ramón cabanillas, traballo de guillermo e maría
Post on 12-Apr-2017
1.099 Views
Preview:
TRANSCRIPT
T R A B A L L O R E A L I Z A D O P O R :
G U I L L E R M O F E R N Á N D E Z P O R TA S
M A R Í A R O D R Í G U E Z G O N Z Á L E Z
4 º C
RAMÓN CABANILLAS
BIOGRAFÍA
Ramón Cabanillas Enríquez (Cambados, 3 de xuño de 1876 – 9 de novembro de 1959).Está considerado como un dos autores máis relevantes da primeira metade do século XX.
TRAXECTORIANo ano 1910 emigrou a Cuba, onde
publicou as súas primeiras obras e entrou en contacto co galeguismo da emigración.
De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico “A Nosa Terra”.
En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega.
En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas
POESÍA LÍRICA
Segue aos poetas do Rexurdimento, Rosalía e Curros. De carácter intimista (temas como o amor e
natureza) De carácter costumista (temas rurais) De carácter cívico (temas agraristas e anticaciquís,
exaltación do medio rural fronte á cidade)
POESÍA NARRATIVA
Poesía narrativa: segue a Pondal.Cabanillas realiza un poemario orientado cara á
recuperación das raíces e ´s creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva. Así nace Na noite estrelecida.
Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de don Amaro de Aventei, personaxe lendario na tradición popular da comarca do Salnés.
Samos, que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro no que Cabanillas pasou algunhas temporadas.
OBRAS TEATRAIS
Como autor teatral ten dúas obras: A man de Santiña, ambientada
nun tema amoroso. O Mariscal é unha traxedia
histórica sobre a execución do mariscal Pardo de Cela polos Reis Católicos; serve para denunciar a vinganza de poder central castelán contra os señores feudais galegos, con clara intención ideolóxica.
DESTACAN AS SEGUINTES ETAPAS:
Etapa pregaleguista.1916-1920: Etapa
galeguista. 1921-1930: Etapa mítico-
saudosista. 1949-1959: Etapa da
posguerra.)
ETAPA PREGALEGUISTA
Nesta etapa mostra a nostalxia do desterrado polo que quedou atrás. É unha etapa de poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista. As obras máis destacadas desta etapa foron: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
ETAPA GALEGUISTA 1916-1920
Nesta etapa emprega a Galiza como suxeito colectivo para mostrar a contraposición entre o labrego galego de actitude positiva e o fidalgo castelán de actitude negativa ou pesimista. As obras máis destacadas desta etapa foron Da terra asoballada (1917) e A saudade nos poetas galegos (1920).
ETAPA MÍTICO-SAUDOSISTA 1921-1930
A intención da obra literaria de Ramón Cabanillas nesta etapa era crear unha verdade paralela que mostre as leccións do pasado para dominar o presente e ter un mellor futuro. A linguaxe da produción literaria desta etapa era complexa e sistemática, con moito simbolismo, polo que non era entendible pola maior parte da poboación. As obras máis destacadas desta etapa foron A man da santiña (1921), O cabaleiro do Santo Grial (1922), Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925), Na noite estrelecida (1926), O Mariscal (1926) e A rosa de cen follas (1927).
top related