o mirador xullob - compostela integra:...
Post on 19-Oct-2019
9 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
TITULARES DO MES: 1 Ano de Educación de Rúa……………………..….…………………….…páx. 4
Reportaxes…………………….……………….……………..…….…....…...páx. 14
Entrevistas.…………….…………………………………………….....….….páx. 25
……...MIRA DENTRO!!!
PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN DE RÚA CONCELLARÍA DE FAMILIA, BENESTAR SOCIAL, MULLER E EMPREGO Concello de Santiago de Compostela
O Mirador
Número 10
Xullo 2011
O XORNAL DO TEU BARRIO
Concellaría de Familia,
Benestar Social, Muller e Emprego
2
3
CARTA DE DIRECCIÓN
Chegamos á décima e derradeira edición do xornal de barrio, “O Mira-
dor”, case sen darnos de conta. Dez números, que se di moi pronto, che-
os de historias, anécdotas e de aprendizaxes que promoveron un enrique-
cemento mutuo no que se pretendeu recoller os intereses, inquedanzas, e
o sentir dos mozos e mozas que foron os auténticos protagonistas do
mesmo.
O obxectivo principal do xornal “O Mirador”, non foi outro que involucrar
na súa elaboración tanto as nosas reporteiras e os nosos reporteiros co-
mo tamén a institucións e entidades con presenza nos barrios da cidade
onde se desenvolve o Programa Municipal de Educación de Rúa. Este ob-
xectivo pode darse por acadado xa que a resposta foi exemplar. Por iso, a
tódalas persoas e entidades que o fixestes posible; Moitas grazas!
Con este derradeiro número de “O Mirador” (polo de agora), queremos po-
ñer o peche ao Programa Municipal de Educación de Rúa, programa onde
tamén se inclúen entre outras iniciativas este xornal.
Un ano enteiro de Educación de Rúa nos barrios da cidade que deixa
moitos recordos, queremos pensar que a maioría agradables e positivos
onde todas e todos aprendemos moito unhas de outras. Traballamos
arreo e podemos dicir que aínda que estamos nos derradeiros días de ac-
tividade seguimos coa ilusión do primeiro.
Esta carta sona a despedida, e así o é, pero non sabemos cando se poden
volver a cruzar as nosas miradas. O que si vos podemos dicir é que non
vos esquezades de Mirar sempre máis aló, so así podemos mellorar a rea-
lidade na que vivimos.
PRESENTACIÓN
Este xornal nace dunha iniciativa a nivel comunitario impulsado desde o
Programa Municipal de Educación de Rúa do Concello de Santiago de
Compostela en colaboración coas entidades que teñen unha sólida tra-
O m i r a d o r
4
Xullo 2011
Número 10
Mirando ao barrio
O M i r a d o r
O Programa de Educación de Rúa ten as súas orixes no 2007 con unha necesida-
de latente de dar respostas a toda a xuventude que pasaba moito tempo nas
rúas….
“A Educación de Rúa é o proceso
de intervención socioeducativa
dirixido á mellora do desenvolvemento persoal da mocidade
encamiñado cara a evolución da sociedade,
empregando como estratexia principal
o establecemento da figura do/a educador/a
como referente positivo
e o aproveitamento de tódolos recursos e
oportunidades que ofrece o barrio.”
5
Xullo 2011
Número 10
Mirando ao barrio
O M i r a d o r
Dinamización comunitaria
A participación social do individuo ou dos grupos dentro dunha comunidade é un indicador de que a sociedade é sa, así, o Programa trata de reforzar estes vínculos
e estas relacións a través do traballo en rede coas diferentes entidades dos ba-rrios, así como dinamizar a comunidade en xeral tendo en conta nas súas interven-cións os diferentes axentes sociais que participan na vida comunitaria dos barrios
nos que actúa.
O Mirador é un claro exemplo, involucrando na súa elaboración tanto a toda po-
boación dos barrios coma as diferentes institucións/entidades con presenza ne-
les. Foron moitas as aportación ao longo destes dez exemplares:
· Centro Sociocultural de A Trisca, As Fontiñas, O Castiñeiriño
· Club de Maiores de A Trisca e As Fontiñas
· Ludoteca do Centro Sociocultural As Fontiñas
· Unidade Municipal de Axuda ás Drogodependencias
· Equipo de Dinamización Comunitaria Urbana Norte
· Unidade Municipal de Apoio ás Familias
· 1º e 2º cursos de Educación Social da USC
· Programa de Apoio a Familias Monoparentais Abeiro
· Centro de Día de Atención Inte-
gral Arela
· Centro de Saúde As Foniñas
· Fundación Secretariado Xitano
· IES Antonio Fraguas
· Cruz Vermella Xuventude
· UTS Fontiñas
E por suposto sempre coa mirada posta no barrio
6
Xullo 2011
Número 10
Mirando ao barrio
O M i r a d o r
TRABALLANDO A PÉ DE RÚA PARA DAR A COÑECER TODAS ÁS NOVAS !!!
Redacción de “O Mirador” traballando...
Atendendo a outros medios de comunicación
Rúa arriba, Rúa abaixo !
Nunca sabes onde pode saltar a noticia !
7
Estes foron os resultados finais despois de tanto traballo…..
Xullo 2011
Número 10
Mirando ao barrio
O M i r a d o r
8
Xullo 2011
Número 10
Testemuña
O M i r a d o r
As persoas reporteiras de O Mirador quixeron deixar a súa testemuña do que sig-
nificou o seu paso por este mensual….
“O Mirador foi moi especial para todas nos. O Mirador estivo aí sempre
comprensivo, tódalas reportaxes e traballos axudáronnos a avanzar pouco a pouco e a aprender novas cousas interesantes que antes descoñecíamos. Empezou coma un pasatempo pero acabou gustándonos e absorbéndonos.
Nas reunións coñecemos a nova xente ca que agora fixemos lazos de amiza-de e cariño. Tódolos meses aparecía algo novo e fascinante e entre todos dabámoslle a forma para que cadrara e así todas as persoas o puideran
ler. Con cada xoves que nos reuníamos era cada vez máis divertido. E can-do despois de cada mes todo o noso traballo aparecía na revista enchiámo-
nos de orgullo e gratificación”
“A experiencia con O Mirador estivo xenial, aprendín moito e paseino aín-da mellor. Percorremos toda a cidade e axudoume a coñecer xente nova”
“A xente de O Mirador sempre nos levou por moitos sitios, visitamos case toda a cidade e fixémoslles entrevistas a moita xente….”
“Encantoume vir ao Mirador porque pasou de ser un pasatempo para con-verterse nun hobby e sempre tiña ganas de que chegara o xoves para vir. Dáme moita pena que remate, botareino moito de menos… esperemos que
haxa próximas edicións….”
“Aquí na revista Mirador coñecemos moita xente nova que non coñeciamos e, se remata, probablemente non volveremos a ver. Pasámolo moi ben visi-tando varios sitios diferentes e, grazas ás entrevistas que fixemos apren-
dín a facer preguntas e a expresarme mellor en galego. Isto paréceme unha boa razón para seguir co proxecto deste xornal, porque xuntou a moita
xente, e isto é un anaco pequeno da miña, por agora, curta vida. Eu lévome bastantes amizades das que quero acordarme sempre….. Espero que isto poida continuar un pouco máis, porque a parte de divertirnos podemos
aprender moitas cousas….”
9
Xullo 2011
Número 10
Mirando a outros barrios
O M i r a d o r
O Programa traballou de forma directa nos seguintes barrios: Fontiñas, O Cas-
tiñeiriño, Pontepedriña. A súa vez, tivo como zona de influencia os seguintes
barrios da cidade: Sar, Amio, San Lázaro e A Trisca.
Barrio de Pontepedriña
A Trisca
O Castiñeiriño
10
Xullo 2011
Número 10
Mirando a outros barrios
O M i r a d o r
Barrio de Fontiñas
Pontepedriña
A Trisca
11
da intervención. Na súa editorial de onte o xornal Libération, un bastión da Persoas preocupadas polo que pasa no Mundo, tódolos meses no xornal pescuda-
mos na web as noticias máis latentes da actualidade internacional.
A parte, dende o Programa elaborouse unha xincana para estudantes de Santia-
go, Alemaña, Finlandia, Letonia e Dinamarca participantes no Programa Come-
nius do IES Antonio Fraguas!!
Xullo 2011
Número 10
Mirando ao mundo
O M i r a d o r
Xincana na Zona Vella da cidade
Estudantes Comenius
Redaccións do Castiñeiriño e Fontiñas investigan na web
12
… os xogos tradicionais???
Os xogos tradicionais son aqueles que a tradición vai transmitindo de xeración en
xeración, e que naceron respondendo ao estilo de vida propio do pobo galego, do
traballo dos campos, do mar...
“Nós tivemos a oportunidade de coñecelos ben e pasar unha gran xornada xogan
do ao zambombazo, ás tartarugas, nabo ao caldeiro, xogos de pesca, ao tiro, aos
sacos, á corda…”
Xullo 2011
Número 10
Canto sabes sobre…???
O M i r a d o r
13
Xullo 2011
Número 10
Mirando pola túa saúde
O M i r a d o r
Prevención de condutas de risco As accións de tipo preventivo son de vital importancia na etapa xuvenil. A informa-ción e a toma de conciencia sobre o significado das posibles condutas de risco po-den ser a ferramenta clave para a toma de decisións autónomas, responsables e
saudábeis da persoa adolescente.
Informándonos no Centro Quérote
Obradoiro de sexualidade no Castiñeiriño
Condonéa-T
Dinámicas de prevención de drogodependencias
Buscando documentación
14
Xullo 2011
Número 10
Reportaxe
O M i r a d o r
Grazas a nosa labor como reporteiras e reporteiros tivemos a oportunidade de co-
ñecer a moitas persoas, cada cal maís interesante….
Visita a La Voz de Galicia
Entrevista María Rosendo
Na Feira do Libro
Entrevista Elena Moure
Entrevista aos Indignados
Entrevista ao Xuíz D. Emilio Calatayud
15
Xullo 2011
Número 10
O que hai que ver...
O M i r a d o r
Coñecemento do Medio
A educación integral da persoa pasa por coñecer e entender o medio que o rodea. Sendo consciente desta realidade a persoa pode sentirse parte dela, o que lle per-mitirá aproveitar os recursos que lle brinda ou mesmo actuar para mudar e mello-
rar aspectos desta realidade que crea necesarios.
No monte Gaiás
Grafiti Dixital en Vista Alegre
Percorremos a antiga muralla da cidade
Visita á Cidade da Cultura
Maxia no Toural
16
Xullo 2011
Número 10
O que hai que ver...
O M i r a d o r
Visita ao MUPEGA
Visita ao Concello
Cine Europa no CGAC
Visita ao Museo do Pobo Galego
Na Zona Vella
17
Xullo 2011
Número 10
Ollo ao dato
O M i r a d o r
O Programa Municipal de Educación de Rúa colaborou na fase de formación do
servizo de mediación escolar do IES Antonio Fraguas!
A mediación constitúe unha ferramenta pedagóxica con grande poder de eficacia
no contexto social, por exercer dita función persoas que forman parte da comuni-
dade e que interveñen nunha área da que controlan o seu funcionamento e as
persoas que nela se desenvolven.
As persoas formadas en mediación aprenderon a detectar necesidades, estimular
e invitar á participación social, ter capacidade de comunicar e unha actitude po-
sitiva. Así, un adestramento en habilidades sociais, no uso de técnicas comunica-
tivas e de resolución de conflitos adecuadas permitiron aos rapaces e rapazas
achegarse á súa labor de persoas mediadoras.
18
Xullo 2011
Número 10
lendo, vendo, aprendendo... O M i r a d o r
Asesoramento e Orientación Académico/Profesional A formación académico-profesional das rapazas e rapaces nesta etapa da súa vida supón un ámbito moi importante de intervención, no que o Programa centrouse en apoiar, asesorar e acompañar os procesos formativos, así coma a toma de deci-
sións das que pode depender o futuro da persoa.
Apoio ao Estudo en Fontiñas
Rolda de enquisas no Castiñeiriño
19
Xullo 2011
Número 10
Deportes
O M i r a d o r
O que parece unha simple actividade para pasalo ben axúdanos a promover hábi-
tos de vida saudábeis fomentando o compañeirismo, o respecto e o traballo en
equipo…. ao mesmo tempo que facemos deporte!!!!
Mundial Conxo vs Fontiñas
Final torneo FS no Castiñeiriño
Pista de xeo na Praza Roxa
20
Xullo 2011
Número 10
O Faladoiro O M i r a d o r
Traballo coa Terceira Idade É indispensábel que o sector da Terceira Idade teña presenza e participación na vi-da comunitaria, esta presenza significa unha gran riqueza para toda a sociedade. Por iso, o Programa levou a cabo intervencións sobre todo de tipo interxeracional
que pretenderon un intercambio de experiencias entre maiores e pequenos.
Gravacións no CSC de A Trisca
Grupo de Avoas de Pontepedriña
“A educación hoxe…” CSC de Vite
“A educación hoxe…” Asociación do 4º Ciclo
“Enredando no tempo” na Trisca
21
Xullo 2011
Número 10
Proteste xa ! O M i r a d o r
Xornadas de Sensibilización A sensibilización ten como obxectivo xerar na sociedade un espírito crítico e reflexi-vo que permita aumentar o grao de implicación da cidadanía, atendendo a princi-
pios fundamentais como igualdade, diversidade e tolerancia.
Visita Edificio COGAMI
Na Feira do Voluntariado
Entrevista ao Xuíz D. Emilio Calatayud
Oca da Igualdade
Corresponsalidade no fogar
22
Xullo 2011
Número 10
Pasando o tempo O M i r a d o r
Lecer saudable
O tempo de lecer significa realizar as actividades satisfactorias e gratificantes que posibilita o tempo liberado, de forma libre, decididas por un mesmo e xestionadas autonomamente. En base a isto, un dos principios básicos do Programa é traballar sobre este tempo de lecer, establecendo como obxectivo principal o aprendizaxe do
aproveitamento óptimo do mesmo.
Torneo PRO
Noites de cine
N
O
N
A
D
A
L
X
O
G
O
Tardes no Paxonal Fútbol: Saúde+Compañerismo
23
Xullo 2011
Número 10
Pasando o tempo O M i r a d o r
Acompañamento no tempo de lecer non dirixido...
Fama: A bailar !!
24
Xullo 2011
Número 10
Recetario
O M i r a d o r
Elaborado por: Centro de Día de Atención Integral ARELA.
A mellor receita da última tempada: Programa de Educación de Rúa
Ingrediente fundamental: equipo de educador@s
Modo de preparación:
1.- Sofrito de actividades
2.- Condimentar cun chisco de ilusión. 3.- Aderezar con esforzo e paciencia.
4.- Sazonar cos recursos da comunidade. 5.- Mesturar con auga das Fontiñas.
6.- Cocer a lume lento. 7.- Incorporar ós nosos nenos e nenas…
… e listo para saborear!!
¿Pódese recuncar?
¡¡¡¡ Siiii !!!!
25
Xullo 2011
Número 10
Entrevista
O M i r a d o r
Que significou para ti Educación de Rúa???
“Non sabería dicir, unha experiencia nova na que aprendemos moitas cou-
sas e coñecemos moita xente” Sheila Varela
“Desde o meu punto de vista, este tipo de Programas deberían ser máis con-
tinuos no tempo...se agora remata e tarda en volver a empezar moito tem-
po en vir outra xente, o traballo pérdese…” Domingo Agra
“Só vou dicir que o pasei moi ben durante este tempo aínda que ás veces
me fixeran estudar, …” David Varela
“Para mín a Educación de Rúa é fundamental nos nosos barrios porque
permite chegar a persoas e situacións que a sociedade deixa á marxe”
Pablo Navas
"Para Cruz Vermella Xuventude supón un gran apoio contar coa labor dos
Educadores de Rúa. Son un importante foco para manter unido o tecido de
intervencin social no barrio. Tamén un pracer ver como conseguen atraer
a rapaces e rapazas para facer xuntos interesantes actividades e proxec-
tos para unha experiencia vital máis ampla e positiva de toda a comunida-
de." Laura Bejarano.
“Foi unha pasada!!! Fixemos moitas cousas novas e ata nos ensinaron a li-
gar mellor…. Non sei ao final xa formaban parte do grupo… foi guay poder
coñecelos e estar con eles…” José Pallas.
“Non sei que dicir, para mín o simple feito que dúas personas se preocupen
polo que nos gusta facer ou queremos facer xa di moito… sempre nos tive-
ron moito en conta…. unha pasada!” Olalla.
26
Xullo 2011
Número 10
Entrevista
O M i r a d o r
“Xenial, aínda que moitas veces nos fixeran pensar moito o certo é que o
pasamos guai”
“Pasalo bomba, aínda que tamén aprendemos moitas cousas” Anónimo
"Descubir conxuntamente entre todas e todos como é a cidade na que vivi-
mos, así como potenciar os recursos persoais para aproveitala o máximo
posible" Sergio Vázquez.
“Fixemos tantas tantas cousas que non sabería que dicir, supoño que para
min signica algo moi dinámico e de aprendizaxe” Silvia
“Eu quedaríame cos bos momentos que pasamos todos xuntos falando sen
necesidade de facer nada en especial, non sei se ten significado ou non pe-
ro para min si o ten” Miguel.
“Para min ten tanto significado que aínda non entendo porque remata….”
“Coñecer xente nova e aprender moitas cousas que sempre traían prepara-
das Sergio e Noelia, o certo é que se comían moito a cabeza para preparar-
nos sempre cousas diferentes….” Anónimo.
“Para min significou coñecer a dúas persoas fantásticas que sempre tiñan
un momento para falar e poder contarlles calquera cousa aínda que non
fora moi importante”
“Compromiso”
“Unha nova forma de pasar o tempo en compañía dos colegas”
“Non sei… so podo dicir que o pasei moi ben este tempo e aprendin moitas
cousas”
“Eu pensaba que en educación de rúa nos aprenderían a cruzar ben a rúa,
non tirar lixo… pero non! Aprendemos moitas outras cousas máis intere-
santes para nos e pasámolo moi ben todos xuntos” Anónimo.
“Significou: amizade, diversión, compromiso, aprendizaxe, curiosidade, re-
alidade, paixón, coñecemento,……”
27
28
CÓNTANOS:
E– MAIL
educacionderua@santiagodecompostela.org (O Concello de Santiago non comparte necesaria-
mente as opinións expresadas nos artigos da re-vista)
Exemplar de distribución gratuita.
MÍRANOS NA WEB:
www.compostelaintegra.org
O Mirador Número 10
Xullo
O MIRADOR
Edita:
Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.
Concello de Santiago de Compostela
Financia:
Deputación Da Coruña
Dirección:
Programa Municipal de Educación de Rúa
Colaboración:
IES Antonio Fraguas, Espazo de Maiores e Ludoteca do CSC
Das Fontiñas, Unidade Municipal de Atención a Drogode-
pendencias, Unidade de Traballo Social de Fontiñas, Unida-
de Municipal de Atención ás Familias, Centro de Saúde das
Fontiñas, Fundación Secretariado Xitano, Centro de Día de
Atención Integral Arela, Programa de Apoio a Familias Mo-
noparentais Abeiro, Cruz Vermella, e o Equipo de reporteiros
e reporteiras de Educación de Rúa.
top related