catÁlogo 2017 -...
TRANSCRIPT
intermedio avanzado
CATÁLOGO 2017
álbumCon ilustracións e aptos para primeiros lectores.
Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos.
Emocións fortes e no-vos mundos ó volver do instituto.
álbum
A lenda de Sally JonesJakob Wegelius
“Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en te-rras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. É unha historia sobre maldade arteira en xunglas caloro-sas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis trai-zóns. Esta é a lenda de Sally Jones.”
ISBN: 978-84-15920-95-3Páxinas: 112Formato: 16,5 x 26,5 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán
Monstro Pequeno di NON!Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler
Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade. Un orixinal e divertido libro que fala da amizade, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con firmeza.
ISBN: 978-84-15920-24-3Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Os monstros grandes non choranÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler
A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón.Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros gran-des non choran…
ISBN: 978-84-15920-28-1Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
VenresSantiago Freire e Dani Padrón
Igual xa oístes falar de min e do meu amigo Ro-binson, pero seguro que da súa boca. Agora vou-vos contar eu a historia de como coñecín o home branco.
ISBN: 978-84-15920-03-8Páxinas: 48Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
ISBN: 978-84-15920-00-7Páxinas: 158Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Todos os membros da familia de Amabel teñen super-poderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.
O poder de AmabelÉrica Esmorís
intermedio
A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.
XildasAntonio M. Fraga
ISBN: 978-84-15920-01-4Páxinas: 212Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
A chegada do cometa Tove Jansson
ISBN: 978-84-15920-50-2Páxinas: 140Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
Un día, todas as cores desaparecen do val no que viven os Mumin. Mumintroll emprende unha pe-rigosa misión para pescudar se o val está amea-zado de verdade pola chegada dun cometa; unha viaxe chea de fantasía, humor e tenrura, na que fará bos amigos.Con ilustracións de Tove Jansson.
O sombreiro do mago Tove Jansson
Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios. Cando descobren as súas propiedades, deciden des-facerse del e viaxar a unha illa deserta. Porén, a distancia non os librará do feitizo.Con ilustracións de Tove Jansson.
ISBN: 978-84-15920-51-9Páxinas: 138Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
Otto é un rinoceronteOle Lund Kirkegaard
ISBN: 978-84-15920-34-2Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza. Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación provocada por este novo inquilino.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
Orla Tragarrás Ole Lund Kirkegaard
Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-42-7Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
A aventura de Hodia de Piort Ole Lund Kirkegaard
Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-46-5Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Tarzán de gomaOle Lund Kirkegaard
Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu colexio, un desastre como estudante e unha decepción para o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-38-0Páxinas: 96Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
AlbertOle Lund Kirkegaard
A nai de Albert querería un fillo con ollos azuis, ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíu-lle un pouco salvaxe e sempre o cachan en situa-cións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert sempre está dis-posto á aventura.
ISBN: 978-84-15920-58-8Páxinas: 136Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Per e o pequeno Mads Ole Lund Kirkegaard
Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero talvez ela non quede atrás.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-55-7Páxinas: 64Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
O pequeno Virgil Ole Lund Kirkegaard
No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, captu-rando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais. Con ilustracións de Ole Lund Kir-kegaard.
ISBN: 978-84-15920-57-1Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Frode e os outros pícaros Ole Lund Kirkegaard
Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os outros pícaros intentarán poñer rostro.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-56-4Páxinas: 92Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Tippe Tophat Ole Lund Kirkegaard
Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapa-ces que van á escola para lanzar bocadillos de maio-nesa ao encerado, un ferreiro toleirán que conta his-torias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor. Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.
ISBN: 978-84-15920-59-5Páxinas: 60Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Os papacalcetínsPavel Šrut
Millóns de calcetíns desaparecen cada día misterio-samente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns pe-culiares personaxes: os papacalcetíns. Con este libro coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor. Con ilustracións a cor de Galina Miklínová.
ISBN: 978-84-15920-76-2Páxinas: 224Formato: 16 x 23 cm. CartonéPVP: 19,50 €Dispoñible tamén en castelán
Os nenos de BullerbynAstrid Lindgren
Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Buller-byn, unha aldea tan pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar, dor-men na palleira e fan carreiras na neve.Contén illustracións de Ingrid Vang Nyman.
ISBN: 978-84-15920-22-9Páxinas: 264Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 18 €Dispoñible tamén en castelán
O caderno de EduaHelena Villar Janeiro
Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, na terra de Ancares. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas. Con ilustracións a cor de Carmen Queralt.
ISBN: 978-84-15920-80-9Páxinas: 72Formato: 13 x 19 cm. RústicaPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro
Habaixo o colexio!Geoffrey Willans
Nigel Molesworth non será o mellor estudante de St Custard’s, pero é quen de expresar os seus sentimentos cara ó seu amado colexio e de crear unha guía para recoñecer dunha ollada o inimigo (os profesores), para evitar as clases ou para torturar os pais. Contén illustracións de Robert Searle.
ISBN: 978-84-16884-00-1 Páxinas: 110Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €
ISBN: 978-84-15920-12-0Páxinas: 284Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €
Christopher Boone ten quince anos, é un experto en cien-cias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha inves-tigación para descubrir o asasino.
O curioso incidente do can á media noiteMark Haddon
avanzado
Caídos do mapaMaría Inés Falconi
Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeo-grafía e agóchanse no soto da escola. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto.
ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105
ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105
ISBN: 978-84-15920-XX-XPáxinas: 1XX
ISBN: 978-84-15920-XX-XPáxinas: 1XX
3. A viaxe de fin de curso
1. O comezo
4. Adeus, sétimo
2. Cun pé no autobús
Formato: 13,5 x 21 cm PVP: 15 €
Ruído nunha noite de veránMaría Inés Falconi
Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Tita-nia despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do tex-to orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos.
ISBN: 978-84-15920-21-2 Páxinas: 128Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €
O libro da selvaRudyard Kipling
Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.Este libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.
ISBN: 978-84-15920-32-8Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 16 €
A casa de Mango StreetSandra Cisneros
A través dunha serie de contiños conectados entre si, A casa de Mango Street narra o espertar á adolescen-cia dunha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a po-breza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos.
ISBN: 978-84-15920-33-5Páxinas: 104Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
Boy (Relatos de infancia)Roald Dahl
Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais es-quecería. Ningunha delas é importante, pero todas causaron unha grande impresión no autor e quedaron gravadas na súa memoria. Algunhas son divertidas. Ou-tras son dolorosas. Outras, desagradables. Todas son verdade. Con ilustracións de Quentin Blake.
ISBN: 978-84-15920-53-3Páxinas: 174Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
Voando sóRoald Dahl
A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Come-za coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acon-tecemento resultou totalmente fascinante.
ISBN: 978-84-15920-54-0Páxinas: 216Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California Érica Esmorís & Jacobo Fernández Serrano
Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Histo-ria, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes déca-das do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?Con ilustracións a cor de Jacobo Fernández Serrano.
ISBN: 978-84-15920-77-9Páxinas: 200Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15,50 €
Os contos de terror do tío MontagueChris Priestley
O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende de-trás das árbores cando pasa, pero está decidido a ago-char o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade. Como chegou o tío Monta-gue a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Con ilustracións de David Roberts.
ISBN: 978-84-15920-84-7Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €
BotchanNatsume Soseki
Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de perso-naxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente. Botchan é tan famoso na li-teratura xaponesa como Tom Sawyer na norteamericana.
ISBN: 978-84-15920-86-1Páxinas: 178Formato: 13 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €
O marabilloso país dos snergsE. A. Wyke-Smith
Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos snergs, un-has pequenas criaturas que viven no bosque. Así atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis, cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta capturalos. Con ilustracións de George Morrow.
ISBN: 978-84-15920-88-5Páxinas: 258Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €
A miña familia e outros animaisGerald Durrell
“Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba pre-visto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presen-tar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos”
ISBN: 978-84-15920-91-5Páxinas: 334Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €
Bechos e demais parentesGerald Durrell
Bechos e demais parentes continúa as aventuras da familia Durrell na illa grega de Corfú, iniciadas n’A miña familia e outros animais. Gerry observa con igual desconcerto a fauna da illa e os membros da súa familia, composta pola súa nai viúva e os seus tres irmáns, e describe coa mesma fascina-ción o comportamento animal e as anécdotas que se suce-den entre uns seres supostamente racionais.
ISBN: 978-84-15920-92-2Páxinas: 266Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €
O xardín dos deusesGerald Durrell
“Este é o terceiro libro que escribo sobre unha estancia de toda a miña familia na illa de Corfú, antes da última gue-rra mundial. (…) Permítaseme sinalar que naqueles tempos eramos relativamente podentes, ricos sen ningunha dúbida para o nivel de Grecia; ningún de nós traballaba no sentido habitual da palabra, e polo tanto dedicabamos a maior parte do tempo a pasalo ben. En cinco anos de semellante réxime, calquera pode acumular moitas experiencias. (…)”
ISBN: 978-84-15920-93-9Páxinas: 218Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €
O mono do asasinoJakob Wegelius
É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo dos farois un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo. Esa noite, axiña corre a noticia de que se cometeu un asasinato. Pero tamén se difunde outro rumor máis espantoso; en algures entre as ruelas e os recunchos do barrio portuario agóchase un simio tolo e sanguinario. É o mono do asasino. Premio do Consello Nórdico.
ISBN: 978-84-15920-97-7Páxinas: 624Formato: 14,2 x 19,3 cm. CartonéPVP: 24 €
Todos teriamos que ser feministasChimamanda Ngozi Adichie
“O problema cos roles de xénero é que prescribe como te-riamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxi-nade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.” Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulle-res.
ISBN: 978-84-15920-99-1 Páxinas: 56Formato: 11 x 16 cm. Rústica con lapelasPVP: 6 €
Sushi Books é un selo de Rinoceronte Editora S.L.U.Podes atopar os Sushi Books en librarías de toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.
Avenida de Vigo, 103, galeríasCP 36940 Cangas do MorrazoTeléfono: 986 16 80 28Enderezo electrónico: [email protected]
www.sushibooks.es
Síguenos nas nosas redes sociais:Facebook: /sushibooks.es
Twitter: @SushiBooks