2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
Post on 23-Jun-2015
2.903 Views
Preview:
TRANSCRIPT
TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (2)TEMA 2. A POESÍA DE VANGARDA (2)AS VANGARDAS GALEGASAS VANGARDAS GALEGAS
LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez
Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen
Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte información, procedente de distintos recursos web:
Información sobre un autor citado
Información complementaria sobre un determinado asunto
Definición ou explicación dun concepto
CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS
► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo
► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria
► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país
► Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega(poucos autores plenamente vangardistas, un único mani-festo, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
REVISTAS
Sen seren plenamentevangardistas,acollen nas súas páxinasa totalidade destas ten-dencias reno-vadoras
ALFARRONSEL
NÓSA NOSA TERRAYUNQU
ECRISTAL
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
O xesto
Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios.Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura.Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos.
Os devanceiros
Nós non podemos ollar sen carraxe o baixo e noxento ruralismo de Losada. [...] Nin a baldeirez verbalista, importación madrileña de Curros. Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0 herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola reacción que produce o desagrado.
Nós
Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro xeito semellante, xa non cómpre dicir que estamos moi lonxe de querer impor ningunha concreta lexislación estética. Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa ruta, nos primeiros pasos, quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos poden ser nosos. A Novidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal.
Os vellos
Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar aos devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa innabil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe
A fala
Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras [...] terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades[...] E consentiralle o seu indelineamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela.Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio.
DesbotandoArrenegamos de mestres e dos seus consellos. [...]. Arrenegamos da Lei e do Costume. [...]Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. [...]. A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe[...]. Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos en nome da Novidade.
IndividualismoConsagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.
O MANIFESTO: MÁIS ALÁ
Asinado por
Manuel Antonio e
Álvaro Cebreiro,
en 1922
Destinatarios
Singularidade fronte aos outros movementos e crítica destes
Intención principal
A única estratexia común é o rexeitamento do pasado
Non se propón unha nova estética
Respecto polos devanceiros
Crítica dos “vellos”Infravalora-ción dos devanceiros
Reivindica-ción ética do galego
Defensa dunha lingua libre das ataduras da Gramática
Exaltación do individualismo
Contra os modelos literarios
Contra os tópicos da literatura galega
INTERTROQUE DE RADIOGRAMASNEUROPATÍAS
CHUBASCOS MECANÓGRAFOS CALUGA D´ARCOS ELÉITRICOSGRÚAS ORTODRÓMICAS QUÍMICA/LOGARITMO
NAVY BAR LIED OHNE WORTE
GAF-TOPE STOCKCOCK-TAIL
LEIT-MOTIV
DO CUBISMO:Disposición tipográfica non convencional dos versos, uso de chaves, división en apartados, uso de brancos...
DO FUTURISMO:Uso de terminoloxía de tipo técnico e emprego de palabras estranxeiras
OS AUTORES: MANUEL ANTONIO
Móvese dentro da órbita do CREACIONISMO
Algunhas características deste movemento
“O Poeta é un pequeno Deus”Vicente Huidobro
“Crear un poema tomando á vida os seus motivos e transformándoos para darlles unha vida nova e in-dependente. Nada anecdótico nin descritivo. A emo-ción ha de nacer da única virtude creadora. Facer un poema como a natureza fai unha árbore”. V. H.
CARACTERÍSTICAS VANGARDISTAS DA OBRA DE MANUEL ANTONIO
DO CREACIONISMO:Uso das imaxes reinterpretativas da realidade na xénese do poema
“O paquebote esmaltadoque cosía con liñas de fumeáxiles cadros sen marco”
“Soy el viejo marinero que cose los horizontes cortados” V. Huidobro
“Aínda fica só “Ista tardecaviloso tan longa
Xuan” non acaba de pasar”
viventeOllar super
vidente
arrandearAquel d´o acordión
adormentar
► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en imaxes, libera- das dos seus significados habituais
► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica
“a) Hoxe foi o pasamento d´o serán [...]b) Solta en disoantes riolas de barullo [...]c) Un pensamento inconscente [...]d) Avenida de mayo [...]e) O gaiteiro / calado / acarrexaf) Chove n-a cidade [...]”
OBRAS DE MANUEL ANTONIO
Con anacos do meu interior (1920-22)
Foulas (1922-25)
De catro a catro (1926-27; ed.: 1928)
Sempre e mais dispois
Viladomar (1928)
42 poemas soltos
TEMÁTICAS DE DE CATRO A CATRO
C´as suas mans loiras / acenan mil adeuses as estrelasEse intertroque de radiogramas / que reeditaron os faros e as
estrelasA alba intrusa / bateu as catro horas / Era o sino de proa / que
tornaba do MarPero a historia d´o pailebote branco / non-a sabía o pilotoEnvergada n-un mastro d´a Lúa / agarda-nos a meia noite
Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nósAs nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o
reloxeÍbamo-nos fechando / cada un dentro d´a súa alta-marIbas xuntando soedades
O MAR: preferentemente nocturno ou crepuscular e ele-
mentos asociados: estrelas, lúa,faros, ronseis, barcos..A SOIDADE: radical, ontolóxica, eterna
O TEMPO: abundantes refencias ao decorrer do tempo
e aos elementos que o miden (reloxos, almanaques...), A TERRA: como contrapunto do mar;
caracterízase pola desilusión, a mono-
tonía e a saudade
O minuteiro / (tic-tac) / asumeu o compás d´as travesíasCronometramos o pulso d´as tormentasAtoparemos n-o peirán / as follas evadidas / d´o almanaque d´os nosos soñosAs nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe
...algúen que chora dentro de minpor aquel outro euque se vai n-o veleiro
pra semprecoma un morto
c´o peso eterno de todol-os adeuses
Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao SURREALISMO,con profusión de metáforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica
OS AUTORES: ÁLVARO CUNQUEIRO
Mar ao norde (1932)
Poemas do si e non (1933)
Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidoscheos do verde puro da acústica das fiestrase os xardíns chamábanse polo nome das pombas quebebían auga nos seus xurdidores.
Ela comezaba a andar.
En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas,e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio.
Ela tiña nome de pastor.
SOL:Cinco fiestras colgadasda mesma alba rosa:vivas,
intactas,núas,
con arela de mans, coma espellos de
mastros.
SOMBRA:Cinco fiestras colgadasda mesma alba turba:quedas,
chás, duras,
sin afáns de presencia,sin afáns de fuxida.
SEMPRE:Cinco fiestras: soio.
Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoris-tas, un tratamento das imaxes moi na liña dos move-mentos vangardistas
Inspirado na recreación da lírica medieval galego- -portuguesa, fundamentalmente nos esquemas for-mais e no inxenuismo da cantiga de amigo, participa (esencialmente en A. Cunqueiro) dunha certa vonta-de expresiva proxima á linguaxe vangardista.
Destaca na súa poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña animista de Norie-ga Varela (de aí a denominación de hilozoísmo). Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo
É moi tradicional na reprodución dos esquemas da lírica medieval e nas composicións de carácter neopopularista
MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS
NEOTROBADORISMO
É preciso lembrar, con todo, que a inspiración na tradición litera-ria é radicalmente contraria ao espírito das vangardas
F. BOUZA BREY
Nao senlleira (1933)
Seitura (1935)
Naquel biduído dos bidos louzanoso páxaro Sol non pía seus raios,e morre de amor.
Naquel biduído dos lanzales bidoso páxaro Sol non criba seus píose morre de amor.
Non criba seus ritmos, non pousa seus raiose albean de frío os albres delgadose morre de amor.
Non criba seus raios, non tece seus fíose albres e mámoas albean de fríoca poldra que morde no mato cativo.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Cantiga nova que se chama ribeira (1933)
Dona de corpo delgado (1950)
HILOZOÍSMO
Este movemento é denominado tamén IMAXINISMO
AMADO CARBALLO
O galo (1928)
Proel (1967)
Toda a casa estaba cheade espellos para soñar,ai, amante!
Muiñeira de cen augasdeprendeunos a beilar,ai amante!
Sís e nons de vidros noivosdeixáronlle olleiras finas,ai amante!
Pandeireta de namoros,cantaba canciós albinas,ai amante!
Nos beizos do corvo mouromorréu de beilar soñando,ai amante!
Noite mareira
No ébano xélidodo skating da ría,voltexando ledasesvaraban as luces da vila.
No fío da praiaas dornas durmidas,debruzadas carón da mareanun soño de illas.
Nas ponlas do ventoo trebón pousadoera un monstro de negro plumaxoque agoira os naufraxios.
Unha lúa verdependuraba no mouro silencioun longo sorrisode esquelete vello.
► Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único manifesto, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país
► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria
► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo
AS VANGARDAS GALEGAS
ESQUEMA PARA IMPRIMIR
- CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS
- MANIFESTACIÓNS DAS VANGARDAS: revistas (Ronsel, Alfar, Cristal...) e manifestos (Máis alá (1922), asinado
por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro: crítica da literatura baseada na tradición, dos tópicos literarios galegos,
defensa radical do individualismo e da liberdade creativa)- AUTORES:
MANUEL ANTONIO: Móvese dentro da órbita do Creacionismo, movemento que pretende captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a óptica persoal do poeta. Incorpora tamén características expresivas pro- pias doutras correntes de vangarda
• Obra principal: De catro a catro (1928): poemas estruturados a xeito de travesía mariña. Temáticas: o mar e os elementos directamente relacionados con el, o paso do tempo, a soidade radical, a terra como contrapunto
ÁLVARO CUNQUEIRO: Parte da súa obra poética é de expresión próxima ao Surrealismo, con profusión de me- táforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica
• Obras principais: Mar ao norde (1932) e Poemas do si e non (1933)
- MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS:
NEOTROBADORISMO: Inspirado na recreación da lírica medieval galego-portuguesa, fundamentalmente nos esquemas formais e no inxenuismo da cantiga de amigo, participa (esencialmente en Á. Cunqueiro) dunha certa vontade expresiva proxima á linguaxe vangardista.
- AUTORES:
F. BOUZA BREY: máis tradicional na repetición dos esquemas formais da poesía trobadoresca
• Obras principais: Nao senlleira (1933) e Seitura (1935)
ÁLVARO CUNQUEIRO: Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoristas, un tratamento das imaxes moi na liña dos movementos vangardistas
• Obras principais: Cantiga nova que se chama ribeira (1933) e Dona de corpo delgado (1950)
HILOZOÍSMO (IMAXINISMO): Destaca nesta poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a li- ña animista de Noriega Varela. Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo
- AUTORES:
AMADO CARBALLO:
• Obras principais: O galo (1928) e Proel (1967)
.- Busca na seguinte ligazón [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – POESÍA MEDIEVAL] unha cantiga de amigo con leixaprén da nosa literatura trobadoresca e
compáraa coa seguinte composición :
AS VANGARDAS GALEGAS
ACTIVIDADES
► Comenta os puntos que teñen en común, tanto desde o punto de vista formal, como desde o punto de vista da temática
► Repara agora nas diferenzas
► Que aspectos da composición de Cunqueiro cres que se poden considerar vangardis-tas? Con que movemento gardarían relación?
1
1
Tiña sono de cristais Tiña sombra de cristaisunha noiva que eu había, unha noiva que eu había,ai, dolor! ai, dolor!
De cristais a cortaba De cristais a rachabao sono en que ela dormía a sombra en que ela morríaai, dolor! ai, dolor!
(Álvaro Cunqueiro)
.- Localizar o poema no interior da obra [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – MÁIS ALÁ]
AS VANGARDAS GALEGAS
ACTIVIDADES
► Descubre as imaxes de natureza mariña coas que se designan conceptos da terra
► Repara no contraste do pasado (mar) e o presente (terra, claramente marcado no verso 7)
2
2
► Compara o espírito pesimista da composición co que se manifesta no primeiro poema do libro
► A quen se dirixe a despedida anunciada no título (“Adeus”)? Explica a polivalencia da despedi-da á luz da derradeira estrofa e do verso 8 ► Intenta explicar todas as imaxes irracionais que encontres
top related