programación da formación de usuarios do ceip victor saenz
Post on 25-Mar-2016
222 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 1
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 2
EDUCACIÓN INFANTIL
OBXECTIVOS Os alumnos e alumnas deberán ser capaces de:
1. Recoñecer a biblioteca como un espazo diferente ao do resto das
dependencias do colexio.
a) Descubrir os materiais que forman parte dunha biblioteca: libros de
literatura infantil, enciclopedias, dicionarios, revistas, discos, vídeos, etc.
b) Recoñecer os documentos que poden aparecer na biblioteca a partir das
súas características esenciais: impresos, electrónicos, audiovisuais.
2. Coñecer as normas de comportamento básicas da biblioteca: silencio, orde e
limpeza/hixiene/coidado.
a) Manipular correctamente os materiais.
3. Desenvolver o gusto pola lectura.
a) Coñecer as actividades que se poden desenvolver nunha biblioteca: ler,
contar contos, ver libros, escoitar música, ver unha película ou un
documental...
b) Escoitar contos
c) Participar nas actividades de animación á lectura que se desenvolvan na
biblioteca.
4. Considerar a biblioteca como unha fonte de información.
5. Crear a necesidade de consulta de información nos rapaces.
6. Familiarizarse co sistema de ordenación dos materiais dunha biblioteca.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 3
a) Distinguir entre libros de ficción e libros de información e a súa
localización na biblioteca
b) Localizar na biblioteca do centro os libros para Prelectores (baldas
azuis) e Primeiros Lectores (baldas azuis) .
c) Colocar correctamente os libros nos estantes (co lombo para fora).
7. Coñecer a portada e o lomo dos libros
8. Diferenciar entre autor e título
CONTIDOS
1. Sinalización da biblioteca escolar.
2. Normas de uso da biblioteca.
3. Clasificación dos libros adaptados á súa idade (Prelectores e Primeiros
Lectores).
4. Escoita atenta dun conto
5. Libros de ficción e libros de información.
6. Portada e lomo dos libros
7. Autor e título dos libros.
8. Valoración da lectura como fonte de información e diversión.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
1. Ser quen de recoñecer os libros da súa idade e a súa localización na
biblioteca.
2. Ser quen de comprender e utilizar clasificación dos libros da súa idade.
3. Empregar de forma autónoma os servizos de empréstito
4. Saber recoñecer os libros de información e distinguilos dos de ficción.
5. Distinguir nun libro a portada e o lombo.
6. Distinguir nun libro entre autor e título.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 4
ACTIVIDADES Establecerase un horario semanal fixo para acudir a biblioteca e participarase en
todas as actividades organizadas dende a biblioteca que estean adaptadas á súa
idade.
1. Recoñecer a biblioteca.
- Que é unha biblioteca?
Amosaráselles diferentes fotografías/debuxos de distintas dependencias do
colexio. Preguntaráselle ao alumnado cal corresponde á biblioteca. A partir de
entón, establecerase un diálogo co que trataremos de extraer as ideas previas
que teñen os rapaces sobre: que bibliotecas coñecen, que hai nelas, para que
serven, como se ordenan os libros, para que serven os libros…
-Presentación da nosa biblioteca.
Visitaremos a biblioteca do cole. Deixaráselles explorala indicándolles en
que deben fixarse: nos distintos espazos da biblioteca, as cores dos estantes,
carteis, a margarida da CDU, a decoración… Explicaráselles cales son as normas
de comportamento básicas da biblioteca. Se lles indicará cales son os estantes
onde están colocados os libros axeitados para eles (baldas azuis para Prelectores
e baldas vermellas para Primeiros Lectores
2. Comportamento e coidado dos libros.
-Darémoslles varios debuxos para que coloreen aqueles nos que a mascota
da nosa biblioteca se está comportando correctamente. Nos debuxos aparece
Rosiña comendo, Rosiña xogando cun balón, Rosiña berrando... Pero tamén lendo
un libro correctamente, colocando as cousas no seu lugar, etc.
-Explicaráselles cómo temos que tratar os libros: pasar as páxinas con
coidado, non manchalos, non rompelos...En material impreso plasmaremos
debuxos ou viñetas que fagan alusión ao coidado do material co que contamos.
Identificarán e colorearán aquelas nas que se recoñece o bo coidado do material.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 5
3. Actividades en torno aos contos:
-Lerémolles contos no recuncho dos contos da biblioteca. Unhas veces
escolleremos os profes os contos e outras serán eles os que elixan. A partir de aí,
poderemos plantexar diferentes actividades: volver a contalos entre todos e
buscarlles outro desenlace, ordear un conto coñecido a partir das súas imaxes,
inventar contos a partir de imaxes, dramatizar os contos…
4. Actividades en torno á organización dos fondos:
-Debate:
Preguntarémoslles aos rapaces se saben como buscar na biblioteca un libro sobre
un tema concreto? O obxectivo é que cheguen a conclusión de que é necesario
que organizar os espazos e os materiais.
-Portada e lombo dos libros:
Explicarémoslles o que é a portada e o lombo do libro. Farémoslles ver que aínda
que na biblioteca da súa aula os libros se colocan ca portada visible na biblioteca
a case todos os libros tan só se lles ve o lombo cando están colocados nas baldas.
Darémoslles libros da súa sección para que os coloque nas baldas correctamente
(lombo para fóra, con coidado para que non se dobren as tapas ou as follas...)
-Título e autor dun libro:
Explicaráselles aos alumnos a diferenza entre o título e o autor do libro. Logo
buscaremos nas portadas dos contos cales son os títulos e cales os autores
guiándonos un pouco polo tamaño das letras.
O profesor/a irá lendo en voz alta títulos e autores de libros e eles terán que
dicir de qué se trata, se dun título ou un autor.
Despois inventarán títulos para distintos contos que lles lerá o mestre/a.
Seguidamente cubrirán unha ficha na que terán que subliñar de vermello o título
do libro e de azul o nome do autor. (Ficha coa fotocopia de portadas de distintos
libros)
-Empréstito:
Practicaremos o sistema de empréstito co alumnado. De momento na nosa
biblioteca o empréstito é manual pois aínda non está toda catalogada. Do que se
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 6
trata é de que os rapaces saiban que se queren coller un libro, poden facelo na
hora de biblioteca da súa titoría ou no recreo da mañá. Poderán escollelo eles
mesmos nas seccións que xa coñecen (azul e vermella no caso dos libros de
ficción) e logo deberán ir a onde o mestre/a que estea de garda na biblioteca
para que llo anote no libro de rexistro. Tamén deben acudir ao mestre/a para a
súa devolución. Non é preciso que eles coloquen os libros que devolven. Diso xa
se ocuparán os mestres ou os alumnos colaboradores da biblioteca.
- Marcaposicións
Ensinaráselles aos rapaces como usar os marcaposicións confeccionados para
cada alumno e que teñen a función de manter a orde dos fondos da biblioteca.
Cada neno conta cun marcaposicións que estará á súa disposición na biblioteca e
que leva a súa fotografía. Cando collan un libro nas baldas deixarán o seu
marcaposicións no seu lugar e cando queiran devolvelo tan só teñen que buscar o
seu marcaposicións e colocar no seu lugar o libro que colleran.
-Clasificamos libros
Organizaremos o grupo en equipos de 3. Entregarémoslles a cada equipo media
ducia libros tres de información e tres de ficción. Deixaremos que os examinen e
que falen sobre eles. Despois pedímoslles que os clasifiquen en dúas categorías:
os que contan historias e os que falan da realidade. Deben chegar a un acordo na
clasificación e facer dous montóns.
-Nós tamén somos escritores e escribimos un conto para a biblioteca.
O grupo-aula inventará un conto colectivo que escribirá ca axuda do mestre/a e
que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores.
Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos
seus fondos.
- Nós tamén somos escritores e escribimos un libro de información para a
biblioteca.
O grupo-aula escribirá un libro informativo moi sinxelo que escribirá ca axuda do
mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os
autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar
parte dos seus fondos.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 7
1º CICLO DE PRIMARIA
OBXECTIVOS Os alumnos e alumnas deberán ser capaces de:
1. Entender a biblioteca como centro de recursos do colexio e como servizo para
toda a comunidade.
a) Coñecer o espazo da biblioteca e as distintas seccións.
b) Coñecer as funcións da biblioteca e os seus servizos: consulta, sala de
lectura, préstamo...
c) Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.
2. Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha
biblioteca.
a) Respectar as normas establecidas na biblioteca,
b) Respecta e coidar os materiais.
c) Coñecer as normas de utilización da sala de lectura, onde colocar os
libros que se len (utilización dos “marcaposicións”)
3. Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o
ocio.
a) Diferenciar entre documentos de información e os de ficción. Observar
o diferente tratamento temático nuns e outros.
b) Coñecer o lugar no que están ubicados dentro da biblioteca os fondos
de consulta e os de ficción.
4. Buscar e localizar información dentro da biblioteca.
a) Localizar na biblioteca do centro os libros para Prelectores (baldas
azuis), Primeiros Lectores (baldas azuis) e Lectores Autónomos (baldas
verdes) e coñecer o seu sistema de organización.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 8
b) Comprender e utiliza-lo sistema de clasificación e organización da
colección empregando a margarida da CDU e baseándonos nas súas
cores e pictogramas.
c) Colocar correctamente os libros nos estantes
d) Coñecer a existencia de catálogos e a súa función.
e) Coñecer o concepto de sinatura como sistema para localizar
documentos.
5. Coñecer e utilizar axeitadamente os documentos.
a) Recoñecer as partes físicas dun libro: cuberta, lombo, portada e
contraportada
b) Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título,
editorial, ilustrador
c) Diferenciar as funcións de autor e ilustrador.
d) Establecer relacións entre as imaxes e a información entender as imaxes
como fontes de información.
CONTIDOS
1. Distribución do material dentro da biblioteca do centro.
2. As normas da biblioteca.
3. Servizos da biblioteca: préstamo, sala de lectura.
4. Libros de información e de ficción.
5. A CDU: cores e pictogramas.
6. Os catálogos.
7. Elementos identificativos dun libro: autor, ilustrador, editorial
8. Partes físicas dun libro.
9. Imaxes e textos: descrición e asociación.
10. A biblioteca como centro de recursos, lugar de información e ocio:
valoración, respecto e coidado da mesma.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 9
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
1. Identifica os diferentes espazos da biblioteca e os servizos que ofrece.
2. Respecta as normas de comportamento e uso establecidas para a biblioteca.
3. Emprega de forma autónoma os servizos de empréstito
4. Emprega de forma autónoma os marcaposicións.
5. Recoñece os libros de información e distinguilos dos de ficción.
6. Recoñece os fondos para prelectores, primeiros lectores e lectores autónomos
e a súa localización na biblioteca.
7. Busca un libro concreto no estante de primeiros lectores mirando a etiqueta.
8. Localiza as baldas onde atopar libros de animais, plantas, medios de
transporte, atlas, dicionarios, deportes, manualidades, fotografía, corpo
humano,… apoiándose nas cores e pictogramas das CDU.
9. Distingue nun libro a cuberta, lombo, portada e contraportada
10. Identifica nun libro: o título, autor, ilustrador e editorial.
ACTIVIDADES Establecerase un horario semanal fixo para acudir a biblioteca e participarase en
todas as actividades organizadas dende a biblioteca que estean adaptadas á súa
idade.
1. Entender a biblioteca como centro de recursos do colexio e como servizo para
toda a comunidade.
-Visitar a biblioteca do centro e dicir todo o que sabemos sobre ela: que
hai na biblioteca, para que imos a unha biblioteca, onde se atopan os libros para
os máis pequenos, por que hai estanterías e/ou etiquetas de distintas cores...
-Comentar en grupo que cousas podemos facer na biblioteca: ler, consultar
libros sobre temas determinados, levar libros en servizo de préstamo, etc.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 10
-Explicarlles que persoas poden ir á biblioteca do noso centro: ademais dos
mestres e todo o alumnado, a biblioteca tamén está aberta ao resto das persoas
que forman parte da comunidade educativa (mestres/as, nais, pais, persoal non
docente...)
-Práctica de bibliotecario/a: Nas distintas sesións dedicadas á formación
de usuarios o alumando organizarase por quendas para interpretar o papel de
bibliotecario/a. Trátase de que entendan como funciona este servizo e de que
sexan observadores e coidadosos co material, xa que ademais de apuntar a data
de entrega e devolución, o libro ten que ser revisado para asegurarnos de que a
persoa que o levou o devolve nas mesmas condicións. Falaremos así da
importancia de coidar o material.
2. Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha
biblioteca.
-Que é o marcaposicións e para que serve. Sinalar a importancia da súa
utilización para que a biblioteca estea ordenada.
-Normas da biblioteca (pódese empregar o material de Infantil, xa que o
alumnado do 1º ciclo é a primeira vez que asiste a sesións de formación de
usuarios da biblioteca).
3. Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o
ocio.
-Os carteis. Explicación do que significan os rótulos da biblioteca “Libros
de ficción” e “Libros de Consulta”.
-Colocar diferentes libros no seu lugar correspondente tendo en conta os
dous grandes grupos anteriores.
-Elixir un tema e observar como un libro de ficción e un libro de consulta
tratan ese tema de xeito diferente. Que conclusións sacamos? Por exemplo, un
conto sobre animais e un libro informativo sobre o mesmo tema.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 11
4. Buscar e localizar información dentro da biblioteca.
-Explicarlles onde se atopan os libros dos máis pequenos, e como se
colocan. Darlles algúns para que os poñan eles mesmos no estante
correspondente.
-Preguntarlles de onde collen eles os libros. A maioría faino no estante
vermello, que é onde se colocan os libros de ficción dos “primeiros lectores”.
Explicarémoslles como están organizados e mandarémoslles coller algúns dos que
xa están catalogados.
-Presentar a margarida da CDU: explicarlles a necesidade de
organización dos fondos e o sistema da CDU; que é e para que serve. Faremos
especial fincapé nas cores e nos pictogramas. Empregaremos a nomenclatura
máis sinxela e adaptada que xa se amosa nas etiquetas para que o alumnado
comprenda correctamente as distintas seccións. ( Por exemplo, a sección número
1 corresponde a “Filosofía. Psicoloxía. Ética”. Nós empregaremos unha
nomenclatura máis axeitada ao vocabulario dos rapaces de 1º ciclo: “1. Pensar e
coñecerse”.
A continuación cada alumno collerá unha tarxeta. Nela indicarase o tipo de libro
que precisa buscar (por exemplo, libros sobre medios de transporte). Irá á CDU e
dirá onde están os libros sinalados. Buscaraos na biblioteca. Á inversa, cada
alumno terá un libro que deberá colocar no seu lugar correspondente, fixándose
na CDU. Ao principio empregaremos temas sinxelos moi relacionados cos contidos
traballados na aula e dos que na roda da CDU, facilitándolles así a busca.
-Observar as etiquetas deses libros, e ver a diferenzas con outros. Explicarlles
que é o que aparece na etiquetas. Despois, faremos unha proba: cada alumno ten
os datos dun libro (autor, título, idioma) co que confeccionará unha etiqueta a
man (con folios de cores). Despois, diremos onde colocariamos ese libro no
estante.
-Ensinarlles a buscar un libro xa catalogado no catálogo Meiga polo título.
5. Coñecer e utilizar axeitadamente os documentos.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 12
-Describir un libro fisicamente, empregando o vocabulario axeitado: que é
a cuberta, cal é o lombo, cal a portada e contraportada, que son as páxinas, que
é e para que serve o índice. Fixarse moito nas cousas que aparecen en cada unha
desas partes.
Practicaremos en grupos pequenos, e cando teñan certa autonomía cada alumno
cubrirá unha ficha onde aparecen todas esas partes que deberán nomear.
-Que identifica aos libros e outros documentos?; por que son diferentes uns
doutros? Que observen libros e textos diferentes. A través deles, como se titula,
quen é o autor, o ilustrador e a editorial. Practicaremos en parellas, con libros
nos que esta información sexa ben visible, aínda que despois poidamos
explicarlles (con exemplos) que hai libros que teñen algúns datos no seu interior.
-Fixarse nun libro no que apareza na portada o nome do autor e do
ilustrador. Preguntar se coñecen en que consiste cada unha desas funcións.
Explicalas en gran grupo e xogar a ser esas dúas profesións: unha actividade
consistirá en entregarlles a todos as mesmas ilustracións, e terán que ser os
autores da historia que alí se imaxinen. Observar ao final a diversidade de
historias que poden xurdir (se fora o caso). A outra actividade consistirá en
ilustrar un mesmo texto para todos. Igualmente, ver os resultados de todos.
-Elixir un libro e fixarse nas súas ilustracións. En grupos, expoñerán as
opinións que poidan ter sobre as imaxes que aparecen nun libro. Despois
comprobamos entre todos se acertamos ou non. Para esta actividade
empregaranse imaxes que sexan moi fieis ao texto e outras que “despisten” un
pouco máis, co fin de decatarse da importancia que ten ler (as imaxes e os
textos).
-Nós tamén somos escritores e escribimos un conto para a biblioteca.
O grupo-aula inventará un conto colectivo que escribirá ca axuda do mestre/a e
que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores.
Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos
seus fondos.
- Nós tamén somos escritores e escribimos un libro de información para a
biblioteca.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 13
O grupo-aula escribirá un libro informativo moi sinxelo que escribirá ca axuda do
mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os
autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar
parte dos seus fondos.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 14
2º CICLO DE PRIMARIA OBXECTIVOS 1) Coñecer a función dunha biblioteca e utilizar axeitadamente os recursos que
pode proporcionar.
2) Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunca
biblioteca.
3) Domina-lo espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos.
4) Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.
5) Adquiri-lo hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o
ocio.
6) Distinguir un libro de información de un libro de ficción.
7) Comprender e utilizar o sistema de clasificación e de organización da
colección, a C.D.U.
8) Coñecer o concepto de sinatura como sistema de localización dos
documentos.
9) Localizalos documentos dentro dos estantes.
10) Coñecela función dos distintos sistemas de busca da información e aplicalos.
11) Recoñecer algunhas partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada,
contraportada, gardas e sobrecubertas.
12) Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título,
ilustrador, editorial, colección.
13) Manexalas fontes de información propias da súa idade e utilizalas
correctamente: dicionarios, enciclopedias.
14) Utilizar correctamente os instrumentos de recuperación da información:
sumarios e índices.
15) Coñecer os sistemas de presentación e organización gráfica da información:
imaxes/pés de páxina ou de fotos.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 15
CONTIDOS
1) Organización da colección dentro da biblioteca: C.D.U.
2) Servizos da biblioteca.
3) Sistema e condicións de préstamo.
4) As normas da biblioteca.
5) Libros de información e libros de ficción.
6) O catálogo MEIGA.
7) Partes físicas de un libro.
8) Elementos de identificación dun libro: autos, ilustrador, editorial e colección.
9) Tipos de lectores.
10) Diferenza entre dicionarios e enciclopedias, e o seu uso.
11) Sumario e índice.
12) Imaxes e pés de páxina ou de fotos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1) Domina o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos.
2) Adquiriu e respecta as normas e hábitos relacionados co comportamento que
se debe manter nunca biblioteca.
3) Sabe solicitar un préstamo da biblioteca.
4) Distingue un libro de información de un libro de ficción.
5) Coñece os distintos apartados da C.D.U. e é capaz de clasificar un libro no
apartado correspondente.
6) Localiza un libro baseándose na súa sinatura e empreñando as etiquetas.
7) É capaz de buscar no catálogo meiga por autor e título.
8) Identifica as partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada,
garda e sobrecubertas.
9) Identifica nun documento: autor, título, ilustrador, editorial, colección.
10) Distingue e emprega correctamente un dicionario e unha enciclopedia.
11) Sabe buscar información nos índices e sumarios dos libros.
12) Establece relacións axeitadas entre a imaxe e a información.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 16
ACTIVIDADES Actividades de activación de coñecementos previos:
1) Que é unha biblioteca e que hai nela.
Establecerase un debate para recabar información sobre o concepto que os
alumnos teñen da biblioteca, da súa organización e dos distintos tipos de
soportes que poden ter os fondos da biblioteca . Despois faráselles ver porque é
necesaria a biblioteca e a necesidade de coñecer a súa organización e
funcinamento.
2) Normas para a súa utilización.
En gran grupo, plantexámoslles aos nenos a necesidade dunhas normas de
conduta para a utilización da biblioteca. A través dun remuíño de ideas que vaian
xurdindo entre os alumnos, coa moderación do/a titor/a, vanse anotando na
pizarra todas as normas que vaian xurdindo previa xustificación da idea
plantexada. Ao remate, e cando xa se teña un certo número de propostas,
debateranse tendo en ese momento gran importancia o papel moderador do
mestre. De ahí sairán entre 8 ou 10 normas fundamentais que rexerán o
comportamento dos rapaces na biblioteca. Con estas normas e as do resto dos
ciclos, chegaremos á elaboración das definitivas normas que rexerán o uso diario
da biblioteca.
3) Microespazos.
Entregarémoslles aos rapaces un plano da biblioteca onde terán que situar os
distintos microespazos: zona de xestión e préstamo, zona de consulta, zona de
ficción, zona de traballo, zona de acceso a internet, zona de lectura informal,
zona de audio-visuais.
Actividades de desenvolvemento:
1. Empréstito.
Mentres a biblioteca non estea totalmente catalogada, o empréstito realizarase
de xeito manual, polo que lles ensinaremos aos nenos o manexo dos libros de
rexistro. É importante que os rapaces saiban que para coller un libro deberán de
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 17
acudir ao mestre que nese intre se atope na biblioteca para que os libros sexan
rexistrados antes de levalos para a casa. Tamén deben saber que para facer a
devolución, deben seguir o mesmo procedemento.
Os rapaces tamén aprenderán a facer os empréstitos eles mesmos simulando ser
os bibliotecarios.
Cando a biblioteca teña a sección de fondos de ficción xa catalogada iniciarase o
empréstito co Meiga e ensinarase ao alumnado a facer o empréstito co lector de
código de barras e o Meiga.
2. Libros de información e libros de ficción
Entregaremos aos alumnos un lote de libros nos cales atoparemos libros de
ficción e formativos. Revisarán os libros e responderán ás seguintes preguntas:
Todos os libros tratan do mesmo tema?
Todos os libros tratan o tema do mesmo xeito?
Separa os libros en dous montóns: os de ficción a un lado e os de información a
outro.
Distingues dentro da biblioteca as dúas zonas onde se sitúan estes tipos de libros?
3. Ubicación dos libros de ficción.
Explicarémoslles aos rapaces a clasificación dos libros de ficción en función dos
tipos de lectores: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores
expertos e lectores adultos. Tamén se lles explicará a asignación de cores e a
organización alfabética segundo o primeiro apelido do autor. Tratase de que os
rapaces comprendan o significado da sinatura e a etiqueta do libro. A
continuación entregaráselles un lote de libros, de ficción, para que os ubiquen
nos seus andeis correspondentes. Outra actividade que se pode preparar é facelo
á inversa, é decir, darlles un listado de títulos cos seus autores correspondentes
e que os localicen.
4. A CDU
Explicaremos ao alumnado a necesidade de organización da biblioteca e o uso da
CDU para elo empregaremos a margarida da CDU colgada na biblioteca.
A continuación dividirase ao alumnado en equipos aos que se lles repartirá un
paquete de libros para os que teñen que asignar o número da CDU que lles
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 18
correspondería. Debaterán ata estar de acordo e logo pedirémoslles que os
coloquen no seu lugar. Esta actividade tamén a poderemos por en práctica
empregando fichas nas que aparecen as portadas dos libros que deben clasificar
segundo a CDU.
Outra actividade será a inversa: entregaremos a cada equipo un listado de libros
que teñen que atopar na biblioteca.
5. A busca nos catálogos
Explicarase ao alumnado o uso do catálogo OPAC MEIGA. Despois se lles entregará
unha ficha na que se lles pide que busquen no catálogo por exemplo: un libro de
Roald Dalh, o libro “Desventuras dun lobo namorado”, un libro de Concha Blanco,
o libro “Palabras de Caramelo”... Despois deberán cubrir unha ficha explicitando
a palabra que empregan para a busca e o catálogo que empregaron: autores
títulos.
6. Como é un libro
Ensinarase aos alumnos as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa,
cuberta, lombo, portada, contraportada. Despois entregaráselles un lote de
libros e, por parellas, deberán manipula-las partes observadas. A continuación
xogarán a recordar dito vocabulario: un cita unha das partes e o outro sinálaa
nun libro. A ver quen é capaz de non ter ningún fallo?
7. Identificación dos libros:
Entregarase un lote de libros a cada rapaz que deberá logo cubrir unha ficha por
cada libro onde se lles preguntarán os seguintes datos: título, autor, ilustrador,
editorial, ano de publicación, colección,
8.Dicionarios e enciclopedias.
Entregaremos a cada equipo de alumnos un dicionario e se lles pedirá un
determinado listado de palabras entre as que incluiremos algúns nomes propios
como nomes de países e de personaxes históricos. Cando se dean conta de que
non poden atopalas todas o mestre fomentará o debate sobre por que non están
e onde poderían buscalas introducindo así o emprego das enciclopedias.
Explicarase tamén as abreviaturas que aparecen nos dicionarios e que nos
permiten distinguir determinadas características das palabras: xénero,
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 19
sinónimos, antónimos,... Introduciremos tamén nestas actividades o emprego de
dicionarios de idiomas.
8. Índices ou Sumarios
Entregaremos aos alumnos organizados por equipos de traballos varios libros
informativos e pediráselles que atopen determinada información dentro deles.
Converteremos a busca non concurso para ver quen o fai máis rápido. O
obxectivo é que cheguen a conclusión de que o índice pode axudalos a facer esa
busca. Despois analizaremos distintos tipos de índices e sumarios con eles.
9.Información gráfica.
Entregaremos imaxes a os rapaces por un lado e por outro pés de foto os rapaces
deberán relacionalos e pegalos nunha ficha.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 20
3º CICLO DE PRIMARIA OBXECTIVOS 1) Buscar información na biblioteca
a) Coñecer o sistema de organización adoitado na nosa biblioteca para os
fondos de ficción: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos,
lectores expertos, lectores adultos.
b) Coñecer o sistema de funcionamento e de organización da biblioteca: CDU
e o seu manexo.
c) Localizar, seguindo a CDU, distintos materiais na biblioteca.
d) Consultar o catálogo MEIGA de títulos, autores e materias.
e) Buscar todos os materiais existentes sobre un tema concreto na biblioteca.
2) Localiza-la información nos documentos.
a) Distinguir las obras de consulta o de referencia del resto de los libros
informativos.
b) Coñecer os distintos tipos de obras de referencia ou consulta: distintos
tipos de dicionarios e enciclopedias, atlas, anuarios, biografías, obras
informativas periódicas (periódicos, revistas), obras audiovisuais( CD-
Roms, DVDs)
c) Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun
libro informativo: índices ou sumarios, bibliografías, glosarios,
cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de
imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc...
d) Coñecer as estratexias básicas de busca en internet: buscadores.
3) Coñecer e utilizar axeitadamente a distinta fontes de información.
a) Avaliar a idoneidade da fonte de información en función do que se
investiga.
b) Contrasta a información obtida en distintas fontes.
c) Desenvolve o sentido crítico ante a información.
4) Coñecer o proceso de fabricación dun libro e as súas partes.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 21
5) Empregar autonomamente o sistema de empréstito da biblioteca.
6) Desenvolver o gusto pola lectura.
7) Respectar as normas de comportamento e de uso establecidas para a
biblioteca.
CONTIDOS
1) Organización da colección dentro da biblioteca: C.D.U.
2) Servizos da biblioteca.
3) Sistema e condicións de empréstito.
4) As normas da biblioteca.
5) Libros de información e libros de ficción.
6) Obras de referencia e tipos
7) Libros informativos
8) O catálogo MEIGA.
9) Proceso de fabricación dun libro.
10) Partes físicas de un libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta, lombo, corte
anteportada, portada, contraportada.
11) Elementos de identificación dun libro: autos, ilustrador, editorial, colección,
ISBN.
12) Tipos de lectores.
13) Localiza información dentro dos libros informativos manexando conceptos
como índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,notas á pé de
páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións,
prólogos, etc...
14) A busca en internet: buscadores
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1) Domina o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos.
2) Adquiriu e respecta as normas e hábitos relacionados co comportamento
que se debe manter nunca biblioteca.
3) Usa autonomamente o sistema de empréstito.
4) Distingue un libro de información de un libro de ficción.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 22
5) Coñece os distintos apartados da C.D.U. e é capaz de clasificar un libro no
apartado correspondente.
6) Localiza un libro baseándose na súa sinatura e empreñando as etiquetas.
7) É capaz de buscar no catálogo meiga por autor e título.
8) Identifica as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta,
lombo, corte anteportada, portada, contraportada.
9) Identifica nun documento: autor, título, ilustrador, editorial, colección,
ISBN.
10) Coñece as obras de referencia e as súas tipoloxías
11) Coñece e sabe manexar distintos recursos para a presentación dos
coñecementos dun libro informativo: índices ou sumarios, bibliografías,
glosarios, cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes,
pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc
12) Escolle as fontes de información máis axeitadas en función do tema que
investiga.
13) Contrasta as fontes de información
14) Valora de forma crítica a información que recolle.
ACTIVIDADES
1. Para que sirve a biblioteca e cales son as normas de uso.
Establecerase un debate para repasar os coñecementos que os alumnos teñen
sobre o que é unha biblioteca, cales son as súas funcións, que servizos presta e
os distintos tipos de soportes que poden ter os fondos da biblioteca, distintos
espazos da biblioteca e funcións, .
Tamén se lembrarán as normas que rexerán o comportamento e de uso da
biblioteca. Repasaremos as normas de empréstito e tamén o uso dos
marcaposicións.
Pediranse voluntarios entre os alumnos para traballar como colaboradores da
biblioteca
2. Libros de información e libros de ficción
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 23
Entregaremos aos alumnos un lote de libros nos cales atoparemos libros de
ficción e formativos. Revisarán os libros e separaranos en dous montóns: os de
ficción a un lado e os de información a outro.
3. Ubicación dos libros de ficción.
Explicarémoslles aos rapaces a clasificación dos libros de ficción en función dos
tipos de lectores: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores
expertos e lectores adultos. Tamén se lles explicará a asignación de cores e a
organización alfabética segundo o primeiro apelido do autor. Tratase de que os
rapaces comprendan o significado da sinatura e a etiqueta do libro. A
continuación entregaráselles un lote de libros, de ficción, para que os coloquen
nos seus andeis correspondentes. Outras actividades que farán será localizar os
libros que figuran nun listado de títulos de libros ou buscar todos os libros
publicados por un autor que estean dispoñibles da biblioteca.
4. A CDU
Explicaremos ao alumnado a necesidade de organización da biblioteca e o uso da
CDU para elo empregaremos a margarida da CDU colgada na biblioteca.
A continuación dividirase ao alumnado en equipos aos que se lles repartirá un
paquete de libros para os que teñen que asignar o número da CDU que lles
correspondería. Debaterán ata estar de acordo e logo pedirémoslles que os
coloquen no seu lugar. Esta actividade tamén a poderemos por en práctica
empregando fichas nas que aparecen as portadas dos libros que deben clasificar
segundo a CDU.
Outra actividade será a inversa: entregaremos a cada equipo un listado de libros
que teñen que atopar na biblioteca.
Outra actividade a levar a cabo por equipos de traballo consistirá en entregarlles
a cada equipo unha temática sobre a que deben investigar e pedirlles que
localicen todos os fondos nos que atoparían información axeitada para dita
temática.
5. A busca nos catálogos
Explicarase ao alumnado o uso do catálogo OPAC MEIGA. Despois se lles entregará
unha ficha na que se lles pide que busquen no catálogo por exemplo: un libro de
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 24
Roald Dalh, o libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druida”, un libro de medo, un
libro sobre distintas artes de pesca, a película “O bosque animado”, o último
disco de Mama Cabra, , o libro “Palabras de Caramelo”, o libro correspondente
ao ISBN: 84-8341-219-5... Despois deberán cubrir unha ficha explicitando a
palabra que empregan para a busca e o catálogo que empregaron: autores
títulos, materias, ISBN.
6. Como é un libro e como se fabrica.
Ensinarase aos alumnos as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa,
cuberta, lombo, corte anteportada, portada, contraportada.
Buscaremos información sobre o proceso de fabricación dos libros e
organizarémola en distintos pasos que logo deberán ilustrar para expoñer.
7. Datos identificativos dos libros:
Entregarase un lote de libros a da rapaz que deberá logo cubrir unha ficha por
cada libro onde se lles preguntarán os seguintes datos: título, autor, ilustrador,
editorial, ano de publicación, colección,ISBN,
8.Obras de referencia.
Explicaremos aos alumnos os diferentes tipos de obras de referencia a través
dunha presentación powerpoint adaptada ao seu nivel. A continuación
ofreceremos os diferentes tipos de obras de referencia existentes na biblioteca
aos alumnos para que as manexen e as observen directamente.
9. Presentación dos coñecementos dun libro informativo
Explicaremos aos alumnos a través dunha presentación powerpoint as diferentes
posibilidades existentes para presentar a información nun libro informativo: índices
ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas,
sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc. A
continuación observarémolas directamente nos libros.
10.Buscadores de internet.
Ensinaremos aos rapaces as estratexias de busca de información en internet, é
dicir o manexo dos buscadores. Realizaremos buscas concretas en distintos
buscadores e contrastaremos os resultados obtidos.
11.Proxecto de investigación.
PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”
C.E.I.P. Víctor Sáenz 25
Cada grupo-clase levará a cabo un proxecto de investigación sobre unha temática
escollida por eles mesmos ou sobre algún aspecto da temática escollida polo
centro para ese curso. O proxecto desenvolverase durante todo curso e servirá
para que os alumnos saiban escoller e empregar as fontes de investigación máis
axeitadas, avaliala de forma crítica, reelaborar a información recollida e
presentala ao resto dos compañeiros do centro.
top related