a psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre...

16

Upload: others

Post on 25-Aug-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade
Page 2: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

A psicomotricidade xoga un papel moi importante no crecemento do

neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento

intelectual, afectivo e social.

Ademais, a través da psicomotricidade os nenos/as adquiren, entre

outros aspectos, o coñecemento do esquema corporal, o dominio do

equilibrio, a coordinación global e segmentaria, o control da respiración,

a orientación espacial, a definición da lateralidade...

Agora que xa podemos saír á rúa a pasear e xogar, debemos aproveitar

ao máximo estes momentos. Correr, saltar, patinar, montar en bici,

xogar co balón, co aro, coa corda... Tendo sempre moi presentes as

medidas de protección e hixiene recomendadas.

Non obstante, podemos complementar estas saídas con outros

exercicios dentro da casa, e é por iso que papás e mamás podedes

contribuír a que os vosos fillos e fillas continúen desenvolvendo as

habilidades motrices, expresivas e creativas a través do corpo, e

adquiran unha imaxe axustada e positiva de si mesmos/as realizando

pequenas actividades sinxelas, significativas e divertidas.

Por iso, pasamos a continuación a expoñer unha serie de propostas e

xogos para que podades poñer en práctica en familia.

Todo o mundo....

a mover ese corpo!!!

Page 3: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

OS ANIMAIS MANDAN

O adulto di as consignas que propoñen os diferentes animais e o

neno/a debe levalas a cabo.

Page 4: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

IMITANDO ANIMAIS

Sen empregar ningunha consigna previa, como na anterior actividade,

simplemente xogamos a imitar o movemento dalgúns animais. Por

exemplo: reptamos como serpes, camiñamos como os cangrexos,

saltamos como as rás.... Poden pensar eles mesmos diferentes animais,

ir imitando os seus movementos e que o adulto trate de adiviñar de que

animal se trata.

XOGO DAS CORES

Empregaremos diferentes obxectos, xoguetes, pezas de construcións,

bonecos... cousas que teñamos pola casa de diferentes cores (azuis,

verdes, amarelas, vermellas....).Colocarémolas repartidas por un espazo

o máis despexado posible doutros obstáculos. O neno/a deberá

desprazarse ata os diferentes obxectos seguindo as consignas dadas

polo adulto. Por exemplo: saltando cos pés xuntos iremos ao verde,

reptando ao azul, á pata coxa ata o amarelo... podemos marcar unha

liña de saída e saír sempre dende aí ou ben ir duns obxectos a outros;

dependerá un pouco do espazo do que dispoñades.

INTRUCIÓNS CORPORAIS

O adulto dará unha serie de consignas que o neno/a debe facer.

Podemos ir complicando os mandatos segundo a idade. Algúns

exemplos:

Tocar coas

mans os

ombros

Tocar coas

mans os

xeonllos

Page 5: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

Tocar coas

mans os pés

Levantar a

man dereita,

despois a

esquerda

Tocar coa

man dereita a

perna dereita

Tocar coa

man esquerda

o ombro

esquerdo

Xuntar os

dous cóbados

Co dedo índice

dunha man

tocar o

maimiño da

outra

Page 6: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

XOGO DO ESPELLO

Colocámonos un fronte a outro. O adulto realizará varios movementos

corporais (tocar a cabeza, tocar un xeonllo, levantar un brazo ou unha

perna...) e o neno/a terá que imitar eses movementos. E despois ao

revés, o neno/a irá tocando e nomeando as partes do corpo e o adulto

irá imitando o que el/ela faga.

CADEA DE MOVEMENTOS

Unha persoa fai un movemento ou son co corpo e o outro, debe repetilo

e engadir un novo e así sucesivamente. (Exemplo: palmada, palmada-

golpe co pé no chan, palmada-golpe co pé no chan- mans na cabeza...).

ESTATUAS MUSICAIS

Poñemos música e movémonos libremente. Nun momento dado, o

adulto parará a música e o neno/a debe quedar quieto como unha

estatua. Volvemos a darlle ao play e a moverse e bailar de novo!

Page 7: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

SEGUIMOS O RITMO

O adulto marcará un ritmo máis rápido/lento ou ben máis forte/suave

e o neno/a deberá moverse seguindo ese ritmo. De que forma? Pois

camiñando máis rápido ou lento ou ben pisando máis forte ou máis

suave. (Podemos empregar algún instrumento de percusión para marcar

o ritmo se temos na casa, se non, podemos golpear unha caixa ou

similar ou simplemente dar palmas).

ONDE SOA?

O neno/a levará os ollos tapados cunha tea ou pano que teñamos na

casa. O adulto separarase e fará sons coa axuda dalgún obxecto ou

mesmo dando palmas. O neno/a deberá achegarse seguindo

unicamente o sentido do oído. Se empregamos obxectos podemos xogar

tamén a adiviñar que obxecto é o que facemos soar. *Precaución:

procuraremos que o espazo no que vaiamos xogar non teña moitos

obstáculos para evitar chocar contra eles.

PÉS EN EQUILIBRIO

Os nenos/as estarán cos dous pés apoiados no chan. Cando o adulto

reproduza un son, deberán erguer un pé do chan e tratar de manter o

equilibrio durante uns segundos. A continuación repetir co outro pé. Se

vemos que o neno/a domina o exercicio cos ollos abertos, podemos

aumentar a dificultade e xogar a facelo cos ollos pechados.

Page 8: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

CAMIÑAMOS POLAS LIÑAS

Pegar no chan diferentes percorridos con cinta adhesiva que deberán ir

seguindo sen saírse. Podemos facer os percorridos de distinta forma,

camiñando, saltando, á pata coxa, de puntillas, de talóns... Podemos

aumentar a dificultade tratando de levar co pé unha pelota.

CARREIRAS DE EQUILIBRIOS

Marcamos no chan cunha cinta adhesiva tea ou pano unha liña de

saída e outra de chegada. Poremos sobre a cabeza un obxecto ( por

exemplo un saquiño con fariña que podemos fabricar na casa, unha

boliña de plastilina, un rolo de papel hixiénico...) e imos dunha liña á

outra tratando de que non se nos caia o obxecto.

TOCANDO CORES E NÚMEROS

Facemos uns círculos en folios, poden ser xa de cores ou se non

brancos e pintarémolos. Pegámolos con cinta sobre unha superficie

vertical, unha parede un moble... Marcamos unha liña de saída con

cinta adhesiva, un trapo ou tea. O adulto dirá unha cor e o neno/a ten

que ir a tocar o círculo que sexa desa cor.

Podemos engadirlle a eses círculos os

números que os nenos/as coñecen.

Podemos tamén variar o percorrido ata o

círculo, facelo correndo, facelo a saltiños,

de puntillas, de talóns, á pata coxa...

Page 9: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

SALTO SEN PARAR

Faremos no chan unha figura como o círculo ou o cadrado. Podemos

debuxala ou ben axudarnos de cinta adhesiva ou teas/panos para

marcar os diferentes lados. O neno/a comezará dentro,

e o adulto irá dando diferentes consignas para que o

neno/a salte. Pode ser a forma máis sinxela para os

máis cativos dentro/fora. Ou ben ir aumentando esa

dificultade dicindo diante/detrás, esquerda/dereita só

con esas dúas consignas ou ben mesturar todas as

opcións.

Podemos tamén simplemente marcar liñas separadas por unha

distancia e ir saltando sen pisar esas liñas. Coma sempre, podemos

saltar cos pés xuntos, separados, á

pata coxa, apoiando un so pé alterno

en cada espazo, cara atrás, facer o

percorrido en zigzag...

TERRA E AUGA

Empregamos cinta adhesiva, unha corda, tea ou pano que teñamos na

casa e estirámolo para formar unha liña no chan. A un lado da liña

chamarémoslle terra, ao outro lado auga (será previamente acordado

entre os participantes). Xogaremos a dicir terra e auga indistintamente

e deberemos saltar ben cara a terra ou ben cara a auga segundo

corresponda. Poderemos aumentar a dificultade saltando á pata coxa

ou saltando de dúas maneiras diferentes en cada caso (Exemplo: pata

coxa cara a auga, cos pés xuntos se imos cara a terra).

Page 10: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

SALTANDO PEGADAS

Facemos pegadas coa axuda de cartolina, cartón ou folios. Colocámolas

en diferentes posicións. Saltamos dunhas a outras tendo en conta o xiro

que debemos facer para colocarse ben. Podemos tamén alternar o salto,

un pé, dous pés.

LANZAMOS AROS

Precisamos un soporte de papel de cociña ou se non o propio tubo de

cartón (neste caso deberemos suxeitalo á mesa ou ao chan para que

non se nos caia). Coa axuda dalgúns

cartóns que teñamos na casa facemos

círculos cunha apertura no centro e

dende unha distancia determinada

lanzamos eses círculos para que entren

polo tubo. Podemos pintar os círculos e

o tubo como máis non guste para que

queden máis bonitos.

LANZAMOS ARAÑAS

Elaboramos unha tea de araña con velcro e

con feltro ou pompóns de cores facemos as

arañas. Consiste en lanzar as arañas, dende

unha distancia previamente marcada,

tratando de chegar ao centro da tea de araña.

Page 11: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

LANZA E METE GOL

Cunha pelota pequena ou un globo que podamos ter pola casa e a

axuda dunha caixa ou cubo deitado no chan

crearemos a nosa portería. Marcamos unha

liña dende a que lanzar e tratamos de meter

gol. Podemos poñer a caixa de pé e xogaremos

a encestar. Ademais podemos aumentar a

dificultade marcando diferentes liñas a

diferentes distancias dende as que lanzar.

XOGO DA PELOTA/VASO

Empregamos o recipiente dun iogur, unha pelota

pequena que podemos facer con periódico, papel de

aluminio ou mesmo empregar a tapa dunha botella e

un anaco de lá ou corda. Facemos un buraco por

baixo do iogur, metemos a lá facendo un nó por

dentro. Deixamos unha lonxitude de lá conveniente

(canto máis longa máis dificultade) e ao final

enganchamos a pelota. O xogo consiste en tratar de

meter a pelota dentro do recipiente de iogur.

DUN PÉ AO OUTRO

Precisamos dúas caixas ou recipientes algo grandes.

Un dos recipientes deixarémolo baleiro e no outro

meteremos diferentes obxectos que teñamos: peluches,

algún xoguete, balóns, globos... podemos xogar con

diferentes tamaños. O neno/a deberá pasar os

obxectos dunha caixa á outra empregando só os pés.

Page 12: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

XOGO DOS ROBOTS

Unha persoa sae da habitación na que se realiza o xogo. O resto de

participantes son robots, e deberán acordar un lugar do corpo onde ao

tocar, o robot se apague (Exemplo: nun ombro, nun xeonllo, nunha

man...) Unha vez decidido, entra a outra persoa e mentres os robots

camiñan, deberá ir tocando ata adiviñar onde se atopa o “botón” que os

fai parar e conseguir así apagar a todos os robots.

TÚNELES DE CORES

Creamos pequenos túneles coa axuda de folios

(poden ser brancos ou de cores). Pegamos con celo

as esquinas ao chan. Lanzamos pequenas pelotas

(coa man ou co pé) intentado que pasen polos

túneles.

MARIOLA

Para evitar pintar no chan, empregaremos cinta

adhesiva, coa que debuxaremos o tradicional

xogo da mariola. O neno/a colocarase detrás do

primeiro número e lanzará un obxecto (algo

plano para evitar que rode). Onde caia

denomínase “casa” e nese cadrado non se pode pisar. O neno/a recorre

Page 13: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

o circuíto saltando a pata coxa nos cadrados ou cos pés xuntos nos

cadrados dobres. O obxectivo é pasar o obxecto de cadrado en cadrado

ata chegar ao 10 e despois volver á saída.

XOGO DOS BOLOS

Reciclamos botellas que teñamos na casa. Podemos

decoralas como máis nos guste e engadiremos un

número a cada unha delas. Facemos unha marca

no chan dende onde lanzar e coa pelota trataremos

de tirar todos os nosos bolos.

CIRCUÍTO XEOMÉTRICO

Coa axuda de cinta adhesiva, debuxando, con cordas

ou teas representamos diferentes figuras xeométricas

no chan. Facemos o mesmo debuxo nun folio e

sinalamos con frechas o percorrido que os nenos/as

deben realizar. Podemos facer diferentes rutas e como

sempre, de diferentes formas: saltando cos pés xuntos,

alternos, á pata coxa...

Podemos combinar todas estas propostas con outros pequenos circuítos

aproveitando o mobiliario da casa, empregando por exemplo cadeiras

polas que pasar por enriba, mesas polas que pasar por baixo, coxíns

que saltar... Por suposto, outros moitos xogos populares como o xogo

das cadeiras musicais, o escondite ou escondite inglés... e sobre todo

poñer música e bailar, de forma libre, creando pequenas coreografías

xuntos... e aproveitar esta situación excepcional que nos tocou vivir

pasando bos momentos en familia.

Page 14: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

EXERCICIOS PARA A RELAXACIÓN

Incluímos a continuación algunha proposta de relaxación que podedes

levar a cabo despois de facer os diferentes xogos.

SOMOS ÁRBORES

Cos pés quietos no chan os nenos/as imitarán o crecemento dunha

árbore dende que sae do chan (terán que estar agochados) ata que se

converte nunha árbore grande chea de pólas (de puntillas e cos brazos

estirados) que se irá balanceando como cando o vento move ás polas.

Podemos acompañar a actividade de música suave e relaxante.

COLLO E SOLTO AIRE

Deitados no chan boca arriba e cos ollos pechados, collemos aire polo

nariz (como se quixésemos ulir unha flor), aguantamos durante uns

segundos o aire e a continuación soltamos todo ese aire pola boca moi

suave (como se estivésemos soprando unha vela). Para crear un

ambiente e clima máis cálido, podemos apagar as luces e acompañar a

actividade con música suave de fondo.

IOGA

Practicar ioga tamén ensina cousas acerca do corpo, a movernos máis

libremente e con maior facilidade e conciencia, axudando ademais a que

se volvan máis fortes e flexibles. Ensínanos tamén a respirar mellor,

empregar a nosa enerxía de maneira máis eficaz, a calmar a mente,

mellorar o noso equilibrio e en definitiva a controlar mellor o noso

corpo.

A continuación propoñémosvos unha serie de posturas sinxelas que

podedes poñer en práctica:

Page 15: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade
Page 16: A psicomotricidade xoga un papel moi importante no ... · neno/a, xa que inflúe directamente sobre o seu desenvolvemento intelectual, afectivo e social. Ademais, a través da psicomotricidade

Deixámosvos tamén uns enlaces para que podades facer ioga e

mindfulness con vídeos axeitados para os máis pequenos/as.

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog

https://www.youtube.com/watch?v=sIbdc-lNXjU

https://www.youtube.com/watch?v=sEztAX_GUcQ

https://www.youtube.com/watch?v=feJdmeEV9YQ

https://www.youtube.com/watch?v=OHqG-O1g5Nc

MOITO ÁNIMO E UN SAÚDO FAMILIAS!!