muiñeiros

Post on 11-Jul-2015

344 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Os primeiros muíños apareceron en Persia no século VII d.C; e xa se usaban para regar e para moer gran.

En Europa, os primeiros apareceron na Idade Media; en Francia e Inglaterra.

Con isto, apareceu tamén o oficio de muiñeiro.

O muíño que eu visitei ten aproximadamente 150 anos; e actualmente non está en funcionamento.

Este era o sitio por onde entraba a auga, cada buraco para candaseu muíño, xa que adoitaba haber un para os animais (un produto menos labrado), e outro para cocer e para facer o pan (máis fino e de mellor calidade).

Se a auga do río non chegaba, acumulábase aquí, no cubo. A auga retida filtrábase por uns buratos, que ían dar xa ó rodeiro, unha especie de cata- vento que era o que recibía a forza da auga, e a transmitía ás pedras do muíño.

A cantidade de auga que entraba ó rodeiro controlábase por esta chave, que abría máis ou menos as comportas; dependendo da forza precisada.

Rodeiro

Esta era a tolva ou saltador, a cavidade cóncava onde se botaba o gran que se ía moer. Este tiña por dentro un tipo de medidas para saber a cantidade de millo, trigo, ou cebada que traía o cliente.

Cada un destes broches marcaban un ferrado. Se se enchía ata os dous primeiros, eran dous ferrados, se se enchía atas os tres seguintes eran tres ferrados....

Para cobrar era habitual, no lugar de diñeiro, quedarse cunha parte moi pequena do que se ía moer.

Isto facíase co maquieiro, e se se traían a moer 4 ferrados o muiñeiro quedaba con 4 maquieiros, se se levaban 5 ferrados, este quedaba con 5 maquieiros...

Dependendo da finura que se quixese obter na fariña, separábanse máis ou menos as pedras ou moas, a través desta roda de acción manual e custosa.

Os muiñeiros sabían da calidade da fariña ao apertala. Se esta quedaba comprimida ou nun bolo era a mellor fariña e usábase para cocer, para o pan...

Este recipiente era un ferrado, neste caso de millo.

Este é a criba ou cribo, que é unha especie de peneira pero para o millo.

Para o trigo e a cebada, hai distintas caixas.

O sitio onde se peneira é a peneira común cunha tea moi finiña e practicamente irrompible, pero que afrouxaba moi cedo polo peso do produto.

Este era o guindastre, un aparello que se usaba en caso de que se gastasen as pedras, isto levantábaas, e deixábaas no aire para podelas picar e reparar. Isto facíao grazas a unha especie de pinzas que agarraban as pedras.

Aquí caía a casca do trigo, millo ou cebada; tamén chamada salvado, restos cos que se fai actualmente o pan integral, e que anteriormente servían para o gando. Este muíño móvese grazas ás augas do río Tambre que nace no lugar onde está situado o muíño, en Sobrado dos Monxes.

Hai xa uns anos comezouse a recuperación da zona coa instalación dun merendeiro; zonas con información do río e do Camiño de Santiago.

Actualmente celébranse diversas actividades como a pesca de especies autóctonas como a troita.

Unha festa chamada o Día da Familia que se celebra o 17 de xullo e que reúne os habitantes da vila para comer en conxunto e pasear polas beiras fluviais.

top related