tutorial%20web borrador

Post on 25-Jul-2016

245 Views

Category:

Documents

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

http://cxabeiro.org/extradata/Tutorial%20web_borrador.pdf

TRANSCRIPT

TUTORIAL DA WEB

Tutorial para o uso da Web:

cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

Índice1. Os Usuarios......................................................................................................................................32.- Crear unha nova..............................................................................................................................4

1.- Acceder co teu usuario:..............................................................................................................42.- Crear a nova:...............................................................................................................................4

Como inserir unha imaxe nunha nova.........................................................................................5Como inserir unha imaxe co efecto Lightbox nunha nova.........................................................5Como inserir un vídeo nunha nova.............................................................................................6

3.- Publicar a nova:..........................................................................................................................6Outras utilidades no editor de artigos:.............................................................................................7

3.- Subir fotos á galería........................................................................................................................8Engadir un álbum...........................................................................................................................10

4.- Engadir o calendario de Abeiro nun gCalendar.............................................................................115.- Anotarse na Sala Aberta................................................................................................................12

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

1. Os Usuarios

Para entender o funcionamento da web e dalgúns pasos deste tutorial conven aclarar antes e brevemente como funcionan os usuarios.

A páxina de Abeiro está pensada para que a partir do usuario que a esté vendo se mostren certos contidos. No caso concreto desta páxina están organizado xerárquicamente de modo que cada tipo de usuario ten os mesmos poderes que o do tipo anterior mais os propios para él.

Os tipos de usarios da web son:

Público: son usuarios sen loguearse, só teñen permiso para ver os contidos públicos da web

Rexistrado: non se emprega actualmente, pero pode que nun futuro haxa contidos só para persoas rexistradas

Animador: son os usuarios dos animadores do Centro, poden crear artigos e engadir enlaces de interés. Ademais poden ver seccións ocultas ao público.

Agrupación: son usuarios das distintas agrupacións do centro, poden, a maiores que os animadores,engadir eventos ao calendario (para isto a maiores se necesita unha conta de google) subir arquivos á sección de descargas, acceder ao sistema de listas de correos e subir fotos á galeria.

Administrador: son os que teñen acceso á administración da web e teñen todos os poderes sobre ela, xD

Obviamente para poder usar estes poderes hai que loguearse na web.

With great power comes great responsibility

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

2.- Crear unha nova.

Publicar unha nova na web de Abeiro é fácil, só hai que seguir estes tres pasos:

1.- Acceder co teu usuario:

Na barra superior da web fai clic en Conexión e despregarase o formulario de acceso e rexistro deusuarios,

Unha vez accedes como usuario aparecerá no lado dereito unha nova sección chamada "MENÚUSUARIO" no que a lista de opcións dispoñibles que aparecerá será en función do tipo de usuarioco que se acceda.

2.- Crear a nova:

No MENÚ USUARIO accede a CrearArtigo e aparecerá a páxina de edición dunartigo.

Esta páxina divídese nas seguintesseccións:

– Editor– Publicación– Idioma– Metadatos

Aquí só nos interesa a sección Editor naque temos os seguintes campos:

– Título: onde se escribe o título que se lle queira dar á nova– Categoría: este campo déixase en branco– Recadro de edición: onde se introduce o texto, dáselle formato e inclúese os contidos

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

(imaxes, vídeos, enlaces, etc.)

Como redactar e/ou editar o texto é totalmente intuitivo, así que centrarémonos mellor agora encomo darlle outro tipo de contidos á nova.

Como inserir unha imaxe nunha nova

– Debaixo do recadro de edición, fai clic en Image e aparecerá a seguinte páxina dendeonde se poderá inserir a imaxe en función dunha das seguintes opcións:

– Se a imaxe atópase xa noservidor: vai ata a carpeta ondese atope a imaxe, selecciónalae comprobando que apareza adirección URL no campo URLda imaxe dáslle a Inserir arribaá dereita.

– Se a imaxe está noutra web: nocampo URL da imaxeintroduce directamente adirección da imaxe e dálle aInserir.

– Se a imaxeatópase no teu equipo: o primeiro é seleccionar a carpeta onde se gardará aimaxe (simplemente indo ata dita carpeta). A continuación na sección Subirficheiros (abaixo de todo) selecciónase a imaxe, faise clic en Comezar subidae unha vez estea subida a imaxe aparecerá enriba. Finalmente selecciona aimaxe e comprobando que apareza a dirección URL no campo URL da imaxedálle a Inserir.

As carpetas do servidor onde se gardan as imaxes para as novas son as seguintes:

– carteisactividade: aquí gárdanse os carteis das actividades– imaxesabeiro: aquí gárdanse as imaxes que se usan habitualmente no CX, son

básicamente os logotipos.– novasweb: caixón de xastre, aquí gárdanse as que non teñen cabida en outra

carpeta.

– Para editar a imaxe: selecciona a imaxe no recadro de edición e dálle clic aobotón que hai xusto arriba co debuxo dunha árbore. Na xanela que aparece podesindicar a aliñación e as dimensións da imaxe, o resto de opcións son para afinarmais en profundidade a presentación da imaxe.

Como inserir unha imaxe co efecto Lightbox nunha nova

O efecto Lightbox consiste en que ao facer clic na miniatura dunha imaxe, esta presentase

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

automaticamente por riba da páxina centrada e cunha sombra ao redor dela que cubre o resto dapantalla.

Para facer isto tan só tes que copiar e pegar no recadro de edición o seguinte texto

{source}

<p style="text-align:right">

<a data-lightbox="title:titulo;" href="http://fedboscogal.org/images/stories/galerias/ADS11//P7220533.jpg"> <img src="http://fedboscogal.org/images/stories/galerias/ADS11//P7220533.jpg" width="180" height="124"></a>

</p>

{/source}

modificando os seguintes parámetros:

– En <p style="text-align:right"> pon right por right, left ou center según queiras que aminiatura da imaxe apareza na dereita, esquerda ou no centro da nova.

– En data-lightbox="title:titulo;" modifica titulo polo titulo da imaxe que queiras que semostre (se non queres mostrar titulo deixa "" en branco)

– En href="http://... mais en src="http://... cambia o que hai entre "" pola dirección URL daimaxe que queiras mostrar.

– En width="180" height="124" substitue 180 e 124 polo ancho e alto da miniatura da imaxe.

Truco para obter a dirección URL dunha imaxe que xa está no servidor ou que se quere subir dendeun equipo:

Seguindo os mesmos pasos que se explicaron no apartado anterior para cada un deses casos,xusto no instante antes de darlle a inserir en ambos casos, tes a dirección URL da imaxe quequeres no campo URL da imaxe.

Como inserir un vídeo nunha nova

Se se quere inserir un vídeo ou arquivo multimedia no artigo o mellor é poñerse en contacto co equipo de informática. Pois para subir vídeos e cancións á web só poden facelo eles.

NOTA: O ANCHO (WIDTH) MÁXIMO QUE SE LLE DEBE DAR A UNHA IMAXE NUNHA NOVA É DE 450(PIXELES)

3.- Publicar a nova:

Antes de rematar hai que completar os campos da sección Publicación:

– Categoría: (obrigatorio) aquí selecciónase entre as opcións do despregable a categoría quelle corresponda á nova. IMPORTANTE: a categoría ten que ser unha das subcategorías dacategoría Novas, estas son aquelas que aparecen inmediatamente despois de "Novas" eveñen precedidas dun '-' ou '- -'

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

– Alcume do autor: nome do autor que queiras que apareza. Como xa aparecerá o do usuario,non fai falta poñer nada.

– Estado: ten que poñer publicado.– Featured: aquí indica si é unha nova destacada ou non.– Comezo e fin da publicación: útil se queres crear unha nova e que apareza na web a partir

dun determinado día, ou se queres tamén que deixe de estar publicada a partir dunha datadeterminada.

– Acceso: aquí seleccionas que tipos de usuarios poderán ver a nova.

O resto das seccións déixanse tal e como están e podes rematar dándolle a Gardar.

Outras utilidades no editor de artigos:

Hai unhas opcións que aparecen na páxina de edición de artigos que acompañan ao botón Imageque xa comentamos anteriormente aquí que aínda non se explicaron:

• Insert Code <>: Serve para introducir pedazos de código HTML, Javascript ou PHP noartigo e facer edicións avanzadas nos artigos. Conséguese a mesma función introducindo asetiquetas {source} e {/source} ao principio e ao final do código que se queira introducir.

• Article: serve para incluír unha referencia, ou un enlace, a un artigo que xa existe na web.Tan simple como facer clic no botón e seleccionar o artigo entre a lista que aparecerá contodos os artigos xa existentes.

• Quebra de páxina: o autor do tutorial descoñece a súa finalidade.• Read More: Serve para acortar a presentación do artigo. Por exemplo, se o artigo é moi

longo e non queres que ocupe todo o espazo que necesita cando se mostra na páxinaprincipal da web, poñendo a liña discontinua do editor no sitio a partir do cal queres que secorte a presentación, ao darlle ao botón de Read More aparecerá unha liña vermelladescontinua que dividirá o artigo en 2 anacos. Ao publicar o artigo verase só o que hai antesde dita liña e no lugar desta aparecerá un Ler máis >> que non é nada mais que un enlace aoartigo completo.

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

3.- Subir fotos á galería

Para acceder á páxina da galería hai dúas opcións, unha é loguearse na páxina principal e no Menú de Usuario darlle a Subir fotos e a outra é acceder directamente á dirección www.galeria.cxabeiro.org

Por ambos camiños deberías chegar a ver a seguinte páxina:

A organización básica dos albumes é a seguinte:

O Noso Centro

Cursos anterioresTardes Abertas

Agrupacións Andaina

ADS

Principal Catecumenado

Animadores/as

Curso actual Conxuntas

Cafés Concertos

Campamento UrbanoPara engadir fotos diríxete ata o álbum correspondente.

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

Unha vez alí fai clic no botón Show Options que hai na barra superior.

Na barra que se acaba de despregar fai clic en entrar.

E logueate co usuario agrupación (o nome e contrasinal é o mesmo que o empregado na web)

Agora no barra despregable aparecerá o menú de opcións do usuario:

Ao facer clic en Añadir aparecerá o seguinte menú:

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

Neste menú preme engadir fotos e na ventá seguinte preme en Selecciona las fotos... selecciona as fotos que queres subir e dálle a OK.

Cando remate a subida dálle a Hecho e xa estarán as fotos subidas á galería.

Engadir un álbum

Se queres crear un novo álbum segue os mesmos pasos descritos para engadir fotos, sitúate no álbum/carpeta onde queres gardar o novo, logueate e no paso de engadir fotos simplemente dálle a Añadir un álbum.

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

4.- Engadir o calendario de Abeiro nun gCalendar

Accede ao teu calendario de google (www.google.com/calendar) e na columna esquerda, na sección"Otros Calendarios", fai clic en "añadir calendario de un amigo"

Escribe redessociaisabeiro e dalle a intro.

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

5.- Anotarse na Sala Aberta

Para anotarse de forma online na táboa da Sala Aberta son necesarios 2 requisitos e levar a cabo tan só 4 rápidos e sinxelos pasos:

Requisitos:

• Estar rexistrado na páxina web

• Ser Usuario Animador1

Os 4 rápidos e sinxelos pasos:

1. Loguearse na páxina web

2. No menú O RINCÓN DO/A ANIMADOR/A facer clic en SALA ABERTA

3. Na nova páxina que aparece buscar o día no que se queiraanotar e facer clic.

4. Cubrir os campos que se piden na ficha que aparece e dallea Crear Reserva

1 Como sei se son Usuario Animador ou non? Se tras loguearte correctamente na páxina web non che aparece ao ladoesquerdo desta un menú chamado O RINCÓN DO/A ANIMADOR/A teño malas novas para ti... Se precisas ser usuario animador ponte en contacto cos informátcos en informatica@cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

TUTORIAL DA WEB

Este tutorial está incompleto, aínda así o Equipo de Informática de Abeiro espera quefose de utilidade e que respondese as súas dúbidas. Para calquera suxestión, pregunta

ou comentario estamos en informatica@cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013 Contacto: informatica@cxabeiro.org

EQUIPO DE INFORMÁTICA

top related