proposta de actividades de lingua inglesa para o … · 1. escoitamos e cantamos varias veces a...
Post on 06-Jul-2020
0 Views
Preview:
TRANSCRIPT
PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE LINGUA INGLESA PARA O CURSO 3ºB DE ED. PRIMARIA
Mércores, 30 de marzo de 2020
1. Escoitamos e cantamos varias veces a canción nº 9 do CD de audio de Inglés titulada
‘Food chant’. A primeira vez que a poñemos é importante só escoitala en silencio absoluto,
sen cantar.
2. Facemos a Ficha imprimible nº 1. Recortamos o vocabulario e pegámolo nunha folla. A
continuación escribimos o significado de cada unha das palabras e facemos un debuxo que
o ilustre.
3. Facemos a actividade nº1 da Ficha imprimible nº 2. Coloreamos os debuxos e rodeamos
o nome que identifica a cada alimento.
4. Facemos a actividade nº 2 da Ficha imprimible nº 2. Coloreamos os alimentos e
escribimos os nomes de cada un deles nos espazos que aparecen.
Xoves, 2 de Abril de 2020
1. Escoitamos e cantamos varias veces a canción nº 9 titulada ‘Food chant’ e a canción nº
10 do CD de audio de Inglés titulada ‘I like space food’. A primeira vez que as poñemos é
importante só escoitalas en silencio absoluto, sen cantar.
2. Facemos a actividade nº 1 da Ficha imprimible nº 3. Coloreamos os alimentos e
escribimos o número que lle corresponde a cada debuxo.
3. Facemos a actividade nº 2 da Ficha imprimible nº 3. Coloreamos os alimentos e
completamos as oracións das viñetas de cada personaxe cos nomes dos alimentos que
cada un deles ten nas mans. Na última viñeta cada alumno/a debúxase a sí mesmo/a con
un alimento en cada man e completa a oración.
4. Facemos a actividade nº 1 da Ficha imprimible nº 4. Coloreamos os alimentos e
completamos con un tick (v) ou un cross (x) cada unha das oracións de Mia e de Tom, tendo
en conta que alimentos lles gustan e cales non lles gustan a cada un deles.
5. Facemos a actividade nº 2 da Ficha imprimible nº 4. Coloreamos os alimentos e
completamos seguindo a orde na que aparecen os alimentos da ilustración e despois cada
alumno/a contesta en función dos seus gustos sobre cada alimento.
Venres, 3 de Abril de 2020
1. Escoitamos e cantamos varias veces a canción nº 9 titulada ‘Food chant’ e a canción nº
10 do CD de audio de Inglés titulada ‘I like space food’. A primeira vez que as poñemos é
importante só escoitalas en silencio absoluto, sen cantar.
2. Facemos a actividade nº 1 da Ficha imprimible nº 5. Coloreamos os alimentos e unimos
as tres palabras que forman a oración que representa a ilustración. En función de cal sexa
o suxeito da oración haberá que seleccionar a terminación correcta do verbo.
3. Facemos a actividade nº 2 da Ficha imprimible nº 5. Coloreamos os alimentos e pintamos
o camiño a percorrer de principio a fin. A continuación completamos as preguntas na
mesma orde na que van aparecendo os alimentos no percorrido e por último o/a alumno/a
contesta de forma afirmativa ou negativa en función dos seus gustos.
4. Facemos a Ficha imprimible nº 6. Coloreamos e recortamos os debuxos. A continuación
colocamos cada ilustración no seu lugar tendo en conta a información que conteñen as
oracións que aparecen dentro da nave espacial. Por último, plegamos a nave espacial e
pegamos as dúas metades formando a nave completa.
ENLACES WEB DE INTERESE PARA INGLÉS 3º E. PRIMARIA
https://englishflashgames.blogspot.com/2008/09/food-game.html
https://www.digitaldialects.com/English/Food.htm
https://www.digitaldialects.com/English/Food_words.htm
https://www.digitaldialects.com/English/Food_audio.htm
https://www.digitaldialects.com/English/Fruit.htm
https://www.digitaldialects.com/English/Fruit_words.htm
https://www.digitaldialects.com/English/Fruit_audio.htm
http://chillola.com/at/milk%20english.html
http://chillola.com/at/apple%20english.html
http://chillola.com/at/beans%20english.html
http://weib.caib.es/Recursos/diccionaris_audiovisuals/ester_cardenas/plantilla.html
http://www.letshavefunwithenglish.com/vocabulary/food/food_pictures_words1.htm
http://www.letshavefunwithenglish.com/vocabulary/junk_food/vocabulary.html
http://www.letshavefunwithenglish.com/vocabulary/junk_food/junk_food_pictures_words1.htm
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1224744705959&idContent=45814&local
e=es_ES&textOnly=false
Ficha imprimible nº 1 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Ficha imprimible nº 2 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Ficha imprimible nº 3 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Ficha imprimible nº 4 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Ficha imprimible nº 5 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Ficha imprimible nº 6 para o Curso 3º B de Educación Primaria.
Solución da Ficha imprimible nº 1 para o Curso 3º B de Educación Primaria
Solución da Ficha imprimible nº 2 para o Curso 3º B de Educación Primaria
Solución da Ficha imprimible nº 3 para o Curso 3º B de Educación Primaria
Solución da Ficha imprimible nº 4 para o Curso 3º B de Educación Primaria
Solución da Ficha imprimible nº 5 para o Curso 3º B de Educación Primaria
Solución da Ficha imprimible nº 6 para o Curso 3º B de Educación Primaria
top related