visita do patrón maior
Post on 03-Aug-2015
24 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Proxecto Os faros e a luzCurso 2014-2015
VISITA DO PATRÓN MAIOR DA
CONFRADÍA DE PESCADORES DE
CAMBADOS
O patrón maior da Confraría de Pescadores de Cambados, Ruperto Costa, acompañado por un membro do seu equipo, aceptou a invitación feita polo equipo da Biblioteca para que nos falara do seu traballo.
A sesión estaba moi ben preparada, pero Ruperto e o seu acompañante sorprendéronnos moi gratamente porque non só contaron quenes eran, que facían, as súas preocupacións polo sector da pesca e do marisqueo, pola importancia de educar no respecto ao medio mariño en canto ás capturas, aos tamaños, ao peso… senón que nos entusiasmaron falándonos e ensinándonos sobre os barcos, o sentido das cores das luces dos barcos, de faros, boias e balizas…
Contaron polo miudo a utilidade dos instrumentos de navegación , as cartas náuticas, como recoñecer os faros a través da cadencia dos destellos e da cor da luz, as “estradas” que existen no mar, como evitar abordar outros barcos pola noite…
AO REMATAR A MAÑÁ TAMÉN ANIMARON AO PROFESORADO A ENSINARLLE AOS
NENOS/AS A IMPORTANCIA DE RESPECTAR O MAR
E ao rematar contestaron todas as preguntas que lles tiñan preparadas e aquelas que xurdiron ao longo da charla.
E máis de un, e de unha, xa quere ser patrón maior de Cambados cando lle chegue a idade.
top related