carba carballo albar (quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo

Post on 25-Feb-2016

112 Views

Category:

Documents

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Carba Carballo albar (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas. Pode acadar ata 30 m de altura, coa copa oval, bastante regular. Orixinaria do sur de Europa e de Asia Menor. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

CarbaCarballo albar

(Quercus petraea)roble albar

durmast oakchêne rouvrecarvalho alvo

CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIAFagáceas

Pode acadar ata 30 m de altura, coa copa oval, bastante regular. Orixinaria do sur de Europa e de Asia Menor.

O toro é dereito, coa tona gris e máis parda e con gretas profundas ao facerse vello.

FOLLASSimples, alternas, ovaladas, lobuladas e cun peciolo de arredor de 2 cm de lonxitude. Son de cor verde intensa pola cara e pálidas polo envés.

FLORESSon unisexuais. As masculinas en amentos delgados e as femininas sen rabo. Florece de abril a maio. Polinízase polo vento.

FROITOSAs landras son pequenas, 1,5 a 2 cm de longo e entre 1 a 1,5 cm de ancho. Maduran en setembro-outubro.

CICLO ANUAL-CARBAFolla

Flor

Froitoxaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

USOS:A madeira dura e de boa calidade, resistente á putrefacción (mesmo na auga) e aos ataques dos insectos úsase para a construcción naval, recipientes para auga, viño e outros produtos, travesas de ferrocarril, ferramentas, móbeis e construcción. As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas. A cortiza para taninos de curtir.As landras utilízanse como alimento para os porcos.A súa madeira foi moi valorada para construír barcos e no século XVII estivo a piques de extinguirse.

As carballeiras formadas por carbas son escasas en Galicia. Adoita estar acompañado polo seu cruce co carballo común (Quercus x rosacea), teixo, rebolo, faia, bidueiro, abeleira, acivro, pradairo e capudre.

Carba na Devesa de Rogueira. O Courel.

Carba da Praza do Campo. Quindous. (Cervantes-Lugo). Ten 21 m de altura e 250 a 500 anos

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet

top related