qvare lingva latina
Post on 11-May-2015
777 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A vida do latín non remata co Imperio Romano.
Na súa versión popular evoluciona cara as linguas romances, que son os restos vivos da fala de Roma.
Mais a Europa da ciencia, as artes e a cultura non coñecerá, durante máis de 1.000 anos despois da caída
do Imperio, outra lingua que o latín. Nas diapositivas seguintes verás abondosos exemplos disto, e tamén da
pervivencia actual da lingua e a cultura de Roma, en eidos que sen dúbida non sospeitas.
Que che aproveite a viaxe.
Velaquí as portadas de catro libros capitais na historia da cultura e a ciencia europeas: a
Astronomía de Nicolás Copérnico, a Utopía de
Tomás Moro, o tratado de Botánica de Carl Linneo,
e os Principios matemáticos de Isaac
Newton.
Todos eles foron escritos en latín, a lingua de
comunicación científica en Europa ata case o s.
XIX.
Gaudeamus igitur,iuvenes dum sumus.Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus.
Post iucundam iuventutem,post molestam senectutem,
nos habebit humus,nos habebit humus
Vbi sunt qui ante nosin mundo fuere?
Vbi sunt qui ante nosin mundo fuere?
Vadeas ad inferos,transeas ad superos,
hos si vis videre,hos si vis videre.
Vivat Academia!Vivant professores!
Vivat Academia!Vivant professores!
Vivat membrum quodlibet!Vivant membra quaelibet!
Semper sint in flore!Semper sint in flore!
Gocemos, pois,mentres somos novos
Gocemos, pois,mentres somos novos.
Tras a fermosa xuventude,tras a molesta vellez,hanos cubrir a terra,hanos cubrir a terra.
¿Onde están os que antes de nósestiveron neste mundo?
¿Onde están os que antes de nósestiveron neste mundo?
Baixa ós infernos,viaxa ó ceo,
se os queres ver,se os queres ver.
¡Viva a Universidade!¡Vivan os seus profesores!
¡Viva a Universidade!¡Vivan os seus profesores!
¡Viva cada membro!¡Viva cada un dos seus membros!
¡Que sempre florezan!¡Que sempre florezan!
O que vés de escoitar é o himno universitario. Letra
e música son de autor descoñecido, aínda que
coa forma actual empezouse a cantar
nalgunhas universidades alemanas no s. XVIII.
Hoxe en día emprégase como himno en todas as universidades do mundo, aínda que o poema, máis longo, tén estrofas pouco
académicas, como a seguinte.
¿Seras quen de comprender o que di?
Vivant omnes virgines, faciles,
formosae!Vivant omnes
virgines,Faciles, formosae!Vivant et mulierestenerae, amabilesbonae, laboriosae
As Universidades son producto da Europa baixomedieval e en todas elas ensinábase en latín, o que favorecía a
circulación de ideas por todo o continente. Velaquí tés os emblemas de sete universidades con cadanseu
lema en latín:
Santiago (“Selo real da Universidade Compostelana”), Lisboa (“Cara a luz”), a Universidade Nacional de Educación a
Distancia [UNED] (“A sabedoría é a máis móbil de todas as cousas móbiles”),
Oxford (“O Señor é a miña iluminación”), Sevilla (“Selo da Universidade Literaria de
Sevilla”), Valencia (“Fernando, rei dos aragoneses pola gracia de Deus / Papa Alexandre VI de Valencia”), e Tel-Aviv
(“Luz e verdade”).
A música culta cantada foi durante
moito tempo en latín, sobre todo se
era de carácter sacro.
Aquí podes ver unha partitura cun
fragmento de canto gregoriano, estilo propio da Idade
Media.A ver se coñeces as
músicas e os autores das seguintes diapositivas. E atrévete coas
letras…
Lacrimosa dies illaqua resurget ex
favillaiudicandus homo
reus.
Huic ergo parce, Deus.
Per Iesu, Domine,dona eis requiem.
Amen.
Unha das pezas musicais máis
famosas é a que W. A. Mozart
compuxo para unha misa de
requiem pouco antes de morrer, en 1791. A letra está baseada na empregada nos
funerais da liturxia católica.
Velaquí un fragmento coa
súa letra
Magoento día aquel no que rexurdirá da
cinza o home culpable para ser
xulgado.
Por iso perdóao, Deus. Por Xesús,
Señor, dálles descanso. Así sexa.
Mais en latín tamén temos música profana. A máis famosa é a dos Carmina Burana: un conxunto de poemas
latinos do s. XIII escritos por estudiantes da abadía de Benediktbeuern, preto de Munich. O seu contido é moitas
veces festivo, e mesmo erótico, o que lles deu moita sona, sobre todo a partir do s. XIX. En 1936, Carl Orff
púxolles música e converteu a seguinte peza en inmortal. É imposible que non a coñezas. Atención á letra.
O Fortuna, velut Luna
statu variabilis, semper crescis aut decrescis;
vita detestabilis nunc obdurat et tunc curat
ludo mentis aciem; egestatem, potestatem,
dissolvit ut glaciem.
Sors immanis et inanis,
rota tu volubilis, status malus,
vana salus semper dissolubilis;
obumbrata et velata
mihi quoque niteris; nunc per ludum dorsum nudum fero tui sceleris.
Sors salutis et virtutis
mihi nunc contraria; est affectus et defectus
semper in angaria; hac in hora sine mora
cordae pulsum tangite! Quod per sortem sternit fortem,
mecum omnes plangite!
Ah, Fortuna, como a Lúa
de variable estado, sempre creces ou decreces;
a detestable vida agora sosténnos
e logo agobia a nosa mente co seu xogo;
a pobreza, e a riqueza,
fúndeas como o xelo.
Sorte, [es] cruel e vana,
ti, roda inestable, de mala actitude, irreal salvación
sempre esvaéndote; ensombrecida
e oculta vés contra min;
agora, por xogar, levo o lombo nu polo teu crime.
A sorte da salvación e da virtude
están fóra do meu alcance; váiame ben
ou váiame mal sempre son o teu escravo;
nesta hora sen demora
¡tocade as cordas! Xa que pola sorte derrota ó forte,
¡chorade todos comigo!
Astérix constitúe outra mostra da pegada da cultura romana, e do seu poder de fascinación. Creado en 1959 por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (debuxos),
converteuse nun dos cómics máis lidos de todos os tempos. As súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas... E o latín non podía ser menos, ¡por Tutatis!
Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris
Italiam fato profugus Laviniaque venitlitora, multum ille et terris iactatus et
altovi superum, saevae memorem Iunonis ob
iram,multa quoque et bello passus, dum
conderet urbeminferretque deos Latio;Cántolle ás armas e ó home aquel que, fuxindo o
primeiro das beiras de Troia, veu en mans do destino cara Italia e as praias do Lacio,
empurrado por mar e terra pola forza dos deuses, e por causa da ira da cruel Xuno, que non esquece; moitas penas pasou, e mesmo
unha guerra, ata fundarunha cidade, e traer os deuses ó Lacio;
A veneración que a literatura europea sentiu por Publio Virxilio Marón (70-19
a.C.) foi máxima. A súa obra principal, a Eneida, foi a influencia fundamental
dunha inmensa lista de poetas europeos. Pensemos que Dante, na súa Divina
Comedia, escolle a Virxilio como guía na súa viaxe polo Inferno e o Purgatorio.
Ademais, aínda hoxe as aventuras de Eneas na súa
viaxe desde a arruinada Troia ata Italia son lidas por
infinidade de persoas en multitude de linguas.
Nada da literatura latina tería chegado ata nós de non ser polo labor calado
dos monxes de moitos mosteiros europeos que
durante a Idade Media se dedicaron a copiar e
conservar esas obras. Algúns dos manuscritos conservados, literarios e
doutros tipos, son auténticas obras de arte.
Cuñar moeda sempre foi unha mostra de poder. Reis e emperadores europeos facían estampar as súas efixies en
moedas, acompañadas dun lema en latín, como os emperadores romanos.
Velaquí moedas do emperador romano Augusto (27 a.C.-14 d.C.), o emperador francoalemán Carlomagno (800-814), os Reis Católicos (1479-1516), e os monarcas do Reino Unido Xurxo VI (1936-1952) e Isabel II (1952-)
O mundo do deporte aínda hoxe segue a
empregar o latín, como podes ver nesta diapositiva e na
seguinte. Arriba temos unha medalla co lema olímpico: “Máis rápido, máis alto, máis forte”. Debaixo, nun disco de hoquei sobre xeo lese “Que leve a palma (da
victoria) quen a mereza”. Por certo, o
tema era o Himno Olímpico.
Estes dous escudos pertencen a dous clubes de fútbol ingleses. No da esquerda, pertencente ó Everton F.C.
(fundado en Liverpool en 1878) lemos “Nada é abondo se non é o mellor”. O da dereita (do Blackburn Rovers, fundado en 1875) contén tamén unha divisa en latín,
que se pode traducir como “Con arte e esforzo”.
TABVLA I
SI IN IVS VOCAT, ITO. NI IT, ANTESTAMINO.
TABVLA II
CVI TESTIMONIVM DEFVERIT, IS TERTIIS DIEBVS OB PORTVM OBVAGVLATVM ITO.
TABVLA IV
SI PATER FILIVM TER VENVM DVIT, FILIVS A PATRE LIBER ESTO.
TABVLA V
VTI LEGASSIT SVPER PECVNIA TVTELAVE SVAE REI, ITA IVS ESTO. SI INTESTATO MORITVR, CVI SVVS HERES NEC ESCIT, ADGNATVS PROXIMVS FAMILIAM HABETO. SI ADGNATVS NEC ESCIT, GENTILES FAMILIAM HABENTO.
TABVLA X
HOMINEM MORTVVM IN VRBE NE SEPELITO NEVE VRITO.
TABVLA XI
<CONVBIA PLEBI CVM PATRIBVS>
LEG
ES
XII T
AB
VLA
RV
M
Desde que os plebeios conseguiron dos patricios que se consignase a lei por escrito, o Dereito tén percorrido un
longo camiño, e segue. Todo o noso sistema de convivencia baséase no imperio da lei, establecida por escrito, non dunha persoa ou un grupo social. Todo iso comezou co
Dereito Romano, base do Dereito occidental actual.
En fin: o latín segue vivo tamén en multitude de expresións que aínda
lemos e empregamos a cotío, moitas veces sen
decatarnos da súa procedencia.
Ánimo para este curso, xa que
Audaces Fortuna iuvat
(“A Fortuna axuda ós audaces”)
top related