anexo v: modelo de documento “p Á situaciÓn covid 19 … · medidas de limpeza..... 9 5.-...

51
CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021” 1. Datos do centro Código Denominación 27006401 CEIP SAGRADO CORAZÓN Enderezo C.P. Polígono Sagrado Corazón, s/n 27003 Localidade Concello Provincia LUGO LUGO LUGO Teléfono Correo electrónico 982870467 [email protected] Páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradocorazon

Upload: others

Post on 25-Oct-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

ANEXO V:

MODELO DE DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN

Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021”

1. Datos do centro

Código Denominación

27006401 CEIP SAGRADO CORAZÓN

Enderezo C.P.

Polígono Sagrado Corazón, s/n 27003

Localidade Concello Provincia

LUGO LUGO LUGO

Teléfono Correo electrónico

982870467 [email protected]

Páxina web

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradocorazon

Page 2: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

1

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

ÍNDICE PÁX

1.- Datos do Centro

2.- Medidas de prevención básica.................................................................................... 2

3.- Medidas xerais de protección individual.................................................................... 7

4.- Medidas de limpeza.................................................................................................... 9

5.- Material de protección............................................................................................... 11

6.- Xestión dos abrochos................................................................................................. 12

7.- Xestión das peticións de supostos de vulnerabilidade................................................ 14

8.- Medidas de carácter organizativo............................................................................... 15

9.- Medidas en relación coas familias e ANPA............................................................... 17

10.- Medidas de uso do comedor..................................................................................... 19

11.- Medidas específicas para o uso doutros espazos...................................................... 19

12.- Medidas especiais para os recreos............................................................................ 22

13.- Medidas especificas para alumnado de educación infantil e dos dous primeiros

cursos de primaria.................................................................................................. 23

14.- Medidas especificas para uso do equipamento......................................................... 25

15.- Medidas específicas para a área de educación física…………………………... 25

16.- Medidas especificas para alumnado de NEE............................................................ 27

17.- Previsións específicas para o profesorado................................................................ 30

18.- Medidas de carácter formativo e pedagóxico........................................................... 32

18.- ANEXOS................................................................................................................. 34

Modelo rexistro por sintomatoloxía compatible.................................................. 35

Entradas ao Centro.............................................................................................. 36

Itinerarios Entradas e Saídas............................................................................... 37

Distribución tipo de aulas.................................................................................... 38

Itinerarios circulación nos diferentes edificios.................................................... 40

Distribución do alumnado no recreo.................................................................... 47

Checklist ventilación de aulas.............................................................................. 49

Checklist limpeza-desinfección de aseos.............................................................. 50

Page 3: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

2

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

2.- MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA

2.1. Membros do equipo COVID

Teléfono móbil de contacto (ou teléfono do centro con

compromiso de desvío a un teléfono móbil)

982870467

677883269

Membro 1 Jesús Manuel Chorén López Cargo Director Tarefas

asignadas

• Nomear membros do Equipo COVID-19

• Interlocución coa administración e co centro de saúde de referencia.

• Coordinación do Equipo Covid.

• Xestionar a adquisición de material de protección necesario.

• Comunicación de casos

Membro 2 Silvia García Pinal Cargo Xefa de Estudos Tarefas

asignadas

• Elevar propostas ao Equipo Covid.

• Coordinar as entradas e saídas do alumnado de E. Primaria.

• Difundir a información ao profesorado e ás familias

Membro 3 Roberto Souto Díaz Cargo Secretario Tarefas

asignadas

• Elevar as propostas ao Equipo Covid.

• Coordinar as entradas e saídas do alumnado de E. Infantil.

• Garantir a difusión da información ao profesorado e ás familias.

• Rexistro e control de suministros protección e prevención fronte ao

COVID.

2.2 Centro de saúde de referencia

Centro Centro de Saúde do Sagrado Corazón Teléf

ono

982 22 05 58

Contacto Dª Laura López Pérez

2.3 Espazo de illamento

O espazo de illamento será a aula de Apoio (aula nº 7 D) situada na 1ª planta do segundo

bloque do edificio de E. Primaria.

Estará dotada do material de protección individual, con máscaras, xel hidroalcólico,

desinfectante, panos desbotables, luvas e papeleira de pedal con tapa.

Page 4: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

3

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

2.4 Número de alumnos e alumnas por nivel e etapa.

2.5 Cadro de persoal do centro educativo.

Educación infantil 6

Educación primaria 11

Mestras/es especialistas 8

Orientación 1

Persoal non docente 2

Total 28

2.6 Determinación dos grupos estables de convivencia.

Etapa INFANTIL Nivel 4 Grupo A

Aula 3 ANOS A Nº de alumnado asignado

13 Nº de profesorado asignado

6

Etapa INFANTIL Nivel 5 Grupo A

Aula 4 ANOS A Nº de alumnado asignado

11 Nº de profesorado asignado

6

Etapa INFANTIL Nivel 5 Grupo B

Educación infantil (4º – grupo A) 13

Educación infantil (5º – grupo A) 11

Educación infantil (5º – grupo B) 11

Educación infantil (6º – grupo A) 13

Educación infantil (6º – grupo B) 13

Educación primaria (1º – grupo A) 22

Educación primaria (2º – grupo A) 17

Educación primaria (2º – grupo B) 16

Educación primaria (3º – grupo A) 24

Educación primaria (3º – grupo B) 24

Educación primaria (4º – grupo A) 16

Educación primaria (4º – grupo B) 17

Educación primaria (5º – grupo A) 17

Educación primaria (5º – grupo B) 18

Educación primaria (6º – grupo A) 21

Educación primaria (6º – grupo B) 20

Page 5: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

4

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Aula 4 ANOS B Nº de alumnado asignado

11 Nº de profesorado asignado

6

Etapa INFANTIL Nivel 6 Grupo A

Aula 5 ANOS A Nº de alumnado asignado

13 Nº de profesorado asignado

6

Etapa INFANTIL Nivel 6 Grupo B

Aula 5 ANOS B Nº de alumnado asignado

13 Nº de profesorado asignado

6

Etapa PRIMARIA Nivel 1º Grupo A

Aula 6 Nº de alumnado asignado

22 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 2º Grupo A

Aula 1 Nº de alumnado asignado

17 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 2º Grupo B

Aula 2 Nº de alumnado asignado

16 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 3º Grupo A

Aula 6 D Nº de alumnado asignado

24 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 3º Grupo B

Aula 5 D Nº de alumnado asignado

24 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 4º Grupo A

Aula 1 D Nº de alumnado asignado

16 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 4º Grupo B

Aula 2 D Nº de alumnado asignado

17 Nº de profesorado asignado

8

Etapa PRIMARIA Nivel 5º Grupo A

Aula 3 D Nº de alumnado asignado

17 Nº de profesorado asignado

9

Page 6: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

5

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Etapa PRIMARIA Nivel 5º Grupo B

Aula 4 D Nº de alumnado asignado

18 Nº de profesorado asignado

9

Etapa PRIMARIA Nivel 6º Grupo A

Aula 4 Nº de alumnado asignado

21 Nº de profesorado asignado

9

Etapa PRIMARIA Nivel 6º Grupo B

Aula 3 Nº de alumnado asignado

20 Nº de profesorado asignado

9

2.7 Medidas específicas para grupos estables de convivencia.

Os grupos estables de convivencia terán as mesmas normas que o resto á hora de actuar

cando non estean na súa aula. Deste xeito empregarán a máscara durante toda a xornada

lectiva. Dentro da propia aula establecemos as seguintes medidas: O alumnado de Primaria accederá ao centro con máscara que manterá posta durante

toda a xornada lectiva, na aula sentarase no seu sitio unha vez finalizada a limpeza de mans e

teña colocadas as súas prendas nos percheiros ou respaldo das cadeiras e o seu material

organizado.

Respectarán a distribución do espazo da aula segundo os modelos propostos nos

anexos en función do número de alumnos. É dicir, a distancia de traballo aumentará se o

número de alumnado é menor con respecto ao contemplado.

Cada alumno terá o seu propio kit básico de material de traballo (estoxo co seu nome

para os obxectos de emprego e útiles persoais e habituais, máis comúns).

Cando sexa necesario empregar material común, distribuirase en gabetas ou caixas,

tendo que ser desinfectado polo seu usuario/a unha vez finalizado o seu emprego.

Ao trasladarse de aula para levar a cabo as sesións de EF ou saír ao patio, deberán

respectar o percorrido deseñado para o grupo e na orde de entrada e saída asignada.

Limitaranse ao máximo, na medida do posible, os movementos dentro da aula.

De ser posible, en función do nº de alumnos/as e espazo, poderán existirán zonas ben

diferenciadas para que os alumnos poidan deixar o seu material.

Se é preciso que un alumno empregue a pizarra, empregará o seu propio rotulador ou

xiz. De utilizar o de aula realizará unha desinfección previa e posterior con xel hidroalcólico

Page 7: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

6

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

do rotulador que empregue.

Cando teñan que facer presentacións ou dar respostas en voz alta para todo o grupo,

extremarase a precaución, pois é un momento sensible e propicio para que as gotículas

alcancen unha maior distancia.

Estas recomendacións permiten non variar en exceso a metodoloxía de traballo habitual

no centro ao mesmo tempo que conseguen ter un pouco máis de seguridade e protección na

convivencia. Algunhas das restricións limitan á liberdade coa que habitualmente se movía o

alumnado, pero a situación require deste esforzo.

Todo o profesorado especialista que entre na aula de cada grupo (considerado grupo de

convivencia estable) deberá facer unha correcta desinfección de mans e desinfección dos

elementos que empregue ao finalizar a sesión.

2.8 Canle de comunicación.

PROFESORADO e PERSOAL NON DOCENTE:

Vía telefónica (centro ou coordinadores do EQUIPO COVID)

Correo electrónico: [email protected]

ALUMNADO e FAMILIAS:

Vía telefónica chamando ao colexio, 982 88 04 67, preferentemente, ou chamando á

algún dos membros do Equipo COVID-19 (677883269, 686751657, 6296198359) en

horario lectivo, de 9:00 a 14:00 horas.

Correo electrónico: [email protected]

2.9 Rexistro de ausencias.

Existirán dous modelos paralelos para o rexistro de asistencia do persoal e do

alumnado.

Ao rexistro convencional empregado habitualmente (follas de rexistro en Xade),

engadiremos o símbolo específico para aquelas ausencias provocadas por sintomatoloxía

compatible coa COVID-19.

As ausencias rexistradas por sintomatoloxía compatible co COVID-19 quedarán

exentas da xustificación a efectos de apertura do protocolo de absentismo escolar e, ao

mesmo tempo, permitirá activar as medidas necesarias en caso de confirmación do caso.

As follas de rexistro de ausencias (por sintomatoloxía compatible ou por outras causas)

serán entregadas cada fin de mes á Xefatura de Estudos.

Ver anexo Modelo de rexistro por sintomatoloxía compatible.

Page 8: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

7

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

2.10 Comunicación de incidencias.

- Aviso inmediato á algún dos membros do Equipo COVID-19.

- A partir de aquí, establecerase a comunicación do coordinador COVID-19 coas

autoridades sanitarias e a familia do afectado:

Chamada telefónica á familia do afectado/a.

Chamada telefónica ao Centro de Saúde de referencia.

Comunicación coas Xefaturas Territoriais de Educación e de Sanidade no caso de ser

positivo ou doutra indicación do Centro de Saúde.

Rexistro de datos.

3.- MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

3.1. Situación de pupitres.

En función da capacidade da aula, mostramos diferentes opcións de colocación das mesas e

cadeiras, que poden verse nos seguintes planos e que tamén figuran nos anexos.

Ver anexos planos de aulas

3.2. Identificación de espazos ou salas para asignar grupos.

Para impartir a área de Valores nos cursos de E. Primaria habilítase unha aula na planta

baixa do segundo bloque do edificio de E. Primaria (aula nº 9 D) e para Atención Educativa

en E. Infantil habilítase a aula nº 2 no edificio de E. Infantil (aulas con rampla).

Educación infantil (4º – grupo A) Aula 1 no edificio de Ed. Infantil (aulas con rampla).

Educación infantil (5º – grupo A) Aula 3 no edificio de Ed. Infantil

Educación infantil (5º – grupo B) Aula 4 no edificio de Ed. Infantil.

Educación infantil (6º – grupo A) Aula 5 no edificio de Dirección.

Educación infantil (6º – grupo B) Aula 6 no edificio de Dirección.

Educación primaria (1º – grupo A) Aula 6

Educación primaria (2º – grupo A) Aula 1

Educación primaria (2º – grupo B) Aula 2

Educación primaria (3º – grupo A) Aula 6 D

Educación primaria (3º – grupo B) Aula 5 D

Educación primaria (4º – grupo A) Aula 1 D

Educación primaria (4º – grupo B) Aula 2 D

Educación primaria (5º – grupo A) Aula 3 D

Educación primaria (5º – grupo B) Aula 4 D

Educación primaria (6º – grupo A) Aula 4

Educación primaria (6º – grupo B) Aula 3

Page 9: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

8

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

3.3 Espazos de PT, AL, departamento de orientación ou aulas especiais. Modelo

cuestionario de avaliación.

Debido ás características especiais que se dan á hora de traballar neste tipo de aulas,

adoptamos as seguintes medidas: Emprego de máscara como norma xeral.

As aulas de PT (nº 7) e AL (nº 8 D) contarán con viseiras de protección ou mamparas que

serán empregadas cando sexa necesario polo profesorado destas especialidades debido ao

traballo específico que han de realizar.

Aconséllase ao profesorado destas dúas especialidades que empreguen viseiras

protectoras, xa que, en moitas ocasións, o seu labor é incompatible co emprego da

máscara.

Entre cada sesión con presenza de alumnado nestas aulas realizarase unha ventilación

de cinco minutos e unha limpeza/desinfección dos elementos empregados.

Como modelo de cuestionario empregaremos o que figura no protocolo, que irá anexo ao plan.

3.4 Titorías coas familias. As titorías levaranse a cabo baixo dúas modalidades:

- Virtual (opción preferente), por videoconferencia, a través da plataforma que oferte a

Consellería no curso 20/21, posiblemente CiscoWebex, ou telefonicamente, previa

concertación de día e hora.

- Presencial: para todos aqueles casos nos que a videoconferencia non sexa posible. Nesta

modalidade, a reunión levarase a cabo na aula da titoría correspondente, previa cita e

garantido a distancia social. Todos os asistentes á titoría levarán máscara e farán a pertinente

desinfección de mans. En ambos casos, será obrigatoria a cita previa, empregando calquera

das canles reflectidas nas NOFC (Teléfono ou Abalarmóbil), evitando a manipulación de

papel ou documentos escritos.

3.5 Canles de información coas familias e persoas alleas ao centro.

O plan de comunicación do CEIP Sagrado Corazón establece claramente as canles de

información e comunicación coa comunidade educativa. Reforzaranse as vías de

comunicación dixitais, polo que a web do colexio pasará a ser o portal onde se colgue

toda a información de relevancia a nivel xeral.

Como sistema de mensaxería empregaremos Abalarmóbil, é moi importante que todas as

familias descarguen a aplicación para reducir as comunicacións alleas a esta canle.

Para as familias que non poidan ter a aplicación, empregarase unha vía alternativa, que

será o correo electrónico ou, en último lugar, a chamada telefónica.

Page 10: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

9

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

A información cos provedores xa se realiza habitualmente por mail ou teléfono, polo que

seguiremos a empregar estas vías.

3.6 Uso da máscara no centro.

O uso da máscara será obrigatorio para todo o alumnado de E. Primaria durante

toda a xornada lectiva e recomendable en E. Infantil. O alumnado deberá traer unha

segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso de

necesidade.

O profesorado, e atendendo ao carácter exemplificante, empregará en todo momento a

máscara, agás naqueles momentos nos que impida o normal desenvolvemento do seu

traballo, como poidan ser as sesións de PT e/ou AL. Cando isto se produza, será

obrigatorio manter a distancia de seguridade e aconséllase o emprego de viseiras

protectoras.

Entendemos que, independentemente das recomendacións e obrigación do uso da

máscara a nivel xeral, o centro debe promulgar hábitos que contribúan á

concienciación sobre os beneficios do emprego da máscara.

3.7 Información e distribución do Plan entre a comunidade educativa.

O plan difundirase a través da páxina web do centro e pasará a formar parte da

documentación existente na devandita páxina de xestión documental.

Darase a coñecer publicándoo na devandita páxina e enviando un enlace (link) ás familias

mediante o sistema habitual de mensaxería do colexio: Abalarmóbil e trasladarase á

ANPA para que o difunda a través das súas canles habituais.

4.- MEDIDAS DE LIMPEZA.

4.1 Asignación de tarefas ao persoal de limpeza, espazos e mobiliario a limpar de xeito

frecuente.

- Conserxe/Limpadora (mañá): Asignación de tarefas que está pendente de

planificación e organización por parte do Concello e a empresa de limpeza (Lacera),

antes de setembro, e que se insirá aquí. En todo caso:

Ventilación das aulas antes da chegada do alumnado (Conserxe).

Limpeza/desinfección dos baños tres veces ao longo da xornada lectiva.

Limpeza dos pasamáns, manillas, pomos…

- Limpadoras (tarde):

Limpeza e desinfección de todas as aulas, despachos, sala e zonas de uso común.

Page 11: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

10

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

4.2 Distribución horaria do persoal de limpeza.

- Conserxe: de 8:00 h a 15:30 h

- Limpadora: de 10:00 h a 13:00 h - 2/3 limpadoras de tarde: de 15:30h a 19:30h

4.3 Material e proteccións para a realización das tarefas de limpeza. Todo o persoal de limpeza empregará os elementos de protección aconsellados para levar a

cabo este labor, como son as luvas e a máscara.

Cada limpadora terá os seus propios elementos de protección e os productos e utensilios

básicos necesarios, suministrados pola empresa adxudicataria do servizo de limpeza.

Empregaranse distintivos móbiles para indicar a presenza de persoal de limpeza na

dependencia que estea a ser desinfectada, debendo esperar a que estea o labor feito antes de ser posible o seu novo uso.

4.4 Cadro de control de limpeza dos aseos.

En cada baño existirá un modelo semanal de control de limpeza, no que se anotarán ás horas

ás que se realizaron os labores e a persoa encargada de levalos a cabo. Ver modelo de control (checklist) de limpeza de aseos. 4.5 Modelo de checklist para anotar as ventilacións das aulas. En todas as aulas do centro haberá unha folla onde se apunten as ventilacións das aulas.

A primeira ventilación do día realizarase antes da entrada do alumnado e será realizada

polo conserxe e/ou limpadora.

resto de mañá este labor será responsabilidade do profesorado de cada curso, que antes de

cada cambio de clase deberá facer a ventilación e apuntala no modelo de checklist.

Ver modelo de control (checklist) de ventilación.

4.6 Determinación dos espazos para a xestión de residuos.

En todos os espazos do centro haberá unha papeleira específica e diferenciada (con tapa e

pedal), para desbotar todos aqueles elementos de hixiene persoal (panos desbotables,

luvas, máscaras).

resto de papeleiras terán o uso habitual de aula para separar o lixo: papel, envases de

plástico e lixo xeral (virutas de lapis, plásticos que non sexan de reciclaxe...)

A xestión dos residuos das papeleiras específicas será tratado dun xeito distinto,

Page 12: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

11

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

empregando unha bolsa de diferente color, evitando a súa mestura co lixo xeral para

evitar riscos ao persoal de limpeza.

5.- MATERIAL DE PROTECCIÓN.

5.1 Rexistro e inventario do material do que dispón o centro.

O secretario do centro será a persoa responsable de inventariar todo o material de

protección de que dispón o centro. Para iso crearase un apartado específico dentro do cadro

xeral de gastos do centro denominado “Material COVID-19”.

5.2 Determinación do sistema de compras do material de protección.

Unha vez recibida a dotación inicial por parte da Consellería, o centro garantirá a

existencia de máscaras, xel hidroalcólico, desinfectante e panos desbotables en cantidade

suficiente como para as posibles continxencias que poidan xurdir. Haberá unha

dotación destes productos en cada aula e remanente no almacén do centro.

aprovisionamento de máscaras para o profesorado e resto de persoal non docente será

persoal e individual, pois actualmente é un elemento de uso obrigatorio para saír da casa,

se ben poderá facerse uso das existentes no centro en caso necesario.

Outro material de protección, pero cun emprego máis específico e limitado, serán as

luvas de látex ou vitrilo, que estarán ubicadas nos caixóns da mesa do profesorado.

En canto a adquisición dos devanditos productos dende o centro invitarase a tres

proveedores a presentar ofertas para servir este producto en 24/48 h dende a súa

demanda.

A empresa que presente a mellor oferta será a distribuidora.

5.3 Procedemento de distribución e entrega de material e da súa reposición.

Ao principio do curso realizarase unha entrega a cada membro do cadro de persoal do

centro do material enviado pola Consellería. Este material será entregado polo director e os

receptores deberán asinar nunha folla de rexistro a recepción do mesmo.

Á entrada de cada aula e espazo do centro haberá un dispensador de xel para a

desinfección de mans. Xunto á mesa do profesorado haberá un difusor para a limpeza e

desinfección de mesas, cadeiras, teclados e outros utensilios así como panos desbotables.

O conserxe e/ou persoal de limpeza será o encargado de facer as reposicións do xel e de

comunicar á dirección a necesidade da adquisición do mesmo. Necesidade que, de selo

caso, tamén pode comunicar o propio profesorado.

Page 13: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

12

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

6.- XESTIÓN DOS ABROCHOS.

6.1 Medidas.

Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que teñan

síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por

diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito

con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Diante dun suposto no que unha persoa ou alumno/a da que se sospeita que comeza a

desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no centro educativo seguirase un protocolo

de actuación previsto con antelación: levarase a un espazo separado de uso individual,

colocaráselle unha máscara cirúrxica (tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede

ao seu coidado), e contactarase coa familia, no caso de afectar a alumnado. Débese

chamar ao centro de saúde de Atención Primaria de referencia, ou ao teléfono de

referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso de presentar síntomas de

gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao 061. O/A traballador/a que inicie síntomas

debe abandonar o seu posto de traballo protexido por máscara, e logo de seguir as instrucións

do centro de saúde ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus nun centro

educativo tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora

do equipo formado na COVID-19 contactará coas Xefaturas Territoriais de Sanidade e de

Educación para comunicarllo, (sen prexuízo do uso da canle informática sinalada no punto 2

do protocolo).

Será a propia Xefatura Territorial de Sanidade quen investigará os contactos que

existan dentro do centro e os identificará, enviando a listaxe de contactos á Central de

Seguimento de Contactos (CSC) quen se encargará da vixilancia evolutiva das persoas

identificadas como contactos. Estas terán a consideración de contactos estreitos dun caso de

Covid-19 e deberán estar en corentena no seu domicilio durante o período que sinale a

xefatura de sanidade.

A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta

telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dun test

diagnóstico. Se non houbese cita para as ese mesmo día, acudirá ao PAC para a valoración

polo médico de atención primaria.

Tras a aparición dun caso diagnóstico da Covid 19 seguíranse as recomendacións da

Xefatura Territorial de Sanidade, sendo posible que nun centro teña que estar illada unha

parte dun centro educativo (aula ou grupo de aulas) mantendo o funcionamento do resto da

forma habitual en función do número de contactos identificados en cada abrocho.

A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar o peche

dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de

Page 14: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

13

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

conformidade cos seguintes supostos:

• A aparición dun único caso confirmado nunha aula poderá supoñer a entrada en corentena

da totalidade do grupo que conforma a aula e o do profesorado asignado a ese grupo.

• Cando exista unha detección de 3 casos positivos confirmados nos últimos 7 días

poderase acordar a medida do peche do nivel educativo completo onde xurdira o abrocho ou,

de ser o caso, da totalidade do centro educativo.

A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de

declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en

illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14

días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto próximo de conformidade coas

indicacións das autoridades sanitarias.

A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas

previstas no presente protocolo relativas ao ensino a distancia. Aos efectos de determinación

do nivel de risco a autoridade sanitaria poderá volver a avaliar o pase ao nivel de riscos NR 2

para os supostos de consideración de vulnerabilidade e de cualificación de persoal sensible.

Finalizado o período de peche presencial da aula, nivel educativo ou centro realizarase

un proceso de reactivación por fases para o reinicio da actividade lectiva.

As fases establecidas para a reactivación son orientadoras, existindo a posibilidade de

modificar tanto a súa duración como a porcentaxe do alumnado incluídos en cada fase. O

modelo a aplicar correspóndelle á Consellería de Educación co asesoramento da Consellería

de Sanidade.

O modelo proposto establece catro fases:

1. Fase 1 (Adecuación dos espazos) Duración: Aínda que pode ter unha duración variable, aconséllase que sexa dunha

semana.

Nesta primeira fase, previa ao reinicio da actividade, será o equipo COVID do centro quen

estableza as actuacións a desenvolver, en colaboración coas autoridades sanitarias e

educativas.

Obxectivos:

- Análise da situación dos espazos e as súas necesidades.

- Adecuada distribución do espazo do alumnado, distribuíndo os pupitres de forma que se

consiga unha distancia de máis de 1 metro entre eles.

- Redefinición dos circuítos de circulación interna.

- Reorganización das quendas de recreo.

2. Fase 2 (Formación de pequenos grupos) Duración: 1 semana

A porcentaxe do alumnado na aula de forma simultánea será do 30%.Esta fase é

fundamental para a adquisición polo alumnado das medidas de hixiene e distanciamento.

Obxectivos:

- Formar ao alumnado na importancia das medidas de distanciamento físico, utilización de

Page 15: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

14

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

máscara e de hixiene de mans.

- Definiranse uns obxectivos que deben ser cumpridos pola aula para pasar de fase.

- Utilización do espazos e circulación do alumnado polos corredores do centro.

- Formar ao alumnado nas medidas de distanciamento físico no recreo.

- Informar ao alumnado das novas normas derivadas da pandemia do COVID-19.

Fase 3 (Reforzo das medidas aprendidas en pequenos grupos) Duración: 1 semana

A porcentaxe do alumnado na aula de forma simultánea será do 60%.

Nesta fase o alumnado continuará formándose nas medidas de hixiene e distanciamento

físico cun grupo máis numeroso.

Obxectivos:

- Establecemento de criterios claros de entrada e saída do alumnado de forma progresiva.

- Continuación das medidas aprendidas na fase 2 cun número maior de alumnos.

4. Fase 4 (Fase de reactivación)

Duración: 1 semana

A porcentaxe do alumnado na aula de forma simultánea será do 100% se fose posible

manter dentro da aula 1 metro de distancia física. Nesta fase xa todo o alumnado coñece as

medidas necesarias a respectar no período de pandemia.

Obxectivos:

- Reforzo e fomento de hábitos aprendidos.

- Disposición en puntos estratéxicos de información visual clara para o alumnado.

- O recreo será realizada en dúas quendas.

6.2 Responsable/s das comunicacións das incidencias á autoridade sanitaria e educativa.

O responsable de realizar as comunicacións será o director do centro, e na súa ausencia, a

xefa de estudos.

7.- XESTIÓN DAS PETICIÓNS DE SUPOSTOS DE VULNERABILIDADE. 7.1 Procedemento de solicitudes.

Atendendo ao apartado 9 do Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros

de ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 a persoa solicitante do

suposto de vulnerabilidade entregará á persoa que exerza a dirección do centro o anexo

debidamente cuberto xunto coa documentación que deba achegar. Esta documentación

poderá entregarse de xeito presencial ou enviándoa ao correo do colexio:

[email protected]

- Unha vez revisada e rexistrada, esta documentación será enviada vía mail á Xefatura

Territorial de Educación, en espera da resolución da mesma.

- Se procede, tramitarase a solicitude de persoal substituto na aplicación persoalcentros.

Page 16: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

15

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

8.- MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO.

8.1 Entradas e saídas.

O obxectivo principal desta proposta é evitar as aglomeracións e os tempos de espera

nas entradas e saídas.

O éxito desde plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto

por parte das familias como por parte do profesorado.

Horarios de entrada e saída:

Educación infantil: Entrada: entre 9:00 h. e 9:10 h

Saída:

4º E Infantil ás 13:45

5º E Infantil ás 13:50

6º E Infantil ás 13:55

Educación Primaria: 1º, 2º e 6º

Entrada: entre 8:55 h e 9:00 h

Saída: (Entrega nos porches e saída pola porta principal)

1º E Primaria ás 13:50

2º E Primaria ás 13:55

6º E Primaria ás 14:00

3º, 4º e 5º

Entrada: entre 8:55 h e 9:00 h

Saída: (Entrega nas gradas da pista e saída pola porta lateral pista polideportiva)

3º E Primaria ás 13:50

4º E Primaria ás 13:55

5º E Primaria ás 14:00

Ver anexo “portas de acceso”

8.2 Portas de entrada e saída e circulacións no centro educativo.

Diferenciamos tres portas de entrada e saída do colexio:

1. Porta principal para o alumnado de 1º, 2º e 6º de E. Primaria.

2. Porta lateral entre o edificio de dirección e salón de actos para o alumnado de E.

Page 17: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

16

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Infantil.

3. Porta lateral pista deportiva, ao lado da libraría, para o alumnado de 3º, 4º e 5º de E.

Primaria.

- Organización das entradas, sempre con mascarilla:

O alumnado de E. Infantil accederá pola porta indicada e dirixirase acompañado e

collido da man dunha única persoa adulta, respectando a distancia de seguridade e

sempre polo lado dereito, á súa aula, onde o/a estará esperando a mestra.

Cada grupo de alumnos/as irá sempre acompañado polo profesor/a correspondente.

O alumnado de 1º, 2º e 6º de E. Primaria entrará pola porta principal e dirixirase ao

espazo indicado no 1º, 2º e 3º porche lateral respectivamente, onde formará fila

mantendo a distancia de seguridade interpersoal, para logo dirixirse ás aulas

correspondentes, acompañados polo profesor/a que teña clase no grupo, na seguinte

orde: 1ºA – 2ºA – 2ºB, 6ºA – 6ºB e evitando aglomeracións. Unha vez na aula

comezarán as rutinas de colocación das prendas, material propio e limpeza de mans.

O alumnado de 3º, 4º, 5º accederá pola porta lateral da pista deportiva e dirixirase ao

espazo indicado na pista para formar fila, gardando a distancia de seguridade, e logo

acceder ordenadamente ás aulas, acompañados polo profesor/a que teña clase no grupo

e iniciando alí ás rutinas establecidas de hixiene e colocación de prendas e material

propio.

- Organización das saídas, sempre con mascarilla:

O alumnado de E. Infantil será recollido puntualmente e dilixentemente polo adulto

responsable á porta da súa aula, na orde de aula que estableceremos, e sairá pola porta

lateral, entre o salón de actos e o edificio de dirección.

O alumnado das aulas situadas no 1º bloque do edificio de primaria, alumnado de 1º,

subirán as escaleiras e será recollido polo adulto responsable que estará a esperar diante

a porta ou no porche. Logo baixará o alumnado de 2º A , 2º B, nesta orde, procedendo

do mesmo xeito. Finalmente baixará o alumnado de 6ºA e 6ºB procedendo do mesmo

xeito.

O alumnado das aulas situadas no 2º bloque do edificio de primaria, alumnado de 3º A,

3º B, nesta orde, subirá as escaleiras e será recollido polo adulto responsable que estará

a esperar nas gradas da pista polideportiva. Logo baixará o alumnado de 4º,

procedendo do mesmo xeito. Finalmente baixará o alumnado de 5º.

En todo caso, tanto nas entradas como nas saídas desprazarémonos pola marxe

dereita dos corredores e escaleiras, respectando sempre a sinalización que indica o sentido

da circulación.

8.3 Cartelería e sinaléctica.

Colocarase cartelería informativa nos accesos ao centro, nas aulas e nos espazos comúns.

Reservaranse os espazos máis visibles para que primen por riba de calquera outra

cartelería.

A información será a xeral relacionada coa COVID e coas medidas de seguridade

básicas.

Os corredores estarán marcados con frechas indicativas das rutas a seguir, sempre pola

dereita do mesmo.

Nos baños colocaranse bandas horizontais para marcar o punto de espera e un semáforo

Page 18: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

17

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

que indique se está baleiro ou ocupado. Dentro dos baños haberá cartelería recordando o

lavado de mans e a xeito correcto de facelo.

8.4 Asignación do profesorado encargado da vixilancia.

-Entradas:

1 mestre/a en cada porta de acceso ao centro.

1 mestre/a por cada zona de formación de filas.

- Recreo:

6 mestres/as co alumnado de primaria (1 deles/as nos baños)

4 mestres/as no recreo de infantil (1 deles/as nos baños)

Esta cifra supón establecer dous equipos de vixilancia que farán garda en días alternos.

- Saídas:

Coordinadas polo profesorado con docencia na última sesión e reforzados polo profesorado

de garda na última sesión.

9.- MEDIDAS EN RELACIÓN COAS FAMILIAS E ANPA.

9.1 Madrugadores ou actividades previas ao comezo da xornada.

O plan madrugadores do programa “Unha Escola Aberta”, en principio, seguirá a funcionar

organizado polo concello. O curso pasado tivo uns 15 inscritos pero que empregaban o

servizo de xeito irregular dependendo das necesidades da conciliación familiar e laboral.

O centro coordinará cos responsables da empresa concesionaria do programa do concello

os espazos a empregar en función do número de usuarios. O espazo principal de espera para a

distribución será o hall do salón de actos.

Ás 8:55 h. o alumnado de primaria accederá ás súas respectivas zonas de espera e o de

infantil será acompañado á súa aula polo persoal da empresa concesionaria.

Entre as 8:55h e as 9:05h realizarase a ventilación do hall do salón de actos.

O alumnado que faga uso do servizo de comedor dentro do Programa “Unha Escola

Aberta” xestionado polo Concello reunirase no Hall do salón de actos no espazo previamente

delimitado por niveis, gardando as distancias de seguridade e con mascara, onde estará

acompañado polos/as responsables da empresa concesionaria do servizo de comedor.

Queda pendente para a reunión que terá lugar a finais de agosto na que se determinarán por

parte da empresa concesionaria as medidas de seguridade e protección para este servizo.

Medidas que pasarán a formar parte deste documento.

Page 19: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

18

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

9.2 Actividades extraescolares fóra de xornada lectiva ou posteriores ao servizo de

comedor.

Non está prevista a realización de actividades extraescolares fóra da xornada lectiva por

parte do centro nin, posiblemente, por parte da ANPA ante a imposibilidade de garantir o

cumprimento das medidas esixidas no protocolo.

No caso de que finalmente se leven a cabo incorporarémolas a este Plan para recoller os

aspectos que regulen a organización e desenvolvemento das mesmas.

9.3 Determinacións para as xuntanzas da ANPA e o Consello Escolar.

As xuntanzas e reunións da ANPA celebraranse presencialmente, sempre e cando a

situación epidemiolóxica o permita, no salón de actos, onde se garante o distanciamento

necesario, previo aviso para proceder ás tarefas de ventilación. Para as reunións xerais da

ANPA o aforo queda limitado a 45 persoas.

No caso de que a situación epidemiolóxica non as permita facer presencial levaríanse a

cabo telemáticamente.

As reunións do Consello Escolar terán dúas modalidades dependendo da situación

epidemiolóxica no momento da súa convocatoria:

• Presenciais, normalmente, agás que a evolución do COVID o impida. Celebraríanse

no salón de actos que permite distancia e aforo suficiente.

• Excepcionalmente, se a situación epidemiolóxica asi o aconsella celebraríanse de

xeito telemático na plataforma oficial que oferte a consellería, CiscoWEBEX,

posiblemente.

9.4 Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias.

- As titorías levaranse a cabo os martes de 16 a 17 h, con cita previa empregando,

abalarmóbil ou chamada telefónica, para concertala.

- Serán preferentemente telemáticas (telefónicas ou videochamadas) e, no caso de ser

presenciais, terán lugar na aula da titoría do alumno e coas seguintes medidas:

• Emprego de máscara.

• Hixiene de mans ao acceder á aula.

• Separación suficiente que garanta a distancia de separación mínima.

• No caso de ser preciso a revisión dunha proba escrita, solicitarse previamente para ter

unha copia e evitar a manipulación conxunta de documentos.

- As reunións de inicio de curso, por nivel, irán detalladas no “Plan de Acollida”,

comunicadas con antelación, e faranse, se as circunstancias derivadas co COVID o permiten,

de xeito presencial no salón de actos, limitando a presenza a unha soa persoa por familia

para poder garantir a distancia interpersonal, sendo obrigatorio o emprego de máscara.

Page 20: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

19

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

9.5 Normas para a realización de eventos.

Debido a situación epidemiolóxica que estamos a padecer, este curso non se prevé a

realización de actividades, festivais e celebracións de centro nin por parte do centro nin por

parte da ANPA, como podían ser Festival de Nadal, Samaín, Magosto, etc.

En todo caso, determinadas celebracións e/ou commemoracións poden ter lugar dun xeito

diferente, correspondéndolles aos diferentes equipos docentes a organización delas baixo estas

premisas:

- Realizalas con alumnado do mesmo grupo en cada quenda.

- Levalas a cabo, sempre que o tempo o permita, ao aire libre.

- Facer os labores de hixiene, limpeza e desinfección preceptivas antes e despois da

celebración.

- Emprego de medios telemáticos cando sexa preciso.

10.- MEDIDAS DE USO DO COMEDOR.

10.1 Quendas, lugares ocupados polos comensais e priorización do alumnado.

Estes datos serán incluídos cando se nos dea a coñecer a organización e planificación

deste servizo por parte da empresa adxudicataria do mesmo dentro do “Programa dunha

Escola Aberta” organizado e xestionado polo Concello de Lugo.

10.2 Persoal colaborador.

Estes datos serán incluídos cando se nos dea a coñecer a organización e planificación

deste servizo por parte da empresa adxudicataria do mesmo dentro do “Programa dunha

Escola Aberta” organizado e xestionado polo Concello de Lugo.

10.3 Persoal de cociña.

Estes datos serán incluídos cando se nos dea a coñecer a organización e planificación deste

servizo por parte da empresa adxudicataria do mesmo dentro do “Programa dunha Escola

Aberta” organizado e xestionado polo Concello de Lugo.

11.- MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOUTROS ESPAZOS.

11.1 Aulas especiais, ximnasios, pistas cubertas...

A única área na que o alumnado poderá abandonar a súa aula será educación física.

Page 21: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

20

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Isto implica que o ximnasio e, no seu caso, a pista polideportiva deben ofrecer as mesmas

garantías de seguridade que a aula convencional. Deste xeito, terá a mesma dotación de

protección que a aula convencional (dispensadores de xel hidroalcólico, papeleiras de pedal,

panos desbotables e desinfectantes) que permita realizar as rutinas de limpeza antes, durante e

ao finalizar cada sesión.

Ao ser espazos de uso compartido e sucesivo por varios grupos, entre sesións será preciso

realizar unha ventilación de 5/10 minutos e labores de limpeza básica. Para garantir que este

tempo se cumpre, os mestres de EF irán a buscar ao alumnado á súa propia aula mentras

transcorre o tempo de ventilación.

O alumnado acudirá ao ximnasio unicamente coas prendas axeitadas e material individual

propio para a sesión de educación física.

Farase uso dos baños do mesmo xeito que se fai nos das aulas, coas mesmas rutinas de

hixiene, protección e desinfección.

11.2 Educación física.

Tomando como referencia os protocolos FISICOVID das federacións galegas de fútbol e

baloncesto, que elaboraron conxuntamente coa Secretaría Xeral para o Deporte, e xunto coas

normas xerais reflectidas nesta adaptación, propoñemos as seguintes normas específicas

para a materia de educación física:

Medidas xerais de limpeza de superficies e material:

• Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada en

auga a temperatura ambiente ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se

atopan no mercado e debidamente autorizados e rexistrados. No uso dese produto

respectaranse as indicacións da etiqueta. Así mesmo, non se deben misturar produtos

diferentes.

• Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipamentos de protección

utilizados desbotaranse de xeito seguro, e procederase posteriormente ao lavado de mans.

• Procurarase que os equipamentos ou ferramentas empregados sexan persoais

e intransferibles, ou que as partes en contacto directo co corpo da persoa dispoñan de

elementos substituíbles. No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por

diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma

recorrente de xeles hidroalcólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

• Realizar tarefas de ventilación periódica nos espazos utilizados e, como mínimo, de

forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire. Na medida do

posible, manter as portas abertas con cuñas e outros sistemas para evitar o contacto das

persoas cos pomos, por exemplo. Durante as actividades en recintos pechados, na medida do

posible, realizar os tempos de descanso e/ou recuperación en zonas ao aire libre ou ben

ventiladas.

• Disporase de papeleiras pechadas e con accionamento non manual, para depositar panos

e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo

Page 22: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

21

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

menos, unha vez ao día. Así mesmo, estas papeleiras deberían contar con bolsa desbotable

que se cambie alomenos unha vez ao día.

Medidas para os axentes que participen na práctica deportiva:

Deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal e utilizar máscara, salvo no

momento da sesión. Cando non se utilice, é importante gardala axeitadamente para evitar a

transmisión do virus.

Sempre que sexa posible, o alumnado, durante a práctica deportiva deberá

manter a distancia de seguridade interpersoal.

Evitar lugares concorridos.

Evitar en todo momento o saúdo con contacto físico.

Utilizar panos desbotables e tiralos á papeleira, tras cada uso.

Asegurarse de manter unha boa hixiene respiratoria. Eso significa cubrirse a boca e o

nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar. Neste caso, desbotar

de inmediato o pano usado e lavar as mans.

Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón ou con xel hidroalcólico.

Na medida do posible, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo,

prestar atención ao lavado previo de mans.

Realizar un auto-test durante a actividade deportiva, para confirmar se pode ter

síntomas de COVID-19: noto moita temperatura corporal, tuso ou sinto falta de alento?

Medidas organizativas:

Evitar, na medida do posible, o uso de materiais compartidos durante a actividade. Se

isto non fora posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso

continuado por parte dos axentes participantes e estableceranse os mecanismos de

desinfección correspondentes. Cando ese material vaia ser empregado en dúas sesións

consecutivas, deixarase un tempo para que a actuación dos produtos desinfectantes sexa

efectiva, polo que ao inicio das sesións non se debe empregar ese material.

Para o inicio das sesións aconséllanse actividades de execución individual, encaixando

neste ámbito as coordinativas e de equilibrio, rítmicas ou de expresión corporal.

Cando se traballe en pequenos grupos, respectar os equipos formados na aula.

Puntualmente, en xogos nos que sexa imposible evitar o contacto e a distancia,

débese usar a máscara.

11.2 Cambio de aula.

Ao longo deste curso soamente se contemplan tres situacións nas que son necesarios

cambios de aula:

• Para ir ao ximnasio/pista polideportiva.

• Para ir á aula de valores cívicos e sociais/atención educativa, alternativas a relixión.

• Asistencia a sesións de apoio específico de PT e/ou AL.

Nestes tres casos, para garantir que os espazos están baleiros e ventilados, o alumnado

esperará na súa aula a que o mestre especialista os vaia buscar.

Page 23: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

22

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Cando un alumno/a ou grupo de alumnado deba cambiar de aula, farao en fila de un e

respectando a distancia de seguridade interpersoal, seguindo a ruta deseñada para cada grupo

e indo pola parte dereita do corredor.

11.3 Biblioteca.

Debido a que neste trimestre está previsto cambiar ao centro novo e faise necesario ir

preparando o empaquetado para o seu traslado, o alumnado non fará uso da biblioteca. No seu

lugar e na medida do posible, empregaranse as bibliotecas de aula con fondos, de ser o caso,

da biblioteca xeral do centro e cuxo funcionamento de préstamo irá reflectido no Plan Xeral

da Biblioteca para o curso 20/21, e recollerán as pautas para realizar os empréstitos e os

períodos de corentena dos libros devoltos.

Poderá ser empregada polo profesorado encargado para realizar empréstitos ao alumnado

ou a biblioteca de aula, para consultas e para uso dos equipos informáticos.

Nestas circunstancias non se poderá utilizar o espazo da mesma por parte do alumnado nin

das súas familias.

Antes e despois de empregar os equipos informáticos será necesario que os usuarios

realicen unha limpeza de mans e desinfección dos elementos de uso (teclado e rato).

10.4 Aseos.

- O alumnado empregará os aseos que lle corresponda á súa aula.

- Respectaranse os labores de limpeza e desinfección, polo que aqueles que estean sinalizados

nese intre con eses distintivos non poderán ser empregados.

- A limitación do aforo para os baños será de un só/soa usuario/a, e para controlalo haberá un

sistema de “semáforo”, co que cada usuario/a indicará se o baño está libre ou non.

- Todos os aseos terán cartelería sobre o correcto lavado de mans.

12.- MEDIDAS ESPECIAIS PARA OS RECREOS.

12.1 Horarios e espazos.

Para o recreo establécense dúas zonas do recinto escolar con cadansúa quenda de garda do profesorado:

• Educación Infantil, de 11:50 h a 12:20 h, no patio de entrada principal ao centro, o

denominado patio de infantil, con cinco zonas delimitadas, unha por grupo, como grupos

estables de convivencia.

• Educación Primaria, de 11:50 h a 12:20 h, na pista polideportiva, con 11 zonas

delimitadas por grupo, como grupos estables de convivencia.

Page 24: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

23

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria empregará as rutas e quendas de entrada

e saída ao recreo sinaladas, circulando sempre polo lado dereito dos corredores e escaleiras e

acompañados do profesor correspondente.

Finalizado o recreo, o regreso ás aulas será en orde inversa ao de saída ao recreo e cada

grupo será acompañado polo profesor/a co que teña docencia.

As distintas zonas diferenciadas garanten que cada nivel pode ter un espazo de recreo no

que se respecte a distancia social.

As zonas de E. Primaria, polas características de cada unha, serán asignadas de xeito

rotatorio aos diferentes grupos, por semanas, para aproveitamento das gradas.

Os días de chuvia o alumnado permanecerá na súa aula. Aumentarase a ventilación

da aula ao finalizar o tempo de recreo e procedendo a hixiene de mans con xel antes de

reiniciar as clases.

12.2 Profesorado de vixilancia.

Para realizar as vixilancias cos grupos de convivencia estable, o profesorado

organizarase en quendas de garda rotatorias. O profesorado especialista será asignado a un

determinado nivel/etapa para completar o cadro.

Deste xeito, haberá dous equipos que farán gardas en días alternos na zona e grupo

asignados tendo en conta o punto anterior.

GRUPO Nº DE MESTRES DE GARDA ZONA HORA

ETAPA INFANTIL 4 PATIO ENTRADA 11:50h – 12:20h

ETAPA PRIMARIA 6 PISTA POLIDEPORTIVA 11:50h – 12:20h

13.- MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E

DOS DOUS PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA.

13.1 Metodoloxía e uso de baños.

A pesar de que en infantil se formarán grupos de convivencia estable, estableceremos

unha serie de pautas que permitan minimizar, na medida do posible, o risco de contaxio e

propagación.

Este é un ciclo no que a idade do alumnado e a súa etapa evolutiva invitan á

experimentación, á vivenciación, ao intercambio, ao contacto e á liberdade; que

xustamente entran en conflito coas medidas de seguridade para evitar contaxios.

Non renunciar a esas características ao mesmo tempo que intenta minimizar os riscos é algo

complexo e que intentaremos facer deste xeito:

Asemblea:

No canto de facela todo o alumnado sentado e xunto na zona de tarima, realizarase cos

nenos sentados no seu lugar nas mesas. Dentro desas rutinas habituais incluirase a

Page 25: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

24

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

lembranza de normas de hixiene e a concienciación do alumnado coa pandemia,

actividades que se realizarán presentadas como algo lúdico, así como a hixiene correcta

de mans. Neste sentido, deixar claro que nestas aulas o dispensador de xel non estará ao

alcance dos nenos, xa que isto podería supoñer un risco, polo que as aulas terán

dispensadores de man situados na mesa das mestras, que serán as responsables del e as

que o distribúan cando sexa necesario.

Colocación do alumnado / agrupamentos:

Variará a distribución do alumnado na aula, que en vez de estar nunha mesa en gran

grupo pasarán a colocarse en grupos de 4 ou 5 alumnos en función do alumnado total da

aula. Eses grupos serán estables e tratarase de reducir a interacción global entre grupos.

Recunchos:

Os grupos creados para a colocación na aula serán os mesmos para o xogo en

recunchos. O material dos recunchos reducirase ao imprescindible e eliminaranse aqueles

obxectos susceptibles de levar á boca.

Antes de ir aos recunchos realizarase unha limpeza de mans e unha vez finalizados

repetirase esta acción. É importante o traballo de concienciación para que non leven

obxectos e mans á boca.

Os recunchos poderán empregarse dúas veces por mañá, unha nas sesións anteriores

ao recreo e outra nas sesións posteriores. Entre tanto, deberán desinfectarse as pezas

empregando un produto virucida e realizar unha ventilación correcta da aula.

Uso de baños:

A aula de cada grupo dispón de baño exclusivo. Só poderán ir de un e un.

Realizarse a limpeza e desinfección completa tres veces por xornada lectiva como

indica a norma xeral do protocolo.

Uso de máscara

Aínda que o protocolo sobre os grupos estables de convivencia non a esixa, cremos

que o emprego da mesma en espazos comúns e recreos será beneficioso, tanto a nivel de

protección como para xerar hábito social, moi recomendable entre a poboación.

Será labor conxunta de familias e escola traballar os hábitos correctos para colocalas e

quitalas de xeito correcto, así como a maneira de gardalas na funda.

Material

Antes do comezo de curso facilitarase a listaxe co material propio que debe ter o

alumnado.

Entre este material será moi importante que haxa unha funda para as máscaras con

cordón, que permita levala colgada no pescozo.

Material común: colocarase en gabetas exclusivas para cada grupo. Antes do

emprego de material común procederase á limpeza de mans e posteriormente aplicarase o

produto viricida.

Dentro do material común haberá material de uso individual, que deberá estar

gardado en bolsas co nome de cada alumno.

Page 26: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

25

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

13.2 Actividades e merenda.

Merenda

De ser posible no momento da merenda poderían separaranse as mesas de cada grupo

para ter unha maior distancia frontal entre eles.

Resulta moi difícil que todo o alumnado desta etapa sexa autónomo para este labor,

requirindo en moitas ocasións a axuda do profesorado, que, neste caso puntual,

empregará luvas.

Este curso será máis importante ca ningún outro respectar as merendas que se

propoñan no calendario ao inicio de curso, porque dese xeito poderá preverse mellor o

tipo de axuda que van requirir os nenos e nenas.

Actividades e xogos

O noso patio permite manter a distancia de seguridade no patio e do alumnado e que

poidan evitarse aglomeracións.

Poderían proporse algunhas actividades e xogos que permitan a diversión sen

contacto…, que se incorporarían, no seu caso, como anexo de “Actividades e xogos para

o recreo”.

14.- MEDIDAS ESPECIFICAS PARA USO DO EQUIPAMENTO.

14.1 Emprego do equipamento.

Ordenadores de aula:

• Todas as aulas de E. Infantil e de E. Primaria dispoñen dun equipo informático

completo para uso do profesorado e do alumnado.

• Corresponde ao profesorado organizar o seu uso e garantir a limpeza do rato e

teclado despois do seu emprego por cada usuario/a.

15.- MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA A ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.

15.1 Ámbitos de actuación.

Na área da Educación Física, maioritariamente práctica, débense diferenciar dúas ámbitos

de actuación.

Nas parte teórica o profesorado deberá seguir o procedemento habitual dunha clase normal,

debendo seguir as medidas de protección e seguridade ordinarias.

Nas sesión prácticas na pista polideportiva ou no ximnasio a actividade deberá ir

encamiñada a minimizar os riscos, para o que sería interesante ter en conta unha serie de

medidas relacionadas coas actividades a realizar:

1. Priorizar as actividades sen contacto físico.

Page 27: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

26

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

2. Promover actividades que permitan o distanciamento físico entre o alumnado (mínimo 1'5

metros, recomendable 2 metros).

3. Se a actividade impide o distanciamento, o alumnado deberá utilizar de maneira

obrigatoria a máscara.

4. Controlar as actividades que supoñan un requirimento físico maior (altas intensidades),

que signifiquen a proxección de gotículas.

5. Tratar de evitar que o alumnado corra en líña a pouca distancia un do outro, (canta maior

velocidade leve o alumnado, maior distancia de seguridade deberá gardar).

6. As competicións que se realizan durante a clase e o recreo non se realizarán este curso xa

que supoñen risco.

7. Ao principio e ao final de a actividade deportiva o alumnado deberá desinfectarse as

mans. É importante extremar a hixiene no ámbito deportivo.

8. Priorizar, se fose o caso, a entrega de traballos de xeito telemática.

9. Cando se entreguen traballos en formato papel, deberán deixarse en corentena dous días

antes da súa corrección.

15.2. Material.

En canto ao material. deberase n seguir as seguintes recomendacións:

1. Planificar adecuadamente a realización das actividades tendo en conta os tempos de

preparación das mesmas e os tempos de desinfección posteriores do material.

2. O material debe estar controlado en todo momento, non podendo estar accesible ao

alumnado. Queda totalmente prohibido que o alumnado teña acceso ao almacén de

material.

3. O profesor ou profesora será quen entregue sempre o material en cada clase, previa

desinfección, debendo evitar as aglomeracións durante o devandito proceso de reparto.

4. O material de educación física non pode estar a pasar de man en man sen control algún.

Ao final do seu uso, este deberá ser desinfectado antes de ser utilizado por outro alumno

ou alumna.

5. O material será de uso individual. Ao final de a clase, destinarase un tempo para a súa

desinfección.

6. Priorizar o uso de materiais que sexan sinxelos de desinfectar.

7. As actividades que impliquen compartir material (xogos ou deportes colectivos) están

desaconselladas. No caso de que non quede más remedio que compartilo, haberá que

Page 28: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

27

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

buscar unha forma de rexistrar o grupo de alumnado que o utilizou para realizar un

rastrexo do posible contaxio.

8. Ademais do material deportivo, o profesorado deberá dispoñer de xel hidroalcólico e

máscaras de reposto (por se o alumnado rompe algunha das súas por causa da actividade

deportiva), papeleiras con pedal e bolsa.

9. Nos baños haberá sempre xabón e papel de mans.

15.3 Espazos.

En canto aos espazos, seguiranse as seguintes recomendacións:

1. Priorizar as actividades ao aire libre, na pista, ante outras que se realicen no ximnasio

(interior).

2. No caso de realización da clase ou actividade no ximnasio, este deberá estar

suficientemente ventilado durante a totalidade da actividade e posterior a ela. Está

totalmente desaconsellado o uso de espazos pechados e sen ventilación.

3. Controlarase o acceso e saída ao ximnasio e a pista para que o alumnado garde as

distancias de seguridade en todo momento.

4. Os vestiarios no se empregarán xa que o alumnado virá coa roupa de deporte axeitada

desde casa.

5. O alumnado virá cunha botella de auga propia, claramente identificada e prohibirase que

poida beber auga da botella doutro/a compañeiro/a.

6. Determinar e acotar espazos (coa distancia de seguridade mínima) para que o alumnado

poida deixar, se é o caso, as súas prendas de abrigo, evitando que estas entren en contacto

unhas con outras. O proceso de deixar e recoller pertenzas débese realizar de maneira

ordenada evitando aglomeracións.

7. Ao final da sesión o profesorado comprobará que non queda roupa do alumnado no

ximnasio.

16.- MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE NEE.

16.1 Medidas.

Na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais ou necesidades específicas

Page 29: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

28

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

de apoio educativo recoméndase o uso das mascarillas dentro e fóra da aula cando non se

cumpra coa distancia mínima de seguridade. No caso de non poder facer uso da mascarilla

optarase por outras fórmulas que garantan a protección individual como pode ser o uso de

pantallas (viseiras) e/ou mamparas así como a protección colectiva, establecendo grupos de

convivencia estable formados polo alumnado do mesmo grupo docente e aula. Neste caso

limitaranse as interaccións dos grupos.

O persoal que preste atención a este alumnado valorará o emprego de pantallas/viseiras no

caso de que o alumnado non poida facer uso das mascarillas e a súa atención requira non

respectar a distancia de seguridade.

No caso de que o alumnado non teña a autonomía suficiente, organizarase o

acompañamento deste nas entradas, saídas, traslado polo centro e no momento do recreo, así

como na hixiene de mans nos momentos de entrada ao centro, cambio de aula e de actividade,

despois de ir ao baño, tras esbirrar ou tusir, antes e despois de comer e naqueles casos que

sexa preciso, dando sempre marxe ao desenvolvemento da súa autonomía.

O departamento de orientación colaborará co Equipo Covid na identificación das

necesidades de protección e hixiene que este alumnado poida precisar para a súa atención.*

16.2 Medidas e tarefas. Seguimento.

O equipo COVID, en colaboración co Departamento de Orientación, establecerá as medidas

concretas en relación coa diferente tipoloxía de alumnado con NEAE.

Trataremos de concretar as tarefas e medidas que o persoal docente e coidador debe de

extremar en relación co alumnado. As medidas serán obxecto de seguimento continuo para a súa

adaptación a cada circunstancia. En canto á distribución do espazo:

Como norma xeral, a distribución das mesas do alumnado na aula debe organizarse de forma

que o alumnado garda entre sí a distancia de seguridade interpersoal, como mínimo, de 1 metro

de centro de cadeira a centro de cadeira.

No caso de que o profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe deba

traballar co alumnado na aula de apoio, recoméndanse tres pautas fundamentais:

Manter a distancia de seguridade co alumnado (recomendable 2 metros).

Manter unha correcta ventilación da aula. Débese garantir a ventilación durante toda a

xornada escolar, co fin de favorecer a renovación do aire no seu interior (mantendo se é

posible as portas e xanelas abertas durante toda a xornada escolar).

Establecer unha zona limpa de traballo para cada unha das persoas que ocupan de maneira

habitual dita aula, de forma que sexan os/as únicos/as que poidan acceder ás mesmas, para a

realización do seu traballo diario, procurando así que o devandito espazo queda libre de

Page 30: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

29

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

posibles infeccións indirectas.

Ademais e deberanse seguir as seguintes normas:

1. En caso de non poder respetarase a distancia de seguridade dentro da aula de apoio, tanto o

profesorado como o alumnado deberá permanecer con máscara durante o tempo que estean

dentro da aula. No caso de que non sexa posible o uso de máscara por razón da actividade

a realizar deberá empregarse mampara de separación ou pantallas faciais.

2. Por motivos de seguridade, o profesorado deberá recoller ao alumnado na súa clase

ordinaria e finalizada a sesión acompañalo de regreso á mesma.

3. A hixienización de mans do alumnado realizarase á entrada e saída da aula.

4. O alumnado só levara á aula de apoio o estritamente necesario, debendo deixar mochila,

libros e resto de material na súa clase de orixe. Unha vez na aula de apoio non se poderá

volver a aula ordinaria a recoller material esquecido.

5. O alumnado traerá o seu propio estoxo cos materiais (lapis, bolígrafos, gomas, ceras,

cadernos…), que vaia a empregar durante a sesión, non permitíndose que se preste

material entre alumnado.

6. Os materiais de aula deben estar controlados en todo momento, non podendo estar nun

sitio onde o alumnado teña acceso directo a eles.

7. Priorizarase o uso de materiais individuais na aula (cada alumna/o traballará co seu

propio material). No caso de ter que traballar con material de aula, é conveniente que na

clase haxa material suficiente para poder facelo de maneira individual.

8. De ter que traballar de maneira grupal e haxa que compartir materiais, o profesorado debe

priorizar que o alumnado extreme as medidas de hixiene e evite tocarse a cara (boca,

nariz, ollos) en todo momento.

9. Os materiais compartidos polo alumnado deben ser desinfectados despois do seu uso e

antes de ser utilizados por outro/a alumno/a.

10. En caso de utilizar materiais compartidos deberá rexistrarse ao alumnado que utilizou

cada material para realizar o rastrexo ante un posible contaxio.

11. No caso de que se traballen fichas en formato papel, unha vez finalizadas gardarase nun

sobre ou carpeta, debendo pasar o período de corentena de polo menos dous días (48

horas).

12. Cando se organicen actividades de lectura de contos, recomendase utilizar

preferentemente aqueles que teñen follas duras plastificadas xa que teñen unha fácil

desinfección despois do seu uso.

13. Aquelas actividades de lectura que usen libros en formato papel deberase planificar e

Page 31: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

30

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

programar para que unha vez utilizados (sempre de maneira individual), permita

establecer un período de corentena dos mesmos entre uso e uso.

14. Profesorado e alumnado implicado deberán desinfectar os postos de traballo empregados

ao finalizar a sesión.

15. Ao final das clases diarias, tanto a mesa do alumnado como a mesa do profesorado

deberá quedar totalmente libre de papeis e materiais para proceder a unha correcta

limpeza e desinfección da aula por parte do persoal de limpeza que fará o mesmo con

todas aquelas superficies que foran empregadas polo alumnado e profesorado.

Unha situación especial dentro da aula de apoio é o traballo fonoarticulador por parte do

profesorado de Audición e Linguaxe.

Nesta situación especial, tanto o alumnado como o profesorado, deben ter a boca visible

para poder traballar as actividades correspondentes ao devandito aspecto. Na realización

destas actividades de fonación, ao non usarse máscara, provócanse a proxección de

gotículas ao aire que quedan en suspensión podendo ser fonte de transmisión da COVID-

19.

Nesta situación especial recoméndase:

Máxima ventilación da aula de apoio.

Profesorado e alumnado implicado dispoñerán dunha mampara entre ambos e o

profesorado disporá dunha pantalla facial individual que deberán desinfectarse ao

finalizar a sesión.

O alumnado e profesorado terán posta a máscara en todo momento no que non

estean realizando exercicios articulatorios ou fonoarticulatorios, quitándoa

soamente o estritamente imprescindible.

Como o proceso de poñer e quitar a máscara é en si mesmo unha situación de risco,

deberase traballar previamente o procedemento de poñerse e quitarse a máscara

dunha forma segura.

Se pola idade ou autonomía do alumnado se observase que dita actividade supón

un risco maior que a situación que se tenta remediar non se utilizará a máscara pero

si a mampara e ademais a pantalla por parte do profesorado.

17.- PREVISIÓNS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO.

17.1 Medidas.

Reunións:

Para aquelas que impliquen a participación de todo o profesorado empregarase

o salón de actos , xa que ten as dimensións e localidades suficientes para manter

unha distancia de separación e seguridade axeitada.

Para as reunións de equipos docentes, de nivel ou ciclo empregaranse unha das

aulas de nivel ou ciclo, coas medidas de seguridade reflectidas neste plan.

Page 32: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

31

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Sala de profesorado: A sala de mestres permite a estancia simultánea de oito persoas, prestando

especial atención á ventilación da sala, polo que nos recreos todo o profesorado

que non estea de garda de recreo poderá estar na súa aula, Sala de profesorado ou

na Biblioteca, situada ao lado.

Na sala haberá dispensador de xel e panos desbotables, así como unha papeleira de

pedal con bolsa.

A prioridade de estancia e permanencia na sala débea ter o profesorado de

garda que é quen está a realizar unha función docente activa nese momento, ou

calquera outro docente que realice nese instante unha función académica

determinada.

O profesorado evitará compartir material entre eles. En caso de ter que compartilo

será desinfectado nada máis termine de usalo.

As cadeiras da sala está distribuídas gardando a distancia de seguridade, anulando as

sobrantes cunha marca na mesa indicando que non se pode empregar, e evitando

sentarse fronte a fronte.

Na porta da sala porase información relativa ao seu aforo e ás medidas de seguridade

e hixiene no interior.

As ventás e a porta da sala do profesorado permanecerán abertas (sempre que sexa

posible por cuestións de confidencialidade), para favorecer a ventilación, así como

para evitar a manipulación de mecanismos de apertura de portas.

Será responsabilidade individual dos usuarios dos ordenadores a limpeza e

desinfección dos equipos de traballo (ordenador, teclado, rato, impresora,

fotocopiadora...) con desinfectante así como da cadeira e superficie da mesa

empregada, con posterior desinfección de mans coa aplicación de xel

hidroalcohólico.

Evitar a realización de reunións de departamento/área/ciclo/titores na sala de

profesorado coa finalidade de non ocupar parte do devandito espazo. Para iso

proponse usar outras zonas libres, anterior aula de música, onde se poida gardar a

distancia de seguridade entre os membros do departamento/área/ciclo..., ou

preferentemente a realización das reunións de maneira telemática.

Como o uso do teléfono é compartido, colocarase un anaco de filme transparente,

dispoñible ao seu lado, no micrófono do teléfono, e cando un/unha docente teña que

falar por el, evitará poñer o micrófono diante de a boca, desprazándoo cara abaixo.

Devandito filme será substituído a maior frecuencia posible, e limparase o teléfono

cun pano desinfectante e desbotable.

Ao final das clases diarias ou da garda de tarde as mesas da sala do profesorado

Page 33: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

32

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

deben quedar totalmente libres de libros e materiais para que o persoal de limpeza

proceda a unha correcta limpeza e desinfección.

17.2 Órganos colexiados.

Reunións dos órganos colexiados:

Tanto as reunións de Claustro como de Consello Escolar levaranse a cabo no Salón de

actos nas condicións expostas no punto anterior dado que o aforo da sala de profesorado non o

permite. No caso de que a situación o impida, empregarase a comunicación telemática

usando a plataforma CiscoWebes.

18.- MEDIDAS DE CARÁCTER FORMATIVO E PEDAGÓXICO.

18.1 Formación en educación en saúde.

- Ao longo de todo o curso e de xeito transversal terá un carácter prioritario a

prevención e hixiene fronte á COVID-19.

- Levaranse a cabo as liñas de actuación formativas co alumnado e profesorado

establecidas no protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade.

18.2 Difusión das medidas de prevención e protección.

- Empregaranse a Web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradocorazon)

tal e como se establece no Plan de Comunicación do centro para a difusión de toda a

información de relevancia con respecto a este tema, en especial ás enviadas polas

Consellerías de Educación e Sanidade.

- Do mesmo xeito, facilitarase o acceso a documentación e charlas formativas de interese

na web do centro.

18.3 Profesorado coordinador da xestión e dinamización das aulas virtuais.

- Todo o profesorado do centro ten unha formación básica que lle permite empregar os

medios dixitais, como quedou demostrado ao longo do curso 19/20. Neste curso 20/21

será necesario facer un esforzo formativo ao longo do mes de setembro para a

implantación e emprego das aulas virtuais.

- A persoa coordinadora do equipo Tics, a nomear a comezos de setembro, será a

responsable do traballo de mantemento dos equipos informáticos e no mantemento da

aula virtual (xestión da administración, páxina de inicio, creación de cursos e subida de

información básica, comunicación coa UAC, coa responsable Abalar de zona,

divulgar accións de formación...), tarefas nas que tamén colaborarán, na medida do

posible os demais membros do equipo Tics ao que se incorporarán voluntariamente os

membros do claustro que estean dispostos a colaborar. En todo caso, contarán coa

Page 34: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

33

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

colaboración do equipo directivo.

No seguinte cadro recóllense os membros do Equipo TICs:

MEMBRO CARGO

Roberto Souto

Silvia García

18.4 Previsións derivadas do documento “Instrucións de inicio de curso”.

- O equipo directivo elaborará o Plan de Acollida que será publicado coa maior

brevidade posible para que a comunidade educativa poida organizar o mes de setembro.

Este documento recollerá as datas das posibles reunións coas familias, o horario xeral

do centro para todo o curso e os horarios de entrada e saída do primeiro día, que

serán flexibilizados e escalonados para poder ter unha mellor organización.

- Levará recollido tamén a organización do período de adaptación para o alumnado de 4º

de infantil ata non máis aló do 30 de setembro.

16.5 Difusión do plan.

- A versión 1 deste “Plan de adaptación á situación COVID-19” (01/09/2020) será publicada

na web do colexio e comunicado ás familias a través da aplicación Abalarmóbil e enviado aos

membros do claustro e consello escolar a través (de mensaxería) do correo corporativo.

Tamén será publicado o enlace ao documento na páx. Web do centro

(http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradocorazon).

- Está previsto que ao longo da primeira semana de setembro se vaian recibindo achegas de

calquera membro da comunidade educativa para poder publicar unha versión definitiva antes

do inicio do curso. As achegas poderán facerse a través do correo electrónico

[email protected]

Page 35: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

34

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

ANEXOS

Page 36: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

35

Ausencia: X Ausencia xustificada:

Ausencias provocadas por sintomatoloxía

compatible coa COVID-19.

X

Modelo de rexistro por sintomatoloxía compatible.

Page 37: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

36

ENTRADA LATERAL PISTA: ALUMNADO DE

3º,4º E 5 DE E. PRIMARIA

ENTRADA

PRINCIPAL:

ALUMNADO 1º,

2º E 6º E.

PRIMARIA

ENTRADA

LATERAL

IGLESIA:

ALUMNADO

DE

E. INFANTIL

ENTRADAS AO CENTRO

Page 38: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

37

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

GARDERÍA

SOLAR

EDIFICIO ED.

INFANTIL

EDIFICIO

DIRECCIÓN

PATIO DE

ENTRADA

EDIFICIO ED. PRIMARIA

PORCHES VIVENDAS

R/ SAGRADO CORAZÓN

SALÓN DE

ACTOS

PIS

TA

PO

LID

EP

OR

TI

VA

GRADAS

ENTRADA 3º, 4º e

5º E P (RAMPA)

PRAZA

DA

IGREX

A

P

R

A

Z

A

UBICACIÓN EDIFICIOS- ITINERARIOS ENTRADA/SAÍDA

ENTRA

DA ED

INFAN

TIL

ENTRA

DA 1º,

2º E 6º

E P

Page 39: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

38

DISTRIBUCIÓN AULAS TIPO

0,60 M

0,65 M

0,60 M

0,65 M

0,60 M

0,65 M

0,60 M

0,65 M

AULAS TIPO Á ESQUERDA

AULAS TIPO Á DEREITA

Page 40: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

39

DISTRIBUCIÓN AULA TIPO SEGUNDO CAPACIDADE

0,60 M 0,65 M

Page 41: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

40

EDIFICIO PRIMARIA PLANTA BAIXA

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

SECRETARÍA

AULA Nº 6

AULA Nº 5 AULA Nº 6D

AULA Nº 5D

ALMACÉN

AULA 9D

ENTRADA 1º, 2º

E 6º ED

PRIMARIA

ENTRADA 3º,4º

E 5º ED

PRIMARIA

Page 42: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

41

AULA PT AULA Nº 7D

(APOIO)

BALCÓN BALCÓN

EDIFICIO PRIMARIA PLANTA 1ª

AULA Nº 2

AULA Nº 1

AULA 2º A

AULA 2º A

AULA Nº 2D

AULA Nº 1D

ENTRADA 1º, 2º

E 6º ED

PRIMARIA

ENTRADA 3º,4º

E 5º ED

PRIMARIA

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 43: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

42

EDIFICIO PRIMARIA PLANTA 2ª

BALCÓN

AULA Nº 4

AULA Nº 3

AULA 6º A

AULA Nº 4D

AULA Nº 3D

AULA 6º A

AULA Nº 8

(AUDIOVISUAIS)

AUDIOVISUAIS

PASILLO TRANSVERSAL

AULA Nº 8D

(A L)

AULA 6º A

BALCÓN

A

PL

A

N

T

A

AULA 6º A

A

PL

A

N

T

A

AULA 6º A

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 44: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

43

BIBLIOTECA

SALA PROFESORES

BIBLIOTECA

BALCÓN

DESPACHO

DIRECCIÓN

DESPACHO

XEFATURA

ESTUDOS

CONSERXERÍA

AULA ED.

INFANTIL Nº 5

AULA ED.

INFANTIL Nº 6

ALMACÉN

ALMACÉN

PLANTA ALTA PLANTA BAIXA

EDIFICIO DIRECCIÓN ACCESO A

PATIO

HALL

ENTRADA

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 45: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

44

EDIFICIO INFANTIL (RAMPA)

ALMACÉN

AULA

INFANTIL Nº 2

AULA

INFANTIL Nº 1

HALL

HALL SERVICIOS

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 46: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

45

EDIFICIO INFANTIL PLANTA SOTO

AULA

INFANTIL Nº 3

AULA

INFANTIL Nº 4

SERVICIOS

ALMACÉN

HALL

ACCESO A

PATIO

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 47: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

46

EDIFICIO COMEDOR- DEP ORIENTACIÓN-

INFORMÁTICA-AULA INGLÉS

AULA DE

INGLÉS AULA DE

INFORMÁTICA

DEP

AR

TAM

ENTO

OR

IEN

TAC

IÓN

COMEDOR

HALL

ENTRADA

EDIFICIO

DISPENSADOR DE GEL

PAPELERA CON TAPA

RECORRIDO ACCESO

RECORRIDO SAÍDA

Page 48: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

47

07,00 M

11,00 M

PISTA POLIDEPORTIVA

DISTRIBUCIÓN RECREOS ED PRIMARIA

06,00 M 06,00 M 06,00 M 07,00 M

02,00 M

Page 49: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

48

EDIFICIO ED PRIMARIA

SALÓN DE ACTOS

EDIFICIO ED INFANTIL

PATIO ED. INFANTIL

DISTRIBUCIÓN RECREOS

ENTRA

DA

PRINCI

PAL

ENTRA

DA ED

INFANT

IL

Page 50: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

49

CHECKLIST VENTILACIÓN DA AULA Nº___ - ____CURSO GRUPO_____

DÍA HORA PROFESOR/A OBSERVACIÓNS

Luns ___/___/20__

09:00 a 09:05

10:00 a 10:05

11:00 a 11:05

11:50 a 12:20

13:10 a 13:15

13:55 a 14:00

DÍA HORA PROFESOR/A OBSERVACIÓNS

Martes ___/___/20__

09:00 a 09:05

10:00 a 10:05

11:00 a 11:05

11:50 a 12:20

13:10 a 13:15

13:55 a 14:00

DÍA HORA PROFESOR/A OBSERVACIÓNS

Xoves ___/___/20__

09:00 a 09:05

10:00 a 10:05

11:00 a 11:05

11:50 a 12:20

13:10 a 13:15

13:55 a 14:00

DÍA HORA PROFESOR/A OBSERVACIÓNS

Mércores ___/___/20__

09:00 a 09:05

10:00 a 10:05

11:00 a 11:05

11:50 a 12:20

13:10 a 13:15

13:55 a 14:00

DÍA HORA PROFESOR/A OBSERVACIÓNS

Venres ___/___/20__

09:00 a 09:05

10:00 a 10:05

11:00 a 11:05

11:50 a 12:20

13:10 a 13:15

13:55 a 14:00

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon

Page 51: ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “P Á SITUACIÓN COVID 19 … · Medidas de limpeza..... 9 5.- Material de protección ... Checklist limpeza-desinfección de aseos..... 50. 2 CEIP

50

CHECKLIST LIMPEZA/DESINFECCIÓN DO ASEO NÚMERO ____

DATA

PO

RT

AS

-

MA

NIL

LA

S

LA

VA

BO

INO

DO

RO

S

UR

INA

QR

IOS

HORA DA

LIMPEZA 1ª /

ASINADO

PO

RT

AS

-

MA

NIL

LA

S

LA

VA

BO

INO

DO

RO

S

UR

INA

QR

IOS

HORA DA

LIMPEZA 2ª /

ASINADO

PO

RT

AS

-

MA

NIL

LA

S

LA

VA

BO

INO

DO

RO

S

UR

INA

QR

IOS

HORA DA

LIMPEZA 3ª /

ASINADO

OBSERVACIÓNS

LUNS

____/____/20___

MARTES

____/____/20___

MÉRCORES

____/____/20___

XOVES

____/____/20___

VENRES

____/____/20___

CEIP SAGRADO CORAZÓN Rúa Polígono Sagrado Corazón s/n 27003 LUGO 982870467 982870470 [email protected] http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsagradocorazon