ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

16
O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006 IES Ponte Caldelas Introdución Quen somos? Onde estamos? Que pretendemos? Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais Do Camiño: sendas, pontes, pontellas, pasos, valados . Dos animais: foxos, currais, sesteiros, pombais. Da auga e vida: presas, levadas,fontes, lavadoiros De produción e almacenamento: hórreos, palleiras, muíños, eiras, batán. Desta vida e da outra:torreiros, cruceiros,petos As ameazas Un futuro posible Quen nos axudou ?

Upload: humberto-martinez

Post on 01-Jul-2015

523 views

Category:

Technology


2 download

DESCRIPTION

Os contidos desta presentación foron obxecto dunha exposición no Museo do Pobo Galego o 6 de outubro de 2007

TRANSCRIPT

Page 1: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido

Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006

IES Ponte CaldelasIntrodución

Quen somos?

Onde estamos?

Que pretendemos?

Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais

Do Camiño: sendas, pontes, pontellas, pasos, valados.

Dos animais: foxos, currais, sesteiros, pombais.

Da auga e vida: presas, levadas,fontes, lavadoiros

De produción e almacenamento: hórreos, palleiras, muíños, eiras, batán.

Desta vida e da outra:torreiros, cruceiros,petos

As ameazas

Un futuro posible

Quen nos axudou?

Page 2: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

As ameazas

O abandono

O mundo rural tradicional quesostiña e daba sentido a todosestes elementos chega ao finalda súa prolongada crise nadécada dos setenta. Os muíñosdeixan de moer, as levadas nonse limpan, moitas eiras e velloscamiños son asfaltados, osvalados ou as presas deixan demanterse... precipítase o final.Estes elementos perden a súafunción e son abandonados. Ofeito de lembrar moito unhavida sacrificada e en moitoscasos de miseria produce unhanegación vergoñenta do seuvalor, o valor da memoria. Nonse aceptan como elementosidentitarios, construtoresdunha cultura depurada polahistoria. A falta desensibilidade trae comoresultado o abandono, adestrución e os usos espurios.

Vandalismo

Incendios forestais

Usos espurios

Page 3: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

As novas ameazasO repertorio de ameazas,consecuencia do abandono e perdado valor de uso destes elementos,vese agravado polo plan deconstrución de minicentrais. Estaforma de producir enerxía non sócausa impactos formidables na vidados ríos e da paisaxe en xeral,tamén supón un perigo adicionalpara moitos elementos patrimoniaisque habitualmente ocupan estesespazos (muíños, pontes,pasadoiros). Hai unha alteración dabeleza do enclave de moitos desteselementos, cando non a súa propiadestrución.

Outra ameaza é a proliferación depistas nos montes, moitas vecespara facilitar a instalación deparques eólicos e explotaciónsgandeiras que, en ocasións, levaroncanda si algún elemento, tal é o casodun neveiro no Suído. O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio

etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.

Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído (A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén.

Ponte Casariño no Suíño. Transformada respecto da traza orixinaria, atópase esquecida ao carón da estrada. Esta ponte formaba parte do Camiño Real de Pontevedra a Ribadavia.

Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros e sesteiros.

Page 4: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Imaxe do río Verdugo antes de chegar aos edificios da centrais Feixa I e Feixa II. O río discorre por un espectacular terreofallado de encanto paisaxístico e patrimonial importante. Parte do seu caudal foi desviado anteriormente, nas proximidades dePonte Caldelas, para as canles de alimentación das dúas minicentrais . O tubo causa un evidente impacto paisaxístico.

Minicentrais históricas no río Verdugo: Feixa I, Feixa II e Ponte Inferno

Augas máis abaixo atopamos a minicentral de Ponte Inferno, unha vella instalación hidroeléctrica localizada nun tramo acoutado de pesca fluvial, constituíndo o primeiro obstáculo que debe superar a fauna salvaxe do río. As levadas abertas para a condución da auga están bastante integradas na paisaxe e discorren por un terreo moi encaixado. O edificio da minicentral presenta o deseño típico da arquitectura industrial das vellas fábricas de luz, a modo dun enorme casal, que semella querer domesticar unha natureza que se resiste a perder a súa forza e beleza.

Page 5: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Minicentral Hidro Giesta sobre o río Xesta, unha realidade moi polémica

A toma desta minicentral está enclavada na fervenza sobre o río Xesta, nas proximidades do núcleo de Liñares (A Lama). A auga desviada cara aos tubos provoca unha diminución enorme do caudal, afectando a un dos espectáculos máis fermosos que gardaban estas terras. A canle de desviación percorre paralela ao curso do Xesta por unha aba de acentuado desnivel ata a central onde baixa de xeito brusco, repercutindo de forma notable sobre unha zona paisaxisticamente sensible.

Na imaxe superior esquerda podemos ver o caudal do río antes de chegar á presa.

Abaixo: o resultado despois de desviar a auga para as canles de alimentación da minicentral.

Arriba á dereita, o edificio da minicentral. Nas proximidades existe un cartel moi curioso que avisa dos perigos do río por mor da alteración do caudal provocada pola minicentral , pero non explica a traxedia que isto ten para a fauna fluvial que acusa

moito as variacións de velocidade e temperatura.

Page 6: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Minicentrais en construción: O Ramallal e Gaxate

Na actualidade e malia a oposición social que espertan este tipo de instalacións está a piques de rematar a construción da minicentral do Ramallal sobre o río Verdugo. As imaxes corresponden co tramo do río na zona de Abelaído, A Lama. Esta central recolle as augas sobre unha área fallada de gran valor paisaxístico. Resulta incrible e grave a falta de sensibilidade dunha Administración que concede autorización para este proxecto malia estar sobre un solo rústico de protección de espazo natural e máis aínda despois do acontecido coa fervenza de Liñares.

As imaxes corresponden ás obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén. A presa está localizada moi próximaao núcleo principal da parroquia de Gaxate, nun lugar onde aínda hai bastante harmonía entre o casal e os elementos naturais,destacando de forma portentosa a magnífica integración da arquitectura indiana. Un núcleo fermoso ao que se lle debería dedicar unhaatención especial. Por moito esmero que poñan nos traballos de redución dos efectos da creación da minicentral sobre a paisaxe, o río eas súas marxes xa non volverán a ser o mesmo.

Page 7: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Minicentrais outorgadas aínda non construídas. As tres sobre o río Parada.

Contorno natural onde stá previsto construír o Salto da Laxe, Fornelos. Se este é o nivel de auga que presenta o río despois dun inverno bastante chuvioso, que será deste río cando o nivel de precipitación sexa menor? A proximidade ao seu nacemento non propicia un caudal abondoso. Ademais os núcleos da parroquia toman a auga dos seus mananciais para o seu abastecemento. Limitalo por un salto semella un desatino. No listado de patrimonio etnográfico afectado pola construción deste salto figuran elementos singulares como os casetos de Carballo Branco, antigos currais para o gando e os gandeiros. O edificio da minicentral estará moi próxima á fermosa Ponte da Laxe.

Nas fotografías podemos apreciar varios muíños e a ponte de Berducido.

Entre Berducido (A Lama) e Estacas (Fornelos) atopamos este enclave de patrimonioetnográfico extraordinario. Resulta arrepiante pensar en explotar a forza das augas en lugarde mimar esta contorna. O Salto do Parada Medio ten previsto construír o edificio daminicentral nas súas proximidades.

A construción da presa do Salto do Bico do Foxo estáproxectada nun lugar onde o río Parada describe unpercorrido con continuos trocos de dirección en función dasfracturas do terreo. Espazo bastante abrupto, pero devexetación degradada. Nese mesmo lugar localizamos un parde muíños de enclave espectacular.

Page 8: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Minicentral outorgada aínda non construída sobre o río Verdugo: Boca do Inferno

No seu percorrido, o río Verdugo vese interrompido polo funcionamento das presas pertencentes ásminicentrais de Hidrofeixa I e II e á minicentral Ponte Inferno. Por se estes obstáculos non foran suficientes,alguén autorizou a construción dunha presa máis entre estas minicentrais. Falamos da minicentral Bocado Inferno que, ademais, afectaría a unha zona de enorme encanto a cabalo entre as parroquias deTaboadelo e A Insua cunha presenza de patrimonio etnográfico bastante notable:

O muíño de Arriba (1), o muíño de Abaixo (2), os pasais (3) que unen as parroquias de Taboadelo e AInsua, os muíños da Raxiña (4), o muíño da Rocha (5) e o batán e muíño de Laforet (6)

1

23

4 5

6

Page 9: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Posibilidades, recursos, ideas

O monte:Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensasuperficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído.Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000,está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo asúa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación deparques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio.

As nosas propostas para o Suído son:

• Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durantetantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadorado medio.

• Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia primapara abonos orgánicos.

• Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde seconcentra a flora autóctona con especies que comezan a ser rarasnoutros montes galegos.

• Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos,canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio.

• Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos deinterese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición derutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vidano monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.

Page 10: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Para o resto da superficie de monte

As nosas propostas son:

• Orientar os usos do monte a algo máis que á produción demadeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos dobosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ouprodución de abono natural.

• Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte,recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando aecocertificación.

• Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte paragarantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e faunae evitar a proliferación de pragas.

• Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñandoalgún roteiro ou algunha festa divulgativa.

Page 11: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Os ríos:

O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimasdécadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe:

1. RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais.

2. RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración.

3. RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos.

As nosas propostas para os ríos son:

1. Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero senque isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dospescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas deturismo activo, ecolóxico, cultural...

2. Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes,pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aosparticulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras derehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivodeterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulasde interpretación, rutas turísticas..)

3. Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeraciónssobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural comoparte da nosa herdanza e identidade.

Page 12: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

A aldea

Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun programa de protección e reactivación de forma urxente.

As nosas propostas neste caso son:

1. Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a produciren moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións.

2. Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios:cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc.

3. Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados polasociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais.

4. Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonionatural e cultural existente na zona

5. Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita...

6. Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación,etc., e á produción e distribución das empresas locais.

7. Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociaciónsveciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutastemáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros.

8. Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.

Page 13: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama, Fornelos e Ponte Caldelas.

Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de inventario. Todo isto no seu tempo de lecer.

A todos eles MIL GRACIAS

O alumnado avalía:As maiores aportacións deste traballo:“Aprendín a valorar uns elementos que estaban aí, pero aos que non lles daba importancia”.“Coñecín recantos fermosos da miña zona que ignoraba que existían”.“Comprendín a dureza dos modos de vida dos nosos avós e bisavós”“Concienceime do estado do noso patrimonio. Unha mágoa estragalo!”.

Page 14: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Quen nos axudou?

• Fundación Antonio Fraguas.• Dirección Xeral de

Patrimonio.• Dirección Xeral do FOGGA• Augas de Galicia.• Sitga.• PLADEVER• Mancomunidade de Ponte

Caldelas.• Concellos de Ponte Caldelas,

Fornelos de Montes e A Lama.

• PRODER de Pontevedra.

• ANPA do IES de Ponte Caldelas.

• Veciños e veciñas de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes.

• Paula Ballesteros.• Os compañeiros e a

Dirección do IES de Ponte Caldelas

Page 15: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Bibliografía consultada:

“As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos.

“Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas.

“Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra.

“Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado Orbán.

“ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra.

“ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a cultura e a ecoloxía.

Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web http://www.concellodalama.com/apedreira.htm

Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e LEADER de Terras de Montes.

Page 16: Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

Coordinaron o traballo:

Cristina Ogando Díaz. Profesora de ciencias sociais.

Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua galega.

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de ciencias sociais.

Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007