tÍtulo orixinal: sicixia direcciÓn: ignacio vilar...
Post on 22-Nov-2018
215 Views
Preview:
TRANSCRIPT
www.sicixia.gal www.sicixia.gal1
WWW.SICIXIA.GAL SICIXIA @SICIXIAFILME SICIXIAFILME
cinema@vialacteafilmes.gal | Tel. 698 142 367
TÍTULO ORIXINAL: SICIXIADIRECCIÓN: IGNACIO VILARPRODUCIÓN: VÍA LÁCTEA FILMES (MARINA FARIÑAS, IGNACIO VILAR)GUIÓN: IGNACIO VILARACTORES: MONTI CASTIÑEIRAS, MARTA LADO, ARANTZA VILLAR, MELANIA CRUZ ARTUR TRILLO, DANIEL TRILLO, TAMARA CANOSA
www.sicixia.gal 2 www.sicixia.gal3
TOP 5 DA CARTELEIRA GALEGA na fin de semana da estrea en cines (25 de novembro
de 2016), competindo con superproducións como
Aliados (Brad Pitt e Marion Cotillard) ou La Reina de
España (Fernando Trueba, Penélope Cruz).
TOP 22 DA CARTELEIRA ESTATAL na súa primeira semana de exhibición (Fonte: ICAA e
Rentrak Spain).
XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia).
Premio Mellor Actriz Protagonista para Marta Lado
(Outubro, 2016).
54º Festival Internacional de Cine de Xixón. Sección Oficial a Competición.
Escollida entre máis de 2.000 filmes, única fita
española a competición (Novembro, 2016).
35º Festival Cinéma d’Alès-Itinérances
(Occitania, Francia. Marzo, 2017).
50º WorldFest-Houston (EEUU).
Sección Oficial a Competición (Abril, 2017).
Preestrea SICIXIALuns 7 de novembro de 2016 no Cine Majéstic-Passy de París (Francia). Entradas esgotadas.
Degustación “O mar da Costa da Morte”, por Iván Domínguez (Estrella
Michelín), Porto-Muíños e GALP Costa Sostible
Estrea de SICIXIA en todas as salas de cineVenres 25 de novembro de 2016A Coruña: Cinesa Marineda City, CC Os Cantóns, CC Os Rosais
A Estrada: Minicines Central
A Rúa de Valdeorras: Cine Avenida
Caldas de Reis: Cine Avenida
Carballo: CC Bergantiños
Cee: Cines Xunqueira
Ferrol: Cines Dúplex
Lugo: CC As Termas, CC Abella
Madrid: Renoir Princesa
Narón: Cines Odeón
O Barco de Valdeorras: Lauro Olmo
Ourense: CC Ponte Vella
Pontevedra: Cinexpo
Santiago de Compostela: Cinesa As Cancelas, Númax, Cines Compostela
Valencia: Aragó Cinema
Vigo: CC Gran Vía, CC Praza Elíptica, Yelmo Travesía de Vigo, Multicines Norte
Vilagarcía de Arousa: Cines Gran Arousa
Viveiro: Cines Viveiro
sicixia en todas as salas de cinema galegas
www.sicixia.gal 4 www.sicixia.gal5
Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares
sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que
recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na
idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as
súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei
superior.
SICIXIA é unha longametraxe de ficción que retrata o inigualable
patrimonio material e inmaterial da Costa da Morte e a Rapa das
Bestas de Sabucedo, no que cada fotograma somerxe ao espectador na
singularidade desta terra.
SICIXIA, paseo polo amor e a Costa da Morte.
sinopse
www.sicixia.gal 6 www.sicixia.gal7
monti castiñeirase
marta lado
actores protagonistas
filmografía director
ignacio vilar2016 SICIXIA. Longametraxe HD. 98’
· Premio Mellor Actriz, Festival Cinespaña, Toulouse (Francia), 2016
· Sección Oficial 54º Festival Internacional de Cine de Xixón, 2016
· Sección Oficial 50º World-Fest Houston (EEUU), 2017
· 35º Festival Cinéma d’Alès-Itinérances (Occitania, Francia). 2017
2014 A ESMORGA. Longametraxe HD. 111’
· Premio ao Mellor Director, Festival Cinespaña, Toulouse (Francia), 2015
· Premio á Mellor Interpretación Masculina, Festival Cinespaña, Toulouse (Francia), 2015
· Premio á Mellor Fotografía, Festival Cinespaña, Toulouse (Francia), 2015
2012 VILAMOR. Longametraxe 35 mm. 120’
· Premio Mellor Fotografía e Mellor Banda Sonora, Festival de Cine Internacional de Nova York (EE.UU.)
· Sección Oficial Festival de Cine do Cairo (Exipto)
· Festival Internacional de Cine para a Paz, a Inspiración e a Igualdade de Yakarta (Indonesia)
· Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual
2008 PRADOLONGO. Longametraxe 35 mm. 100’
· Premio Cidade de San Sebastián Film Commission. Festival Internacional de Cine de San
Sebastián
· Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual
· Premio Jerry Goldsmith
· Premios Hollywood Music in Media Awards (EE.UU.)
2004 UN BOSQUE DE MÚSICA. Longametraxe
documental 35 mm. 80’
2003 ILEGAL. Longametraxe 35 mm. 100’
2001/02 A VANGARDA HISTÓRICA GALEGA.
Serie documental de 13 capítulos 45’
2000 A ALDEA, O ANTIGUO E O NOVO.
Documental 60’
1999 POLISÓNS. Documental 40’
grande campaña de promoción en Galicia
www.sicixia.gal 8 www.sicixia.gal9
MUPIS en todas as cidades e vilas galegas: por exemplo, A Coruña
con 50 mupis no circuíto comercial do centro da cidade durante as
tres semanas previas á estrea. Empregouse a mesma estratexia con
números aproximados en Vigo, Santiago de Compostela, Ourense,
Pontevedra, Lugo, Ferrol, etc.
VALLAS URBANAS de grandes dimensións nos accesos ás principais
cidades: Avda. Alfonso Molina na Coruña (16x6) e Avda. de Madrid en
Vigo.
SÉNIOR con 4 caras de entrada e saída na Avda. Alfonso Molina da
Coruña.
Traseiras integrais e laterais en 4 AUTOBUSES por cidade (A Coruña,
Vigo, Santiago, Ourense, Lugo e Ferrol) nas 2 semanas previas ao 25 de
novembro.
ANUNCIOS na radio, prensa e televisión.
Colocación do CARTAZ do filme en formato A3 en todas as cidades
e vilas galegas, así como reparto en man de FLYERS co cartaz e
información (10.000 cartaces e 35.000 flyers). Cartaces en todos os
centros de distribución de Gadis da provincia da Coruña 20 días antes
da estrea.
ANUNCIOS a páxina completa e impar nas principais publicacións de
cine estatal: Fotogramas, Cinemanía e Caimán, no número de novembro
de 2016.
repercusión nos medios de comunicación
www.sicixia.gal 10
Alén da intensa campaña de promoción previa á estrea, a cobertura
mediática sobre SICIXIA foise retroalimentando das críticas positivas
recibidas, tras a súa estrea o 25 de novembro de 2016.
CADENA SER Henrique Rabuñal
“Visual, sonora, emocional”
http://cadenaser.com/m/emisora/2016/12/07/radio_coruna/1481104622_133830.html
LA VOZ DE GALICIA Xosé Ameixeiras
“SICIXIA é ademáis a banda sonora da Costa da Morte”
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/fisterra/2016/09/18/sicixia-pelicula-pensada-
corazon/0003_201609C18C4991.htm
EL BLOG DE CINE ESPAÑOL
“Asistimos coma viaxeiros, atravesando praias e montañas, deixámonos fascinar por esta obra segundo
pasan os minutos”
http://www.elblogdecineespanol.com/?p=31285
ADIANTE GALICIA Rafael Lema
“Un novo milagre para a cultura do noso país”
https://www.adiantegalicia.es/cultura/2016/11/28/sicixia-buserana-revisitada.html
LA VOZ DE GALICIA Eduardo Galán
“O novo e imprescindible filme de Ignacio Vilar”
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/11/26/span-langglnamorarse-dunha-
sereaspan/0003_201611H26P40994.htm
Máis información en: http://sicixia.gal/nos-medios/
www.sicixia.gal11
O papel das redes sociais foi tamén crucial para viralizar a proposta
cinematográfica e motivar aos espectadores a descubrir o filme.
SICIXIA contou dende a súa rodaxe con perfís nas principais redes,
con contidos que foron medrando en cantidade e intensidade a medida
que se achegaba a estrea, o 25 de novembro de 2016.
Na actualidade seguen en activo, e supoñen un escaparate de excepción
para promocionar novos pases de SICIXIA alá onde se celebren.
repercusión nas redes sociais
www.sicixia.gal 12 www.sicixia.gal13
VÍA LÁCTEA FILMES conta cunha dilatada
experiencia na realización de pases ao aire libre
durante o verán en toda Galicia.
Conscientes da importancia de achegar o cinema
á poboación galega, Vía Láctea Filmes leva
apostando desde o ano 2008 por este formato, con
largometraxes coma PRADOLONGO, VILAMOR e A ESMORGA.
En 2017, avalados polo noso brillante historial
na exhibición ao aire libre dos nosos filmes, a
produtora ofrece aos concellos das vilas e cidades
galegas a posibilidade de celebrar un gran evento
cinematográfico arredor de SICIXIA.
Pradolongo. Riós, Ourense. Agosto 2008
Vilamor. Praza da Quintana, Santiago. Setembro 2012A Esmorga. A Guarda, Pontevedra. Setembro 2015
PROXECCIÓN DE SICIXIA AO AIRE LIBRE: ALUGUER DO FILME SICIXIA PARA UN PASEEQUIPAMENTO TÉCNICO· Pantalla dimensións mínimas 6,25 x 3,40.
· Equipamento de son estéreo.
· Proxector de 10.000 lúmens.
· Mesa de proxección.
· Cableado.
· 200 cadeiras (con posibilidade por parte do Concello de colocar
máis da súa propiedade ou, de non ser así, consultar a Vía
Láctea Filmes as tarifas para o aluguer de máis unidades).
· Micrófono inalámbrico.
EQUIPO HUMANO · 2 Técnicos.
OUTROS· Gastos desprazamento.
· Dietas.
· Aloxamento.
· Colaboración activa de Vía Láctea Filmes na difusión do evento
en medios de comunicación escrita, radio, tv local e Internet:
elaboración de notas de prensa, chamadas a medios da localidade
e zona para acadar entrevistas con director e actores, presenza
nas axendas, artigos sobre a estrea do filme, etc.
· Difusión a través das redes sociais de SICIXIA (Facebook, Instagram,
Twitter). Todas elas contan cun número moi importante de seguidores,
co que a viralización da nova do evento estará garantida.
· Deseño de cartaz personalizado a partir do cartaz oficial de
SICIXIA, incluíndo os datos da proxección (data, hora, lugar,
logotipos, etc.).
proxecciónsao aire libre
PRESENTACIÓN E COLOQUIO
Posibilidade de contar coa presenza do director, Ignacio Vilar, para presentar o filme e participar nun coloquio co público posterior á proxección.
PROPOSTA PARA A ENTIDADE CONTRATANTE
Dende Vía Láctea Filmes suxerimos cobrar unha cantidade aproximada de 3 € para asistir ao pase ocupando unha cadeira.
Desta maneira, contribuímos entre todos a poñer en valor un produto cultural, neste caso cinematográfico, e crear así a conciencia necesaria
no público, á vez que o concello podería recuperar parte do investimento.
CAMIÑOS DE SANTIAGO
Vía Láctea Filmes propón aos concellos que forman parte dos diferentes camiños de Santiago a celebración dun evento único e orixinal, dirixido aos veciños e peregrinos: a proxección de SICIXIA en VO Gal con subtítulos en inglés ou en francés. Con esta proposta, ofrécese aos concellos a posibilidade de amosar unha parte do excepcional patrimonio material e inmaterial de Galicia, a través dun dos últimos filmes galegos máis laureados e de maior éxito de crítica e público.
Vilamor. Praza Maior, Ourense. Setembro
CONTACTO:Eva Rivas: 698 142 367
cinema@vialacteafilmes.galwww.sicixia.gal
Facebook: SicixiaTwitter: @sicixiafilmeInstagram: sicixiafilme
top related