a familia xoga papel importante na lectura
Post on 04-Aug-2015
44 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A FAMILIA XOGAUN PAPEL IMPORTANTENA FORMACIÓN DE BOS LECTORES
Guía para pais e nais
OS LIBROSProvocan a curiosidade polo que nos rodea e acércannos a mundos lonxanos.Levan a cabo o desenvolvemento da imaxinación, do coñecemento do mundo e das xentes que o habitan.
Aumentan a nosa capacidade de expresión e enriquecen a nosa linguaxe.Convídannos a buscar, comparar e comprender.
Educan os sentimentos, axúdannos a coñecernos e a identificarnos cos outros.Relaciónannos coa nosa comunidade cultural e póñennos en contacto con outras visións do mundo.
NA CASA
Buscar un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas.Esta lectura non debe estar relacionada coas tarefas escolares.É máis importante a calidade da relación establecida que a cantidade (15 minutos poden ser suficientes).Sentarse ao seu carón e ler para eles e con eles.
Compartir a lectura en familia, aínda que sexan autónomos lendo.
Facer da lectura un tempo divertido.
Ler libros, revistas, xornais que lles resulten interesantes
para poder comentar o que neles aparecen.Non pedirlles que fagan resumos, que expliquen o que entenderon, non é un traballo, é un placer.
Demostrar que para os pais a lectura é gratificante, ler diante deles, comentar o libro que se está lendo.
Interesarse e preguntarlles polo libro que están lendo (de forma voluntaria ou porque lles mandaron no colexio).
Falar cos nenos e nenas dos seus gustos e intereses.
Axudarlles a seleccionar libros, sen impoñer as preferenzas dos adultos.
Mostrarlles os recursos dos que dispoñen na súa localidade no referente a buscar información e libros.
Acompañalos a librerías, bibliotecas.
Calquera motivo pode ser bo para ler, axudarlles a comprobar que a lectura é importante para calquera actividade.
PARA LEMBRARO placer por ler non se esperta de forma automática, supón unha aprendizaxe.
A estimulación debe adecuarse ás habilidades e intereses dos nenos e nenas.
Temos que dar de ler, sen pedir nada a cambio. Dar tempo para que descubran o bo que hai na lectura.
Os intereses e as aficións contáxianse. É necesario que eles vexan que realmente nós disfrutamos co libro.
A curiosidade espértase, non se pode impoñer.
Biblioteca do CEIP Vales Villamarín. Betanzos
top related