consellos para unha boa lectura en voz alta

Post on 29-Mar-2016

227 Views

Category:

Documents

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

CONSELLOS PARA UNHA BOA LECTURA EN VOZ ALTA

PREPARACIÓNLECTURAS AXEITADAS

Debes escoller ben os textos. Teñen que ser adecuados á idade do público encanto a vocabulario, ilustracións , lonxitude das frases e os parágrafos.Tamén debes ter en conta os seus gustos

COMPRENSIÓN. Para poder ler ben é necesario entender correctamente o texto: o seu

vocabulario, expresións, sentido... Buscar no dicionario, pregunta. Se noncomprendes o texto dun modo global nin coñeces o significado das súaspalabras clave, non poderás facer unha boa lectura

ENTOACIÓN E RITMO. Ao ler tes que ter en conta os signos ortográficos: puntos, comas, signos de

admiración e interrogación… Le frases completas. Se son curtas, dende o principio ata que apareza un

punto. Se as frases son longas, incorporar pausas oportunas nas comas. Introduce inflexións de voz nos puntos. Interpretar ben os signos de admiración e interrogación, e os guións para

separar o que din distintos personaxes nos diálogos. Non só debes ter en conta a entoación lingüística (marcada polos signos

ortográficos, por exemplo, as consultas e exclamacións) senón tamén aentoación emocional (as frases entóanse sobre todo en función do que querendicir).

Resalta nas palabras pouco comúns. Cada texto require un ton, unha modulación, unhas inflexións. Non se len de

igual xeito unha historia tétrica, un relato irónico, un poema, un ensaio, unhanoticia, etc.

Os cambios de ritmo e algunhas pausas son recursos ideais para manter ointerese do público: se a acción pasa por un momento acelerado, lerase conmaior velocidade; se se retarda o tempo narrativo, o lector reducirá avivacidade.

Busca un LUGAR axeitado para practicar a lectura en voz alta; apaga a tele, oordenador, non poñas música...Los primeiro ensaios debes facelos soa oucunhas poucas persoas que non te poñan nerviosa. Antes da posta en escenada lectura realizaranse varios ensaios ante un pequeno público de confianzaque (esperamos) saberá escoitar con calidez e que criticaráconstrutivamente. Pode ser unha boa idea gravar os ensaios para analizarfallos de pronunciación, entoación, ritmo, etc.

REALIZACIÓN

COLOCACIÓN. Asegúrate de que te ven e te escoitan ben e adopta unha postura cómoda. Suxeita o libro de maneira que non te tape a cara. Non o poñas demasiado

baixo, pois fará ao inclinar a cabeza para ler a túa voz salga peor. Se ten ilustracións procura que o público poida velas e seguir a lectura con

elas: sinalalas ó ritmo do que vas contando Se estas de pé podes moverte dun lado para outro, pero sen bailar

demasiado, para atraer a atención

ATRAER Ó PÚBLICO Podes facer unha pequena introdución con preguntas ou destacando o

interese, graza, importancia, etc do que vas a ler Se dominas ben o texto podes levantar os ollos con máis frecuencia e mirar

os oíntes Captaras mellor a súa atención, pois se sentirán aludidos Poderás observar se te atenden e ter en conta as súas reaccións Fai preguntas tipo " Que vai pasar agora? " Aos nenos encántalles que lles

pregunten o que pensan que vai pasar nun conto.

LECTURA Le sen présa, saboreando, degustando o texto. Recorda o que fixeches na fase de preparación: cada texto require un ton,

unha modulación, unhas inflexións. Non se len de igual xeito unha historiatétrica, un relato irónico, un poema, un ensaio, unha noticia.

Ao ler para nenos pequenos tes que interpretar os personaxes, ás vecesesaxerando, cambiando a voz

Axúdate de xestos para resaltar algunhas pasaxes, palabras etc Recorda que cambios de ritmo, algunhas pausas son recursos ideais para

manter o interese do público Dá tempo aos oíntes para reaccionar se o texto lles provoca respostas

espontáneas (medo, repulsa, risa, sorpresa...). Debes gozar co texto, se non o fas a lectura resultará pouco espontánea. O

público percibirao e sentirase incómodo e acabará desconectando.

AO FINALIZAR, debes establecer un diálogo para comprobar se o texto gustou, sese entendeu, que suxeriu, etc. Debemos ter presente que o obxectivo é establecerun contacto emocional con cada un dos oíntes

Reelaborado a partir dun texto de Kepa Osorio enhttp://www.plec.es/documentos.php?id_seccion=5&id_documento=23&nivel=Primaria

top related