estudar unha paisaxe

Post on 13-Apr-2017

115 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESTUDAR UNHA

PAISAXEPLAN PROXECTA

IES LAXEIRO4º ESO - 2014

QUE VISTES NAS FOTOGRAFÍAS ANTERIORES ?

QUE É A PAISAXE?

Pintura ou debuxo que representa certa extensión do terreo.

O escenario da actividade humana. Imaxe que representa unha escena natural. Terreo que se divisa desde un punto. Porción de superficie terrestre provista de

límites naturais, onde os compoñentes naturais forman un conxunto interrelacionado e interdependente.

Cal delas se asemella máis á que ti dixeches?

Que elementos comúns hai entre as distintas definicións?

Como podedes observar cando se define paisaxe o elemento que se destaca é a

IMAXE.

Haberá outros elementos a destacar?

A paisaxe percíbese a través dos órganos dos sentidos, sobre todo da

VISTA.

Mais logo interpretamos esa información de xeito individual atendendo ao coñecemento, ideas, ideoloxía, formación, etc.

Que paisaxe che gusta

máis?

En cal podemos vivir mellor e

satisfacer en maior medida as

necesidades humanas?

Terían a mesma percepción un gandeiro, arquitecta, poeta, albanel ou médica?

Por que?

Que signos da acción humana podemos considerar positivos e negativos nesta paisaxe?

Como a poderiamos mellorar?

Na imaxe anterior vemos distintas paisaxes pero teñen algo en común; Que?

Cal che gusta máis?

En cal poderiamos vivir mellor? Por que?

Que signos de acción humana hai en cada unha delas? Cales son positivos e negativos? Por que?

Como mellorarías cada paisaxe?

Como poderías observar non todos coincidimos nas nosas opinións sobre as mesmas paisaxes.

Toda paisaxe ten unha serie de elementos que a compoñen, en xeral podemos destacar:

Elementos do FENOSISTEMA: Todo aquilo que percibimos cos sentidos.

Elementos do CRIPTOSISTEMA: Todo aquilo que non percibimos cos sentidos, pero que podemos interpretar pola lóxica e a abstracción.

Outros elementos que se poden atopar nas paisaxes son:

Elementos naturais do medio físico ou abióticos: Rochas, vales, picos, ríos, costas, etc.

Elementos bióticos: Seres vivos vexetais e animais, tanto autóctonos como alóctonos.

Elementos artificiais e derivados das actividades humanas: Edificios para vivendas, fábricas, estradas, granxas, etc.

Busca os tres tip

os de elementos citados na

diapositiva anterior, nestas dúas im

axes.

Os elementos antes citados están sempre relacionados entre si.

Hai casos onde predominan máis uns ca outros.

Que elementos predominan en cada imaxe?.

Indica algunha relación entre os elementos.

As paisaxes pódense clasificar atendendo a diversos criterios:

Por exemplo atendendo ás transformacións feitas polo home resultan os seguintes tipos:

Natural, Seminatural, Semiagrícola, Agrícola, Rural, Suburbana, Urbana e Industrial

Indica en que tip

o de paisaxe encadrarías e

stas

imaxes, segundo a cla

sificació

n da diapositiva

anterior.

Cando se estudia unha paisaxe é posible identificar as chamadas UNIDADES DA PAISAXE, que están formadas por diferentes elementos que se repiten na paisaxe e danlle a esta un aspecto de mosaico.

Un exemplo témolo na unidade bosque, formada por árbores, arbustos, animais, etc.

Dependendo da unidade que predomine podemos ter:

Predominio da XEA (predominio da xeoloxía).

Predominio da FLORA (predominio da masa vexetal).

Predominio das ACTIVIDADES HUMANAS (predominio das construcións feitas polo home).

A paisaxe cambia, non é estática, ao longo do tempo vai variando.

Para poder entender ese cambio hai que analizalo atendendo a tres factores:

a. Coñecer a historia xeolóxica da zona.

b. As distintas accións humanas que se desenvolveron.

c. Os cambios nos elementos da paisaxe e os cambios nas relacións entre estes elementos.

top related