lois pereiro. letras galegas 2011
Post on 02-Jul-2015
585 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Lois Pereiroletras galegas 2011
Departamento de galego do IES María Casares
Lois Pereiro (á dereita) co seu irmán Xosé Manuel
Nace en Monforte o 16 de febreiro de 1958
Alí van transcorrer os seus primeiros anos
de vida: os invernos en Monforte e os veráns
nas aldeas dos pais, Reádigos e Santa
Cristina, no Incio.
No ano 1975 marcha a Madrid a estudar Socioloxía,
carreira que deixa no primeiro trimestre. Regresa a
Monforte, e , despois de traballar na cristalería da
familia, volve a Madrid ao ano seguinte e matricúlase
na Escola Oficial de Idiomas en inglés, francés e
alemán.
Poemas 1981/1991
Lois Pereiro ( Foto: Xurxo Lobato)
Narcisismo
Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul.
En Madrid comeza a
súa relación con
estudantes galegos
como Antón Patiño,
Manuel Rivas,
Reimundo Patiño… Con
eles e co seu irmán,
crea e edita a revista
Loia.
É neste tempo cando empeza a facer as súas
viaxes por Europa, percorrendo en tren toda
Centroeuropa, Gran Bretaña e Irlanda...
Lois Pereiro ( Foto: Nacho Santás )
ABURRIDO
un olor a café
na indiferencia de Praga.
Prumas na cabeza, verde artificial.
Unha entrada excitante
para un xogo final de namorados.
Un tenor azul canta o turno da pasión cando
cae o único inocente.
Sobre o fondo exipcio
a testa ladeada, de perfil.
Poemas para unha loia
Edinburgh Edinburgh
O tren fura paisaxes coma un piollo
nos cabelos escuros de Escocia escurecida
mentres veñen as mans
do abrente alleo
abrindo as portas daquel día de setembro
cruzando o Mar do Norde cara ás illas
chegando a un Edinburgh en sombra estraña
baixándome do tren coa mente aberta.
¿Onde se deita a noite en Edinburgh?
¿á esquerda do castelo de carbón diamante
cun sol negro?
Lois Pereiro ( Foto: Vari Caramés)
Poemas 1981/1991
... sempre en peregrinación ás
casas nas que viviran os seus
referentes literarios.
Poemas, 1981/1991
Lois Pereiro ( Foto : Xosé Abad)
A néboa en Monforte fumadora de opio
é a nai de siluetas furtivas
e saúdo ó perigo que brilla
na face escura dos teus soños
a verquer nas veas a bágoa fatal.
E triste non dorme no fondo dos ollos
medrando no reflexo eterno
dos corpos afogados profecías
cando baño a navalla destas artes
no sangue doutro drama que se acolle
no refuxio da túa arte máis lene
coma unha man esférica que acepta.
«Eu son un deus sensual»
e cando cae o sol
fustrigo á beleza no mesmo cabalo.
Enferma pola intoxicación con aceite de
colza, intoxicación que causou a morte de
preto de 400 persoas e a enfermidade de
outras 17.000.
Deixa Madrid e volve a Galicia, residindo na
Coruña e traballando esporádicamente en
dobraxes e guións para TVG.
Comparte diversos proxectos co seu irmán
Xosé Manuel e comeza a súa colaboración na
revista Luzes de Galiza.
Pregúntome candoA forza é sempre a mesma en corpo alleo
e a doenza mortal a que preciso
para amarte de lonxe
mentres poida.
Xa non podo ver nada ó meu redor
que signifique máis que a miña sombra.
En soños defininme como unha aparición
que se abre as veas en público
sentindo diante miña
un firme e invisible
punto final
no aire.
Poemas 1981/1991Selo personalizado coa imaxe de Lois)
Poema para P. ós trinta e un anos camiño do ceo
Se a morte é un incidente necesario
que me penetre calada e sen furia
a traizón e uniformemente cruel
co suor que polas noites crea o fracaso
dun corpo que coñece os seus dominios
vencido pola ofensa
continuada dos feitos.
E así desculpará a miña derrota
o medo que non sinto xa por ti.
Lois Pereiro ( Foto: Víctor Echave)
Poemas 1981/1991
Gaña o seu único premio, o de poesía O Facho.
Participa nos dous libros colectivos, De amor e
desamor (Edicións do Castro, 1984 e 1985) e
será , en 1992, cando publique o seu primeiro libro
Poemas 1981/1991.
O seu estado de saúde empeora. Publica o libro
Poesía última de amor e enfermidade, 1992-
1995, cos poemas escritos nos seus últimos anos
de vida.
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
Poesía última de amor e enfermidade
Imaxe: Camisola "Lois Pereiro"Tinta de Lura
Falece o 24 de maio de 1996 no hospital Juan Canalejo
aos 38 anos. Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)
Ese mesmo día faise
pública a sentenza do
caso da colza.
O corredor de fondo perde o alento.
Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.Lois Pereiro ( Foto: Vari Caramés)
Poesía última de amor e enfermidadeCon posterioridade, en 1997, edítase Poemas
para unha Loia, libro que recolle as súas
poesías publicadas na revista Loia.
Declaración
Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitente.
Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.
Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.
E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.
Solidario e amable, se é posible,
Lois Pereiro ( Foto: Vari Caramés)
ou lobo estepario no desterro,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo
Poesía última de amor e enfermidade
Neste ano 2011 publícase Conversa Ultramarina,
o diario que escribiu, entre os meses de marzo e
xuño de 1995, á xornalista Piedad R.Cabo, a que
fora a súa parella na mocidade.
Manuel Bragado, director de Xerais
"Os seus cento e pico poemas
chegáronlle para ser a un tempo unha das
voces máis innovadoras da poesía galega
de finais do século XX”.
Méndez Ferrín, Presidente da Real
Academia Galega
"Nunca as Letras Galegas foron
dedicadas a alguén tan
contemporáneo“
Xosé Manuel Pereiro, decano do
Colexio de Xornalistas de Galicia e
irmán do homenaxeado
“Sempre tivo unha actitude moi
radical. Na vida foi sempre moi libre,
educado pero rabudo, inconformista,
antinormativista”.
"Da lectura da súa poesía non se
pode sair indemne“.
top related