letras galegas 2016

Post on 22-Jan-2017

600 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MAIO, MES DAS LETRASPrograma de actividades

CEIP de AndradeCurso 2015/2016.

PROGRAMA

Venres, 20 de maio:“Vida de Manuel María” 5º de primaria“Poemas da Terra Cha” 5º de primaria

Luns, 23 de maio:“A natureza” 1º de primaria

“O paso do tempo” 2º de primaria“Sonetos á casa de Manuel María” 3º de primaria

Xoves, 26 de maio:Representacion teatral: “Como apareceron os dinosaurios” infantil

“Biografia da muiñeira” 4º de primaria“Poemas: o home, o afiador” 4º de primaria

Venres, 27 de maio: 6º de primariaObra teatral: “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada

Berenguela”“Manuel María: reivindicativo en defensa da Lingua Galega”

BIOGRAFÍA E OBRA

O alumnado de 5º curso fixo unha presentación da obra e vida de Manuel María.

RECITADO DE POEMAS

Todo o alumnado do colexio, dende E. Infantil ata 6º de Primaria, fixeron o recitado de poemas de Manuel María.

Poemas musicados de Manuel María.

Cantamos xunt@s en galego:Enlace no blog de música “Cantos mirados”:

http://cantosmirados.blogspot.com.es/2016/05/preparando-o-cerame-musical-2016.html

Concerto musical

Concerto musical coa participación da escola de música Xarío. Interpretarán obras clásicas e música Galega acompañando ao alumnado do Centro. (Programado para o 17 de xuño).  (Foto de archivo do curso pasado)

CARTEIS, EXPOSICIÓN CUESTIONARIO.

Todos os cursos visitaron a exposición dos carteis sobre a vida e obra de Manuel María.Tiveron á súa disposición un cuestionario impreso sobre a exposición.

ILUSTRAMOS POEMAS DE MANUEL MARÍA.

Elaboramos marcapáxinas coas ilustracións e o texto de fragmentos de poemas de Manuel María.Repartímolos en varios establecimentos do pobo para que os regalen aos clientes.Esta actividade foi recollida no xornal.

EXPOSICIÓN DOS MURAIS

ELABORACIÓN DUN LIBRO QUE RECOLLE A VIDA E A OBRA DE MANUEL MARÍA ,

Traballo realizado polo alumnado do 3ºcurso:https://issuu.com/andrade4444/docs/manuel_mar__a/1?e=1843009/35911847

O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.

Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.

Madriñas e padriños lectores:En Maio, mes das letras, libros en galego.

XOGOS POPULARES

Está programada para a semana do 13 ao 17 de xuño unha xornada de xogos populares.

ROTEIRO POR OUTEIRO DE REI, TERRA DE Manuel María

Ao remate de cada curso sempre programamos unha saída de convivencia para todo o alumnado do centro.

Este curso estamos planificando un ROTEIRO en Outeiro de Rei para visitar os lugares máis emblemáticos da vida e obra do autor homenaxeado. Visitaremos: 1.- A CASA-MUSEO2.- OUTEIRO DE REI3.- Carballeira de Santa Isabel4.- O muíño5.- A lagoa de Cospeito.

LETRAS GALEGAS 2016

CEIP Plurilingüe de Andrade“Biblioteca Soños de Andel”

top related