da forza á palabra - fund cultura de pazfund-culturadepaz.org/boletines/boletinfcp-1_galego.pdf ·...
Post on 23-Feb-2020
8 Views
Preview:
TRANSCRIPT
“Escribo desde un naufragio
...desde el clamor del hambre y del trasmundo
...pero escribo también desde la vida,
desde su grito poderoso"
José Ángel Valente en
"Sobre el tiempo presente"
La Fundación Cultura de Paz inicia a publicación
do Boletín electrónico "Da forza á palabra".
Este título é a gran mensaxe, a transición esencial
que debemos realizar nestes albores de século e
de milenio, que poden representar a
emancipación definitiva da especie humana.
Pasar da forza, da imposición, do dominio á
conversación, á alianza, á acción.
Pasar do poder exercido polos poucos máis
prósperos sobre os moitos menesterosos a unha
auténtica representación de todos, sen
exclusións. Dos silenciados e silenciosos ao
clamor popular. Desde a resignación, o medo e a
submisión á participación activa, firme, tenaz,
pacífica.
Desde o fanatismo á discusión serena, á
exposición meditada, á escoita.
Estamos a vivir momentos tan difíciles e
complexos como fascinantes porque, por
primeira vez, existe a posibilidade de influír
na gobernación a escala local y mundial . A
moderna tecnoloxía da información e a
comunicación non só facilita un
coñecemento global e, por tanto, o aprezo
do que se ten xunto á conciencia das
precariedades alleas, senón que permite a
participación non presencial. A participación
popular, esencia da democracia xenuína.
Deste xeito, por fin, poderán ser os pobos,
como se establece lúcidamente na Carta das
Nacións Unidas, quen tomen en man o seu
destino. Por fin, una gobernación mundial
baseada no multilateralismo e as liberdades
públicas e a xustiza. Por fin, a seguridade da
paz e nunca máis a paz da seguridade. Por fin,
a escala municipal, comunitaria, rexional e
planetaria, a vontade de todos, a voz de
todos. Por fin, ya no súbditos impasibles sino
ciudadanos plenos.
Por fin está ao noso alcance, co noso
comportamento cotián, levar a cabo a
transición desde unha cultura secular de
violencia e guerra a unha cultura de diálogo,
conciliación e paz.
Por fin, nuns anos, paz na Terra.
Federico Mayor Zaragoza
Presidente
Fundación Cultura de Paz
EDITORIAL
Federico Mayor Zaragoza
C O NT ID O
EDITORIAL 1
A palabra de
MARÍA NOVO
2
Informe Mundial de
Cultura de Paz
2001-2010
3
Facendo a Paz en
Colombia
4
Diagnóstico da
Educación para o
Desenvolvemento
4
O Saber das
Mulleres: Claves
para a Paz
5
A Cultura de Paz:
un traballo en rede
unha aposta polo
Desenvolvemento
5
Aprender contando:
visibilizar a
contribución das
mulleres ao
Desenvolvemento e
a paz
6
Lar da paz, Centro
Internacional pola
Paz
6
Axenda abril—junio
2011
6
Publicacións 7
Recursos
recomendados
8
Da forza á palabra
A B R I L 2 0 1 1 N . 1
Boletin da Fundación Cultura de paz
Blog de Federico Mayor Zaragoza: http://www.federicomayor.blogspot.com
B O L E T I N E N :
C A S T E L L A N O - E N G L I S H
C A T A L À
P Á X I N A 2
“a gran
transformación
deberá darse
nas nosas
mentes e os
nosos corazóns”
María Novo
A palabra de MARÍA NOVO EN PAZ CO PLANETA
A Modernidade foi unha etapa de
grandes avances científicos e culturais
pero, como todas, presenta luces e
sombras. Froito destas últimas, dos
erros e excesos dos últimos séculos,
é a comprometida situación ambiental
que hoxe estamos a vivir (cambio
climático; modificacións drásticas nos
usos do chan; perda de
biodiversidade; problemas
enerxéticos...). As alteracións
producidas pola nosa especie no
planeta son de tal intensidade que, no
seu conxunto, configuran o chamado
“cambio global”, unha situación crítica
nalgúns aspectos para o mantemento
das nosas formas de vida sobre a
Terra.
Ao mesmo tempo, xeneralizouse unha
visión reduccionista e mecanicista do
mundo que propiciou a consideración
da natureza como unha máquina,
baixo regras que eludían a enorme
complexidade de todo o vivo. Por
fortuna, a propia ciencia alumou un
cambio de paradigma desde principios
do século XX, pero ese novo
paradigma e o pensamento complexo
que leva aparellado non acaban de
imporse sobre as visións
simplificadoras e economicistas que
insisten en someter os bens da Terra
aos exclusivos intereses económicos
das compañías transnacionais e os
poderosos do mundo.
Nestas circunstancias, cunha natureza
acurralada, precisamos reformularnos
urxentemente a nosa actitude
colectiva (na que os países do Norte
teñen maior responsabilidade), para
deter a destrucción e legar unha
Terra habitable ás xeneracións
futuras. Necesitamos, en suma, vivir
en paz co planeta. Iso require cambios
fundamentais de orde tecnolóxica,
político, económico, social… Tamén
cambios educativos, nos valores que
inculcamos a nenos e novos. Pero, sen
dúbida, a gran transformación deberá
darse nas nosas mentes e os nosos
corazóns: chegar a sentir que a
natureza ten un valor intrínseco, uns
ritmos, unhas leis, que deben ser
respectados; deixar de identificar o
benestar co consumo; practicar a
autocontención e a austeridade no uso
dos recursos; avanzar cara a equidade
social entre o Norte rico e o Sur
global…
Ao meu xuízo, non daremos ese paso,
a paz non será posible, sen algúns
requisitos previos: o primeiro, aceptar
que sen sustentabilidade persoal non
existe sustentabilidade colectiva.
Temos que reformularnos se
queremos vivir só como productores e
consumidores sumisos ou se a vida
consiste en algo máis creativo, máis
cheo de valores intanxibles. En canto á
sustentabilidade global, é preciso dicir
que as políticas de crecemento
ilimitado, tan en auxe, son un camiño
cara o abismo. Estamos retados a
reinventar e pór en práctica formas de
desenvolvemento sustentables, que
non impliquen necesariamente esa
enorme pegada ecolóxica que nos leva
á catástrofe.
Eso non significa vivir peor, senón
reorientar as prioridades: acabar cos
paraísos fiscais; regular os fluxos
financieiros; reducir drásticamente o
gasto militar…, e dedicar máis
recursos a fins sociais e ecolóxicos.
Porque estamos a consumir o “capital”
biolóxico do planeta a unha velocidade
moi superior á que os ecosistemas
poden rexenerarse…
Porque unha gran parte da humanidade
vive na fame e a penuria permanente…
¿É ese o mundo que queremos deixar
aos nosos fillos?
D A F O R Z A A P A L A B R A
La palabra de MARÍA NOVO
P Á X I N A 3 N . 1
Vivimos e vivimos aínda baixo a
fascinación do PIB e dos indicadores
cuantitativos que dan conta da marcha
da economía dunha forma un tanto
basta e indiscriminada. Pero estes
indicadores non poden falar da
felicidade da xente, da ilusión dos
mozos que buscan ser artífices do seu
destino e non meros súbditos, do
tempo do que dispoñen os pais nas
nosas sociedades para estar cos seus
fillos… Nalgúns círculos está a
impulsarse xa un novo indicador: o FIB,
que fala da “felicidade interna bruta”,
algo moito máis complexo e
interesante.
Esta medida inscríbese nunha
reorientación das nosas formas de vida
cara a sociedades postmaterialistas que
toman en conta non só as necesidades
materiais das personas senón tamén as
emocionais, psicolóxicas, intelectuais,
afectivas…
Algo se move, por fortuna. A paz co
planeta é posible se somos capaces
de rectificar a tempo persoal e colec-
tivamente. É unha paz posible, que se
asina ante todo nos corazóns e as
mentes dos seres humanos. Os pro-
tocolos, os acordos políticos e
económicos, son necesarios para rea-
xustar os nosos obxectivos. Pero o
prioritario, o urxente, é que cada un
de nós comprenda algo que, por
sinxelo, resulta en ocasións esqueci-
do: non se cambia a vida sen cambiar
a propia vida.
(*) María Novo é Catedrática Titu-
lar de la Cátedra UNESCO de Educa-
ción Ambiental E Desenvolmevento-
Sustentable da Universidade Nacional
de Educación a Distancia.
O Informe Mundial de Cultura de Paz 2010 realizouse con
motivo do final do Decenio Internacional de Nacións
Unidas dunha Cultura de Paz e Non Violencia para os
Nenos do Mundo 2001-2010.
No informe exponse e analiza a contribución da
sociedade civil para unha Cultura de Paz, durante o
Decenio. Contén información recompilada e presentada
por case 1.000 organizacións de todo o mundo, que
realizaron actividades para a promoción dunha cultura de
paz e non violencia.
O director da Oficina de Barcelona,
Manuel Manonelles, xunto ao Embaixador
Anwarul Chowdhury e o Sr. David Adams,
presentaron o Informe Mundial de Cultura
de Paz 2010 á Presidencia da 65ª Asemblea
Xeral de Nacións Unidas, o 15 de outubro
de 2010 .
Posteriormente, o Informe foi distribuído a
todas as delegacións ante Nacións Unidas.
A Fundación Cultura de Paz – Barcelona,
editou e publicou o Informe en inglés e
castelán.
Descargar IMCP:
Castelàn - Inglés
Informe Mundial de Cultura de Paz 2010
Presentación do Informe
Mundial de Cultura de Paz
2010 nas Nacións Unidas
“A paz co
planeta é
posible se somos
capaces de
rectificar a
tempo persoal e
colectivamente”
P Á X I N A 4
“O movemento
a favor dunha
cultura de paz
acaba de
empezar.
Require a nosa
implicación, o
noso
compromiso ”
Acto de Inauguración
do Seminario
Diágnóstico da Educación para o Desenvolvemento en España
Facendo a Paz en Colombia
Os días 21-23 de febreiro
de 2011, tivo lugar en
Buenos Aires (Arxentina),
o Encontro “Haciendo la
Paz en Colombia”,
organizado pola Asociación
Colombianos e
Colombianas pola Paz,
baixo o liderado de Piedad
Córdoba, Ex-Senadora
Colombiana, e co apoio da
Cancillería da República Arxentina e
da COPAL.
Durante o Encontro analizáronse
experiencias vividas en Colombia e
noutros países, que forxaron e
continúan forxando procesos de
diálogo e de solución negociada a
conflictos armados.
Tamén se propuxeron formulacións
que examinen de forma coherente vías
de aproximación política, tanto para
diálogos estratéxicos de paz como
para a rápida “humanización” do
conflito.
O Presidente da Fundación Cultura de
Paz, Federico Mayor Zaragoza, e o
Director da Oficina de Barcelona,
Manuel Manonelles, participaron neste
Seminario, no que tamén estivo
presente o Premio Nobel da Paz,
Adolfo Pérez Esquivel.
Máis información sobre o Seminario
O 4 de marzo presentouse o Estudo
sobre a situación da Educación para
o Desenvolvemento en España,
elaborado por Manuela Mesa e Jose
Escudero.
Este informe identifica as principais
fortalezas e debilidades da Educación
para o Desenvolvemento en España
e ofrece unha serie de
recomendacións para avanzar neste
ámbito de actuación.
Durante o seminario organizado por
CEIPAZ, sometéronse a discusión
diferentes dimensións da educación
para o desenvolvemento e contouse
coa participación de investigadoras,
membros de ONGD, profesores/as
e representantes de gobernos
rexionais, municipais e do ámbito
estatal.
Mais información en:
www.ceipaz.org/educacionparaeldesarrollo
D A F O R Z A A P A L A B R A
Acto de Inauguración do Seminario
O Saber das Mulleres : Claves para la Paz
P Á X I N A 5 N . 1
A Fundación Cultura de Paz acolle un novo proxecto
internacional: O Saber das Mulleres: Claves para
a Paz (Women’s Knowledge: the Missing Piece
for Peace), dirixido por Teresa Langle de Paz e por
Margarita Benítez. O proxecto WK aspira a impulsar,
difundir e aproveitar mellor os saberes das mulleres
para a construcción de cultura de paz e dun mundo
máis xusto.
WK comeza a súa andaina este ano 2011 con tres
obxectivos a curto e medio prazo:
1. Desenvolver un programa interuniversitario
de becas e intercambio de profesionais en Euro-
pa, Estados Unidos, América Latina e o Caribe, e os
países do norte de África para impulsar proxectos
concretos e multiplicar as súas sinerxías.
2. Establecer plataformas internacionais de ac-
ción e coordinación. Está a traballarse para formar
unha ampla rede internacional de institucións interesa-
das en ser parte do proxecto.
3. Crear unha comunidade e un programa glo-
bal que fomente e apoie o coñecemento, a
formación e o liderado das mulleres. Nun en-
contro que tendrá lugar en xuño 2011 en Nova
York, un grupo de expertas trazará as liñas princi-
pais que estructuren un programa transnacional
para a democratización do acceso ao coñecemento
das mulleres e a súa difusión.
Nestes momentos está a prepararse un Proxecto
Piloto no que intervirán entre catro e seis universi-
dades a ambos os dous lados do Atlántico, e que
se lanzará en 2012.
Para maior información sobre WK, comunicarse
con tlangledepaz@fund-culturadepaz.org
Rede Internacional inicial:
Argentina: Alicia Cabezudo
Guatemala: Delegación da Fundación Cultura de
Paz (Federico Figueroa)
México: Instituto Internacional para la Cultura
Democrática (Jorge Nieto)
Mali: Centre Amadou Hampaté (Aminata Traoré)
Nicaragua: Instituto “Martin Luther King”
Universidad Politécnica de Nicaragua (Denis
Torres)
Rusia: International Public Foundation for
Survival and Development of the Humanity
Rustem Khairov)
Durante 2011-2012 a Fundación Cultura de Paz
dará continuación ao proxecto iniciado en 2005-
2007, “A Cultura de Paz: un traballo en rede e
unha aposta polo desenvolvemento”.
Este proxecto ten como obxectivo a consolidación
dunha Rede Internacional de organizacións e
persoas que, mediante a cooperación, leven a cabo
actividades e proxectos para a promoción dunha
Cultura de Paz e non-violencia en todo o mundo.
A Cultura de Paz: un traballo en rede e unha aposta polo
desenvolvemento
“Non hai paz sen desenvolve-
mento, nin desenvolvemento
sen paz ”
P Á X I N A 6
1325 mujeres tejiendo
la paz
Lar da Paz, Centro Internacional pola Paz
Durante os anos 2011-2012 se realizaranse talleres de formación-acción dirixidos
a asociacións de mulleres, asociacións de mozas, organizacións locais, animadores
socioculturais. Nos talleres abordaranse desde a perspectiva de xénero, as
estratexias que utilizaron as mulleres no traballo pola paz e o desenvolvemento, a
partir da descrición de historias de vida. Os/as participantes elaborarán historias
de vida de mulleres anónimas ou recoñecidas que fixeron unha contribución
relevante ao desenvolvemento e a paz.
Mais información en : www.1325mujerestejiendolapaz.org
O Seminario Galego de Educación para a Paz continúa coas xestións para a
rehabilitación e posta en marcha do Lar da Paz, un Centro Internacional pola
Paz no Mosterio franciscano de Herbón, en Padrón (A Coruña). Este Centro
serán 1.070 m² nun espazo ,restaurado do século XIV, de transmisión dos valores
dunha Cultura de Paz, que contará cun Centro de Documentación e
Investigación, Biblioteca, Videoteca, Sala de Exposicións permanente, Salón de
Actos, aulas… Está previsto que poida estar en funcionamento nun plazo de tres
anos .
D A F O R Z A A P A L A B R A
11-17 de abril. Semana de Acción
Mundial pola Educación (SAME),
baixo o lema "A Educación non é un
conto: polos dereitos das mulleres e das
nenas" .
12 de abril. Coloquio con Federico
Mayor Zaragoza ““Respostas ás crisis:
construcción de paz e desenvolvemento
global”. No marco das Xornadas “Utopías
Concretas para un Mundo Mellor 2011”,
organizadas polo Concello de Sant Joan
Despí.
Maio 2011. O próximo mes de maio
aparecerá o primeiro número do Boletín
monográfico “En son de Paz”, editado
polo Seminario Galego de Educación para
a Paz. Este primeiro número abordará o
tema do Voluntariado.
Aprender contando: visibilizar a contribución
das mulleres ao desenvolvemento e a paz
Axenda abril-xuño 2011 10-11 de maio. Seminario
Internacional sobre os novos retos da
Paz, en Madrid, Círculo de Bellas Artes.
Organizado polo Movemento pola Paz
(MPDL) e a Fundación Cultura de Paz.
12 de maio. Conferencia de Federico
Mayor Zaragoza “Educación e
transmisión de valores” en Vic, Auditorio
Unnim, Rambla Hospital, ás 20 h.
27-28 de maio. Reunión de Cátedras
UNESCO de Cultura de Paz e
Dereitos Humanos, en Santiago de
Compostela, organizada polo Seminario
Galego de Educación para a Paz, a
Fundación Cultura de Paz e a Comisión
Española de Cooperación coa UNESCO
Publicacións
P Á X I N A 7 N . 1
A Fundación Cultura de Paz, xunto á Fundación Ciudadanía, editou a
"Declaración de Cultura de Paz de Fácil Lectura", con motivo do final do "Decenio
Internacional dunha Cultura de Paz e Non Violencia para os Nenos do Mundo,
2001-2010". Esta publicación realizouse co obxectivo de facilitar a comprensión
da Declaración aos nenos e ás persoas con dificultades lectoras.
Esta versión da Declaración pode ser unha ferramenta moi importante, que
axude aos mestres e mestras no seu labor educativo para o fomento da cultura
de paz, a conciliación, a comprensión, a solidariedade e a tolerancia, así como o
rexeitamento a toda forma de opresión e violencia .
A Editorial Comanegra acaba de editar "Delito de silencio: ha llegado el momento.
Es tiempo de acción", unha publicación na que o seu autor, Federico Mayor
Zaragoza, exhorta aos cidadáns a implicarse e tomar nas súas mans as rendas
do seu destino, a non permanecer máis tempo silenciosos e espectadores. E
decir: ¡BASTA!
"Chegou o momento dos pobos, das mulleres e homes do mundo enteiro que toman
nas súas mans as rendas do seu destino. Chegou omomento de non admitir o
inadmisible. De alzarse. De elevar a voz e tender a man"
Declaración de Cultura de
Paz de fácil lectura
Delito de silencio: Ha llegado el momento. Es tiempo de acción
Declaración de Cultura de Paz de Fácil Lectura
La paz como cultura “La paz como cultura: fuentes y recursos de una pedagogía para la paz”, é o primeiro
tomo dun libro sobre recursos e prácticas pedagóxicas, que está a realizar Manuel
Dios Diz, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz. Neste libro o
autor fai unha análise das principais declaracións, informes, documentos, etc.,
relacionados coa cultura de paz .
En 2011 publicarase o tomo II co título “La pedagogía de la paz”
Memoria de Actividades de la Fundación Cultura de Paz 2010 Xa está dispoñible a Memoria de Actividades da Fundación Cultura de Paz, correspondente ao ano 2010.
Pode descargarse http://fund-culturadepaz.org/spa/03/MEMORIAS/MEMORIA_FCP_2010.pdf
C/ Velázquez, 14 - 3º D
28001 Madrid
Teléfono: +34 914261555
Fax: +34 914316387
Correo: boletin@fund-culturadepaz.org
http://www.fund-culturadepaz.org
ISSN: 2173-9307
Coordinación: Ana Barrero Tiscar
Traducción para o galego: María Corral
A Fundación para una Cultura de Paz (FCP),
constituída en 2000, ten como obxectivo fundamental
contribuír á construción e consolidación dunha cultura de
paz por medio da reflexión, a investigación, a educación e a
acción sobre o terreno, de acordo coa Declaración y Plan de
Acción sobre una Cultura de Paz, e as derivadas do “Decenio
Internacional sobre cultura de paz y no violencia para los niños
del mundo” (2001-2010)
A FCP ten a súa sede en Madrid, con dúas delegacións e un
Centro de Educación e Investigación para a Paz:
Presidente: Federico Mayor Zaragoza
-Delegación Fundación Cultura de Paz - Barcelona
Director: Manuel Manonelles i Tarragó
-Delegación Fundación Cultura de Paz - Santiago de
Compostela (Seminario Galego de Educación para a Paz)
Director: Manuel Dios Diz
-Centro de Educación e Investigación para a Paz (CEIPAZ)
Directora: Manuela Mesa Peinado
Fundación Cultura de Paz
Recursos recomendados
De la forza á palabra.
A gran transición.
Biblioteca Virtual CEIPAZ. Base de datos de acceso gratuito
a documentos, informes, declaracións sobre cultura de paz,
investigación para a paz, seguridade e gobernanza, xénero e
conflito, dereitos humanos, prevención de conflitos, etc.
Cultura de Paz e diálogo interrelixioso Páxina Web que
recolle información sobre o Encontro e a Declaración de
Montserrat sobre Relixións e Construcción da Paz celebrado en
2008, así como doutras actividades e recursos vinculados ao
diálogo interrelixioso e a construción dunha Cultura de Paz.
Educación para el Desarrollo Páxina Web do Centro de
Educación e Investigación para a Paz (CEIPAZ), especializada en
materiais sobre Educación para o Desenvolvemento.
Planeta Pau: Blogs de Paz. Portal de Blogs de Paz, realizado
pola Fundació per la Pau, onde se reúnen blogs sobre cultura de
paz, análise de conflitos, educación para a paz, desarme e non
violencia.
SIPRI’s databases. Bases de datos do Stockholm International
Peace Research Institut, de acceso gratuito, sobre relacións
internacionais e seguridade, operacións de paz, gasto militar,
industria de armas, etc.
Marta Kallmeyer
top related