boletín bng boborás

Post on 28-Mar-2016

218 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Boletín informativo BNG

TRANSCRIPT

No anterior boletín do BNG falábamos de que 20 anos semellan ser moitos anos gobernando un concello. O propio alcalde danos a razóns can-do fai declaracións aos medios de comunicación recoñecendo a posi-bilidade de non presentarse ás próxi-mas eleccións municipais, xa que leva mais de 20 anos como rexedor.

Isto fainos lembrar aquela idéntica situación duns anos atrás, na que tamén adiantou a súa marcha para, despois dunha vergoñenta parodia de “clamor popular”, aceptar facer un novo sacrificio e continuar.

Desde o BNG comprobamos, ao igual que todos os veciños e veciñas de Boborás, que a realidade pon en evi-dencia que non existe ningún síntoma de cambio por parte do alcalde e do Partido Popular. As decisións toma-das son cada vez máis desafortuna-das e sen un proxecto serio de futuro para o noso concello. Todo isto sería

anecdótico se non fose porque con este alcalde e este goberno Boborás está a perder o tren dos avances e a transformación. Non hai actuacións ilusionantes e de promoción das nosas potencialidades: a promoción turística é inexistente, o noso campo abandónase e a xente nova marcha.

En Pazos de Arenteiro -zona de es-pecial protección-, onde existen edifi-cios destinados ao turismo hai anos, todo esmorece pola falla de interese. Desde o Bloque Nacionalista Galego

non podemos pasar por alto estas situacións. Temos moi claro que é preciso unha mudanza ilusionante, onde todas e todos teñamos as mes-mas oportunidades, onde os empre-sarios do noso termo municipal non estean marxinados á hora de realizar traballos para o Concello, onde os mozos e mozas poidan vivir no seu pobo. E porque 20 anos semellan ser moitos anos para uns resultados tan pobres e decepcionantes. Os veciños e veciñas de Boborás merecen outro goberno.

Boborás precisa dun novo goberno para saír do estancamento

www.bng-galiza.orgEdita: BNG Boborás

Tras 20 anos de Goberno do Partido Popular o balance é decepcionante. Boborás precisa outro goberno con ideas e proxectos

BloqueBoborás

Número 3. Epoca 1ª / Setembro 2010

Impr

eso

post

al s

en e

nder

ezo

Estado de abandono das infraestruturas municipais

2

Manuel González ten 48 anos e sem-pre traballou no sector da constru-ción. Desde hai anos, combina o seu traballo coa labor como concelleiro do BNG

Que opina da evolución do concello nestes últimos anos?

Se por evolución entendemos o au-mento abismal de prepotencia e es-curantismo por parte do grupo de goberno... é unha involución inmen-sa. O goberno do Partido Popular en Boborás demostrou que está esgo-tado e non ten crédito: en vinte anos o alcalde e o seu equipo unha falta absoluta de ideas e proxectos para sacar adiante o noso concello.

Cales son as expectativas do BNG para as próximas eleccións muni-cipais?

Temos moi boas expectativas e so-bre todo moita esperanza en poder mudar a situación actual e poder transformar o noso concello, e des-de logo os veciños e veciñas así o manifestan.

Cales son, ao seu xuízo, as nece-sidades mais urxentes que hai que solucionar en Boborás?

Partindo do meu contacto cos veci-ños e veciñas penso que os retos ba-séanse en crear emprego que asente poboación e en mellorar as condi-cións de vida dos seus habitantes en todos os aspectos.

Que aportará o BNG no goberno municipal?

O BNG ten moitas e boas ideas; proxectos que podemos desenvolver para mudar radicalmente o concello en beneficio de todas e todos. Apor-taremos o que as veciñas e veciños

botamos en falta: diálogo e transpa-rencia na xestión municipal, capaci-dade, ideas e compromiso.

Que lle quere transmitir ás veciñas e veciños do seu concello?

Ás veciñas e veciños de Boborás quérolles transmitir ilusión. Están moi decepcionados coa xestión de Boborás dende hai tempo; imos como un barco á deriva porque o capitán perdeu o rumbo. No BNG sabemos que podemos cambiar esa tendencia porque os problemas das nosas veciñas e veciños son o obxectivo do noso traballo.

Pensa que o Partido Popular pode perder a maioría en Boborás?

O pobo de Boborás será quen teña a última palabra. En todo caso, todas e todos merecemos unha oportunida-de de facer un tipo de traballo distin-to, e, polo tanto, todo apunta a que é tempo de cambio e os veciños e veciñas contribuirán a esa mudanza no goberno local, por ser necesario e positivo. Non cabe a menor dúbi-da de que dende o BNG daremos o mellor de nós para pór a Boborás no lugar que lle corresponde.

Aportamos diálogo e transparencia, ademais de ideas e compromiso na xestión municipalManuel González, concelleiro do BNG

entr

evis

ta

Manuel González, concelleiro do BNG

Perante o abandono evidente que presenta na actualidade o edificio da estación do tren, dende BNG en-

tendemos que non parece razoábel que se arruínen inmóbeis que cum-priron un papel importante e dos que

se pode obter moito beneficio para as veciñas se veciños adicándoos a usos sociais.

Nesta liña, o BNG presentou no Con-cello unha moción onde se solicita ao Ministerio de Fomento e a Adif a inclusión da nosa estación dentro do Plan de Melloras existente.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pé-rez Bouza, desprazouse a Boborás para coñecer de primeira man cal é a situación e anunciar que presentará unha iniciativa no mesmo sentido no Senado.

Agardamos que a nosa proposta sexa aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación xa que entendemos que esta é a liña correcta para evi-tar que a desidia e o abandono sexan unha constante.

3

actu

alid

ade Recuperemos a estación do ferrocarril

O BNG desenvolver unha intensa acti-vidade política para procurar solución aos numerosos problemas que unha apática xestión do goberno local do PP non atende. Moitas son as inicia-tiva presentadas nos últimos meses polo BNG diante da Corporación mu-nicipal.

Local Social de Cameixa. Iniciativa para acabar definitivamente as obras, despois que o BNG demandase so-lucións e o arquitecto confirmase as anomalías.

Torretas abandonadas no concello. Demanda ao goberno local para que retire as torretas da luz tiradas nos lu-gares de Boborás e Moldes onde hai rapaces xogando, xunto ao Grupo Es-colar, no Campo da Festa e no parque infantil en Moldes.

Limpeza de fosas sépticas. Demanda

ao goberno local para que as mes-mas estean en boas condicións, xa que hai fosas cubertas por silveiras

Atención ao turismo rural e sendeiris-

mo. Demanda ao goberno municipal para que atenda o sendeiro que fixo a Escola Taller e o mantemento das casas do Concello destinadas a turis-mo rural.

O traballo intenso do BNG a prol de solucionar os problemas veciñais

Torretas da luz tiradas ao lado do grupo escolar

Dolores Cachafeiro, concelleira, con Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG

Como contactar co BNG de Boborás:Portavoz municipal: mdolorescachafeiro@redfarma.orgSede comarcal BNG-Ourense: Rúa da Concordia, 29 - 5º andar - 32003 OurenseTlfn. 988 391 481 - Fax 988 391 482ourense@bng-galiza.org

Impreso en papel reciclado

Como contactar co BNG Nacional:Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org nacional@bng-galiza.org

O BNG celebrou o Día da Patria Galega como todos os anos enchendo a pra-za da Quintana baixo o estandarte da estrela vermella e co himno da nación galega como banda sonora. Arredor de 50.000 persoas acudiron a Com-postela para festexar o 25 de Xullo e reivindicar a Galiza como nación e ao BNG como única alternativa política cun proxecto que defende aos gale-gos e galegas, os seus intereses e a súa iden-tidade.

Así o manifestaron a Coordinadora Executiva do BNG, Teresa Táboas, a Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, e o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, que atacaron duramente nas súas intervencións o labor destrutivo do Go-

berno Galego do PP e reafirmaron publicamente o orgullo de sermos galegos e galegas.

O BNG quer cons-truír a Patria Gale-ga cuns alicerces ben firmes: demo-cracia, benestar social e autogo-berno. Por iso é a única alternativa á que poden acudir

os galegos e galegas fronte a un Fei-jóo que, tal e como incidiu Guillerme Vázquez “lonxe de ser unha solución está a se converter nun problema para o País”. O presidente da Xunta, ante unha situación de crise como a que estamos a padecer, crise económica, social, crise da propia democracia, “non asume ningunha responsabili-

dade e culpa sempre aos outros” por iso, o portavoz nacional concedeulle “un sus-penso en xestión que non poderá recuperar na convocatoria de setembro”.

Tampouco atopa o BNG unha solución para os problemas do País na xestión do presidente esta-

tal. O de Zapatero, segundo apuntou Guillerme Vázquez ante unha praza da Quintana ateigada, é un goberno “títe-re, que claudicou ante a especulación financeira e a ditadura dos mercados, un goberno que non traballa para a xente, senón para o Deustche Bank”. Neste contexto o PSOE tense coali-gado co PP dun xeito aberto na súa defensa das políticas neoliberais, en defensa dos intereses dos máis ricos fronte aos que sofren as consecuen-cias desta situación.

As claves que conducen cara a res-posta destes desgobernos deunas o BNG na praza da Quintana: dignidade, nación, autogoberno, son igual a be-nestar. Só dende o orgullo e a defensa do propio se pode loitar en favor do interese público e contra a privatiza-ción. Só dende o orgullo e a defensa do propio se poden valorar as poten-cialidades do País. Só dende o orgullo e a defensa do propio poderemos saír desta situación da man do nacionalis-mo galego.

O BNG reivindica o 25 de Xullo o seu papel protagonista fronte a un Feijóo que é “un problema para Galiza”

O BNG maniféstase como único defensor dos servizos públicos e lidera a alternativa para saírmos da crise

Guillerme Vázquez afirmou na Quintana que o presidente da Xunta “sacou un suspenso en xestión que non poderá recuperar en setembro”

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, tras o seu discurso na Quintana o 25 de Xullo

top related