presentación de powerpoint - clúster alimentario de …12).pdf · as empresas participantes...
Post on 27-Sep-2018
221 Views
Preview:
TRANSCRIPT
SEMANA DE
PROMOCIÓN
GASTRONÓMICA
DE GALICIA EN
MADRID 2017
1
A semana gastronómica de Galicia en Madrid
O Cluster Alimentario de Galicia está a organizar a semana da gastronomía galega en
Madrid para o vindeiro mes de novembro. O obxectivo do evento é promocionar
simultaneamente os produtos gourmet das empresas galegas no mercado local asociado a
súa orixe e ao seu valor culinario. A promoción da imaxe conxunta de Galicia coma orixe de
alimentos e bebidas auténticos, de alta calidade, naturais e sostibles.
As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a
coñecer os seus produtos e que os consumidores comproben de primeira man a calidade
dos mesmos, en paralelo á programación de actividades dirixidas a profesionais e a medios.
Os produtos serán presentados e utilizados en diversas preparacións polos restaurantes e
bares da zona, de xeito que se acaden algúns dos obxectivos:
✓ Mellorar o posicionamento dos seus produtos no mercado nacional
✓Difundir a imaxe de marca entre consumidores e restauradores de Madrid
✓Establecer relacións con empresas comercializadoras e distribuidoras na canle
HORECA de produtos galegos afincadas en Madrid
As actividades concentraranse no barrio de Malasaña e Conde Duque, uns dos barrios máis
concorridos de Madrid, onde conviven comercios tradicionais con novos locais destinados a
un público novo e foodies que buscan produtos auténticos, naturais e innovadores,
convertendo esta zona en lugar de referencia e visita obrigada para os amantes da
gastronomía.
2
Programa de actividades para o público especializado e medios
Masterclass
En colaboración con Facyre e previo á celebración do evento, levarase a cabo unha actividade
na que os chefs e soumilleres participantes na acción desfrutarán dunha sesión formativa
consistente nun showcooking e cata respectivamente que os dotarán das ferramentas
necesarias para presentar unha oferta gastronómica de calidade, tanto para a elaboración de
menús galegos como para maridaxes harmoniosas cos viños presentes.
Encontro con bloggers e medios locais
Durante o primeiro día, realizarase un encontro con bloggers gastronómicos onde se
presentarán os produtos participantes e se darán instrucións de preparación e suxerencias de
presentación dos mesmos. Este encontro contará asemade coa presenza de medios de
comunicación especializados.
Actividades de difusión
O evento contará con unha imaxe propia deseñada a tal efecto e a actividade será publicitada
tanto en medios escritos como en redes sociais. Entre as actividades de publicidade,
entregaranse folletos na rúa informando do evento, do programa de actividades e das empresas
participantes. Asemade, entregarase material promocional facilitado polas empresas.
3
4
Actividades en Bares
Concurso e ruta de tapas
Os bares inscritos dos barrios de Malasaña e Conde Duque participarán na actividade de
promoción encargándose da elaboración de tapas galegos, sempre utilizando como base os
produtos alimentarios das empresas galegas participantes.
Asemade, con esta tapa participarán no concurso de tapas cuxos xuíces serán os propios
clientes, aos que se lle facilitará un cartón para que puntúen as mesmas nos que se incluirán
os produtos e marcas participantes.
Recomendación de viños galegos
Durante os días da promoción, os bares recomendarán os viños galegos presentes na carta e
de acordo coa súa oferta gastronómica.
Paralelamente, os establecementos participantes expoñerán durante os días de duración da
promoción os produtos empregados, ou o material publicitario enviado pola propia empresa.
Actividades en restaurantes
Menús de pratos e cartas de viños galegos
Os restaurantes inscritos dos barrios de Malasaña e Conde Duque participarán na actividade
de promoción encargándose da elaboración de menus galegos, sempre utilizando como base
os produtos alimentarios das empresas galegas participantes. O menu galego terá un
destaque especial indicando as marcas dos produtos utilizados. Asemade contarán cunha
carta de viños galegos para acompañar os seus pratos.
Programa de actividades para o público xeral
5
Actividades en locais de ocio
Os locais de ocio tamén participarán na acción a través da promoción dos produtos,
especialmente as bebidas, participantes na acción.
Showcooking e catas de viños
Cada un dos días do evento centrarase nun dos produtos de alimentación e bebidas:
conservas, queixos, embutidos, viño, etc. As asociacións e empresas terán a posibilidade de
participar activamente nas mesmas, a través de talleres de cociña, “showcooking” ou catas
guiadas para o cal se proporcionará un espazo habilitado ao efecto.
Segundo as empresas participantes, valorarase a posibilidade abrir a oferta gastronómica
cara “food-truck” ou similar.
6
Entidades participantes
Vive Malasaña é a asociación de
comerciantes do barrio de Malasaña, que
recolle negocios de restauración así como
comercios locais.
A Asociación Vive Malasaña organiza diversas actividades de dinamización
dos comercios locais. En concreto é responsable de actividades como a
Semana dos Viños de Madrid ou Coctelsaña. O barrio de Malasaña é un dos
barrios históricos de Madrid, recoñecido polo Concello como zona turística e
situada ao lado da Gran Vía de Madrid. O barrio é un dos máis activos
culturalmente da capital con numerosas prazas onde se desenvolven diversas
actividades durante todo o ano
Espérase a participación duns 20 establecementos do barrio, entre os que
se atopan restaurantes, locais de ocio, panaderías.
7
O Bar Restaurante Mundi, situado na rúa San Bernardino é un
pequeno restaurante céntrico. Dispón de zona de barra e de
comedor, dous tipos de ambiente, un orientado a tapas e outro a
menús. Asemade conta cunha carta de viños de máis de 60
referencias.
O Café Manuela, situado na rúa de San Vicente
Ferrer é un histórico local aberto en 1979. Esta
cafetería sirve de escenario de numerosos
eventos culturais como presentacións de libros.
Especializado en cafés e cócteles, ofrece tamén
a posibilidade de consumir tapas tradicionais.
La Parelela é unha cafetería situada na rúa Marques de Santa
Ana. A súa decoración cunha gran barra tradicional e un pequeno
salón. Aínda que a súa especialidade son os cócteles conta con
oferta de menú do día e selección de tapas, racións e viños.
Bares e restaurantes
O Bar Amor, situado na rúa Manuela Malasaña caracterízase pola
súa cociña de mercado que mestura receitas tradicionais con
pratos innovadores.
O establecemento ofrece menú do día onde destaca a calidade
dos ingredientes. Asemade, conta cunha extensa carta de viños. www.baramor.es
8
O restaurante Babia Madrid, situado na rúa Cruz Verde.
Preséntase como cociña de fusión que xunta a tradición,
innovación e sabores de distintas partes do mundo. A súa carta
inclúe tanto menús como oferta de tapas, ofrece asemade
menús para vexetarianos e carta de viños e cervexas.
www.babiamadrid.com
O Restaurante Con dos fogones situado na rúa San
Bernardino, presenta unha cociña que xunta os sabores
tradicionais con ingredientes internacionais. Este colorista
restaurante dispón de zona de comedor onde prepara menús
diarios. Con respecto aos viños conta con varias referencias de
denominación de orixe galega.
www.condosfogones.com
El Café sin nombre que se atopa na rúa Conde Duque é unha
cafetería con encanto na que se levan a cabo eventos
culturais e que durante a noite se convirte nun local nocturno.
Cócteles, cafés, xeados e tartas caseiras teñen cabida neste
local madrileño.
www.strawberryfields.es
Strawberry Fields é un bar localizado na rúa Carranza. O local
defínese como un bar de tapas aínda que dispón de zona de
restaurante. O local foi o gañador da primeira Ruta de Tapas
de Malasaña, destacando a calidade da súa cociña
innovadora. Dispón tamén de carta de viños.
9
Casa Filete, situado na rúa San Bernardino é un local de tapas
inaugurado en 2015 nun local con máis de 100 anos de tradición
no barrio. O bar destaca pola súa carta baseada nun produto de
calidade onde xunto cos filetes teñen cabida bocadillos gourmet,
tapas e menú do día.
La Tabernilla del gato Amadeus situado na rúa de Cristo, é un bar, no que destacan
as súas tapas tradicionais. Cunha tranquila terraza situada nunha rúa peonil
converteuse nun punto de encontro para os transeúntes do barrio.
10
Outros
The traveller
Un lounge bar situado na rúa San Andrés. Trátase dun local
informal e cosmopolita cunha ampla carta de cócteles. A súa
zona lounge ofrece ademais almorzos e cenas.www.travellermadrid.com
Pastelería La Torrecilla
Situada na rúa San Bernardino, ten unha ampla variedade de doces
completamente artesanais. Aínda que a súa especialidade son as sobremesas
arxentinas, elabora distintas preparacións españolas
Pan y vino
Trátase dun espazo tenda gourmet no que conviven produtos galegos con
produtos de distintas rexións de España de alta calidade.
Tupperware é un local de ocio nocturno situado na zona de
Corredera Alta de San Pablo. Local onde predomina a música
indie, con apertura unicamente na fin de semana.
Locais de ocio nocturno
Ocean Rock Bar, situado na rúa Vicente Ferrer, é un coñecido
local de ocio nocturno, especializado en cervezas especiais.
11
Mais informacion en 981 556 062 info@clusaga
Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2017
Custe de participación estimados 1.000 € suxeito a número de
participantes e accións
top related