variable e o establecemento dunha equiparación dos impostos

das rendas altas españolas cos soportados polos seus

homólogos no resto dos países de la UE-15

Publicación da iniciativa, 73, 20.03.2013

Publicación correccións, 80, 03.04.2013

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerdas, por iniciativa

do seu deputado David Fernández Calviño e a través do seu portavoz, ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

A actual situación de recortes nos servizos públicos do Estado de

Benestar, tales como a sanidade e educación, argumentándose que o Estado

non ten diñeiro para sustentalos non é certo. O problema é que no Estado

español as rendas superiores non contribúen á facenda pública como fan os

seus homólogos no resto dos países de la UE-15.

Supón un insulto ós cidadáns do común que os súper ricos (as grandes

fortunas) non declaren a maioría dos seus ingresos vía IRPF. Contan con

gabinetes de asesores fiscais que os guían para minimizar as súas apartacións

ó fisco, e un dos mecanismos empregados son as Sociedades de Inversión de

Capital Variable, coñecidas como SICAV, para as que a carga impositiva é

mínima. Estes fondos están enormemente concentrados, como reflexo da

enorme polarización das rendas existente no Estado español.

Por estes motivos, o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de

Esquerda considera que o Estado español debe reconsiderar a súa política a

respecto dos impostos da rendas máis altas e, polo tanto, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento de Galiza insta a Xunta de Galiza a solicitar ó Goberno español

a eliminación das Sociedades de Inversión de Capital Variable, coñecidas

como SICAV, e establecer unha equiparación aos impostos das rendas altas

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

españolas ós soportados polos seus homólogos no resto dos países de la UE-

15.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013.

Asdo.: David Fernández Calviño

Deputado do G.P. da AGE.

Xosé M. BeirasTorrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

David Fernández Calviño na data 11/03/2013 17:33:36

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 11/03/2013 17:33:46

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.5 5338(09/PNC-000424)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Beiras Torrado, Xosé Manuel e Díaz Pérez, Yolanda

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

en relación co pagamento de gratificacións extraordinarias en

concepto de dirección por obxectivos e o estudo da

repartición de dividendos con cargo ao exercicio 2012 na

empresa pública Tragsa

Publicación da iniciativa, 77, 27.03.2013

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio do seu

Voceiro Xosé Manuel Beiras Torrado e a súa deputada Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do

recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición non de

lei para o seu debate en Comisión, relativa aos recortes na empresa pública Tragsa.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Grupo Tragsa é unha empresa pública que forma parte da SEPI, a cal controla a maioría do

seu capital. Esta empresa realiza numerosas actuacións para diferentes administración

públicas incluída claro está a propia Xunta de Galicia.

Este Grupo Parlamentar ten coñecemento da situación que atravesa a empresa, que aínda

pechou o exercicio do ano 2012 con beneficios, mediante o fácil expediente de suprimir a paga

extraodinaria do nadal en Tragsatec e coa redución do 1/14 do salario no convenio na propia

Tragsa.

Con estes antecedentes, a empresa está a aboar remuneracións extraordinarias en concepto

de Dirección por Obxectivos (DPO), a maioría dos cales recaen no persoal do organigrama

directivo. Doutra banda a empresa está a estudar o reparto de dividendos con cargo ao

exercicio do ano 2012. Circunstancia grotesca e absolutamente inxusta toda vez dos recortes

sufridos pola plantilla nese exercicio.

A maiores, cómpre lembrar que dende o ano 2009, a empresa despediu a máis de 12.000

traballadores e traballadoras, namentras o organigrama directivo central e territorial ou resta

case intacto ou incluso incrementouse.

Semellante reparto das cargas e dos beneficios non é xusto, e xa que logo, o Grupo

Parlamentar de Alternativa Galega da Esquerda presenta a seguinte

PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate en Comisión:

- O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego para que a súa vez este se dirixa ao

goberno central en demanda de que non se repartan as gratificacións extraordinarias

por DPO e non se repartan dividendos con cargo ao exercicio 2012 no grupo

empresarial Tragsa.

- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que á súa vez se dirixa ao

goberno central demandando que este destine o diñeiro non repartido por DPO e por

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

dividendos a mellorar as condicións da plantilla de traballadoras e traballadores que xa

sufriron os recortes no ano 2012.

Compostela, 19 de marzo de 2013.

Asdo: Yolanda Díaz Pérez

Asdo: Xose Manuel Beiras Torrado

Asinado dixitalmente por:

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 19/03/2013 11:47:03

Yolanda Díaz Pérez na data 19/03/2013 11:47:08

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.6 6170(09/PNC-000495)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa situación dos aforradores afectados pola

comercialización das participacións preferentes e obrigas

subordinadas, tras a aprobación do plan de reestruturación de

Novagalicia Banco

Publicación da iniciativa, 89, 18.04.2013

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do

seu deputado e portavoz Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro do

disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei

para o seu debate en Comisión relativa á situación dos aforradores estafados a

través de participacións preferentes e subordinadas, despois da aprobación do

plano de reestruturación de Novagalicia Banco.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Comisión Rectora do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria aprobou a

imposición dunha quita media do 43% aos titulares de participacións preferentes

de NCG Banco, mentres os donos de obrigacións subordinadas perpetuas

perderán un 41% e os de subordinadas con vencemento un 22%. Alén disto, a

porcentaxe que non lles é confiscada non lles será reintegrada directamente:

seralles trocada por accións ou bonos da entidade, de modo que os estafados

seguirán contribuíndo, á forza, a recapitalizar a entidade que os estafou, e

ademais no proceso de recompra destas accións ou bonos sufrirán unha nova

quita.

Confírmanse así os piores prognósticos do Memorandum asinado polo goberno

español coa troika o pasado mes de xullo e da Lei de reestruturación e

saneamento de entidades financeiras (procedente do RD-Lei 24/2012). E semella

confirmarse tamén que o goberno galego - que non impugnou ante o TC unha lei

que invade competencias autonómica e tenta dar cobertura xurídica ao saqueo

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

aos miles de aforradores estafados por bancos e caixas através de preferentes e

subordinadas – desiste de aplicar as súas competencias para resolver o problema

do único xeito que a xustiza reclama: a devolución aos aforradores da totalidade

dos cartos que lle foron estafados.

Así as cousas, formúlase a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI

O Parlamento insta ao goberno galego a asegurar, con todos os medios ao seu

alcanzo, a devolución aos aforradores afectados por preferentes, subordinadas e

outros híbridos financeiros a totalidade dos cartos que lles foron estafados e, en

concreto:

A impugnar politicamente a Lei 9/2012, de reestruturación e resolución de

entidades de crédito e os planes de reestruturación aprobados pola Banco

de España e a Comisión Europea, en defensa das competencias e dos

intereses dos aforradores estafados a través de preferentes, subordinadas e

outros híbridos financeiros. Con tal fin, o Goberno Galego:

1.- Instará ao Goberno do Estado a modificar a Lei 9/2012 e a articular

unha solución que garanta o reintegro do 100% do diñeiro aos

pequenos aforradores.

1.2.- Poñerase a disposición dos afectados para prestarlle toda a cobertura

política e xurídica necesaria para que presenten recurso contra o acordo do

FROB.

A manter a vía da arbitraxe para todos os afectados que o solicitaren,

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

asegurando a rápida resolución de todos os casos.

A personarse no proceso aberto a través da demanda presentada pola

Fiscalía.

E a perseguir penalmente aos responsábeis da estafa

Santiago de Compostela, a 8 de abril de 2013

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 08/04/2013 11:14:46

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 08.05.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1.7 6172(09/PNC-000497)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante

do Goberno central para garantir a continuidade da obra

social de Novacaixagalicia, así como a retirada do

Anteproxecto de lei de caixas de aforros e fundacións

bancarias

Publicación da iniciativa, 89, 18.04.2013

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do seu

deputado e portavoz Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

en Comisión, relativa á necesidade de manter a obra social de Novacaixagalicia.

A fusión das caixas de aforro de Galiza acometida en 2010 veuse alterada polas

reestruturacións financeiras aprobadas polos sucesivos Gobernos centrais, co consenso

dos principais partidos políticos e da grande banca privada. Logo de aprobarse esa

fusión, entrou en vigor a reforma da Lei Orgánica de Órganos Reitores das Caixas de

Aforro, que encetou o camiño da bancarización das caixas de aforro.

A caixa de aforros galega (Novacaixagalicia) acometeu ese proceso forzado de

bancarización, coa constitución de NCG Banco, que asumiu toda a actividade financeira

e os activos vinculados á mesma. Así, segundo os datos do último ano de actividade da

caixa de aforros, NGC Banco foi depositario dun activo de 75.773 millóns de euros, un

patrimonio neto consolidado de 1.715 millóns de euros e a xestión dos aforros de preto

de 3 millóns de clientes, cunha ampla rede comercial con presenza en case todos os

concellos de Galiza.

Mais finalmente, o Banco de España, contando coa autorización da Xunta de Galiza,

aprobou a bancarización da caixa de aforros resultante da fusión, fixando inicialmente a

participación desta en NCG Banco en apenas un 6,84 por 100. Unha participación que

posteriormente ficou reducida a 0 por mor da “operación acordeón” aprobada polo

FROB.

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Esa exigua participación era a fonte de financiamento primordial de Novacaixagalicia,

coa que debía atender a obra social que realizaban as caixas de aforros, que no seu

último ano de actividade como tales (2010) sustentou un investimento de 86 millóns de

euros, directamente ou en colaboracións coas institucións públicas de Galiza. Ademais,

segundo o plano de actuación plurianual elaborado, estima continuar cun ritmo de

investimento até decembro de 2016 en actuacións benéficas de 176 millóns de euros.

Ese investimento social e cultural periga seriamente tamén por outras condicións do

rescate bancario, que supedita as novas inxeccións a NCG a unha redución de

capacidade e mesmo a unha subasta para a súa liquidación e absorción por outras

entidades bancarias.

Alén dos grandes números, esta situación tamén pode provocar a perda de empregos,

nunha situación xa moi preocupante de altas taxas de paro en Galiza, e a supervivencia

da propia rede social e asistencial da obra social, realizada a través de máis de 90

instalacións repartidas en todo o territorio galego, adicadas á atención de persoas

maiores, escolas infantís, atención a persoas inmigrantes, formación profesional ou

residencias estudantís, entre outras.Porén, o futuro de toda esta obra social fica pendente

dun fío, á espera do que vai suceder co futuro de NCG Banco.

Por outra banda, este proceso de reestruturación financeira tamén levou aparellado unha

centralización das competencias, deixando a Galiza non só sen un instrumento

financeiro de seu fundamental para o desenvolvemento económico, senón tamén sen

capacidade para intervir e supervisar a actividade financeira que se desenvolve no noso

país. Como colofón a este proceso, o anteproxecto de lei de Caixas de Aforro e

Fundacións bancarias significa un novo paso á hora de baleirar as competencias das

CCAA en materia de fundacións resultantes da desaparición das caixas de aforro.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polo dito formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a demandar do Goberno central que:

- Asegure a continuidade da participación accionarial de Novacaixagalicia en NGC

Banco, acorde co valor do negocio e a actividade financeira traspasada, para

garantir a pervivencia da importante obra social que beneficia a miles de persoas

maiores, dependentes, estudantes, inmigrantes e á infancia.

- Retire o anteproxecto de lei de Caixas de Aforro e Fundacións bancarias, por

significar unha claro baleiramento das competencias autonómicas en materia de

caixas de aforro.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 08/04/2013 11:07:39