faia (fagus sylvatica)

Post on 11-Jul-2015

82 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Faia (Fagus sylvatica)

beechhêtre faia

CLASEAnxiospermas

ORDEFagalesFAMILIAFagáceas

Árbore de copa redondeada e mesta que pode acadar os 40 m de altura. Medra lentamente e acada a madurez aos 100 anos. Precisa humidade e temperaturas frescas todo o ano.

É unha árbore típica de climas fríos, orixinaria de Europa Central. En Galiza é escasa. Só se atopa en zonas montañosas da provincia de Lugo. Os mellores exemplares consérvanse en parques e xardíns.

TORO Recto coa tona lisa de cor verde-gris e ramificación ergueita.

FOLLASSimples, alternas, ovais-apuntadas coa beira lixeiramente ondeada e con peliños, cos nervos e o envés peludos. O peciolo é curto.

FLORESSon unisexuais, en inflorescencias separadas sobre o mesmo pé. Saen na primavera cando brotan as follas novas. As flores masculinas son amentos globosos de cálice tubular, as femininas están en grupos de ata tres rodeadas por un involucro.Florece en abril e maio.

FROITOS (faiuchos)Son secos (aquenios) e están encerrados nunha cúpula cuberta de pelos grosos e duros que se abre ao madurar. Madura entre setembro e outubro.As sementes son comestibles.

CICLO ANUAL-FAIA

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Os faiais galegos son pequenas masas forestais asociados moitas veces aos terreos calcários ou situados en zonas de transición con carballeiras, en terreos montañosos orientados ao norte. Son bosques umbríos e con pouco mato. Os máis importantes atópanse nos Ancares (Pintinidoira), O Courel (Devesa de Rogueira, Romeor, O Faro), O Cebreiro (Liñares, Zanfoga, Riocereixa, Fonteformosa) e A Marronda.

Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo). O faial máis puro de Galiza.

Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Devesa de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).

Faia en Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo). 2,10 m de perímetro.

Faial do Sixto (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).

Faial de Liñares (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).

Devesa de Brañas. Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Devesa de Romeor (Folgoso do Courel, Lugo).

Devesa do Faro (Folgoso do Courel, Lugo).

A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).

Fraga da Marronda (Baleira, Lugo).

Faias na Marronda. Baleira (Lugo). Nesta fraga atópase o límite occidental de distribución da faia en Galiza. Forman manchas nas zonas máis húmidas dentro dun bosque mixto de carballos, bidueiros, carbas, capudres, avelairas, acivros...

Faias na Devesa de Rogueira. O Courel (Lugo). As faias atópanse mesturadas con carballos, carbas, acivros, teixos, pradairos, capudres...

A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).-4,30 m de perímetro.

-4,35 m de perímetro. -4,40 m de perímetro.

A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).

A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).-3,80 m de perímetro.

Mosteiro-pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)-21,50 de altura e 3,28 m de perímetro.

Campus da USC(Santiago de Compostela)-3,57; 3,40 e 3,50 m de perímetro.

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla(Vedra, A Coruña) -31 m de altura e 2,95 m de perímetro.

Pazo de Antequeira (Rois, A Coruña)-29 m de altura e 3,19 m de perímetro.

Monte Aloia (Tui-Pontevedra). -3,16 m de perímetro troncal, uns 20 m de altura e case 30 m de diámetro de copa.

Parque de Castrelos (Vigo)-45,6 m de altura; 3,84 m de perímetro.

FAIA PÚRPURA.

É unha variedade de Fagus sylvatica (Atropurpúrea) coas follas vermellas.

As máis grandes atópanse nos pazos de A Mercede (As Neves), Torrecedeira (Redondela) e parque de Castrelos.

Faia púrpura do parque de Castrelos. Vigo

Parque de Castrelos (Vigo). Varios exemplares, a máis grande mide 38 m de altura e 3,19 m de perímetro.

Xardíns Méndez Núñez (A Coruña)

Pazo de Torrecedeira(Redondela)-34 m de altura e 4,10 m de perímetro.

USOS: A madeira de faia é de boa calidade e úsase para facer móbeis e parquet. Noutros tempos usouse para facer carbón.É unha árbore presente en parques e xardíns.

ESCOLMA LITERARIA

SOUTO sin folla!Faias cerdeirasroxase bidueiras marelas!

.....................................

Ollo do Río!Barbas de mofo e lidrio!Alta faia con redroma!Non miro máis que a sombra.

Uxío Novoneira “Os Eidos 1”

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaOutubro 2015

top related