(saÚdos e agradecemento asistencia prensa e …a miña chegada á presidencia da fgp produciuse nun...
Post on 25-Jan-2021
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 1 -
Pontevedra, venres 22 de outubro de 2010
(SAÚDOS E AGRADECEMENTO ASISTENCIA PRENSA E COMPAÑEIROS)
Bo día a todas e a todos.
En primeiro lugar, quero agradecervos a vosa presenza. O feito de contar con
vós hoxe aquí supón que o piragüismo, e o esforzo mailo traballo que implica, si
que importa. Tamén quero expresar o meu agradecemento aos compañeiros da
Xunta Directiva que están aquí presentes como así mesmo a aqueles que outras
obrigas llelo impiden aínda que a min me consta que o seu apoio nos acompaña.
(INTRODUCCIÓN)
Ben, o motivo desta convocatoria non é outro que facer un balanzo do traballo
realizado pola Federación Galega de Piragüismo nesta etapa na que tiven o
gusto de presidir e que agora chega ao seu fin logo de proceder á convocatoria
de novas eleccións.
Dende logo, o feito de contar cun equipo de compañeiros ao fronte da
Federación foi a clave de ir acadando os logros que obxectivo tras obxectivo
nos marcamos. Evidentemente, sen o bo facer das persoas que día tras día
desenvolven o seu labor na Federación, o noso proxecto non podería ter ido
adiante xa que a miúdo a súa dedicación foi moito máis alá do estritamente
administrativo.
A miña chegada á presidencia da FGP produciuse nun momento complicado
pero as ansias de traballo, por e para o piragüismo, convertéronse no único
motivo e meta de todo e canto dende a FGP se levou a cabo. Evidentemente, o
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 2 -
barco non tería avanzado cara adiante se os padexeiros que empurraron del
non o fixeramos todos dándolle ás pás ao mesmo tempo: sen o esforzo de
deportistas, clubes e árbitros remando todos na mesma dirección o balanzo que
hoxe se presentaría aquí non podería ter sido optimista. Con todo, moito
traballo queda aínda por diante na loita pola dignificación do piragüismo. Pero
con ganas, todo se andará…
A continuación presentamos, de xeito resumido, cales foron as liñas de traballo
do noso proxecto así como algúns dos principais fitos xa acadados e outros
polos que se está a traballar.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 3 -
Feitos e Solucións
1. Datos económicos:
� Grave deterioro das arcas da Federación - Aval persoal do presidente
ante as entidades bancarias para garantir a pervivencia da FGP
Á nosa chegada á dirección da Federación atopámonos con que a situación
económica era máis grave do que nun principio nos puideramos ter imaxinado.
A gravidade levoume, a título persoal, mesmo a ter que presentar co meu
patrimonio un aval ante as entidades financeiras polo ben da supervivencia
desta Federación.
� Rebaixa da débeda global en máis de 200.000 €uros
A realidade económica obrigounos a centrar a maior parte dos nosos esforzos
en mellorar a xestión contable da FGP e os primeiros froitos quedan reflectidos
nos máis de 200.000 euros que logramos rebaixar da débeda global.
� Liquidación da débeda da FGP coa Española. Estaba pendente o pago das
licenzas do 2009 a pesares de que estas foran cobradas aos clubes
Unha das primeiras accións que tomamos á nosa chegada á Federación foi a de
cancelar a débeda que se mantiña co F.E.P. por mor das licenzas deportivas, a
pesares de que estas SI foran abonadas polos clubes.
Cabe resaltar que por vez primeira é a F.E.P. quen debe á FeGaPi.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 4 -
� Pago da mutua de accidentes e enfermidades dos deportitas pendente
dende o ano 2009 a pesares de que as cotas foron previamente
abonadas polos clubes
Outra conta que tiñan paga os clubes á FeGaPi era o custe da mutua de
accidentes e enfermidades polos seus deportistas aínda que,
sorprendentemente, dende o ano 2009 a empresa contratada non recibirá os
pagos recadados pola FeGaPi. Esta débeda saldámola tamén durante este
mandato.
� Pago a todos os clubes en igualdade de condicións e segundo as
posibilidades da Federación de xeito porcentual, sen descriminacións
Por vez primeira, realizouse un reparto económico de xeito porcentual entre
todos os clubes. O esforzo económico realizado dende a Federación a este
respecto foi grande aínda que, debido á gravidade económica que padece a
nosa entidade os resultados non foron os desexados dende a FeGaPi nin, de
seguro, os agardados polos clubes.
� Firma de convenio de patrocinio coa Consellería do Mar a través do
programa Pesca de Rías
A preocupación económica tamén nos levou ao esforzo de lograr patrocinios
económicos. Froito deste empeño é o convenio de patrocinio asinado coa
Consellería do Mar a través do programa europeo “PescadeRías”.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 5 -
� Consulta por parte dos clubes a través da web cunha clave de seu estado
económico coa Federación.
Fruto do noso empeño en demostrar total transparencia na xestión da
Federación, así como o desexo de eficacia e rapidez, levounos a preparar un
novo servizo que facilita aos clubes a través da web www.fegapi.org o poder
consultar o seu estado económico coa propia Federación, unha vez
identificados co seu nome e password.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 6 -
2. Datos deportivos e Promoción do Piraguismo:
� Regularización das licenzas deportivas autonómicas e nacionais
Esta polémica quedou resolta e dende agora xa non é posible que un clube
manteña máis de 1 licenza autonómica.
� Acadouse que toda a actividade nacional de pista se centrara en Galicia a
través de competicións en Verducido.
O desexo de sacarlle o maior rendemento ás instalacións de Verducido, ao
tempo que se acadaba un menor esforzo económico para os petos dos nosos
clubes, levounos a loitar para que se celebraran en Pontevedra a maior
cantidade posible de competicións nacionais. Os resultados das xestións quedan
patentes tras a celebración de diferentes competicións no encoro do Pontillón
do Castro, o sen dúbida algunha contribueu a reducir enormemente os custos
de desprazamento que os clubes deben afrontar coa celebración destas citas
deportivas noutra comunidades.
� Concentración en Galicia do Equipo Sub23 de canoa
Grazas ao apoio prestado pola Secretaría Xeral para o Deporte tamén
conseguimos que o Equipo Sub23 de canoas se concentre de cara á Olimpíada
en Galicia.
� A modalidade de slalom no catálogo de actividades do Centro Galego de
Tecnificación Deportiva
Conseguimos incluir a modalidade de slalom no Centro Galego de Tecnificación
Deportiva.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 7 -
� Gratuidade das licenzas dos deportistas escolares
Dentro do afán de contribuír ao aforro económico dos clubes, realizamos
xestións para que as licenzas dos nosos piragüistas en idade escolar non lle
supuxeran un gasto para as entidades. Agora estas licenzas son pagadas pola
Xunta de Galicia dentro dun obxectivo de promoción do deporte.
� Difusión e presenza en medios
-Aumentouse o número de visitantes á web da Federación en máis dun
40% con picos que multiplican por 3 ao número de visitantes do ano anterior. A
media de visitas está en 700 diarias. Creouse tamén unha canle en YouTube con
videos das competicións.
-Asimesmo, aumentamos a presenza do noso deporte e de toda a
actividade deportiva da FeGaPi en medios e mesmo se televisaron 4 regatas
nacionais.
-Estamos negociando (as xestións están moi avanzadas) cunha canle de
televisión de ámbito autonómico a emisión semanal dun programa sobre o
piragüismo que lle dea máis relevancia ao noso deporte e aos nosos deportistas.
� Usufruto das instalacións de Verducido
Logo das xestións realizadas, a FeGaPi ten xa o compromiso da Xunta de Galicia
para que a partir do ano 2011 poidamos gozar en usufruto das instalacións de
primeira categoría do Complexo Náutico e Campo de Regatas de Verducido,
Pontevedra.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 8 -
� Campaña pola Dignificación dos Clubes
A preocupación pola situación máis que deficitaria de boa parte das instalacións
dos clubes federados na FeGaPi, levou a este presidente a percorrer diferentes
instalacións de Galicia e recompilar un extenso dossier que se lle presentou á
Secretaría Xeral para o Deporte. Hai que recoñecer que dende esta institución
apreciouse unha especial sensibilidade con este tema e mesmo xa se redactou
un modelo de instalación tipo para desenvolver en distintas localidades.
� Congreso da Federación Internacional de Piragüismo na illa da Toxa.
Dentro da liña iniciada para que Galicia sexa sede e punto de referencia de
actividades do eido do piragüismo nacional e internacional, realizamos as
xestións oportunas para que o ICF Ordinary Congress da Federación Internacional
de Piragüismo se celebre en Galicia; concretamente, os vindeiros 29 e 30 de
outubro a illa da Toxa, no Grove (Pontevedra), acollera a celebración deste evento
que ten carácter bianual.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 9 -
Obxectivos futuro
� Dinamización de Verducido
Unha vez que se acadou o uso en usufruto das instalacións do Complexo
Náutico e Campo de Regatas de Verducido, o seguinte paso será a dinamización
deste espazo que tantas posibilidades nos ofrece.
� Modificación dos estatutos
Con respecto da vida administrativa da Federación e os estatutos que a rexen,
consideramos imprescindible, e urxente, realizar unha modificación a través da
que o presidente da entidade se vexa obrigado a asumir a súa responsabilidade
no caso de realizar unha xestións fraudulenta.
� Remate das débedas cos clubes no prazo dun ano
Tendo en conta a situación que nos atopamos á nosa chegada á dirección da
FeGaPi no tocante ás débedas de carácter económico que esta entidade
mantiña con diferentes clubes, e vistas xa as actuacións levadas a cabo nos
últimos meses, a proposta é de continuidade e pasa por rematar, no prazo de 1
ano, coas débedas cos clubes que a FeGaPi aínda mantén actualmente.
� Creación dun colexio de árbitros e adestradores
Outro dos obxectivos marcados e polo que seguir traballando, é a creación dun
colexio de árbitros e adestradores de piragüismo. Unha ferramenta que
consideramos imprescindible e da que, sen embargo, carecemos ata o de agora.
-
FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO Rua Italia, nº 35 (Monteporreiro) 36162 PONTEVEDRA Tlf. 986842106/986896537 fax: 986851108 e-mail: prensa@fegapi.org
Páxina | - 10 -
� Creación praza técnico slalom e kayak polo
Avanzaremos na mellora dos servizos que se pretenden ofrecer aos clubes, e ao
deporte en si mesmo, temos previsto a creación dunha praza de Técnico en
Slalom e Kayak Polo, modalidades que demandan e ben merecen a existencia
desta figura dentro da FeGaPi.
� Mellora dos campionatos
Unha vez que temos encamiñada cara a bo porto (que non resolta) a situación
económica, o seguinte paso será continuar nesta liña e ir, ao mesmo tempo,
traballando na mellora de todos e cada un dos campionatos a realizar e no
tocante a aspectos estritamente organizativos, de divulgación ou mesmo no
eido económico.
� Defensa do piragüismo
Parece innecesario manifestar que un dos obxectivos de futuro sexa,
precisamente, a defensa do piragüismo, mais á vista de que isto noutros tempos
non sempre foi así, considero oportuno incluílo aquí.
Alfredo Bea García
Presidente
Federación Galega de Piragüismo
Nota: Acompáñanse documentos que avalan os datos aportados.
-
1/2
INFORME DE SITUACIÓN DE DEUDAS BANCARIAS DE LA FGP A 01/01/2009
Informe realizado por César Estévez Viñas, como nuevo tesorero de la Federación
Gallega de Piragüismo, después de empezar su labor como tal, el 1 de enero de 2009.
El nombramiento de tesorero se realizó en diciembre del 2008, pero dado lo avanzado
del ejercicio, casi en su cierre, mi condición puesta al presidente fue que me haría
cargo de la tesorería y contabilidad, a partir del año 2009, ya que no llevé ni la
tesorería ni la contabilidad durante el año anterior, y sería una irresponsabilidad por
mi parte tratar de cerrar un año contable y menos explicar los resultados sin haber
tenido nada que ver con los ejercicios económicos anteriores.
Este informe se realiza una vez vista la documentación bancaria que está depositada en
la FGP, y a través de acceso on line, para algunos productos, sin ser excluyente ni
definitivo, ya que la cantidad de productos que pueden aparecer conforme doy orden y
archivo a la documentación, deja entrever que el número de estos productos puede ser
mayor y sus importes todavía no conocidos, y a falta del cierre contable del 2008, y
por ello sin reflejar situaciones con deudores y/o acreedores.
Por ello,los productos bancarios conocidos, dejan calcular la siguiente situación:
Préstamo hipotecario por –119.383,68€ (sobre el local de la federación)
Póliza con vencimiento en marzo 2009 por –79.200€ (límite 90.000€)
Póliza con vencimiento en junio 2009 por –217.000,00€ (límite 217.000€)
Póliza con vencimiento en agosto 2009 por –77.279,85€ (límite 80.000€)
Préstamo con vencimiento agosto 2010 por –7.870,22€
Leasing vehículo con vencimiento noviembre 2012 por –9.237,26€
Disponible en cuentas a 01/01/2009, 32.612,94€
Saldo de –477.358,07 € que a mediados de mes de enero y después de pagos realizados, se había liquidado el disponible y nos situábamos en aproximadamente
-500.000€, lo que significa un endeudamiento del 50% del presupuesto del 2008
-
2/2
Esta situación, además deja ver que en marzo debemos hacer frente a 90.000€; en junio a 217.000€ y en agosto a 80.000€, en lo que a corto plazo se refiere, además de los pagos mensuales de préstamos, leasing y cuotas
Por todo ello, y ante lo que yo entiendo como una situación económicamente inviable,
expondré este informe en la Asamblea, que se realizará el 24 de enero de 2009, y
propondré a la Junta Directiva a celebrar el martes 3 de febrero, dar conocimiento
por escrito a la Dirección Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia.
Pontevedra a 19 de enero de 2009
Fdo.: César Estévez Viñas
Tesorero FGP
-
ESCOLA GALEGA DE ENTREANDORES DE PIRAGÜISMO
CURSOS FORMACIÓN ENTRENADORES
1. Programa de Planificación y cuantificación del entrenamiento en piragüismo
Justificación: El proceso de planificación y programación del entrenamiento deportivo es una de las actividades más difíciles que realizan los entrenadores, ya que conlleva una gran complejidad valorar la interacción de los diferentes tipos de cargas y contenidos de entrenamiento. Por otro lado, la cuantificación del entrenamiento realizado o planificado, en ocasiones, puede convertirse en una tarea aburrida y repetitiva, por lo que el uso de una herramienta informática de carácter genérico, como una hoja de cálculo, puede facilitar y ahorrar mucho tiempo al entrenador en este tipo de actividades, además de servir para obtener información de forma instantánea de lo planificado a lo largo de la temporada. Sábado 19 de diciembre Asistentes: 29 2. PROGRAMA DE EDICIÓN DE VIDEO PINNACLE STUDIO (Software de análisis deportivo)• La evolución en los resultados deportivos obliga a un constante desarrollo y mejora de los sistemas de entrenamiento que aumenten tanto las cualidades físicas como la calidad de la técnica deportiva de los competidores, obligando a una mejora continúa de los entrenadores en su labor diaria con relación a sus deportistas.
Sábado 23 de Enero de 2010 Asistentes: 12 3. CURSO ENTRENADOR NIVEL I (parte específica) Homologado por la Escuela gallega del deporte Septiembre- Octubre 2010. Asistentes: 30 4. CURSO ENTRENADOR NIVEL II (parte específica) Homologado por la Escuela gallega del deporte Septiembre- Octubre 2010. Asistentes: 15 5. CD con Bibliografía (más de 100 libros y artículos escaneados) entregados a todos los entrenadores para que puedan formarse y reciclarse. Abril-mayo 2010 Aprox. 90 Cds entregados a entrenadores y clubes.
6. Colaboración con la organización del III Congreso internacional de Entrandores de Piragüismo en Aguas Tranquilas. Catoira, 8-10 Octubre 2010. Asistentes 68 entrenadores (Entrenadores gallegos 39)
top related