que é un mapa

Post on 05-Dec-2014

828 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Que é un mapa e como se usa

TRANSCRIPT

QUE É UN MAPA?QUE É UN MAPA?

Para que sirve?, Como se fai? Como se usa…

Isto implica solucionar 3 problemas:

Facer un mapa consiste en representar unha superficie real nunha superficie reducida

-1) Representar un espacio máis grande sobre un máis pequeno. Para iso úsase a escala.

-2) Representar un espacio esférico sobre un plano, úsanse Os sistemas de proxección.

- 3) Representar un espacio tridimensional sobre un bidimensional: Os sistemas topográficos.

A escala aparece en todos os mapas e dinos que unha unidade medida no mapa equivale (por exem.) a 25.000 de esas unidades na realidade. Como os mapas son de pequeno tamaño, a unidade que usamos é o centímetro, deste xeito nun mapa de escala 1: 25.000, 1 cm no mapa equivalen a 25.000 cms na realidade, é dicir 250 mtr. ou 0,25 km.

Dixemos que un mapa representa unha realidade maior nunha superficie máis pequena. A proporción desa redución está indicada pola escala

Exprésase deste xeito: 1: 25.000 , 1: 1.000.000 ,1: 20.000.000…. Como poderás comprobar, canto maior sexa a escala do mapa, máis superficie representa.

CAMBADOS. MAPA TOPOGRÁFICO Escala 1: 25:000

Captura de pantalla visor SIGPAC http://sigpac.mapa.es/fega/visor/Vexamos este mapa de Cambados. A distancia aprox. entre a torre de S. Sadurniño e a rotonda de Vilariño é de 8,5 cm. Polo tanto a distancia real a calcularemos multiplicando 8,5 x 25.000 (escala do mapa), o resultado o convertimos a mtrs= 2.125 mts. ou 2,1 kms.

Tamén aparece nos mapas a Escala Gráfica

Imaxe: http://www.ieslasllamas.com/orientacion/DibusOri/escala.jpg

Esta escala gráfica corresponde a un mapa de escala numérica 1: 100.000. Nela temos feita a conversión do número da escala ao que representa na realidade dese mapa.

Nesta escala gráfica cada centímetro no mapa equivale a 1 km na realidade (100.000 ou 1000 mts), e tal como se indica, ese segmento de10cms son 10 kms. Comparando ese segmento con distancias medidas no mapa temos unha idea de a que distancias reais corresponde.

Como o planeta terra é unha esfera, a súa superficie é curva e polo tanto representala nun mapa implica sempre unha distorsión. Esta distorsión é maior, canto maior sexa a superficie a representar. É inapreciable para superficies pequenas, por exem. unha cidade, falamos entón de planos, en vez de mapas; pero implica unha deformación moi grande se se trata dun continente ou de todo o globo terrestre.

Para evitar (algo) estas deformacións úsanse as proxeccións cartográficas. Consisten en proxectar unha porción da superficie terrestre sobre unha figura curva (un cono, un cilindro… que logo resulte máis doado despregar que unha esfera ) ou sobre outro plano. Estas proxeccións fannas os cartógrafos.

QUE SON AS PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS?

A)CILÍNDRICAS

Representa bastante ben a zona central da terra (Ecuador) pero deforma as latitudes polares, que aparecen máis grandes do que son.

Un dos mapas máis utilizados con esta proxección

é o de Mercator , feito no s. XVI.

MAPA DE MERCATOR dominio público-http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Mercator_1569.png/800px-Mercator_1569.png

PROXECCIÓN CILÍNDRICA Trarod-http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/52/Projection_cylindrique.jpg- CC-BY-SA

TIPOS DE PROXECCIÓNS:

É un tipo de proxección conforme, é dicir, respecta a forma dos continentes pero non o tamaño. Foi moi utilizada para a navegación en barco.

O mapa de Peters (no s. XIX) tamén se basea nunha proxección cilíndrica. Foi feito para evitar as deformacións das latitudes polares. Neste caso é unha proxección equivalente, é dicir respecta o tamaño pero non a forma.

MAPA DE PETERSSTREBE- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Gall%E2%80%93Peters_projection_SW.jpg/800px-Gall%E2%80%93Peters_projection_SW.jpg- CC-BY-SA

No seguinte enlace pódese ver un video dunha coñecida serie de televisión, no que se fala das características destes dous tipos de mapas e os seus problemas: http://www.youtube.com/watch?v=pC4MwdqYeCI

B) CÓNICAS

Proxéctase a superficie terrestre sobre un cono, cuxo eixe coincide co eixe terrestre. É a mellor para representar as latitudes medias ou temperadas.

C) PLANAS OU CENITAIS

Proxéctase a superficie terrestre sobre un plano tanxente. Obtense unha imaxe como se se vise a terra dende o exterior ou o interior. É a máis adecuada para representar os polos

PROXECCIÓN CÓNICATRAROD- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/85/Projection_conique.jpg- CC-BY-SA

PROXECCIÓN CENITALTRAROD- http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5d/Projection_azimutale_gnomonique.jpg- CC-BY-SA

Na actualidade a maior parte dos mapas fanse con combinacións das proxeccións anteriores. Son as proxeccións modificadas. É o caso da proxección de Winkel-Tripel, que é unha proxección cenital ou azimutal modificada., usada pola National Geographical Society.

MAPA DE WINKEL-TRIPELDOMINIO PÚBLICO-

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Winkel-tripel-projection.jpg/800px-Winkel-tripel-projection.jpg

A TOPOGRAFÍA

Os mapas teñen dúas dimensións (lonxitude e altura) pero a realidade é tridimensional.

Para reflectir esa realidade represéntanse no mapa diferentes cores, úsanse os verdes para as zonas máis baixas e marróns, violetas e brancos, para as máis altas.

MAPA DOS ALPES PERCONTE-http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Alpenrelief_01.jpg/768px-Alpenrelief_01.jpg- CC-BY-SA

Pero o xeito máis exacto de representar a altura é mediante isohipsas, ou curvas de nivel, que son as liñas que unen puntos de igual altura

Cada unha desas liñas ten un valor exacto que neste croquis a escala 1:250.000 é múltiplo de 100. Se as curvas de nivel están moi xuntas indican forte desnivel, se están moi separadas, unha zona chá.

A imaxe anterior e esta son croquis simplificados. Os mapas topográficos son un pouco máis complexos, porque a realidade que representan tamén o é, pero seguro que sodes capaces de entendelos.

As curvas de nivel están á mesma distancia, son equidistantes. O seu valor é diferente segundo a escala do mapa. No de escala 1:25.000 as que son múltiplos exactos de 50 son as chamadas curvas mestras. Son as únicas que teñen o seu valor indicado e teñen un trazo marrón máis groso. As liñas máis finas corresponden a múltiplos de 10.

Fíxate neste croquis. As formas do relevo e as súas alturas (un pequeño outeiro e unha zona afundida ) represéntanse no mapa mediante as curvas de nivel. As curvas mestras van de 100 en 100, as outras de 20 en 20. Se a altura vai diminuíndo dende o centro estamos nunha zona alta. Se diminúe cara o centro estamos nunha zona baixa.

Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/- CC-BY-SA

MAPA TOPOGRÁFICO DE CAMBADOS, escala aprox. 1:25.000, fonte: SIGPAC.Corresponde coa desembocadura do río Umia, unha zona bastante chá. As cotas (puntos con datos numéricos) indican a altura dalgúns lugares: á beira do río,1e 4 metros de altura. Monterrei (32 mts) e xa máis ao norte (todos os mapas están orientados cara o norte) o Miradoiro da Pastora (56 mts) é o punto máis alto. As liñas non indican valores exactos, senón múltiplos e como non hai ningunha liña mestra á vista, deduciremos o seu valor. Así en Monterrei arredor da cota de 32, hai 3 liñas. Por tanto o seu valor será de 30, 20 e 10 mts, corresponde a un pequeño outeiro.

A partir dun mapa topográfico podemos facer un corte ou perfil topográfico, proxectando os valores das curvas de nivel sobre uns eixes

Debuxo: Isaac Buzo- http://www.isaacbuzo.com/- CC-BY-SA

Queres saber máis?

O desenvolvemento recente dos satélites e a teledetección permiten aos cartógrafos usar as fotos aéreas para facer os mapas. Nesta imaxe inferior temos a ortofoto (SIGPAC) que corresponde co mapa topográfico de Cambados anterior

Así mesmo as posibilidades que aportan as novas tecnoloxías informáticas permiten ter unha enorme cantidade de datos sobre o territorio que se poden integrar no mapa. Deste xeito nacen os Sistemas de Información Xeográficos (SIX, SIG ou GIS en inglés) que integran a información sobre o territorio e tamén bases de datos sobre cultivos, vexetación, tipos de rochas… Hai sistemas de información que se poden consultar doadamente na rede como SIGPAC, do Ministerio de Agricultura ou IBERPIX, do Instituto Geográfico Nacional (IGN) algo máis potente pero tamén máis lento se hai moito tráfico en internet.

A barra de ferramentas superior permite facer medicións de distancias e superficies, na esquina esquerda indica coordenadas de cada punto, na barra dereita seleccionando capas é posible visualizar fotos, mapas, árbores, cultivos… FOTO SIGPAC

Outra potente ferramenta baseada nas SIX é Google Earth, que pode descargarse libremente en formato Google Free (hai outras versións de pago).

GOOGLE EARTH

Foto: http://www.eduteka.org/GoogleEarth2.php

As posibilidades que permite Google Earth para o estudo da xeografía son amplísimas e intentaremos aproveitalas ao longo destas unidades didácticas. Neste titorial explícase como funciona: http://vimeo.com/14004364

Por exemplo:

-Permite traballar as coordenadas xeográficas e facer exercicios de localización: en ver na barra do menu permite visualizar a cuadrícula de todos os meridianos e paralelos.

-Activando a capa galería (esquina inferior esquerda) e situándonos nunha escala pequena, ábrese un amplio abano de iconos que mostran a localización de terremotos, volcáns, imaxes e información da NASA, da axencia espacial europea, fotografías panorámicas de 360º, rutas en bicicleta ou a pe (wikiloc), África a vista de paxaro de National Geographic con enlaces a fotos, videos, sonidos…

AS POSIBILIDADES SON ENORMES!

Dereitos de autor

Que é un mapa?. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:

Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Créditos e autoría:Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas:Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

top related