clubes de lectura. 14.i.2014

Post on 07-Aug-2015

45 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Xente tentando coller unha larpeirada no recreo?

Sesión de botellón abstemio?

Clase na escuridade por impago de facturas?

Fermosas rapazas que

esperan con serenidade a

amonestación da Xefa de

Estudios?

Asamblea informativa liderada por Uxía Castelos,

bocata na man, a falta de megáfono?

Rapaz ben alimentado con ensalada tibia de pasta presumindo dos coñecementos adquiridos en Master Chef jr?

Moi sensata

alumna

universitaria, que

non perde o tempo

e mesmo

simultanéa novela

de Care Santos e

bocata de tortilla?

Anuncio publicitario de bebida de

refrescos rodado sen permiso do Equipo

Directivo do IES Francisco Aguiar?

Pois nada diso, amigos.

Arredor de oitenta rapaces coincidindo no desexo de xuntarse para falar dos libros que tiñan lido voluntariamente no Club de Lectura no trimestre anterior.

Que como foi todo? Pois, ben, tendo en conta que era a primeira maxi-reunión simultánea.

Quedar a comer no centro e ter que abrir o salón de actos para podernos remexer é unha alternativa.

Darlle vacacións a timidez para soltarse a falar é unha decisión de velocidade lenta. Ter a decisión de dicirlle aos profes que certos libros son infantís, esixe unha vontade firme.

En fin, resumindo, todo moi bonito e precioso?

Lados escuros hai. Por exemplo: algúns rapaces de primeiro confesaron que cando se anotaran no club, máis que por ler en compañía o fixeran por vir comer ao Instituto.

Aquí, pais e nai gastronómicas betanceiras, ¡ algo non casa !

Seique os martes tedes todas e todos no menú verdura? É o día municipal do repolo de Betanzos que ten aos vosos fillos tan fartos? Prefiren pasar fame enganado o estómago coas poucas larpeiradas que lles deron os profesores?

Ou será que con as ás deses libros venlles chegando o desexo de voar?

http://100asparavoar.blogspot.com.es/

top related