guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 aspectos positivos...

21
Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Upload: ngodung

Post on 24-Jan-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Page 2: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

1 de 20

Índice

1. Introdución .................................................................................................................................... 2

2. Procedemento para a elaboración do plan estratéxico ............................................................. 4

2.1 Fase 1. Analizar a situación ........................................................................................................... 4

2.2 Fase 2. Definir a misión, a visión e os valores do centro ............................................................ 6

2.3 Fase 3. Definir as estratexias a seguir ......................................................................................... 8

2.4 Fase 4. Elaborar a proposta de plan estratéxico e expoñelo publicamente. .......................... 11

2.5 Fase 5. Aprobar a versión definitiva e difundir o plan estratéxico ........................................... 11

2.6 Cronograma de elaboración do plan estratéxico dos centros ................................................. 11

3. Procedemento para a elaboración da programación plurianual .............................................. 13

3.1 Memorias de calidade: vinculación do plan de melloras coa programación plurianual ......... 14

Anexo I: liñas e obxectivos estratéxicos do PE da USC 2011-2020 relacionados cos centros ........... 15

Anexo II: diagrama de fluxo do procedemento de elaboración dun plan estratéxico .................... 16

Anexo III: formato do plan estratéxico................................................................................................ 17

Anexo IV: diagrama de fluxo do procedemento de elaboración da programación plurianual ....... 19

Anexo V: formato da programación plurianual .................................................................................. 20

Page 3: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

2 de 20

1. Introdución

De acordo co Sistema de Garantía Interna da Calidade da USC, a política e obxectivos de calidade

dos centros determínanse a través dos seguintes instrumentos:

Documento Periodicidade Responsables

Plan estratéxico

Cando remate a vixencia do anterior, non pode superar o marco temporal establecido polo plan estratéxico da USC vixente nese momento (actualmente 2020)

Iniciativa: equipo de dirección (ED) Elaboración: grupo ou comisión nomeada polo ED Aprobación: Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno, despois da aprobación na Xunta de Centro.

Programación plurianual

Ten unha vixencia de catro anos e concreta os obxectivos do plan estratéxico polo que o seu marco temporal estará determinado pola duración do plan estratéxico do centro

Iniciativa: ED Elaboración: Comisión de Calidade do Centro Aprobación: Xunta de centro (posteriormente a Comisión de Calidade e Planificación pode formular recomendacións)

Plan de melloras

É anual. Elabórase e apróbase como parte da memoria de calidade do centro e concreta os obxectivos da programación plurianual a desenvolver ese ano e as melloras que se establezan a través do proceso seguimento do SGIC e do seguimento/acreditación dos títulos impartidos no centro.

Elaboración: Comisión de Calidade do Centro Aprobación: Xunta de centro (posteriormente a Comisión de Calidade e Planificación pode formular recomendacións)

Esta guía ten por obxecto servir de axuda no proceso de elaboración da planificación estratéxica

das facultades e escolas da USC.

Os plans estratéxicos dos centros incluirán a misión, a visión, os valores e os obxectivos

estratéxicos do centro que deberán estar aliñados, polo menos, con algún dos que figuran no

Plan Estratéxico (PE) da USC. Aqueles obxectivos estratéxicos que están relacionados cos

centros están recollidos no Anexo I deste documento, así como as accións para logralos. En

congruencia co Plan Estratéxico da USC os plans dos centros terán, como máximo, o mesmo

horizonte temporal que o xeral, que actualmente é o ano 2020.

Page 4: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

3 de 20

Unha vez elaborado, e salvo que se reformule o PE da USC, non ten por que revisarse toda vez

que a actualización das súas liñas se concreta por medio das programacións plurianuais, para as

que se recolle neste documento tamén o proceso de elaboración e que teñen un período de

vixencia de 4 anos.

Page 5: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

4 de 20

2. Procedemento para a elaboración do plan estratéxico

As facultades e escolas da USC elaborarán os seus plans estratéxicos de acordo co proceso PE-01

e, máis concretamente, co procedemento P01-PE-01 Elaboración e aprobación do Plan Estratéxico

do centro.

Fases de elaboración do plan estratéxico

1. Analizar a situación do centro

2. Definir a misión, a visión e os valores do centro

3. Definir as estratexias a seguir

4. Elaborar a proposta de plan estratéxico e expoñelo publicamente

5. Aprobar a versión definitiva e difundir o plan estratéxico

É moi importante que durante todo o proceso se teña en conta a coherencia e integración entre

o plan estratéxico do centro e o Plan Estratéxico da USC. Para facilitar esta labor, no anexo I

pódese ver unha relación dos ámbitos, liñas estratéxicas e obxectivos do PE da USC 2011-2020.

A continuación recóllese a información detallada para cada fase:

2.1 Fase 1. Analizar a situación

O equipo de dirección do centro será o encargado de liderar o proceso de elaboración do plan

estratéxico. Para iso, deberá determinar os grupos de interese a consultar e nomeará a Comisión

ou Grupo encargados de facer a proposta de plan estratéxico.

Esta comisión ou grupo analizará, a situación actual tendo en conta a situación interna do centro

así como da súa contorna, determinando debilidades e ameazas, fortalezas e oportunidades. Esta

análise coñécese como análise DAFO. Así mesmo, realizará unha análise prospectiva da situación

futura que orientará a estratexia a seguir.

A análise DAFO é a ferramenta estratéxica por excelencia. Permite coñecer a situación real na

que se atopa unha organización así como os seus riscos e oportunidades.

O nome vén das súas iniciais:

D: debilidades

A: ameazas

F: fortalezas

O: oportunidades

Permite concretar graficamente a avaliación dos puntos fortes e débiles da organización e das

ameazas e oportunidades externas e serve para analizar o momento presente.

Page 6: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

5 de 20

Aspectos positivos Aspectos negativos

Interno Fortalezas Debilidades

Externo Oportunidades Ameazas

Dimensión interna

Fortalezas ou puntos fortes: son do propio centro, podes ser demostrables e mantéñense no

tempo. Poden consistir en capacidades, recursos, posicións acadadas, etc. e poden servir como

base para desenvolver oportunidades.

Debilidades ou puntos débiles: son do propio centro e afectan negativamente aos resultados

esperados. Teñen que darse no momento actual e limitan a capacidade de desenvolvemento da

organización, diminuíndo a súa eficacia e eficiencia. Constitúen áreas de mellora para a

organización.

Dimensión externa (non a controla a organización)

Oportunidades: é todo o que supoña unha vantaxe para a organización ou que represente unha

posibilidade para mellorar. Son dinámicas, é dicir, poden desaparecer se non as aproveitamos.

Ameazas: calquera forza da contorna que poida impedir a implantación dunha estratexia ou

reducir a súa efectividade, incrementando os seus riscos ou os recursos que se requiren para a

súa implantación. Son obstáculos na consecución dos resultados esperados.

É imprescindible basearse en feitos reais para a elaboración da análise e non en opinións ou

xuízos de valor. O que se pretende coa análise DAFO é ter unha foto da situación actual do centro

e non a busca de solucións.

Neste punto o grupo de traballo debería ter xa unha idea bastante concreta das puntos fortes do

centro e das súas áreas de mellora.

Exemplo:

Análise DAFO realizada na elaboración do Plan Estratéxico da USC 2011-2010

Fortalezas

Persoal con recoñecida cualificación e experiencia.

Ampla oferta docente en todas as ramas de coñecemento

Debilidades

Resultados insuficientes nas taxas de rendemento dos/as estudantes e elevada taxa de abandono

Oferta de titulacións pouco dinámica e innovadora

Page 7: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

6 de 20

Recoñecida actividade investigadora e longa experiencia en transferencia e emprendemento

Capacidade de relación a nivel internacional.

Recoñecemento como Campus de Excelencia Internacional

Universidade de referencia en iniciativas de responsabilidade social

Universidade histórica, cun importante activo patrimonial

Escasa implicación de parte do PDI en actividades de transferencia e investigación

Baixo grao de valorización / maduración dos resultados de investigación

Insuficiente grao de internacionalización

Sistema de xestión pouco flexible

Complexa situación económico-financeira

Oportunidades

Proceso de harmonización e incorporación ao EEES, ao EEI e concordancia co espazo Iberoamericano

Colaboración entre as universidades do SUG e con outras institucións e organismos

Novas fórmulas de xestión dos recursos humanos

Crecente interese do tecido económico e empresarial polas capacidades das universidades

Novas fórmulas para a captación de recursos de investigación e infraestruturas

Ameazas

Multiplicidade na oferta docente do SUG

Evolución demográfica en Galicia

Tecido empresarial do contorno inmediato cun reducido compoñente de I+D+i

Modelo de financiamento que non garante a suficiencia económica da USC

2.2 Fase 2. Definir a misión, a visión e os valores do centro

A mesma comisión ou grupo de traballo deberá definir a misión, a visión e os valores do centro.

Para iso, deberá ter en conta a congruencia coa Misión, Visión e Valores do Plan Estratéxico da

USC que se recollen a continuación:

“Misión: Quen somos?”

A Universidade de Santiago de Compostela é una institución pública dedicada á preservación,

xeración, transmisión e difusión do coñecemento de xeito socialmente responsable. É unha

universidade completa, cunha ampla oferta académica en todas as grandes áreas do saber e que

desenvolve unha importante actividade investigadora, o que a sitúa nunha posición destacada

entre as universidades españolas, sendo pioneira en políticas de emprendemento e en

transferencia e valorización dos resultados da investigación, ao tempo que proporciona un

servizo esencial á sociedade galega.

“Visión: Cara onde nos diriximos?”

Unha universidade de recoñecido prestixio, que destaque a todos os niveis pola súa

solvencia académica e por una oferta atractiva capaz de captar ás/aos mellores

Page 8: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

7 de 20

estudantes, así como por unha actividade investigadora recoñecida que responda ás

demandas do contorno e a criterios de excelencia científica que a proxecten

internacionalmente.

Unha universidade firmemente comprometida coa sociedade, que actúe como motor do

desenvolvemento socioeconómico do contorno, e que sexa un referente nos temas de

cooperación social, no desenvolvemento sostible, no respecto ao medio ambiente e na

creación e difusión da cultura.

Unha universidade exemplar na xestión dos recursos, cun modelo de xestión áxil e

transparente, cunha economía saneada e que saiba vincular o funcionamento das

diferentes unidades estruturais coa estratexia institucional.

Unha universidade participativa en torno a un proxecto común, na que todas as

estratexias estean centradas nas persoas, nas súas competencias e condicións de

traballo, para conseguir que todo o seu persoal estea altamente cualificado e motivado.

“Valores: Cales son os principios cos que o acadaremos?”

Preservación e potenciación dos nosos propios sinais de identidade.

Respecto aos dereitos de todas as persoas e, en particular, do noso estudantado, das

traballadoras e dos traballadores.

A procura permanente da excelencia en todas as actividades universitarias.

Compromiso coa transparencia, o rendemento de contas, a eficiencia e a eficacia na

xestión dos recursos.

Compromiso cunha xestión baseada no diálogo, a participación, a confianza e a

responsabilidade compartida.

Compromiso cun desenvolvemento sostible, coa equidade e coa eliminación de todo

tipo de discriminacións.

Compromiso coa transferencia de coñecemento á sociedade como contribución ao

desenvolvemento social e económico de Galicia.

Compromiso de servizo á sociedade.

A comisión ou grupo de traballo establecerá a Misión e a Visión, analizando a súa pertinencia

xunto cos grupos de interese implicados na definición, e a súa coherencia coa misión e visión do

Plan Estratéxico 2011-2020 da USC. A misión e a visión teñen que definirse en poucas liñas e

responden ás seguintes preguntas:

Page 9: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

8 de 20

Misión:

1. Cal é a nosa razón de ser?

2. Para quen traballamos?

3. Cal é a nosa finalidade?

Visión:

1. Como queremos ser no 20201?

Valores

Os valores son ideais ou principios colectivos que inspiran as actuacións do centro ou

organización e están ligados coa misión e a visión. Trátase de identificar valores que realmente

ten o centro e non cales debería ter.

Deben ser coherentes e/ou estar inspirados nos do Plan Estratéxico da USC.

2.3 Fase 3. Definir as estratexias a seguir

Unha vez realizada a análise DAFO e tendo a descrición da situación actual e a visión de a onde se

quere chegar, o seguinte paso é definir e priorizar as estratexias posibles. Para iso, con idéntica

metodoloxía, pódese empregar a análise CAME.

A análise CAME pretende:

Corrixir as debilidades

Afrontar as ameazas

Manter as fortalezas

Explotar as oportunidades

Para isto débese analizar a confluencia entre oportunidades-ameazas e fortalezas-debilidades, de

forma que se propoñan as seguintes liñas estratéxicas:

1. Relación entre oportunidades e fortalezas: liñas estratéxicas de reforzo ou ofensivas,

que pretenden usar as fortalezas para aproveitar as oportunidades detectadas.

2. Relación entre fortalezas e ameazas: liñas estratéxicas correctoras ou defensivas, que

buscan superar as ameazas empregando as fortalezas detectadas.

3. Relación entre debilidades e oportunidades: liñas estratéxicas de acción ou de

reorientación, que buscan superar as debilidades internas detectadas aproveitando as

oportunidades externas.

1 O marco temporal do Plan Estratéxico da USC é o ano 2020.

Page 10: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

9 de 20

4. Relación entre debilidades e ameazas: liñas estratéxicas reactivas ou de supervivencia

que buscan afrontar as ameazas reducindo as debilidades.

Unha vez determinadas os cuadrantes resultantes serían os seguintes:

Cando xa están compiladas as diferentes liñas resultantes, o grupo ou comisión deberá elixir as

liñas estratéxicas que se consideren máis axeitadas e viables para cumprir a visión establecida.

Oportunidades Ameazas

Fortalezas

Liñas estratéxicas de reforzo ou

ofensivas

(explotar as fortalezas aproveitando as

oportunidades)

Liñas estratéxicas correctoras ou

defensivas

(manter as fortalezas afrontando as

ameazas)

Debilidades

Liñas estratéxicas de acción ou

reorientación

(aproveitar as oportunidades para

corrixir as debilidades)

Liñas estratéxicas reactivas ou de

supervivencia

(afrontar as ameazas non deixando

medrar as debilidades)

Page 11: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

10 de 20

Exemplo: liñas estratéxicas establecidas no PE 2011-2020 da USC en función da análise

DAFO/CAME

Estas liñas estratéxicas deben completarse nun cadro de mando que estableza os obxectivos e

accións para cada liña así como os posibles indicadores de execución. É recomendable que, na

medida do posible, se empreguen os indicadores establecidos nos SGIC para facer o seguimento

dos obxectivos estratéxicos e liñas de acción. Cando non sexa posible, os indicadores elixidos

poden ser cualitativos ou cuantitativos en función da natureza do obxectivo establecido. Deben

ser claros, fáciles de obter e para a súa determinación hai que ter en conta que non todo é

medible numericamente.

Exemplos de indicadores cuantitativos:

- Número de convenios asinados con outras universidades para programas de intercambio

- Porcentaxe de alumnado que realizou algún programa de mobilidade (núm. alumnado de

intercambio/núm. alumnado matriculado no centro)

Factores

externos

Factores

internos

Oportunidades

Novas fórmulas de xestión dos recursos

humanos

Ameazas

Modelo de financiamento que non

garante a suficiencia económica da

USC

Fortalezas

Persoal con

recoñecida

cualificación e

experiencia

Liñas estratéxicas de reforzo ou

ofensivas

Un modelo de recursos humanos

baseado na eficacia, a flexibilidade e a

sostibilidade

Liñas estratéxicas correctoras ou

defensivas

Xestión simple, eficaz e transparente

dos recursos

Debilidades

Escasa implicación do

PDI en actividades de

transferencia e

investigación

Liñas estratéxicas de acción ou

reorientación

Compromiso co desenvolvemento

profesional do seu persoal

Liñas estratéxicas reactivas ou de

supervivencia

Procura da excelencia na docencia

Cara á excelencia investigadora

Page 12: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

11 de 20

Exemplo de indicadores cualitativos:

- Satisfacción do alumnado coa mobilidade saínte

- Satisfacción do alumnado coa mobilidade entrante

Este cadro de mando está recollido no formato F01-PE-01 (figura como Anexo II).

2.4 Fase 4. Elaborar a proposta de plan estratéxico e expoñelo publicamente.

Neste momento o grupo de traballo ou comisión debería ter o coñecemento da situación actual

do centro, a súa misión, visión e valores así como a estratexia a seguir.

Unha vez elaborada a proposta provisional de Plan Estratéxico do centro, este será exposto

publicamente no centro. O equipo de dirección establecerá as actividades dirixidas a dar a

coñecer o texto (correo electrónico, presentación na Comisión de Calidade, Comité Consultivo e

Xunta de Centro, difusión na web ou en redes sociais, etc.) entre os grupos de interese que se

determinaron na primeira fase, dándolle a máxima difusión e establecendo a canle para recibir as

suxestións que poidan mellorar o texto.

2.5 Fase 5. Aprobar a versión definitiva e difundir o plan estratéxico

Unha vez incorporadas esas suxestións, se as houbera, o centro remitirá o documento á Área de

Calidade e Mellora dos Procedementos, que emitirá un informe cos axustes necesarios, de ser o

caso, ou indicando que a revisión é favorable.

Unha vez realizados os cambios, se fora preciso, a Xunta de centro será a encargada da

aprobación do Plan Estratéxico do Centro.

A aprobación do PE en Xunta de Facultade deberá ser comunicada á Vicerreitoría con

competencias en calidade ou á Área de Calidade e Mellora dos Procedementos para que a

Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno informe sobre o plan.

Este informe será comunicado ao centro e, de ser favorable, suporá a aprobación do Plan

Estratéxico e, polo tanto, a súa publicación definitiva por parte do centro de que se trate.

No caso de que a CCPdCG formule recomendacións será preciso realizar os axustes necesarios,

aprobalos de novo na Xunta de centro e volver a enviar o texto para a súa consideración pola

CCPdCG.

2.6 Cronograma de elaboración do plan estratéxico dos centros

A seguinte táboa recolle o tempo máximo estimado para cada unha das fases de elaboración,

tomando como punto de partida o nomeamento da comisión ou grupo de traballo.

Page 13: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

12 de 20

Fase Tempo máximo estimado

Fase 1: analizar a situación

- 2 meses Fase 2: definir a misión, a visión e os valores do centro

Fase 3: definir as estratexias a seguir

Fase 4: elaborar a proposta de Plan Estratéxico e expoñelo publicamente

- 2 meses para a elaboración - 1 mes para a exposición pública

Fase 5: aprobar a versión definitiva e difundir o Plan Estratéxico

- 2 meses

Page 14: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

13 de 20

3. Procedemento para a elaboración da programación plurianual

A programación plurianual do Centro, en congruencia coa xeral da USC (Programación Plurianual

da USC 2015-2018), formúlase para períodos de catro anos con revisións anuais en función das

decisións que se adopten nos orzamentos. Neste sentido, non é necesario aprobar unha nova

programación ata a finalización da vixencia da anterior, malia ser posible realizar axustes anuais.

A elaboración e revisión da programación plurianual debe seguir o P02-PE-01, Elaboración,

aprobación e revisión da Programación Plurianual do centro, que se recolle no Anexo IV deste

documento.

A iniciativa do Equipo de dirección, a Comisión de Calidade do Centro elaborará unha proposta

obxectivos de calidade no cadro de programación plurianual, para o cal se baseará nos

obxectivos recollidos no plan estratéxico do centro.

No Anexo III recóllese o formato F02-PE-01 de programación plurianual do centro.

Os obxectivos do centro, incorporados á programación plurianual, deberán ser:

- Claros, concisos e ben definidos.

- Concretos no tempo, establecendo fases e prazos para a súa execución.

- Estruturados segundo os responsables implicados.

- Medibles, para que poida ser verificada a súa consecución.

- Ambiciosos pero alcanzables.

- Coherentes coa política de calidade do centro.

O seguimento periódico do seu grao de consecución realizarase segundo o proceso PM-01

Medición, Análise e Mellora.

A proposta de programación plurianual remitirase á Vicerreitoría con competencias en calidade

para a súa revisión, que, de ser o caso, concretarase nun informe cos aspectos a corrixir. A

proposta, coas correccións necesarias, serán elevadas á Xunta de Centro para a súa aprobación.

O Responsable de Calidade do Centro remitirá a programación plurianual á Área de Calidade e

Mellora dos Procedementos, que dará traslado da mesma á Comisión de Calidade delegada do

Consello de Goberno para o seu coñecemento e para, no seu caso, formular recomendacións.

Seguindo o proceso PC-12 Información pública, o decano/a ou director/a do centro difundirá o

contido dos documentos elaborados aos grupos de interese para aumentar a toma de conciencia

e a motivación dos mesmos na consecución dun ensino de calidade.

Page 15: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

14 de 20

A CCC responsabilizarase da revisión periódica da vixencia e actualización da política e a

programación plurianual de calidade do centro, así como das canles utilizadas para a súa difusión,

a través do proceso PM-01 Medición, análise e mellor e realizará as propostas de modificación

que considere oportunas.

3.1 Memorias de calidade: vinculación do plan de melloras coa programación plurianual

É importante ter en conta que anualmente tamén se elabora un plan de melloras (incluído nas

memorias de calidade) que se basea na información do SGIC relativa á eficacia da súa

implantación e nos plans de mellora incluídos nas memorias dos títulos do centro, e que

concretará ademais os obxectivos recollidos na programación plurianual a desenvolver nese

ano.

Por outra parte, no apartado 1 das memorias de calidade (Informe de seguimento/revisión do

SGIC) debe realizarse a revisión do cumprimento da programación plurianual. Esta revisión pode

dar lugar á súa actualización ou axuste, debendo incluír neste caso, no apartado 2 (Proposta para

a revisión/actualización da programación plurianual e plan de melloras anual do centro) a

proposta de revisión.

Neste suposto, o Responsable de Calidade do Centro debe remitir a proposta de revisión da

programación plurianual á Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, quen lle dará traslado

á Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno para, no seu caso,

formular recomendacións.

Page 16: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

15 de 20

Anexo I: liñas e obxectivos estratéxicos do PE da USC 2011-2020 relacionados cos centros

ÁMBITOS LIÑAS ESTRATÉXICAS OBXECTIVOS P

ER

SO

AS

O estudantado: valor presente e futuro

1. Incrementar o talento na USC a través da atracción de alumnas/os con altas capacidades, aproveitando para iso a boa imaxe de marca da USC.

2. Contribuír á formación integral do estudantado transformando os servizos non académicos converténdoos en ferramentas de apoio.

3. Potenciar a orientación dos servizos académicos cara á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.

4. Mellorar a empregabilidade dos egresados e profesionais formados na Universidade.

AC

TIV

IDA

DE

U

NIV

ER

SIT

AR

IA 1. Oferta de titulacións adaptada ás

necesidades da sociedade

1. Optimizar a oferta de títulos de grao para axustala á realidade actual e ás necesidades emerxentes

2. Conformar unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto ao contorno universitario, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

3. Ampliación da oferta formativa para o recoñecemento de competencias transversais en todos os estudos de grao da USC.

4. Mellorar o coñecemento da oferta formativa da USC por parte da sociedade.

2. Procura da excelencia na docencia

1. Xeneralizar o uso do novo modelo de ensino-aprendizaxe derivado da adaptación ao EEES.

2. Reforzar a interacción entre a docencia e a investigación.

3. Valorar e recoñecer a calidade da actividade docente do profesorado.

XE

ST

IÓN

IN

ST

ITU

CIO

NA

L

1. Unha universidade de recoñecido prestixio internacional

1. Avanzar no proceso de internacionalización da universidade na docencia, investigación e xestión.

2. Incrementar as relacións con universidades estranxeiras, servindo de ponte entre a Unión Europea e Latinoamérica e aproveitando as novas oportunidades en Estados Unidos, Canadá e países de economía emerxente.

3. Internacionalización da colaboración coas empresas tanto con fins docentes como de investigación, transferencia e emprendemento

2. Xestión simple, eficaz e transparente dos recursos

1. Incrementar o financiamento

2. Conseguir unha maior articulación entre os campus de Santiago e Lugo.

RE

LAC

IÓN

C

ON

CO

NT

OR

NO

1. Transferencia efectiva de coñecemento

Fomentar a cultura emprendedora a través da docencia e da investigación entre toda a comunidade universitaria, e en especial, entre as/os investigadoras/es en formación e o estudantado.

2. O compromiso e a implicación coa sociedade

1. Reforzar o compromiso da USC coa responsabilidade social.

2. Acadar o recoñecemento por parte da sociedade da contribución da Universidade á creación de valor económico, social e cultural

3. Aumentar a sensibilización e a participación dos membros da comunidade universitaria en proxectos relacionados co voluntariado, a participación social e a cooperación ao desenvolvemento.

4. Implicar a toda a comunidade universitaria no compromiso coa conservación e a mellora do medioambiente facendo copartícipe deste obxectivo á sociedade

5. Difundir cara á sociedade a cultura da USC e pór en valor o seu patrimonio histórico, cultural, científico, técnico e natural.

Estes son os obxectivos que teñen relación máis directa cos centros. Non obstante, e dentro dos ámbitos e liñas establecidos no Plan Estratéxico da USC, o centro pode incluír todos os obxectivos que considere oportunos e que sexan coherentes con el.

Page 17: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

16 de 20

Anexo II: diagrama de fluxo do procedemento de elaboración dun plan estratéxico

Comisión ou grupo responsable

ANÁLISE E PLANIFICACIÓN

FIN

PLAN ESTRATÉXICO

DO CENTRO

Comisión ou grupo responsable

PROPOSTA INICIAL DO PLAN ESTRATÉXICO

Colectivos implicados/Comisión ou grupo

responsable

DEBATE E CONCRECIÓN DO CONTIDO

Comisión ou grupo responsable

PROPOSTA PROVISIONAL DO PLAN

ESTRATÉXICO

Comisión ou grupo responsable

EXPOSICIÓN PÚBLICA E INCORPORACIÓN

MODIFICACIÓNS

Comisión ou grupo responsable

ELABORACIÓN DA PROPOSTA DO PLAN

ESTRATÉXICO DO CENTRO

ACMP

REVISIÓN DA PROPOSTA DO PLAN

ESTRATÉXICO DO CENTRO

ACTA DE

APROBACIÓN DO

PLAN

Equipo de dirección

PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS

CCDCG

INFORME SOBRE O PLAN ESTRATÉXICO DO

CENTRO

INICIO

Xunta de centro

APROBACIÓN PROPOSTA PLAN ESTRATÉXICO

DO CENTRO

Non

Si

Non

Non

SI

PROCEDEMENTO 1

Elaboración e aprobación Plan Estratéxico do centroPE-01

¿NECESIDADE DE

AXUSTES?

¿APRÓBASE?

¿INFORME

FAVORABLE?

Equipo de dirección

DESIGNACION COMISIÓN OU GRUPO

RESPONSABLE

Equipo de dirección

DETERMINACIÓN GRUPOS DE INTERESE A

CONSULTAR

PLANIFICACIÓN

ESTRATÉXICA DA

USC

Page 18: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

17 de 20

Anexo III: formato do plan estratéxico Formato F01-PE-01

PLAN ESTRATÉXICO DO CENTRO

IDENTIFICACIÓN DAS LIÑAS ESTRATÉXICAS DE ACTUACIÓN

LIÑAS ESTRATÉXICAS

1.

2.

3.

4.

5.

(…)

LIÑA ESTRATÉXICA 1

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

1. . 2. . 3.

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1.1

MISIÓN Cal é a nosa razón de ser?

VISIÓN E PROPÓSITO ESTRATÉXICO: Como seremos, como deberíamos ser, como queremos ser no futuro?

OS NOSOS VALORES:

Oportunidades: Ameazas

Fortalezas

Liñas estratéxicas de reforzo:

- Obxectivos estratéxicos:

o Accións estratéxicas

o Indicadores

Liñas estratéxicas correctoras:

- Obxectivos estratéxicos:

o Accións estratéxicas

o Indicadores

Debilidades

Liñas estratéxicas de acción:

- Obxectivos estratéxicos:

o Accións estratéxicas

o Indicadores

Liñas estratéxicas reactivas:

- Obxectivos estratéxicos:

o Accións estratéxicas

o Indicadores

Page 19: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

18 de 20

ACCIÓNS ESTRATÉXICAS

A. . B. . C. . D. .

Page 20: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

19 de 20

Anexo IV: diagrama de fluxo do procedemento de elaboración da programación plurianual

PROCEDEMENTO 2

Elaboración, aprobación e revisión Programación Plurianual (PP)PE-01

FIN

ACTA

Equipo Decanal / C.C.C

ELABORAR A PROPOSTA DE PP

PROGRAMACIÓN

PLURIANUAL

¿APRÓBASE?

Xunta de centro

APROBAR PP

INICIO

NON

Decano / Director

REMISIÓN PP Á VC. E CCDCG

Vic. Calidade

REVISIÓN PROPOSTA DE PP

¿NECESIDADE

AXUSTES?

SI

NON

PROGRAMACIÓN

PLURIANUAL DA

USC

Page 21: Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos ... · 5 de 20 Aspectos positivos Aspectos negativos Interno Fortalezas Debilidades Externo Oportunidades Ameazas Dimensión

20 de 20

Anexo V: formato da programación plurianual

Formato F02-PE-01: Programación Plurianual

PROGRAMACIÓN PLURIANUAL DO CENTRO

OBXECTIVO A CONSEGUIR:

RESPONSABLE DO OBXECTIVO: DATA INICIO: DATA FIN:

Obxectivo estratéxico relacionado

Procesos clave relacionados

Indicador/es Meta a conseguir

ACCIÓNS ASOCIADAS (DESCRICIÓN)

RESPONSABLE DE ACCIÓN

PRAZO DE IMPLANTACIÓN

RECURSOS NECESARIOS

SEGUIMENTO/ EVIDENCIA

RESPONSABLE SEGUIMENTO

RESULTADO DO SEGUIMENTO