andoriña nº 50

24
Andoriña REVISTA ESCOLAR DO CEIP DE RANDUFE Nº 50 DECEMBRO DE 2009 SUMARIO Palabras alegres, doces e agarimosas ...2 Xogamos ...3 Poemas de 3º ...4 Cartas ...5 Educación viaria ...6 e 7 Tradicións de Nadal ...8 e 9 Artistas de 6º ...10 Necrolóxica ...11 Campo a través ...12 e 13 Os personaxes dan xogo ...14 e 15 Queremos Galego ! ...16 a 19 Mellorando a escola ...20 e 21 Os máis cativos ...22 Os Chiscoeuros ...23 Chegaron este curso ...24

Upload: ceiprandufe

Post on 11-Jul-2015

328 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Andoriña nº 50

Andoriña REVISTA ESCOLAR DO CEIP DE RANDUFE

Nº 50 DECEMBRO DE 2009

SUMARIO

Palabras alegres, doces e agarimosas ...2 Xogamos ...3 Poemas de 3º ...4 Cartas ...5 Educación viaria ...6 e 7 Tradicións de Nadal ...8 e 9 Artistas de 6º ...10 Necrolóxica ...11 Campo a través ...12 e 13 Os personaxes dan xogo ...14 e 15 Queremos Galego ! ...16 a 19 Mellorando a escola ...20 e 21 Os máis cativos ...22 Os Chiscoeuros ...23 Chegaron este curso ...24

Page 2: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

2

Page 3: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

3

Os nenos e nenas de segundo estamos a aprender a xogar xadrez nos nosos momen-tos libres, e… gústanos un montón!!! Primeiro buscamos na internet de onde ven este xogo e atopamos que non está moi claro aínda. Algúns pensan que o inventaron na India, outros que os babilonios e os chine-ses. O certo é que é moi antigo.

SABEMOS QUE... O tabolei-ro ten 64 cadros

32 brancos

As brancas comezan a batalla

8 PEÓNS loitan co-ma solda-dos

1 RAIÑA que vai onde quere

Todos queren coller o rei

Enroque

32

negros

2 CABALOS que cabal-gan

2 ALFILES a carón do rei e a raíña

Xaque

2 TORRES que son os gardiáns

Xaque mate

1 REI que non pode morrer

SE QUERES PRACTICAR NA CASA... Cuento de ajedrez. FIlguth, Rubens. Ed. Paidotribo. Cuento de ajedrez práctico. Filguth, Rubens. Ed. Paidotribo. Iniciación ajedrez para niños. Castro Girona, Pablo.

E NO ORDENADOR... El pequeño Fritz. Ajedrez. Versión para niños. Chessmaster 3000. Virtual chess 2

O xadrez é un medio ideal para desenvolver habilidades mentais coma a atención, imaxi-nación, pensamento abstracto, memoria, toma de decisións, percepción, análise sistemática, a aprendizaxe a partir do erro… e valores coma o respecto polo opoñente, responsabilidade, cortesía, autocontrol…

Page 4: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

4

O ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍO O esquío é un animal moi pequeniño, come e salta un pouquiño. O esquío é un mamífero roedor, e anda sempre arredor. A súa cor é castañiña, e tamén un pouco branquiña. Ten un rabo longo e peludo, e tamén moi forzudo. Come con moito afán, e na despensa garda o pan. Como é tan pequeniño, durme só un pouquiño. E tan peludiño por iso non ten friíño, por iso sempre, está quentiño.

PAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOEL Papa Noel xa é moi listo, xa usa zorra para non ser visto. Papa Noel vai de casa en casa, deixando xoguetes a toda brasa. Pola noite Papa Noel vai andando e cantando nas súas casas os nenos están agardando. Todos os nenos están desexando que chegue Papa Noel para recibir as larpeiradas que saben a mel.

A CABAZAA CABAZAA CABAZAA CABAZA

Onte co meu pai fun de caza, e atopei unha boa cabaza. Cando cheguei a miña casa partina para a vaca. Logo fun a praza e merquei outra, para comela, grande e loura. Na miña casa teño moitos tipos de cabazas Pero non son iguais que as da praza.

Elaborado polo alumnado de 3º

Page 5: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

5

Eran as seis en punto. Sentada no banco debaixo do Carballo estaba Lisi, triste, calada, esperando. Entón chegou Ian triste, calado, camiñando. Sentouse a carón dela, no banco, debaixo do Carballo. Lisi abriu o bolso e sacou as cartas, atadas cunha cinta de seda, e devolveullas a Ian, como acordaran. Ian colleu as cartas, levantouse, deulle as grazas e foise camiñando, sen despedida. FRANCISCO

Érase unha vez un home que se chamaba Ian e unha muller que se cha-maba Lisi. Coñecéranse de pequenos no C.E.I.P. de Randufe; as nais de Ian e Lisi eran amigas do colexio. Ian levaba unhas cartas para xogaren no colexio e un día, cando ían en primeiro curso deixoulle as carta a Lisi. Cando tiñan dezaseis anos, e ían en cuarto da E.S.O., xa eran noivos, e sempre tiña Lisi as cartas no bolso. Aos trinta e dous anos xa ían casar na igrexa de Malvas, en canto chegase da viaxe a avoa de Ian. Pero a avoa espichouna nunca caída do avión no océano Pacífico, onde había tiburóns esperando a que caíra o avión. A voda suspendeuse, e en lu-gar da voda fíxose o funeral. Aos corenta e cinco anos cada un foi pola súa parte e só tiñan ganas de non verse. Unha vez organizouse unha excursión da terceira idade ás illas Balea-res. Un foi por un lado da illa e outro foi co grupo. Cando se decataron de que Lisi estaba afogando no río Anllóns, ás cinco e media Ian salvouna.

No Burato de chisco hai un libro con 16 historias de car-tas… Cartas de amor, de ami-zade, cartas de baralla, de na-vegación, cartas secretas que explican a historia da humanida-de… Todas estas historias inventá-ronas os alumn@s de 6º curso. Podes inventar ti outras, sempre co mesmo final.

Page 6: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

6

EDUCACIÓN VÍAL

O pasado mércores 26 de novembro os rapaces do terceiro e cuarto do CEIP de Randufe asistimos á representación dunha obra de teatro na Área

Panorámica en Tui.

Tiña que ver cos sinais de tráfico.

Page 7: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

7

Este rapaz tiña unha obsesión, “Os sinais de tráfico”. Incluso a súa cama era un coche. Unha noite tivo un

soño. Pero non vos vou contar máis por si algún día ides vela.

Na obra, tivemos a sorte de gozar duns actores e dunhas actrices que

cantaban e bailaban. E as cancións gustáronnos

moito. A ver se os nosos mestres nos poñen ese CD tan chulo que nos

regalaron.

Page 8: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

8

Page 9: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

9

Nenos/-as de 5º

Page 10: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

10

Page 11: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

11

O señor

BICHO GRILLÍN CIGARRA

Finou en estrañas circunstancias no patio do colexio o día 13 de outubro. Despois de permanecer no tanatorio do arquivo de sexto e realizada

a autopsia, foi soterrado o día 16 de outubro. O seu corpo foi depositado nunha tumbiña biodegradable construída por Uxía, Lucas e Elena. No canto dunha cruz, inscribiuse a palabra “perdón”.

Ao enterro asistiron todos os alumn@s de sexto e Laura F. Foi soterrado debaixo da palmeira por Gerardo. Claudia e Uxía pronuncia-

ron un breve discurso na súa memoria. Tod@s vestidos de riguroso loito, colocaron flores e tarxetas no seu lugar de

eterno descanso. A morte de Grillín serviu para que os alumnos de sexto aprenderan

o valor da vida.

SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA, SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA, SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA, SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA, PÉNSAO BEN, PÉNSAO BEN, PÉNSAO BEN, PÉNSAO BEN,

XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO QUEIRASQUEIRASQUEIRASQUEIRAS....

NON SE DEBEN MANDAR ANIMAIS DUN PAÍS A OUTRO PORQUE PODEN CREAR PROBLEMAS ALÍ

E LOGO HAI QUE MATALOS

AOS ANIMAIS HAI QUE REPECTALOS, COIDALOS, PROTEXELOS

DARLLES DE COMER E DARLLES AMOR

OS ANIMAIS NON SE DEBEN ESPACHURRAR NIN APLASTAR

BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA XA QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS

Page 12: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

12

O sábado 28 de novembro

participamos no campionato zo-nal de campo a través que se ce-lebrou no camping de Salcidos na Guarda. Despois de cada carreira os participantes tomaron os bocadi-llos e un chocolate quente. Algúns tomaron 4 !!!

Lorena acadou ó 3º

posto na súa carreira. O equipo Benxamín Feminino tamén conse-guiu o mesmo posto. Están clasificadas pa-ra o campionato provin-cial !!!

Os nosos atletas ao chegar

Lorena no podio

Xoel en pleno esforzo

Page 13: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

13

Alex e Noé moi relaxados na saída...

Aquí van algúns dos máis de 450 participantes

Foi unha xornada moi boa. Estamos desexando que che-gue a próxima carreira!

...Sergio García un chisco menos

Xefe! Que facemos? Cala e

corre!!!

Page 14: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

14

Os nenos e nenas de 4 e 5anos son uns grandes afeccio-nados aos contos, e gostan moi-to de xogar cos personaxes dos mesmos. Aquí os vemos procurando os nomes de Piolín e Silvestre, Pinocho, Os Picapedra, Asterix e Obelix, Brancaneves e a Cin-centa ou os irmáns Bolechas.

Page 15: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

15

Estes últimos días están moi entretidos cos libros dos Pelelli-ños: Uns personaxes da autoría de Anxo Fariña que naceron nos libros de Antón e Pompón. Asemade de pasalo ben co-as historias divertidas destes se-res fantásticos, teñen unha letra moi doada de ler.

O cociñeiro, o pirata, o mé-dico, o montañeiro, o pallaso, o gato, o pantasma e o bailón son os pelelliños que teñen cadan-seu libriño.

Page 16: Andoriña nº 50

16

Andoriña nº 50 decembro 2009

O clamor a prol do galego estendese por todo o País. O último pronuncia-mento foi o do Consello da Cultura Galega, que nunha Proposta institucional so-bre a Lingua Galega, enviada ao Parlamento de Galicia o pasado 17 de novem-

bro, lembra que segundo o conxun-to da nosa lexislación lingüística básica, e en particular a Lei de Normalización Lingüística, o galego é a lingua propia de Galicia, e lém-bralle tamén ao Parlamento os arti-gos que constitúen o espiñazo des-ta Lei: Art. 1.- “O galego é a lingua pro-pia de Galicia.” Art. 4.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administra-ción, da Administración Local e das Entidades Públicas depen-dentes da Comunidade Autóno-ma.” Art. 10.- “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.” Art. 12.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en todos os niveis educa-tivos.”

Art. 18.- “O ga-lego será a lin-gua usual das emisoras de ra-dio e televisión e nos demais medios de co-municación so-cial sometidos a xestión ou competenc ia das institu-cións da Co-munidade Au-tónoma.”

Ramón Villares.

Presidente do

Consello da Cultura

Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e cultura de Galiza na sociedade e asesorar aos poderes públicos do noso pa-ís. Foi creado en 1983 e tivo como primeiro presiden-te a Ramón Piñeiro. O actual presidente é Ramón Villa-res e componse de representantes de entidades e perso-nalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Na Proposta institucional propón en positivo medi-das a prol do noso idioma que supoñen na práctica un rexeitamento dos ataques ao galego que está levando o actual goberno galego. Nesa proposta traslada as se-guintes consideracións: A) As liñas mestras da política lingüística en Gali-za, e calquera modificación substantiva da normativa legal vixente, deben ser arroupadas por un amplo con-senso político, social e institucional. B) En ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do ga-lego. C) Os responsables políticos en xeral e o goberno galego en particular deben impulsar un discurso público en que o idioma galego deixe de formularse en termos de problema e pase a comprenderse en termos de recur-so ou activo social. D) Estas actuacións non deben reducirse ao ámbi-to educativo (a pesar da súa importancia capital), senón que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procu-rando concitar a colaboración activa dos axentes civís. O funcionariado e o conxunto das institucións e servizos públicos deben estar suxeitos a especiais obrigas de capacitación e de uso do galego.

Page 17: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

17

Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Ga-licia: 1. Fomentar a produción, dobraxe, a subti-tulación e exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega. 2. Estimular as manifestacións culturais, re-presentacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega. 3. Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.” Non está de máis lembrar estes artigos porque todas as políticas desenvolvidas pola actual Xunta de Galicia van en sentido contra-rio. Os ataques ao noso idioma son unha cons-tante por parte do goberno galego, tanto polo seu presidente como polos distintos departa-mentos e consellarías; sendo a Consellaría de Educación un dos departamentos onde as me-didas contra o galego levan camiño de ser máis profundas. Por primeira vez na historia o goberno galego traballa en contra do noso idio-ma malia ter como obriga defendelo e pular por el.

A Real Academia Galega (RAG) é outra institución que tamén ten manifestado a súa preocupación e oposición ás medidas contra do noso idioma tomadas pola Xunta. Así, o pasado mes de setembro, o seu presidente Xosé Ramón Barreiro, que viña de recoller de mans do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o premio ‘Casa dos Poetas’ que a Fundación Curros Enríquez concede a per-soas e institucións destacadas na promoción da cultura, cargou na súa alocución contra a política lingüística do goberno galego.

QUEREMOS GALEGO é unha pla-taforma cidadá, creada a partir dunha ini-ciativa da Mesa pola Normalización Lingü-ística e conformada por centos de entida-des de diferentes ámbitos, entre elas o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística do CEIP de Randufe, e por mi-lleiros de persoas a título individual, que naceu da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afir-mación dos usos públicos e dereitos lingü-ísticos xa garantidos pola actual lexisla-ción; de progresiva normalización naque-les espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. QUEREMOS GALEGO naceu dun activo proceso de debate e reflexión colec-tiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elabora-dos até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura. Ten como aspiración recoller e transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade, independentemente das súas afiliacións ou simpatías. A plataforma está a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras cul-turas do planeta, aquilo que nos fai univer-sais: a nosa lingua.

O presidente da Real Acade-m ia Ga l ega c r i t i c a a “crispación” creada pola Xunta, e di que a institución “non pode gardar silencio nin mirar para outra parte”

Page 18: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

18

ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e pro-fesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servi-zos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. En función disto, declaran como ob-xectivos irrenunciables de ProLingua a tota-lidade dos contidos da actual Lei de Norma-lización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia. Estamos nun Estado de derei-to e como cidadás e cidadáns esi-xen que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lin-güística. Asemade esixen que non se leve a cabo ningunha medida lexis-lativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua gale-ga e a facer dela o seu sinal de identidade galega. Xosé Ramón Barreiro. Presidente da RAG

Diante dun auditorio ateigado de repre-sentantes da cultura e da política, entre eles o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez, cri-ticou a “crispación” creada pola Xunta, e afir-mou tamén que a institución que preside “non pode gardar silencio nin mirar para outra par-te” cando dende a Xunta “se toman decisións e se fan decretos” que afectan ao futuro do galego “de costas” á propia RAG que, lembra “é, por norma, responsábel do coidado da lin-gua galega”. Mais foi a manifestación celebrada en Compostela o pasado 18 de outubro a mostra máis evidente da resposta da sociedade gale-ga aos ataques que sofre a nosa lingua. Con-vocada pola Plataforma “Queremos Galego !” reuniu unha das maiores concentracións de persoas que se viron nunca no país cun nú-mero de asistentes non inferior a 50.000, ha-bendo algúns cálculos que estiman en 100.000 as persoas asistentes. Queremos Galego ! Non é a única iniciati-va que agromou na sociedade a prol do noso idioma. Dentro das numerosas iniciativas en marcha, son de salientar a Plataforma “ProLingua” , ou a denominada “Galego, Patri-monio da Humanidade”, que se constituíu o pasado 14 de novembro en Compostela. Ne-se día o Teatro Principal de Santiago quedou-se pequeno para o acto “Galego, Lingua de liberdade” , no que sindicalistas, escritores, actores, mestres, políticos, estudantes de di-versas ideoloxías xuntáronse para reclamarlle a Xunta que volva ao consenso a prol da nor-malización do idioma.

Page 19: Andoriña nº 50

Se queres saber máis: Proposta institucional do Consello da Cultura Galega sobre a Lingua ao Parlamento de Galicia: ht tp: / /consel lodacultura.org/?p=1358 ProLingua: http://prolinguagalega.org/ Plataforma Queremos Galego !: http://www.queremosgalego.org/ Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, EBLUL: http://www.eblul.org/ Galego, Patrimonio da Humanidade: http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/

Mais no só no país hai reaccións en prol do galego e críticas coas medidas contrarias ao noso idioma. O pasado 26 de novembro foi a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, EBLUL nas súas siglas en inglés (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages). EBLUL é unha axencia promovida polo Parlamento Europeo, e ten o rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU. Na resolución aprobada por unanimidade solicítase da Xunta de Galicia que “desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lin-gua propia de Galiza, pon-do fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma gale-go nos diferentes ámbi-tos.” ,

Andoriña nº 50 decembro 2009

19

Galego, Patrimonio da Humanidade xurde a partir dun manifesto do mesmo nome que publicado a pasada primavera nun blogue de internet consegue en poucos días máis dun milleiro de adhesións que levan aos seus promotores a seguir adiarte coa iniciativa e a convertela nunha plataforma a prol do galego co no-me do manifesto inicial. Nese manifesto acúsase ao PP de saírse do consenso man-tido arredor da lingua e de procurar un “intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán”. Tamén acusa a ese partido de “destruír o que é unha das bases da convivencia na no-sa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país”. Os obxectivos desta plataforma son apelar á sociedade ga-lega, da que di que “sente aprecio cara a súa lingua independente-mente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente” para que reclame “unha volta do PP a un terreo común”. Asemade mos-trar o seu “acordo coas políticas de afirmación positiva para o idio-ma galego”, que o propio PP impulsara desde a Xunta no seu día. Remata o manifesto dicindo: “O idioma de Galicia é un patri-monio da humanidade que debemos custodiar e garantir como me-dio de comunicación e información”.

Page 20: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

20

Este ano témosvos que contar diferentes novidades que de seguro serán do voso interese. Estamos mellorando os nosos espazos para que o proceso de ensinanza-aprendizaxe se adapte as novas tecnoloxías e teñamos espazos novos para gozar do tempo de lecer.

CEIP DE RANDUFE.

MELLORANDO O NOSO CENTRO

Departamento de Orientación. Lugar onde traballa o noso equipo de

orientación.

Page 21: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

21

Nestas imaxes podedes ollar a u l a s con p a n t a l l a s e proxectores, melloras na sala de usos múltiples, o novo chan nas aulas de educación infantil e uns brinquedos no patio que dan moito xogo non só ao alumnado de infantil, senón tamén a algúns e algunhas máis maiores.

Page 22: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

22

Page 23: Andoriña nº 50

Andoriña nº 50 decembro 2009

23

O noso colexio iniciou este curso unha campaña de animación á lectura. Os CHISCOEUROS son as moedas e billetes que cobramos polas horas de lectura na casa.

Por cada hora de lectura os profes de galego e castelán págannos 1 chiscoeuro. Cando xuntamos 10 chiscoeuros, cambiámolos por un billete de 10 chiscoeuros.

SE AFORRAMOS 100 CHISCOEUROS TEMOS UN DIPLOMA PERSONALIZA-DO CO NOSO NOME E AS FIRMAS

DOS PROFES.

Os CHISCOEUROS Os CHISCOEUROS Os CHISCOEUROS Os CHISCOEUROS gárdanse nas gárdanse nas gárdanse nas gárdanse nas

CHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRAS que son de distinta cor que son de distinta cor que son de distinta cor que son de distinta cor

segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso: 3º vermellas3º vermellas3º vermellas3º vermellas 4º verdes4º verdes4º verdes4º verdes 5º amarelas5º amarelas5º amarelas5º amarelas 6º azuis6º azuis6º azuis6º azuis

Page 24: Andoriña nº 50

Chegaron este curso á nosa escola; son Abel, Ismael, Iria,Lucía, Marina, Laura, Fabián, Daniel e Raquel sentados na primeira fila; César, Kike, Sabela, Óscar, Brais, Iria, Carla, Lau-ra, Aitana, Eva e Mariña de pé no medio; e na parte alta Eduardo, Nerea e David, coa profesora Nuria e o profesor Jo-sé J. Non nos esquecemos de Xabier, Rayane, Alejandro, Joel, Sara, Alba, Sonia, Petra, Perla e a profesora Vanessa que non estaban o día que fotografamos o grupo de recén chegados.

Benvidos e benvidas!