lic costa de dexo

Post on 16-Apr-2017

190 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISLIC Costa de Dexo

MONUMENTO NATURAL Costa de Dexo-Serantes

SUPERFICIE: 349,96 ha CONCELLOS: OleirosVALORES NATURAIS: cantís e vexetación e fauna asociadas

SITUACIÓN:Ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares e Betanzos e da Coruña, no fondo do golfo Ártabro. Tramo de costa comprendida entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé.

Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004.

Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014.

Monumento Natural “Costa de Dexo-Serantes “ 270 ha (2000)

PROTECCIÓN

A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un territorio próximo á área metropolitana da Coruña densamente poboado e cunha gran presión urbanística e turística.

O elemento principal do espazo é a paisaxe onde se combina mar, cantís e terreo de pasteiros o monte, xunto con espazos humanizados. A altitude vai dos 0 aos 81 m sobre o nivel do mar.

As rochas dominantes son os xistos de foliación moi marcada con gran variedade de diques, fracturas e pregues.

XEOLOXÍA

O nome do Seixo Branco ven dado pola existencia dun grande filón de cuarcita, moi chamativo polas súas dimensións e a súa cor branca que corta o cantil de xisto. Segundo os especialistas ten unha orixe posterior á Oroxenia Hercínica.

Filón de seixo na Punta Torrella

AS FURNASFórmanse polo continuo desgaste que xera a forza da ondada facendo que as partes máis brandas e débiles se degraden máis rapidamente que as rochas próximas, dando lugar a cavidades. Ás veces, en etapas máis evolucionadas do proceso de erosión, prodúcese a unión de dúas covas contiguas, quedando illados anacos do cantil en forma de illotes. En ocasións, o teito da cova derrúbase, dando lugar a impresionantes ocos no terreo. Neste tipo de furnas orixínase un pozo ou conduto vertical que conecta a superficie co fondo da cova. Exemplos diso son as furnas de Ollo Grande, A Regocha e Ollo Pequeno, todas elas localizadas no Seixo Branco.

Enseada de Canabal

Punta Mera

Erosión nos xistos

Os case 11 km de costa deste espazo forman parte na unidade de xistos cristalinos de Bergondo, rochas metamórficas moi sensibles á erosión polo que presenta un perfil irregular con zonas de altos cantís en forma de serra, de ata 40 m de altura nalgúns puntos e con con pequenas calas intercaladas. Hai un pequeno complexo de illas e illotes nas que destaca A Marola, Montemeán e O Corval e impresionantes covas mariñas ou furnas.

A COSTA

Punta de Mera

Punta Meán

Illote de Monte Meán

Enseada de Canabal e Punta do Seixo Branco

Punta Seixo Branco desde Monte Meán

Puntas Meán e Mera desde O Seixo Branco. Ao fondo A Coruña.

Vista da Coruña desde o Seixo Branco

Puntas Monte Meán e Seixo Branco co porto de Ferrol ao fondo.

O Seixo Branco desde o mar

O Seixo Branco

Punta do Seixo Branco

Punta de San Antón

Vista desde A Rasa cara a Seixo Branco

A Rasa

Portiño e praia de Dexo coa illa da Marola ao fondo

A Marola coñecida polo refrán “quen pasa a Marola, pasa a mar toda”

Punta Corval

Punta Corval

Punta Porrido cos illotes Marolete e Marola

Punta da Roza desde Punta Torrella

A Revolta

Vista desde Punta Torrella cara ao Castelo

Punta Torrella

Punta Torrella

Punta Torrella

O mar na Punta Torrella. Ao fondo a Punta da Roza e A Marola.

Lorbé e punta de Pena Roxa

Lorbé

Pena Roxa, Lorbé

Oceánico húmido, caracterizado por unha escasa oscilación térmica e abondantes precipitacións.

CLIMA

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

A vexetación do espazo distribúese en tres zonas en función da súa proximidade ao mar:

FLORA

-Zona próxima ao mar, ocupada por especies que se instalan nas paredes e fendas do cantil como os liques. No espazo litoral destaca a presenza de gran diversidade de algas apegadas ás rochas ou ocupando as pozas e fendas.

-Zona de pasteiro e matogueira costeiros, caracterizada polo perixel do mar, a herba de namorar, Leucanthemum merinoi, L. pluriflorum, colexas, leiteras, carlinas, caliborcia, Anthyllis vulneria, pulicaria, Rumex, trevos...

-Zona interior cunha cuberta vexetal de matogueira de toxo e breixo, e arboredo mixto de con plantacións de piñeiros e eucaliptos.

Centaurium maritimum

Sedum e liques

Herbas namoradeiras.

Herba namoradeira (Armeria pubigera, subsp. pubigera)

Colexas (Silene uniflora) e pirixel do mar

Leucanthemun pluriflorum, endemismo das costas atlánticas galegas, de Cabo Fisterra a Asturias.

O espazo acolle varios endemismos galaicos e do noroeste da península Ibérica.

Margaridas (Leucanthemum merinoi) endemismo da costa atlántica de Galiza.

Anthyllis vulneraria

Caliborcia (Heracleum spondifolium)

Gladiolo (Gladiolus illyricus)

Centaurea nigra

Herba pulgueira (Pulicaria odora)

Orquídea (Serapias cordigera)Cardo (Silybum marianum)

Queiruga (Erica ciliaris)

FAUNAMAMÍFEROS: 17 especies (e once probables): furafollas ibérico,  toupa ibérica, raposo, coello, donicela, furaño común, morcegos… 

Toupa (Talpa occidentalis)

AVES: é o grupo de vertebrados máis abundante, cun total de 82 especies, entre mariñas e terrestres, das que 57 crían na zona (favorecido polos refuxios que ofrecen os cantís). Aquí aniñan aves que se reproducen de forma escasa ou localizada no resto do territorio galego, como o andoriñón real ou o lagarteiro. O corvo mariño cristado aniña nos cantís e furnas. Tamén hai falcón peregrino, corvo grande, rabirrubio, papuxa do mato, azulenta , chasco común…Fronte á costa pódense ver pardelas furabuchos, paíños, mascatos, parrulos pentumeiros e carolos.

Chasco (Saxicola torquata). Unha ave insectívora que gosta dos lugares abertos con mato baixo.

Gaivota patiamarela (Larus michahellis) criando nos cantís

ANFIBIOS: oito especies: sapiño pinto, píntega, pintafontes común…

Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)

RÉPTILES: oito especies: lagartixa galega, víbora de Seoane, lagarto das silvas, cobra lagarteira común…

Lagartixa galega, macho (Podarcis bocagei)

INVERTEBRADOS: abondan, sobre todo, os insectos: bolboretas, abellas, vésporas, escaravellos...

Bolboreta (Melanargia lachesis)

-Pesca na área costeirra-Acuicultura-Agricultura-Turismo

ACTIVIDADES

Porto de Lorbé

Desde tempos remotos a costa de Dexo-Serantes estivo poboada, do que dan testemuña os restoss de antigos asentamentos fortificados como os castros de Subiña, Castromén, punta Roza e punta Torrella. -No Seixo Branco e punta de Mera consérvanse os restos de baterias militares instaladas da década de 1920 para defender a costa de Ferrol e A Coruña.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL

Embarcacións tradicionaisen Lorbé

-Puntas de Mera, Montemeán, Seixo Branco, Torrella...-Portos de Lorbé e Dexo-Igrexa románica de Santa María de Dexo -Faros de Mera.- Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.-Roteiros: por toda a zona hai marcados roteiros de interesa natural que nos achegan a distintos tramos da costa.

PUNTOS DE INTERESE

Igrexa románica (século XII) de Santa María de Dexo, nos lindes do espazo protexido.

Faros de Mera: dúas torres de enfilación que cumpren tamén a función de marcas de balizamento, construídas en 1917. Nos seus primeiros tempos tiñan unha lámpada de incandescencia para vapor de petróleo e en 1932 cambiaron ao actual sistema eléctrico que emite luz visible ata 8 millas.

-Punta de Mera. No edificio da vivenda do fareiro está instalado o Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes:.

-Presión humana-Presenza de especies invasoras

PROBLEMAS

Helychrisum petiolare, unha planta invasora orixinaria de Sudáfrica.

Enseada e praia de Canabal

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta.Xullo 2016

top related