new boletín informativo 2 - wordpress.com · 2013. 1. 9. · estamos a preparar a pre-sentación...

Post on 10-Oct-2020

8 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Titulares do boletínDende a Asociación

Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias-AS-GATE, é grato poder ofre-cervos o terceiro boletín in-formativo, no cal trataremos asuntos como ás reunións mantidas coas distintas con-sellerías e algún concello, dentro da campaña posta en marcha pola asociación, para dar a coñecer o que é o Técnico en Emerxencias Sanitarias e ás súas funcións, e a compra de material di-verso para dar os cursos de primeiros auxilios, e deste xeito poder ensinar á po-boación o que é a figura do Técnico en Emerxencias Sanitarias. Entre o mate-rial comprado atopase os monecos de RCP ademais de material de loxística.

Neste boletín engadire-mos ás alegacións feitas pola asociación a diversos organismos, por mor da posible modificación do novo Real Decreto de trans-porte sanitario, entre os que se atopan a consellería de sanidade e o director de ordenación de profesións sanitarias, dependente do ministerio de sanidade.

Dicirvos tamén que xa se iniciaron os contactos para a inclusión de ASGATE na federación nacional de técnicos (FENTES) e así poder traballar no recoñece-mento das competencias profesionais a nivel na-cional, e outros temas no desenrolo do título de TES.

Lembrade que a compo-sición da xunta directiva de ASGATE esta composta por traballadores, iguales que vós, e que nos costa moitas horas, e moito traballo, poder iniciar estas accións en pro da profesión, por iso pedímosvos comprensión nos fallos que poidamos ter.

Dende ASGATE, creemos que a mellor maneira

de ter representación do sector en Galicia, é a impli-cación dos profesionais nas catro provincias de Galicia. Nos diferentes careos coa administración e instituci-óns, poidemos comprobar en todas, que é positivo que os técnicos estemos or-ganizados e que temos que mirar polos nosos intereses, xa que ninguen mais está capacitado para dar o noso punto de vista, millor ca nós.

Estamos a preparar a pre-sentación de ASGATE,

en tódalas zonas de Galicia

que faga falta. O único que necesitamos é, unha per-soa de referencia da zona en concreto, que teña a capacidade de organizar a presen-tación, xa que nós non temos esa capacidade. Esa persoa ten que buscar un sitio donde se poida fa-cela presentación e poida poñelos carteis nas bases ou centros que crea oportuno.

Grazas a un compañeiro de Pontevedra, fixemos

a presentación nesa zona o día 17 de outubro. Animáde-vos e os contaremos os as-pectos desta asociación, que de seguro, os vai a interesar.

O asociacionismo nas catro provin-cias de Galicia é o reto mais impor-

tante de ASGATE

ASGATE

2012

EXTRAXullo

Agostoe

septembroBoletínInformativo

RD. 836/2012, de 25 de mayo, por el que se establecen las características

técnicas, el equipamiento sanitario y la dotación de personal de los vehículos de transporte sanitario por carretera.

Alegacións

A polémica que suscitou a estrada en vigor do “Real Decreto 836/2012, de 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o e-quipa-mento sanitario e a dotación de per-soal dos vehículos de transporte sani-tario pola estrada”, coa súa entrada en vigor o día 9 de Xunio deste ano, e que regula o transporte sanitario a nivel nacional, obrigou as institucións relacionadas co noso sector a porse en marcha para reivindicar unha se-rie de erros cometidos pola adminis-tración, en canto a redacción da lei.

Por suposto, dende esta asociación, asesorada legalmente, axudada das opinións de xente do sec-tor de diferentes pun-tos de Galicia e tendo en conta o apoio que tiña-mos naqueles momentos, enviamos unha serie de puntos, tanto á Consel-lería de Sanidade coma ó Director de Ordenación Profesional en Madrid, contando os erros que percibimos na redacción de dita lei.

Temos que dicir que, seguramente, a carta non plasme a totalidade das du-bidas e suxerencias que temos todos con respeto a esta lei, pero dado o escaso tempo e a escasa información da administración que nos chegou, tivemos pouco marxe para coñecer tódalas vosas opinións con respecto a esta lei. Tampouco sabemos se as alegacións que mandamos a estas administracións, foron efectivas, xa que non fomos invitados expresa-mente para formular ningunha ale-gación á lei, aínda así, mandámolas.

O contido das nosas alegacións foi:

• Pedimos que o certificado pro-fesional acompañe o profe-sional durante toda a súa vida laboral, independentemente da empresa na que traballe. Neste

aspecto queremos que o De-creto recolla os profesionais que non poidan xustificar os anos de experiencia que pide o decreto

• Pedimos que o noso sector de cabida a dúas categorías pro-fesionais, unha que recolla ós profesionais con certificado pro-fesional, acreditacións e habil-itacións e outra que recolla ós profesionais có título de TES.

• Recoñecer ó profesional TTS ou TES sen carné de conducir tipo BTP, como dotación das ambulancias, xa que no decre-to non mencionan esa figura.

• Pedimos que nos aclaren, qué unidades de competencia e acre-ditación de competencias van

vinculadas ó certificado pro-fesional que se pide nas am-bulancias de tipo A1 e A2, xa que non o aclaran no decreto.

• Dixémoslles que tal e como estaba redactado o Decreto, podiase dalo caso que dous profesionais foran na mesma ambulancia sen o título do TES. Pretendemos que se poida dalo caso de que dous profesio-nais foran na mesma ambulan-cia có Certificado Profesional.

• Preguntamos como podían ha-bilitarse os profesionais sen carné de conducir para seguir traballando no seu posto de traballo, xa que só recoñecen a habilitación para os Condutores. Tamén pedimos cales son as características da habilitación da que falan,

e as obrigacións e dereitos que otorgan á persoa que a obteña.

• Preguntamos como se vai poder habilitar o profesional que es-tivera cualificado antes da en-trada en vigor deste Decreto e que traballe con contratos temporais, e que non poida de-mostrar os anos de experiencia ou que non ostente a forma-ción requirida no artigo nº4 do presente Decreto, xa que o De-creto exime ás persoas tempo-rais que no reúnen os requisitos anteriormente mencionados.

• Solicitamos que recollan o per-soal TES, como persoal sanitario baixo os criterios recollidos no Curriculum do TES. Tamén pedi-mos que nos dean a súa postura con respecto o recoñecemento da categoría profesional do TES.

REUNIÓN COAS INSTITUCIÓNS

Tódalas reunións que tivemos ata agora, vén con vos ollos, que exista unha asociación de técnicos en Galicia

Unha representación de ASGATE, reuniuse o pasado dia 19 de Setembro, con Dña. María Eugenia Pérez Fernán-dez (subdirectora de formación profe-sional y relación con empresas), co fin de presentar a asociación e explicar-lle os fins que temos propostos como asociación representativa do sector.

Xa metidos na conversa, pregun-támoslle a posibilidade que hai de que os centros regrados de FP puidesen dar cursos de reciclaxe a os profesio-nais en activo, indicándolle que xa ini-ciamos relacións con algún centro de FP e algunha empresa, mostrándose que ambas partes estaban dispostas a colaborar nesa formación. A Sub-directora responde que por parte da consellería porían todo da súa parte, e que, incluso, firmarían un conve-nio para levar a cabo esa formación.

Tamén plantexamos, que a día de hoxe, os alumnos que obteñen o título de TES nos centros de FP regra-

dos, non se forman no uso do DESA, formación que, por lei autonómica, ten na súa respon-sabilidade, a fundación de Urxencias Sanitarias-061. A resposta da Subdi-rectora e que, o profesorado se está a preparar na formación do DESA, e que a partires do curso 2013-2014, os centros integrados da xunta, te-rán a habilitación para dar ese tipo de formación. De todas formas, toda aquela persoa que poida ter proble-mas por non ter a habilitación na formación do DESA, a Subdirectora comprometeuse a abrila posibilidade para que, esa persoa puidese recuali-ficar esa formación nun centro de FP.

Nesa reunión falamos das acre-ditacións. Expusí-moslle a realidade das acreditacións que se están a rea-lizar para os profe-

sionais do sector. Pedímoslle que desde a conselle-

ría, se regularizaran os criterios para avaliar ós profesionais, xa que nas dúas primeiras convocatorias, había un desorde importante nos criterios, na avaliación das acreditacións e lle transmitimos a numerosas queixas que achegaron a esta asociación, pro-fesionais do sector. Comentándonos que son coñecedores do problema e teñen previsto solventalo dun xeito que delimite o proceso a seguir polo tribunal avaliador nas acreditacións e que todos sigan os mesmos criterios.

Solicitamos que interceda coa ad-ministración, para que a titulación de TES se adapte ao mundo laboral, pre-

sionando deste xeito para que se inicie un proceso para dotar ao TES das compe-tencias profesionais.

Consellería de eduCaCión

Comezamos a reunión coa Con-selleira o seu secretario e o director do 061. Dende esta asociación se lles comunica a necesidade de que a Con-sellería recoñeza a figura do TES, para así adaptalo título ó mundo laboral, para desempeñalas funcións que es-tán redactadas no currículo do título de TES. A Conselleira nos di que non é competencia desa administración o recoñecer ningunha categoría profe-sional nin tampouco as competencias profesionais, remitíndonos as admi-nistracións estatais para eses temas. Nós pedímoslle a Conselleira que se involucre no pro-ceso de recoñece-mento da figura do

TES, facendo caso a necesidade da poboación na aten-ción asistencial e o transporte sanitario de calidade que, a consellería de sa-nidade pretende ter de cara ó usuario.

Nese momento a Consellei-ra tivo que avandoala reunión, e a mesma trascurriu có Secretario da Conselleira e o director do 061.

Transmitímoslle as inquetudes sobre os cambios que vai sufrir o sec-tor, motivados polo novo Real Decreto 836/2012, que regula a nosa profesión,

e a modificación do mesmo que esta ó saír. Tamén facemos

referencia o des-enrolo do decreto nacional, que fará a Xunta e que re-gulará o sector en

Galicia. Nese aspecto non aclararon moito, xa que están a espectativa das modificacións do decreto nacional.

Ó final da reunión, saímos cunha chea de boas intencións e cun com-promiso de colaboración con esta aso-ciación, permitíndonos formar parte das decisións que se teñan por parte do 061 e da Consellería, no noso sec-tor, por medio de estudios e proxectos.

Consellería de sanidade

Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias

Avda. de Alvedro, 108

15180, Alvedro-Culleredo

asociacion.gallega.tes@gmail.com www.asgate.es

615881531

O VindeiroBoletín, en

Xaneiro2013

Registro Profesional de TES

ASGATE, no transcurso das xuntanzas tanto na Conse-llería de Educación como na Consellería de Sanidade, in-cidiu na necesidade de crear un rexistro profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias que teña como obxetivo, regular a forma-ción mínima que teñen que reunir os profesionais do sector, para o exercicio pro-fesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo imprescindible a inscrición no rexistro, tanto os datos académicos como os datos de acreditación de compe-tencias, certificado profe-sional ou habilitación profe-sional. Deste xeito poderíase ter controlado o intrusismo laboral na nosa profesión.

Esta proposta, pareceu-lle boa idea a ambas conse-llerías, propoñendo a esta asociación, a realización dun proxecto de borrador de rexistro profesional para presentalo na consellería de sanidade para o seu estudo.

Taller práctico impartido á comisión de festas

Tanto os alumnos como os mo-nitores, están de acordo; “a ex-

periencia foi positiva”

A Xunta Directiva de esta asociación, decidiu en agos-to, a adquisición de material de RCP básica, para impar-tilos talleres prácticos, que

ASGATE se comprometeu a facer có concello de Culle-redo, coa finalidade de dar a coñecer a figura do pro-fesional TES á poboación. Este material foi financiado, na súa totalidade, pola fun-dación da Obra Social de La Caixa, mediante unha subvención para fins so-ciais, que recibiu o ano pasado, esta asociación.

Este material, da-ranos a posibilidade de ofrecer talleres prácti-cos de concienciación á poboación e acercará a nosa profesión á mesma.

Xa fixemos, en agos-to, un taller impartido á comisión de festas do con-cello de Culleredo, e está previsto impartir outro taller a finais deste mes.

Adquisición de material de RCP básica

Actividades Pendentes

Quedan pendentes a reunión coa conse-

llería de Traballo, Federación de Empresarios de Galicia-FEGAM, có Director da Academia Galega de Segu-ridade e Protección-AGSP, có Subdelegado do Gober-no de Galicia, có Director Xeral da Guarda Civil de Galicia e diversos concellos.

Como TES implicados en Galicia propoñé-mosvos que nos escribades a nosa dirección de correo ou chamade ao teléfono da asoci-ación para indicarnos as vosas inquietudes,

suxerencias ou simplemente dar a vosa opinión

top related