reuniÓn da comisiÓn 5.ª, sanidade, polÍtica ......a comisión 5.ª, sanidade, política social e...
Post on 26-Jan-2020
8 Views
Preview:
TRANSCRIPT
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,
POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre a Proposición de lei de modificación da lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia (doc. núm. 47574)
Punto 2. Proposicións non de lei en comisión
2.1 41033 (09/PNC-003421)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e Ron Fernández, José JavierSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa aplicación do Plan nacional para a abordaxe da hepatite C no Sistema nacional de saúde nos centros penitenciarios de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 520, do 16.09.2015
2.2 41705 (09/PNC-003474)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e asistenciais que están a padecer o persoal laboral e as persoas usuarias dos centros de atención directa da Consellería de Traballo e BenestarPublicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015
2.3 47137 (09/PNC-003915)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaFerreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de evitar os embarazos non desexados, fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero, así como garantir unha axeitada educación afectivo-sexualPublicación da iniciativa, BOPG n.º 606, do 24.02.2016
2.4 47495 (09/PNC-003948)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co estado de deterioración que presenta o centro de saúde de Cee, así como a realización polo concello dos trámites necesarios para a súa cesión e asunción da súa titularidade e mantemento pola Xunta de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 606, do 24.02.2016
2.5 47783 (09/PNC-003977)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e Prado Cores, María MontserratSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión de implantar o modelo denominado "liña fría" para o servizo� � de comidas do Complexo Hospitalario Universitario de OurensePublicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016
2.6 49202 (09/PNC-004110)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención que se está a prestar ás persoas con enfermidades psiquiátricas crónicas derivadas a residencias da terceira idadePublicación da iniciativa, BOPG n.º 630, do 13.04.2016
2.7 49501 (09/PNC-004131)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre a garantía polo Goberno galego dos dereitos laborais dos traballadores das empresas adxudicatarias do servizo de transporte sanitario urxente terrestre e a exixencia a estas do cumprimento do convenio colectivoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 635, do 20.04.2016
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016
Marta María Rodríguez-Vispo RodríguezPresidenta da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E
EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P
VicepresidenteJavier Dorado Soto P
SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S
María Carmen Acuña do Campo SMaría Carmen Gallego Calvar SElena Cruz González Sánchez PJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMarta Rodríguez Arias PCristina Isabel Romero Fernández PEva Solla Fernández AGE
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre
a Proposición de lei de modificación da lei 13/2008, do 3 de
decembro, de Servizos sociais de Galicia (doc. núm. 47574)
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2. Proposicións non de lei en comisión
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 41033(09/PNC-003421)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva e Ron Fernández, José Javier
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa aplicación do Plan nacional para a abordaxe da
hepatite C no Sistema nacional de saúde nos centros
penitenciarios de Galicia
Publicación da iniciativa, 520, 16.09.2015
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA-
ANOVA) a iniciativa dos seus deputados Eva Solla Fernández e Xabier Ron
Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión,
relacionada cos novos tratamentos farmacolóxicos da hepatite C.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O pasado día 1 de abril entrou en vigor o “Plan Nacional para el Abordaje de la
Hepatitis C en el Sistema Nacional de Salud”, aprobado polo Ministerio de Sanidad
e ratificado pola Mesa Interterritorial de Sanidad.
Este plano recolle, no informe de situación respecto desta enfermidade no Estado,
a pavorosa situación sanitaria que o virus da Hepatite C provoca entre a poboación
reclusa en centros penitenciarios, onde a prevalencia da infección é de un 20,3%,
9.063 persoas segundo a cifra que figura na páxina 29 do Plano, unha cifra só
comparable ao 24% de prevalencia que se rexistra en Exipto, o país con maior
afectación do mundo de acordo cos informes da OMS. Isto equivale, traducido aos
seis centros penitenciarios de Galicia, a un número en ningún caso inferior a 750
internas e internos infectados.
A isto temos que acrecentarlle o feito de que, de acordo cos datos do propio
informe, un 26,8% das persoas en situación de reclusión afectadas están
coinfectadas polo Virus de Inmunodeficiencia Humana, o que provoca unha máis
rápida evolución da enfermidade hepática, polo que se determina que as persoas
coinfectadas serán obxecto de atención prioritaria dentro da aplicación do Plano.
A Liña Estratéxica 1 do Plano aprobado polo Ministerio, identifica como poboación
prioritaria en materia de prevención para reducir a incidencia da Hepatite C as
“persoas internas en Institucións Penitenciarias”.
En contraste coa situación descrita, o número de persoas internas en centros
penitenciarios do territorio galego que están a ser tratadas cos novos fármacos é
insignificante. A excepción de tres internos no centro de Pereiro de Aguiar, non hai
constancia de máis afectados que teñan recibido a través do SERGAS estes
fármacos iniciando o seu tratamento en prisión. Apenas podemos engadir a esta
cifra algún interno que ingresou co tratamento xa iniciado ou que o iniciou durante
un ingreso hospitalario. En total a cifra de internos tratados por unha ou outra
circunstancia non superaría a decena.
Esta situación de falta de dispensación destes fármacos con altísima eficacia para a
curación da hepatite ás persoas presas responde exclusivamente a unha decisión
tomada en base ao disenso entre a Consellería de Sanidade e o Ministerio del
Interior respecto de que Administración debe facerse cargo do custo dos
tratamentos.
En novembro de 2014 o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Santiago de
Compostela, en peza separada no preito entre SERGAS e Ministerio do Interior no
que se intenta dirimir quen debe facerse cargo do tratamento dun recluso enfermo
de Hepatite C, dita medida cautelar obrigando á administración sanitaria
autonómica a dispensarlle o tratamento a este doente en tanto se non se resolva a
cuestión de fondo do litixio. O SERGAS decidiu apelar este auto diante do TSXG.
O TSXG en sentenza de 20 de maio de 2015 confirma esa medida cautelar,
condenando ademais ao SERGAS ao pago das costas do recurso. Nos
fundamentos de dereito desta sentenza o TSX establece que “non negado polo
Letrado autonómico que, ao seu xuízo, o interese concorrente é de índole
económica, exclusivamente, entendemos, co xuíz a quo, que debemos dar
preferencia ao dereito á saúde, xa que a diatriba sobre quen (Administración estatal
ou autonómica) debe dispensar o medicamento e, por ende, correr cos gastos
asociados, ten un carácter secundario e, desde logo, plenamente resarcible en caso
de sentenza desestimatoria no preito principal, a diferenza do risco mediato ou
inmediato que, en caso de non acceder á medida cautelar, con certeza sufriría o
interno na súa integridade física”.
Por outra parte, diante da negativa por parte do SERGAS á dispensación destes
tratamentos a persoas en situación de reclusión penitenciaria, a Dirección General
de Instituciones Penitenciarias comezou a finais do pasado mes de xuño a ofertar a
aqueles e aquelas internas que teñen prescritos os novos tratamentos por parte dos
servizos de medicina especializada habilitados polo SERGAS a posibilidade de ser
trasladados aos penais Madrid II e Madrid V para recibir os tratamentos. Esta
solución supón un agravamento nas condicións de cumprimento de condena para
as persoas afectadas ao afastalas do seu contorno social e practicamente privalas
do dereito de visita durante períodos de 12 ou 24 semanas, dependendo da súa
pauta de tratamento.
Esta solución resulta aínda máis chocante tendo en conta que outros fármacos, de
dispensación en farmacia hospitalaria e administración ambulatoria, como é o caso
dos utilizados no tratamento da infección por VHC, fanse chegar as e os doentes
reclusos desde os correspondentes servizos de farmacia do sistema público galego
a través dos servizos médicos dos distintos centros penitenciarios. Solución esta
que non implica prexuízo adicional algún para eses doentes e que tampouco
prexulga quen deba afrontar finalmente os custos farmacéuticos inherentes.
Por outra parte, a dispensación directa polo do Ministerio do Interior, no caso de
que resultase ser este quen deba correr con eses gastos farmacéuticos, tampouco
supón aforro algún para esa administración por canto o prezo dos fármacos é o
mesmo para todas as administracións sanitarias e, aos custos de liquidar eses
prezos ao SERGAS terían que engadirse os derivados do traslado das internas e
internos aos mencionados centros penitenciarios e de volta a aquel no que veñen
cumprindo condena.
Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA- ANOVA)
presenta a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Tomar as medidas necesarias para que, de acordo cos principios e
preferencia de dereitos establecidos polo TSXG na súa sentenza de 20 de
maio de 2015, o SERGAS proceda a dispensar sen máis dilación os novos
fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros
penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos no
“Plan Nacional para el Abordaje de la Hepatitis C en el Sistema Nacional de
Salud.
2. Establecer un sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección General de
Instituciones Penitenciarias que permita a aplicación efectiva e máis eficaz
posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite C no ámbito dos
centros penitenciarios radicados en Galicia.
Compostela, 9 de setembro de 2015.
Asdo. Eva Solla Fernández
Xabier Ron Fernández
Deputados do G.P. da AGE
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 09/09/2015 16:41:46
Jose Javier Ron Fernandez na data 09/09/2015 16:41:54
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 09/09/2015 16:42:02
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 41705(09/PNC-003474)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coas condicións laborais e asistenciais que están a
padecer o persoal laboral e as persoas usuarias dos centros
de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar
Publicación da iniciativa, 527, 30.09.2015
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez
García ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Provincia da Coruña enviou
unha carta ao presidente do goberno do estado, Mariano Rajoy, denunciando
que dende a imposición da Lei 1/2012 de medidas temporais .en determinadas
materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia,
prorrogada ano a ano na Lei de orzamentos de Galicia, nos centros
dependentes da Consellería de Traballo e Benestar ,e en particular nos que
desempeñan a súa labor nos centros de atención directa (Residencias de
maiores, escolas infantís, centros de menores, centros de atención a persoas
con discapacidade, centros sociocomunitarios...) son numerosas as
deficiencias e normas impostas dende a Consellería de Traballo e Benestar
que están a crear unha situación laboral de explotación, estres e perdida da
calidade asistencial, entre as que destacan:
Xornadas de 7 días consecutivos.
Imposibilidade de gozar algún dos 14 festivos anuais establecidos
legalmente,
Quendas de traballo de dous domingos consecutivos.
Sobrecarga de tarefas ao ter que asumir o traballo do persoal de baixa
ou con ausencias xustificadas que non se cobren.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
2
Denegación de permisos xustificados ou licenzas por necesidades de
servizo derivadas da escaseza de persoal e non cobertura de baixas.
Escaseza moi grave de novo material, e maquinaria e utensilios
obsoletos ou avariados que Xamais se reparan.
Imposibilidade de conciliar a vida laboral coa familiar.
Deterioro da calidade dos servizos prestados ás persoas usuarias.
Recorte do uso de cueiros, privatización servizos, minoración
actividades de mantemento físico, minoración de actividades de carácter
lúdicos, etc.
Remata o Comité o seu escrito solicitando do Presidente do Goberno do estado
que proceda a iniciar as medidas conducentes a solucionar a situación do
persoal laboral e as persoas usuarias dos centros de atención directa da
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, entre elas interceder
ante a Xunta de Galicia para que a Lei de orzamentos de 2016 non prorrogue
os recortes da Lei 1/2012 de medidas temporais en materias de emprego
público, que entre outros recortes anula arbitrariamente, o Artigo 19 do
Convenio do Persoal Laboral, o que é unha das causas principais da situación
descrita de explotación, estres laboral e imposibilidade de conciliar a vida
laboral e familiar.
Entendendo que a reivindicación dos traballadores e traballadoras dos centros
de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar, o Parlamento de
Galicia son xustas e asumibles polo goberno galego, preséntase a seguinte
proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
• Solucionar a situación do persoal laboral e as persoas usuarias dos
centros de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
3
• Non prorrogar a Lei 1/2012 de medidas temporais en materias de
emprego público na Lei de orzamentos de 2016
• Cumprir o establecido no Artigo 19 do Convenio do Persoal Laboral, que
regula as condicións laborais do persoal e marca as pautas nas
carteleiras e quendas de traballo.
• Adoptar todas as medidas necesarias para posibilitar a conciliación da
vida laboral e familiar do persoal dos centros de atención directa da
Consellería de Traballo e Benestar.”
Pazo do Parlamento, a 22 de setembro de 2015
Asdo.: Consuelo Martínez García
Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 22/09/2015 12:49:52
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 47137(09/PNC-003915)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co
fin de evitar os embarazos non desexados, fomentar a
igualdade e previr a violencia de xénero, así como garantir
unha axeitada educación afectivo-sexual
Publicación da iniciativa, 606, 24.02.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa das súas
deputadas, María de los Ángeles Ferreiro Vidarte, María Carmen Acuña do
Campo, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Álvarez, a través do portavoz e
ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
Hai uns días o Ministerio de Sanidade, fixo públicos os datos das ILE do ano
2014 en España e nas comunidades autónomas. Os datos referentes a Galicia
reflicten que o número de mulleres que interromperon o seu embarazo foi de
3.351.
A cifra total en España é de 94.796 e é a menor dos últimos 9 anos, sendo esta a
tendencia por diversos motivos: algúns débense á maior utilización da píldora do
día seguinte, ao abaratamento do custe dalgunhas pílulas, a atención do
planeamento familiar nalgúns centros de saúde, etc.
Destes datos dedúcese tamén que son as mulleres entre 20 e 24 años, é non as
menores de 20, a idade na que se producen máis abortos.
Outro dato importante refírese á utilización de métodos anticonceptivos: hai un
34 % de mulleres que non utilizaron ningún método (nin elas nin a súas parellas)
é isto si que é máis frecuente e preocupante.
Esta tendencia no descenso dos abortos en España non se da ao mesmo nivel en
Galicia nin é tan regular coma no resto do país. Analicemos algunhas razóns:
- En Galicia non existe a educación sexual nas escolas. Non forma parte do
currículo escolar.
Como moito vai algún especialista dar charlas sobre temas relacionados, pero é
algo puntual e nun nivel educativo determinado. Isto non é Educación, é
simplemente información... A Educación leva consigo a información e o
necesario cambio de actitudes, como isto non se fai, aínda se pensa que na
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
primeira vez non te quedas embarazada, que a marcha atrás é un método seguro,
etc.etc.
Elaboráronse materiais didácticos por parte da área sanitaria do Goberno, pero
Educación nunca as levou á práctica. A consecuencia é que os nosos mozos e
mozas só teñen información por amigos, revistas pornográficas, películas etc.
- Os centros de planeamento familiar estanse a esmorecer porque o Goberno
galego non ten o máis mínimo interese en que funcionen: Non se cobren as
prazas dos profesionais que quedan vacantes, hai varios COF que non teñen
traballador/a social, hai varios COF que só teñen un día á semana consulta
xinecolóxica, hai COF que a consulta xinecolóxica faina cada día da semana un
profesional distinto, hai profesionais que atenden o COF, o centro de saúde e
tamén un centro de saúde mental.
- Non existe un marco normativo. O último no que se detallaban funcións e
contidos do servizo e dos profesionais data do ano 1984, o chamado Plan de
centros de orientación familiar do Insalud.
Como consecuencia, non se ofertan as mesmas prestacións en todos os centros e
non existe igualdade no acceso a estes servizos na mesma comunidade, porque o
Goberno do Sr Feijóo non tivo ningunha actuación neste senso.
O Goberno do Sr Feijóo e do PP actúa dunha forma totalmente hipócrita neste
campo. É contrario ao aborto, pero non fai absolutamente nada para evitalo.
En resume, os COF, no seu funcionamento actual, non cumpren o principal
obxectivo do planeamento familiar que é proporcionar a toda a poboación unha
atención integral con unha dimensión educativa, e de promoción da saúde
afectivo sexual e non exclusivamente asistencial que é o modelo que defende o
Goberno do PP.
Por todo iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presentan a
seguinte proposición non de lei:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo as seguintes
propostas:
1º) Realizar unha campaña dirixida fundamentalmente ás mozas e mozos
durante o ano 2016 co obxectivo de previr os embarazos non desexados e de
informar dos recursos sociosanitarios existentes á súa disposición.
2º) Elaborar no prazo de dous meses un proxecto educativo para fomentar a
igualdade, previr a violencia de xénero e garantir unha adecuada educación
afectivo sexual utilizando as programacións que xa están elaboradas. O proxecto
será presentado no Parlamento para o seu debate.
3º) Aplicar ese proxecto, unha vez aprobado, no próximo curso académico para
impartir a educación afectivo sexual nas escolas, a educación en igualdade e a
prevención da violencia de xénero, facendo as modificacións curriculares que se
precisen.
4º) Elaborar de forma inmediata un plan de viabilidade dos centros de
planeamento familiar, no que se contemplen as súas prestacións e as funcións
dos profesionais, así como a dotación dos recursos necesarios para potenciar os
COF.
5º) Incluír nos plans estratéxicos da Administración autonómica todo o referente
á saúde afectivo sexual.
Pazo do Parlamento, 11 de febreiro de 2016
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 11/02/2016 19:28:50
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
María del Carmen Acuña do Campo na data 11/02/2016 19:29:17
Carmen Gallego Calvar na data 11/02/2016 19:30:21
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/02/2016 19:30:33
Jose Luis Méndez Romeu na data 11/02/2016 19:30:51
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.4 47495(09/PNC-003948)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co estado de deterioración que presenta o centro de
saúde de Cee, así como a realización polo concello dos
trámites necesarios para a súa cesión e asunción da súa
titularidade e mantemento pola Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, 606, 24.02.2016
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA-
ANOVA), a iniciativa da súa deputada Eva Solla Fernández e dos seus deputados
Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Juan M. Fajardo Recouso, Antón
Sánchez García e Xosé M. Beiras Torrado, ao abeiro do artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para debate
en Comisión, relacionada co estado do centro de saúde de Cee.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A situación da atención primaria no noso país ven marcada por unha sorte de recortes
orzamentarios consecutivos que deixan coma consecuencia un abandono progresivo da
mesma. A situación previa ao inicio da crise xa non era moi boa en moitos centros de
saúde, a antigüidade da construción de moitos de eles supuña en moitos casos
obsolescencia de instalacións e barreiras arquitectónicas.
Ademais, cando a titularidade e mantemento dos centros debería xa estar a cargo da
Consellería de Sanidade; isto non se está a cumprir, impedindo nalgúns casos a
rehabilitación necesaria nos edificios.
O progresivo adelgazamento do mantemento dos mesmos trae coma consecuencia a
progresión do deterioro ata límites insostibles nalgúns casos, coma é o do centro de
saúde de Cee.
O edificio do mesmo atópase en estado case de ruína, cun deterioro moi avanzado en
infraestrutura e instalacións. Feito que ten causado algún accidente grave coma o
desprendemento dun radiador de ferro sobre unha cativa de 16 meses o pasado mes de
Decembro.
Calefacción que non funciona, instalación eléctrica e tubaxes deterioradas e importantes
humidades que poden afectar á integridade dos teitos de este centro.
Por todo o exposto, Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA- ANOVA)
presenta a seguinte proposición Proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Levar a cabo unha reforma urxente do Centro de Saúde de Cee, que alomenos
atenda os problemas da cuberta, humidades, instalación eléctrica e calefacción.
Así coma renovación do mobiliario e aparataxe obsoleta.
2.- Instar ao Concello a iniciar ou continuar os trámites para asumir a titularidade e
mantemento do centro, reclamando, se aínda non estivese aportada, a
documentación pertinente.
Compostela, 17 de febreiro de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 18/02/2016 12:42:04
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 18/02/2016 12:42:13
Anton Sánchez García na data 18/02/2016 12:42:15
Ramón Vázquez Díaz na data 18/02/2016 12:42:19
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 18/02/2016 12:42:23
Jose Javier Ron Fernandez na data 18/02/2016 12:42:26
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.5 47783(09/PNC-003977)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa decisión de implantar o modelo denominado "liña
fría" para o servizo de comidas do Complexo Hospitalario
Universitario de Ourense
Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas Tereixa Paz Franco e Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto
no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Comisión, relativa ao desmantelamento dos servizo se cociña do Complexo
Hospitalario Universitario de Ourense para implantar o modelo chamado de “liña fría”.
Segundo as informacións ás que tivo acceso este Grupo Parlamentar parece que
de forma inminente se vai producir o desmantelamento do servizo de cociña existente
no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para substituílo polo modelo
chamado de “liña fría”.
Este modelo que se implantou xa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo supón a
privatización deste servizo e o conseguinte deterioro da calidade do servizo. Son moitas
as evidencias do fracaso deste modelo que ten provocado numerosas queixas dos e das
usuarias e do persoal sanitario. Desde a súa implantación téñense producido numerosas
deficiencias: pratos que chegan fríos aos e ás pacientes, a súa escaseza ou incluso que
non se adecúen ás prescricións de dieta realizada polo persoal facultativo.
Este modelo que xa foi ensaiado noutros lugares ten evidenciado o seu fracaso
non só pola perda da calidade da alimentación senón que mesmo porque resulta máis
caro para o erario público, de aí que en moitos casos, fora de Galiza, se estea revertendo
cara o modelo de cociña convencional.
Ademais de ser un claro exemplo de privatización e de beneficio privado en
detrimento da calidade do servizo e dos dereitos dos e das usuarias tamén ten
consecuencias laborais para o persoal que actualmente se ocupa destas tarefas que
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
descoñecen cal vai ser a súa situación no futuro.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través das deputadas asinantes, formula a seguinte Proposición non de lei para
o seu debate en Comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a reconsiderar a súa decisión
de establecer o modelo de “liña fría” para o servizo de comidas no Complexo
Hospitalario Universitario de Ourense polo deterioro na calidade que representa e o
menoscabo na alimentación dos e das pacientes que que se manteña o servizo de cociña
nas condicións de prestación actuais. Igualmente que se garantan os postos de traballo e
os dereitos do persoal que actualmente presta os seus servizos nese cometido.”
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Montserrat Prado Cores
Deputadas do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Tereixa Paz Franco na data 25/02/2016 13:53:36
María Monserrat Prado Cores na data 25/02/2016 13:53:43
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 25/02/2016 13:53:48
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.6 49202(09/PNC-004110)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa atención que se está a prestar ás persoas con
enfermidades psiquiátricas crónicas derivadas a residencias
da terceira idade
Publicación da iniciativa, 630, 13.04.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e do seu deputado Carmen Acuña do Campo, José Ramón Val
Alonso, Carmen Gallego Calvar, María Quintas Alvarez e María de los
Angeles Ferreiro Vidarte, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto
no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e
Emprego.
Exposición de motivos
Acabamos de coñecer polos medios de comunicación o caso dunha enferma
psiquiátrica falecida en Mondoñedo por atragoamento nunha residencia para
anciáns e discapacitados intelectuais, que recollen a denuncia dos familiares
contra o centro e a Xunta de Galicia por suposta neglixencia no seu coidado.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista temos formulado o debate en varias
ocasións, na Cámara galega, xa que non nos parece adecuado o
“almacenamento” destes doentes neses espazos residenciais non adecuados
nin preparados para as necesidades de coidado que eles precisan tralo peche
dos obsoletos centros psiquiátricos, onde ata o de agora atendíanse as
patoloxías psiquiátricas crónicas.
Tamén solicitamos datos sobre o seguimento e os coidados médicos que se
están aprestar agora aos enfermos e enfermas que foron derivados a eses
centros sen topar resposta nin da Administración sanitaria galega nin do
Grupo Parlamentario Popular que preferiu rexeitar sempre as nosas
solicitudes.
Hoxe, e a través desta iniciativa, queremos facernos eco da denuncia que en
relación a este problema fai o Movemento Galego da Saúde Mental, o cal se
pregunta igual que nos preguntamos nós que coidados están a recibir persoas
como a falecida, afectadas por trastornos mentais graves, que sofren severas
discapacidades e que reciben tratamentos psicofarmacolóxicos con frecuentes
efectos secundarios -como comprometer o nivel de conciencia e a
motricidade-, ingresadas en residencias pensadas para a terceira idade e se as
dotacións profesionais, espazos, recursos e organización serán apropiadas para
ese fin.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Lamentablemente os responsables sanitarios de Galicia evidenciando unha
falta de compromiso intolerable para con estas persoas, en lugar de reforzar a
deficiente rede de Saúde Mental e os recursos sociais, buscando a
reintegración destas persoas á sociedade de xeito acorde ás súas necesidades e
potencialidades, ou no seu caso unha atención residencial especializada, tan só
as reubicaron noutro lugar residencial, a miúdo en institucións non axeitadas
que non están dotadas e cualificadas para o seu coidado e tratamento.
Con esta decisión, a cidadanía que require unha atención sanitaria e social
específica -á que teñen pleno dereito- non a están a recibir, converténdose en
poboación de risco respecto á súa saúde, seguridade e vulneración de dereitos.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta
a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Realizar plans periódicos de inspección en todas as residencias da
terceira idade de Galicia onde foran trasladadas persoas enfermas
mentais con patoloxías crónicas que garantan o cumprimento dos
criterios de acreditación para a función de coidado destes enfermos.
2. Realizar, dende a Inspección Sanitaria, o seguimento de todas as
persoas que con enfermidades psiquiátricas crónicas foron desprazadas
ás residencias da terceira idade para garantir que reciben os coidados e
o seguimento necesario das súas patoloxías.
3. Elaborar, dende a Consellería de Sanidade, un censo e un plan de
seguimento deses doentes dinámico, segundo vaia sendo o número e as
necesidades dos mesmos.
Pazo do Parlamento, 4 de abril de 2016
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
José Ramón Val Alonso
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Acuña do Campo na data 05/04/2016 11:17:10
José Ramón Val Alonso na data 05/04/2016 11:17:16
Carmen Gallego Calvar na data 05/04/2016 11:17:21
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 05/04/2016 11:17:26
María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 05/04/2016 11:17:32
Jose Luis Méndez Romeu na data 05/04/2016 11:17:38
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 06.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.7 49501(09/PNC-004131)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a garantía polo Goberno galego dos dereitos laborais
dos traballadores das empresas adxudicatarias do servizo de
transporte sanitario urxente terrestre e a exixencia a estas
do cumprimento do convenio colectivo
Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da
deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á
conflitividade laboral nas empresas que prestan o servizo de transporte sanitario urxente
terrestre do 061.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sacou a concurso e
realizou a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre. Este
concurso foi paralizado e modificado por diferentes razóns, e xerou malestar entre as
empresas galegas do sector, sobre todo as de menor dimensión, que o cualificaron como
moi agresivo, xa que mentres a cuantía do mesmo era moi similar ao anterior, que
consideran que xa era moi axustado para poder cubrir custes e prestar a atención,
establece toda unha serie de condicións a maiores das actuais, como novas prestacións e
instrumental médico, respiradores para nen@s de corta idade, navegador, conexión de
datos, xeolocalización... e a isto hai que engadir o encarecemento de combustíbel,
roupa, seguros...
Parte importante das empresas ás que se lle adxudicou o concurso presentaron a
oferta con baixa económica moi importante, isto causou preocupación e fundados
temores de que puidera repercutir nunha merma das condicións laborais d@s
traballadores/as, e unha perda significativa de emprego e deterioro da calidade
asistencial.
A escasos meses da adxudicación deste concurso público os temores estanse a
verificar en feitos, e traballadores/as das empresas adxudicatarias están a denunciar
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
tanto o incumprimento do convenio: cambios de categoría, horarios caprichosos, exceso
de horas traballadas, persoal insuficiente por base, non pago de horas extras,cobertura
de vacacións...como as condicións deplorábeis en moitas das bases, non dispoñer de
roupa e calzado adecuado e suficiente, non lavado e desinfectado do mesmo etc.
As empresas adxudicatarias xustifican o non cumprimento do convenio en que
as cuantías económicas que reciben non son suficientes.
Ás demandas laborais hai que engadir as denuncias do uso de ambulancias de
apoio, non equipadas, como transporte sanitario de emerxencias. Vehículos de apoio,
nos que só vai un/unha condutor/a, que deben estar para traslados non vitais, é dicir non
poden socorrer a emerxencias, están sendo enviadas a cubrir urxencias, non de xeito
excepcional,senón que se está a converter en algo habitual, ao igual que @s profesionais
teñan que acudir en taxi a atender urxencias por falta de ambulancias dispoñíbeis.
Utilizar ambulancias de apoio de forma continuada como propias do servizo de
urxencias, constitúe risco, en primeiro lugar para @s usuari@s, porque se lle presta
unha atención deficiente e para o persoal unha situación de tensión, presión e
vulnerabilidada, ao ter que enfrontarse a situacións que non poden resolver.
A responsabilidade desta situación é a propia administración, xa que tanto @s
responsábeis do 061, como do Sergas son perfectamente coñecedores da situación.O
transporte sanitario urxente é un servizo vital, e todo fai indicar que o Goberno galego
está a optar por un modelo de xestión que mercantiliza a saúde, significa recortes na
prestación do servizo, non se garante a calidade na prestación, e non se respectan os
dereitos laborais d@s traballadores/as.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Por estas razóns o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a
seguintes proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que esixa o cumprimento
das condicións establecidas no concurso do servizo de transporte sanitario urxente
terrestre, ás empresas adxudicatarias do mesmo, a rematar co uso de ambulancias de
apoio, non equipadas, como transporte sanitario de emerxencias e a dotación das
ambulancias suficientes para que @s profesionais non teñan que acudir en taxi ás
urxencias.
O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que garanta os dereitos
laborais d@s traballadores/as que prestan servizo para as empresas adxudicatarias do
servizo de transporte sanitario urxente terrestre, e esixa destas o cumprimento do
convenio colectivo.”
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Monserrat Prado Cores na data 12/04/2016 13:51:47
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 12/04/2016 13:51:53
top related