programa festival letras galegas
Post on 18-Feb-2016
226 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Un ano mais no noso colexio queremos
compartir con vós a homenaxe que se
rende no Día das Letras Galegas a unha
escritora ou escritor, pola súa contribución
á nosa lingua e á nosa cultura, a través do
festival no que poñemos grande ilusión e
traballo.
Esperamos a vosa presenza e desexamos
que vos guste.
1º. Presentación audiovisual sobre a vida e a obra de Lois Pereiro.
2º. EDUCACIÓN INFANTIL:
� Conto musical dramatizado : “As dez galiñas”.
� Canción e dramatización: “O tesouro da illa de San Simón”.
� Poesía: Amolado
3º. 1º CICLO:
� 1º A : Baile. “O xogo da Carrasquiña”.
� 1º B : Baile: “Don Melitón”.
� 2º EP : Dramatización e canción “O pirata Metepata”.
4º. Presentación fotográfica das
actividades feitas durante o presente curso escolar.
DESCANSO 5º. 2º CICLO:
� 3º E.P: Teatro: “Xoana sen medo”.
� 4º E.P: Actuación instrumental, “As covas do rei Centolo” de Berrogüeto e poesía de Lois Pereiro.
6º. 3º CICLO: � 6º E.P: Actuación vocal e
instrumental : “Andrés do Barro Mix”. � 5º E.P: Teatro coa técnica
da luz negra.
Lois naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996. Aos 17 anos viaxou a Madrid para estudar Socioloxía na universidade . Pero aos poucos meses volveu a Monforte para traballar na cristalería do seu pai. Ao ano seguinte regresou a Madrid para estudar na Escola Oficial de Idiomas, francés, inglés e alemán. Colaborou na revista Loia, xunto con outros escritores e artistas galegos afincados en Madrid. En Galicia participou en varias antoloxías poéticas De amor e desamor (1984 e 1985) e foi colaborador na revista Luzes de Galiza, onde publicará oito capítulos dunha novela que deixará sen rematar. Publicou varios libros de poemas: Poemas e Poesía última de amor e enfermidade. O seu último libro é Poemas para unha loia, na que se recollen versos escritos durante a súa estadía madrileña.
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
Poesía última de amor e enfermidade
Lois Pereiro
CEIP PLURILINGÜE
OUTEIRO DAS PENAS
MARTES, 21 DE XUÑO DE 2011
HORA: 17:00
top related